21.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Biblioteca municipal de Ponteareas achega a figura de Xela Arias co...

    A Biblioteca municipal de Ponteareas achega a figura de Xela Arias co programa ‘Ler conta moito’

    Necesaria inscrición previa para participar nesta actividade que se desenvolverá o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle esta semana unha nova actividade pensada para o fomento da lectura dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia, o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas o colectivo Polo Correo do Vento traerá á biblioteca a actividade baseada na súa publicación ‘Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua’, na que contan, ilustran e musicalizan a biografía da escritora, poeta e tradutora á que este se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

    O obxectivo é “promover entre o público máis novo non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. Esta actividade permite ademais achegar aos nenos e nenas á biblioteca como “un espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais”.

    Para participar na actividade é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca, chamando ao 986 660 765 oua través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.