21.2 C
Pontevedra
Venres, 9 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre o parking de A Ramallosa

    Nigrán abre o parking de A Ramallosa

    O Concello de Nigrán abrirá hoxe, véspera de Reis, o parking de A Ramallosa despois de 5 anos totalmente pechado. O consistorio asume a súa xestión directa tras conseguir o goberno local remunicipalizar unha infraestrutura que pertencía á concesionaria ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, empresa liquidada e disolta no 2019. O estado de deterioro desta instalación demorou máis de previsto a súa apertura ao ser preciso realizar investimentos por valor de máis de 120.000 € para cumprir con todas as normativas vixentes e para dotalo de dúas tomas para vehículos eléctricos.

    “Gustaríanos ter aberto antes pero, finalmente, tivemos que facer máis arranxos dos previstos para cumprir con todos os criterios de seguridade. O beneficio para o comercio local da Ramallosa e para os usuarios da piscina mancomunada situada ao seu carón é incalculable”, refire o alcalde, Juan González.

    Así, estas primeiras semanas, e de xeito experimental a modo de proba, será totalmente gratuíto, permanecendo aberto de 8:00 a 22:00 horas de luns a sábado. Posteriormente rexirase polos prezos públicos xa aprobados, que comprenden as 2 primeiras horas gratis (estes usuarios nin siquera terán que validar o tíquet) e a partir de ahí 0,02 €/minuto ata un máximo diario de 14,40 €. A maiores, o goberno local contempla liberar 90 prazas para os comerciantes deste núcleo urbano, xestión que se fará a través de a asociación de empresarios Ovalmi. Igualmente, co obxectivo do goberno local de fomentar a compra de vehículos eléctricos, a súa carga será gratuíta.

    A posta a punto do parking supuxo para o Concello un investimento de máis de 120.000 € nos traballos de certificación da instalación eléctrica e de seguridade, reposición da maquinaria, axuste da protección contra incendios, instalación de dúas bombas de achique para evitar inundacións na última planta, a propia limpeza de toda a superficie ou a posta dos dous cargadores. Igualmente, o Concello negociou coas distintas partes implicadas e non ten que asumir ningunha débeda ou indemnización á empresa concesionaria. 

    O goberno local non considerou en ningún momento outra opción que a xestión pública para que de verdade a súa apertura beneficie económica e socialmente a todo este núcleo. “Unha concesionaria lóxicamente busca facer negocio porque é unha empresa, en cambio, desde o Concello o que buscamos é un beneficio social, non o lucro: aparcamento gratuíto para toda aquela persoa que veña a Ramallosa”, engade o rexedor.

    O parking, aberto no 2007 coa concesión a 39 anos para ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, foi pechado pola empresa o 1 de xaneiro de 2017,  sendo liquidada a adxudicataria xudicialmente a mediados de 2019. A tramitación de cara a súa re-municipalización, moi complexa, foi asumida directamente polo edil de Mobilidade Diego García, quen estivo a fronte da actualización de todo o recinto para que cumpla con todos os requerimentos precisos de seguridade.

    Este aparcamento súmase ao leira-parking municipal do núcleo urbano de Nigrán, tamén 100% público e gratuíto e polo que o Concello paga un aluguer de 6.137 € ao ano, e a outra leira no Bulevar de Praia América de 4.000 metros cadrados cecida gratuítamente polos propietarios e con capacidade para máis de 200 coches.

    “Somos conscientes do importante que son para os núcleos urbanos as bolsas de aparcamento porque repercuten directamente no pequeno comercio e na propia calidade de vida das persoas, polo que consideramos a re-apertura deste parking da Ramallosa de xeito 100% público un dos grandes logros deste goberno”, resume González.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS