Sábado, 15 Febreiro de 2025

AporM asegura que o Goberno de Mondariz deixa sen utilizar as axudas previstas para as traídas de augas veciñais

Alternativa por Mondariz lembra unha nota de prensa de maio do 2017, cando o BNG estaba na oposición, na que dicía que “non é admisíbel destinar recursos económicos a cuestións menos importantes mentres que servizos básicos como o subministro de auga doméstico soportado pola veciñanza careza de calquera tipo de axuda ou subvención por parte do concello”

Alternativa por Mondariz (AporM) denunciou onte que o Concello de Mondariz, a través dunha resolución da alcaldía, vén de baleirar a partida do Orzamento Municipal de 2021 destinada a Axudas para traídas veciñais, que estaba dotada de 5.000 €. O goberno municipal do BNG-PSOE decidiu destinar este importe a “levar a cabo a aprobación de facturas das áreas de gasto”,xa que a súa dotación “non vaiser usada”.

Lembra o portavoz de AporM, Xoán Carlos Montes Bugarín que cando el era alcalde e o actual rexedor nacionalista estaba na oposición criticou, de forma reiterada ao entón alcalde e ao seu equipo por non incluír nos orzamentos unha partida destinada ás traídas de auga veciñais. Naquela altura o BNG dicía que “hai que apoiar economicamente as traídas de augas veciñais, tanto polo aforro económico que o seu labor acarrexa aos usuarios e usuarias e ao propio concello, como tamén polo súa importante función na prestación de servizos dirixidos áfixación de poboación nas parroquias”.

Desenvolvemento rural

Outro tanto acontece cos 5.000 € que o goberno municipal destinou a desenvolvemento rural, que o goberno municipal deixou sen utilizar no ano 2021, un importe que agora tamén vai ser destinado a aboar facturas. “Asumo liderar un goberno que priorice as necesidades e promovao desenvolvemento económico e o emprego” dicía o que agora é alcalde de Mondariz en 2019 nun boletín do BNG. Nese mesmo boletín, o daquela candidato comprometíase a “axudar a desenvolver unha economía para xerar traballo e riqueza na localidade apoiando ao comercio, empresas e autónomos”.

AporM, por medio do seu portavoz Xoán C. Montes Bugarín ‘Calis’, quere manifestar a “contradición escandalosa” na que incorre o BNG, “que di unha cousa cando está na oposición e fai ocontrario cando está no goberno”. Cando o alcalde aprobou o orzamento de 2021 –afirma Calis– “dixo que era un día histórico para Mondariz porque, por vez primeira, se creaban partidas económicas para as traídas de auga veciñais e para desenvolvemento rural”.

“Un ano máis tarde sabemos que os nacionalistas de Mondariz, cando están no goberno, descartan facer aquilo que consideraban imprescindible e prioritario cando estaban na oposición”, remata o portavoz de AporM.