10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: aparcadoiro

    A Xunta adxudica as obras do aparcadoiro disuasorio no enlace da PO-340 coa autoestrada en Nigrán

    A Xunta adxudicou por 584.705 euros a execución do aparcadoiro disuasorio asociado á implantación de zonas de baixas emisións no enlace da estrada PO-340 coa autoestrada do Val Miñor e adxacente á peaxe da saída A Ramallosa-Gondomar, no concello de Nigrán.

    Novo aparcamento no casco urbano do Porriño

    O Porriño suma preto dun cento de novas prazas de estacionamento gratuíto no casco urbano. No último ano e medio, dende o Concello estase a xestionar a consecución de diversas parcelas, mediante a sinatura de convenios cos seus propietarios, co fin de habilitalas como aparcamento público de vehículos.

    A Xunta publica as expropiacións necesarias para o aparcamento disuasorio en Nigrán

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou o venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para os vindeiros días 6 de xullo e 5 de outubro, dos actos expropiatorios para executar as obras do aparcadoiro disuasorio, asociado á implantación de zonas de baixas emisións, no enlace da estrada PO-340 coa autoestrada do Val Miñor (AG-57) e adxacente á peaxe da saída A Ramallosa-Gondomar, no concello de Nigrán.

    Aberto un novo aparcamento no Porriño

    Xa está aberta ao público a nova zona de aparcamento gratuíto habilitada polo Concello do Porriño no centro urbano. Este aparcamento disuasorio está localizado na rúa Progreso e dada a súa extensión e localización, no futuro acollerá tamén eventos e actividades lúdicas e festivas.

    O Porriño contará cun novo aparcadoiro gratuíto

    O Concello do Porriño habilitará unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano. A tal fin, o Concello formalizará o aluguer de varias parcelas que abarcan unha superficie total de 14.327 metros cadrados nun lugar estratéxico de acceso ao centro.

    A oposición bloquea no Pleno a iniciativa do Goberno para facer un aparcadoiro disuasorio na contorna da Praza de Ponteareas

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou hoxe “non dar crédito” á negativa do Pleno da Corporación para que o Concello redondelán solicitase unha subvención de carácter plurianual –de aí a necesidade da aprobación plenaria– para a demolición da nave situada nas inmediacións do convento de Vilavella para dotar á zona dun aparcadoiro disuasorio.

    O aparcadoiro municipal “O Aral” de Baiona dispón dun novo sistema eléctrico de control de entrada e saída electrónica

    O Concello de Baiona instalou un novo sistema de control de entrada e saída electrónica para as persoas usuarias do aparcamento municipal de “O Aral”.

    As Neves conta cun novo aparcadoiro no centro

    Dende este luns, As Neves conta cun novo aparcadoiro público no centro do casco urbano. A semana pasada remataron as obras do mesmo, que comezaran hai tres semanas nunha zona próxima ña rúa Cruceiro e que abrangueron, tamén, a mellora da sinalización vial.

    Nigrán abre o parking de A Ramallosa

    O Concello de Nigrán abrirá hoxe, véspera de Reis, o parking de A Ramallosa despois de 5 anos totalmente pechado. O consistorio asume a súa xestión directa.

    O PP esixe ao concello do Porriño que reclame as débedas do aparcadoiro da Avenida Galicia e das canteiras

    O PP do Porriño esixiu o venres, nun pleno extraordinario solicitado polos populares, que o Goberno local reclame á empresa concesionaria do aparcadoiro da Avenida de Galicia os 40 mil euros que debe do canon desde 2012, e o cobro dos alugueiros das canteiras do Porriño, nos que hai 1,2 millóns de euros pendentes de abonar.

    O PP do Porriño denuncia o abandono que sofre o parking da Avenida de Galicia

    Os populares do Porriño denuncian “o abandono e deficiencias” que sofre o aparcadoiro da Avenida de Galicia, “no que se están incumprindo de xeito grave” os pregos polos que se adxudicou a concesión en 2004, e durante 40 anos, á empresa Cota 7 servizos e inversións S.A.

    Baiona aumenta un 68% os abonados do aparcadoiro do Aral pola rebaixa das tarifas

    O aparcadoiro municipal do Aral aumentou nun 68% a cifra de abonados no primeiros seis meses do ano 2021 debido á ordenanza que rebaixou as tarifas, ao pasar de 221 a 372 abonos mensuais.

    Ponteareas abre o novo aparcadoiro público da rúa Alexandre Bóveda con 32 prazas de estacionamento

    O Concello de Ponteareas abríu ao público o novo aparcadoiro ubicado na rúa Alexandre Bóveda, facendo esquina coa rúa Redondela, e cunha superficie de case 1.000 m2 e 32 prazas de estacionamento.

    Concluída a ampliación do aparcadoiro de Granitos que oferta máis de 130 prazas de estacionamento

    O Concello de Ponteareas informa que concluíu os traballos de ampliación do aparcadoiro de Granitos de Galicia que agora oferta un total de 133 prazas de estacionamento. Durante esta semana procedeuse a instalar o peche perimetral metálico do aparcadoiro e ao pintado das prazas de aparcamento e zonas de circulación.

    Instalados na praza do Mercado Municipal e Auditorio os primeiros aparcabicicletas do centro urbano de Ponteareas

    Os primeiros aparcabicicletas do centro urbano de Ponteareas foron instalados o pasado venres na nova praza recentemente creada coas obras de humanización realizadas entre o Mercado Municipal e o Auditorio Reveriano Soutullo. Trátase de seis elementos para o estacionamento de bicicletas, tres situados no entronque coa rúa A Estrada e outros tres coa rúa Morales Hidalgo.

    O Concello de Ponteareas habilitará un grande aparcadoiro na rúa Sarmiento Rivera

    O alcalde de Ponteareas Xosé Represas anunciou o próximo acondicionamento dun grande aparcadoiro na rúa Samiento Rivera (fronte ao cuartel da Garda Civil) e outro na rúa Redondela. Represas sinalou que o aparcadoiro de Sarmiento Rivera terá unha superficie de 6.500 m2 que o converterán no aparcadoiro máis grande dos existentes na vila e que poderá acoller máis de douscentos vehículos. Esta nova zona de estacionamento superará en máis do dobre á máis grande existente na actualidade, a da Avenida Rosalía de Castro, de 3.000 m2 e con capacidade para 130 vehículos.

    Comezan as obras de acondicionamento do acceso ao aparcamento Xulio Sexto

    O Concello do Rosal comezou xa esta semana as obras de acondicionamento e urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano da vila. Trátanse de obras para a mellora da zona de entrada ao recinto, que permaneceu pechado nas últimas datas debido aos problemas técnicos derivados da formulación inicial do proxecto, creado no pasado mandato.

    O Concello do Rosal dá luz verde ao inicio das obras no aparcadoiro do núcleo urbano

    Esta semana foi adxudicado o contrato para a urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano do Rosal, estando previsto o inicio das mesmas para a próxima semana. Este aparcamento foi creado no pasado mandato para desconxestionar o volume de coches que habitualmente aparcan na Praza do Calvario. Debido a cuestión técnicas no acondicionamento inicial do aparcamento, pavimentado con saburra, este non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen que iso xerase un prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao mesmo.

    Nigrán regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia

    O Concello de Nigrán editou hoxe un bando de carácter extraordinario que regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia do municipio ata o 15 de outubro deste ano garantindo ao mesmo tempo os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais usuarios que acuden en turismos.

    O aparcadoiro do Aral rebaixará as taxas para os seus usuarios e usuarias nun 42 %

    O Goberno de Baiona que preside Carlos Gómez, leva ao Pleno deste vindeiro venres a aprobación definitiva da ordenanza reguladora do aparcadoiro do Aral, un documento que, entre outras novidades, inclúe unha rebaixa das taxas para os seus aboados e aboadas nun 40 %.

    Salceda crea 100 novas prazas de aparcamento gratuíto na contorna do novo centro de saúde

    O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar a adecuación de dúas novas zonas de aparcamento no entorno do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. Os novos espazos, que suman en torno a 2.200 metros cadrados e supoñen a creación de 100 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estarán dispoñibles para ser usados nas vindeiras semanas, unha vez se proceda ao pintado da zona.

    Nigrán contará cun novo aparcadoiro público e gratuíto de preto de 2.500 metros cadrados

    O Concello de Nigrán contará ao longo do mes de xuño cunha nova finca céntrica que servirá de aparcamento público e gratuíto, cumprindo así a mesma función que o situado anteriormente na rúa Vilameán (cedido gratuítamente desde 2013 a decembro de 2019, cando quedou inoperativo porque a promotora propietaria do mesmo emprendeu as obras para construír 40 chalés pareados).

    ACiP urxe ao Goberno local a crear novos aparcadoiros públicos gratuítos

    Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, vén de demandar ao Goberno local que as instalacións do Colexio Virxe dos Remedios "sexan destinadas, de maneira provisional, a aparcamento gratuíto para vehículos" e lembra que, amais "de reunir condicións" xa foi utilizado en anos anteriores a este fin "en épocas puntuais".

    Nigrán arrendará unha parcela para destinala a aparcadoiro público e gratuíto

    O alcalde de Nigrán aprobou esta mañá o prego do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela céntrica destinada ao estacionamento público e gratuíto de vehículos, cuestión considerada prioritaria para este goberno. O obxectivo do consistorio é alugar de xeito transparente unha nova finca que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán (este fora cedido de xeito gratuíto no 2013 e está inoperativo dende decembro por iniciar a propiedade obras de urbanización).

    ACiP denuncia a “falta de conservación” dos aparcadoiros públicos durante o Nadal

    A concelleira de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, cualificou de "lamentable" a situación na que se atopan os aparcadoiros públicos que ten o Concello, "con fochas que os fan intransitables e que son un perigo para vehículos e os propios peóns". Bautista chama a atención sobre o feito que no caso de producirse avarías por esta causa "pode derivar en reclamacións ecónomica contra o Concello e, en definitiva, para o peto dos veciños e veciñas".

    Nigrán busca alternativa ao aparcadoiro da rúa Vilameán

    O Concello de Nigrán tramita o expediente para poder alugar de xeito transparente unha nova finca céntrica que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán, onde a promotora propietaria da parcela iniciou hoxe as obras para construír 40 chalés pareados, polo que este espazo cedido de xeito gratuíto no 2013 está xa inoperativo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.