9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: juan carlos gonzález carrera

    O alcalde de Ponteareas lémbralle a ACiP que “só denega documentación cando así o indican os informes xurídicos”

    O alcalde Xosé Represas saíu ao paso das declaracións realizadas polo grupo municipal ACIP nas que informa sobre unha sentenza que recoñece ao voceiro do grupo, Juan Carlos González, o dereito a acceder a diferente documentación, principalmente os partes diarios da Policía Local de varios meses.

    ACiP urxe ao Goberno local a crear novos aparcadoiros públicos gratuítos

    Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, vén de demandar ao Goberno local que as instalacións do Colexio Virxe dos Remedios "sexan destinadas, de maneira provisional, a aparcamento gratuíto para vehículos" e lembra que, amais "de reunir condicións" xa foi utilizado en anos anteriores a este fin "en épocas puntuais".

    ACiP negocia do Goberno local o incremento das partidas económicas para a reactivación comercial de Ponteareas

    O portavoz do grupo municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, anunciou hoxe o acordo acadado co Goberno local de cara a incrementar as partidas económicas destinadas ás axudas a empresas e autónomos que están a pasar unha complicada situación.

    Ponteareas dará axudas directas a autónomos, comercios e empresas afectadas polo COVID-19

    O Concello de Ponteareas, a través da concellarías de Facenda, Emprego e Promoción Económica, ven de crear unha liña extraordinaria de axudas, que se concederán de forma directa a autónomos, comerciantes e empresas. Estas axudas promovidas polo goberno BNG-PSOE incorporan gran parte das propostas realizadas por ACiP, logo dunha reunión de portavoces da Corporación celebrada a pasada semana.

    ACiP asegura que o Goberno local “condea a Ponteareas a seguir sen Plan Xeral”

    Mañá día 13 de Febreiro termina o prazo para que a Xunta de Galicia aprobe ou rexeite a aprobación do Plan Xeral e a decisión do Concello de Ponteareas de solicitar a suspensión temporal do prazo de aprobación é cualificado polo portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, como unha "fuxida para adiante".

    ACiP pide a devolución da plusvalía cobrada “irregularmente” polo Concello de Ponteareas

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González Carrera vén de pedir que se lle devolva á veciñanza a plusvalía que, ao sen entender, o Goberno local cobrou "irregularmente". Para González Carrera, o "abandono" do executivo local por non publicar a correspondente ordenanza municipal no seu momento "non pode ter a consecuencia de que a veciñanza pague polo que non teñen que pagar".

    ACiP asegura que o PXOM “deberá ser sometido a unha nova aprobación plenaria”

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, asegurou hoxe que o PXOM deberá ir novamente a aprobación plenaria logo de que o Secretario Municipal "sinale no seu informe que o documento debe volver a aprobarse na súa totalidade e que non puido comprobar a documentación enviada".

    ACiP considera “inadmisible” a cesión de Pardellas a unha empresa privada para un torneo de fútbol

    Alternativa Ciudadana de Ponteareas cualificou de "inadmisible" que o Concello ponteareán ceda a unha empresa privada unhas instalacións municipais para a realización dun torneo de fútbol no que o Concello, afirma o seu portavoz Juan Carlos González Carrera, "pagou o trofeo, a electricidade, limpeza e reparación do campo".

    ACiP denuncia o corte dun vial en Guillade pola caída de dous postes de alumeado

    Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, denunciou hoxe a situación que se vive no barrio de Mourigade, na parroquia de Guillade "na que un vial está cortado, dende hai máis dunha semana, pola caída de dous postes de alumeado público co perigo de descarga eléctrica para as e os viandantes", asegura o seu portavoz Juan Carlos González Carrera.

    ACiP lamenta a imaxe dada na Procesión dos Remedios

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe a "falta de previsión por parte do gobierno Municipal" e a "mala imaxe" que se deu onte na Procesión dos Remedios, un acto que, asegura González Carrera "é un aliciente para visitantes que baixan da Franqueira, xa que coinciden no mesmo día".

    O Goberno de Ponteareas concreta cos portavoces da oposición o cumprimento da súa dedicación retribuída

    O concelleiro de Bo Goberno e Transparencia, Roberto Mera, mantivo unha reunión cos portavoces do PP, Belén Villar, e de ACIP, Juan Carlos González, para concretar a forma na que se articulará a súa dedicación retribuída.

    ACiP esixe o cumprimento do acordo plenario sobre a exención do imposto de Plusvalía

    O Grupo Municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, pedirá no pleno deste martes 30 de xullo, o cumprimento do acordo plenario aprobado en novembro de 2017 polo Pleno da Corporación, polo que se bonificaba nun 95% ás herdades recibidas...

    ACiP asegura que o gasto do Goberno sube máis dun 60 % respecto a 2015

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera mantivo hoxe que as subas de gasto nos salarios do goberno local "supoñen máis dun 60 % respecto ao ano 2015" e lamenta que o executivo local utilice as "descualificacións aos grupos da oposición para ocultar este...

    ACiP “lamenta” o estado da Estación de Autobuses

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe o estado no que se atopa a Estación de Autobuses de Ponteareas que evidencia, sinala, "falta de mantemento diario e asemella que o goberno local busca excusas para pechar definitivamente esta instalación". A situación desta instalación...

    ACiP presenta os primeiros once compoñentes da súa lista ás municipais

    Logo da presentación de Juan Carlos González Carrera como candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, a formación independente deu a coñecer hoxe o que, coloquialmente chámase 'a lista de maioría absoluta' é dicir, no caso de Ponteareas cunha corporación composta por 21 concelleiros e concelleiras, os once primeiros...

    ACiP demanda ao Concello que se informe sobre o calendario das ITV móbiles

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, demandou do Concello de Ponteareas que se dea información á veciñanza "do calendario do servizo itinerante da ITV". Segundo González Carrera, no que levamos de 2019, a ITV para motocicletas e ciclomotores o xa pasou en xaneiro e...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.