Sábado, 25 Xaneiro de 2025

A Cañiza entrega os premios do «Proxecto Violeta» de debuxo e lemas

O certame, organizado polo Servizo de Igualdade do Concello, enmarcase nas actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero dirixidos á mocidade e poboación infantil

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, entregou no Salón de Plenos do Concello os premios  ás seis gañadoras do Concurso de lemas e carteis do Proxecto Violeta. Tres primeiros premios para cada categoría dotados cun vale de 100 €, 50 € e 30 € que as gañadoras poderán canxear por material didáctico e libros en calquera das librerías da Cañiza.

Gañadoras do concurso de debuxo «Debuxa para Violeta»

  • 1º Premio: Izar Ribeiro Rodríguez
  • 2º Premio: Candela Pazos Pérez
  • 3º Premio: Laura Crespo Vidal

Gañadoras do concurso de slogans «Cóntallo a Violeta»

  • 1º Premio: Fátima Rodríguez Alvarez. Slogan gañador «Se me da a gana de ir sachar patacas en minisaia vou e punto»
  • 2º Premio: Sheila Martínez Tato. Slogan gañador «O meu corpo non quere a túa opinión»
  • 3º Premio: Paula Pereira Loeda. Slogan gañador «Pódesme romper a man, pero non a voz»

No ámbito da prevención e da formación, o Concello está desenvolvendo  nos centros educativos da Cañiza diferentes obradoiros durante o curso académico centrados na abordaxe dos estereotipos de xénero, das relación baseadas no bo trato e na prevención da violencia de xénero a través das redes sociais.

Estas actividades están dirixidas principalmente á mocidade e aos máis pequenos. O proxecto acóllese ás subvencións que a Deputación de Pontevedra  convoca para as entidades locais de menos de 20 000 habitantes.