11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño conta cunha completa axenda cultural en xullo

    Tomiño conta cunha completa axenda cultural en xullo

    É preciso reservar praza chamando aos teléfonos do Concello ou enviando un correo electrónico ao Departamento de Cultura

    O verán cultural de Tomiño oferta numerosas e atractivas actividades, entre as que destacan o cine familiar, para persoas adultas e a música (dentro do ciclo O Son da Praza) a través dos máis diferentes estilos.

    Os meses de xullo e agosto serán os máis fortes da programación, se ben en setembro tamén haberá unha serie de actos relevantes con motivo das festas patronais do Alivio.

    A vindeira fin de semana a axenda cultural ofrece cine familiar ao aire libre, con ‘Zog y los doctores voladores’

    Será o venres 9 de xullo ás 22.30h na Praza do Seixo. Recomendada para familias con nenos ou nenas a partir de 3 anos de idade, e con entrada de balde.

    Ao día seguinte, sábado 10 de xullo, celebrarase o terceiro “Festival Vaideson”. Organizado pola Asociación Cultural Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio coa colaboración do Concello, este festival naceu coa idea de mesturar diferentes estilos musicais e promover a cultura galega en todos os ámbitos. Nesta ocasión contará co concerto do grupo Los Jinetes del Trópico, a partir das 21.30h e para todos os públicos. Praza do Seixo e entrada de balde.

    O cine familiar ao aire libre continúa o venres 16 con ‘O apóstolo’, unha historia de terror, humor e fantasía.Na Praza do Seixo ás22.30h para persoasa partir de 7 anos. Entrada gratuíta. E para rematar o ciclo, o venres 23 de xullo á mesma hora e lugar, “O bosque animado”, para todos os públicos e con entrada de balde.

    A Escola do Rock de Paredes de Coura, nadaen 2014 do icónico festival da mesma vila portuguesa, organiza todos os anos un tour con concertos reunindo no escenario a alumnado e profesorado. Organizado pola Câmara Municipal de Paredes de Coura e o Concello de Tomiño, este concerto terá lugar o martes 27 de xullo no auditorio do Espazo Fortaleza de Goián.A 1ª parte do concerto (40 minutos) comezará ás 20.00 horas e estará a cargo dun grupo da Agrupación Musical del Goián, recaendo a segunda parte na Escola do Rock Paredes de Coura, que actuará durante 60 minutos a partir das 21.00 horas. Este singular espectáculo será para todo público e con entrada gratuíta.

    Pechando o mes, chegará o Concerto Pauliña (Paula Chaves); unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día en Galicia. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser directa, sinxela e achegada non deixa indiferente a ninguén. Será o sábado 31 de xullo a partir das 22.30 horas. Na Praza do Seixo, para todos os públicos e con entrada de balde.

    Para todos os espectáculos é preciso reservar praza chamando aos teléfonos do Concello (986 62 20 01/03) ou enviando un correo electrónico ao Departamento de Cultura (cultura@tomino.gal). Ana Isabel Fernández Carrera, concelleira de Cultura, explica que a normativa sanitaria esixe ter listado de todas as persoas asistentes. “Seguimos apostando pola cultura con todas as medidas de seguridade”, indica. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.