15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondela“Tic Emprendes” ofrece un curso para guías de sendeirismo en Redondela

    “Tic Emprendes” ofrece un curso para guías de sendeirismo en Redondela

    A actividade, que ten por obxectivo fomentar o emprego en concellos rurais da provincia, está a celebrar as prácticas na Senda da Auga

    Un total de 17 persoas mozas de entre 16 e 30 anos, a maioría delas mulleres (11), participan en Redondela nas prácticas para converterse en guías titulados de itinerarios ao aire libre. Trátase dunha nova iniciativa de “Tic Emprendes”, o programa co que a Deputación proporciona formación para o emprego á mocidade dos concellos máis rurais da provincia. O curso, que xa completou a formación teórica en formato telemático polas restricións derivadas da pandemia da COVID19, aborda agora a formación sobre o terreo na Senda da Auga ao paso por este concello.

    A pesar de que a parte práctica da formación, que consiste en catro sesións, estase a celebrar en Redondela, nela participan mozos/as chegados de ata 11 concellos da provincia (Arbo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, A Illa, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Portas). A actividade, de carácter gratuíto, conta cunha beca de desprazamento da Deputación.

    Por outra banda “Tic Emprendes” abre o prazo para inscribirse nas próximas ofertas formativas, que serán os cursos de “Competencias dixitais en ofimática”, “Community Manager”, “Operario/a de xestión loxística e dixital dun almacén, con módulo de carretilleiro/a”, así como as novas edicións dos cursos de “Marketing dixital”, “Aplicacións móbiles (Apps)”, “Creación e xestión de tendas en liña”, “Creación de contidos  dixitais: imaxe, vídeo e videoxogos” e “Guía de Itinerarios ao aire libre”. As solicitudes poden presentarse na sede electrónica da Deputación https://sede.depo.gal/tic-emprendes. Para máis información pode consultarse o sitio https://www.depo.gal/tic-emprendes, contactar no mail ticemprendes@depo.gal ou chamar aos teléfonos 886 217 320 e 986 804 100 (extensión 47320).

    “Tic Emprendes” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e conta cun orzamento global de máis de 700.000 euros. O programa ten como obxectivos fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento, propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos. En concreto, céntrase nos 31 municipios da provincia de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.