13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: sandra gonzález

    Interese irlandés pola experiencia de participación pública da Eurocidade Cerveira-Tomiño

    Impresionado por como a “participación cívica está no corazón de cada paso que se dá na conformación da cooperación transfronteiriza na Eurocidade Tomiño-Cerveira”. Así o expresaba nunha rede social ao remate da xornada Anthony Soares, director do Centre for Cross Border Studies CCBS de Armagh, en Irlanda do Norte, que visitou Tomiño e Cerveira para coñecer en detalle a experiencia da Eurocidade.

    O secretario de estado de Medio Ambiente comprométese a liderar a posta en marcha do proxecto do parque e ponte transfronteirizos da Amizade

    O resultado da reunión da presidenta da Deputación Carmela Silva; o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho e a alcaldesa de Tomiño en Madrid co secretario de estado de Medio Ambiente Hugo Morán onte en Madrid non puido ser máis satisfactorio: o representante estatal comprometeuse a liderar e coordinar no goberno central a posta en marcha do proxecto do parque e a nova ponte peonil transfronteiriza da Amizade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

    O presidente da Câmara Municipal de Cerveira e a Deputación aposta pola continuidade dos compromisos transfronteirizos

    O presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González, reuníronse onte coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado para a Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, para tratar dos proxecctos de futuro da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

    Tomiño despide ao presidente saínte da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira

    Eurocidade Cerveira-Tomiño, afondamento na cooperación transfronteiriza, estreitamento de lazos entre as poboacións veciñas, utilización compartida de servizos e recursos públicos, etc., foron algúns dos principios reitores da relación entre as dúas localidades na última década. Así o puxo de manifesto o presidente saínte da Cámara Municipal de Vila Nova de...

    O GDR Eurural continúa o intercambio de ideas e experiencias co norte de Romanía a través do proxecto Eurochef

    O GDR Eurural continúa a dar pasos no camiño para poñer en valor os produtos gastronómicos do territorio máis alá das nosas fronteiras ao abeiro do proxecto Eurochef. A presidenta do grupo de desenvolvemento, Sandra González, recibiu este luns á comitiva con representantes dos seus socios no proxecto de cooperación transnacional Eurochef que, tras a súa participación no Salón da Alimentación do Atlántico de Silleda, están a percorrer o territorio para afondar no intercambio de ideas e experiencias.

    Inauguradas as obras do proxecto “Máis Goián” de recuperación do espazo público

    A praza principal da parroquia tomiñesa de Goián acolleu onte á noite a inauguración das obras de reconfiguración e recuperación do espazo público do proxecto 'Máis Goián' finalizadas recentemente.

    O Rosal, A Guarda e Tomiño solicitarán ao Goberno o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa

    A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández; a tenente de alcalde da Guarda, Montserrat Magallanes, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acordaron, tras unha reunión coas comunidades de montes dos tres municipios, esixir ao Goberno de España as modificacións lexislativas necesarias para o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa por parte do Estado.

    Pily Reñones agasalla ao Concello de Tomiño cunha copia da obra seleccionada nos Premios Goya de Fotografía Profesional

    A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones foi recibida hoxe no Salón de Plenos do Concello de Tomiño pola alcaldesa Sandra González e parte do equipo de goberno. Nun emotivo acto a rexedora, acompañada por varios membros do seu equipo, agradeceu a xenerosidade da fotógrafa, que quixo agasallar ao Concello cunha copia oficial da obra nomeada na categoría de Gráfico Documental nos últimos Premios Goya de Fotografía Profesional e Vídeo.

    O delegado do Goberno reúnese por videoconferencia con Sandra González e Fernando Nogueira, impulsores do ‘Parque dá Amizade’

    O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mostrouse convencido de que o 'Parque dá Amizade' converterase en símbolo do irmandamento entre Galicia e Portugal. Así llo trasladou nunha videoconferencia aos promotores desta iniciativa –a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira–, que se presentará este sábado na fortaleza de Goián (Tomiño).

    Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de Goián

    Medio centenar de alumnos e alumnas de bachalerato do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), celebrou a súa festa de gradación no Espazo Fortaleza de Goián, a carón do milenario forte de San Lourenzo. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e da concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, en representación do goberno municipal, que colaborou no acondicionamento e montaxe da infraestrutura necesaria para a celebración.

    Educación prepara a reforma e ampliación máis importante do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

    Concello de Tomiño e Consellería de Educación traballan xa man a man para darlle encadre urbanístico ao anteproxecto de ampliación e reforma do IES Antón Alonso Ríos e dotar de viabilidade un proxecto que suporá a maior remodelación deste centro nos seus case 28 anos de historia. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, visitou as instalacións do centro acompañada do Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, así como do Inspector de Educación de Zona, de membros do Servizo de Unidade Técnica de Educación e da propia arquitecta municipal.

    O delegado da Xunta e a alcaldesa visitan en Tomiño as obras de mellora e seguridade viaria realizadas no cruce do ’empalme’

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, visitou este medio día, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, ás obras de mellora e seguridade viaria levadas a cabo na estrada PO-552 (punto quilométrico 60+300 e 60+700) na intersección coa PO-344 no concello de Tomiño; zona coñecida popularmente coma cruce do empalme, que da acceso ao núcleo da vila.

    A Xunta remata a mellora da seguridade viaria na PO-552 Tui-Tomiño e elimina os tramos de concentración de accidentes

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de rematar coas obras de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, no treito entre Tui e Tomiño, consistentes na eliminación dos seus tramos de concentración de accidentes grazas a un investimento, incluíndo as expropiacións e os servizos afectados, de 660.000 €.

    Tomiño acondicionará a vía de acceso á praza de San Salvador de Tebra

    O Concello de Tomiño levará a cabo obras de reforma e acondicionamento na vía de acceso a San Salvador de Tebra, que conecta a estrada PO-344 coa praza principal da parroquia. Esta mañá estiveron visitando o lugar a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez Calvo, e o arquitecto encargado do deseño, Xavier Pousa, onde se reuniron con varios veciños para ensinarlles o proxecto.

    Toñi Vicente, pioneira da nova cociña galega, presenta o seu primeiro libro en Tomiño

    A recoñecida chef tomiñesa Toñi Vicente presentou este sábado o seu primeiro libro, 'A miña cociña', que contou coa colaboración do Concello de Tomiño. A praza do Seixo foi a escollida para celebrar un acto sinxelo mais tamén emotivo e entrañable, que serviu tamén como homenaxe especial aos seus pais, Delmiro e Antolina, dos que aprendeu a amar a cociña de calidade feita con produtos da zona. No acto estivo acompañada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o fotógrafo do libro, Xulio Gil, e o editor José Luis Teófilo, de Teófilo Edicións.

    Luis López reitera “a colaboración absoluta e o compromiso máximo” da Xunta co Concello de Tomiño na súa visita institucional

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, reafirmou a “colaboración absoluta e o compromiso máximo” do goberno galego co Concello de Tomiño na súa visita institucional a este municipio, onde lembrou a aposta do executivo autonómico por este termo da bisbarra do Baixo Miño tras investir máis de 13 millóns de euros nos últimos catro anos.

    Tomiño prepara o terreo para a construción da Biblioteca Municipal

    O Goberno municipal de Tomiño levará ao pleno municipal que se celebrará este luns un expediente de modificación de crédito por valor de 75.000 euros, que serán financiados co remanente líquido de tesourería para gastos xerais. A finalidade desta modificación é a de financiar a demolición do edificio no que se atopan as dependencias do Xulgado de Paz, cuxo proxecto xa está redactado, como paso previo á edificación da futura biblioteca municipal.

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño adía para setembro o ‘IV Simpósio Internacional de Escultura de Minho’

    Ante o actual contexto de incerteza provocado pola pandemia Covid-19, o Comité de Xestión Estratéxica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño decidiu adiar para o mes de setembro a realización da cuarta edición do Simpósio Internacional de Escultura do Miño. Na reunión telemática mantida onte martes polos alcaldes veciños abordaron tamén a temática do peche de fronteiras e os impactos para as traballadoras e os traballadores transfronteirizos.

    O deputado do BNG no Congreso visita Tomiño para interesarse polo proxecto da biblioteca municipal

    O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, realizou unha visita institucional ao Concello de Tomiño este mércores para interesarse polo proxecto da biblioteca municipal, un dos máis importantes na axenda do goberno local. O deputado nacionalista xa solicitou o apoio do Ministerio de Fomento para axudar a financiar a súa construción a través dunha das enmendas presentadas na negociación dos Orzamentos Xerais do Estado que tivo lugar recentemente.

    A policía local de Tomiño conta xa cun novo vehículo híbrido para a protección do medio ambiente

    A Policía Local de Tomiño conta dende hoxe cun novo coche patrulla, que lle permitirá desenvolver tarefas de protección medio ambiental. O vehículo 'Eco', cun motor híbrido (gasolina electricidade) e tracción 4 x 4, foi entregado na mañá de hoxe á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro.

    Cerveira e Tomiño piden máis fondos para consolidar a cooperación transfronteiriza

    A necesidade de estreitar relacións con Bruxelas e de calendarizar proxectos concretos con financiación europea, foi unha das conclusións compartidas polas autoridades que asistiron ás II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño celebradas no Centro de Apoio Empresarial de Vila Nova de Cerveira.

    Tomiño supera as 1.000 incidencias resoltas a través da súa app Liña Verde

    A app móbil Liña Verde de Tomiño naceu hai apenas seis meses co obxectivo de ofrecer á veciñanza un método de comunicación sinxelo e directo co Concello usando as novas tecnoloxías. Hoxe xa se superan as 1.000 incidencias solucionadas a través desta aplicación, a maioría delas (68,7%) resoltas en poucos días.

    A Policía Local e Protección Civil de Tomiño reciben formación especializada en violencia de xénero

    Os integrantes da Policía Local e protección Civil de Tomiño asistiron durante dous días a un obradoiro de formación contra a violencia de xénero, organizado pola Oficina Municipal de Igualdade, co fin de proporcionar aos axentes destes colectivos as ferramentas teórico-prácticas para enfrontarse aos casos de violencia doméstica ou familiar que se produzan no municipio.

    Tomiño consolida a implementación da compostaxe para mellorar a xestión do lixo no municipio

    O Concello de Tomiño presentou onte á veciñanza a segunda fase do Plan Revitaliza de compostaxe individual e comunitario, procedendo á entrega da 1ª remesa de composteiros (30 unidades) a cidadáns que levaban tempo agardando por eles. A alcaldesa Sandra González, –que estivo no acto acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro– agradeceu "o interese da cidadanía por contribuír á redución do lixo que xera o municipio e cuxo transporte e tratamento ten custes moi elevados, non só dende o punto de vista económico, senón tamén ambiental".

    O recinto escolar do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián será ampliado en máis de 1.500 metros cadrados

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, presentou ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, as obras correspondentes ao peche do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián), que se comezarán nos vindeiros días e estarán rematadas antes do inicio do curso. A intervención consistirá...

    Cinco mulleres acaparan os premios do ‘VIII Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández’

    Cinco mulleres fixéronse cos premios do oitavo Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, celebrado onte en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira e organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño. O primeiro premio foi para Paz Larrumbide Moreno, procedente do País Vasco. Veciña de Vitoria, Larrumbide (gañadora tamén da sexta edición do certame) pasa as súas vacacións en Baiona, facéndoas coincidir co evento artístico. Exviceconselleira de Vivenda no Goberno Vasco, Larrumbide dedícase á pintura de forma amateur dende hai tan só seis anos.

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Río Miño reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo

    Os plans de recuperación posCOVID19 deben ter unha liña de apoio específica para os concellos limítrofes coa fronteira Portugal-España, xa que neles dáse un dobre impacto negativo: ao derivado da COVID19, como no resto do territorio, súmase a penalización provocada pola restauración das fronteiras. Esta é a principal conclusión da xornada de traballo mantida hoxe en Tomiño para analizar medidas de recuperación e impulso á cooperación transfronteiriza tras a crise da COVID 19.

    A humanización da praza de Figueiró, en Tomiño, “recupera para as persoas” este espazo central da parroquia

    O Concello de Tomiño está a levar a cabo as obras de 'Acondicionamento da contorna da Praza de Figueiró', co obxecto de convertir este espazo central da parroquia de Figueiró, nun espazo de uso peonil, accesible e seguro. A intervención, cun orzamento total de 440.000 euros, recuperará para as persoas máis de 2000 m2 de espazo público que se atopaba pavimentado con aglomerado asfáltico, usándose coma aparcadoiro e sen ofrecer seguridade e uso para as persoas.

    Tomiño impulsa a campaña ‘Estamos contigo’ para agradeder a atención sanitaria do centro de saúde local

    Agradecer o traballo de todo o persoal do Centro de Saúde de Tomiño, durante estas longas e difíciles semanas de corentena, é a finalidade da campaña 'Estamos Contigo', organizada polo Concello de Tomiño, a través das concellerías de Participación Cidadá e Benestar Social.

    Tomiño comeza o reparto entre os comerciantes das primeiras 1.000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntarias

    A Agrupación de Protección Civil de Tomiño, comezou onte a repartir as primeiras 1.000 máscaras hixiénicas confeccionadas por unha rede de costureiras voluntarias da vila, en colaboración coa Asociación de Comerciantes (ADETO) e o Concello. En primeiro lugar, fíxose unha entrega nos establecementos comerciais abertos asociados, uns 15 locais de Tomiño e Goián.

    Empresas da zona doan desinteresadamente ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras

    Varias empresas da zona están doando ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras, para repartir entre os voluntarios e voluntarias de Protección Civil e Policía Local, asociación de comerciantes, preceiros e traballadores municipais.

    Luís Bará: “O BNG é a ferramenta máis valiosa para liderar o cambio que Galiza precisa”

    O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, asegurou en Tomiño que “o BNG é a ferramenta máis valiosa para liderar o cambio que Galiza precisa”. Así o manifestou na inauguración do novo local do BNG en Tomiño, onde estivo acompañado pola alcaldesa Sandra González e outros membros do goberno local, afiliados e simpatizantes.

    Mostra de Cultivos de Tomiño, “máis profesional para as empresas e máis participativa e dinámica para o público”

    A Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega á súa décimo séptima edición renovada e con moitas novidades no peto. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a mostra celebrarase os vindeiros 13, 14 e 15 de marzo no pavillón municipal de Goián tras un intenso esforzo por “reinventarse” e por ofrecer un amplo e atractivo programa tanto para profesionais como para público xeral.

    Lola López Mondéjar, “o século XXI estanos amosando unha ensinanza moi desvalorizada”

    A psicoanalista, escritora e docente Lola López Mondéjar puxo este xoves o broche de ouro á V Semana da Educación de Tomiño nun auditorio de Goián ateigado ante o que fixo unha diagnose da “educación antropocénica que está a sufrir a sociedade contemporánea”. E foi moi contundente: “Non estamos preparando aos individuos para o mundo que se aveciña, un mundo que non terá nada que ver co que estamos a vivir nós agora mesmo”.

    Víctor Arufe, “A primeira clave para unha boa educación radica na actitude coa que afrontamos a vida”

    “Non é nada doado educar na sociedade actual, superficial, dividida e enfrontada, cambiante, tecnolóxica, normalizadora e na que prima non esforzarse e a inmediatez”. Para Víctor Arufe, protagonista da terceira xornada da V Semana da Educación de Tomiño, é nesta idea onde radica unha das claves para unha boa educación hoxe en día, unha educación que debe ten os seus piares na sociedade, na escola e na familia.

    Juan Lorca, “temos acceso a demasiada información e non temos por que saber cal é correcta e cal non”

    Falar de alimentación e saúde é ter en mente unhas cifras moi alarmantes: 44.000 persoas morren cada ano en España por unha mala alimentación, unha taxa de mortandade máis alta que o tabaco; o 59 % das enfermidades crónicas teñen a súa orixe na falta dunha dieta saudable; no 2030 máis de 27 millóns de españoles e españolas padecerán obesidade ou sobrepeso e, hoxe en día, xa o 34 % dos nenos e nenas sofren sobrepeso e o 18% son obesos... “Todas estas cifras deberían facernos parar a reflexionar e replantexarnos o que está a pasar”.

    Gondomar acolle a presentación de seis novas actividades de «Coas mans na masa»

    A Escola Eu Rural vén de presentar a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

    Deputación en Concello de Tomiño repasan a colaboración leal entre ámbalas dúas institucións

    A colaboración constante entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño foi hoxe posta como exemplo de entendemento institucional pola presidenta, Carmela Silva. Fíxoo durante unha xuntanza que esta mañá mantivo coa alcaldesa, Sandra González, e na que ambas repasaron as actuacións desenvolvidas neste municipio durante o pasado mandato 2015-2019 e as que xa están en marcha. Un apoio da Deputación a Tomiño que totaliza 10,2 millóns de euros.

    Tomiño reforza a súa aposta polo Servizo de Axuda no Fogar

    O Concello de Tomiño segue a facer unha aposta estratéxica polo Servizo de Axuda no Fogar, un servizo orientado ao coidado de persoas en situación de dependencia que o municipio oferta dende hai anos. Un servizo cualificado polo Goberno local que preside Sandra González como “indispensable” e que ano tras ano mellora coa formación continua e específica dos seus traballadores e traballadoras.

    «Vilas en Flor» premia o traballo de Tomiño na mellora do espazo verde urbano

    O xurado de 'Vilas en Flor de Galicia', un programa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes, distinguiu onte ao Concello de Tomiño coma 'Vila en Flor 2019', concedéndolle dúas Flores de Honra, “polo seu traballo na mellora do espazo verde urbano”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.