16.1 C
Pontevedra
Xoves, 24 de Setembro de 2020

Tag: aporm

AporM xustifica o seu voto en contra aos orzamentos de Mondariz “polos recortes en igualdade, asociacionismo, limpeza e saneamento”

Alternativa por Mondariz –forza máis votada nas últimas eleccións municipais con 1.037 votos– vén de votar en contra dos Orzamentos presentados ante o Pleno polo Goberno ao apreciar a formación que encabeza o exalcalde Xoán Carlos Montes Bugarín, "un incremento notable do gasto que vai en contra da austeridade que o goberno, encabezado polo BNG, tanto proclama". Pola contra constátase AporM asegura constatar unha diminución en partidas "que resulta alarmante".

AporM denuncia que o Concello de Mondariz exclúe do ‘Campaverán’ a familias que coidan a persoas dependentes

O goberno municipal de Mondariz vén de facer públicas as Bases que rexen a convocatoria para participar no Campaverán 2020 incluída no programa de conciliación persoal, familiar e laboral «Mondariz concilia»”. Alternativa por Mondariz denunciou que “quedaron fóra moitos nenos e nenas de Mondariz cuxos pais e nais coidan a persoas dependentes, que é un traballo en toda regra, aínda que non estea retribuído”

Alternativa por Mondariz denuncia o abandono do mantemento das praias fluviais

Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz de AporM vén de censurar o estado das praias fluviais do Val e de Cernadela por parte do goberno municipal. “A contorna de ambas praias fluviais atópase nun estado lamentable: vexetación sen rozar desde hai meses, fochancas de grande tamaño que impiden o desfrute das praias provocadas polas cheas invernais, etc.”, asegura.

Alternativa por Mondariz solicita ao Goberno local o incremento das axudas para material escolar “por un previsible incremento da demanda”

Alternativa por Mondariz vén de solicitar ao Goberno local o incremento da partida económica destinada a axudar a adquisición de material escolar ás familias con menos recursos económicos e que teñan nenos e nenas cursando primaria e ESO. Xoán Carlos Montes, portavoz de AporM, lembra que no pasado mandato e estando a súa formación no Goberno, “estas axudas xa foran incrementadas de xeito significativo”.

AporM solicita ao goberno local a “reactivación inmediata” da Feira dominical de Mondariz

Alternativa por Mondariz presentou, o pasado día 18 de maio, un escrito no rexistro xeral do Concello no que solicita ao Goberno local que “se reactive de maneira inmediata a Feira dominical sempre, sinala, “delimitando os espazos para respectar as distancias e garantir a vixilancia e seguridade de todas e todos os asistentes”.

AporM insta ao goberno local a que deixe de acumular biomasa no campo de fútbol da Lagoa

Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz do grupo municipal de Alternativa por Mondariz, vén de presentar un escrito no Rexistro do Concello de Mondariz solicitando a retirada da biomasa que "unha empresa contratada polo Concello" está a almacenar dentro do recinto do campo de fútbol da Lagoa.

AporM lamenta que o Goberno de Mondariz impoña unha nova taxa “co apoio da dereita”

“A situación económica global do Concello é netamente positiva e a imposición dunha nova taxa á veciñanza, coa aprobación de todas as forzas da dereita, é unha cortina de fume coa que se quere xustificar o novo imposto e o grao de ineficacia do goberno BNG-PSOE”, asegurou hoxe a concelleira de AporM, Mónica Peralba.

Alternativa por Mondariz declina asistir a unha reunión “individual” co Goberno local para os Orzamentos 2020

Alternativa por Mondariz anunciou hoxe a súa intención de non asistir a unha “reunión individual” convocada polo Goberno do BNG-PSOE de cara a tratar a elaboración dos Orzamentos 2020. A formación que encabeza Xoán Carlos Montes Bugarín pide ao Goberno que "aposte pola transparencia" en reunións abertas a todos os partidos da Corporación.

AporM acusa ao goberno de Mondariz de “falta de transparencia”

Alternativa por Mondariz, a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais e que quedou fóra do Goberno "por unha non explicada aínda manobra política pola que o PP lle deu á alcaldía ao BNG", considera que a cidadanía “ten dereito a coñecer o contido do pacto entre...

Colaboradores