A corporación mosense mostrou o seu orgullo na recepción aos futbolistas locais que tivo lugar onte ás 12:00 h no Multiusos das Pozas.
Os equipos de fútbol base da Unión Deportiva MOS (CADETES) e do Club LOURO TAMEIGA (XUVENILES) foron homenaxeados polo seu ascenso a 1ª galega e polo seu ascenso a 1ª autonómica respectivamente.
Estiveron presentes, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; José Areal, concelleiro de deportes; concelleiros do equipo de Goberno local e voceiros da corporación municipal.
Por parte da Federación Galega de Fútbol asistiu, Fernando Iglesias Figueroa, vicepresidente da entidade, quen aplaudiu dito ascenso e felicitou a cada un dos rapaces homenaxeados.
Tamen estiveron presentes en dito acto, acompañando aos seus xogadores os presidentes da Union Deportiva MOS, Pablo Alonso Serodio e do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira.
Os capitáns de cada equipo dedicaron unhas palabras aos seus compañeiros. Port parte do Club Louro, Anxo Resua. Por parte da Unión Deportiva Mos, Alex e Ricardo. Ambolos tres capitáns fixeron referencia ao outro club do municipio, dándolle os parabéns. Todos coincidiron en que máis aló das cores levan a Mos por bandeira.
[su_image_carousel source=”media: 40567,40569″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Alcaldesa e concelleiros, felicitaron aos deportistas e fixéronlle entrega duns agasallos como recordatorio desta data. Quixeron así mesmo, valorar o esforzo dos mozos e poñer en valor a importancia de facer deporte, en concreto xogar ao fútbol; este deporte que non só levanta paixóns entre quen o segue desde as bancadas, senón que, ademáis, achega innumerables beneficios a quen se atreve a calzarse unhas botas de fútbol e saír ao campo de xogo. A alcaldesa quixo agradecer tamén o traballo das directivas, e dos entrenadores que inculcan cada día o traballo en equipo, o respecto polas normas, o compañeirismo, a tolerancia, o aprender a compartir, etc…
Así mesmo fixo mención ao papel tan importante dos pais e as nais, sen a súa colaboración e esforzo, apostando por este deporte en equipo e colaborando para que os seus fillos acudan a cada adestramento e aos partidos de cada fin de semana, non sería posible lograr devanditos resultados.