19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán arrendará unha parcela para destinala a aparcadoiro público e gratuíto

    Nigrán arrendará unha parcela para destinala a aparcadoiro público e gratuíto

    Os pregos inclúen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello, mida un mínimo de 2.000 metros cadrados, e o prezo máximo establecido é de 2,48 €/metro cadrado (sen IVE)

    O alcalde de Nigrán aprobou esta mañá o prego do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela céntrica destinada ao estacionamento público e gratuíto de vehículos, cuestión considerada prioritaria para este goberno. O obxectivo do consistorio é alugar de xeito transparente unha nova finca que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán (este fora cedido de xeito gratuíto no 2013 e está inoperativo dende decembro por iniciar a propiedade obras de urbanización). Os pregos e a convocatoria serán publicados este venres na sede electrónica do Concello (http://sede.nigran.org) e os interesados disporán desde ese momento de 20 días para presentar ofertas a través do Rexistro.

    “O prego elaborado polos técnicos contempla entre os seus criterios que sexa unha parcela igual de céntrica que a de Vilameán ou un prezo máximo tasado por metro cadrado. É fundamental contar con este espazo porque somos conscientes do beneficio que supón para os veciños que non viven no núcleo urbano e para o comercio e empresas da zona”, sinala o alcalde, Juan González, quen engade que o aluguer dunha finca por parte dun organismo público conleva unha tramitación transparente que dé igualdade de oportunidades a tódolos propietarios interesados en concorrer. “É un procedemento que conleva uns prazos e que outorga seguridade xurídica e transparencia”, sinala.

    As características mínimas desta parcela, segundo establece o prego, é situarse nun radio de 250 metros medidos dende o acceso ata a casa consistorial; acceso por vial público asfaltado e con iluminación pública e fronte mínima de 5 metros; topografía eminentemente chaira; solo rústico ou apto para desenvolver; superficie mínima de 2.000 m2 non sendo abonados nin empregados os metros cadrados que superen os 3.000; e, finalmente, establécese un prezo máximo de 2,58 €/metro cadrado ao ano cun máximo anual de 7.440 € (sen IVE) e cunha duración máxima de 4 anos.

    “Afortunadamente, hai varias parcelas que cumpren os requerimentos e os propietarios amosaron o seu interese por presentarse ao concurso”, indica González, quen subliña que os criterios de adxudicación ponderan especialmente a baixa respecto ao prezo base de licitación (55 puntos máximo), a ubicación céntrica (30 puntos máximo) e a entrada e saída independentes (15 puntos máximo).

    O prego inclúe que o Concello poderá levar a cabo as obras precisas para adaptar a configuración actual da parcela á finalidade prevista e ao remate o Concello a devolverá libre de calquera edificación ou instalación sobre ela.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS