15.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre o prazo de ‘+Convivencia’, programa para que entidades sociais...

    A Deputación abre o prazo de ‘+Convivencia’, programa para que entidades sociais percorran a provincia e dinamicen o comercio local

    Cada entidade recibirá ata 1.000 € para que poidadesfrutar de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e etnográfico da provincia contratando empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local

    A Deputación de Pontevedra abre este luns o prazo para que entidades sociais da provincia poidan solicitar axudas no marco do programa ‘+Convivencia’, dotado con 220.000 €. Trátase dunha iniciativa dirixida a entidades sen fins de lucro para que percorran a provincia, compartan experiencias, creen espazos de participación e poñan en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de Pontevedra ao tempo que dinamizan o comercio local.

    No marco de ‘+Convivencia’, a Deputación ofertará un amplo catálogo de actividades e rutas que inclúe propostas de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Para organizalas, e como novidade, cada entidade recibirá ata 1.000 euros para que, con total autonomía, poidan contratar empresas do tecido máis próximo e estimular a economía local. Deste xeito rómpese co que acontecía ata o de agora, pois eran grandes grupos de viaxes, moi afastados das asociacións que organizaban as actividades, os que se facían coas ofertas.

    As actividades de ‘+Convivencia’ están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividadespermanecerá aberto entre este luns, 15 de abril, e o 1 de decembro. A data límite para realizalas será o 15 de decembro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.