Martes, 29 Abril de 2025

As Neves conta cun novo aparcadoiro no centro

Ten unha superficie de 1.400 metros cadrados e conta con saída á circunvalación a á rúa Cruceiro

Dende este luns, As Neves conta cun novo aparcadoiro público no centro do casco urbano. A semana pasada remataron as obras do mesmo, que comezaran hai tres semanas nunha zona próxima ña rúa Cruceiro e que abrangueron, tamén, a mellora da sinalización vial.

Con este novo aparcadoiro o Goberno local quere resolver a falta de estacionamentos  no propio centro e na contorna da rúa Entrecíns. As obras desenrólanse nunha parcela que é a porcentaxe da parte pública da unidade de execución nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) das Neves.

En total, terá unha capacidade para 40 vehículos nunha superficie de 1.400 m2, con saída a rúa Cruceiro, limitando, tamén, coa Circunvalación. No mesmo tamén plantáronse media ducia de arbores que darán sombra no verán.