4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO Mercado de Nadal volta a Tui

    O Mercado de Nadal volta a Tui

    Está aberto o prazo de inscrición até o 5 novembro

    O Paseo da Corredoira inundarase do espírito do Nadal do 1 de decembro ao 5 de xaneiro coa celebración do Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Doce casetas de madeira, coidadosamente decoradas, albergarán os distintos postos de artesanía, gastronomía, decoración, agasallos, plantas… que abrirán diariamente achegando unha ampla variedade de produtos vinculados a esta época festiva.

    O Mercado de Nadal, organizado pola concellería de Emprego e Comercio, vén de publicar as bases que rexerán a celebración deste evento, e de abrir o prazo de solicitude para as persoas interesadas en contar cun posto no mesmo.

    Haberá tres quendas de participación, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro, e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

    Poderán participar no Mercado persoas artesás e comerciantes que deberán presentar as súas solicitudes até ás 23 h do 5 de novembro no formulario en liña. Amais deberán enviar entre tres e cinco fotografías representativas do seus  produtos ao correo mercadonadaltui@gmail.com. A participación é gratuíta aínda que se establece unha fianza de 150 €.

    Unha vez pechado o prazo de inscrición a organización procederá á selección dos expositores nos que se dará prioridade aos que presenten produtos de carácter artesán e producidos a pequena escala, valorarán contar con razón social en Tui ou na comarca, a calidade, singularidade e carácter diferencial dos produtos, a variedade de sectores que estean representados no mercado para facelo máis atractivo, que sexan produtos fabricados en Galicia, contar con carta de artesán, e a realización de talleres creativos. As bases completas poden consultarse en tui.gal.

    O Mercado de Nadal 2023/24 abrirá de luns a xoves de 17 a 21 h, os venres de 17 a 23 h, os sábados, festivos e vésperas de festivos, de 12 a 14 h e de 17 a 23 h, e os domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21 h. Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

    A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, convida a participar neste Mercado de Nadal que tanto éxito ten rexistrado en edicións anteriores. Salienta coma ao longo de toda a época de Nadal este evento converte a Corredoira no epicentro das celebracións desta datas, e tamén sinala coma o mesmo repercute tamén positivamente no comercio e na hostalería local.

    As bases completas poden consultarse en tui.gal.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.