12.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosA bandeira multicolor loce en bancos das zonas máis concorridas de Mos...

    A bandeira multicolor loce en bancos das zonas máis concorridas de Mos para conmemorar o Día do Orgullo

    Un concurso de frases reivindicativas é outra das iniciativas organizadas desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade

    Os concelleiros Leo Costas e Sara Cebreiro presentaron hoxe as iniciativas municipais para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+ que se celebra o vindeiro luns 28 de maio. Fixérono nas Angustias, Sanguiñeda, onde se atopa un dos varios bancos coa bandeira multicolor, pintados estes días na localidade mosense, de xeito conmemorativo con motivo da devandita data.

    De novo este ano por mor da Covid-19 non se poderá realizar unha programación con actividades presenciais pero desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade que dirixen os edís, Leo Costas e Sara Cebreiro, respectivamente, ideáronse iniciativas acordes coa situación actual para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+:

    – II Concurso frase conmemorativa polo día LGTBI+ que se exporá na fonte da rotonda das Angustias.

    – Pintado de varios bancos en lugares destacados do concello, coa bandeira LGBTI+ (entre eles o auditorio Multiusos, Puxeiros e Sanguiñeda). En apoio a diversidade e reivindicando os dereitos das persoas deste colectivo.

    – Ademais, como non podía ser doutro xeito, colocarase no balcón do Concello a bandeira LGBTI+ como todos os anos.

    O Concurso da frase para exposición na fonte das Angustias ten un prazo de presentación de candidaturas que comezou o 19 de xuño e remata hoxe 23 xuño.

    Para o envío as persoas participantes no concurso deben remitir un correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es coa frase conmemorativa que presenten a concurso (dúas por persoa), nome, idade, dirección e teléfono de contacto.

    Poden participar as persoas maiores de 12 anos.

    As frases que se presenten a concurso deben constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 carácter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude. As frases deberán conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou empoderen ás persoas LGTBI+.

    Só se admite un correo electrónico por persoa participante. A frase gañadora estará exposta dende o día 25 ata o 30 de xuño nas pantallas da rotonda das Angustias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.