19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do mércores polo...

    Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do mércores polo esteiro do Miñor

    Os interesados deben inscribirse antes do martes ás 14:00 horas no mail oficinaturismo@nigran.org. A andaina encádrase na programación de verán 'Nigrán, equilibrio natural'

    O Concello de Nigrán arranca este mércores 7 de xullo cos seus roteiros guiados encadrados na programación de verán ‘Nigrán, equilibrio natural’. Este primeiro será polo esteiro do río Miñor con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio (A Ramallosa).

    Como en todos os que se realicen, o aforo é limitado e os interesados deben anotarse previamente no mail oficinaturismo@nigran.org indicando os datos dos participantes (nome, apelidos e teléfono), sendo este martes ás 14:00 horas a data límite para inscribirse.

    O Concello de Nigrán ofrecerá diferentes roteiros todos os mércores de xullo en horario matinal e vespertino alternativamente cada semana.

    “A pandemia axudounos a descentralizar as opcións de ocio e a mirar cara os nosos marabillosos carreiros naturais do interior e da costa”, sinala o rexedor, Juan González, en referencia á esta programación específica estreada con éxito o ano pasado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.