Xoves, 18 Setembro de 2025

Gondomar prepárase para vivir as súas festas patronais na honra de San Bieito

0

Entre os días 9 e 12 de xullo Gondomar aliviará un ano de restricións e pandemia coa celebración das súas festas patronais na honra de San Bieito cun programa no que a os concertos comparten cartel coa tradicional caravana de San Cristovo e as verbenas.

La Banda de Ayer serán os encargados de abrir o programa cun concerto que ofrecerán o venres, 9 de xullo, ás 22 horas na Praza Paradela. O sábado 10, o programa comeza xa de mañá coa tradicional Caravana de San Cristovo que sairá de Couso. Ás 22 horas, actuación do grupo Assia nas Cercas.

O domingo 11, ás 12 horas oficiarase a misa maior á que seguirá a procesión na honra de San Bieito. De seguido, ás 13 horas, a Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un concerto na Praza Paradela e a xornada rematará coa actuación da Orquestra Marbella nas Cercas ás 22 horas.

Finalmente, o luns, 12 de xullo ás 22 horas, o concerto de La Patrulla na Praza Paradela poñerá fin ao programa de festas.

A axenda de xullo ven cargada de actividades para todas as idades na Guarda

0

O Concello da Guarda ven de publicar a axenda de xullo, que este ano trae actividades para todas as idades cunha programación moi diversa que conta con concertos, actividades deportivas, espectáculos infantís, visitas guiadas, entre outras.

A programación de xullo arrancou xa na pasada fin de semana con diversos pasarrúas e actividades para conmemorar a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que este ano non se puido realizar por mor das restricións sanitarias.

A programación continúa dende o venres 9 de xullo con “AGuarda Diversa”, que, ao longo da fin de semana, ofrecerá mesas redondas, faladoiros, obradoiros infantís, e música en torno á diversidade LGTBI, algunhas destas actividades serán retransmitidas por streaming na canle de Youtube do Concello. As inscricións están abertas no Centro de Información á Muller da Guarda.

O xoves 15 de xullo terá lugar a primeira actividade de Deporte de Verán cun Curso de Surf, as inscricións están xa pechadas.

Tamén nesta xornada ás 20:30h o Auditorio de San Benito acollerá unha sesión de teatro familiar coa obra “A Illa sen Tesouro”, inscricións abertas en [email protected].

O sábado 17 de xullo ás 20:30h o Auditorio de San Benito será o escenario para a actuación do grupo de baile tradicional “O Fiadeiro”, inscricións abertas en [email protected].

O domingo 18 ás 10:30h o Puntal(Camposancos) acolle unha sesión de Ioga ao aire libre organizada dende a Omix, as inscricións están abertas na OMIX en informació[email protected].

Tamén na xornada do domingo, ás 16:30h terá lugar a segunda actividade de Deporte de Verán, cunha saída en caiac polo Río Tamuxe, as inscricións están abertas na OMIX en informació[email protected].

A música chega á Guarda pola porta grande na fin de semana do 23 e 24 de xullo co festival musical “A Guarda, Mar de Blues”, que terá lugar na Praza do Reló e que traerá a grandes artistas coma Marcos Coll, Javier Turnes ou Peter Storm & Blues Society, así coma master class para os asistentes, inscricións abertas en [email protected].

Para rematar o mes de xullo, na derradeira fin de semana do mes, chega o espectáculo de maxia “Titanic” con Cayetano Lledó, que terá lugar o venres 30 de xullo ás 20:30h no Auditorio de San Benito, inscricións abertas en [email protected].

O sábado 31 de xullo ás 21:00h a Praza do Reló acolle o concerto do grupo de clarinetes “Klason” da Agrupación Musical do Rosal, inscricións abertas en [email protected].

Máis programación

Ao longo do verán, todos os mércores, terán lugar as sesións de “Teatro no Trega: A viaxe de Exeria ao Castro”, unha actividade que conta con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h e que require unha inscrición previa en [email protected].

Tamén este verán A Guarda puxo en marcha “Venres de xullo baixo as estrelas” una actividade de observación astronómica, que ten lugar os venres de xullo (agás o 16) ás 23:00h no Puntal (Camposancos) e para a que é preciso una inscrición previa a través do correo [email protected].

O Concello da Guarda aposta novamente este verán polas visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, que se repiten de xoves a domingo en varios horarios e en tres emprazamentos, o Castro Calvo, o Castro de Mergelina e o Patrimonio relixioso. É preciso unha inscrición previa no  017 038 ou en [email protected]. O Concello da Guarda continúa a apostar pola seguridade e o cumprimento das medidas de seguridade pola covid-19 na súa programación de actividades, que contan cun estrito protocolo e para as que é preciso unha inscrición previa.

Ponteareas acolleu o Campionato Galego de Descenso

Cos ingredientes clásicos da especialidade máis vertixinosa do BTT, o Descenso regresou este domingo a territorio autonómico coa disputa do Campionato de Galicia 2021 en Ponteareas, grazas a colaboración de Pontebike Team, Sportskids e o Concello de Ponteareas. O sub23 Víctor Mariño (X Bikes) foi o rider máis rápido no primeiro evento de DHI celebrado dende que comezou a pandemia. A Ultimate Downhill do Tea decidiuse por menos dun segundo, un desenlace emocionante nun circuíto técnico no que se repartiron dez títulos.

O Pontebike Team preparou un percorrido curto e intenso no Monte da Picaraña, con tramos comúns ao antigo circuíto. A sequidade do terreo e os remontes do sábado, que funcionaron á perfección, provocaron que os 1.400 metros de baixada estiveran moi rotos. Un escenario con varias zonas complicadas onde os pilotos que atesouran maior habilidade realizaron trazadas máis rápidas, pero ao mesmo tempo máis complicadas. Un circuito mais propio dun Nacional polo espectacularidade da proba asi coma os remontes axiles, todo grazas ao Concello de Ponteareas e a Sportskids, puido ser todo un éxito.

A quenda clasificatoria, para establecer a orde de saída na final, serviulle aos favoritos para tomar posicións. O mellor crono estableceuno o sub23 Marco Martínez (Corbelo) por diante de Víctor Mariño e co elite Manuel Martínez (Tribu del Ñu) ocupando a terceira praza.

Os dous riders que asinaron os rexistros máis destacados na primeira baixada volveron encabezar a clasificación absoluta na final, pero alterándose a orde. Víctor Mariño detivo o crono en 1:59,37, sendo o único dos 123 participantes capaz de baixar da barreira dos 2 minutos. O rider do X Bikes asaltou o trono autonómico superando por 993 milésimas a Marco Martínez e por algo máis dun segundo e medio (1,736) a Francisco Vilaboa (Máis Que Bicis)

O terceiro clasificado na táboa scratch proclamouse campión élite despois de sufrir unha caída na clasificatoria e competindo cunha bicicleta de Enduro nun circuíto moi específico de Descenso. Francisco Vilaboa estivo escoltado no podio da categoría raíña masculina por Manuel Martínez e Kevin Méndez (Rocasport Giant), cuarto e quinto na clasificación absoluta. Sexto concluíu Alejandro Paz (Bicis Oliveira), bronce nos sub23.

Entre os dez primeiros, na novena praza, tamén finalizou o gañador máster-30 Alejandro Vila (Xtrembike), que no seu grupo de idade bateu a Iván Mourelo (DH Galicia) e a Héctor Parada (+ Enduro), mentres que o Top-10 absoluto pechouno o júnior Roi Jorge (Ciclos Quintena). A segunda posición xuvenil correspondeu a Zoe del Río (XSM) e a terceira, a Marcos Abalo (Castrobikes).

No resto de categorías masculinas, Uxío Atrio (Academia Postal- Abanca) impúxose nos cadetes a André Martínez (Avanza-O Porriño) e a Xoel Pereira (Bici Verde). En canto aos máster-40, José Manuel López Vaqueiro (VK Bikes) logrou o título e no podio acompañárono Juan José Fernández (MR Bikes), segundo clasificado, e José Manuel Verdía (Ciclos Quintena), terceiro. Por último, José Ernesto Cameselle (Monteboi Bike) colgouse a medalla de ouro máster-50, a de prata foi para Moisés Aparicio (Tahume) e co bronce fíxose Manuel Paz (Compostelano).

Unha rider en idade xuvenil anotouse o triunfo absoluto entre as mulleres. A júnior Uxía Álvarez (Coruxo) marcou o mellor crono na clasificatoria e repetiu na final cun rexistro de 2:57,035. A defensora da coroa galega bateu por 2 segundos á campioa elite Gemma Chapela (VK Bikes), quedando en terceira posición Lucía Piñeira (Pontebike), que se vestiu co maillot autonómico cadete.

Ao marxe do Campionato de Galicia, no Ultimate Downhill do Tea tamén houbo competición de Enduro con vitoria de Luis Miguel Carballo (ADC Picaraña). Todos os triunfadores recibiron os seus premios nunha cerimonia de clausura na que estiveron presentes o concelleiro de Deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; xunto ao Presidente do club organizador Jose Maria Romero Ucha, o Presidente de Sportskids Marcos Porto Isla, e da Comunidade de Montes de Arcos.

Salceda continua coa súa aposta pola cultura segura no seu Verán Cultural

A Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Alex Rodríguez, ven de presentar, acompañado pola alcaldesa, Verónica Tourón, a programación do Verán Cultural e as Festas do Cristo, que este ano por mor da COVID19 manteñen o formato do ano pasado, ofrecendo unha cultura segura á veciñanza.

A programación, que se estenderá dende o luns 12 ata o luns 19, está deseñada pensando sobre todo no público infantil, contando con variadas actividades de teatro de rúa, circo, cinema, etc. A programación complétase nos días grandes das Festas do Cristo con actividades para todos os gustos, e sobre a que resalta a actuación de Guadi Galego, que o sábado 17 traerá o seu último disco Costuras á Praza do Concello de Salceda de Caselas. O grupo Broken Peach e a Banda Cultural de Salceda acompañada polo cantante Antonio Barros completan os concertos das festas, que un ano máis non contarán con verbenas, ao non poder facer efectivo con seguridade o novo protocolo establecido.

O concelleiro de Cultura Alex Rodríguez resaltou a aposta que o Concello de Salceda leva feito na cultura dende o inicio da pandemia, non deixando de programar e apostando por manter as grandes citas culturais adaptadas á normativa. Para isto é fundamental a colaboración da veciñanza, á que quixo agradecer polo respecto das normas e a participar. Agradecementos, que fixo extensibles tamén a Protección Civil e ao persoal do Concello, parte imprescindible para que as festas e actos se poidan desenvolver con seguridade.

Para moitos dos actos tradicionais das festas, como son o Festival de Bandas ou o Festival Folclórico haberá que esperar un ano máis, pero outras citas mantéñense no calendario adaptadas ás condicións. É o caso do Estourazo, que este ano homenaxeará á Agrupación Gaiteira de Salceda, un colectivo que leva 10 anos participando neste acto co desfile previo, e que este ano o farán tamén como protagonistas subíndose ao balcón da Casa da Cultura. Outro acto que tampouco vai faltar á súa cita é a homenaxe a Salcedenses Distinguidas/os que este recoñecerá a labor persoal, profesional e social, de tres persoas vencelladas ao eido comercial, un dos sectores máis castigados durante a pandemia.

Concelleiro e alcaldesa, adiantaron tamén que estos actos culturais se complementarán con outra semana de actividades, coincidindo coa tradicional Festa dos Callos, evento no que tamén se está traballando para poder realizalo este ano adaptado ás condicións sanitarias.

Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura: “Un ano máis apostamos pola cultura segura, cunha programación dirixida a todos os públicos pero centrada no infantil, e que esperamos e desexamos que no vindeiro ano poidamos volver á normalidade e celebrar o verán cultural e as Festas do Cristo sen restriccións”.

Nesa mesma liña, a alcaldesa comentou que “temos que comezar a compatibilizar a situación de pandemia actual coa organización de eventos culturais seguros. O obxectivo do Verán Cultural é que ademais de dar espazos de lecer e entretemento á veciñanza, promovamos economicamente o sector da cultura, o comercio e a hostalería”.

Ponteareas abre unha liña de axudas para colectivos de carácter social

O Concello de Ponteareas convoca, un ano máis, a liña de subvencións para colectivos de carácter social, unhas axudas cunha partida de 8.000 euros e concedidas por procedemento de concorrencia competitiva ás que poden optar asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas sociais ao longo deste ano 2021.

O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

O obxectivo desta convocatoria é apoiar ás entidades sociais para que desenvolvan programas orientados á prevención, asistencia, rehabilitación, integración social ou promoción do benestar social da veciñanza ponteareá. Estas accións e actividades deberán ir enfocadas á sensibilización da participación cidadá, á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, ao voluntariado social ou á atención de situacións de emerxencia social, entre outras.

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, salienta que con esta liña de axudas “buscamos apoiar na medida do posible o traballo que están a desenvolver as asociacións coa implicación da veciñanza, o que sen dúbida contribúe a mellorar a realidade do noso concello”. “As entidades que poden beneficiarse desta convocatoria realizan durante todo o ano un traballo que merece o noso recoñecemento, porque se esforzan en poñer en marcha programas e accións coas que atender ás persoas que máis o necesitan”, recalca a edil.

Unha vez publicada a convocatoria no BOPPO, as bases poderán consultarse na páxina web do concello de Ponteareas no apartado de ‘Axudas e subvencións’.

As entidades interesadas deberán presentar as súas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Concello.

Fin de curso nos obradoiros de AFAGA en Baiona

0

O Multiusos Anxo Bedriñana acolleu o acto de fin de curso do programa de Estimulación Terapeútica e do taller de “Cultiva a túa Mente”, organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia).

O Alcalde, Carlos Gómez, e a Concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, foron os encargados de facer entrega dos diplomas aos usuarios e usuarias de ambas as actividades. Ambos quixeron coñecer de primeira man como transcorreran os programas este ano marcado polo COVID-19 e tamén se achegaron ás instalacións municipais para desexarlles un feliz verán. Foi unha tarde moi amena, chea de momentos entrañables.

O Presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, dirixiu unhas palabras de agradecemento tanto aos usuarios e usuarias, como ao propio rexedor, agradecendo a alta participación nos mesmos e resaltando a especial sensibilidade deste Concello desde o primeiro momento en que tiveron contacto.

Así mesmo, resaltou que a dignidade unha vez máis, é o piar que impulsa que estes programas avancen e constitúan un eixo primordial no día a día de todos os veciños e veciñas do municipio.

Un total de 25 usuarios beneficiáronse de ambos os programas que desenvolverán ata finalizar o mes de xullo. O mes de agosto será de vacacións e en setembro poñeranse en marcha un novo curso de ambos os programas xa que tiveron moita acollida entre a cidadanía da localidade.

O Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas do que se están beneficiando veciños e veciñas do municipio diríxese a persoas co obxectivo de desenvolver a estimulación cognitiva e funcional, ao mesmo tempo que se proporciona apoio aos familiares coidadores.

Os talleres teñen lugar os luns e venres nas instalacións do Edificio Multiusos Anxo Bedriñana, Rúa Carabela Pinta número 9, en horario de mañá de 10:30 h. a 13:00 h.

O Alcalde do Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca “o compromiso do Concello en proporcionar recursos á nosa poboación e dar continuidade aos programas, sendo unha resposta dos dereitos que a cidadanía demanda”.

TALLER “CULTIVA A MENTE”

O Departamento de Servios Sociais dió continuidade a este programa iniciado no ano 2019, cunha acollida elevada e que continuou consolidándose no 2020.

Este ano “Cultiva a mente”, prolongouse afianzando a continuidade do mesmo.

Impártese todos os luns e martes de 17:00 h a 19:00 h no Multiusos Anxo Bedriñana, está dirixido a maiores de 55 anos interesados no desenvolvemento activo e participativo, promovendo hábitos de vida saudables, mantendo un rol que facilita unhas mellores relacións sociais, a prevención da soidade, así como a independencia e a autonomía persoal.

“Desde o Concello de Baiona queremos trasladar todo o noso agradecemento a AFAGA e o seu persoal por este gran traballo levado a cabo cos nosos veciños”, finaliza o rexedor.

A responsable de Seguridade e Interior do Concello de Redondela presenta o escrito de renuncia a súa acta de concelleira

0

A concelleira de Interior, Marta Alonso, formalizou ONTE a renuncia a súa acta de concelleira do grupo de Goberno, a través dun escrito presentado no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Redondela. A renuncia faise extensiva ás competencias de Seguridade e Interior e Eventos, que lle foran concedidas por resolución da Alcaldía.

A decisión, que fora comunicada días atrás á alcaldesa Digna Rivas, formalizarase no pleno ordinario deste mes de xullo e, mentres non se cubra a súa vacante, as súas áreas de responsabilidade –Seguridade e Interior e Eventos– serán asumidas directamente pola alcaldesa Digna Rivas.

Marta Alonso formaba do Grupo Municipal Socialista dende o 15 de xuño de 2019, data na que se constituíu a nova Corporación Municipal tralas eleccións municipais.

O festival ‘Sona Gaifar’ chega esta fin de semana a Nigrán

0

O Concello de Nigrán abre este venres e sábado a súa tempada de festivais musicais de verán coa segunda edición de Sona Gaifar neste espazo municipal de Panxón (Gaifar). Este minifestival adicado á música electrónica e estilos fronteirizos contará cun aforo limitado a 284 persoas que se cubrirá por rigorosa orde de chegada, comezando o venres ás 19:00 e o sábado ás 18:00, polo que é recomendable acudir con tempo anticipado para garantir a praza. A disposición do público será sentado en mesas de 4 e cadeiras individuais.

Sona Gaifar muda este ano cara un formato de dous días condensados nunha mesma fin de semana. O que non cambia é o concepto e o espírito do proxecto: contribuír á complementar a oferta musical e cultural do verán na localidade, a través de propostas musicais inéditas e conectadas con correntes actuais, e apoiar ó tecido artístico e ás empresas colaboradoras e provedores de Nigrán, Val Miñor e contorna de influencia. A especificidade de Sona Gaifar é apostar por opcións musicais é audiovisuais que non se poden ver en outros festivais do circuíto da nosa contorna de referencia e Comunidade. Unha mestura de artistas locais/autonómicos e outros do resto do Estado.

O formato, duración do evento e número de propostas artísticas deste ano seguen condicionados polo excepcional da situación que vivimos. Pese a elo, Sona Gaifar presenta un cartel cunha notable presenza de artistas femininas, un equilibrio entre propostas emerxentes e outras de maior percorrido nas súas carreiras, e unha compoñente estilística que atende a diversas manifestacións da música electrónica. Compre subliñar que os artistas convidado ou ben nunca actuaron en Galicia (Helena Guedes, Luis Costa & Christian Len) ou o fixeron en moi contadas ocasións (Jus Kno’). No caso de EQX, esta será unha das súas primeiras actuacións en directo, co seu primeiro disco editado hai escasos días.

Sona Gaifar é un evento promovido polo Concello de Nigrán, con apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos, e coa produción e comisariado artístico de Certain Music e o xestor cultural nigranés Victor Flores.

“Este ano esperamos moita maior asistencia de público, hai persoas que se desprazarán dende Lugo, A Coruña e incluso Madrid. Isto é algo que nos aleda enormemente, xa que un dos obxectivos desde proxecto é contribuír dende á humildade do noso evento á dinamización da economía e tecido empresarial local (hoteis, restaurantes…)”, sinala un dos seus directores, Victor Flores.

Programación venres 9

Sona Gaifar abrirase o venres cun formato mixto. Por unha banda, a presentación do libro‘Balearic, historia oral da cultura de club en Ibiza’, un exhaustivo traballo que recolle a orixe e evolución da escena cultural, musical e de clube en Ibiza ó longo de case seis décadas a través dun centenar de entrevistas cos seus protagonistas locais e internacionais. Nunha conversa moderada por un dos directores de Sona Gaifar, Víctor Flores, os seus autores, Luis Costa e Christian Len debullarán os detalles deste extenso tratado que recolle a orixe de Ibiza como epicentro dunha cultura musical de alcance mundial, dende os anos 60 ata a actualidade. Ambos son xornalistas, DJ’s e axitadores musicais de longo percorrido. Luís Costa é responsable de prensa de Razzmatazz Clubs de Barcelona, onde tamén exerce como DJ regularmente, e é tamén autor do libro ‘Bacalao! Historia oral da música de baile en Valencia, 1980-1995’ (Contra, 2016). Christian Len é DJ e xornalista, especializado en radio musical. Traballou para diversas emisoras (entre elas Sónar Radio, Radio Primavera Sound ou Ibiza Sónica) e é promotor das festas Homies no lendario Pikes Hotel. Despois da conversa ó redor do libro, ambos ofrecerán unha sesión de DJ baseada nos sons do denominado son Balearic.

Programación sábado 10

O sábado o programa presenta dúas sesións de DJ e dous concertos en formato audiovisual. Abrirá a programación Toccororo, unha DJ, bailarina e modelo con sangue cubana e galega, ademais dunha das caras mais frescas e xoves dunha nova xeración de artistas sen complexos. Traballa a medio camiño entre Vigo e Madrid, e nas súas intensas sesións mestúranse estilos moi diferentes, dende o Dancehall ós Afro Beats, Dembow, Hip Hop ou R&B.

Outro dos obxectivos de Sona Gaifar é tender pontes con artistas e promotores do norte de Portugal, favorecendo o intercambio e transvase de propostas artísticas. Helena Guedes é unha das DJ’s e selectoras mais interesantes da efervescente escena de Porto, con sesións habituais en Pérola Negra Radio, Dublab ou no canal de streaming Alinea A, ademais dos clubes e festivais mais destacados de Portugal. A súa selección musical abrangue un enorme entusiasmo pelo Jazz, Reggae, Dub, Calypso, Soul, Boogie, Disco e tamén por sons electrónicos de baile (House, broken beats…).

O primeiro concerto ven da man de EQX, misterioso proxecto lucense que nace da unión dun produtor bonaerense e unha cantante, coa intención de mergullarse na innovación e a experimentación. O seu son é unha mestura de avant-pop, breakbeat e ritmos acelerados que convidan ó baile. En Sona Gaifar estrearán o seu primeiro disco, publicado a mediados de xuño, e estarán acompañados do artista visual Martiño Porto, tamén responsable do vídeo do seu tema ‘Lois’, que conta con letra dun poema do lembrado poeta Lois Pereiro.

Pecharán a noite Jus Kno’, dúo formado polos asturianos, Alex Aller (produtor musical) e Pablo Villanueva (artista visual). Ambos uniron forzas en 2015 para desenvolver un proxecto onde a música e a imaxe coexisten baixo unha soa identidade. Levan publicado 5 EPs e un LP, ‘Looped Circles’, editado este ano, unha viaxe emocional a través das vivencias de ambos durante 2020. No seu directo propoñen unha mestura de capas de son a través de instrumentos electrónicos, sintetizadores e guitarras, acompañada dunha rotunda narrativa visual.

A entrada ó evento é de balde ata completar aforo, e o público asistente deberá cumprir os protocolos Covid vixentes recentemente definidos para espectáculos ó vivo. Toda a información a este respecto publicarase na web e redes sociais do festival.

Mos orgulloso dos seus equipos de fútbol

0

A corporación mosense mostrou o seu orgullo na recepción aos futbolistas locais que tivo lugar onte ás 12:00 h no Multiusos das Pozas.

Os equipos de fútbol base da Unión Deportiva MOS (CADETES) e do Club LOURO  TAMEIGA (XUVENILES) foron homenaxeados polo seu ascenso a 1ª galega e polo seu ascenso a 1ª autonómica respectivamente.

Estiveron presentes, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; José Areal, concelleiro de deportes;  concelleiros do equipo de Goberno local e voceiros da corporación municipal.

Por parte da Federación Galega de Fútbol asistiu, Fernando Iglesias Figueroa, vicepresidente da entidade, quen aplaudiu dito ascenso e felicitou a cada un dos rapaces homenaxeados.

Tamen estiveron presentes en dito acto, acompañando aos seus xogadores os presidentes da Union Deportiva MOS, Pablo Alonso Serodio e do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira.

Os capitáns de cada equipo dedicaron unhas palabras aos seus compañeiros. Port parte do Club Louro, Anxo Resua. Por parte da Unión Deportiva Mos, Alex e Ricardo. Ambolos tres capitáns fixeron referencia ao outro club do municipio, dándolle os parabéns. Todos coincidiron en que máis aló das cores levan a Mos por bandeira.

[su_image_carousel source=”media: 40567,40569″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Alcaldesa e concelleiros, felicitaron aos deportistas e fixéronlle entrega duns agasallos como recordatorio desta data.  Quixeron así mesmo, valorar o esforzo dos mozos e poñer en valor a importancia de facer deporte, en concreto xogar ao fútbol; este deporte que non só levanta paixóns entre quen o segue desde as bancadas, senón que, ademáis, achega innumerables beneficios a quen se atreve a calzarse unhas botas de fútbol e saír ao campo de xogo. A alcaldesa quixo agradecer tamén o traballo das directivas, e dos entrenadores que inculcan cada día o traballo en equipo, o respecto polas normas, o compañeirismo, a tolerancia, o aprender a compartir, etc…

Así mesmo fixo mención ao papel tan importante dos pais e as nais, sen a súa colaboración e esforzo, apostando por este deporte en equipo e colaborando para que os seus fillos acudan a cada adestramento e aos partidos de cada fin de semana, non sería posible lograr devanditos resultados.

O “Verán Deportivo” da Deputación chega ás praias de Nigrán

0

Entre o 10 de xullo e o 15 de agosto as praias de Baltar en Sanxenxo, Lourido en Poio, Panxón en Nigrán e Rodeira en Cangas encheranse de “vida” a través do “Verán Deportivo” un programa que patrocina por vez primeira a Deputación de Pontevedra co obxectivo de converter á provincia, en palabras da presidenta Carmela Silva, “nun grande referente dos deportes de praia no conxunto do Estado e de Galicia”. A presidenta provincial xunto a concelleiras/os de Deportes de Poio (Marga Caldas), Nigrán (Luis Sanromán), Sanxenxo (Daniel Arosa), representantes das Federacións Galegas de Tenis (Marco Casal) e Voleibol (Alberto García), amais das deportistas Begoña Montenegro  (7ª no Campionato de España de Tenis Praia por comunidades) e Aida Pérez (Campioa galega de Volei Praia), e dun dos pioneiros do futvolei, Enrique Herrera, deron a coñecer o calendario e obxectivos desta actividade deportiva que combina volei praia, futvolei e tenis praia con iniciativas sociais e medioambientais.

“Cada día é maior o número de persoas que cando elixen un lugar para desfrutar das súas vacacións buscan vivir experiencias e participar activamente do espazo público. Verán Deportivo é un deses proxectos conxuntos que tanto nos gustan na Deputación de Pontevedra, clave para atraer o turismo non masificado e sostible que estamos a promover”, remarcou a presidenta na presentación do evento. Carmela Silva tamén destacou a implicación de diferentes administracións públicas e federacións deportivas na actividade, nesta proba deportiva, enxalzando a suma de sinerxías para converter a Pontevedra “na provincia referente dos deportes de praia no conxunto do Estado e de Galicia”. Neste eido, os representantes dos concellos, federacións e deportistas, que agradeceron o apoio da Deputación co patrocinio do “Verán Deportivo”, subliñaron o feito de achegar o deporte ás praias e as condicións de seguridade nas que se desenvolverán as modalidades deportivas.

O “Verán Deportivo”, que prevé a participación de 380 persoas aínda que mobiliza a moitas máis, contará con competicións de volei praia, futvolei e tenis praia nas modalidades feminina, masculina e mixta. Estará aberto a maiores de 16 anos e cada fin de semana acollerá dúas competicións: unha para persoas federadas e outra dirixida a amateurs.

Calendario

O evento arrancará os días 10 e 11 de xullo con volei praia en Panxón (Nigrán). Os días 17 e 18 de xullo continuará na praia de Baltar de Sanxenxo con tenis praia e futvolei e, no mesmo espazo pero os días 24 e 25 de xullo, con volei praia. Os días 31 de xullo e 1 de agosto a praia de Rodeira en Cangas acollerá tenis praia e futbolei. Xa en agosto, os días 7 e 8, terán lugar as competicións de volei praia en Lourido, Poio. “Veran Deportivo” rematará a fin de semana do 14 e 15 de agosto con tenis praia e futvolei tamén en Lourido, Poio. Amais das competicións de volei praia, futvolei e tenis praia haberá tamén en cada concello sesións de formación sobre estas disciplinas deportivas para as crianzas, que terán lugar, todas elas, o venres anterior ao inicio das probas.

“Verán Deportivo”, que regresa tralo parón do 2020 por mor da covid, dá sentido ao deporte como elemento integrador en accións sociais e medioambientais.  De feito, trátase dun evento comprometido coa mellora da empregabilidade das persoas en risco de exclusión social e ofrece un compromiso co coidado do medio ambiente na recollida selectiva de todos os envases utilizados nas competicións. Amais pretende fomentar a práctica do deporte e dos hábitos saudables e de benestar nas praias.  

Xunto a “Verán Deportivo”, a Deputación de Pontevedra tamén está a colaborar ao longo deste ano con outras actividades entre as que se atopan a “Epic Race”, o Costa Atlántica Triple Coroa de natación, o Trail League BTT e a Golden River Race de piragüismo.

Tomiño conta cunha completa axenda cultural en xullo

0

O verán cultural de Tomiño oferta numerosas e atractivas actividades, entre as que destacan o cine familiar, para persoas adultas e a música (dentro do ciclo O Son da Praza) a través dos máis diferentes estilos.

Os meses de xullo e agosto serán os máis fortes da programación, se ben en setembro tamén haberá unha serie de actos relevantes con motivo das festas patronais do Alivio.

A vindeira fin de semana a axenda cultural ofrece cine familiar ao aire libre, con ‘Zog y los doctores voladores’

Será o venres 9 de xullo ás 22.30h na Praza do Seixo. Recomendada para familias con nenos ou nenas a partir de 3 anos de idade, e con entrada de balde.

Ao día seguinte, sábado 10 de xullo, celebrarase o terceiro “Festival Vaideson”. Organizado pola Asociación Cultural Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio coa colaboración do Concello, este festival naceu coa idea de mesturar diferentes estilos musicais e promover a cultura galega en todos os ámbitos. Nesta ocasión contará co concerto do grupo Los Jinetes del Trópico, a partir das 21.30h e para todos os públicos. Praza do Seixo e entrada de balde.

O cine familiar ao aire libre continúa o venres 16 con ‘O apóstolo’, unha historia de terror, humor e fantasía.Na Praza do Seixo ás22.30h para persoasa partir de 7 anos. Entrada gratuíta. E para rematar o ciclo, o venres 23 de xullo á mesma hora e lugar, “O bosque animado”, para todos os públicos e con entrada de balde.

A Escola do Rock de Paredes de Coura, nadaen 2014 do icónico festival da mesma vila portuguesa, organiza todos os anos un tour con concertos reunindo no escenario a alumnado e profesorado. Organizado pola Câmara Municipal de Paredes de Coura e o Concello de Tomiño, este concerto terá lugar o martes 27 de xullo no auditorio do Espazo Fortaleza de Goián.A 1ª parte do concerto (40 minutos) comezará ás 20.00 horas e estará a cargo dun grupo da Agrupación Musical del Goián, recaendo a segunda parte na Escola do Rock Paredes de Coura, que actuará durante 60 minutos a partir das 21.00 horas. Este singular espectáculo será para todo público e con entrada gratuíta.

Pechando o mes, chegará o Concerto Pauliña (Paula Chaves); unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día en Galicia. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser directa, sinxela e achegada non deixa indiferente a ninguén. Será o sábado 31 de xullo a partir das 22.30 horas. Na Praza do Seixo, para todos os públicos e con entrada de balde.

Para todos os espectáculos é preciso reservar praza chamando aos teléfonos do Concello (986 62 20 01/03) ou enviando un correo electrónico ao Departamento de Cultura ([email protected]). Ana Isabel Fernández Carrera, concelleira de Cultura, explica que a normativa sanitaria esixe ter listado de todas as persoas asistentes. “Seguimos apostando pola cultura con todas as medidas de seguridade”, indica. 

Presentación do programa das Festas de San Bieito no Porriño

A Concellería de Festexos do Concello do Porriño, que dirixe Cami Moreira, presenta a programación das festas de San Bieito 2021 que este ano aínda estarán axeitadas ás circunstancias sanitarias.

Nese senso, a concelleira subliña que “aínda que imos camiño de poder realizar unhas festas coma as de antes da pandemia, polo de agora, preferimos adoptar un criterio de prudencia e organizar unhas festas de gozar desde unha cadeira, coa distancia sanitaria, coa máscara, e con hidroxel; iso si con moita variedade de espectáculos”, explicou Cami Moreira.

Bandas de música de distintos estilos, da máis tradicional, ás propostas de acordeóns, folk, jazz, fanfarra galega feminina, ritmos, swing, regueifa, cinema social, acrobacias, teatro familiar, animación…

A concelleira Cami Moreira fixo especial mención de dous eventos:

  • A “Breaking Battle Porriño” que supón a estrea dunha competición/encontro de Breaking, que será nova disciplina olímpica en París 2024;
  • E a presentación da II edición do Festival Unha Volta Polo Medio, encontro das músicas de raíz da península ibérica.

A concelleira lembrou, por último, que o luns 12 será festivo local.

Ponteareas acolle este verán un campus de tecnificación de fútbol para rapaces de 5 a 18 anos

Ponteareas acolle este mes de xullo un campus de tecnificación de fútbol dirixido a rapazas e rapaces de 5 a 18 anos organizado entre o CDC Areas, a academia de alto rendemento TecnificaT e o Concello. Será unha escola de porteiros e xogadores en dúas quendas, do 12 ao 16 de ou do 19 ao 23 de xullo divididos en grupos de traballos segundo tramo de idade. Con este campus o Concello busca contribuír a ofertar unha alternativa de lecer lúdica, deportiva e saudábel.  

Será un campus moi individualizado no que as e os deportistas poderán traballar de forma intensiva a mellora das habilidades técnicas individuais como o dominio do balón, cambios de dirección e fintas, mellora da velocidade, aumento da confianza no xogo e creatividade ou a incorporación de mellores hábitos para un xogador ou xogadora saudábel. No campus empregarase a metodoloxía Coerver Coaching, centrada en adestramentos adaptados ao nivel de cada un, preparación física, valoración da evolución con asesoramento, probas de fútbol e moitas máis oportunidades de poder acceder a un equipo profesional.

Este campus está dirixido a calquera nena ou neno que queira practicar fútbol. Dende os máis pequenos e pequenas, onde o obxectivo principal é a iniciación a este deporte a través de adestramentos específicos, ata as e os maiores, centrada en perfeccionalos e darlles un empurrón a súa carreira futbolística.

O campus desenvolverase no campo de fútbol da Lomba en horario de 10.00 a 14.00 horas. Haberá tamén servizo de madrugadores de 09.00 a 10.00 horas.

Como sinala o edil de Deportes, Miguel Bouzó, con actividades coma esta o Concello amosa “o seu compromiso e aposta polo deporte base, pero tamén por ofertar a nenos, nenas e mocidade unha programación de verán lúdica e educativa e por dar resposta ás familias que precisan conciliación durante a época estival”.

As persoas interesadas en participar neste campus de fútbol poderán inscribirse premendo neste enlace.

A Deputación amosa o seu compromiso á AECC cunha achega de 15.000 €

A deputada provincial, Olga García, vén de visitar a sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) coa que a Deputación colabora este ano cunha achega de 15.000 € para a posta en marcha do Programa de Atención Bio-Psico-Social ás persoas doentes oncolóxicas e ás súas familias que beneficiará a máis de 12.000 persoas da provincia.

O Programa contempla actividades de investigación, divulgación, prevención, formación e outras iniciativas de carácter sanitario ou asistencial dirixidas a persoas con cancro e ás súas familias. Inclúe intervención psicolóxica individual e grupal, intervención social, actividades de ocio e tempo de lecer, actividades culturais e obradoiros ocupacionais, rehabilitación oncolóxica e iniciativas de prevención e sensibilización.  Mediante estas actividades o programa pretende facilitar unha vida normalizada, mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de cancro e das súas familias, minimizar as alteracións emocionais, recuperar o nivel de funcionamento persoal previo á enfermidade, favorecer a integración social, previr a aparición de sintomatoloxía clínica derivada da doenza, cubrir as necesidades básicas das persoas doentes, previr e reducir a progresión de efectos secundarios, orientar e favorecer a autoaxuda e participación das e dos doentes.

Esta iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro, que xurdiu a finais da década dos anos 90 do século pasado e que foi ampliando a súa programación ata converterse no programa básico da asociación tanto pola súa amplitude como pola gran demanda,  arrancou xa a comezos de ano e espallarase ata decembro. Desenvólvese nas sedes de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Redondela, O Porriño, Cambados, Marín, O Grove, Cangas, Mondariz e Mos, así como en unidades hospitalarias, espazos públicos e nos propios domicilios de persoas doentes que teñen dificultades para desprazarse.

A AECC desenvolve numerosos proxectos e presta diferentes servizos centrados na atención a persoas con cancro e familias. Conta para elo con persoal do ámbito da psicoloxía, do traballo social, persoal de administración e unha equipa de voluntarias/os que están a impulsar dende programas de información, orientación e xestión; ata axudas económicas de emerxencia; programas de alimentos; de préstamo de material e atención social ao doente terminal e aos seus familiares; programas de estancias terapéuticas e orientación laboral; de terapia de voz e atención psicosocial a doentes con patoloxía avanzada; así como atención psicolóxica e actividades na escola.

A Cañiza contratará a dous socorristas e dous peóns forestais

0

A Cañiza contará con dous novos socorristas e dous peóns forestais. As convocatorias dos procedementos foron publicadas previamente no BOP de Pontevedra nº 91 do 14 de maio, tal e como establece o Convenio Laboral do Concello da Cañiza e tamén expostas na páxina web e no taboleiro de anuncios.

A selección de persoal respetará con todas as garantías os principios de igualdade, mérito e capacidade, garantizando tamén os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

No proceso de selección dos candidatos está eliminada a entrevista, converténdose nun concurso únicamente de méritos no que se valorará a experiencia profesional (ata 3 puntos), a formación (ata 2 puntos) e as circunstancias persoais e familiares de cada aspirante (cargas familiares, ingresos, discapacidade, maior de 45 anos e violencia de xénero, etc.) que poden chegar ata 5 puntos.

Ademáis realizarase unha pequena proba de galego para as persoas que non poidan acreditar estar en posesión do certificado oficial de galego (GELGA), requisito indispensable para poder participar nestes procedementos de contratación de políticas activas.

Baiona levará a pleno unha modificación orzamentaria para humanizar o espazo urbano

0

O Concello de Baiona levará ao pleno do próximo xoves 14 de xullo unha modificación orzamentaria de ao redor de 400.000 euros.

O alcalde, Carlos Gómez, explica que “se trata da modificación de crédito máis importante do ano, cuxo maior porcentaxe de gasto vai destinar a deseñar a Baiona do futuro”

Deste xeito, vai investir na redacción de diferentes proxectos de importancia como son o da Ribeira, o paseo Pinzón, o da Praza de Santa Liberata ou o da Avenida Monterreal.

Os investimentos previstos nesta modificación de crédito tamén se centran en melloras en distintos camiños das parroquias da localidade.” Vai destinar á mellora das infraestruturas municipais de vialidad, co obxectivo de garantir a seguridade no tráfico de vehículos e peóns e, de forma esencial, para favorecer a mobilidade e a accesibilidade en ámbitos urbanos e rurais, algo fundamental para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Outro dos grupos de investimentos importantes está vinculado á II fase de renovación do cemiterio municipal de Baiona. O actual goberno levo a cabo a primeira parte deses traballos poucos meses despois de acceder ao goberno e queren dar continuidade ás melloras cun novo investimento.

Outra das partidas máis importantes é a que se corresponde co proxecto de mellora no Barrio da Anunciada. levará a cabo un investimento de 145.000 euros que se executará en dúas fases. A primeira delas poñeranse en marcha este mesmo ano e os traballos licitaranse o máis axiña posible. A segunda parte executarase en 2022.

“O Barrio da Anunciada estivo discriminado polos anteriores gobernos polo que queremos saldar a débeda con este tradicional barrio baionés. levarán a cabo traballos de mellora no servizo de recollida de pluviais e do saneamento. Tamén no sistema de electricidade e arranxos no firme e na contorna da zona”, destaca o rexedor.

Aberta a inscrición en catro novos obradoiros de verán para a mocidade do Rosal

0

O Concello do Rosal continúa facendo propostas para que a mocidade poida desfrutar este verán dun programa de lecer variado e moi participativo. Por este motivo abre a inscrición a catro novos obradoiros monográficos dunha única xornada nos que ademais de potenciar a imaxinación de rapaces e rapazas a partir dos 12 años, aprenderán diferentes técnicas para crear coas súas propias mans diferentes obxectos.

As persoas interesadas terán ata o día 19 para inscribirse nestes catro novos cursos que terán lugar durante a última semana de xullo no Centro Social Polivalente. Serán obradoiros dunha única xornada que comezarán ás 10.00 horas e terán un curso de 5 euros por curso. A inscrición realizarase a través da web municipal.

No obradoiro de estampación en tela o vindeiro 27 de xullo os mozos e mozas probarán durante dúas horas diferentes técnicas de pintura e estampado para decorar distintas pezas téxtiles como camisetas e bolsas de tea. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.

Ao día seguinte, o 28 de xullo, será a quenda do curso de transferencia de imaxes. Neste obradoiro de tres horas as rapazas e rapaces participantes empregarán diferentes produtos ou ‘mediums’ para pasar unha foto a un soporte de madeira e crear unha caixa decorativa, que se rematará combinando con diferentes materiais ao gusto de cada participante. Máis información e inscricións neste enlace.

O xoves 29 de xullo será a quenda do obradoiro ‘Letras Alteradas’. Neste curso de 2,5 horas, as mozas e mozos poderán ‘alterar’ ou decorar unha letra de cartón con diferentes técnicas e adornos. A medida de cada letra ou número estará entre os 7 e os 17,5 centímetros. As persoas interesadas poden atopar neste enlace máis información e o formulario de inscrición.

O último curso do mes de xullo será o de Scrapbooking o 30 de xullo. Neste obradoiro de 3,5 horas os rapaces e rapazas poderán coñecer un novo xeito de plasmar fotogragías e recordos por medio dun proceso moi personalizado e creativo. As persoas participantes crearán un álbum de fotografías dende cero aprendendo as técnicas básicas de scrap (estampar, troquelar, distressar…) e coñecendo novos materiais e ferramentas. As inscricións poden facerse aquí.

No caso de cubrirse o número mínimo de prazas para poder desenvolver estes obradoiros, dende o Concello enviarase un correo electrónico a cada participante para que proceda a facer o ingreso do prezo do curso e garantir e formalizar a praza.

Carmela Silva reivindica a necesidade de situar á axenda feminista “no centro do debate público e da acción política”

Ante un auditorio virtual e presencial de máis de medio centenar de persoas e a presenza do director do Campus Noroeste da UNED, Víctor González, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, impartiu na tarde de onte o relatorio inaugural do curso ‘O silencio social, gran cómplice do machismo’ desenvolvido baixo a coordinación de Jesús Pozo e a dirección de María Acracia Núñez.

Co título ‘A axenda feminista pendente’ Carmela Silva reivindicou a necesidade de poñer “no centro do debate público e da acción política a Axenda Feminista para conseguir avances concretos e impulsar un novo modelo de xestión que integre a igualdade de xeito transversal para construír unha sociedade máis xusta, rachando coas desigualdades e violencias que seguimos a padecer as mulleres polo mero feito de selo”.

Click para ampliar

A presidencia provincial comezou a súa intervención afondando nas razóns que fan necesaria e emerxente a Axenda Feminista a través dos “datos da desigualdade” que amosan “con claridade a discriminación e múltiples violencias machistas que sufrimos as mulleres”. Remarcou que estamos nunha situación de “emerxencia feminista” e fixo un relatorio pormenorizado dos fitos da Axenda entre os que situou ás violencias machistas así como a reivindicación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a abolición da prostitución e a loita contra a explotación sexual e reprodutiva de mulleres e nenas, a reivindicación da importancia dos coidados e a promoción da corresponsabilidade, a loita contra a hipersexualización e cousificación do corpo das nenas e mulleres, a feminización da pobreza, a precariedade laboral que sofren as mulleres, a fenda salarial, o teito de cristal e os chans pegañentos, a visibilización da contribución das mulleres ao desenvolvemento da humanidade, a necesidade de ocupar o espazo público e a importancia de garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para promover oportunidades de aprendizaxe para todas as persoas.

A presidenta da Deputación, que acompañou os fitos da Axenda Feminista de datos clave que poñen de relevancia o papel que ocupan as mulleres en diferentes ámbitos e de vídeos con contidos relacionados cos datos mencionados, detallou tamén as actividades que a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha para reivindicar a igualdade, visibilizar ás mulleres e rachar contra as violencias machistas como ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’; a programación da Escola de Igualdade María Vinyals; os programas ‘Inspira STEAM’, ‘Conectadas’, ‘Descúbreas’, ‘Depomar’, ‘Cinema e muller’, ‘Mulleres no foco’, ‘365 días, 365 mulleres’ ou ‘A maleta dos océanos’; as campañas igualitarias de xogo igualitario, inclusivo e non violento, de visibilización de mulleres produtoras (‘Elixe igualdade’), de visibilización de mulleres deportistas (‘A realidade das mulleres deportistas’) ou de fomento da corresponsabilidade (‘Súmate ao cambio’); os premios ‘GirlGeekCovid’ e Sofía Novoa; as exposicións ‘Rompe. Xoga en Igualdade’, ‘Sempre marzo’, ‘Con A de astrónomas’ ou ”Materiais para pensar, desfrutar e profanar. Obra plástica de María Xosé Queizán’; o catálogo ‘Mulleres do silencio’; o foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ ou a Cátedra de Feminismos 4.0 que a institución impulsa coa Universidade de Vigo.

“As discriminacións das mulleres existen, os datos son irrefutables, dixo, pero tamén é certo que hai accións, políticas, decisións e actitudes que a sociedade e as administracións públicas deben tomar para correxilas”.

Trala intervención de Carmela Silva, que rematou co vídeo ‘Matriarcas’ de Guadi Galego, na versión das nenas e mulleres das escolas de música participantes na plataforma ‘Descúbreas’, a directora do curso e profesora Titular de Dereito Constitucional da UNED, María Acracia Núñez, impartiu a conferencia ‘Evolución do papel da muller na educación española’ (19.00 a 21.00 horas). Mañá martes terán lugar no marco do curso outras catro conferencias a cargo de Encarnación Orozco, exdelegada especial do Goberno contra a Violencia de Xénero e Ex Directora do Gabinete da Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social quen afondará en ‘De onde vimos e onde estamos: o percorrido da Lei contra a violencia de xénero’ (10.00 a 12.00 h); de Mercedes Fernández, profesora de Antropoloxía da Universidade de Barcelona quen se centrará en ‘ Para crear o novo’ (12.00-14:00 h); de Lola Álvarez, xornalista, ex directora da Axencia EFE e profesora titular da Universidade Loyola, que falará sobre ‘A infoxicación do feminismo?’ (17.00-19.00 h); e a e o xornalistas Yolanda Cruz e Jesús Pozo, que afondarán no ‘Cine na educación para a igualdade. A experiencia do Festival Visualízame. Con proxección de curtas’ (19.00 a 21.00 h).

O curso ‘O silencio social, gran cómplice do machismo’ pecharase o mércores coas xornalistas Nieves Concostrina e Joana Pardos que darán a coñecer ‘A experiencia do formato Pioneiras’ (9.00 a 11.00 horas), e coa mesa redonda ‘El silencio social, principal cómplice do machismo’ na que intervirán Lola Álvarez, Nieves Concostrina, Yolanda Cruz e Jesús Pozo (11.00 a 13.00 horas).

Nigrán renova a súa imaxe corporativa cun novo logotipo baixo o eslogan ‘equilibrio natural’

0

O Concello de Nigrán aproveita o inicio da tempada estival para renovar a súa característica marca turística tras máis de vinte anos de vixencia. O goberno local recupera o eslogan empregado no 2020 de ‘Nigrán, equilibrio natural’ para condensar nesta nova imaxe gráfica deseñada pola nigranesa Olalla Fernández todos os valores e ideas asociadas a este lema.

“A nosa anterior marca tiña unha estética xa desfasada e, tras crear o eslogan de ‘Nigrán, equilibrio natural’, consideramos que era o momento de buscar ese cambio reforzando ese mesmo lema e, con el, os valores asociados que fan de Nigrán un municipio especial e diferente”, explica o alcalde, Juan González, quen avanza que “pouco a pouco irá substituíndo á antiga e xa aparecerá en todos os eventos deste verán”.

Esta nova marcha pretende reflexar un Nigrán diverso desde diferentes perspectivas, cunha paisaxe chea de riqueza natural onde mar e montaña únense nunha forma gráfica ondeante que, nun segungo plano, lembra á forma da letra N. A tipografía seleccionada para NIGRÁN é a Museo Sans, que ven sendo a protagonista do material gráfico do Concello dende xa hai un tempo, así que se mantén para darlle continuidade/coherencia a gráfica. A Museo Sans é unha fonte sans serif, un híbrido que combina proporcións modernas cun aspecto xeométrico. Trátase dunha fonte equilibrada, moderna, versátil e moi lexible, aspecto básico para esta imaxe. En cambio, para o eslogan “Equilibrio Natural” elexiuse a tipografía Caveat, unha fonte manuscrita “riquiña e desenfadada” que lle dá ao peche da marca un toque natural, amable e cercano. As cores posibles están asociadas ao mar, á natureza, á terra… Elementos que se mesturan nun equilibrio de tonos.

“O propio deseño ten o equilibrio que defendemos desde o Concello de Nigrán e representa o que estábamos a buscar, así que estamos moi orgulloso d

Tomás Currás e Adriana Subiás gañan o XI Open Tenis Vila do Corpus de Ponteareas

Tomás Currás na categoría Absoluta Masculina e Adriana Subiás, na categoría Absoluta Feminina, veñen de gañar o XI Open Tenis Vila do Corpus de Ponteareas, cuxa fase final disputouse este pasado domingo, 4 de xullo, nas pistas da Freixa. Tomás Currás impoñíase na final a Roberto Rodríguez por 6-4, 3-6 e 6-3, mentres que Adriana Subiás gañaba o encontro que a enfrontaba a Clara López por 6-2 e 6-2.

As nove categorías restantes tamén tiveron os seus gañadores. En Veteranos +45, o triunfo levouno Javier Méndez fronte a Ricardo Vázquez, mentres que en Veteranos +35 a final gañouna Alfonso Santos contra David Vidal.

David Noe foi o gañador da categoría Cadete Masculino ao vencer a Manuel Moreira e na sección feminina desta mesma categoría, Paloma Gallego impúxose a Victoria Lorenzo. E Pablo Gregores foi o campión da categoría Infantil Masculina ao gañar a Gonzalo González.

Entre os máis pequenos do torneo houbo un total de catro gañadores. Marc Nicolás foino na categoría Alevín Masculina ao derrotar a Martín Rodríguez e Alma Granados en Alevín Feminino ao vencer a Sofía Villa. Pedro Rivero impúxose como campión Benxamín Masculino gañando a Nicolás Cabido e Lenda Vázquez fixo o mesmo en Benxamín Feminino ao imporse a Martina Souto.

Na entrega de trofeos posterior á última final disputada, destacou a presenza do deputado provincial Manuel González, o alcalde en funcións de Ponteareas Roberto Mera e o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

Ademais, o presidente do Club Tenis Ponteareas, Manuel Regueira, aproveitou a ocasión para destacar a importancia de poder volver realizar o torneo tras a situación epidemiolóxica vivida e agradecer aos 190 participantes a súa asistencia, así como o apoio das diferentes casas comerciais que fixeron posible a celebración do evento.

“A Guarda Diversa” programa esta fin de semana accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

0

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar esta fin de semana, do 9 ao 11 de xullo.

As actividades arrancaron na xornada o pasado día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de Youtube do Concello da Guarda (https://youtu.be/ChjABMAbzok), así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.

A parte central das actividades terán lugar esta fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”, un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE.

Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.

Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda “Familias TransOrgullosas”, que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda:  https://youtu.be/ykNUfhOzugo.

Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolle ás 12:30h o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy(guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:

Venres 9 de xullo: 19.00 – 21.00h Na praza do Reló “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”. Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE.

Venres 9 de xullo: 19.00 – 20:30h. Nas dependencias do Concello da Guarda. Piratrans Carabarco  Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.

Sábado 10 de xullo: 12.00 -14:00h Na praza do Reló. “Familias TransOrgullosas”. Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e  Soledad Fernández(Presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/ykNUfhOzugo.

Domingo 11 de xullo: 12.30h Na praza de Avelino Vicente( As de Copas). Pompa e Boato con Fernán Permuy. Poesía Eléctrica.

Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: [email protected].

Redondela pon a disposición do comercio local a web MercaNaCasa

0

Apoiar ao comercio local, darlle visibilidade e contribuír á súa dinamización aproveitando toda a potencialidade das novas tecnoloxías, son algúns dos obxectivos que busca a a web https://mercanacasa.redondela.gal/, posta en marcha pola Concellería de Comercio, que xestiona María Castro.

Con MercaNaCasa o Goberno local quere ofrecer unha vía de entrada, accesible e sinxela, do comercio tradicional ao cada vez máis potente mundo dixital. Dende calquera dispositivo portátil –ordenador de sobremesa, táblet ou smartphone– e a través de menús sinxelos e intuitivos, veciñas e veciños poderán acceder a un completo directorio do comercio ordenado por sectores ou, simplemente, buscar o establecemento desexado polo seu nome.

Unha vez localizado, MercaNaCasa, amais dun vídeo de presentación do establecemento, ofrece ampla información sobre a súa localización, horarios, teléfono ou correo electrónico. “Trátase –explica a concelleira de Comercio– de poñer ao alcance do comercio de proximidade, do noso comercio, unha ferramenta que lles permite aproveitar todas as vantaxes que ofrece hoxe en día a información online”.

Os establecementos adheridos recibirán bolsas de papel e distintivos para colocar na porta e que os distinga como negocios adheridos a MercaNaCasa.

A páxina, a que día a día vanse engadindo novos establecementos, engádese ás iniciativas de apoio ao comercio local que desenvolve o Goberno que preside Digna Rivas e que van dende axudas directas para paliar os efectos da crise provocada pola pandemia, a iniciativas de promoción e apoio ás campañas que habitualmente desenvolve o comercio local.

A alcaldesa Digna Rivas asegura que esta iniciativa “non é máis que reafirmar a nosa aposta polo noso comercio e o compromiso por contribuír á súa dinamización”. A rexedora lembra que Redondela “conta, afortunadamente, cun comercio de proximidade potente e que tense amosado como un dos elementos clave para a dinamización económica do municipio”.


MercaNaCasa conta con financiamento europeo dos fondos FEDER ao abeiro do programa “Redondela 2020”.

Arbo pon en marcha o campamento de verán con “grupos burbulla”

0

Cun total de 64 participantes, con idades comprendidas entre 3 e 13 anos, deu comezo o pasado 1 de xullo a primeira quenda do campamento de verán de Concello de Arbo.

Co proxecto “Non hai planeta B”, os participantes introduciranse na educación ambiental (con xogos, experimentos, obradoiros…), unha poderosa ferramenta coa que cóntase para, se non solucionar este problema, polo menos axudar a avanzar na procura dun futuro que teña en conta o coidado do planeta.

O alcalde da localidade arbense, Horacio Gil, destaca que, como no ano pasado, crearanse grupos reducidos tamén coñecidos como “grupos burbulla”, e dicir, equipos  de convivencia estables separados por idades, donde os nenos e nenas poderán xogar e socilizar entre eles, pero sin mezclarse directamente co resto dos grupos e sempre tomándose as medidas de seguridades oportunas e necesarias.

Desta maneira contribuese a minimizar o numero de contactos e garantizase a seguridade dos participantes de menor idade.

O campamento de verán de Arbo, que ten lugar nas instalación do C.E.I.P Antonio Carpinteiro,  unha iniciativa que se crea para conciliar a vida familiar e laboral, cada ano acada máis solicitudes,  e para os nenos e nenas arvenses e unha maneira “divertida” de seguir aprendendo e relacionanddose cos seus compañeiros e compañeiras da escola.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, a resposta a un clamor popular por unha atención sanitaria digna

0

Logo do pasado luns, luns negro no Centro de Saúde de Tomiño, veciños e veciñas de Tomiño decidiron dicir “basta”, organizarse e loitar pola sanidade pública no concello tomiñés, dar un paso adiante para acadar o que por xustiza lles corresponde: unha sanidade pública digna.

“Nace esta plataforma dun clamor popular –afirma sen ningún tipo de dúbida a Plataforma– que ten na transversalidade a súa esencia; o seu obxectivo é soamente a defensa da calidade dos servizos da saúde, para os tomiñeses e tomiñesas”.

O ceerto é que a atención primaria no municipio de Tomiño, extensible especialmente aos municipios do Baixo Miño, leva anos nunha situación de precaridade que mirouse agravada, de maneira significativa, durante a pandemia. Lembra a Plataforma que, nesta situación excepcional, “implantouse a atención telefónica que supuxo un afondamento no detiororo do servizo”.

Non é un protestar por protestar ou unha queixa baleira sen achegar ningún tipo de solucións. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública en Tomiño esixe a Consellería de Sanidade, de entrada e avaliada por unha necesidade contrastada, “a inmediata reapertura do Consultorio de Goián; a recuperación urxente das citas presenciais e a cobertura de facultativos para cubrir baixas laborais e vacacionais” para evitar situacións como as vividas ate o de agora.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, informa da próxima colocación dun panel informativo ás portas do Centro de Saúde, –ao igual que se comezó facendo na Guarda e posteriormente no Rosal– “para coñecer a situación cada día”, carteis que, por certo, deixan en evidencia a desprotección sanitaria da veciñanza.

Finalmente a plataforma anima á veciñanza “a sumar forzas para  que se nos escoite e teñamos o servizo de saúde que merecemos”.

O Rosal prepara un verán con 30 actividades en todas as parroquias

0

O Rosal prepárase xa para un verán cheo de cultura. O Concello apostou este ano por unha completa programación ao aire libre con 30 actividades para todos os públicos coas que se percorrerán diferentes barrios. “Queremos achegar a oferta cultural a todos os veciños e veciñas, para desfruten dun verán de lecer variado, de calidade e seguro. Serán 22 xornadas de actuacións durante os meses de xullo e agosto que nos devolverán o gusto pola cultura nunha época tan complicada”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

Dende o Concello agradécese a colaboración da Agrupación Musical do Rosal, que volverá subir aos escenarios este verán coa segunda edición do seu O Rosal Cámara Fest, que encherá as parroquias de música co seu ciclo de concertos de grupos de cámara, “un formato que chegou na pandemia para quedarse e darlle unha nova vitalidade ás nosas rúas e á propia agrupación”, destacou o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva.

Programación

Cine, teatro, proxeccións, danza e espectáculos musicais estarán moi presentes este verán nas rúas rosaleiras. A programación comezará este mesmo xoves 8 cunha actividade no torreiro de Novás, onde tras o concerto de jazz de Sergio de Miguel Trío (21.00 h) procederase á proxección do vídeo documental sobre Marcola González ao abeiro do proxecto ‘Memoria Viva’ (22.30 h). O sábado 10 a axenda cultural chegará á área de recepción dos muíños do Folón, onde o músico e compositor galego Iván Caride tocará ás 21.00 h, antes da proxección do vídeo documental sobre Nemesio Castro do proxecto ‘Memoria Viva’ (22.30 h).

Tras estas citas a veciñanza poderá desfrutar de actividades infantís como ‘A illa sen tesouro’ dos Ghazafellos ou das ‘Vacacións no mar’ de Mircromina Títeres; de filmes como ‘Cuñados’; do baile de Do Lusco e Fusco ou ‘Coñece o teu camiño’; do concerto infantil de Peter Punk e Brais das Hortas; ou da música de Leilía, Os Carunchos, da Agrupación Musical do Rosal, de Radio Pesquera, da Banda Atlántida de Matamá, de A Barafunda, do grupo de clarinetes Klason, do de flautas Pepe Algonso, do Quinteto Rubato, do ensamble de saxofóns Emilio Rodríguez, da Banda da Unión Musical de Meaño, da Coral Ecos do Folón ou da Agrupación Musical do Rosal, do quinteto de metais Suso González, da minibanda, de Broken Peach, de Tremelique ou da Big Band AMdoR, entre outros. Para garantir a saúde de todas e todos, as actividades contarán cun aforo limitado e con todas as medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias.    

Ampliação do Parque da Amizade contempla piscinas descobertas e quatro campos de jogos

Projeto ambicioso, mas fulcral para a afirmação turística em ambiente familiar. A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira vai avançar com a ampliação de mais 5ha do espaço anteriormente denominado Parque de Lazer do Castelinho, agora Parque da Amizade. Dividida em três fases, a intervenção contempla piscinas descobertas, novos campos de jogos e instalações de apoio, além da requalificação urbanística envolvente, numa estimativa orçamental de 7,8ME.

Criado em 2008, o Parque de Lazer do Castelinho conjuga a diversão dos mais pequenos com a tranquilidade paisagística pretendida pelas famílias, sendo uma referência turístico-ambiental a nível ibérico. A enorme afluência de residentes e turistas a este património natural, a afirmação dos laços de amizade com o concelho galego vizinho, Tomiño, e o impulso dos governos de Portugal e de Espanha em prol da cooperação transfronteiriça, em particular a aceitação dos projetos da Eurocidade Cerveira-Tomiño – Parque da Amizade e travessia pedonal e ciclável sobre o rio Minho – levou o atual executivo municipal a concretizar novos e arrojados desafios.

O projeto engloba a construção de novos equipamentos desportivos ao ar livre perfeitamente integrados em espaços verdes de utilização coletiva, como por exemplo duas piscinas descobertas (uma para adultos e outra para crianças), campo de futebol de 7, campos de ténis, campo de padel, campo de voleibol de praia, bem como as respetivas e necessárias instalações de apoio.

A edificação deste complexo desportivo e de lazer foi desenvolvida em plena articulação com as infraestruturas existentes, nomeadamente com o ex-líbris do Parque da Amizade, o Aquamuseu do rio Minho, estando prevista a construção do Museu do Carocho ao ar livre para exposição de embarcações típicas.

Complementarmente, novas valências exigem os devidos arruamentos paralelo ao caminho de ferro com estacionamento, passeios e infraestruturas, a realização do acesso pedonal à estação ferroviária, o tratamento dos percursos pedonais, bem como a ligação do Parque da Amizade à travessia pedonal e ciclável sobre o rio Minho.

Para o Presidente da Câmara Municipal, este é o “verdadeiro projeto de cooperação transfronteiriça que contribuirá para uma valorização definitiva de Vila Nova de Cerveira no espaço europeu, assente em três pilares basilares condutores: a integração ambiental, paisagística e socioeconómica”. Fernando Nogueira garante que “todo o projeto foi elaborado de forma coordenada e contínua, privilegiando o equilíbrio entre a conservação da natureza e a usufruição humana sob a perspetiva do bem-estar e da melhoria da qualidade de vida”. Pela dimensão exposta e corroborada pela estimativa orçamental de 7,8ME, a execução física do projeto de ampliação do Parque da Amizade tem subjacente três fases distintas, sendo que o início dos trabalhos respeitantes à 1ª fase devem arrancar ainda no presente ano, especificamente com o prolongamento da faixa de rodagem e do estacionamento e passeios a nascente do arruamento paralelo ao caminho de ferro até à rotunda existente e a realização do acesso pedonal à estação ferroviária.

Tomiño ofrece á mocidade cursos de verán en contacto coa natureza

0

Coa chegada do verán, o Concello de Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) distintas actividades en contacto coa natureza para realizar ao aire libre.

Concretamente, trátase de tres cursos que terán lugar durante o mes de xullo. A primeira en impartirse será unha actividade teórico-práctica para iniciarse no coñecemento das plantas, principalmente as silvestres, as autóctonas e as exóticas. As persoas que asistan recibirán nocións sobre clasificación de plantas, identificación, fotografía, herbarios, hábitats, flora ameazada e de interese en Tomiño, código de conduta, problemas de conservación, etc.

Celebrarase en Tomiño entre o 13 e o 16 de xullo, en horario de 11:00 a 13.00h. Terá preferencia a mocidade de 12 a 35 anos e un prezo de 10 euros por persoa.

O seguinte curso será o día 17 de xullo e leva por nome “Descubrimento do medio na ribeira do Miño”, con atención, tanto ás especies que vaian aparecendo, incluíndo os seus rastros, coma á localizacións coñecidas previamente con exemplares de interese.

Impartirase na ribeira do río Miño en horario de mañá e tarde (9.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00h.) con xantar/pícnic que será a cargo das persoas participantes. Este curso terá un custe de 15 euros.

E por último, unha actividade dirixida a todas aquelas persoas interesadas na botánica e o mundo vexetal e con interese en aprender a realizar un herbario para o estudo de plantas secas ou como afección. Explicarase que é un herbario, con toma de datos de campo, recollida de e identificación de especies e técnicas de secado e conservación da materia. Será os días 19, 21 e 23 de xullo, co seguinte horario: luns de 10.00 a 14.00h, e mércores e venres de 10.00 a 13.00h.

Como na anterior actividade, terá preferencia a mocidade de 12 a 35 anos e o prezo será de 15 euros.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, explica que a programación responde, tanto á época do ano, que permite organizar actividades ao aire libre, coma a necesidade de prever posibles contaxios do Covid-19 en espazos pechados.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web municipal.

Comenza o II Ciclo de Conferencias “O FALAR DAS PEDRAS” en Baiona

0

Comeza o II Ciclo de Conferencias “O FALAR DÁS PEDRAS” que se impartirán todos os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís, en Baiona, ás 20:30 horas.

Mañá iníciase co Catedrático de Literatura Española e escritor, Fernando Bartolomeu Benito, que impartirá unha conferencia baixo o título “1585. Drake, Baiona… y el Conde de Gondomar”.

Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia.
Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado MULTIUSOS MERCADO DE SABARÍS (Rúa Benito Fariña, 3).

O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.

Guadi Galego realiza unha colaboración co Coro do Conservatorio da Guarda

0

O Auditorio de San Benito vibrou o pasado sábado co concerto do Coro do Conservatorio Municipal e a colaboración especial de Guadi Galego. Esta colaboración xurde dentro da xira de presentación do seu último disco, Costuras, na que a cantante atópase inmersa e que terá a súa cita na nosa localidade o vindeiro 28 de agosto no Porto da Guarda. Esta idea xa ven de anos atrás, onde, despois de varias tentativas de traer á Guarda a esta gran artista, por fin se logra facer.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, agradeceron a colaboración da artista cos nenos do Conservatorio da Guarda, facéndolle entrega neste concerto dun agasallo representativo da vila guardesa.

A proximidade e xenerosidade da cantante, que fora integrante de Berrogüeto, son de sobra coñecidas polos seus seguidores, así como a súa simpatía cara os mais cativos polo que cando se lle fixo a proposta de establecer unha colaboración cos futuros cantantes da nosa localidade non o dubidou nin un instante.

Aínda que a colaboración co noso Coro centrouse en dous dos temas mais coñecidos da artista, sen dúbida serviron para deixar ao público e aos pequenos cantantes coa ansia de asistir ao concerto en directo do día 28 de agosto, no que teremos ocasión de coñecer o repertorio do seu último disco, sen esquecer os grandes éxitos que foron marcando a súa carreira en solitario.

Recordemos que Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Comezou a súa andaina con Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e continuou posteriormente, con novas sonoridades e proxectos, con diferentes colaboradores e acadando sempre grandes éxitos de público, crítica e recoñecidos premios.  En 2005 lanza o seu disco “Espido”. Continúa no 2009 co disco en solitario Benzón e no 2012 con “Acadacanto” onde sigue colaborando con Xavier Díaz, Guillerme Fernández ou Xosé Lois Romero. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, sae o terceiro, O mundo está parado. No 2019 estreou Immersion, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da man de artistas como Iván Ferreiro, Clara Peya, Xabier Díaz ou Lisandro Aristimuño. Este álbum valeulle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español. Tras unha xira e un ano marcados pola pandemia, Guadi Galego lanza Costuras, 10 cancións que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador.

“Tic Emprendes” ofrece un curso para guías de sendeirismo en Redondela

0

Un total de 17 persoas mozas de entre 16 e 30 anos, a maioría delas mulleres (11), participan en Redondela nas prácticas para converterse en guías titulados de itinerarios ao aire libre. Trátase dunha nova iniciativa de “Tic Emprendes”, o programa co que a Deputación proporciona formación para o emprego á mocidade dos concellos máis rurais da provincia. O curso, que xa completou a formación teórica en formato telemático polas restricións derivadas da pandemia da COVID19, aborda agora a formación sobre o terreo na Senda da Auga ao paso por este concello.

A pesar de que a parte práctica da formación, que consiste en catro sesións, estase a celebrar en Redondela, nela participan mozos/as chegados de ata 11 concellos da provincia (Arbo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, A Illa, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Portas). A actividade, de carácter gratuíto, conta cunha beca de desprazamento da Deputación.

Por outra banda “Tic Emprendes” abre o prazo para inscribirse nas próximas ofertas formativas, que serán os cursos de “Competencias dixitais en ofimática”, “Community Manager”, “Operario/a de xestión loxística e dixital dun almacén, con módulo de carretilleiro/a”, así como as novas edicións dos cursos de “Marketing dixital”, “Aplicacións móbiles (Apps)”, “Creación e xestión de tendas en liña”, “Creación de contidos  dixitais: imaxe, vídeo e videoxogos” e “Guía de Itinerarios ao aire libre”. As solicitudes poden presentarse na sede electrónica da Deputación https://sede.depo.gal/tic-emprendes. Para máis información pode consultarse o sitio https://www.depo.gal/tic-emprendes, contactar no mail [email protected] ou chamar aos teléfonos 886 217 320 e 986 804 100 (extensión 47320).

“Tic Emprendes” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e conta cun orzamento global de máis de 700.000 euros. O programa ten como obxectivos fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento, propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos. En concreto, céntrase nos 31 municipios da provincia de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

A Biblioteca municipal de Ponteareas achega a figura de Xela Arias co programa ‘Ler conta moito’

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle esta semana unha nova actividade pensada para o fomento da lectura dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia, o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas o colectivo Polo Correo do Vento traerá á biblioteca a actividade baseada na súa publicación ‘Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua’, na que contan, ilustran e musicalizan a biografía da escritora, poeta e tradutora á que este se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

O obxectivo é “promover entre o público máis novo non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. Esta actividade permite ademais achegar aos nenos e nenas á biblioteca como “un espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais”.

Para participar na actividade é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca, chamando ao 986 660 765 oua través do enderezo electrónico [email protected].

Un centenar de persoas beneficiaranse dos novos cursos de formación on-line de Gondomar

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, inaugurou o primeiro dos cursos de formación on-line que o seu departamento desenvolverá entre os meses de xulio e agosto, nos que se impartirán un total de 265 horas.

Nestes cursos se abordarán diferentes temarios relacionados directamente coas demandas do mercado, co fin de facilitar a posibilidade de acceder a un posto no mercado laboral, ou mellorar as capacidades para promocionar nel.

Algo máis dun centenar de persoas interesáronse por esta actividade, que vén repetindose nos últimos anos, sendo finalmente un total de 90 os que accederon aos cursos ao ter unha capacidade máxima cada un de 15 alumnos/as.

Hixiene e manipulación de alimentos, con cinco horas de duración, foi o curso que inaugurou esta nova edición, ao que lle seguirán o ensino do inglés para nenos de 1 a 3 anos; organización de actividades en institucións sociais; atención sociosanitaria a persoas enfermas de Alzheimer; administración electrónica 2021 e Igualdade de oportunidades.

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do mércores polo esteiro do Miñor

0

O Concello de Nigrán arranca este mércores 7 de xullo cos seus roteiros guiados encadrados na programación de verán ‘Nigrán, equilibrio natural’. Este primeiro será polo esteiro do río Miñor con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio (A Ramallosa).

Como en todos os que se realicen, o aforo é limitado e os interesados deben anotarse previamente no mail [email protected] indicando os datos dos participantes (nome, apelidos e teléfono), sendo este martes ás 14:00 horas a data límite para inscribirse.

O Concello de Nigrán ofrecerá diferentes roteiros todos os mércores de xullo en horario matinal e vespertino alternativamente cada semana.

“A pandemia axudounos a descentralizar as opcións de ocio e a mirar cara os nosos marabillosos carreiros naturais do interior e da costa”, sinala o rexedor, Juan González, en referencia á esta programación específica estreada con éxito o ano pasado.

Baiona ofrece visitas guiadas gratuítas para reactivar o sector turístico

0

O Concello de Baiona aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas e coas que reactivar o sector turístico tras a Covid-19.

Entre elas se cuentra “Xoves non Camiño”, un programa posto en marcha para dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa polo municipio. O primeiro roteiro comezará o próximo día 15 de xullo e repetirase o xoves 29 de xullo. En agosto tamén haberá programadas outros dous roteiros, o 12 e o 26 de agosto.

A visita, que arrincará ás 10:00 horas desde a oficina de Turismo, percorrerá a Praza de Santa Liberata e continuará o trazado do Camiño Portugués pola Costa nas rúas Manuel Valverde, cale Conde e O Burgo, a praza Vitoria Cadaval de Sabarís, finalizando o traxecto na Igrexa de Santa Cristina.
O percorrido é lineal e a guía que acompañará ao grupo realizará o regreso a Baiona camiñando polo Paseo Marítimo. A duración aproximada é de 2 horas e 30 minutos cunha distancia de 3,5 quilómetros e dificultade baixa.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, así como auga e protección solar.

Visitas guiadas polo Casco Lanuxe

Ademais dos “Xoves non Camiño”, Baiona conta durante o verán coas visitas habituais polo centro histórico. Celebraranse a partir de 17 de xullo e ata o 31 de agosto os martes e sábados, ás 11:00 horas, desde a Oficina de Turismo.

Os participantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural da Vila acompañados por unha guía oficial.

As visitas tamén son gratuítas. Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira e o Centro histórico.

As visitas levarán a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias e cumprindo coa normativa vixente.

O número de asistentes será reducido (20 persoas) polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: [email protected], ou por teléfono no 986 68 70 67).

O punto de encontro para ambas as visitas, tras a confirmación de praza, será o palco do Parque da Palma.

As persoas interesadas deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade con outras persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.

Ambas as visitas serán guiadas por unha Guía Oficial habilitada pola Xunta de Galicia, como vén sendo habitual, e formada en materia de prevención de riscos laborais ante a Covid- 19.

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas estradas de Salceda de Caselas

A Xunta iniciará esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas PO-308 e PO-399, ao seu paso polos concellos de Sanxenxo e de Salceda de Caselas, respectivamente.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renovou a encomenda á empresa pública Seaga para a realización de tarefas de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias, de cara á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria, á que destina un investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

No marco destas intervencións, este luns comezarán os traballos nas citadas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, que se irán estendendo de xeito  progresivo a outras estradas de titularidade da Xunta das outras provincias.

En concreto, as actuacións que se desenvolverán na PO-308, no tramo entre a vila de Sanxenxo e A Lanzada, céntranse no acondicionamento da zona verde do dominio público viario. No caso da PO-399, os labores comezan pola roza nas marxes desta vía no seu percorrido polo municipio de Salceda de Caselas.

O conxunto de traballos realizados no marco deste contrato, que acaba de ser renovado coa empresa pública Seaga para os vindeiros 12 meses, completan os que se veñen realizando ao longo do ano polo servizos ordinarios de conservación de estradas da Xunta. Mediante estas actuacións impúlsase a tala e roza de vexetación de dominio público das estradas autonómica e supoñen un apoio aos labores de conservación de zonas verdes en sendas peonís e glorietas. 

Deste xeito, por unha banda, estas actuacións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.

Traballos de roza na PO-332, en Nigrán e Gondomar

O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados eliminarán árbores que poderían caer á calzada en caso de temporal e evitarán que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Ademais, serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da estrada animais como xabarís ou corzos.

Este contrato tamén posibilitará dar cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2019, polo que se insta ás administracións públicas a impulsar unha redución progresiva do  uso de herbicidas nas marxes das estradas.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas autonómicas, engadindo aos medios da súa conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga. Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

A Xunta mellorará o firme das estradas PO-510 e PO-400 en Salceda, O Porriño, Salvaterra e As Neves

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 800.000 euros as obras de mellora do firme das estradas autonómica PO-510 e PO-400, nos concellos do Porriño, de Salceda de Caselas, de Salvaterra de Miño e das Neves.

A intervención de reforzo da seguridade viaria, adxudicada á empresa Construcciones Fechi, S.L.U.., prevé o seu comezo no mes de agosto. As obras terán un prazo de execución de catro meses.

Na estrada PO-510 actuarase entre os puntos quilométricos 0+000 e 15+750. Entre os puntos 0+200 e 2+700, esta estrada atravesa o polígono industrial das Gándaras, polo que ten un importante tránsito de vehículos pesados. Para mellorar o seu estado, proxéctase un recrecido e unha ampliación da plataforma, ademais da posta a cota dos pozos de rexistro.

Na estrada PO-400 a intervención acometerase entre os puntos quilométricos 2+300 e 4+800, efectuando o fresado e a reposición do firme. No treito entre os puntos 2+300 e 3+900 executarase un reforzo do firme incrementando o paquete existente en toda a plataforma.

Tamén se aproveitará esta obra para reforzar a seguridade viaria co acurtamento dun dos terceiros carrís de adiantamento, nuns 100 metros de lonxitude, a renovación dos captafaros e a disposición de balizas.

Ademais, na zona de Budiño, no Porriño, reconfigurarase a sinalización horizontal para permitir xiros á esquerda en camiños públicos que poidan dar servizo aos veciños.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes.

O CNPonteareas feminino proclámase Campión Galego Infantil

A pasada fin de semana tivo lugar a segunda cita autonómica de natación galega no transcurso de tan só dúas semanas. O Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, foi o encargado de acoller esta fin de semana o Campionato Galego Infantil de verán.

Tal e como estaba previsto, despois do nivel mostrado na liga de natación durante toda a tempada, o equipo infantil feminino do CNPonteareas proclamouse logo desta xornada Campión Galego Infantil.

O resultado para as deportistas do CNPonteareas foi de 14 medallas de ouro, 4 de prata e 2 de bronce, este foi o balance das 9 nadadoras do condado que acudiron á cita, destacando a victoria en todas as probas de relevos disputadas en Pontevedra.

A clasificación xeral conxunta quedou encabezada polo CNPortamiñá, campións galegos, seguidos polo equipo do CNPonteareas.

Inés Borge, Uxía González, Naiara Eijo, Rosette Otero, Naroa Estévez, Lara Domínguez, Iria Lemos e Sofia Carballo

Redondela amplía o seu patrimonio coa adquisición da parcela anexa ao convento de Vilavella

0

O Concello de Redondela vén de formalizar, ante notario, a compra da parcela situada a carón do convento de Vilavella, ata agora propiedade da firma Building Center, un paso imprescindible para a realización do ambiciosos proxecto que transformará completamente a Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano.

O prezo final estableceuse en 449.350 euros dos que 416.226 euros serán achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019. Trátase dun solar de preto de 4.000 metros cadrados no que se creará “unha nova zona de esparexemento para a veciñanza e un aparcadoiro disuasorio”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

O estacionamento proxectado “permitirá dispoñer dun espazo próximo ao centro urbano e continuar coa transformación iniciada polo Goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”.

A maiores, a estratéxica situación do aparcadoiro disuasorio –xusto na entrada do centro urbano– permitirá a desmasificación de estacionamentos de vehículos que, diariamente, se produce nas beiravías da estrada. Este aparcadoiro complementará aos dous aparcadoiros libres existentes no casco urbano reforzados polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira.

Coa compra desta parcela, o Goberno redondelán cumpre un dobre obxectivo: por unha banda gáñase un novo espazo para a cidadanía e por outra, derrúbase unha nave situada a carón dun ben patrimonial como é o convento de Vilavella. A maiores, a actuación ten un beneficio medioambiental engadido xa que o solar linda co río e conecta co paseo do Salgueiral.

Lembra o Concello que o convento de Vilavella é unha das tarxetas de presentación de Redondela “tanto pola situación estratéxica no punto en que conflúen as estradas que veñen dende Vigo e O Porriño, coma polo feito de estar inventariado como Patrimonio Cultural de Galicia. Non se pode esquecer que se trata dun edificio conventual da orde das Justinianas, fundado pola familia Prego de Montaos a comezos do século XVI e que aínda conserva, desa época, a igrexa composta por un ábside e unha soa nave.

Para a posta en valor de toda a zona, o Goberno local conta xa cun proxecto redactado polo estudo  Gándara y Pons Arquitectos. As obras, que contarán cun investimento de 2.5 millóns de euros, contempla unha gran praza central na que se integrará o convento con espazos axardinados que resaltarán o vínculo existente entre Redondela e o Camiño de Santiago.

“Redondela é o cuarto municipio da provincia pero, amais de selo, ten tamén que parecelo”, explica a alcaldesa Digna Rivas. “A Praza de Ponteareas, como entrada natural ao casco urbano dende Vigo e O Porriño e entrada tamén do Camiño Portugués e Camiño Portugués pola Costa, e tamén a nosa tarxeta de presentación, polo que compre un proxecto acorde á importancia do noso municipio”.

“Este grupo de Goberno apostou, e segue apostar, pola mobilidade sostible e por unha vila na que as persoas sexan as progatonistas”, engade a rexedora local que, lembra, “que está plenamente demostrado que os espazos humanizados nas vilas e cidades, son elementos dinamizadores da economía local”.

A Asociación Lazoiro lamenta o derrumbamento das casas antigas da muralla en Salvaterra

O patrimonio cultural caracterizase por ser unha ferramenta de unión entre individuos, que ademais os relaciona e aproxima ao espazo que os rodea.

Falar de patrimonio non só é falar de ruínas de pedra carentes de significado, senón dos piares que forman a base da historia, permitindo reconstruír o pasado para deste xeito entender o presente.

Debe ser obriga de todos os organismos, dende gobernamentais ata asociativos, a protección, o coidado e a rehabilitación do patrimonio en todo o seu espectro, tanto material como inmaterial. Unha rehabilitación que non pode pasar por destrución, privando tanto á nosa xeración como aos nosos devanceiros do coñecemento e do vinculo coas nosas raíces.

Dende a asociación Lazoiro, lamentan a destrución das casas antigas situadas no recinto amurallado de Salvaterra de Miño. O que comezou como un abandono sistemático e falta de coidados, rematou na completa eliminación dun elemento que destacaba, xa non pola súa antigüidade, senón pola trama urbana que aportaba ao entorno.

Imaxe actual

A desaparición deste elemento patrimonial non só supón unha perda de valor para as murallas senón que deixa unha explanada baleira e carente de toda referencia ou lembranza da actividade e vivencias acontecidas no recinto amurallado.

Ainda que por desgraza esta perda sexa irrecuperable e o dano irreversible, dende Lazoiro queren facer un chamamento en prol da concienciación, tanto a nivel social como gobernamental, de cara a evitar futuras agresións ao patrimonio.

Ponteareas acolleu o último Campionato Galego de Bádminton sub 9/sub 19 da tempada

Esta pasada fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Bádminton sub 9/sub 19, que organizaba o Club Bádminton Ponteareas e a Federación Galega de Bádminton. A organización tamén contou coa axuda da Deputación de Pontevedra, o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e o propio Concello de Ponteareas.

Este Campionato foi moi importante xa que era o último antes de afrontas as vacacións de verán. A organización foi todo un éxito, ya que participaron un total de 60 deportistas e xogáronse preto de 100 partidos ao longo da fin de semana.

Desde o Club Bádminton Ponteareas quedaron moi satisfeitos cos resutados, ya que todos os seus participantes sub 9 entraron no podium, onde Inés Lemos proclamouse Campiona Galega sub 9 nas tres modalidades nas que participou.

Dende o Club queren dar a noraboa a todos os participantes polo seu bo comportamento e pola súa entrega, facendo unha mención especial ao corpo arbitral e a Protección Civil.

Inés Lemos 
?Individual Feminino 
?Dobres Femininos
?Dobres Mixtos

Roi Vilchez
?Individual Masculino
?Dobres Masculinos
?Dobres Mixtos

Eva Lemos
?Individual Feminino
?Dobres Femeninos
?Dobres Mixtos

Marta Ucha 
?Individual Feminino
?Dobres Femininos

Mario Souto 
?Dobres Mixtos
?Dobres Masculinos 

Uxía Castro
?Dobres Femininos