O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar esta fin de semana, do 9 ao 11 de xullo.
As actividades arrancaron na xornada o pasado día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de Youtube do Concello da Guarda (https://youtu.be/ChjABMAbzok), así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.
A parte central das actividades terán lugar esta fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”, un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE.
Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.
Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda “Familias TransOrgullosas”, que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/ykNUfhOzugo.
Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolle ás 12:30h o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy(guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:
Venres 9 de xullo: 19.00 – 21.00h Na praza do Reló “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”. Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE.
Venres 9 de xullo: 19.00 – 20:30h. Nas dependencias do Concello da Guarda. Piratrans Carabarco Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.
Sábado 10 de xullo: 12.00 -14:00h Na praza do Reló. “Familias TransOrgullosas”. Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e Soledad Fernández(Presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/ykNUfhOzugo.
Domingo 11 de xullo: 12.30h Na praza de Avelino Vicente( As de Copas). Pompa e Boato con Fernán Permuy. Poesía Eléctrica.
Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: [email protected].