O alcalde da Cañiza, Luis Piña, e o doutor en musicoloxía David Ferreiro, presentaron na biblioteca municipal a Obra e Memoria de Luis R. Brage Villar, compositor santiagués, referente da música galega no primeiro terzo do século XX e creador da banda de música La Lira de Ribadavia.
Esta publicación do cañicense David Ferreiro, editada polo Consello da Cultura Galega en xuño de 2020, aborda un percorrido pola traxectoria vital e artística do compositor Brage Villar (1896-1959).
O libro, xunto cos títulos Bandas de música: contextos interpretativos y repertorios e Luis R. Brage Villar, Follas Novas, xa forman parte do Catálogo de Fondos da Biblioteca da Cañiza. Ademáis a Obra e Memorias de Luis Brage Villar está dispoñible para descarga na páxina do Consello da Cultura Galega ou nesta ligazón.
Luis Piña manifestou a súa satisfacción “pola visita e sobre todo pola labor deste mozo cañicense quen, a pesar da súa xuventude, conta xa cun brillante currículum, con varios premios e mencións extraordinarias sobre todo no eido da investigación e divulgación musical”. “Trátase dun profesional a quen seguro lle agardan grandes éxitos que esperamos poder compartir dende A Cañiza, a súa terra”, conclúe o rexedor local cañicense.