Tag: luis piña
A Cañiza estrea o seu parque central cun singular espazo público de convivencia para a veciñanza
O Concello da Cañiza vén de gañar un novo e moderno espazo público de convivencia para a veciñanza co novo Parque Central, unha obra que supón unha auténtica transformación na vila e que foi financiada con achegas do Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde do municipio, Luis Gómez Piña, acompañados do deputado de Cooperación, Santos Héctor, e da corporación municipal, estiveron onte na estrea oficial deste equipamento
A Xunta inviste máis de 1,3 millóns de euros na rehabilitación enerxética do CPI da Cañiza e a modernización dos sistemas de calefacción do instituto
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar coas melloras nos centros educativos do Concello da Cañiza tras realizar un investimento de máis de 1,3 millóns de euros na rehabilitación enerxética e funcional do CPI e na modernización eficiente dos sistemas de calefacción do IES.
A Cañiza reafirma a súa aposta polo rural con 178.000 euros para obras de pavimentación e traída de augas financiadas pola Deputación
O Concello da Cañiza mellorou os accesos, así como os servizos de varios núcleos rurais do municipio grazas a achegas do Plan Concellos da Deputación, cun orzamento de preto de 178.000 euros. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, quen visitou algúns destes traballos xunto ao alcalde Luis Antonio Gómez Piña e a deputada provincial Olga García, subliñou que son obras que teñen en común “a dotación de prestacións de calidade para fixar poboación no rural”. Na visita participaron tamén, por invitación da Alcaldía, representantes de tódolos grupos da Corporación municipal.
Zona Franca realizará un plan estratéxico da Cañiza e a súa contorna con accións concretas para tomar decisións de futuro
O Consorcio da Zona Franca poñerá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico sobre A Cañiza e a súa contorna. O delegado do Estado, David Regades, asinou onte un acordo co alcalde da Cañiza, Luís Piña, para realizar este traballo de análise, que permitirá establecer os mecanismos necesarios para a toma de decisións.
O alcalde da Cañiza recibe a visita da delegada territorial da Xunta en Pontevedra na súa primeira visita ao consistorio
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu onte no seu despacho á nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, nunha xuntanza na que se trataron 12 puntos. Temas todos pendentes de resolver coa Comunidade Autónoma e que son de especial interese para mellorar os servizos municipais, como é o tema do abastecemento da traída de augas municipal.
A Xunta supervisa as melloras realizadas nos polígonos empresariais da Cañiza
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou no día de onte as obras de mellora executadas nos dous parques empresariais da Cañiza, Uceira e Ribadil, levadas a cabo grazas á orde de axudas a polígonos empresariais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Carlos Font visita as obras das estradas provinciais da Paradanta
O deputado provincial Carlos López Font, acompañado da deputada Olga García Ballesteros, e dos alcaldes de Arbo, A Cañiza e Crecente, visitou esta mañá a comarca da Paradanta para supervisar obras acometidas en estradas provinciais.
Zona Franca e A Cañiza colaborarán para aumentar a rendibilidade e competitividade do sector empresarial da zona
Co fin de ultimar o convenio de colaboración para a realización dun plan estratéxico empresarial para o desenvolvemento económico do Concello da Cañiza, o delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, mantiveron unha xuntanza de traballo na sede da Zona Franca de Bouzas.