Sábado, 7 Xuño de 2025

Tomiño entra na directiva da Rede Cidades que Camiñan

0

O Concello de Tomiño amosa unha vez máis ser un exemplo de compromiso coa mobilidade peonil. O concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, Uxío Benítez, foi elixido en asemblea xeral para formar parte os vindeiros catro anos da Xunta Directiva da Rede Cidades que Camiñan, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo que as e os peóns sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público.

Formar parte da Xunta Directiva é un gran recoñecemento para Tomiño, “que dende hai anos asume un forte compromiso coa mellora do espazo público para camiñar, estar e socializar, abordando proxectos que fomentan esa mobilidade peonil”, explica Benítez. A directiva, presidida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, incorporou este ano tamén a Pamplona e Valladolid. A rede está conformada por 80 cidades asociadas e tres deputacións que suman case 10 millóns de habitantes.

Uxío Benítez participou ademais como conferenciante na décima edición do congreso da rede Cidades que Camiñan que se celebrou a pasada semana en Valladolid e que baixo o lema ‘A rúa é vida’ aglutinou 15 intervencións temáticas e dous talleres prácticos. Benítez falou da realidade da rede peonil tecida en Tomiño dentro dunha rolda de conferencias titulada ‘Máis alá dos centros urbanos’, na que compartiu espazo co alcalde de Estepona, José María García, ou co Catedrático do Departamento de Análise Económico da Universidade de Sevilla, José Ignacio Castillo.

Cidade premiada en 2022

O pasado ano, o Concello de Tomiño foi o gañador do Premio ‘Cidades que Camiñan’ 2022 pola transformación da Praza Antonio Fernández de Goián, un galardón que recoñece aos municipios que promoven accións destacadas en favor da mobilidade peonil. Este premio destacaba a recuperación do espazo público realizado a través do proxecto Máis Goián, unha iniciativa que permitiu transformar de xeito integral o corazón de Goián, recuperando o espazo público, agora colonizado pola veciñanza, que dispón dun espazo novo, libre de coches e totalmente renovado para atoparse, charlar, camiñar ou gozar de diferentes eventos. O proxecto xerou zonas de prioridade peonil, reconectando os accesos, eliminando a circulación, mellorando o mobiliario, xerando espazos de deporte e recuperando parques e arboredas.

Nigrán ofrece mañá un contacontos infantil

0

O Concello de Nigrán ofrece este martes, 24 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, o contacontos infantil pola igualdade ‘Na túa Man’, a cargo de Raquel Queizás. A actividade, para crianzas a partir de 3 anos e cunha duración de 45 minutos, encádrase no programa de animación á lectura ‘Ler Conta Moito’ e non require de inscrición previa.

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes. Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas. Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias. Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes. O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

O centro de saúde de Covelo ensina a pedir citas e realizar xestións co SERGAS coa aplicación É-Saúde

0

Ante o éxito de participación e a boa acollida que están tendo por parte da cidadanía os obradoiros e charlas impartidas polo equipo de profesionais do Centro de Saúde de Covelo. O vindeiro luns 30 de outubro, de 8:15 da mañá a 2:15 da tarde, persoal do SERGAS ofrecerá asesoramento para relacionarse co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da aplicación É-Saúde.

Pedir citas médicas, acceder á historia clínica, consultar tratamentos, obter certificados COVID, descargar e enviar partes de baixa, acceder ás follas do SINTROM ou ter no teléfono móbil a tarxeta sanitaria son algunhas das funcións que ofrece a plataforma É-Saúde.

Dun xeito cómodo e doado e dende calquera punto e hora do día podemos acceder aos nosos datos, historial e resolver dúbidas de pautas de tratamento.

Persoal do SERGAS estará ao longo da mañá no centro de saúde de Covelo atendendo a todas as persoas que desexen beneficiarse das vantaxes do uso desta plataforma na rede que permitie unha comunicación fluída e accesible dende o ordenador, tablet, teléfono móbil ou calquera outro dispositivo con acceso a internet.

A aula UNED do Porriño comeza o curso 2023-24

A aula UNED do Porriño iniciou a pasada semana o curso académico 23-24 cun acto no que se presentaron os dous primeiros graos universitarios que se impartirán no municipio: Socioloxía e Traballo Social.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o director do Centro asociado da UNED en Pontevedra, Victor M. González, acompañados polo subdirector económico da UNED Pontevedra, Alfonso Vázquez, e a concelleira Rosa Isabel Alonso, participaron do acto de apertura deste curso universitario que supón a inclusión do Porriño no maior campus de Europa.

Tal e como reivindicou González matricularse na UNED supón “estudar na universidade pública máis grande de España”, tanto en número de estudantes como en oferta académica, e formar parte “como xa o fai o Porriño, da Rede Europea de Ensinanza Superior”.  

O director da UNED Pontevedra destacou que contar un centro no concello “é un feito diferencial”, e que os novos grados reforzan tamén a “aposta social que foi a base da implantación desta aula no Porriño”.

No mesmo sentido se manifestou o alcalde, poñendo en valor o orgullo que supón para a implantación de estudos superiores regrados. “Podemos orgullecernos de contar con todas as modalidades educativas no Porriño. Sempre defendín que unha educación de calidade é un dos pilares básicos sobre os que construír o progreso social e económico dun pobo. A nosa veciñanza conta xa con oferta de Formación Profesional, tamén na súa modalidade Dual, que se teñen posicionado como estudos de primeiro nivel, pero non hai que esquecer que a universidade é un dos puntais do noso sistema. Con estes primeiros graos, porque estou seguro que serán moitos máis, completamos a oferta educativa”.

Por iso, o rexedor reafirmou o compromiso do Concello do Porriño “co mantemento e financiamento deste centro na nosa vila, xa que desenvolve un importante labor no eido cultural, social e empresarial” e puxo de novo en valor a oportunidade que supón para “as máis de 2.000 empresas porriñesas xa que, creando unha simbiose entre ambas entidades permitirase cualificar aos profesionais nas áreas que se demanden”. 

O curso “Conectadas” da Deputación comeza esta semana en Redondela

0

A Deputación de Pontevedra ten programada para esta semana o arranque de dúas novas accións formativas de “Conectadas” en Redondela e Lalín. En total participarán preto de 30 mulleres neste programa provincial que ten como principal obxectivo potenciar a promoción e saúde das mulleres a través da formación.

Este luns, 23 de outubro, doce usuarias da Fundación FORMAVIGO participarán no taller “Actívate na procura de emprego” que se impartirá os luns e martes cun horario de 9:30 a 12:00 horas no edificio Multiusos da Xunqueira en Redondela. O segundo curso comezará este martes, 24 de outubro, e vai dirixido a quince mulleres da Asociación de Veciños de Moneixas (Lalín) que practicarán pilates  no Centro Social todos os martes de 16:00 a 17:30 e os sábados de 10:00 a 11:30 horas.

Este ano participan en “Conectadas” 4.000 usuarias de 219 entidades de 53 concellos da provincia. Os colectivos puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre homes e mulleres e teñen unha duración de 35 horas.

O programa “Vacacións en familia” da Xunta foi un éxito de pernoitas nas residencias de Panxón

0

A última edición do programa ‘Vacacións en Familia’ da Xunta, que se celebra no verán nas Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e do Carballiño (Ourense) rexistrou 2.151 persoas beneficiarias. Esta cifra supón un incremento do 33,2 % respecto á de 2022 e, ademais, superáronse as 12.000 pernoctacións nas dúas residencias durante a pasada tempada estival.

Estas cifras supoñen os mellores datos de ocupación da última década rexistrados neste programa, a través do cal ofrécese ás familias galegas e doutras comunidades autónomas a posibilidade de ter unha estadía de verán de seis días nalgún destes dous centros públicos, a prezos moi económicos e en réxime de pensión completa.

Nos últimos anos a Xunta foi introducindo melloras en ‘Vacacións en Familia’. Así, na última convocatoria volveuse incrementar o número de prazas ofertadas un 44 % ata acadar as 2.760, o máximo histórico neste programa. Isto foi posible porque se ampliaron as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queren desfrutar destas residencias.

Melloras

Ademais, este verán mantivéronse as quendas de menor duración —seis días en lugar de dez—, máis adaptadas á realidade do que solicitan as familias. As familias numerosas, monoparentais e acolledoras tiveron prioridade en todas as quendas, e estableceuse unha reserva mínima do 50% para solicitudes de fóra de Galicia para potenciar que veñan familias doutros puntos de España. Así mesmo, en canto aos prezos, conxeláronse as tarifas, sendo máis accesibles para as familias.

De cara á edición de 2024, o obxectivo da Xunta é adiantar aínda máis a data de publicación da orde de solicitude de prazas, que este ano foi o día 15 de maio, coa finalidade de facilitar máis a planificación das familias.

Arbo convoca o concurso de carteis da Festa da Lamprea 2024

0

Un ano máis, o Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “LXIV Festa da Lamprea” que se atopa prevista para os días 26, 27 e 28 de abril de 2024.

O Concurso axustarase a temas relacionados coa Festa da Lamprea, podendo tomar parte todas aquelas persoas que o desexen, e podendo achegarse dúas obras por autor, baixo a condición que sexan traballos orixinais.

Segundo manifesta o Alcalde de Arbo, Horacio Gil, con este concurso preténdese “promocionar e promover a nosa Festa dá Lamprea, por algo se nos coñece como a Capital da Lamprea, e por que, desde hai 64 anos, celebramos esta festa culinaria, a máis antiga de Galicia”- a evidencia é que no ano 2021 o cartel anunciador foi dun artista navarro que se impuxo #ante máis de trinta propostas de provenientes de toda España. O segundo premio foise para Sevilla. No 2022 e 2023 o premio foise para León e o Segundo para Murcia.

Nos carteis deberá incluírse de maneira correcta o nome da Festa, as datas da Festa, o nome de Arbo e a edición da festa correspondente ao ano 2024: “LXIV Festa da Lamprea (26, 27 e 28 de abril de 2024.)”.

Establécense interesantes premios para os gañadores: un primeiro premio de 800 euros para o vencedor, 400 euros para o segundo e 200 euros para os terceiros premios. Continuando coa tradición, os premios serán entregados na Gala da Lamprea, que terá lugar durante a celebración da festa do próximo ano. É condición indispensable que os gañadores estean presentes no acto para recoller o premio.

O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 10 de xaneiro de 2024.

Para consultar as bases poderán dirixirse á www.festadalamprea.gal ou no teléfono 986665000.

Mos presenta un “orzamento responsable” que ascende a 13 millóns de euros

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de pechar o orzamento municipal para o vindeiro ano 2024. Fíxoo nunha reunión co departamento de Intervención e coa concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e o segundo tenente de alcaldesa e edil de Coordinación Xeral e Bo Goberno, e Contratación, Leo Costas.

Unha vez rematado o documento, foilles remitido aos grupos da oposición para que poidan consultalo previamente á súa aprobación en Pleno neste presente mes de outubro.

Unha vez máis Arévalo aproba o orzamento municipal en tempo en forma, antes do remate do exercizo económico en vigor. Faino por décimo quinta vez consecutiva e cun orzamento, o de 2024, que marcará o inicio desta nova lexislatura.

Nesta ocasión Mos adiántase máis que outros anos na aprobación do orzamento municipal, rematando o documento en outubro. A propia Xunta de Galicia aínda aprobou os seus orzamentos o pasado día 18 e hai varios concellos galegos traballando neles pero previsiblemente ningún o aprobará antes do mes de novembro.

Trátase dun orzamento, que se mantén no capítulo de gastos respecto do de 2023 (13 millóns de euros), e crece no capítulo de ingresos hasta os 14 millóns pola actualización do IBI, o IAE, a previsión de recadación de 100.000 euros máis no ICIO, a revisión do Padrón das empresas que non estaban dadas de alta, para pasar a cobrarlles a taxa por recollida de lixo, (o que implica tamén unha suba dos ingresos) e actualízase tamén a taxa de cobro por uso da Piscina Municipal que non se actualizaba desde o ano 2014. Tamén se aproba unha taxa municipal polo uso de instalacións municipais, que antes viñan sendo utilizadas de balde por calquera que as solicitase co conseguinte gasto para a administración local; e recupérase o Imposto da Plusvalía.

No caso da actualización do IBI vóltase ao tipo do ano 2020, anterior ao “catastrazo”: 0,54. Baixárase para paliar a afección do “catastrazo” aos contribuíntes mosenses en plena crise da COVID-19. E actualízase agora para evitar ir a unha Ponencia de Valores. O mínimo e o máximo legal do IBI son: mínimo 0,4 e máximo 1,20. Mos co 0,54 atópase na metade.

A actualización do coeficiente do IAE pasando do 2,3 ao 3,3 débese aos maiores gastos que supoñen para o Concello o mantemento destas zonas debido ao maior deterioro que sofren as vías polas actividades económicas que nelas se desenvolven, polas actividades de control de tráfico ou vixianza policial que conlevan e pola maior dotación de servizos que se requiren nalgúns casos, como por exemplo alumeado ou limpeza viaria. Tratábase dunha actualización necesaria porque a actual clasificación está vixente desde 1992. (Desde entón creáronse novas zonas industriais e comerciais que merecen polas súas dotacións ou actividade unha categoría superior ás agora incluídas na primeira categoría). O IAE (Imposto de Actividades Económicas) só o pagan as grandes empresas (as que facturan como mínimo 1 millón de euros), non afecta aos empresarios máis pequenos.

Respecto do capítulo de gastos a alcaldesa destaca como todos os anos o gasto social, que continúa a ser o maior gasto orzamentario. Ademais nesta ocasión creando unha partida específica para Igualdade e ascendendo ata os 2.418.000 euros resultantes da suma das partidas de Política Social e Igualdade.

Coa apertura do novo Centro de Día de Torroso xestionado por a ASODIFISI, créase un convenio polo que se dota á Asociación dunha axuda anual de 10.000 euros, e tamén se crea unha nova axuda para as Escravas da Virxe Dolorosa; o Servizo de Atención Temperá sube de 95.000 a 140.000 euros pola incorporación dunha 4ª traballadora ao servizo, mantense a partida para o SAF (1.130.000 euros) e créase un novo Programa de Saúde Mental. Tamén crece a partida do Servizo Xantar na Casa de 4.000 euros a 10.000 euros por experimentar un incremento de 15 usuarios/as máis. E ademáis o Concello contratará unha 4ª traballadora social para os Servizos Sociais Comunitarios.

Tamén crecen as partidas de Fomento do Emprego, Cultura e Educación. Nesta última a dotación económica de actividades extraescolares increméntase en 10.000 euros pasando de 10.000 euros en 2023 a 20.000 euros en 2024.

Sube tamén a partida para o Conservatorio de Torroso de 50.000 a 55.000 euros.

Na partida de Deportes contémplanse subvencións aos clubes de fútbol Alerta, UD Mos, UD Mos Feminino, CD Louro, Club Xadrez Mos, Club Natación Mos, Escolas de Patinaxe Mos, Rosaleira, Xiramos, Juan Ferrón, Patricia Martínez, Susana Alonso, Club Tenis de Mesa Mos, Escudería Maki-Sport e Escudería Sur do Condado.

E, por outra banda, baixa a dotación para pavillóns polos importantes investimentos en mellora destas instalacións deportivas durante este ano.

A rexedora local mosense destacou así mesmo que coa nova Deputación o Concello de Mos conseguiu un GES de 12 traballadores en lugar de 6 como tiña antes, polo que a partida duplícase.

Arévalo informa de que aumenta o importe da partida destinada ao Punto Limpo e entre Sogama e o Servizo de Recollida de Lixo acádase o 1,5 millóns de euros de gasto.

Créase unha aportación municipal para a adquisición de composteiros e xestión de biorresiduos.

A alcaldesa tamén explicou que o Servizo de Limpeza Viaria delegarase noutra administración supramunicipal. E a área de gasto en subministro eléctrico aumenta notablemente pola suba do prezo da luz, e na partida de Parques e Xardíns baixa a dotación económica pola gran inversión en renovación de elementos de todos os parques infantís municipais durante este ano e a dedicación agora dun traballador municipal dedicado á conservación dos mesmos.

Destaca a alcaldesa a baixada do endebedamento das arcas municipais, que se atopa xa en tan só o 20%, moi próxima á débeda cero, téndose reducido a débeda neste último ano en 613.000 euros. Así mesmo califica o orzamento para 2024 como responsable, “pois minimizamos o Plan de Inversións porque somos responsables e precisamos equilibrio nas contas e continuar coa reducción de gasto. Pero como cada ano buscarei o apoio económico doutras administracións supramunicipais como a Deputación e a Xunta a través de subvencións”.

Por último Nidia Arévalo salientou que “este novo presuposto marcará o comezo da lexislatura dándolle maior importancia nas negociacións con outras administracións ás obras prioritarias. Así será como marcaremos a folla de ruta da lexislatura, baseándonos no noso programa electoral, aínda que o plan local de inversión sexa moi reducido. O que non impedirá manter impecable o noso patrimonio: prevemos mellorar o sistema de climatización do Pavillón Óscar Pereiro e do Multiusos das Pozas, facer unha remodelación integral da base do Servizo Municipal de Emerxencias e mellorar o parque de maquinaria do departamento de Obras e as instalacións da piscina ao aire libre de San Eleuterio”.

“Respecto do investimento en novas obras, iniciarase con apoio doutras administracións a nova fase de Vivenda Protexida VPO en San Eleuterio, a senda de Dornelas, Porselo-Brea, (para a que xa está contemplada unha partida para expropiacións de 40.000 euros), a ampliación do Parque da Pesqueira, a nova estrada de San Cosme, saneamentos diversos e mantemento dos novos asfaltados realizados durante a pasada lexislatura e nos que se investiron máis de 2 millóns de euros e nos que faremos un esforzo para manter o asfalto e incluso incluír a construción de novas cunetas.

Tamén se levará a cabo a 3ª Fase do Paseo do Louro. A mellora de Pereiras que inclúe a 2ª Fase da Estrada Pereiras-Tameiga e a humanización da contorna da Igrexa de San Miguel. A humanización da contorna da Igrexa de Sanguiñeda para cuxo proxecto contamos con subvención a través do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra. O remate da humanización do Alto de Puxeiros para a que estamos pendentes do peche e traslado do aserradeiro alí existente. E a nova Escola Infantil do Rebullón na que a Xunta investirá case 1 millón de euros e cuxa obra será sacada a licitación neste ano. Por último destinaremos unha partida do Plan Concellos á elaboración dun Inventario Municipal de Bens”, concluiu Nidia Arévalo.

Tui celebrará a próxima fin de semana a III Feira da Cabaza

0

A próxima fin de semana Tui volverá pór en valor os produtos da terra e as tradicións vinculadas ao outono coa celebración da terceira edición da Feira da Cabaza.  O programa de actividades desenvolverase o sábado 28 e o domingo 29, así coma o martes 31.

Obradoiros de decoración de cabazas, demostración culinarias que terán neste produto a súa base, e mesmo un roteiro nocturno do Samaín forman parte do programa organizado polo Concello de Tui. E non faltará a exposición e venda de cabazas producidas en Tui.  O edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada, acollerá as actividades previstas.

O programa comezará o sábado ás 17 h cun obradoiro familiar de preparación da cabaza de Samaín a cargo de Corazón de Carballo. Para participar deberase levar unha cabaza, ou mercar unha na feira, para logo decorala de forma terrorífica. Ao longo de dúas horas pequenos e maiores poderán derrocharán imaxinación nas súas creacións. Ao remate as persoas participantes, que poderán ir disfrazadas, farán un percorrido polo comercio local facendo “truco ou trato”. A entrada ao obradoiro é libre até completar o aforo.

Ás 20 h a cociñeira Gloria Domecq, xerente de Gloria Domecq Catering realizará unha demostración culinaria con receitas que terán na cabaza o seu ingrediente principal, que estará maridada con viños da zona e música.

O primeiro día pecharase cun espectáculo de Samaín, ás 23 h, con conxuro, queimada e música.

O domingo 29 a actividade comezará ás 11 h cun obradoiro de marmeladas artesanais a cargo de Amparo Grandío de Conservas Petiscos. Unha hora despois, ás 12 h haberá unha nova demostración culinaria na que o cociñeiro Judicael Romero de Vioncas Bakes, elaborará unha empanadilla con cabaza, e dende Calabizo prepararán distintas receitas con este produto realizado con cabaza.  E coma sobremesa poderase degustar o xeado de cabaza por cortesía de Gu Gu Gelato Originale.

O público infantil terá unha nova cita o domingo ás 17 h cun obradoiro a cargo de Águeda Ubeira de Chupipostres no que elaborarán unha Mugcake de cabaza con chocolate, e trufas e bombóns variados tamén con cabaza. Está recomendado a partir dos 6 anos.

Pechando a xornada dominical, ás 19 h, as cociñeiras Inma López e Paola Giraldo do restaurante Beldade realizarán unha nova demostración culinaria maridada con viños da zona e música.

Para participar nos obradoiros de marmeladas e  de Chupipostres e nas demostracións culinarias as prazas son limitadas e é preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira, no teléfono 677 41 84 05, ou no correo [email protected] indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto.

Por último, o martes 31, ás 21 h realizarase un roteiro nocturno de Samaín polo conxunto histórico con Barafunda Animación. Esta actividade realizarase en grupos de 14 persoas, que poderá ir disfrazadas, que sairán cada cinco minutos, sendo o último horario á 1 h.  Consistirá nunha  andaina nocturna na que coñeceremos o Conxunto Histórico de Tui, e nos sorprenderemos cos misterios que nel se agochan… No percorrido atoparemos personaxes que nos contarán a historia e a vida deste lugar, pero tamén nos poderemos levar un bo susto. Non é recomendable para menores de 6 anos. Os menores deben ir acompañados por un adulto. Ao remate haberá unha chocolatada. A inscrición, de forma gratuíta, pode realizarse en https://www.barafundaanimacion.com/Roteiros/Tui/ seleccionado o horario elixido.

Tamén o martes 31, ás 17 h, en colaboración con ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui “Vive o Samaín co comercio local” nun percorrido polo centro urbano con “truco ou trato”.  

Esta III Feira da Cabaza agarda repetir o éxito de público acadado nas dúas primeiras edicións, coa posta en valor das nosas tradicións, produtos e gastronomía. A feira realízase  coa colaboración da veciñanza de Tui que produce cabazas, entre a que   destaca Carlos “Picho” de Randufe, que protagoniza unha das campañas aceites Abril coas súas cabazas, precisamente promocionando esta feira.

Dende o Concello amósase tamén o agradecemento ao comercio e a hostalería local tamén se suman a esta III Feira da Cabaza decorando os seus escaparates durante a fin de semana, e ofrecendo pratos especiais confeccionados con cabazas nos seus menús.

A Xunta elimina un punto de verquido de augas residuais ao rego de Piquetes, en Gondomar

0

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais cara ao rego de Piquetes, no concello de Gondomar.

Esta achega irregular foi identificada no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Os técnicos da Xunta desprazados á zona localizaron a orixe da afección cara ao leito do rego nas filtracións da infraestrutura de saneamento municipal que discorría polo camiño de Goldra, no lugar da Texosa, na parroquia de Mañufe.

Augas de Galicia comunicoulle esta situación ao Concello de Gondomar para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.

Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos da Xunta corroboraron a reparación da infraestrutura de saneamento municipal, emendando así o vertido en condicións inadecuadas cara ao dominio público hidráulico.

Tres novas formacións impartiranse esta semana a cargo de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e autónomos, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. As actividades centraranse en ciberseguridade, motores de reserva para empresas turísticas e en intelixencia artificial.

A primeira das xornadas comeza o luns 23 de 10:30 a 11:30 horas co taller telemático “Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro” no que se afondará na importancia de ter un contrasinal adecuado para protexer a información. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D dirixirá este curso.

O mércores 25 dará comezo ás 10:30 horas o taller online “Motores de reservas para empresas turísticas”. No marco desta acción formativa ensinarase a instalar un sistema de reservas para que os clientes poidan consultar a dispoñibilidade da oferta existente e os establecementos poidan aumentar a súa visibilidade. Sonia Torres é a técnica de empresas e actividades turísticas que se encargará de impartir este obradoiro.

Finalmente, o xoves 26 terá lugar a partir das 12:00 horas unha acción formativa sobre “ChatGPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento V”, impartido polo polo experto en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

O contacontos “Miña Terra Meu Lar” aterriza o martes en Baiona

0

O vindeiro martes 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e para celebralo a Biblioteca Pública de Baiona acollerá o contacontos “ Miña Terra Meu Lar” (contos ambientais). A partir das 18:00 h un experto en xestión de residuos;  un barrendeiro municipal moi especial explicará o seu traballo. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas a aventuras. A través das súas experiencias aprenderemos as claves para protexer o noso medio ambiente mentres nos botamos unhas boas risas da man de Caxoto. Organizado para público a partir de 4 anos, acompañados dunha persoa adulta. Duración: 40 min.

Para participar é imprescindible a inscrición previa para cada un deles no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.

A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, está a ofrecer contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” con motivo da celebración ao longo do mes de outubro do mes da Biblioteca Pública que se celebra o vindeiro martes.

O CAAN da Deputación supera as 500 adopcións no que va de ano

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de superar as 500 adopcións no que vai deste ano. Esa cifra acadouse coa marcha de “Grubi”, unha cadela que fora recollida en Pontecesures hai un mes e que atopou un novo fogar fóra de Galicia, concretamente en Ávila. Pero son xa 504 os cans e cadelas que saíron das instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, cunha media de 1,7 adopcións diarias, o que supón un incremento de preto do 5% con respecto ao mesmo período do 2022, en que se sumaban 481.

Todas as 504 adopcións formalizáronse en territorio nacional, a maioría en Galicia (432), aínda que hai que subliñar as 50 acadadas en Castela e León, ademais das 13 en Asturias, 4 en Cataluña, 3 en Madrid, 1 en Castela A Mancha e 1 en Estremadura. No que se refire á comunidade galega, a meirande parte das saídas producíronse na mesma provincia de Pontevedra (338), seguidas das 39 en Ourense, 35 en Lugo e 20 na Coruña. O concello con máis adopcións está a ser Vigo (57), seguido de Pontevedra (45). Na provincia tamén hai que destacar os rexistros de Meis (17), Vilagarcía (16), Sanxenxo (15), Ribadumia (14), Redondela (13) ou Cambados (12).

Na actualidade, hai 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora as persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar as adopcións preferentemente se pide cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou  886 217 391.

A Xunta destinará 100 millóns de euros cada ano para o programa de Servizo de Axuda no Fogar

0

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou que a Xunta de Galicia destinará 100 millóns de euros ao ano para axudar a todas as persoas dependentes que son coidadas nos seus fogares. Así o sinalou nunha visita á vivenda dunha persoa con dependencia en Mos que é atendida pola súa filla, e na que estivo acompañada da alcaldesa Nidia Arévalo.

Fabiola García apuntou que 20.000 familias galegas beneficiaranse do Bono coidado universal, unha axuda de 5.000 euros ao ano para todas as persoas con dependencia que reciben atención nos seus domicilios, xa sexa por un familiar, un veciño ou calquera outra persoa. Ao respecto, apuntou que con este bono Galicia é a primeira comunidade en emprender o camiño cara a universalización dos coidados, posto que se trata dunha axuda que chegará a todos os dependentes, con independencia do seu grao ou situación económica.

Así mesmo, a conselleira destacou que os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2024 avanzan na dirección de situar a Galicia no liderado da atención á dependencia e das políticas sociais. Neste sentido, destacou que, un ano máis, o Executivo autonómico reforza o gasto social, que superará os 9.700 millóns de euros e que será o máis alto da historia.

Programas de proximidade

Fabiola García referiuse a outros programas que ten en marcha a Xunta para atender á preferencia maioritaria que teñen as persoas maiores de poder vivir esta etapa das súas vidas na súa contorna familiar. Con este obxectivo, o Executivo autonómico incrementa cada ano o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que atende a 26.000 galegos nas súas casas e ao que se destinan 112 millóns de euros; e puxo en marcha o programa Xantar na casa, que leva 14.000 menús semanais ás vivendas de 2.000 galegos que viven sos.

Nesta mesma liña, reforzouse e mellorouse o servizo de Teleasistencia, que permite poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas maiores e que beneficia na actualidade a máis de 9.000 persoas; e fomentáronse os coidados na contorna familiar, para axudar ao coidador habitual nas súas tarefas.

O Trail de Montaña “Trans Serra da Groba-Vila de Baiona” cumpre o seu décimo aniversario

0

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona atópase inmensar nos últimos preparativos de organización do X Trail Trans Serra da Groba, que se celebra o vindeiro sábado 28 de outubro de 2023. Este ano a proba chega a súa X edición. As inscricións para a proba estarán abertas ata o vindeiro martes 24 de outubro.

Existirán dous tipos de proba: o Trail, de 31 km, e o Trailiño, de 15 km, cun itinerario que percorre os monte da “Serra da Groba”, utilizando pistas forestais, carreiros tradiconais e tramos de asfalto á saída e á chegada a meta.

A proba de Trail está aberta a todas as persoas deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). No caso da proba Trailiño poderán participar as persoas deportistas que teñan cumpridos 16 anos o día da proba, a condición de que conten coa autorización dos seus pais ou titores.

Desde o Concello de Baiona queren dar as grazas ao Club Atletismo de Baiona e a todas as persoas voluntarias que colaboran realizando diferentes labores de limpeza naquelas zonas do noso monte polas que pasan as dúas probas . Grazas a todos polo voso compromiso con esta singular proba que este ano cumpre o seu ´décimo aniversario, sen o traballo de todos non sería posible chegar ata aquí”.

As inscricións poderanse formalizar a través da páxina www.championchipnorte.com e na páxina web www.baionacodeporte.gal.

Entrega de dorsais

A entrega de dorsais realizarase no Pavillón Municipal de Deportes situado na rúa Dores Agrelo, s/n, onde estará situada a saída e a meta das probas, desde as 17:00 ata as 21:00 horas do venres o 27 de outubro, sábado día 28 de outubro (día da carreira) desde as 7:00 ata as 10:00 horas.

Saídas

O Trail arrincará ás 08:30 da mañá, mentres que o Trailiño farao ás 10:00 horas, ambas as probas con saída desde o Pavillón de Deportes de Baiona.

A Xunta musealizará a Catedral de Tui

0

A Xunta de Galicia vai destinar 1,4 M€ para mellorar a visita cultural á Catedral de Tui. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita xunto ao bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, na que avanzou que xa están en marcha os primeiros traballos, centrados na restauración de diferentes elementos escultóricos.

Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, estas actuacións están incluídas no Plan Catedrais, que prevé unha achega global de 9,4M€ neste ben co horizonte de 2027, e dan continuidade ás obras rematadas no Pazo Episcopal esta mesma semana. “Trátase dunha folla de ruta estratéxica que temos en marcha con máis de 60 actuacións nos grandes templos catedralicios para que afronten a década xacobea nas mellores condicións”, explicou Román Rodríguez.

Neste senso, o conselleiro engadiu que as intervencións van permitir “revalorizar a impulsar de xeito patrimonial o papel dun dos principais templos do Camiño Portugués e da provincia de Pontevedra que ten no seu pórtico unha das primeiras manifestacións do gótico da historia de Galicia” de cara o seu 800 aniversario, que se celebrará no ano 2025. “O noso obxectivo agora é mellorar a visita cultural ao incorporar un museo renovado e adaptado aos novos tempos tanto no seu discurso como nas súas condicións”, precisou.

Así, tras completar as obras no Pazo Episcopal cun investimento de 675.460 euros asociados á iniciativa do 1,5% cultural para mellorar a accesibilidade e rehabilitar as cubertas e a edificación co fin de adaptalo a usos museísticos, a Xunta de Galicia pon agora en marcha un novo proxecto destinado a desenvolver actuacións de restauración, adecuación e acondicionamento para mellorar a visita catedral do conxunto catedralicio.

Actuación previstas

Actualmente está en marcha a restauración dos conxuntos escultóricos pétreos e das esculturas de madeira policromada do antigo retablo e do coro da Catedral de Tui. Esta previsto que estas primeiras tarefas conclúan antes de que remate o ano e que tamén nas vindeiras semanas se inicie a recolocación de diferentes pezas singulares que están dispersas polo conxunto catedralicio. A continuación, a comezos do ano 2024, tras a supervisión dos proxectos que están actualmente en redacción, iniciaranse os trámites para licitar tanto as obras de conservación e restauración do Paseo de Ronda como a museografía, definindo de maneira detallada os percorridos da visita ao templo, o claustro e a espazos adxacentes como o antigo Pazo Episcopal, os xardíns ou o Paseo de Ronda.

O Porriño tramitou preto de 200 axudas do bono social enerxético

Preto de 200 familias do Porriño recibirán nos próximos días as axudas enmarcadas no Bono Enerxético, o programa de axudas de directas para paliar as situacións de pobreza enerxética no municipio. Cando aínda non finalizou o prazo de solicitude, os Servizos Sociais do Concello do Porriño resolveron xa 171 solicitudes o outras 26 se atopan en tramitación.

O concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, lembro que as persoas beneficiarias do programa recibirán unha axuda directa de 300 euros, que no caso das familias numerosas ascenderá a 450 euros, e tamén que o prazo para solicitar as mesmas continúa aberto.

As axudas poden solicitarse aínda ata o 15 de novembro de 2023 presentando unha solicitude no Rexistro Municipal do Concello do Porriño. Os impresos para facelo están a disposición da veciñanza nas oficinas do departamento de servizos sociais municipais (3º andar do edificio consistorial).

Poderán solicitala as persoas titulares dun contrato de subministro eléctrico ou enerxético, con vivenda habitual no Porriño, que figuren clasificadas nalgunha das modalidades de bono social eléctrico na data de solicitude.

Tamén outras persoas en situación de pobreza enerxética, como aquelas que non atopándose nalgún dos colectivos anteriores reúnan os requisitos de nivel de renda familiar de bono social eléctrico, pero non o teñan acadado por cuestións non imputables á propia persoa solicitante. Poderán tamén acceder ás axudas persoas que precisen do mantemento do subministro eléctrico para garantir a correcta cobertura de tratamentos médicos.

“Somos conscientes dos efectos que o contexto económico actual está a ter na veciñanza e que está a agravar a situación de vulnerabilidade de moitas familias do Porriño”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “É importante priorizar a atención que se lles presta con recursos e medidas que lles axuden a continuar”.

Maiores de Tomiño cultivan corpo e mente nunha nova edición do programa Reactívate

0

As persoas maiores de Tomiño cultivan corpo e mente nunha nova edición do programa Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que busca mellorar a calidade de vida, promover as relacións sociais e a autonomía persoal a través dun enfoque multidisciplinar entre as tomiñesas e tomiñeses maiores de 55 anos.

En colaboración coa asociación Afaga Alzheimer, o Concello pon en marcha un ano máis este programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade. “Queremos ofrecer a todas as persoas interesadas un plan de actividades que lles resulte interesante, atractivo e útil para a súa vida cotiá, favorecendo que saian da casa, estean en contacto con outras persoas e se manteñan activos e activas”, explica o concelleiro de Benestar Social, Rubén García.

As clases comezarán o vindeiro 2 de novembro e nelas as persoas participantes poderán gozar de diferentes actividades que favorezan a memoria, a actividade física moderada ou o lecer, sempre en compañía de máis xente da mesma idade ou incluso máis nova.

O programa de actividades desenvolverase ata o vindeiro mes de xuño con clases dous días á semana, luns e xoves, de 10.00 a 12.30 horas, e terá un custe de 20 euros ao mes. As sesións levaranse a cabo nas instalacións da Asociación Vontade, no Lugar A Rocha, 19B. En total serán 5 horas de actividades semanais nas que se abordarán da man de persoal profesional as áreas cognitiva, socioeducativa e física para mellorar a súa saúde e calidade de vida de todas e todos os participantes e manter as súas habilidades cognitivas o maior tempo posible.

Dende o Concello anímase a todas as persoas maiores do municipio a participar neste programa para manter un envellecemento activo. As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa poden xa inscribirse de forma presencial, a través da páxina web do Concello ou chamando ao teléfono 986 622 001.

Máis de 200 persoas desfrutarán o domingo do programa Depotermal

Un total de 235 persoas maiores de 50 anos gozarán entre este domingo día 22 e o 27 de outubro do programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, con estadías en cinco complexos hoteleiros  termais da provincia. Durante a súa estancia poderán facer uso das instalacións de termalismo dos establecementos, así como participar noutras actividades artísticas, deportivas, formativas, sociais ou turísticas.

Deste xeito, o domingo comezan as estadías con pernoita  tres grupos. Por unha banda, 47 veciños dos concellos de Pontevedra, Redondela, Tomiño, Tui e Vigo desfrutarán dunha estancia de seis días e cinco noites no Hotel Carlos I de Silgar, en Sanxenxo. Por outra, 71 persoas da Estrada, Arbo, Baiona, Bueu, Cangas, Marín, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Redondela e Vigo dirixiranse ao mesmo municipio, neste caso ao Hotel SPA Galatea. E, por último, este domingo tamén iniciará a súa estancia, neste caso no Gran Talaso Hotel Sanxenxo, 33 veciños de Baiona, Marín, Mos, As Neves, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Vigo, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

No relativo ás saídas diúrnas haberá 40 persoas dos concellos da Estrada e Lalín que se despracen ao Hotel Termas de Cuntis todos os días desde o luns 23 de outubro ata o venres 27, mentres que 44 persoas de Covelo, Mondariz, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui farán o propio no Balneario de Mondariz.

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlles aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

“Depotermal” conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, son 2.447 as persoas beneficiarias, das que 664 aproveitarán a asistencia diúrna e 1.783 persoas a asistencia con aloxamento.

A Guarda presenta unha programación de teatro para outono

0

Como cada ano, o outono na Guarda é sinónimo de teatro, xa que é neste último trimestre do ano cando se concentra a programación cultural adicada as artes escénicas. Cinco serán as representacións que acollerá o Centro Cultural entre os meses de outubro a decembro con tres títulos adicados ao público infantil e familiar e dúas pensadas para público adulto e xuvenil. As propostas foron escollidas dentre as principais compañías teatrais galegas na procura de amosar as últimas novidades e velando sempre por atraer a máxima calidade.

O ciclo comeza o vindeiro sábado 28 de outubro en horario de tarde (18 h) coa representación “O Secuestro da Bibliotecaria” pensada para público familiar con motivo da celebración do Día das Bibliotecas. Esta representación corre a cargo da compañía Sarabela Teatro, que con mais de corenta anos de traballo ás súas costas, forman parte indisoluble da historia do teatro galego. O Secuestro da Bibliotecaria nos conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, cando é secuestrada por uns bandidos xerando un caos cultural na vila.

O ciclo continuará o 4 de novembro ás 20:30 h coa representación da obra teatral “As Alumnas”, que ven de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática. As Alumnas, trata a historia de dúas alumnas da pedagoga María Barbeito, que se volven a atopar en 1970 trala morte da súa mestra, lembran a infancia e o  mundo que lles abriu  antes de que o Comité de Depuración afastase a María do seu traballo na escola. Elvira e Rosa son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía. Ademáis deste percorrido íntimo os temas centrais da obra, son a memoria histórica, a educación e o retroceso que esta sufriu nos anos posteriores á Guerra Civil.

Para público adulto e xuvenil lle seguirá a función “Iphixenia na porta do súper” (sábado 25 de novembro), un monólogo actual que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista, unha moza de barrio que pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Interpretada maxistralmente por Alba Caneda, a súa personalidade magnética e directa amosa sen filtros e con humor os dilemas da protagonista na súa particular historia de amor-desamor, nas decisións que lle seguen e as consecuencias finais as que se ve abocada polos recortes sociais.

Para o público infantil e familiar as representacións continuarán o sábado 11 de novembro e 16 de decembro coas funcións “Hugo”- que nos relata unha bonita historia de amizada dende a optica dun neno con síndrome do aspecto autista- e “Abracadáver”, un espectáculo de circo terroríficamente divertido, pensado para  desfacerse dos medos a través do clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho… todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver…

Toda esta programación conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2023 e do programa Tornar ás Táboas.

O Concello de Baiona inicia a elaboración do V Plan de Igualdade

0

O Concello de Baiona está a iniciar a través da Área de Igualdade, coa colaboración e asesoría técnica de SENES Desenvolvemento Comunitario, o proceso de avaliación do V Plan de Igualdade e a elaboración do V Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello (PIOM).

A avaliación e a elaboración dun Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal é un proceso participativo que necesita de achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realiazar tanto un diagnóstico, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade de Baiona e contribúa de maneira efectiva tanto á mellora da calidade de vida das mulleres e homes do municipio, como a optimizar os recursos existentes para a consecución da igualdade.

Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Baiona son de gran importancia, por este motivo, desde a Concellería de Igualdade, dirixida por Sheila González Martíns, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña  e a concelleira, solicitan a colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida.

Dita enquisa deberase enviar antes do día 31 de outubro de 2023. 

Ligazón da enquisa:
http://senescit.es/estudios/index.phplang=gl&sid=51521&token=hiudu7ywgh36pwp

O ciclo de teatro da Deputación chega a Gondomar, Mondariz e Tomiño

O ciclo de teatro “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra chega este sábado a Tomiño, Gondomar e Mondariz con tres funcións con entrada libre ata completar aforo. Ibuprofeno Teatro porá en escena “Smoke on the water” no Auditorio de Goián (Tomiño) ás 18:30 horas, Ártika Cía fará o mesmo con “A Illa da deslembranza” no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 19:00 horas e A Panadería con “As que limpan” no Auditorio Municipal de Mondariz ás 21:30 horas.

“Smoke on the water”, a peza que interpretará Ibuprofeno Teatro no Auditorio Municipal de Goián, en Tomiño, ás 18:30 horas, conta a historia de Ritchie (Blackmore), un home que vive ancorado a música dos anos 70 e en unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa fai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de case 25 anos de crise permanente nunha relación de dependencia que se ve ameazada pola aparición de Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora. É un enredo amoroso-financeiro co rock como telón de fondo entre un grupo de seres humanos maltratados pola vida que está pensado para un público mozo e adulto.

Pola súa banda “A Illa da deslembranza”, que se poderá ver no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 19:00 horas, trátase dun espectáculo dirixido ao público infantil e familiar. Conta a historia de Uxía, que quere axudar á súa avoa a recuperar os recordos perdidos e todas as historias vividas, e aborda a enfermidade de Alzheimer co obxectivo de axudar a comprender situacións que poden darse nun ambiente familiar.

E “As que limpan”, que representará A Panadería o sábado ás 21:30 horas no Auditorio Municipal de Mondariz, trátase dun espectáculo dirixido a un público mozo e adulto. Está inspirado na loita organizada polas camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. A obra, estreada por vez primeira en febreiro de 2022, recibiu numerosos galardóns como os María Casares ao mellor espectáculo, ao mellor texto orixinal, á mellor actriz protagonista (Noelia Castro) e á mellorar dirección, ou o Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, entre outros.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

O Mercado de Nadal volta a Tui

0

O Paseo da Corredoira inundarase do espírito do Nadal do 1 de decembro ao 5 de xaneiro coa celebración do Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Doce casetas de madeira, coidadosamente decoradas, albergarán os distintos postos de artesanía, gastronomía, decoración, agasallos, plantas… que abrirán diariamente achegando unha ampla variedade de produtos vinculados a esta época festiva.

O Mercado de Nadal, organizado pola concellería de Emprego e Comercio, vén de publicar as bases que rexerán a celebración deste evento, e de abrir o prazo de solicitude para as persoas interesadas en contar cun posto no mesmo.

Haberá tres quendas de participación, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro, e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

Poderán participar no Mercado persoas artesás e comerciantes que deberán presentar as súas solicitudes até ás 23 h do 5 de novembro no formulario en liña. Amais deberán enviar entre tres e cinco fotografías representativas do seus  produtos ao correo [email protected]. A participación é gratuíta aínda que se establece unha fianza de 150 €.

Unha vez pechado o prazo de inscrición a organización procederá á selección dos expositores nos que se dará prioridade aos que presenten produtos de carácter artesán e producidos a pequena escala, valorarán contar con razón social en Tui ou na comarca, a calidade, singularidade e carácter diferencial dos produtos, a variedade de sectores que estean representados no mercado para facelo máis atractivo, que sexan produtos fabricados en Galicia, contar con carta de artesán, e a realización de talleres creativos. As bases completas poden consultarse en tui.gal.

O Mercado de Nadal 2023/24 abrirá de luns a xoves de 17 a 21 h, os venres de 17 a 23 h, os sábados, festivos e vésperas de festivos, de 12 a 14 h e de 17 a 23 h, e os domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21 h. Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, convida a participar neste Mercado de Nadal que tanto éxito ten rexistrado en edicións anteriores. Salienta coma ao longo de toda a época de Nadal este evento converte a Corredoira no epicentro das celebracións desta datas, e tamén sinala coma o mesmo repercute tamén positivamente no comercio e na hostalería local.

As bases completas poden consultarse en tui.gal.

Volta o ‘Outono cultural’ á vila de Arbo

0

Como cada ano, Arbo prepárase para recibir o outono con actividades culturais. Durante os meses de outubro e novembro de 2023 realizaranse os seguintes talleres para ou alumnado do C.E.I.P ANTONIO CARPINNTERO sobre a “Educación en emocións”.

Nas actividades participarán os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e consistirá en 3 sesións de 60 minutos para cada curso e un obradoiro sobre educación Afectivo-Sexual, para os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria consistente en dúas sesións de 50 minutos, cada unha por curso.

Outubro

  • 20 de outubro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar, no Salón de Conferencias do Museo Arabo
  • 27 de outubro: Infoconsumoás 12:00 horas: Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas… no Salón de Conferencias do Museo Arabo
  • 28 de outubro: Galicia sabe aMar  de 12:00 h a 15:00 h e de 18:00 h a 21:00 horas na Praza do Concello
  • 31 de outubro: 17:00 horas a 20:00 horas Festa de Samaín no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo

Novembro

  • 3 de novembro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Servizos no fogar: luz e gas, no Salón de Conferencias do Museo Arabo
  • 5 de novembro: Ás 17:00 horas VII magosto popular na Praza do Concello. Castañas, chourizos e música.
  • 10 de novembro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado…. no Salón de Conferencias do Museo Arabo
  • 25 de novembro: “Concerto de Santa Cecilia”,  no auditorio do Centro Múltiusos de Arbo.  Organizado pola Banda de Música de Arbo coa colaboración do Concello.
  • 26 de novembro: Ás 10:00 horas “II carreira contra a violencia de xénero”, saída dende a Praza do Consistorio

Baiona reparara numerosas incidencias ocasionadas polo mal tempo

0

Desde primeira hora da mañá efectivos municipais traballan para reparar os danos causados polo mal tempo. O temporal ha provocando numerosas incidencias no Concello de Baiona. 

Os operarios continúan traballando para que a localidade volva á normalidade. O punto máis conflitivo estivo a en o Campo do Aral- Fontiñas, onde o temporal fixo ceder parte a vaia metálica que rodea ao campo de fútbol municipal. Tras cercar a beirarrúa da zona, os traballadores atópanse desmontando a infraestrutura para evitar futuros desprendementos e para que a zona quede libre de perigo pois se atopa a escasos metros do CPI de Cova Terreña, do Pavillón Municipal e do Cemiterio Municipal de Baiona.

Ademais, na xornada deste mañá de venres toca seguir limpando e reparando os elementos afectados polo temporal e pola ondada, que danou mobiliario urbano e desprazou escuma  area traída polo mar desde a praia da Concheira ata o parque infantil da Palma.

O Museo Flotante da Carabela Pinta permanecerá pechado ao público na xornada de hoxe debido a que as malas condicións meteorolóxicas provocaron danos na cabuyería un perigo para a estabilidade da embarcación. Os operarios municipais encargados do mantemento da nave atópanse inmersos nos traballos de reparación para que o museo volva estar operativo canto antes.

Así mesmo,  efectivos da Policía Local han intervido en varias incidencias, a maioría por contedores movidos ou tirados en distintas rúas da localidade e por ramas e árbores caídos sobre vías e camiños, algúns dos cales dificultaron a circulación de vehículos. O temporal tamén fixo ceder o asfalto, xerando algún que outra focha ou caída de pedra de muro en varias das parroquias do municipio.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, “solicita a todos os baioneses máxima precaución nas zonas costeiras urbanas, especialmente no tramo do paseo marítimo comprendido entre o Paseo Pinzón e o parque da Palma. Tamén precaución no acceso ás praias e coa ondada nas zonas do paseo marítimo. Así mesmo, pedimos precaución á hora de circular co vehículo polas vías e camiños da localidade. O vento e as choivas irán perdendo intensidade, pero as precipitacións non desaparecen”.

Nigrán felicita no seu aniversario a unha orfa da ‘Volta dos 9’

0

O alcalde de Nigrán asistíu a tarde de onte á celebración familiar polo 100 aniversario de Enriqueta Fernández Rodríguez, veciña de San Pedro marcada directamente pola traxedia da ‘Volta dos nove’. Ela é unha das 3 supervivintes que quedan entre os 31 orfos que deixou a matanza falanxista de nove homes na curva da Bombardeira (Baiona) a madrugada do 16 de Outubro de 1936. Faltaban daquela 3 días para que Enriqueta cumprira os 13 anos e o seu pai, Modesto Fernández Rodríguez, mariñeiro de Panxón máis coñecido como ‘Rei Chiquito’, contaba con 46 anos. Tras o asasinato, a súa nai, Rosalía Rodríguez Iglesias, tivo que tirar adiante soa con 7 fillos dos que, precisamente, só vive Enriqueta (a cuarta deles).

“Tivo que ir a miña nai a identificalo, mirade como estaba que o recoñeceu pola boca, ¡Polos dentes! Nós eramos pequenos e logo houbo que seguir adiante”, declarou para o libro ‘Nigrán. Memoria dunha guerra 1936-1939’, escrito precisamente polo alcalde de Nigrán, Juan González, historiador especialista na Guerra Civil. “Recórdoo moi ben (…) Nunca fixera nada, era mariñeiro e gustáballe defender os dereitos dos obreiros, non permitía que se cometeran inxustizas que ás veces querían facer os patróns”, contou para o libro.

Enriqueta, orixinaria do barrio do Quinteiro (Panxón) vivíu con ese pesar en silencio durante toda a ditadura e fixo a súa vida en San Pedro (barrio da Cabreira) ao carón do seu home, Olimpio, co que tivo un fillo bautizado co mesmo nome. Durante toda a vida adicouse ao traballo na casa. Supervivente a dúas enfermidades graves e a dúas roturas de cadeira pasados os 90 anos, o segredo da súa lonxevidade cren na familia que pode residir nas súas longas camiñatas que facía a diario e ata hai ben pouco entre A Cabreira e Mallón (onde vive agora coa familia do seu fillo).

Volta dos 9

O suceso tivo lugar o a noite do 15 ao 16 de outubro de 1936, cando se executaron a nove veciños do Val Miñor (cinco deles de Panxón) como vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns republicanos “Os Ineses” morreron estes, a súa asistenta Dolores Samuelle e tamén un dos falanxistas. Horas despois os partidarios do golpe de estado colleron a nove veciños do Val Miñor detidos na prisión do Frontón, en Vigo, e como vinganza, os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baiona. Durante máis de 40 anos nove cruces apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, aínda que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre volveron a ser debuxadas. Hoxe o lugar é un espazo para a memoria e as cruces se manteñen, agora impresas, como recordo de todo aquelo que sucedeu.

Aberto o prazo de matrícula da escola de música do Porriño

A Escola Municipal de Música do Porriño comezará este curso o día 26 de outubro nas súas instalación do Centro Cívico e abre o prazo de matriculación.

Desde o luns 23 ao mércores 25 de outubro poderán formalizarse as matrículas e reservas dos horarios nas instalacións da Escola no Centro Cívico, a partir das 16 h. Os días 23 e 24 están destinados ao antigo alumnado con preinscrición e o día 25 para o novo alumnado con preinscrición.

As listaxes co nome, día e hora dos alumnos e alumnas preinscritos expoñerase na porta do Centro Cultural Municipal e da Escola Municipal de Música dende o venres día 20.

O alumnado sen preinscrición poderá matricularse a partir das 19 h do mércores 25, sempre e cando queden prazas disponibles.

A Escola Municipal de Música do Porriño oferta: música e movemento para nenos dende os 4 anos, linguaxe musical para todas as idades e especialidades instrumentais de violín, viola, violoncello, óboe, frauta traveseira, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, gaita, canto, piano, guitarra, percusión e percusión tradicional. Así tamén, conta con diversas agrupacións como a coral infantil, coral polifónica, grupo de música tradicional, orquestra de corda, banda; e, desde este ano, tamén se impartirá banda infantil.

Entrega de diplomas do curso de carretillas elevadores do VII Plan de Formación do Concello de Covelo

0

A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, e a concelleira de Igualdade, María José Valiñas, entregaron os diplomas do curso de carretilleiro, impartido dentro de programación do VII Plan de Formación do Concello de Covelo, un documento deseñado de xeito transversal entre as dúas concellerías para a promoción da inserción laboral con especial atención á formación das mulleres.

Do 16 ao 18 de outubro e cunha duración de quince horas desenvolveuse este curso de operador de carretillas elevadoras cun horario de tarde de 15:30 a 20:30 e con clases teóricas no auditorio municipal e clases prácticas con exercizos e cun circuíto dentro do punto limpo do Concello.

No marco deste sétimo plan desenvolvéronse no mes de outubro tres novos cursos íntegramente no concello de Covelo para evitar os desprazamentos e facilitar a participación e un nas instalacións de APETAMCOR no Porriño para obter o permiso de condución ADR básico e cisternas para o que peche o prazo de inscrición mañá día 20.

Por outro lado no marco do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Covelo ofertouse para as mulleres maiores de 29 empadroadas no concello seis prazas para obter os carnés de conducir B, C e CAP.

Preto de 50 xubilados comezan os últimos cursos do ano de “Depo en marcha”

Un total de 45 xubilados iniciarán entre o sábado e o vindeiro martes os últimos talleres e accións formativas programadas nesta edición da iniciativa provincial “Depo en marcha”. A través deste programa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores.

O sábado 21 comezará o taller de restauración de mobles no que participarán integrantes da Asociación de Veciños de Moneixas de Lalín durante os sábados, entre as 16:00 e as 20:00 horas. Tamén o sábado, membros do Círculo Cultural Recreativo de Cesantes de Redondela iniciarán un obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá todos os sábados entre as 17:40 e 20:10 horas.

O último arranque de cursos do programa “Depo en marcha” está planificado para a próxima semana. Deste xeito, o Club de Pensionistas de Sanxenxo comezará o martes 24 de outubro o curso de habilidades dixitais para o uso cotiá que se desenvolverá os martes e venres de 18:00 a 20:00  horas.

Con estas tres accións teñen comezado xa os 130 obradoiros e iniciativas formativas que se ofertaron na actual edición de “Depo en Marcha”, que está a beneficiar a arredor de 3.000 persoas da provincia. A Deputación destina preto de 146.000 euros ao programa e os obradoiros enmárcanse nos seguintes apartados temáticos: ‘Aprendendo da natureza’, ‘Móvete, activando corpo e mente’, ‘Enredando’, ‘Dálle marcha’ e ‘En rede’.

O Doutor Gonzalo de Castro falou sobre cancro de mama en Mos con motivo do Día Internacional

0

O Concello de Mos e AECC Mos organizaron a conferencia titulada ‘FaleMOS sobre cancro de mama’ a cargo do Doutor Gonzalo de Castro, ciruxano de mama e membro da Unidade de Mama da Área Sanitaria de Vigo que se celebrou esta tarde con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama e na que expuxo as claves para a prevención e sensibilización.

O encontro deu comezo ás 20:30 horas e contou coa participación de Francisco Javier Puente Prieto, Xerente da Área Sanitaria de Vigo, que estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro. O evento tivo entrada libre e celebrouse no auditorio do Pazo de Mos con gran éxito de afluencia.

Sobre a conferencia e o seu ponente a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou que “é unha honra contar cunha eminencia no cancro de mama como é o doutor de Castro, xa que na loita contra o cancro de mama aínda queda moito por conseguir, e a prevención é fundamental. É un verdadeiro luxo poder escoitar ao Doutor Gonzalo de Castro e, con iniciativas coma esta, desde o Concello de Mos e AECC Mos apostamos pola sensibilización sobre esta enfermidade, de gran importancia na loita contra unha doenza que supón unha verdadeira lacra social e sanitaria”.

Gonzalo de Castro é un ciruxán cunha ampla traxectoria de dedicación exclusiva á cirurxía da mama, con formación altamente cualificada, gran actividade científica e docente, e recoñecido coa certificación europea da UEMS (European Board of Surgery Qualification in Breast Surgery).

En 2012 converteuse no segundo español en conseguir a acreditación europea desta especialidade.

Gonzalo de Castro considera que as revisións son fundamentais para detectar a tempo o cancro de mama. É cirurxián do CHUVI e deu esta conferencia en Mos para resaltar a importancia da prevención contra este tumor. Salientou a importancia de previr e detectar a tempo o tumor que máis afecta ás mulleres.

O doutor Gonzalo de Castro Parga, forma parte da Unidade de Patoloxía Mamaria do CHUVI e na súa charla falou sobre a importancia da detección precoz, que segue sendo o método máis eficaz para loitar contra esta enfermidade. Por iso é moi importante someterse a probas de diagnóstico precoz, xa que se o tumor é detectado na súa etapa inicial, as posibilidades de curación son máis altas.

O obradoiro de emprego recuperou máis de 4.600 metros da senda do río Furnia en Tui

0

Onte tivo  lugar a clausura do obradoiro dual de emprego “Senda Peonil do río Furnia” tras un ano de formación e traballo que permitiu culminar unha senda de 4.650 metros á beira do río Furnia nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Era un proxecto complexo, tal e coma se destacou no acto de clausura, no que grazas ao esforzo e implicación de todo o equipo do obradoiro, persoal técnico, docentes e alumnado, foi posible rematar, rehabilitando unha senda que parte da Devesa en Malvas e conclúe no Souto en Pexegueiro.  Cómpre salientar tamén coma as vinte persoas que participaron coma alumnado adquiriron ao longo dos últimos doce meses unha formación en dúas áreas que contan con gran demanda laboral nestes momentos e das que obtiveron os correspondentes certificados de profesionalidade.

O acto de clausura contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, do xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualade, José Antonio Rodríguez, membros da corporación municipal, a directora do obradoiro, Mª Dolores Pérez, persoal técnico e docentes e o alumnado.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na súa intervención, destacou coma o proxecto executado foi complexo dende a súa redacción a súa execución, resaltando o traballo realizado. Salientou a aposta pola formación e pola recuperación de elementos patrimoniais e naturais que se ten feito nos últimos anos con estas accións formativas.   Amosou o seu agradecemento aos grupos políticos da corporación que no seu día aprobaron habilitar o crédito preciso para facer fronte á aportación municipal con cargo ao remanente de tesourería.

Tamén agradeceu á Xunta de Galicia ter financiado con preto de 2 millóns de euros tres obradoiros de emprego e tres Programas Integrados de Emprego, así coma polo seu compromiso con políticas activas de emprego e con Tui. Ao que se suma un cuarto obradoiro que vén de ser concedido, dicía.

No mesmo senso pronunciouse a  concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, salientando que estas acción contribuíron a mellorar o índice de cualificación e tamén os datos de desemprego. Afirmaba que “as políticas activas de emprego dan resultado”.

A concelleira felicitou ao alumnado e ao persoal do obradoiro pola súa implicación, esforzo, dedicación e traballo en equipo. E tivo tamén palabras de gratitude para a veciñanza que coa cesión dos terreos precisos posibilitou a execución da senda.

Pola súa parte o xefe territorial da Consellería de Emprego, José Antonio Rodríguez agradeceu tamén ao alumnado o compromiso, esforzo e traballo feito que redunda no propio municipio coa senda que realizaron.  Explicou que para a Xunta o emprego e formación son prioritarios e coma os obradoiro duais, coma o clausurado onte, son os buques insignia.

A directora do obradoiro, Mª Dolores Pérez , referiuse tamén ao ambicioso do proxecto executado e a implicación amosada polos alumnos e alumnas que hoxe recibiron os seus diplomas nas especialidades de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Montaxe e instalación de construcións de madeira. 

Nestes doce meses o alumnado da especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes levou a cabo a limpeza e roza da zona, melloras no camiños e senda, eliminación de especies invasoras e lixo do cauce fluvial, e elaboración de escadas con troncos de madeira entre outras actuacións. Mentres os alumnos e as alumnas de Montaxe e instalación de construcións de madeira construíron varandas, pasarelas, escadas, pontes biapoiadas, ramplas, e toda a sinalización da senda.

Este obradoiro supuxo un investimento cercano aos 700 mil euros dos que 503 mil euros foron aportados pola Xunta e 160 mil polo Concello.

A biblioteca de Covelo coordínase co IES Val do Tea para dispor dos libros en galego e castelán

0

O Concello de Covelo amosa o seu apoio á mocidade que cursa os seus estudos no IES Val do Tea, centro de referencia do concello, adquirindo os libros de lectura das materias de Lingua Castelá e Lingua Galega. En coordinación co centro, a Biblioteca Pública Municipal contemplou nas súas adquisicións os libros de lectura obrigatoria para facilitar o acceso aos mesmos.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia de optimizar os recursos e traballar de xeito colaborativo e coordinado con outras institucións como o instituto Val do Tea de Ponteareas. Agradece tamén, tanto a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Covelo como a boa disposición e axilidade do centro na procura de melloras para a comunidade educativa.

Voltan a Mondariz as xornadas do baile comunal

0

Logo de tres anos de parón despois da pandemia, neste outono do 2023 regresan á vila de Mondariz as xornadas adicadas ao baile comunal, o que nas terras do Condado se coñece como serán. O domingo 29 e martes 31 de outubro decorrerá a terceira edición de O SERÁN DESTA ALDEA, xornadas do baile comunal, organizadas pola Asociación de Gaiteiras Galegas coa colaboración do Concello de Mondariz, a Xunta de Galicia e o Cear Castromao de Mondariz. Logo de estar adicadas no 2018 ao lugar do Ceo, e no 2019 ao de Cernadela, a aldea homenaxeada este 2023 é a de Aboal (Mondariz).

Dúas xornadas onde compartir tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e beilladoras da aldea protagonista, reivindicando ás nosas grandes mestras da tradición oral e colaborando a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.

Nesta edición, que se amplía a dous días, homenaxeamos ao barrio de Aboal (Mondariz) e as súas tocadeiras e beilladeiras Benedicta Carballo Suárez, Emérita Alfaia Seoane, Marina Pedreira Alfaro, Orlando Garrido Barral e Raimunda Alfaia Seoane. (No cartel de ezquerda a dereita; Marina, Raimunda e Benedicta. Fotografía de Guillerme Ignacio)

O domingo á mañá contará cun obradoiro monográfico sobre a pandeireta en Aboal impartido por Xandre Outeiro pola mañá na biblioteca, e pola tarde na Praza de Abastos un obradoiro de baile en Aboal impartido por Miguel Souto, ambos mestres e compiladores que fixeron traballo de campo na aldea homenaxeada. O antropólogo Rafael Quintía falaranos sobre o BIC A Foliada, e a seguir teremos un coloquio participativo, moderado por Guillerme Ignacio e no que contaremos con Rafael Quintía e mais con Xulia Feixoo, dous dos redactores do informe técnico para a declaración da foliada como BIC.

O martes 31 ás oito na Praza de Abastos de Mondariz renderáselles homenaxe ás persoas que contribuíron a que o patrimonio musical inmaterial de Aboal poida ser legado ás seguintes xeracións. Catro mulleres (unha a título póstumo) e un home que durante anos atenderon a todo aquel que quixo aprender as músicas e os bailes que fixeron parte da súa mocidade, da súa vida. Por esa importante e desinteresada labor serán recoñecidas publicamente como “Mestras pandeireteiras”.

O culme das xornadas será a continuación, na mesma Praza de Abastos, cun serán ao xeito dos que se recuperaron no Condado a mediados dos anos noventa, con música para o baile feita por todas aquelas persoas ou colectivos que se acheguen a Mondariz neste víspera de festivo.

A asistencia ás actividades é de balde previa inscrición. Para asistir ao xantar de confraternización é preciso inscribirse antes do día 25 de outubro. Pódese realizar a inscrición a través do correo electrónico [email protected] ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.

As visitas teatralizadas de samaín do Castelo de Soutomaior acollerán 180 persoas esta fin de semana

Tras dúas fins de semana “pasándoo ben pasándoo mal” continúan as visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior este venres, 20 de outubro. Ás 20:00 horas terá lugar a visita teatralizada dirixida ao público adulto, que se repetirá tamén o sábado 21 á mesma hora. Pola súa banda, as visitas familiares terán lugar o sábado e domingo, 21 e 22 de outubro en dobre sesión, ás 11:30 e 16:30 horas. Está previsto que participen nas actividades desta fin de semana 180 persoas.

Tanto as visitas nocturnas, para público adulto, como as familiares, dirixidas aos máis pequenos da casa, estarán a cargo da compañía Troula Animación e baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal. As visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados de outubro en horario de 20:00 horas, e nelas os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece. Pola súa banda as dirixidas ao público infantil celebraranse todos os sábados e domingos do mes en dobre sesión, ás 11:30 e ás 16:30 horas, e nelas o público gozará dunha historia terrorificamente divertida.  En cada sesión participarán 30 persoas.

As restantes propostas no Castelo de Soutomaior neste outono tamén están a obter un grande acollemento. Deste xeito, están esgotadas as prazas do obradoiro que o 28 de outubro amosará ás familias participantes o máxico mundo do Samaín e as árbores e froitas típicos desta tradición, así como as do magosto previsto para o 4 de novembro, con saída polo bosque para recoller castañas e a posterior degustación.

A Guarda acolle a cuarta sesión dos “Encontros en Familia” o vindeiro 24 de outubro

0

O próximo martes día 24 de outubro continúa na Guarda Encontros en familia coa cuarta sesión “O bo uso da tecnoloxía, Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que non te controlen a ti”. Nesta ocasión trataremos a importancia de saber traballar coas novas tecnoloxías e sacarlles o máximo partido nunha sociedade en continua evolución.

Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.

O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.  

Na súa organización se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.

En total son 7 encontros, o primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do cicloabordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga. 

24 de outubro

  • O bo uso da tecnoloxía”. Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti.

7 de novembro

  • Ruptura de parella”. Moitas perdas e algunhas ganancias.

21 de novembro

  • O acoso escolar”. Detección, prevención e intervención familiar.   

12 de decembro

  • “A afectación do duelo ás relaciones familiares”. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.

Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonsos (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais.

Mos adquire 10 chalecos antibalas para a súa Policía Local

0

O Concello de Mos vén de adquirir para a súa Policía Local un total de 10 chalecos antibalas SIOEN modelo ITEPOL FLEX con funda exterior, protector de cremalleira, e galoneiras de ombreiro.

Así o informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez, quenes explicaron que se trata dun material que foi testado e sometido ás pertinentes probas técnicas de protección balística e resistencia a armas brancas, sendo considerado o máis seguro e apropiado para o desenvolvemento das funcións dos axentes mosenses.

Este chaleco, dentro dos modelos presentados, é o que mellor se adapta ás especificacións solicitadas e o máis apropiado para o servizo na Policía de Mos.

Entre as características do novo material adquirido pola administración local mosense atópase que cada axente portador do chaleco en cuestión poderá afrouxalo ao sentarse no vehículo patrulla, proporcionando máis comodidade sen necesidade de ter que sacalo.

O Xefe do Corpo Local, Álvarez Reguero, destacou que “consideramos que o peso do chaleco, unido á comodidade ofrecida nas diferentes probas, permitirá portalo durante todo o servizo”. Ademais conta cunha garantía do panel balístico de 10 anos e da funda exterior de 2 anos.

Os novos chalecos antibalas SIOEN modelo ITEPOL FLEX teñen un peso por unidade de 2,7 Kg cunha área de protección de 0,30 metros cadrados e protección 360º grazas ao solapamento lateral dos paneis de máis de 3 cm. Son sistemas de protección persoal eficiente cunha elevada resistencia tamén fronte a armas brancas.

O Concello de Mos vén de investir preto de 8.000 euros de fondos propios na adquisición destes 10 chalecos que protexerán aos 8 axentes locais mosenses.

Baiona inicia a poda das árbores do municipio

0

A Concellería de Medio Ambiente iniciou a tempada de poda na Rúa Carabela Pinta polo que este día será necesario cortar o tráfico rodado nesta zona durante esta xornada. Así se están dando continuidade a pódaa polo parque da A Palma, e seguirá polo centro urbano da vila e pola  Avenida Monterreal.  Realizaranse os traballos, propios desta época do ano, que necesitan as árbores.

Nos próximos días acometerase pódaa das árbores nos atrios das igrexas e nas restantes zonas con arboledo das parroquias baionesas. Concretamente, na parroquia de Baíña actuarase tamén na zona arborizada da estrada de Santa Marta e no parque infantil do Cruceiro. En Baredo, no entrono do centro cultural. En Belesar, na zona do torreiro da igrexa, e no do xogo de birlos Portameán e Urgal. En Santa Cristina da Ramallosa, na contorna da praza de abastos e na praza Victoria Cadaval, na Avenida Benito Fariñas, na Avenida Praia Ladeira.

Os traballos realízanse en altura e desde o chan polos traballadores, quen leva a cabo esta campaña en condicións de máxima seguridade, sen causar danos ás árbores e no menor tempo posible xa que dispoñen das ferramentas necesarias para ocasionar as menores molestias nos paseos e zonas máis frecuentadas pola cidadanía.

Covelo entregou os diplomas ao alumnado do curso de manipulación de alimentos e alérxenos

0

No marco do VII Plan de Formación do Concello de Covelo, o alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, entregaron os diplomas ao alumando dos cursos de manipulador de alimentos e alérxenos.

Desenvolto en horario de mañá de 9 a 14 horas, no auditorio municipal impartíuse o curso de manipulador de alimentos cunha duración de dez horas. “Procuramos que, sempre que sexa posible, os cursos se realicen en instalacións municipais para facilitar a participación e evitar os desprazamentos”, explica Lourdes Enes.

O obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II” formará a 20 persoas

O Concello do Porriño pon en marcha unha segunda edición do seu obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”. Para a súa posta en marcha, a Xunta de Galicia concedeu á entidade local unha subvención de 561.046,6 euros, aos que se sumarán outros 25.000 euros de achega municipal.

Serán un total de 20 persoas desempregadas as que se beneficien desta iniciativa, participando neste programa dual de formación e emprego, pois ademais de adquirir uns coñecementos teóricos e prácticos, tamén cobrarán polos labores desenvolvidos, todas todos eles centrados na realización de obras ou na prestación de servizos de interese xeral e social.

O obradoiro terá unha duración de un ano e haberá dúas especialidades: Cociña e Novas tecnoloxías e economía.

Levarase a cabo unha especialidade de servizos de hostalería de cociña destinados aos colectivos máis desfavorecidos, incluíndo servizos de almorzos saudables, xornadas temáticas gastronómicas de portas abertas, participación en eventos e actos diversos.

Por outra banda preténdese a modernización dous procesos administrativos do Concello do Porriño mediante aplicación de novas tecnoloxías. Por iso é polo que se leve ou proxecto de especialidade de tecnoloxía dá información e comunicación, así como de economía dixital. Esta é unha especialidade con moita demanda por parte das empresas e tamén entre a mocidade á hora de iniciar a súa carreira profesional.

“Estes obradoiros combinan dúas accións moi importantes para a veciñanza, por unha parte facilitar o acceso ao mercado laboral de persoas desempregadas coa súa capacitación e por outra axudar a aqueles que o necesitan coa oportunidade de traballar durante un ano” , explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

As persoas interesadas en participar deste obradoiro poden solicitar máis información de maneira presencial nas oficinas de Porremprego, no Multiusos de Torneiros, a través do número de teléfono 986338217 ou ben enviando un email a [email protected].

Tomiño énchese de bo humor esta fin de semana con dous espectáculos imprescindibles

0

O mes do humor continúa en Tomiño con dúas obras de teatro imprescindibles esta fin de semana, dous espectáculos de gran nivel, un para público adulto e outro para toda a familia, que durante unhas horas transportarán ao público a divertidas e entretidas realidades. 

Ibuprofeno Teatro desembarcará no auditorio de Goián este sábado 21 de outubro coa súa galardoada ‘Smoke on the water’, unha traxicomedia sórdida, unha historia de sexo, drogas e rock and roll na que todo flúe de xeito orgánico dende que se encende o primeiro foco ata o éxtase final.

O escenario é a casa de Amparo, enferma en cadeira de rodas, e onde viven o seu fillo Ritchie, ancorado na música dos 70 e cunha tenda de vinilos de colección, e a súa muller Janis, que hai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de 25 anos de crise permanente. Unha relación de dependencia que se ve ameazada pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora de Janis. O rock and roll é o pano de fondo deste enredo amoroso-financeiro entre un grupo de seres humanos torpes, frustrados, desgastados e maltratados pola vida que provocan tenrura e compaixón.

Recoñecida con dous Premios María Casares, un a Mellor Actor Protagonista e outro a Mellor Espazo Sonoro, a obra poderá verse ás 21.00 horas con entrada de balde.

O domingo 22 será a quenda de ‘Nina Ninette’, un espectáculo de danza contemporánea de Paula Quintas Cía para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer, no que a figura dunha cincenta actual representa unha nena oprimida que loita para transformar a súa realidade, converténdose nunha heroína por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe.

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Pero estraña o seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto no que é moi doado entrar, pero moi complicado saír. O público poderá descubrir se Nina consegue saír airosa desta aventura ás 17.30 h no auditorio de Goián. As entradas, que terán un custe de 5 euros, estarán dispoñibles unha hora antes no despacho de billetes do auditorio.