Sábado, 7 Xuño de 2025

O físico Antonio Turiel, protagonista da primeira charla das Xornadas de Enerxía

0

O Rosal dá este venres o pistoletazo de saída ás súas ‘Xornadas de Enerxía’, unhas charlas organizadas polo Concello protagonizadas por conferenciantes de relevancia nacional e internacional que teñen por obxectivo abordar asuntos relacionados cos diferentes tipos de enerxía, modos de consumo, modelos alternativos, sostibilidade…  

A primeira cita deste ciclo será este venres 14 ás 19.00 horas co físico e divulgador científico Antonio Turiel, un referente a nivel internacional en cuestións como o esgotamento dos recursos convencionais de combustibles fósiles, como o pico do petróleo e as súas posibles implicacións a escala mundial e tamén sobre a economía e sociedade españolas. Doutor en Física Teórica e investigador no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Ciencias do Mar en Barcelona, Turiel abordará na súa charla a crise enerxética e os cambios sociais que leva aparellados.

Autor do blog The Oil Crash e de numerosos libros, Antonio Turiel asegura que é urxente unha transición enerxética controlada, xa que os combustibles fósiles non dan máis de si. E hai que estar preparados ante a inminente crise enerxética que se achega e que se sumará á crise ambiental e á actual crise sanitaria. Esta primeira charla celebrarase por videoconferencia. As persoas interesadas en asistir poderán acceder dende a súa casa a través dun enlace que se difundirá este mesmo venres a través da web e das redes sociais do Concello ou de forma colectiva na sala habilitada para o seu seguimento no Centro Social Polivalente, que terá aforo limitado e todas as medidas de seguridade necesarias ante a situación sanitaria. Durante o encontro poderán facerse preguntas e comentarios ao conferenciante e a charla será gravada e publicada na páxina web do Concello.

A Guarda acolle dous obradoiros dirixidos a mulleres emprendedoras

0

O Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para dous obradoiros que terán lugar os días 20 e 27 de xaneiro en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios e dirixidos a mulleres emprendedoras.   

Os obradoiros realizaranse de xeito online a través da plataforma zoom, polo que tan só é preciso dispor un dispositivo tipo PC, smartphone ou tablet.

Ofértanse dous obradoiros, un de nivel básico sobre “Transformación dixital” e outro de nivel intermedio sobre “Cómo crear anuncios en Facebook e Instagram”.

No Obradoiro sobre “Transformación Dixital” traballarase sobre que é Transformación dixital, creación de perfís Business en Facebook e Instagram, a importancia da presenza en redes sociais, as súas vantaxes, a diferencias existentes entre grupos, páxinas e perfís privados en Facebook, como crear contidos atractivos e de valor en redes sociais, formatos, encadres e consellos, creación de stories e lives, ferramentas gratuítas existentes e casos de éxito. Terá lugar o xoves día 20 de xaneiro en horario de 19:00h a 20:30h.

No Obradoiro sobre “Cómo crear anuncios en Facebook e Instagram” falarase da creación de anuncios en Facebook e Instagram, a planificación de publicacións, como facer contidos máis impactantes, consellos para Facebook e Instagram, vantaxes dos anuncios, definir obxectivos, lugares, formatos e presupostos, administración e segmentación de anuncios e rendementos, tipos de audiencias e tipos de segmentacións, ferramentas, casos de éxito, entre outros. Terá lugar o xoves día 27 de xaneiro en horario de 19:00h a 20:30h.

Ponteareas acolle o Campionato Galego Máster de Inverno de natación

Ponteareas volve ser sede unha vez máis dunha das probas máis importantes do panorama deportivo. A vila acollerá a primeira cita do calendario de competicións en natación do 2022 coa celebración do Campionato Galego Máster de Inverno, a única cita galega que haberá nesta categoría organizada polo Club Natación Ponteareas en colaboración co Concello. Os días 15 e 16 de xaneiro o complexo deportivo Álvaro Cunqueiro acollerá a 317 deportistas, 185 nadadores masculinos e 132 nadadoras femininas. Entre as e os inscritos destacan Ramón Folch, do CN Arteixo e 85 anos, e Isabel Moral, do CN Traviesas e 80 anos, os competidores de maior idade do campionato.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quixo agradecer unha vez máis “todo o que está a facer polo deporte e polo conxunto de Ponteareas tanto o club como as e os deportistas e as familias”, así como das entidades privadas, xa que “é fundamental que todos acheguemos a nosa axuda, porque gran a gran constrúense os grandes desertos”. O edil destacou tamén que “é un orgullo contar cun club como o CN Ponteareas, sempre está un paso por diante e cunha valentía á hora de facer as cousas que son parte importante do seu éxito”, salientou.

Na presentación deste encontro o director técnico e presidente do CN Ponteareas, Andrés Carrera, salientou o crecemento exponencial dos participantes neste campionato, con case 100 novos participantes. Así, para poder estar na piscina en condicións de seguridade, a competición dividirase en dous días: o sábado 15 competirán deportistas menores de 45 anos pertencentes a 27 clubs galegos, mentres que o domingo 16 será a quenda das e dos participantes maiores de 45, procedentes de 32 clubs.

Entre as medidas de seguridade establecidas, as e os competidores deberán acceder ás instalacións con certificado COVID ou cunha proba de PCR ou antíxenos negativa recente e non haberá público, aínda que se colocará unha pantalla xigante no pavillón para que as persoas poidan seguir o evento. A competición tamén se retransmitirá por streaming a través da canle de Youtube do club. “Queremos agradecer a súa colaboración ao Concello, á Federación, a patrocinadores, a colaboradoras e colaboradores e ás persoas voluntarias que fan posible que sexamos o club que máis eventos organizamos en toda Galicia e que sigamos medrando en plena situación de pandemia”, salientou Carrera. O presidente quixo aproveitar a ocasión para anunciar unha boa nova: a inclusión este ano da Travesía a Nado Vila do Tea na Copa de España por primeira vez na súa historia.

Pola súa banda, o vicepresidente do CN Ponteareas, Alberto Aliaga, quixo destacar a importante simboloxía do cartel empregado como imaxe no Campionato Galego Máster de Inverno. “Non só volven as remudas, suspendidas dende a chegada da covid, senón que é unha gran homenaxe ao deporte feminino. As protagonistas son as catro nadadoras do equipo de remuda hai 2 temporadas, gañando medalla de ouro e acadando un novo récord galego na súa proba. Son un exemplo de loita e superación, compaxinando traballo, adestramentos, familia e acadando éxitos deportivos incribles”, recalcou.

Rematada a rehabilitación dos miradoiros no río Miño, en Arbo

0

Arbo rehabilitou os miradoiros da vila baixo unha actuación denominada “Rehabilitación de Miradoiros do Río Miño en Arbo”, que incluiu a obra e os honorarios da redacción e dirección do proxecto. A convocatoria anunciouse no 2021 e recibiuse unha subvención de 29.933,22 € (IVE 21 % incluído).

O Concelllo de Arbo ten na ribeira do Miño un dos seus principais atractivos turísticos. As pesqueiras, as praias fluviais, os sendeiros repártense ao longo do río e atraen a numerosos visitantes. A finais dos anos 90 o Concello acondicionou o entorno da praia fluvial do Río Miño, ao carón da ponte internacional, e construíu dous miradoiros sobre río.

Actualmente, e tras máis de 20 anos, partes destes miradoiros atopábanse  en mal estado e requiren algunhas actuacións de rehabilitación.

“Arbo é un lugar de contrastes. A paz e a tranquilidade que envolven a Arbo, non son capaces de ocultar que, en realidade, trátase dun municipio dinámico. Os leitos fluviais que discorren polo municipio de Arbo, tamén permiten que o visitante poida gozar, en todo momento de magníficas paisaxes.  Sendeiro dá Moura, Roteiro dous Pescadores, Roteiro dás Pesqueiras  ou o Paseo fluvial Rio Miño–Deva ou o Roteiro da Lamprea, que  mostran os encantos dos nosos  Rios e paisaxes”, manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

A pesca e preparación da lamprea contan cunha gran tradición no Concello de Arbo. Na actualidade a Festa da Lamprea, que se celebra a finais de cada mes de abril, conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. 

Os miradoiros obxecto da actuación sitúanse a carón da ponte internacional que comunica Arbo con Melgaço en Portugal. No mesmo entorno tamén se atopa a praia fluvial do Río Miño e un área recreativa con mesas e bancos de pedra.

Os dous miradoiros están separados uns 200 m e comunícanse por un camiño de terra baixo os árbores da ribeira onde se atopan varias mesas e bancos de pedra, o que da inicio ao sendeiro Rio Miño- Rio Deva, que vai dende a Estación a Ponte Romanica de San Xoan.

Os tres ríos que bañan o municipio, Deva, Cea e Miño, confírenlle un  microclima especial que non só permite practícaa de calquera actividade natural no municipio de Arbo permite aos visitantes gozar dunha excelente  cultura, patrimonio e magníficas paisaxes en calquera época do ano.

Arbo é terra de inspiración, de boa comida e de deleite #ante o acougado discorrer do tempo xunto a unha copa de bo viño e que mellor forma de coñecernos, que  através dos nosos roteiros e carreiros e parar nestes miradores para descansar, relaxarse ou simplemente observar o transcorrer do Rio Miño, dende un lugar privilexiado.

Gondomar aproba máis de 57.000 euros de axuda ao comercio local coa segunda liña de subvencións Covid19

0

As subvencións ao comercio local enmárcanse dentro da segunda convocatoria aberta para axudar ás pequenas e medianas empresas a facer fronte á crise xerada tras a pandemia. En total puxéronse ao dispor deste obxectivo 116.000, 64 euros, aos que hai que sumar os 100.000 euros dunha primeira liña aprobada en marzo de 2021 e dirixida entón ao sector da hostalería, o máis prexudicado nese momento.

“O noso obxectivo, desde o inicio desta pandemia, é estar xunto a quen se viu máis afectado, e neste caso o pequeno e mediano comercio notou moi de preto a crise económica xerada tras a aparición do virus”, explica o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, quen engade que “por iso articulamos todas as medidas e axudas que estaban ao noso alcance para manter a economía local e os empregos que xera”.

Máis de 50 empresas locais beneficiadas das axudas

Nesta segunda convocatoria de axudas promovida polo goberno local, a través da súa concellería de Comercio, aprobáronse un total de 51 subvencións a pequenas e medianas empresas do sector, isto é, un total de 56.800 euros en axudas, que se distribuirán en cantidades que oscilan entre os 1.000 e os 1.500 euros, segundo os requisitos recollidos nas bases.

Presentáronse un total de 56 solicitudes, das que 23 foron aprobadas antes de nadal, abonándose entón un total de 25.600 euros. A elas sumáronse esta semana outros 29 solicitantes, ao comprobar a mesa de valoración que subsanaron os requisitos requiridos, aprobando así a concesión de 31.200 euros máis.

Liñas de axuda COVID 19

Estas subvencións enmárcanse dentro da segunda liña aberta para axudar ás pequenas e medianas empresas a facer fronte á crise xerada tras a pandemia. En total puxéronse ao dispor deste obxectivo 116.000,64 euros, dos que 41.646,64 euros proceden da liña 2 do Plan Concellos da Deputación Provincial e o resto achégao o goberno local ao sumar 75.068 euros, procedentes da modificación orzamentaria en modalidade de crédito extraordinario.

As bases establecen o límite máximo de subvención do 100% do total do gasto subvencionable fixándose o máximo de 1000 euros para persoa traballadora autónoma sen traballadores; ata un máximo de 1.200 para autónomo e micro empresas con ata 5 traballadores; e ata un máximo de 1.500 euros para autónomos e micro empresa con entre 6 e 10 traballadores.

Súmase a estas subvencións a primeira liña de axudas aprobadas e entregado en marzo de 2021. O goberno deu luz verde a unha modificación orzamentaria na modalidade de crédito financiado co remanente de tesorería que permitiu poñer 100.000 euros ao dispor do sector da hostalería, un dos máis prexudicados no momento polo peche e restricións impostas polas autoridades sanitarias.

O Concello dota de elementos de xogo aos dous espazos de recreo para cans da vila

0

O Concello de Nigrán ven de dotar o seus dous espazos  de esparexemento para cans do municipio, na Ramallosa e no núcleo urbano de Nigrán, con mobiliario de xogo específico de xeito que conforman un circuíto de agility. Así, ambas áreas contan xa con cadanseu balancín, pasarela, salto de altura e túnel. Estes elementos están fabricados en materiais resistentes á  intemperie, para longo uso e anti-vandálicos e, lóxicamente, os obstáculos non presentan ningún perigo para o animal.

O Concello de Nigrán estreou en outubro un espazo para cans do núcleo urbano de Nigrán (fronte á nova biblioteca) que se sumou ao habilitado no 2021 na Ramallosa, ao carón da Piscina Mancomunada. Ambos foron demandados pola veciñanza, ocupan uns 350 metros cadrados de superficie e están pensados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.

A superficie, de céspede natural, está  delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que non escapen. Os dous parques foron realizados por operarios municipais e requiriron de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir estas zonas de xardín infrautilizadas.

O Concello de Oia pon a disposición da veciñanza o modelo de alegacións contra o parque eólico do Merendón

0

Despois da reunión veciñal sobre o parque eólico do Merendón mantida o martes en Loureza, e tal e como alí se acordou, a páxina web do Concello de Oia vén de incorporar o modelo de alegacións descargables.

O documento está accesible desde o mércores, nos formatos Word e PDF, no apartado da web municipal dedicado ao proxecto eólico do Merendón. Así, queda a disposición de todos os veciños e veciñas que queiran presentar as súas propias alegacións en contra deste proxecto eólico. Para facelo, a persoa interesada deberá descargar, cubrir e asinar o modelo, e presentalo no rexistro municipal (de xeito presencial ou telemático) xunto co seu DNI. O prazo remata o próximo día 14.

O antedito modelo de alegacións está dispoñible no seguinte apartado da web do Concello de Oia: https://www.concellodeoia.es/parque-eolico-do-merendon/ Nesta sección se inclúe a documentación relativa ao expediente do proxecto eólico do Merendón e máis os modelos de alegacións.

O proxecto do Merendón prevé a construción de 5 aeroxeneradores nos concellos de Oia (nas parroquias de Santa María de Oia e Loureza) e O Rosal. Esta actuación afectaría a espazos como as áreas de interese paisaxístico do Chan da Valga ou os Muíños do Folón e do Picón, ámbitos que tamén presentan importantes valores ambientais e patrimoniais.

Alegacións do Concello

O Concello está a ultimar as súas alegacións contra o proxecto eólico, nas que manifestará o seu rexeitamento atendendo aos posibles prexuízos sociais, paisaxísticos e ambientais que causaría a súa posta en marcha. Unha vez presentadas, actualizará o apartado web para incluír o documento oficial, ao igual que no seu momento fixo co parque eólico Albariño I.

Así mesmo, irase informando sobre outros proxectos eólicos que teñan afección no municipio.

A Asociación Érguete e a Deputación previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias

A Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias durante o último ano. A través de varios programas desenvolvidos en Vigo, Mos, O Porriño e Pontevedra a entidade continuou ensinando ferramentas para non caer nas adiccións.

A responsable do programa de Prevención da Deputación na Asociación Érguete, Marta Lloves, destaca que “a prevención é hoxe aínda máis importante polas dificultades asociadas da pandemia en canto a saúde mental, e as posibles problemáticas relacionadas coas novas tecnoloxías”. Por todo isto, na Asociación, malia as dificultades da crise sanitaria “nunca pasou pola nosa cabeza a i- Programa E.S.E. (Eu Son Eu) de reforzo da personalidade para o alumando de Educación Primaria.

En total, a través dos programas financiados pola Deputación, a Asociación atendeu a un total de 314 persoas, entre menores en colexios e clubs deportivos e as súas familias. Ademais a entidade tamén formou como mediadores en prevención de adiccións a 21 alumnos e alumnas de Integración Social do Centro Escolar Lar de Mos.

Dende a Asociación Érguete queren destacar o apoio e aposta da Deputación de Pontevedra pola prevención e pola saúde dos máis pequenos e pequenas nun ano tan difícil.

O Consello Asesor cualifica de “xoia” e “regalo” para a cidadanía a incorporación de Santa Clara como edificio do Museo

As persoas integrantes do Consello Asesor do Museo cualificaron hoxe de “xoia”, “luxo” e “regalo” para a cidadanía de Pontevedra a incorporación de Santa Clara como edificio do Museo aberto ao público. Así o aseguraron nunha visita oficial ao convento na que puideron percorrer as construcións e a finca exterior e na que subliñaron de maneira unánime que por diante hai un “grande reto” para converter o conxunto nunha instalación que dea resposta ás necesidades do século XXI respectando a súa esencia.

Ademais das e dos integrantes do Consello, na visita –que se estendeu máis de tres horas- tamén participaron  o vicepresidente César Mosquera, o director do Museo Xosé Manuel Rey, a directora de xestión Sonia Mateos, o interventor da Deputación  Antonio Graña, o xefe de Contratación Pablo Montero Carrera, a xefa de Arquitectura provincial Carmen Gómez Manzano, a xefa de Recursos Humanos María Jesús Torres Peón e o concelleiro de Patrimonio Xaquín Moreda González, que exerceu de guía.

O vicepresidente Mosquera agradeceu ao Consello Asesor a súa discreción e colaboración na operación de Santa Clara, xa que fora consultado en algunha reunión antes de que a operación fose pública. A visita, segundo dixo, era unha obriga pendente dende hai tempo para que as e os integrantes coñecesen de primeira man o que poderá ser unha transformación “enorme” do Museo “xa que ningún museo urbano ten unha finca coma esta coas posibilidades que ofrece”.

Unha vez percorridas as construcións e a horta, a arquitecta Teresa Táboas subliñou que para a cidade de Pontevedra Santa Clara é a peza que vai poñer aínda máis de relevo o modelo de cidade. Destacou o seu valor non só pola arquitectura ou pola historia, senón porque “incluír isto na cidade con estes espazos verdes fan que sexa unha xoia” e un “luxo”.

Salientou que está convencida de que a operación de recuperación do edificio se vai facer ben pola súa confianza na equipa que hai detrás da operación, pero recoñeceu que vai ser todo un reto de moito traballo. Destacou que serán precisos os datos dos estudos que xa están en marcha para poñer luz  na historia e nas distintas etapas “que fan do edificio un cúmulo de pequenos engadidos ao longo do tempo” e, dende esa base, debater sobre o futuro:  “Temos que retomar o que nos deixou o pasado e levalo ás mans da xente do futuro”, finalizou.

O crítico e escritor Ramón Rozas, pola súa banda, subliñou  o seu “deslumbramento total” tanto polo que hai nas instalacións como por imaxinar o que pode haber nun futuro: “Percorrer este espazo que estivo pechado sete séculos fai que se perciba unha atmosfera moi especial e moi singular”.

Rozas falou en clave de Museo e subliñou que a existencia de Santa Clara pode significar un “desfogue” para a institución que poderá poñer fondos a disposición da cidadanía que agora non están expostos e alixeirar pezas nos edificios actuais. “Os vindeiros meses e anos vannos marcar un novo camiño tanto para a cidade por recuperar este espazo como para o propio Museo polo que vai significar novos espazos e liberar espazos no Museo”, insistiu.

A directora da Esdemga, Lola Dopico, explicou que o convento “é un espazo que transmite moitísimas emocións e iso é o que o fai especial”. Ademais de analizalo en chave de cidade ou do Museo, tamén sinalou que se trata dun espazo que vai ter a capacidade de engadir máis dinamización social e de relación da cidadanía.

Sinalou que “toda a parte arquitectónica é marabillosa, ata a última tabliña que un atopa, pero temos o espazo do xardín, a horta, que é  incrible ter iso dentro da cidade”. Apostou, de feito, por abrir as instalacións e facer un espazo de exhibición museístico, pero tamén de formación e de memoria da cidade e conectar a historia co presente e co futuro da cidade.

Dopico manifestou que Santa Clara “é un grande regalo, enorme. Todos o percibimos así. A sensibilidade é esa, e cando ves iso na equipa que está detrás sabes que o proxecto –de recuperación- vai ir na mellor dirección porque todo o mundo entra co mesmo recollemento e sensibilidade ante o espazo. Iso xa di moito”.

Pola súa banda, o director do Museo Xosé Manuel Rey destacou que o actual é un momento de análise e reflexión e discusión crítica para intentar definir o que se quere e pode facer coas instalacións. “Cada vez que pasas tempo aquí préndense luces sobre as posibilidades, pero aínda é pronto”, explicou, afirmando que na semana que vén vaise lanzar o estudo de avaliación arqueolóxica, o estudo histórico-artístico e o estudo de lectura estratigráfica dos paramentos para identificar fases construtivas, xa que o edificio ten engadidos que é preciso ir descubrindo para comprender perfectamente a historia.

Apuntou que a idea é que traballe nos estudos unha equipa interdisciplinar moi ampla, de alomenos 20 persoas. “Haberá escavacións arqueolóxicas e posiblemente levemos algunha sorpresa. Ese estudo permitirá ter unha idea moi clara do que foi Santa Clara e do que pode ser no futuro. En tres catro meses teremos idea de cara onde podemos ir”, finalizou.

O Plan ReacPon permite á Cañiza rehabilitar a súa piscina municipal

0

A rehabilitación enerxética da piscina municipal da Cañiza está un paso máis preto de facerse realidade grazas á sinatura do convenio de confinanciación do Plan ReacPon por parte da presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Luis Piña. A obra conta cun orzamento total de 689.048,95 euros dos que a Deputación aporta 551.239,16 euros.  Así, tralas actuacións, A Cañiza contará cunha infraestrutura deportiva en liña cos principios de sostibilidade marcados na Axenda 2030, unha actuación que, como dixo o alcalde, sería inviable para o Concello sen o apoio da institución provincial.

A presidenta Carmela Silva gabou o proxecto que é “unha gran demanda da veciñanza e -deixou claro que- a Deputación está encantada de poder dar resposta con recursos extraordinarios para poder garantir a prestación deste servizo que é fundamental”. A presidenta destacou entre as actuacións a levar a cabo a mellora do indicador de emisións de CO2 “que é fundamental para loitar contra o dano que lle estamos facendo ao planeta”, e resaltou que están en liña “coa Axenda 2030 e cos fondos Next Generation que poñen en valor que se rehabiliten os equipamentos e dotacións existentes para que sexan enerxeticamente sostibles”. Carmela Silva felicitou ao alcalde por ter un “proxecto maduro que cumpría con todas as bases do ReacPon, que eran moi esixentes, e pola eficacia e eficiencia á hora de poñer en marcha a licitación. Isto amosa que o mundo local é unha administración con moita capacidade de xestionar, que entende de verdade os problemas da xente e que transforma as vilas, pobos e cidades”.

A presidenta recordou que este plan extraordinario conta con “con criterios obxectivos e con bases ás que todo o mundo pode presentarse”. Neste senso, amosouse “particularmente desgustada” polo feito de que “onte o presidente da Xunta estivo firmando convenios exclusivamente con alcaldes do Partido Popular. Non hai dereito, os recursos públicos hai que levalos a todos os concellos con transparencia, todas e todos os alcaldes e alcaldesas teñen que ter as mesmas oportunidades e isto non está a acontecer coa Xunta de Galicia. Quero denuncialo porque esta forma de actuar é intolerable”. Carmela Silva adiantou que vai a “denunciar ante a FEGAMP e enviar unha carta á Xunta explicando que cando as e os alcaldes do BNG, PSdG ou independentes van a solicitar financiación á Xunta o presidente dilles que ‘se a Deputación pon a metade’ pero aos do PP non llo di, ao PP ponlle o 100% e non hai dereito”. E puxo enriba da mesa que existen “dúas formas diferentes de gobernar, unha con transparencia na que vivas onde vivas tes que ter dereitos e outra onde so se financia aos concellos da mesma liña política”.

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, cualificou á Deputación como unha “institución exemplar que trata a todas os concellos da provincia en igualdade de condicións dende un punto de vista obxectivo e de transparencia. É algo que estamos vivindo no día a día e está demostrado neste plan extraordinario, que son cartos a maiores do modélico Plan Concellos. Queda claro que hai dúas formas moi distintas de gobernar”. O alcalde valorou de forma excepcional o convenio do ReacPon que servirá para rehabilitar a piscina, un servizo moi pedido pola veciñanza” e que agora “afronta unha reforma en profundidade que xera unha nova piscina. Seremos capaces de volver a abrila e-engadiu- esta reforma vai a xerar un novo ciclo do servizo para os próximos 20 ou 30 anos”. Luis Piña lembrou que na súa chegada ao goberno en 2019 atopouse con “máis de 4,3 millóns da factura sen pagar e ante esta situación económica se non fose fundamentalmente polo Plan Concellos nos non poderíamos practicamente estar facendo ningún tipo de obra”.

O proxecto

Este proxecto busca a súa rehabilitación enerxética da piscina municipal da Cañiza coa mellora do indicador de emisións de CO2 e unha serie de actuacións que permitirán reducir o consumo de enerxía non renovable. Deste xeito, poñeranse en marcha paneis solares térmicos e mellorarase a envolvente térmica revestindo toda a fachada do edificio con mortero con illamento. Tamén se substituirá a caldeira actual de gasóleo por unha de biomasa de pellets así como o lucernario actual por paneis de policarbonato alveolar. Ademais, realizaranse outra serie de actuacións como a creación dunha sala de actividades dirixidas e dunha zona termal nova, a modificación da saída do vestiario masculino ou a eliminación de parte das gradas así como a redución da profundidade da piscina grande. Compre destacar que en toda a actuación os materiais e sistemas elixidos garanten a protección do medio ambiente e respectan a contorna inmediata do edificio municipal. Tamén van garantir unhas condicións axeitadas de salubridade e estanqueidade no ambiente interior do edificio.

O Plan da Deputación ReacPon, dotado con 26,3 millóns de euros, beneficiará a 47 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Contou con bases esixentes e criterios obxectivos, aberto a proxectos maduros que contribúan a unha economía descarbonizada e á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 e nos fondos europeos. O programa suporá nestes concellos, ao longo do próximo ano e medio, a execución de ata 25 actuacións de mobilidade segura, tres novas bibliotecas, cinco reformas de casas consistoriais, cinco reformas de espazos culturais, a ampliación ecolóxica dun cemiterio, e oito novas infraestruturas deportivas.

Redondela acolle os traballos presentados ao concurso de fotografía do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

0

O multiúsos da Xunqueira acolle, ata o vindeiro 28 de febreiro, a exposición das obras participantes na décimo sexta edición do concurso de fotografía convocado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy e no que a instantánea ‘Libre’ de Manoel Souto Lorenzo, foi merecedora do premio á mellor fotografía do certame.

A exposición, que contou na súa inauguración coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e da concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, amosa todos os traballos presentados a este certame cada día máis consolidado e cita obrigada para os e as amantes da fotografía. A mostra chega ao multiúsos da Xunqueira logo de estar exposta no Círculo Cultural e Deportivo de Cesante, lugar que tamén foi escenario da gala de entrega dos premios no pasado mes de decembro.

Cómpre lembrar que, amais do premio obtido por Libre de Manuel Souto Lorenzo, o cadro de galardonados e galardonadas, na categorá de adultos, o completaba Susana Ricón Soliño con Texturas (1º premio), Jesús Carrera Álvarez con Cuando llueve y hace sol (2º premio) eTirso Fermoselle Martín con Posando para mí (3º premio).

No que a categoría xuvenil fai referencia, os premios recaían en Aroa González Mosquera con Detalliños, mentres que na segunda praza foi para María Auria Nieto coa fotografía Outeiro das Penas.

Digna Rivas, que felicitou ás e aos gañadores “por ser quen de expresar en instantáneas cheas de beleza e plasticidade imaxes cotiás que, con frecuencia, pasan desapercibidas”, quixo tamén facer extensiva eses parabéns ao Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que, “realiza unha labor imprescindible de recuperación, mantemento e posta en valor do patrimonio cultural de Redondela, no máis amplo sentido do termo, e permite transmitilo ás vindeiras xeracións evitando que caia no esquecemento”.

A Guarda premia aos mellores lectores no Día das persoas usuarias das Bibliotecas

0

O martes día 11 de xaneiro celebrouse  o “Día das persoas usuarias das Bibliotecas” e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías adulto, xuvenil e infantil.

As persoas premiadas foron Consuelo González Iglesias, como mellor lectora adulta con 109 libros; Davi Sieves, co premio ao mellor lector xuvenil con 30 libros; e Mateo Alonso Álvarez, mellor lector na categoría infantil con 97 libros solicitados en préstamo.

Recibiron da man do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos, e da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.

Ademais, as persoas que se achegaron á Biblioteca durante o día, recibiron como agasallo unha bolsa de tea cun deseño exclusivo  e o lema “Un libro, un mar cheo de ideas”

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e dentro do ranking de libros máis lidos atopamos:

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO ANO 2021. INFANTIL

  • Una cena monstruosa. Meritxell Martí, Xavier Salomó.
  • El monstruo de colores va al cole. Anna Llenas.
  • Daniela y las chicas pirata. Susanna Isern & Gómez
  • ¡Calvin, ten cuidado! : el pájaro ratón de biblioteca necesita gafas. Jennifer Berne
  • Diario de un aldeano megapringao. Cube Kid
  • Rapunzel con piollos. El Hematocrítico.
  • Daniela Pirata. Susanna Isern & Gómez.
  • La isla del abuelo. Benji Davies.
  • Las Ratitas: Tres, dos, uno… ¡superpoderes!. Claudia Itarte.
  • Elmer e o osiño perdido. David MacKee

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO ANO 2021. ADULTOS

  • La chica de nieve. Javier Castillo.
  • Rey Blanco. Juan Gómez-Jurado.
  • La red púrpura. Carmen Mola.
  • Tierra. Eloy Moreno.
  • El infinito en un junco. Irene Vallejo.
  • El arte de engañar al karma. Elísabet Benavent.
  • La novia gitana. Carmen Mola.
  • El corazón con que vivo. José María Pérez “Peridis”.
  • Un océano para llegar a ti. Sandra Barneda.
  • Invisible. Eloy Moreno.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño levará a FITUR ás mulleres do Camiño Portugués

0

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para dar a coñecer o seu potencial turístico. Os alcaldes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) celebraron unha reunión este mércores 12 no Pazo de Mos para facer balance do último ano e quentar motores para participar por terceiro ano consecutivo na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, un dos principais encontros do sector turístico de Europa.

Nesta ocasión, o Xeodestino levará á cita ás ‘Mulleres no Camiño Portugués’, unha orixinal proposta na que varias protagonistas vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo ofrecen unha narración coral contando a súa experiencia e a importancia que ten para os concellos do territorio o Camiño de Santiago. As propias protagonistas presentarán a iniciativa acompañadas da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o vindeiro xoves 20 de xaneiro ás 11.30 horas no stand oficial de Galicia no pavillón 9 de FITUR. Será o último evento da rexedora de Mos como representante institucional do Xeodestino, tras dous anos ao fronte tras a chegada da pandemia e a reactivación da actividade o pasado ano. Daralle o relevo como representante institucional o alcalde de Nigrán, Juan A. González.

Balance positivo

Durante o encontro, os rexedores e rexedoras fixeron un percorrido por todas as accións celebradas o pasado ano 2021, que o Xeodestino pechou cun balance moi positivo. Ademais da elaboración de material promocional, da continua visibilización do territorio a través da web e das redes sociais, tamén se ampliou o banco de imaxes, recollendo un alto número de imaxes que reflicten a experiencia de vivir e desfrutar dos concellos do xeodestino.

Pero se houbo algunha das accións que destacara máis foi a posta en contacto por primeira vez ás diferentes empresas turísticas e do sector primario do territorio no que participaron arredor de 40 entidades, xerando relacións e potenciais sinerxías entre elas. Tamén se levaron a cabo accións de promoción da enogastronomía, como a posta en marcha dunha food truck itinerante por diferentes puntos de Galicia para a degustación de produtos da terra: 5 días de xira con 8 receitas diferentes que remataron con máis de 1.000 tapas servidas.

Durante o encontro acordaron ademais a presentación da candidatura do Xeodestino á convocatoria do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, un instrumento co que se busca dar pulo á transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable.

Tomiño abre as inscricións para a súa Semana da Educación

0

O Concello de Tomiño volve a apostar pola educación para un mundo mellor cunha nova edición da súa Semana da Educación. Será do 7 ao 10 de febreiro no Auditorio de Goián e contará con catro conferencias para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación.

A alcaldesa, Sandra González, explica que este ano “queremos que a Semana da Educación nos axude a transformar a sociedade educando en diversidade” e anima a veciñanza e aos e ás profesionais da educación da comarca a asistir a un evento totalmente gratuíto e ao que se poden inscribir a través da web do Concello. O Concello tamén ofrece un certificado de asistencia para todas as persoas que o desexen.

A Semana da Educación comezará o 7 de febreiro ás 19.00 horas coa charla “Ensinar dende o cerebro de quen aprende” do doutor en Ciencias da Educación, José Antonio Fernández Bravo. O experto reflexionará sobre os principios, motivos e resultados que amosaron dabondo a súa valía e hai que manter na educación, así como das costumes de dubidoso acerto que debemos esquecer.  A súa exposición estará centrada “en que ensinemos como os nenos e nenas aprenden, xa que… Como é posible a atención á diversidade sen unha diversidade de atencións?”

O 8 de febreiro ás 19.00 horas subirá ao escenario Maitane Alonso Monasterio, investigadora, co-fundadora de Innovating Alimentary Machines e estudante de medicina, para falar de como pasar da curiosidade á realidade, pasando pola educación. A súa charla  “1+1≠2” tamén tratará de responder a que facer cando temos unha idea que cremos que ten potencial para crear un impacto positivo na sociedade.  Maitane Alonso atópase no Ranking dos 120 Future Leaders iberoamericanos de LlyC. Tamén recibiu o premio “Hipatia” ao talento xove na ciencia outorgado por El Economista, o premio “Mujer Inspiración Revelación” de Insparing Girls, así como diversos premios en certames nacionais e internacionais de investigación, como o premio especial Intel ou o premio da Societat Catalana de Bioloxía. Forma parte da lista “Las Otras 100 Fortunas” de Forbes 2021 e a lista 50 NEXDT de 50 Best of the World.

O 9 de febreiro será a quenda de da doutora en matemática pola Universidade de Sevilla, Clara Grima. A divulgadora presenta a conferencia “En busca do garfo perdido”, que tratará sobre como un garfo, se nos achegamos un chisco máis e observamos con cariño e paciencia, é un obxecto matemático fascinante cunha chea de aplicacións sorprendentes, que serven para analizar as redes sociais, deseñar unha liga de fútbol ou organizar un banquete de voda. E sempre do xeito máis eficiente. E divertido. Grima explica as persoas que queiran asistir que “nesta charla imos amosar como estas ferramentas, en aparencia moi sinxelas, teñen un potencial impresionante para modelar situacións e conflitos cotiáns e resolvelos de forma óptima. Só hai que ser curiosa e saber usar algo no que, de momento, no nos gañan os ordenadores: intuición e sentido común”.

A Semana da Educación rematará o 10 de febreiro ás 19.00 horas coa charla “Educar dende a mesa”, de Julio Basulto, dietista-nutricionista e autor de varios libros sobre nutrición. Chegará a Goián para falar de “como compartir a mesa coas nosas fillas e cos nosos fillos é moi importante para mellorar a súa saúde”.  Para o experto este momento e “moito máis do que acostumamos a crer”, e na súa conferencia  detallará os múltiples beneficios que exerce comer coa nosa prole sobre a súa saúde física e emocional, e compartirá estratexias para que ese momento se converta nun espazo de aprendizaxe (por parte de persoas adultas e menores) e, sobre todo, amor.

A Xunta impulsa a creación de seis novas prazas públicas no Centro de Día de ACEESCA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (ACEESCA) acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade,  Fernándo González Abeijón.

Fabiola García anunciou durante a visita que a Xunta impulsou a creación de seis novas prazas públicas de atención no centro de día e con este incremento o total ascende a 36, que se suman a outras 37 prazas públicas no centro ocupacional. En total, o Goberno galego financia un total de 73 prazas nos centros de Aceesca no Porriño.

As persoas usuarias colaboran na xestión do punto limpo da localidade, coidan do seu invernadorio de plantas de temporada ou participan en labores de limpeza e xardinería. A conselleira destacou que Aceesca permite que as veciñas e vecinos do Porriño teñan a oportunidade de avanzar cara a plena inclusión.

Ademais do financiamento destas prazas, a Xunta colabora con esta asociación a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para a mellora e adecuación das súas instalación. Na última convocatoria, esta entidade percibiu 52.000 euros. Deste xeito o Goberno galego destina anualmente a Aceesca 800.000 euros para facilitar a súa labor.

Pola súa banda, o rexedor Alejandro Lorenzo reiterou o seu total respaldo a Aceesca e o apoio total do Goberno Municipal á importante labor social que desenvolven. “Unha das prioridades na liñas de goberno que nos marcamos é o benestar social e neste eido o labor de Aceesca é indispensable”, salientou Lorenzo, que agradeceu tamén á titular de Política Social a súa disposición a seguir colaborando con Aceesca e co Concello para que se poida dar un apoio integral ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

O alcalde explicou que, tal e como comprometera no día da súa investidura, xa se está xestionando un novo convenio con Aceesca que permita impulsar a súa actividade.

Novos proxectos

A directiva de Aceesca aproveitou a visita  para dar a coñecer os proxectos que teñen en marcha. Estes baséanse en dúas liñas principais: o emprego e o proxecto residencial que persigue, non só garantizar unha vida independente ás persoas con discapacidade intelectual, senón tamén promover a revitalización e recuperación da parroquia de Torneiros. Tal e como explicou Dolores Muñíz, membro da Xunta directiva “temos unha aposta firme polo emprego, que se materializa no centro especial de emprego que se está construir no polígono industrial, centrado na formación dual e tamén pola vida independente das persoas con discapacidade”. “Temos as ideas e os proxectos pero precisamos a axuda das administracións para poder levalos a cabo”, concluíu Muñíz, “O centro residencial que proxectamos permitiría que as persoas con discapacidade intelectual puideran independizarse e vivir en comunidade cos apoios que precisan, e que, como calquera outra persoa, poidan chegar a onde queiran chegar na súa vida”.

Comeza a transformación da estrada que une Tabagón, As Eiras e Goián

0

O Rosal xa comezou a transformación da estrada que une Tabagón, As Eiras e Goián. Esta semana iniciáronse os traballos de execución da primeira fase de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3303, un proxecto que permitirá conectar os dous núcleos da ribeira do Rosal co de Goián apostando por un modelo no que se recuperen os espazos para as persoas e se fomente unha mobilidade sostible.

“Para nós é un orgullo ver como O Rosal vai dando pasos na súa transformación non só en termos de mellora viaria, senón de mobilidade e de comunicación entre os núcleos rurais. Apostamos por un novo concepto no que a posta en valor das persoas e do ámbito rural é fundamental, adaptándonos a unha nova realidade de mobilidade”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que visitou o inicio dos traballos acompañada do concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández.

Os traballos da primeira fase de mellora durarán arredor de 10 meses, durante os que se remodelará un tramo de 1,7 quilómetros que conta cun intenso tráfico rodado e tamén cunha importante mobilidade a pé, tanto de veciños e veciñas que acoden ata Tomiño como de persoas peregrinas que conectan co Camiño Portugués pola Costa.

“Queremos fomentar a vida rural e mellorar as posibilidades de comunicación dun xeito sostible, potenciando alternativas ao vehículo privado e dándolle prioridade sempre ás persoas”, explica. Por ese motivo, crearase un carril peonil e ciclista que se completará cunha plataforma de circulación de dous carrís con beiravía e con redutores de velocidade. O Concello procederá ademais á renovación das redes de abastecemento da zona e fará a canalización soterrada da rede de iluminación pública. Para garantir a seguridade na contorna, disporase tamén dunha plataforma única con limitación de velocidade a 20 km/h na zona do CRA María Zambrano.

O proxecto final desenvolverase en varias etapas para cubrir un tramo total de 4,5 quilómetros. Nas obras desta primeira fase investiranse máis de 650.000 euros, dos que o 80% serán achegados pola Deputación de Pontevedra e outro 20% polo Concello do Rosal.

Covelo inicia o proceso para a recuperación do espazo público coa axuda da Deputación

0

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Covelo deron hoxe o primeiro paso para a recuperación e mellora do espazo público en Paraños, unha actuación que se desenvolverá nunha área de máis de 2.600 metros cadrados e que permitirá ao municipio configurar un espazo amable e seguro no núcleo rural. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Juan Pablo Castillo, asinaron hoxe o convenio para a execución destas obras, enmarcadas no Plan Provincial ReacPon e cuxo orzamento total ascende a 415.000 euros, dos que a Deputación achegará  373.500 €. O proxecto permitirá á veciñanza de Covelo desfrutar de ata un 88,5% máis de espazo peonil en Paraños a través da posta en marcha dun lugar accesible, de calidade, que promove a mobilidade natural, activa e sostible.

A presidenta, Carmela Silva, puxo en valor o proxecto “moi ben deseñado, esteticamente moi coidado e cunha enorme calidade urbana” que vai permitir converter a Covelo nunha vila “moi atractiva tanto para a súa veciñanza como para as persoas que decidan vir visitar ou vivir nela”. Tamén remarcou a aposta que o goberno local está a facer para transformar o espazo público, poñendo como exemplo outras iniciativas realizadas na vila con achegas da Deputación como a praza de Barciademera.

Lembrou que os dous grandes obxectivos do Plan ReacPon son impulsar unha “política económica expansiva dedicando recursos públicos a promover inversións para dinamizar a actividade económica” e “poñer a disposición dos concellos recursos extraordinarios para poder facer realidade os seus soños e grandes proxectos”. Neste senso, a presidenta felicitou aos alcaldes e alcaldesas da provincia pola súa “capacidade transformadora das súas cidades, vilas e pobos” e reivindicou a “eficiencia” do mundo local facendo un chamamento “ao resto das administracións para que conten máis con nós: precisamos unha financiación adecuada e unhas competencias ben definidas, porque somos grandes xestoras e xestores”.

Pola súa banda, o alcalde Juan Pablo Castillo agradeceu o apoio da institución provincial e amosou a súa satisfacción por asinar “convenios por este importe, ogallá puidésemos asinar moitos máis así. Sen a axuda da Deputación de Pontevedra sería imposible facer este tipo de actuacións”. O alcalde enmarcou a actuación que se vai desenvolver en Paraños nas “políticas que o goberno municipal está levando a cabo para acondicionar espazos públicos rurais para que teñan os mesmos servizos e calidade estética e construtiva que os espazos urbanos”. Castillo puxo como exemplo, ao igual que Carmela Silva, a praza de Barciademera e destacou que este novo proxecto que se vai impulsar coas achegas do plan ReacPon servirá para continuar “co mesmo estilo arquitectónico e preferencia peonil” das outras actuacións iniciadas na vila.

O proxecto

A recuperación do espazo público de Paraños permitirá mellorar o espazo público do núcleo rural incrementando ata un 88,5% o seu espazo peonil e configurando un espazo amable e seguro, que permita a autonomía infantil e fomente a economía de proximidade. A actuación contempla a creación dunha zona de prioridade peonil, con medidas de calmado de tráfico como redutores físicos de velocidade e novos pavimentos; novo mobiliario urbano, como bancos de granito, varandas e aparcadoiros de bicicletas; e tamén novas especies vexetais. Amais apostarase por iluminación eficiente, que permitirá delimitar a zona de estancia peonil e diferenciala doutros espazos, soterraranse as redes de telecomunicacións e reformarase a rede de recollida e evacuación de augas pluviais.

O Plan da Deputación ReacPon, dotado con 26,3 millóns de euros, beneficiará a 47 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Contou con bases esixentes e criterios obxectivos, aberto a proxectos maduros que contribúan a unha economía descarbonizada e á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 e nos fondos europeos. O programa suporá nestes concellos, ao longo do próximo ano e medio, a execución de ata 25 actuacións de mobilidade segura, tres novas bibliotecas, cinco reformas de casas consistoriais, cinco reformas de espazos culturais, a ampliación ecolóxica dun cemiterio, e oito novas infraestruturas deportivas.

O Concello de Redondela inicia as obras de ensanche do Camiño do Albarrén, en Cedeira

0

O Concello de Redondela iniciará hoxe mércores, 12 de xaneiro, as obras de mellora e ensanche do Camiño do Albarrén, na parroquia de Cedeira, actuación que se desenvolverá no treito comprendido entre o camiño de Fortóns e a liña 810 de ADIF. As obras, adxudicadas a Construcciones Caldevergazo, S.L., contan cun investimento de 121.968,00 euros (IVE incluído) e con cargo ao Remanente de Tesourería.

Co obxecto de minorar as afeccións a parcelas privadas, a obra contempla a execución de muros de contención cunha altura máxima de dous metros sobre cota de cimentación e situados a 4 metros do eixo actual da vía.

Os traballos permitirán que o camiño pase a contar cunha plataforma de 5,50 metros de anchura media. Para o firme procederase ao estendido dunha capa de zahorra artificial de 25 centímetros de espesor sobre a que, posteriormente, irá unha capa de M.B.C. tipo AC22 BIN S, de 6 centímetros. Unha vez conformada a plataforma, será cando se proceda ao recrecido da capa de rodadura en toda a largura da vía cunha capa de M.B.C. tipo AC16 SURF D, de seis centímetros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quixo agradecer a colaboración veciñal xa que, para anchear á vía, foi preciso contar coa cesión realizada por un total de 11 veciños e veciñas. Sen a súa boa disposición, afirmou a rexedora local, “tería sido moi complicado acometer unha obra que beneficia ao conxunto da cidadanía”.

O ensanche do camiño do Albarrén é unha obra longamente demandada pola veciñanza dado que é unha vía de comunicación que cada día conta con máis tráfico, tanto rodado como peonil. A obra, unha vez finalizada, “supoñerá unha mellora substancial tanto á hora de facilitar a mobilidade de veciñas e veciños como de incrementar o seu nivel de seguridade”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Rivas lembrou que esta actuación inclúese dentro dun proxecto global de mellora das vías de comunicación no rural. “As parroquias –afirma a alcaldesa redondelá– foron durante moito tempo as grandes esquecidas e unhas vías de comunicación axeitadas e seguras, son imprescindibles para conseguir o desenvolvemento harmónico de todo o municipio”.

Servizos Sociais abre proceso extraordinario para cubrir 4 prazas na Escola Infantil Municipal da Guarda

0

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abrirá o próximo venres día 14 de xaneiro do 2022 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir as seguintes prazas:

  • Aula de 0-1 anos: 2 prazas a xornada de tarde
  • Aula de 2-3 anos: 2 prazas a xornada de tarde

Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 14 ao 20 de xaneiro.

Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9:00h a 14:00h.

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas redobran a súa estratexia conxunta con tres novos proxectos

A Deputación de Pontevedra e a Ruta do Viño Rías Baixas estreitaron aínda máis a súa relación de traballo conxunto e a súa vontade de colaboración para a posta en valor do potencial enoturístico da provincia e da propia Ruta, no transcurso da xuntanza que a presidenta provincial Carmela Silva mantivo  no Pazo Provincial co seu presidente, Juan Gil de Araújo; o vicepresidente, Ramón Huidobro, e a xerente, Lorena Vidal. Carmela Silva trasladoulles a felicitación da provincia polo premio FIJET 2022, outorgado pola Asociación de Xornalistas e Escritores de Turismo como mellor ruta do Estado e que será entregado en FITUR, o que agradeceu Juan Gil. O máximo responsable da Ruta cualificou o Premio como “un recoñecemento de todos/as” e destacou que o sector vitivinícola ten un gran futuro, poñendo en valor o crecemento da Ruta do Viño que xa é unha referencia mundial”. Carmela Silva enxalzou a traxectoria da Ruta Rías Baixas “que hoxe  está xa nas “medallas” en España, pero que como temos moita ambición aspiramos a que moi pronto sexa a primeira. O seu crecemento está a ser extraordinario, dos maiores de todo o estado”, enxalzou.

No encontro, a Deputación e Ruta do Viño Rías Baixas concordaron no estudo de tres novos proxectos cara a impulsar o “a enorme potencia do enoturismo na provincia e da propia Ruta”. Ambos os dou organismos traballarán “da man” na elaboración dun proxecto de enogastronomía para captar financiación dos fondos Next Generation, co fin de poñer en primeira liña o gran potencial enoturístico da provincia. “Traballaremos nun proxecto que sexa un relato fermoso, cheo de paixón, e no que a Ruta do Viño sexa o corazón”, dixo Carmela Silva, que recibiu o agradecemento da directiva da Ruta “polo compromiso e a vontade de colaboración da Deputación cos sectores que tanto teñen que ver co turismo”. A presidenta provincial tamén avanzou a disposición da Deputación de Pontevedra a dar apoio, colaborar con asesoramento técnico e incluso participar na proposta que ACEVIN, a entidade que aglutina a todas as rutas do viño do estado incluída Rías Baixas, vai presentar á convocatoria de “Experiencias” dos Next Generation.

Amais, Deputación e Ruta porán en marcha un canal de colaboración para a promoción da Ruta do Viño Rías Baixas, para visibilizar ao sector “aínda que irá moito máis aló”. Integraría con accións concretas ás adegas, establecementos hostaleiros e comerciais, amais dos 28 concellos das cinco subzonas de cultivo da Denominación de Orixe, é dicir, do  Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ulla, con proxectos de visibilización das produtoras e produtores, e do valor engadido dos elementos ligados ao mundo do viño que engarzan o enoturismo cos Bens de Interese Cultural, o patrimonio etnográfico, a gastronomía, as festas tradicionais, etc. Nos vindeiros días articularase a proposta destinada a reforzar e mellorar o posicionamento de Pontevedra Provincia  como destino do enoturismo e ao fortalecemento do sector da viticultura “Temos o máximo interese en traballar co sector privado e coas asociacións sabendo que este tipo de proxectos compartidos son moi relevantes para o noso futuro turístico”, dixo a presidenta, que garantiu “un gran esforzo” de cara a conseguir novos recursos para o impulso dun turismo intelixente e sostible, “porque sabemos que son os que nos permitirán fortalecernos e crear a estrutura para o futuro”. “Non hai ningún lugar no mundo cuns valores ligados ao enoturismo comparables a outros destinos, “onde o mar está pegado ás viñas e as paisaxes de interior están tan vinculadas á cultura do viño“. A directiva da Ruta Rías Baixas sinalou a súa “emoción polo apoio da Deputación e vincularon a importancia de ligar o mundo do viño co turismo porque “ofrecemos non só visitas ás adegas e ás viñas, senón emocións únicas e experiencias enriquecedoras porque a provincia de Pontevedra e as Rías Baixas son un tesouro”.

Os alumnos do IES Ribeira do Louro participaron dunha charla sobre agresións e violencia sexual

O alumnado de 1º curso de bacharelato do IES Ribeira do Louro, en Torneiros, participou onte dunha charla informativa sobre agresións e violencia sexual.

Na conferencia, impulsada desde a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e organizada pola concellería de Igualdade,  abordáronse cos alumnos e alumnas do instituto porriñés os estereotipos de xénero, a tipoloxía de violencia sexual, a cultura da violencia, o consentimento, e outros recursos relacionados coas agresións sexuais.

A charla foi impartida por Angélica Mercado Torres, mestra de profesión, especialista en estudios de xénero e políticas de igualdade que conta cunha ampla experiencia en programas a mulleres migrantes e con discapacidade psíquica.

A concelleira de Igualdade, Carolina González, que participou da mesma, salientou que “a violencia sexual é un problema na nosa sociedade que debemos abordar dende todos os ámbitos. O máis importante é a concienciación, a formación e a información dende o ámbito educativo para que as nenas e nenos, mozas e mozos se formen e eduquen nos valores da igualdade e o respecto, e  eles serán nun futuro eses adultos que mostren tolerancia cero a calquera tipo de violencia”.

Nigrán dixitaliza o material audiovisual para poder consultalo online ou na biblioteca

0

O Concello de Nigrán vén de investir 7.000 € en dixitalizar todo o material audiovisual que se conservaba da antiga TV Local de Nigrán e do Val Miñor, operativa no municipio entre 1994 e 1998 no coñecido como Centro Antena (rúa Otero Pedrayo). O seguinte paso será que esté a disposición da veciñanza a través dun ordenador de consulta multimedia situado na nova Biblioteca Municipal e, posteriormente, tamén a través dunha web vinculada ao recén estreado www.arquivoaudiovisualnigran.org (arquivo online que recompila imaxes antigas do municipio).

As preto de 600 cintas VHS con máis de 1.500 horas de gravacións (entre emisións e brutos) permanecían almaceadas desde xa máis de 20 anos sufrindo un deterioro progresivo con riscos de resultar irrecuperables. Os contidos rescatados inclúen desde os clásicos informativos locais coa actualidade do momento, o programa ‘Os nosos maiores’ (adicado a entrevistas aos veciños lonxevos, entre eles a avoa Carmela de Camos, falecida con 113 anos e xa visible no enlace https://arquivoaudiovisualnigran.org/videos/entrevista-a-avoa-carmela/ as tertulias dos actores socias da época, polémicas sesións plenarias coa corporación dos acaldes Avelino Fernández ou José Villar, actuacións de artistas como un novísimo Ivan Ferreiro ou o grupo Berrogüeto, as antigas veladas de boxeo no Pavillón Municipal, un programa específico sobre ‘xardinería e medio ambiente’…

“Son moitísimas horas de documentos audiovisuais valiosísimos nunha época na que non existían as redes sociais nin practicamente os móbiles, polo que resultan especialmente relevantes. En definitiva, é un material con moitísimo valor histórico para Nigrán que se estaba a deteriorar e que agora será compartido con toda a veciñanza e formará parte xa do noso patrimonio cultural para sempre”, destaca o alcalde, Juan González.

Precisamente, o Concello lanzou en decembro vinculado xa a esta idea un Arquivo Histórico Audiovisual Online cunha web pioneira en toda a comarca onde se recompilarán imaxes ou vídeos de interese etnográfico ou paisaxístico para o municipio facilitadas pola propia veciñanza. O obxectivo é que vaia medrando con novas achegas, polo que o Concello insta á veciñanza a ‘rebuscar no faiado’ na procura de novas ‘xoias’ para incorporar. “Este arquivo naceu ao tempo que encargabamos a dixitalización das cintas porque precisamente queríamos unir a el as cintas da TV de Nigrán”, explica González.

Historia da TV Local

O xérmolo da Televisión Local de Nigrán foi unha escola-taller de audiovisuais situado no actual edificio municipal do Centro Antena, fundado precisamente cos obxectivos de fomentar o desenvolvemento local a través de accións relacionadas coas novas tecnoloxías, a formación, o emprego, a dinamización empresarial e comercial, etc. Deste obradoiro xurdíu inicialmente a radio de Nigrán no 1992 e no 1994 arrancou a televisión durante 6 meses cos propios alumnos-traballadores como protagonistas. Esta retomou a emisión no 1995 baixo a dirección de sucesivos profesionais e convertíuse nun servizo mancomunado desde 1996 a 1998, cando finalmente pechou. A Televisión Local de Nigrán estivo operativa nun intre de eclosión das mesmas en toda a area de Vigo, sobrevivindo finalmente unhas poucas ante o alto custe do seu mantemento.

As Neves avanza na recuperación do espazo público co Plan ReacPon da Deputación

0

O Plan ReacPon da Deputación facilitará ao concello das Neves poder dar un novo paso cara á progresiva recuperación de espazo público na vila coa cofinanciación do proxecto de humanización da rúa Travesía Eira da Liñaza, cuxo convenio asinaron hoxe en Pontevedra a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, acompañados do vicepresidente provincial César Mosquera. Cun investimento total de case 400.000 euros, dos que a Deputación achega 359.798, a actuación está enmarcada no modelo de mobilidade sostible, a recuperación do espazo público para o uso da veciñanza, e nos obxectivos da Axenda 2030 e da Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público.

A presidenta Carmela Silva, puxo en valor “a claridade” que está a ter o Concello das Neves na súa firme “aposta sostibilidade, a accesibilidade, a mobilidade amable e pola recuperación do espazo público e por poñer ás persoas no centro de todas as decisións políticas”, con actuacións como esta humanización. “Non é o primeiro proxecto que se fai con estas características –destacou- e este concello ten unha enorme capacidade e iniciativa para tomar decisións transformadoras”. “Estou segura, dixo, de que esa construción de vilas amables ten unha enorme capacidade de fixar poboación e atraer a xente aos concellos, porque a xente quere vivir onde se vive ben”.

A presidenta subliñou que a actuación cumpre os obxectivos da Axenda 2030 e “polo tanto cos proxectos de transformación mais avanzados que hoxe se están demandando”. ”Creo que entre o goberno local e a Deputación  a transformación que se ten feito nas Neves é moi visible e iso é unha aposta moi seria por ter unha provincia que se diferencia neses valores de sostibilidade que hoxe son a gran demanda e unha responsabilidade que temos”. Carmela Silva defendeu así mesmo “o respecto á autonomía municipal” que representa tanto este como os outros plans da Deputación: “Cremos que quen ten a lexitimidade para tomar decisións de investimentos son os alcaldes e alcaldesas elixidos pola cidadanía que se presentaron cun proxecto e son eles quen ten que desenvolver ese proxecto que conta co aval da veciñanza”.

Pola súa banda, o alcalde Xosé Manuel Rodríguez, destacou o Plan ReacPon como “un chanzo máis nunha maneira de entender o papel que ten que cumprir a Deputación respecto dos concellos, na que se pon por diante a capacidade de xestión e a autonomía municipal; creo que desde o municipalismo estamos todas as institucións locais moi satisfeitas desa maneira de facer que a Deputación ten adoptado xa desde o 2015 e quero deixar claro o noso agradecemento por esa forma de entender a acción política”. O rexedor sinalou que o proxecto na rúa Eira da Liñaza é “o corazón” do proxecto de peonalización que o Concello quere levar a todo o seu territorio. Nese senso, apuntou que a rúa obxecto de actuación está situada xunto a dotacións públicas como o colexio, a escola infantil ou o pavillón e próxima as rúas San Agustín e Rosalía de Castro, arranxadas con anterioridade tamén con fondos provinciais. “Construímos un espazo peonil que cambiou aquel ámbito –explicou Rodríguez- e agora isto é unha peza que conforma o itinerario pequeno do que é o gran proxecto de peonalización do concello”. “É o que chamamos ‘Vive nas Neves’ –engadiu-. Como queremos vivir, e como queremos atraer poboación e fixala nun concello como o noso que está na fronteira entre perder poboación e intentar gañala. E conseguir un obxectivo fundamental, que é facernos desexables. Que se veña porque se desexa vir ás Neves. E este proxecto disparará ese desexo de querer vir”.

O vicepresidente César Mosquera deu os parabéns ao alcalde pola boa puntuación acadada polo proxecto. Subliñou que a axuda outorgada pola Deputación foi conseguida polo concello por méritos propios, “nada regalado”, ao ter presentado un proxecto de calidade para a recuperación do espazo público. O vicepresidente lembrou que o goberno provincial, á hora de poñer en marcha o programa ReacPON tiña tres obxectivos: poder cumprir soños municipais dificilmente abordables cos orzamentos ordinarios, inxectar fondos para dinamizar a economía, e tamén facer que os proxectos presentados polos concellos estivesen aliñados coa Axenda 2030 ou o ‘Next Generation’ coa idea de acadar posible financiamento comunitario e así poder liberar recursos provinciais que redundarían nos concellos para outros investimentos.

O proxecto

Unha vez humanizada, a Rúa Eira da Liñaza terá prioridade peonil para xerar así un espazo de convivencia onde o acceso de vehículos sexa case exclusivamente para as persoas residentes e o escaso tráfico o faga nun espazo cunha clara vocación peonil. Limitaranse tamén as zonas de aparcamento para cumprir cun mínimo para uso dos e das residentes.

Estableceranse franxas verdes ao longo do seu trazado, outorgándolle a rúa un aspecto amable para fomentar a mobilidade a pé e permitir as conexións medioambientais. Amais, executarase un miradoiro con vistas ao Río Miño e a súa orografía, readaptando este espazo público para un uso plural e de interese na zona, na busca da recuperación de lugares de calidade para as persoas. Finalmente, acondicionaranse as redes de servizo existentes, mellorando a rede de fecais, e executando novas redes de pluviais e abastecemento en toda a rúa, debido ao seu estado deficiente. Ademais, instalaranse puntos adicionais do alumeado público naquelas zonas onde o requiran, garantindo plena visibilidade en toda a rúa para o seu uso peonil.

O Plan da Deputación ReacPon, dotado con 26,3 millóns de euros, beneficiará a 47 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Contou con bases esixentes e criterios obxectivos, aberto a proxectos maduros que contribúan a unha economía descarbonizada e á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 e nos fondos europeos. O programa suporá nestes concellos, ao longo do próximo ano e medio, a execución de ata 25 actuacións de mobilidade segura, tres novas bibliotecas, cinco reformas de casas consistoriais, cinco reformas de espazos culturais, a ampliación ecolóxica dun cemiterio, e oito novas infraestruturas deportivas.

A Concellaría de Turismo da Guarda e o grupo de fotógrafos Capturando A Guarda editan o calendario fotográfico para 2022

0

A Guarda conta cunha paisaxe e patrimonio destacada e moitos visitantes desfrutan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.

Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas.

Na selección das fotografías procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do noso patrimonio e as festas.

As fotografías foron aportadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mativeronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio deste veciños.

Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda e que está intregado por Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.

A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorará a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer a súas fotos, que estarán identificadas co nome de seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda.

Na tardiña do luns 10 de xaneiro formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o Alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz

Neste acto tamén estivo presente o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén ao calendario fotográfico como a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación imaxe fotográfica da nosa vila.

O calendario fotográfico Concello da Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un cachiño impreso do noso paisaxe. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

O Porriño executará melloras no Centro Cultural “A Forna”

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, continúa coa rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais e culturais do municipio. A última delas, foi con representantes da Asociación Cultural “A Forna” de Budiño, á que asistiu acompañado polos concelleiros Bienvenido Estévez e José Carlos González.

As principais reclamacións da directiva da asociación pasan por unha mellora das instalacións e equipamentos do Centro Cultural de A Forna que presenta unha evidente falta de mantemento, co conseguinte perxuizo que iso supón para os usuarios e usuarias.

O Alcalde comprometeuse a executar con inmediatez as demandas máis urxentes, entre as que se atopan o arranxo ou substitución da cadeira salvaescaleiras, o problema de humidades que presentan varias salas do centro e material necesario para poder levar a cabo as actividades que se desenvolven no mesmo.

“O compromiso deste goberno e o meu persoal coas asociacións das parroquias e do centro é rotundo”, explicou Lorenzo, “Iso inclúe tamén a mellora dos espazos públicos dos que fan uso. O estado de abandono no que se atopan moitos deles, que impide que poidan desenvolver a súa actividade en condicións óptimas, require que marquemos prioridades e identifiquemos todas e cada unha das súas necesidades para poder dar resposta a todas elas”. 

O rexedor reiterou que se reunirá con todas e cada unha das asociacións e colectivos do Porriño. “Contamos cun amplo e rico tecido asociativo e imos escoitalas a todas e atender as súas demandas”, concluíu Lorenzo avanzando que, “Estamos traballando xa para pechar os convenios anuais e formalizalos nas próximas semanas a fin de que poidan programar e desenvolver a súa actividade e comezar os cursos que imparten”.

Pola súa banda, o edil de Cultura, Asociacións e Parroquias, Bienvenido Estévez manifestou a súa intención de “potenciar a actividade das asociacións e o importante labor que desenvolven coa veciñanza, promover a colaboración entre elas e co Concello para poner en valor e afianzar o asociacionismo porriñés”.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou 242 servizos en 2021

0

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou ao longo do 2021 un total de 242 servizos empregando nos mesmos 1.583 horas. A súa intervención foi requirida a través do 112, da Policía Local, do Concello ou entidades locais. Os voluntarios da agrupación, pese a non estar operativos ao 100%, foron quen de acudir ao 75% dos servizos solicitados.

Os accidentes de tráfico e incidencias de circulación centraron a meirande parte dos servizos con 62 e 30 intervencións. Amais membros de Protección Civil colaboraron o ano pasado en 28 eventos culturais e 27 eventos deportivos. Foi requirida a súa intervención en 22 ocasións pola presenza de animais soltos, e en 21 ocasións por incidencias varias.  Ao longo dos últimos 12 meses dende Protección Civil de Tui realizaron 20 servizos sanitarios, acudiron a 13 incendios urbanos e 4 forestais, así coma a 7 accidentes laborais. Tamén acudiron en 5 ocasións a retirar árbores caídas e colaboraron na busca de 3 persoas desaparecidas.

Por outra parte cómpre destacar o evento solidario organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil a favor de SOS Tomiño Baixo Miño no Teatro Municipal no mes de decembro no que recolleron 3,1 toneladas de alimentos non perecedoiros.

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento a todas as persoas voluntarias que integran esta Agrupación polo seu labor solidario e altruísta. Así o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destaca a gratitude á este colectivo “polos seus desvelos en actuacións dirixidas a evitar danos e perigos para os cidadáns, sendo conscientes pola nosa parte que isto implica un indubidable sacrificio persoal”.

Mos aproba en Pleno o Convenio de Colaboración para o desenvolvemento do GES de Mos durante 2022 e 2023

0

Esta mañá produciuse a aprobación en Pleno pola maioría dos seus membros, cos votos a favor do goberno local (PP) e do grupo municipal do PSOE de Mos e os concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román González, e a abstención de GañaMos e BNG, do Convenio de Colaboración en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos durante os anos 2022 e 2023.

O operativo mosense, está dotado de 6 operarios e supón un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias e para Protección Civil de Mos.

O convenio asinado entre a administración local mosense, Xunta de Galicia, Federación Galega de Municipios (FEGAMP) e Deputación de Pontevedra para a continuidade durante 2 anos do novo GES de Mos considérase fundamental pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, posto que “este operativo supón un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos”, declararon os representantes municipais.

Arévalo e Costas, declararon que “a administración local mosense conta cun Servizo Municipal de Emerxencias que por número de habitantes non estaría obrigada a ter e que está dotado dunha partida do orzamento municipal anual de 100.000 euros, dunha base cunhas instalacións totalmente equipadas, dun coordinador do Servizo traballador municipal e de 4 camións motobomba”.

“É por elo que está demostrada a necesidade deste GES que tamén temos sobradamente merecido”, insistiu a rexedora local mosense. Arévalo destacou que esta dotación é enormemente necesaria para a localidade mosense e aplaudida pola veciñanza.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense está operativo desde fai uns meses integrado dentro do mencionado Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos. A aportación económica anual por parte da administración local que require o convenio para o desenvolvemento do GES de Mos ascende a 10.500 euros.

Na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as Deputacións provinciais.

O Rosal imparte un curso de autodefensa para mulleres

0

O Concello do Rosal vén de abrir a inscrición para participar nun curso de autodefensa para mulleres que ten por obxectivo dotar a todas as asistentes das ferramentas necesarias para poder afrontar e defenderse ante situacións violentas. O obradoiro, organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, será totalmente de balde.

O curso desenvolverase no Centro Social Polivalente en dúas sesións de catro horas cada unha os vindeiros martes 18 e xoves 20 de xaneiro de 16.30 a 20.30 horas. Trátase dun curso dirixido a mulleres de todas as idades cunha condición física normal na que se proporcionará adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación así como para dotar ás participantes de auto capacidades para a prevención de posibles situacións de violencia.

A actividade será impartida por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As mulleres interesadas en participar poden inscribirse xa chamando ao teléfono do Concello (986 62 50 00) ou enviando un correo electrónico a [email protected].

A familia do veciño das Neves que falecera nun incendio xa vive nunha nova vivenda nas Neves

0

Fátima e os seus dous fillos de 7 e 11 anos volveron ás Neves e viven xa nunha casa propiedade do Concello, grazas á concesión dun alugueiro social.

A familia recibira un durísimo golpe cando o pasado 11 de decembro un incendio que se declarara hora na súa vivenda da rúa Entrecíns causara a morte do pai, de 48 anos de idade.

O Concello amosa a súa satisfacción porque estean de novo na vila e puxo á súa disposición todo o necesario para que comecen unha nova vida, dende agora, nesta casa da parroquia da Estación. A casa, de planta baixa, está totalmente equipada, dispón de mobiliario, todo tipo de electrodomésticos e calefacción. Conta cun pequeno xardín e está a carón dun parque infantil.

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Pilar González Casas, facilitoulle á familia roupa de cama e equipamento e está á súa disposición para atender aquelas necesidades que puidesen ter. Así mesmo, axilizaron os trámites para que os dous menores puidesen reincorporarse aos seus cursos no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, ao que xa acudiron retomando as clases e onde atoparon todo o material escolar que precisaban.

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, amosa a súa “ledicia pola volta desta familia tan prezada” e reitera o seu orgullo pola “solidariedade das nosas veciñas e veciños ante unha desgraza tan terrible”.

A Deputación cofinanciará os servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra mobiliza este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074 €)  parao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos  51 concellos de menos de 20.000 habitantes. A Xunta de Goberno vén de aprobar hoxe as bases deste plan, que asigna 1,2 millóns de euros (1.254.750 €)  para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar nos domicilios por parte de persoal especializado, e outros 1,2 millóns (1.226.324 €) para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios, a fin de garantir unha prestación pública de calidade neste ámbito.

A presidenta Carmela Silva, subliñou que a principal novidade neste 2022 estará no apartado do persoal, no que a Deputación estenderá o financiamento do perfil da persoa auxiliar administrativa a todos os concellos, “contribuíndo así a axilizar os procesos administrativos dos Servizos Sociais Comunitarios que se atopan desbordados, moito máis agora que aínda estamos a sufrir a Covid e as súas consecuencias”. Esta modificación beneficia aos concellos de Arbo, As Neves, Crecente, Cuntis, Meis, O Rosal, Pontecesures, Portas, Rodeiro e Vilaboa, que suman un total de 60.145 € a maiores na súa asignación. “Fomos aumentando cada ano os recursos e agora todos os concellos van contar con este perfil”, destacou.

Carmela Silva cualificou o  Servizo de Axuda no Fogar  (SAF)  como “fundamental” e lembrou que atende a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente no caso de que carezan de apoio persoal no seu medio inmediato. No caso do coste do persoal, finánciase a contratación de persoas traballadoras administrativas e tituladas medias e superiores dos Servizos Sociais Comunitarios destes concellos, entre os que se inclúen os profesionais do Servizo de Educación e Apoio Familiar.

Investimento por comarcas

No Plan de Cofinanciamento dos Servizos Comunitarios Municipais, a comarca da Paradanta ten asignados neste 2022 un total de 178.704 €, que se reparten da seguinte forma: Arbo (50.566 €), A Cañiza (55.846 €), Covelo (36.387 €) e Crecente (35.904 €). No caso do Condado, recibirá 168.434,91 euros, distribuídos do seguinte xeito: Mondariz (56.079,21 €), Mondariz-Balneario (22.697,20 €), As Neves (36.733,21 €), e Salvaterra (52.925,29 €). Por outra banda, o Baixo Miño percibirá 258.061,15€, dos que A Guarda recibirá 59.866 €; Oia 25.541 €; O Rosal, 33.861 €; Tomiño, 59.042 €, e Tui 79.750 €.

Val Miñor ten consignados 188.350 euros, que se repartirán entre Baiona (51.310 €), Gondomar (56.446 €) e Nigrán (80.594 €), mentres que o investimento en Deza acada os 254.598 €, con Agolada  (50.633 €), Dozón (41.867 €), Rodeiro (32.899 €), Silleda (68.354 €) e Vila de Cruces (60.844€). E Tabeirós-Terra de Montes recibirá 113.634, dos que Cerdedo-Cotobade ten asignados 59.534 € e Forcarei 54.099 €.

A comarca de Vigo percibirá 221.937 €, dos que Fornelos terá 26.395 €; Mos, 80.864 €; Pazos de Borbén, 24.094 €; Salceda, 60.088,86 € e Soutomaior, 30.494 €. No caso do Morrazo, ten asignados 132.745 €, dos que Bueu recibirá 51.786 €, e Moaña 80.959 €.

A comarca do Salnés ten consignados 526.165 €, repartidos do seguinte xeito: Cambados (54.670 €), Catoira (21.337 €), O Grove (65.235 €), A Illa (28.521 €), Meaño (55.042 €), Meis (37.239 €), Pontecesures (27.681 €), Ribadumia (29.296 €), Sanxenxo (80.264 €), Valga (43.939 €) e Vilanova (82.939 €).

Finalmente, a comarca de Pontevedra recibirá 438.444 €: Barro (39.097 €), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (27.328 €), Cuntis (47.535 €), A Lama (41.345 €), Moraña (23.577 €), Poio (92.756 €), Ponte Caldelas (52.946 €), Portas (35.821 €) e Vilaboa (27.130 €).

Arrancan as obras de mellora de mobilidade peonil na EP-4006 en Leirado

No día de hoxe arrancaban as obras de  mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20 % polo Concello de Salvaterra.

A contorna do centro escolar será un lugar máis seguro grazas a un investimento de 186.000 euros financiado nun 80 % pola institución provincial en un 20 % polo Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos

As actuación  servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado. Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.

Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

O Porriño prescinde de 4 coches do parque móbil para aforrar gastos innecesarios

O goberno local do Concello do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar “gastos innecesarios”. Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local.

Os cinco vehículos supoñen o 20% do custo, é dicir, 56.572 € de euros de aforro, da operación de renting por un importe total de 627.602 euros que realizou en 2019 o anterior equipo de goberno para renovar o parque municipal.

O alcalde Alejandro Lorenzo insistiu que esta decisión que xa se atopa en tramitación, “inscríbese na nosa defensa do interese público que nos obriga a priorizar gastos, pagar facturas e licitar servizos básicos. Temos máis de 5 millóns de euros en facturas pendentes de pago, á espera do que conclúa a auditoría”.

O alcalde manifestou que “aínda que a situación económica fora boa, non se xustificaba a asignación dun vehículo para cada concelleiro. Coido que ningún concello de España o poida permitir. Tratábase dun luxo innecesario e inxustificable”, concluíu Lorenzo.

A maiores, o goberno municipal dispón dun informe xurídico solicitado á Deputación de Pontevedra que conclúe que a resolución deste contrato de renting sería viable “por cuestións de interese público”.

Máis vantaxes que inconvenientes

“Aínda que a devolución destes cinco vehículos podería supor unha penalización da orde de 3.300 euros por parte da adxudicataria do renting, as vantaxes son evidentes porque xeraremos a longo prazo un aforro moitísimo maior, da orde de algo máis de 53.000 euros”, explicou o primeiro tenente de alcalde Abel Estévez.

Segundo indicou, “unha vez revisada a quilometraxe e o uso do parque de vehículos de ‘renting’, detectamos un exceso manifesto de turismos, polo que é necesario devolver os coches de gama máis alta e de maior cilindrada”, engadiu Estévez, e adiantou que “este goberno seguirá revisando se é posible prescindir dalgún máis”.

O Concello de Oia organiza mañá unha reunión informativa sobre o parque eólico Merendón

0

O Concello de Oia lembra que mañá terá lugar a reunión convocada para informar sobre o proxecto do parque eólico Merendón, actuación contra a que a Administración local está a preparar as súas alegacións en contra. Tal e como anticipara hai dúas semanas, a xuntanza celebrarase este martes 11 de xaneiro ás 18.30 horas nas Escolas de Loureza.

O DOG do 23 decembro anunciou o procedemento de información pública para o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública das instalacións do parque eólico Merendón. Este parque prevé un total de 5 aeroxeradores, dous deles en Oia e tres no Rosal.

Actualmente o Concello está a ultimar as alegacións en contra do citado proxecto do Meredón. Así, un especialista contratado pola Administración local está a desenvolver os traballos de análise da documentación e da redacción das alegacións que se van presentar.

O Concello lembra que a documentación sometida a información pública (proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, proxecto sectorial -proxecto de interese autonómico-) pódese consultar na seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. O prazo de presentación de alegacións remata o próximo día 14.

Así mesmo, o Concello de Oia ten creado un apartado específico na web municipal onde vai actualizando a información dispoñible sobre os parques eólicos que afectan ao municipio. A documentación relativa ao Merendón está dispoñible para a súa consulta na seguinte ligazón: https://www.concellodeoia.es/parque-eolico-do-merendon/.  

Características técnicas do parque do Merendón

Segundo consta no DOG do pasado 23 de decembro, as características técnicas do proxecto do parque eólico do Merendón son as seguintes:

  • Cinco aeroxeradores de 4.200 kW de potencia nominal unitaria, de 112 m de altura de buxa e 136 m de diámetro de rotor.
  • Cinco centros de transformación de potencia aparente 4.700 kVA e tensión 0,72/30 kV, localizados no interior dos aeroxeradores.
  • Rede de media tensión de 30 kV soterrada, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación de manobra.
  • Subestación de manobra e centro de mando e control do parque.
  • Rede de media tensión de 30 kV soterrada, de interconexión entre a subestación de manobra e a subestación de transformación 30/132 kV.
  • Subestación de transformación 30/132 kV. Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: servizos auxiliares, baterías de corrente continua 48 Vcc, proteccións eléctricas e sistema de control e SCADA. En 132 kV o transformador está directamente conectado á posición de 132 kV da subestación O Rosal mediante barras.

A Biblioteca Municipal de Tui realizou o ano pasado 10.255 préstamos de 3.881 obras a 759 usuarios

0

A Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou ao longo do pasado ano 2021 un total de 10.255 préstamos de libros (cunha media de 852 préstamos ao mes) dun total de 3.881 obras e que foron emprestadas por un total de 759 usuarios da Biblioteca tudense.

Esta cifra supón un notable incremento con relación aos datos do pasado ano que por mor dos efectos do confinamento e demais medidas restritivas unicamente acadaron os 4.545 préstamos.

A Biblioteca Municipal tudense conta na actualidade con 32.464 volumes, o que supón unha cifra en torno ao 1,8 volumes por habitante do concello, que está moi próximo ás recomendación da IFLA para localidades coa nosa poboación que determinan 2 volumes/habitante.

Ao longo do pasado ano 2021 esta colección bibliográfica foi enriquecida e actualizada con 1.164 novas obras. A súa procedencia é tripla: con fondos propios do Concello de Tui, coas achegas da Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta de Galicia e coas doazón de usuarios e cidadáns. Paralelamente a Biblioteca expurgou un total de 1.427 volumes debido ao seu deterioro ou por ter un contido obsoleto.

O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente cómpre ser “socio” ou “usuario” de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de “Galicia le”, a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia. Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 3.881 usuarios, ao longo do pasado ano se incorporaron a este servizo 145 novos usuarios adultos e 119 usuarios infantís. Deste conxunto de usuarios, 759 fixeron uso do servizo de préstamo de libros: 447 adultos e 312 infantís.

Día dos usuarios das bibliotecas

Mañá martes, 11 de xaneiro, celébrase o “Día dos usuarios das bibliotecas” e para conmemorar esta xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria dende a Biblioteca Municipal de Tui organizan dúas sinxelas actividades:

Entre todos os usuarios desa xornada realizarase un sorteo de senllos lotes de libros para adultos e para nenos.

Amais terá lugar a entrega dos diplomas de lectores de honra do ano 2021 aos tres lectores, en adultos e infantil, que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano. Este acto terá lugar ás 19,00 horas na propia biblioteca e contará coa presenza da concelleira de ensino e cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla.

O Concello do Rosal organiza este sábado un obradoiro gratuíto de poda de froiteiras

0

O Concello do Rosal organiza o vindeiro sábado 15 de xaneiro un obradoiro gratuíto de poda de froiteiras para axudar á veciñanza a realizar esta tarefa da mellor forma posible. Será no Espazo de Autoarranxo Municipal entre as 15.30 e as 19.30 horas e a inscrición xa se pode realizar a través dun formulario habilitado na web do Concello.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima a toda a veciñanza a asistir e lembra que a formación será impartida polo técnico agrícola, Óscar Álvarez, e que vai constar dunha parte teórica e outra práctica. O curso contará cun máximo de 40 participantes, xa que o aforo do espazo é limitado, e as prazas asignáranse por orde de inscrición.

A parte teórica vai desenvolverse no Espazo de Autoarranxo (a carón do CPI Manuel Suárez Marquier) e desde alí as persoas participantes desprazaranse a unha finca para realizar a parte práctica. En caso de choiva, a parte teórica manterase e a parte práctica aprazarase.

O CAAN pechou o ano cun total de 660 adopcións

2021 foi o mellor ano da historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Se xa no 2020 se establecera un récord de adopcións, cun total de 583, no pasado ano foron 660 os animais que puideron atopar un novo fogar desde o centro, rompendo tamén, como subliñou Carmela Silva, o reto que se tiña marcado de lograr 600 adopcións. A presidenta provincial volveu felicitar ao equipo do CAAN, dirixido polo veterinario José Luis Pedreira, e a o deputado Manuel González, polo “compromiso e traballo en prol do benestar animal” que se ten reflectido nestes datos “extraordinarios”, que supoñen un aumento do 13,2% das adopcións. Neste 2022 xa son tamén 14 as adopcións logradas: “Agora o reto é chegar aos 700 e estou segura que o imos acadar”.

Das 660 adopcións deste 2021, 1 foi en Portugal e o resto en España. A maioría foron en Galicia (574), seguida por Castela e León (54) e o resto repartíronse entre Madrid (13), Cataluña (5), País Vasco (5), Castela a Mancha (2), Asturias (2), Comunidade Valenciana (2), Estremadura (1) e Canarias (1). Das tramitadas en Galicia, 502 adopcións foron na provincia de Pontevedra, 36 na Coruña, 25 en Lugo e 11 en Ourense. O concello con máis adopcións foi Vigo (90), seguido de Pontevedra (52) e A Estrada (38), mentres que tamén destacaron Poio (26), Meis (25), Sanxenxo (24) ou Cambados (23).

Carmela Silva fixo fincapé en que o reto inicial de chegar aos 600 cans e cadelas adoptados logrouse xa en novembro con “Col”, que viaxou ao seu novo fogar en Ribadumia, e tamén destacou que o pasado 2021 logrouse dar saída aos animais de maior idade no CAAN: “Macarena”, de 8 anos, unha mastín que chegara de Pontecesures; “Pitu”, de 10 anos, que chegara de Catoira; “Adia”, pastora alemá de 9 anos que viñera das Neves e “Paradita”, de 8 anos, mestiza recollida en Meaño. Na actualidade, o can que leva máis tempo no centro é “Posto”,un cruce de pitbull de tres anos que está desde o 2018 no CAAN, tras ser recollido en Redondela, e para o que se volveu facer un chamamento para a súa adopción.  

Outro dos aspectos que subliñou Carmela Silva foi a “notable” redución da estancia dos animais no centro antes de ser adoptados, que no 2021 foi dunha media de 69,6 días fronte aos 123,8 días do 2020 (un 43,7% menos). “Estamos indo polo camiño que hai que ir, modernizando as instalacións, facendo que teñan instrumental veterinario de altísima calidade, dixitalizado, moderno, facendo que os animais estean cada vez mellor tratados e hai que destacar o excelente traballo que fai o persoal, que vai moito máis alá do que é a súa profesión”, destacou a presidenta.

Os excepcionais datos de adopción, que tamén se incrementaron no caso das realizadas fóra de Galicia, son froito de moitas claves, como subliñou o veterinario xefe do CAAN, José Luis Pedreira, que agradeceu á Deputación os recursos destinados ao centro “porque é unha das mellores formas de poder realizar o noso traballo coa mellor garantía”.  Amais da motivación do persoal, Pedreira citou á busca activa da colaboración a través de asociacións e protectoras e, especialmente, “a calidade das adopcións”.  “Todos os cans saen do centro vacinados, identificados, desparasitados e esterilizados de forma gratuíta –explicou-. E iso é unha garantía sanitaria e de calidade nos animais que saen do CAAN, incluso moitos deles o fan con recondución do seu carácter. E intentamos que o can que se leve se adapte ás necesidades de cada persoa. Ese conxunto fai que o traballo teña maior calidade e que a xente confíe en nós para adoptar”.  “Para estar á cabeza do benestar animal –engadiu- temos que ter retos, que son os que nos motivan. E superarnos é que cada día haxa menos abandonos e máis adopcións, co que conseguiremos un mellor benestar. Nesa liña imos e estamos traballando”.

Recollidas

Na cruz da moeda hai que citar as 1.210 recollidas de animais que se produciron no pasado ano, un 5,7% máis que as do 2020. Delas, a metade é a que pode clasificarse como abandonos, xa que outros 608 animais puideron ser recuperados polos seus propietarios/as no lugar do aviso (362) ou no propio centro (246). Este aumento das recollidas rachou cunha tendencia á baixa que se manifestara nos anos anteriores, onde se pasara das 1.788 no 2018 ás 1.332 recollidas no 2019 e ás 1.144 no 2020.

Fronte a esta situación, a Deputación veu insistindo nas campañas de concienciación e sensibilización, a última delas “EduCAANdo”, lanzada a finais do pasado ano dirixida especialmente a escolares de Primaria dos centros da provincia e que ten como peza central o libro “Benvida á casa, Onza”, do que xa se solicitaron máis de 1.500 os exemplares para o uso deste relato como material didáctico nas aulas. “De feito, os centros poden seguir solicitándoo–lembrou a presidenta- e animo a que o fagan. Seguimos con esa concienciación de que adoptar é o mellor sistema para ter unha mascota. Ter un animal é ter a alguén que forma parte da familia. Unha vez que adoptamos, temos que coidalo e ten que rematar a súa vida no noso fogar. Polo tanto, facemos un chamamento para a adopción e un chamamento en contra dos abandonos”.

José Luis Pedreira incidiu así mesmo nos actuais baixos índices de identificación dos animais, citando que a metade dos 608 animais recuperados polos seus donos e donas carecían de chip. “Todos os cans e cadelas a estas alturas deberían estar identificados, porque conseguiríamos que o abandono fose menor”, apuntou, tras repetir que todos os animais que saen do CAAN fano con chip.

Neste senso, Carmela Silva apuntou que a nova normativa estatal sobre protección animal establece unha serie de garantías polas que xa estaba a apostar a institución provincial. “Aquelo no que nós críamos e que estabamos poñendo en marcha agora está recollido nunha lei estatal que estou segura que vai conseguir ter mellores datos, sobre todo o que ten que ver cos abandonos e o benestar animal”, sinalou.

Gondomar ofrece un curso de autodefensa para mulleres

0

Aberto o prazo para participar nesta iniciativa, promovida pola Concellería de Igualdade, co fin de dotar ás mulleres de todas as ferramentas que poidan ter ao seu alcance para defenderse ante situacións violentas.

O curso, concedido pola Secretaría Xeral de Igualdade, desenvolverase os próximos días 18 e 20 de xaneiro no Centro Neural do municipio, en horario de mañá. Trátase dun curso de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación ante as distintas situacións que se poidan atopar as participantes.

Un monitor especialista en defensa persoal, docente da Academia Galega de Seguridade e membro da Federación Galega de Loita, será o encargado de dar as nocións básicas en materia de autodefensa ás participantes.

As interesadas poderán inscribirse nas oficinas do Centro de Información á Muller (CIM), situada nas dependencias do antigo Centro de Saúde, ou a través dos teléfonos 986 360 224 e 986 389 355.

O Concello de Mos conciencia sobre a importancia da corta de árbores en zonas habitadas

0

O concelleiro de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos, Leo Costas, informou hoxe da caída dunha gran árbore na parroquia de Pereiras, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de cortar os exemplares próximos ás casas para evitar o perigo que representan.

O suceso aconteceu ás 03.00 horas da madrugrada do sábado 8 ao domingo 9 de xaneiro. Tratábase dunha acacia de máis de 20 metros de altura que caeu ao carón dunha vivenda, invadindo o terreo exterior da mesma.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Mos, dos Bombeiros do Consorcio Provincial do parque de O Porriño e da Policía Local de Mos, que estiveron preto de 3 horas traballando para retirar o perigo; e regresarán para solucionar totalmente o problema.

Costas explicou que, entre os danos causados pola árbore, atópase a intransitabilidade de parte do Sendeiro dos Muíños da Salgueira, que se atopa inhabilitado no tramo do Albán. Polo que o edil indicou que permanecerá cortado o paso nesa zona ata que quede totalmente despexada, o que se producirá ao longo desta mesma semana.

Deste xeito o concelleiro Leo Costas insistiu na importancia e necesidade da concienciación da veciñanza e particulares propietarios de fincas no Concello de Mos sobre a corta das árbores próximas ás casas, estradas, cables do tendido eléctrico, etc.

“O caso acontecido en Pereiras é un claro exemplo do perigo silencioso que representan estas árbores, que poden incluso chegar a poñer en perigo vidas humanas e non só causar desperfectos materiais”, concuíu o edil de Medio Ambiente mosense.

A Asociación Lazadoiro gañadora dos “II Premios Dinamizador Rural”

Estes galardóns outórgaos o GDR Condado Paradanta para recoñecer o traballo que, de maneira altruísta, fan as diferentes entidades privadas e/ou persoas físicas pola defensa e pola posta en valor do patrimonio (material e inmaterial) do seu territorio de actuación. Nas bases dos premios figura un recoñecemento territorial, dotado de 1000 €, e un recoñecemento por concello, consistentes nunha placa, en madeira e pedra, realizada por un artesán local.

Nesta ocasión, catorce foron as candidaturas presentadas. Na gala celebrada o pasado 23 de decembro, na Escola de música de Rubiós, As Neves, desveláronse as entidades e persoas recoñecidas polo GDR.

A Asociación Lazoiro, do concello de Salvaterra de Miño, foi a premiada nesta segunda edición. O xurado valorou positivamente os tres proxectos cos que se presentou Lazoiro; “ Proxecto Ríos”, iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa do río Miño e Tea; Memoria de Salvaterra”, fundaméntase principalmente na recuperación de fotografías antigas para poñer en valor as parroquias e as súas xentes e ou “ Proxecto 17 parroquias”, proxecto para afondar na riqueza e posta en valor do patrimonio histórico, material e inmaterial, que posúe ou concello de Salvaterra de Miño en tódalas súas parroquias-

Así, polo concello da Cañiza recoñeceuse á CMVMC Montes de Parada, polo concello de Arbo a Asociación A Vella Barca, polo concello de Covelo recoñeceuse á Asociación As túas Aldeas, polo concello de Crecente á Asociación Cultural e Veciñal Amistade, polo concello de Mondariz recoñeceuse a Alberte Reboreda, polo concello de Ponteareas recoñeceuse á Agrupación folklórica ALGAZARA, polo concello de Salceda de Caselas recoñeceuse á Asociación Amigos da Música e polo concello de Salvaterra de Miño á Asociación Xanela – Iniciativa Cultural. Os recoñecementos foron entregados por Marta Valcarcel, alcaldesa de Salvaterra, Luis Piña, alcalde de Cañiza, Xosé Manuel Méndez, alcalde das Neves, Pablo Castelo, alcalde de Covelo e por representes dos concellos de Arbo, Crecente, Mondariz, Ponteareas e Salceda de Caselas.

O mestre de cerimonias da Gala foi o cómico galego Pepo Suevos, que co ton cómico co que se desenvolveu o evento fixo as delicias dos sesenta asistentes. Estes, ademais, puideron gozar da actuación realizada por un cuarteto de vento formado por músicos da Banda de Música de Rubiós.

Desde o GDR animan a todas aquelas entidades e persoas físicas que, de forma altruísta, traballan pola valorización do diferente patrimonio a que preparen as súas candidaturas para a terceira edición que se desenvolverá ao longo do presente ano.
Esta actividade formou parte dos diferentes proxectos de animación e dinamización económica e social que o GDR puxo en marcha ao longo do pasado ano e que foron financiados a cargo do Programa Leader.

SmartPeme pon en marcha tres novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o márketing, a edición de vídeo con Canva ou a venta de produtos nun marketplace

O martes 11 será Sonia Torres, con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas, quen imparta un obradoiro sobre “Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades” dirixido a empresas turísticas que ofrezan servizos de ocio e entretemento. Ao día seguinte, o mércores 12, SmartPeme ofrecerá un obradoiro no que se ensinará “Edición de vídeo básica: a nova función de Canva” da man de Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Será o xoves 13 cando María Aller, con posgrao en Comunicación Corporativa, explique “Como vender os teus produtos nun marketplace”, sitios web nos que as persoas compradoras e as vendedoras poden relacionarse para levar a cabo transaccións comerciais.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.