27.4 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO aparcadoiro do Aral rebaixará as taxas para os seus usuarios e...

    O aparcadoiro do Aral rebaixará as taxas para os seus usuarios e usuarias nun 42 %

    Esta rebaixa é unha das medidas que contempla a ordenanza reguladora do estacionamento que este venres o Goberno local leva a aprobación plenaria

    O Goberno de Baiona que preside Carlos Gómez, leva ao Pleno deste vindeiro venres a aprobación definitiva da ordenanza reguladora do aparcadoiro do Aral, un documento que, entre outras novidades, inclúe unha rebaixa das taxas para os seus aboados e aboadas nun 40 %.

    Con esta medida, sinala o alcalde de Baiona, búscase “favorecer a mobilidade dos veciños e veciñas que non dispoñan de garaxe nas súas vivendas e que poidan, desta forma, dispoñer dun estacionamento amplo e moderno a un prezo moi razoable”.

    Doutra banda, e dentro do proxecto de modernización do paking que desenvolverá o Concello de Baiona, unha vez que remate o período estival abrirase o proceso de licitación para a renovación da maquinaria, de cara a optimizar o seu funcionamento. Un proxecto que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

    Finalmente e de cara a facilitar a utilización deste aparcadoiro nestas datas de verán, dende o venres 18 de xullo, o parking do Aral abrirá as súas portas durante as 24 horas, o que engade maiores vantaxes para as e os usuarios á hora de usar este servizo.

    Tanto a ordenanza reguladora do aparcadoiro do Aral, como os diferentes traballos de mellora das instalacións, forman parte das medidas que o Concello de Baiona desenvolve “en todos aqueles eidos que afecten directamente ao día a día da veciñanza e que poidan contribuír a mellorar a súa calidade de vida”.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.