Xoves, 17 Xullo de 2025

Mos incrementa nun 60% no novo orzamento a partida destinada ao Plan Cultural, alcanzando os 40.000 euros

0

O equipo de goberno local atópase ultimando orzamento para 2021, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o edil de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, veñen de anunciar que a vindeira semana entregaranlle o documento rematado aos grupos políticos da oposición para que poidan estudalo.

A rexedora local destacou sobre o novo orzamento, ademais do incremento histórico na partida de gasto social, o reforzo económico de apoio á cultura mosense, que se fará o vindeiro ano puntualmente, para respaldar ás agrupacións do municipio nuns momentos nos que a súa actividade atópase prácticamente a cero por mor da crise sanitaria da COVID-19. Deste xeito incrementarase a partida destinada a financiar o Plan Cultural do Concello de Mos pasando de 25.000 euros en 2020 a 40.000 en 2021 cunha subida porcentual do 60%.

Así, as bases do Plan Cultural modificaranse tamén, de xeito que se adapten á nova realidade e poidan contabilizarse como actuacións as colaboracións que realicen para dinamizar as redes sociais do Concello, sen necesidade de que se produza o espectáculo e/ou concerto físicamente. “Queremos por unha banda que os nosos grupos musicais, artísticos e culturais mosenses, continúen a sentirse útiles e necesarios (porque o son) a pesares de non poder actuar diante dun público físico de xeito presencial; e que sigan a colaborar co Concello dinamizando as redes municipais e que elo lles repercuta nunha remuneración económica imprescindible para a supervivencia das agrupacións”, declarou Arévalo, quen informou ademais de que o total do capítulo de cultura do orzamento 2021 ascende a 150.000 euros.

Doutra banda Nidia Arévalo abordou tamén o capítulo de deportes, facendo fincapé na partida destinada a subvencións a deportistas e clubes mosenses. Explicou a alcaldesa que “este 2020 xa se lles subira o importe da axuda munipal a todos/as os/as beneficiarios/as e no 2021, ademais de manter a suba xeral, o equipo da U.D. Mos Feminino que ascendeu a Primeira Nacional verá incrementada a súa subvención ata chegar aos 40.000 euros, converténdose deste xeito o Concello de Mos no seu principal patrocinador, xa que dos 60.000 euros do orzamento total que ten o equipo, a administración local asume dous tercios”.

Ademais do U.D.Mos Feminino, as entidades beneficiarias destas axudas son a Unión Deportiva Mos, o Club de Fútbol Alerta, o C.D. Louro Tameiga, o Club Xadrez Mos, o Club Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club de Patinaxe Rosaleira, o Club de Patinaxe Xiramos, a bailarina Patricia Martínez, a ciclista Susana Alonso, Juan Rivera, e o Clube de Tiro con Arco ‘Archer’s Team’.

A rexedora mosense informou tamén de que ademais das deportivas, mantéñense tamén todas as subvencións sociais que son un total de 3 destinadas a 3 colectivos sociais do municipio e suman 4.000 euros.

Continuando co relativo a gasto social a alcaldesa avanzou que o máis importante e destacable do orzamento 2021 é o importante incremento da partida destinada a Servizos Sociais, que crece en preto de 700.000 euros, debido ao incremento de horas de servizo á dependencia, entre outras políticas sociais.

O importe total do orzamento municipal de gastos para 2021 aumenta respecto 2020 e chega aos 10,9 millóns de euros, sendo a partida máis elevada, un ano máis, a destinada a gasto social, que acada os case 2.000.000 euros (1.244.100,47 euros en 2020).

O orzamento do presente ano é de 10.099.715,13 euros no estado de gastos, polo que crecerá en case 900.000 euros o ano que ven.

“A pesar do seu incremento destinado a políticas sociais, segue a tratarse dun presuposto baseado na austeridade e na eliminación de gasto superfluo”, explicou a rexedora local mosense, quen destacou ademais que, “como cada ano desde que son alcaldesa presentamos o orzamento en tempo e forma, antes do remate do exercizo en vigor; ademais de cumprir coa porcentaxe necesaria da área de gasto destinada á amortización de débeda pública e sen facturas pendentes de recoñecer de anos anteriores”.

Este documento económico anual en Mos sempre se aproba en tempo e forma, antes do inicio do novo exercizo, desde que Nidia Arévalo se atopa na Alcaldía; e neste caso, será aprobado no Pleno do presente mes de novembro que se celebrará a finais de mes.

Hoxe rexístranse 9.554 casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.554 deles 1.855 son da área da Coruña, 1.064 da de Lugo, 880 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.426 da área de Vigo, 1.148 da de Santiago, e 931 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 8.950 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.983 persoas curadas, rexistrándose 1.039 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 772.334.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

O Concello mellora a seguridade viaria en 8 parroquias do rural coa construción de novos redutores de velocidade

A concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, informa da construción de redutores de velocidade en oito parroquias do concello. As obras financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, teñen un custo total de 23.126,84 euros.

Comprometida coa mellora da seguridade viaria nas estradas do concello, a concelleira socialista explica que con esta actuación incídese no incremento da seguridade tanto para peóns como para os propios vehículos en tramos estreitos, de alto tránsito e de paso a pé de veciñanza. 

“Ponteareas conta no rural cunha grande cantidade de vías pavimentadas faltas de beirarrúas polo que os peóns carecen en moitos lugares da seguridade precisa xa que deben compartir espazo cos vehículos que, ás veces, circulan a máis velocidade da axeitada”, explica Garrote.

Estas obras, ademais, dan resposta ás peticións da veciñanza que viña reclamando unha maior seguridade viaria neses puntos e tramos.

Nestes intres a empresa realiza os redutores de velocidade que contan con cinco bandas transversais de alerta realizadas con adoquín de granito, nos indicados por Patrimonio, e os restantes en aglomerado e que sumarán un total de 15 repartidos en 8 parroquias (Angoares, Arcos, Arnoso, Fozara, Moreira, Padróns, San Lourenzo de Oliveira e San Mateo). O proxecto inclúe a sinalización vertical e horizontal correspondente.

Ademais, estanse a substituir os elementos de goma existentes nalgúns redutores de velocidade por bandas de adoquín de granito.

As Neves mantén a colocación do alumeado de Nadal apostando polo aforro enerxético

0

O Concello das Neves decidiu manter a colocación do alumeado especial de Nadal, como medida para facer máis acolledoras as rúas e contribuír a mitigar efecto negativo que está tendo a situación sanitaria actual.

O custe do alumeado será o mesmo de anos anteriores pero amplíase a área sobre a que se actúa, incluíndo a rúa Rosalía de Castro e a praza de San Agustín. Ademais, este ano o alumeado das parroquias estará nos adros das igrexas, substituíndo os arcos de luz do Nadal anterior por luces LED, que supoñen un aforro enerxético e que fará máis agradable uns espazos de uso habitual polos veciños e veciñas.

O acendido das luces está programado para a primeira fin de semana de decembro e o horario de permanencia das mesmas será máis reducido que outros anos, apagando antes das 00:00 h.

O Concello de Redondela reafirma a súa aposta pola posta en valor do patrimonio coa recuperación da Fonte da Raíña, en Cedeira

0

O Concello de Redondela deu por concluídos os traballos de recuperación da Fonte da Raíña, elemento patrimonial situado na parroquia de Cedeira –preto do Camiño Portugués pola Costa– e situado dentro da contorna de protección de outros elementos de patrimonio cultural da zona.

Dadas as característicos dos traballos –que se desenvolveron grazas a subvención concedida ao abeiro das denominadas “Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago–, “estiveron sempre baixo a supervisión de técnicos/as restauradores/as e, aqueles traballos que requiriron de especial tratamento, foron levados a cabo por expertos/as en restauración”, explica a concelleira de Patrimonio, María Castro.

Conta, ademais, cun nicho de pedra silvestre coroado cun elemento en forma de campá, que dispón dunha concavidade onde se sitúa un pedestal cunha escultura do Santo André no seu interior, pechado cunha rexa metálica de ferro, composta por catro varandas verticais e dúas horizontais.

O informe preliminar, daba conta do alto estado de deterioro en que se atopaba este interesante ben patrimonial xa que a simple inspección visual permitía observar unha serie de patoloxías que afectan ao material principal de construción (pedra natural) e aos elementos metálicos que a compoñen.

Así as pezas exteriores da fonte están recubertas dun depósito escuro que pode tratarse de sucidade ou microorganismos. Do mesmo xeito apreciouse a abundancia de liques, que se ben “non soen progresar ata o interior da pedra pero que producen un deterioro da súa microestrutura a nivel superficial”, deterioro que tamén producen outros organismos vexetais que se apreciaron durante a avaliación do estado da fonte.

Como primeiro paso para a restauración da fonte, procedeuse á retirada da figura de Santo André, que, lamentablemente, estaba en peor estado de conservación do esperado, xa que contaba con diversas fisuras na parte posterior que non se observaban a primeira vista.

A partir de aí, traballouse na recuperación da Fonte da Raíña eliminando as costras, liques e organismos vexetais cunha limpeza de todos os elementos de cantería por medios manuais e en vía húmida, traballos supervisados por un restaurador.

Posteriormente procedeuse á eliminación de gretas e xuntas de cantería ou encintados, por parte dun restaurador titulado, profesional que tamén encargouse da reintegración volumétrica de faltas en elementos de cantería que dean solución ás roturas e desprendementos que presenta a fonte. Doutra banda, e aínda que os informes non o consideran “unha patoloxía” restaurarase a reixa de fundición que protexe a imaxe.

A recuperación da Fonte da Raíña, sinalan a alcaldesa Digna Rivas, e a concelleira de Patrimonio, María Castro, “supón un paso máis na posta en valor do rico patrimonio que posúe o noso municipio e que, como no caso do cemiterio de Eidos, estaba totalmente esquecido e nun lamentable estado de conservación”.

A alcaldesa redondelá adiantou que esta recuperación “é un paso nun longo camiño que permitirá recuperar todos e cada un dos nosos elementos históricos e patrimoniais” un patrimonio, engadiu Rivas “absolutamente abandonado polo anterior Goberno”. De feito, o Concello está a realizar os correspondentes estudos que permitan a recuperación de máis elementos situados na contorna da Fonte da Raíña e que, “constitúen un conxunto patrimonial que é preciso recuperar e poñer en valor”.

Non se pode esquecer, sinalan a alcaldesa e a edil, que a Fonte da Raíña “é paso case que obrigado para as persoas que realizan o Camiño Portugués da Costa e o estado de abandono e deterioro que presentaba, falaba ben as claras do pouco interese que gobernos anteriores lle daban a riqueza patrimonial de Redondela”.

Unha vez rematadas as obras, o Concello realizará revisións rutineiras para eliminar elementos vexetais que alteren a superficie da pedra e, cada catro anos, realizaranse limpezas superficiais sempre a mans dun técnico/a restaurador/a ou baixo a súa supervisión.

‘Nigrán en Negro’ e unha moción plenaria, iniciativas do Concello para conmemorar o 25N

0

O Concello de Nigrán conmemorará un ano máis o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes accións revindicativas. Así, a iniciativa do Centro de Información as Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, centos de establecementos do municipio “vestirán” esa semana os seus escaparates de negro en sinal de loito polas víctimas de maltrato. Paralelamente, o goberno de Nigrán proporá unha moción institucional no pleno ordinario do 23 de novembro reiterando o seu compromiso para erradicar esta lacra da nosa sociedade.

O ano pasado ao redor de 160 establecementos nigranenses de todo tipo participaron na campaña. Dende o Concello anímase de novo ao sector do comercio a implicarse nesta edición convertindo a localidade nun gran escaparate que transmita unha mensaxe de rexeitamento da violencia de xénero e solidariedade coas vítimas. Desde o Concello repartiranse carteis, camisetas, máscaras e demáis merchandising entre os establecementos comerciais (actualmente hai aberto un sorteo público a través da páxina do CIM de Nigrán en Facebook). Os establecementos que queiran participar só teñen que chamar ao teléfono 986 383081 ou enviar un correo electrónico a [email protected].

Neste 2020 cúmprense 20 anos da designación desta data por Nacións Unidas. E un ano máis o Concello de Nigrán quere mostrar o seu apoio a tódalas vítimas: ás mulleres asasinadas, aos seus fillos e fillas orfos; ás súas nais, pais, irmáns, irmás, amigos. Por iso, desde o goberno de Nigrán proporase unha moción institucional no vindeiro pleno ordinario do 23 de novembro ratificando o compromiso do municipio cos dereitos das mulleres e a erradicación de calquera tipo de violencia contra elas.

“Compartimos a súa dor, a súa desolación e combatemos a súa causa (…) A violencia de xénero non ten cabida na sociedade que aspiramos a ser, nin na democracia que queremos consolidar. Eliminala das nosas vidas e protexer ás vítimas non é unha opción, é unha obrigación. A violencia machista interpélanos a todos e as administracións locais debemos combatela con todos os medios ao noso alcance”, recolle a moción, que finaliza coa proposta de aprobación dos seguintes acordos plenarios:.

  1. Ratificar o compromiso firme do Concello coa igualdade de xénero, os dereitos das mulleres e a erradicación de calquera tipo de violencia contra as mulleres.
  2. Impulsar e/ou reforzar as medidas contidas na Lei Integral contra a Violencia de Xénero do 28 de Decembro de 2004 e no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero no marco das competencias municipais, así como o seu seguimento.
  3. Dotar dos recursos económicos adecuados os instrumentos de loita contra todas as formas de violencia contra as mulleres.
  4. Promover accións de prevención, sensibilización, difusión, acerca da Violencia de Xénero en mulleres maiores de 65 anos destinadas a mellorar o coñecemento dos seus dereitos e dos servizos dispoñibles para atendelas.
  5. Reforzar as medidas dirixidas atención ás mulleres que viven no mundo rural, aumentando o número de recursos especializados de atención de forma coherente coa realidade rural e a distribución xeográfica. Adaptación das campañas de prevención e sensibilización ás súas necesidades.
  6. Impulsar a colaboración coas entidades e asociacións da sociedade civil que loitan contra a violencia machista.
  7. Intensificar e adaptar todos os recursos dos que dispón o concello relacionados con atención a vítimas de violencia machista durante a pandemia.
  8. Combater os posicionamentos políticos que propugnen a negación da existencia da violencia de xénero ou rexeite a validez das políticas públicas enfocadas á súa total erradicación.
  9. Rexeitar todas as formas de violencia contra as mulleres e manifestar o noso compromiso coas vítimas.

Oia dispón dun novo desfibrilador que quedará situado na casa do Concello

0

Oia conta xa cun novo desfibrilador, destinado a previr e tratar episodios de parada cardiorrespiratoria. O novo dispositivo electrónico, o segundo que existe no municipio, está colocado na propia casa consistorial.

Este desfibrilador foi adquirido grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, que subvencionou un 59,6 % do custo (1.351,35 euros), aportando o Concello o 40,04 % restante (915,84 euros).

O novo aparato, que foi colocado hai varias semanas no edificio do Concello, é o segundo instalado en Oia. O municipio xa dispuña dun dispositivo destas características no campo de fútbol municipal a fin de mellorar a seguridade na práctica deportiva.

O mar e as súas xentes, protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar en Tui

0

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Baixo o título de ‘Fillos do océano’ o fotógrafo Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra forma parte do proxecto ‘Corrente cultural’ que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, participaron esta mañá na apertura da mostra xunto á responsable Zona Condado Baixo Miño de ABANCA, Ángela Rodríguez; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da oficina de ABANCA da rúa Augusto González Besada de Tui, Noelia Vaqueiro.

[su_image_carousel source=”media: 24989,24992,24990,24988″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidou á veciñanza a visitar a mostra na sustentabilidade está moi presente e pon en valor os recursos da nosa terra. Ao tempo agradeceu a Afundación e Abanca achegar esta actividade até Tui.

Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación , salientou que a exposición achega unha “visión con múltiples vantaxes” así permite viaxar ao longo do planeta, dende a India a Vietnam, Andalucia ou Galicia con fotografías que nos trasladan a distintos lugares, pero falan tamén de sostenibilidade, da importancia do coidado dos ecosistemas mariños,… Cada fotografía está acompaña dun texto explicativo.

A exposición permanece aberta de luns a venres de 9 h a 14 h e de 15:30 h a 21 h, e os sábados de 9 h a 14 h.

A mostra constitúe unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Javier Teniente inicia o seu traballo profesional nos diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, nos que desenvolve o seu labor como fotógrafo de prensa durante varios anos, para logo emprender o seu percorrido como reporteiro. Esta nova etapa levarao dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003 e 2005), ademais de recibir o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Xornalismo (2006).

O Goberno de Gondomar aposta polos máis novos e a educación na loita contra a violencia de xénero

0

O goberno local, a través da súa concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, puso en marcha onte ás actividades programadas con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, con ‘Contos e Monicreques’ proxecto dirixido ao alumnado de 1º de Primaria dos catro CEIP de Gondomar.

Subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra as pequenas e pequenos participarán en obradoiros nos que deberán crear unha historia partindo dunha trama inicial e persoaxes que eles mesmos deberán achegar a súa contorna, a seu día a día. Deseñarán os monicreques, construiranos e finalmente desenvolverán un conto que se gravará para facelo chegar aos seus pais e nais.

Con esta actividade búscase sensibilizar, previr e identificar a violencia de xénero mediante un proceso lúdico e didáctico, ao mesmo tempo que se fomentan técnicas de resolución pacífica de conflitos, fortalecese a autoestima, a tolerancia e o fomento das novas formas de participación social e comunitaria, á vez que interactúan con modelos libres de estereotipos sexistas.

‘Contos e Monicreques’ é un proxecto instaurado na área da promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, que utiliza a maxia dos contos para introducir ás novas xeracións na igualdade de oportunidades.

A Xunta financiará con case 400.000 euros a compra dun edificio e a rehabilitación do Centro Cultural de Couso en Ponteareas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará a través de préstamos sen xuros un total de 399.894,94 euros ao Concello de Ponteareas (Pontevedra) co obxecto de financiar a adquisición dun edificio localizado no centro urbano e a rehabilitación do Centro Cultural de Couso.

Con este fin, a conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Xosé Represas asinaron hoxe telematicamente dous convenios de colaboración (un por cada unha das actuacións) que lle darán acceso ao municipio ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento de apoio aos concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

En concreto, o Concello de Ponteareas poderá dispoñer de 250.000 euros para a adquisición do edificio localizado no número 39 da Praza Maior, unha contía que poderá devolver ao IGVS en oito anualidades, de forma cómoda e sen xuros.

Trátase dun inmoble construído no ano 1900, con tres andares, patio e unha superficie total construída de 918 m2. Localizado en pleno centro urbano, antes de caer en desuso se utilizaba como lugar de almacenaxe para un local de hostalaría. O obxectivo municipal é compralo para a súa posterior rehabilitación, ata convertelo nun elemento dinamizador da contorna da Praza Maior, punto de encontro e de referencia para a veciñanza local.

En canto á segunda actuación que se financiará en Ponteareas con cargo ao Fondo de Cooperación, trátase da rehabilitación do actual Centro Cultural do lugar de Couso, na parroquia de Guláns. O IGVS porá a disposición do Concello unha contía de 149.894,94 euros para que poida acometer a reforma do inmoble e reparar unha serie de deficiencias detectadas.

O inmoble obxecto desta actuación era unha antiga escola municipal e consta de dúas plantas máis faiado coa seguinte distribución: baixo con pequeno porche exterior e amplo espazo destinado a zona de ocio; primeiro andar cun salón diáfano para usos socio-culturais; e baixo-cuberta, que se emprega como lugar de almacenaxe. Ademais, consta de dúas construcións anexas que dan servizo ao edificio: un aseo exterior e un volume lonxitudinal.

O estado de conservación do inmoble é desigual, presentando as maiores deficiencias a planta alta e o baixo-cuberta polo que a maior parte dos traballos centraranse na mellora das condicións estruturais, construtivas e de uso do actual Centro Cultural, con intervencións sobre forzados e piares, en carpinterías de fiestras e portas e na instalación eléctrica e de calefacción, entre outros traballos.

A Xunta continuará coa xestión da depuradora de Gondomar, que deberá actuar para eliminar as deficiencias na rede de saneamento

0

A Xunta continuará a prestarlle apoio ao Concello de Gondomar nas súas competencias exclusivas de xestión da auga, ao estar disposta a continuar explotando a depuradora municipal. O Concello, pola súa banda, deberá acometer actuacións para eliminar as graves deficiencias das redes municipais de saneamento.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na que abordaron a situación do saneamento neste municipio. A directora de Augas de Galicia trasladoulle ao alcalde que a Xunta está á espera de que o Concello de Gondomar remítalle o visto bo ao texto do convenio para que desde Augas de Galicia siga a explotar a depuradora. Cómpre lembrar que a Xunta vén prestando un importante servizo de apoio ao Concello, ao ser a deste municipio unha das poucas depuradoras que xestiona directamente a Administración autonómica.

O alcalde trasladou o interese do Concello de Gondomar en facilitar a execución das obras que a Xunta tiña previstas para mellorar a depuradora e que non foi posible executar ata o de agora pola falta de colaboración municipal.

No encontro tamén se abordou a necesidade de realizar unha auditoría que permita detectar os problemas que presenta actualmente a rede de saneamento de Gondomar e avaliar as actuacións que serían necesarias para evitar problemas de infiltracións ou conexións erróneas na rede.

En canto ao financiamento das actuacións que a auditoría estime necesarias para a mellora da rede de saneamento e depuración municipal, Augas de Galicia avanzou a posibilidade de participar no seu financiamento, sempre no marco dun acordo no que se fixen achegas, a partes iguais, tamén do Concello e da Deputación Provincial.

A ‘Explanada do Horizonte’, que dota a Portocelo, no Rosal, dunha nova área de esparexemento, xa dispoñible para desfrute da veciñanza

0

A ‘Explanada do Horizonte’ xa está lista para o uso e desfrute da veciñanza. O Concello do Rosal xa recepcionou a obra finalizada dun proxecto de reforma integral e mellora paisaxística que permitiu dotar a Portecelo dunha nova área de esparexemento e acondicionar o tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa ao longo do municipio. O acto de inauguración oficial desta nova zona de lecer deseñada pola arquitecta rosaleira María Fandiño celebrarase en vindeiras datas.

“Para nós é un orgullo poder contar con María Fandiño neste proxecto, unha arquitecta recoñecida polo seu traballo paisaxista que está acadando numerosos premios a nivel internacional”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. Como explica a rexedora, “non podemos deixar de agradecer a implicación da veciñanza de San Xian e Portecelo, da comunidade de montes do Rosal e da traída de augas, así como do dono do petróglifo do Lapón. Sen a súa colaboración non sería posible sacar este proxecto adiante”.

Tras meses de intenso traballo administrativo para conseguir as autorizacións necesarias para o desenvolvemento da obra, dende esta mesma semana veciñanza pode desfrutar nesta zona dunha área de descanso, dun merendeiro, dun miradoiro e dun aparcamento. Todo acondicionado co obxectivo de poñer en valor a paisaxe, recuperar os ecosistemas da zona e rexenerar as áreas de descanso dun tramo que consta de elementos naturais que o converten nun conxunto único en Europa.

Neste tramo do Camiño de Santiago non existían paradas para peregrinos, polo que a ‘Explanada do Horizonte’, chea de escombros dende os anos 70, converterase dende agora nun punto neurálxico ao situarse á metade da ruta ao seu paso polo Rosal. A través deste proxecto creouse un miradoiro ao mar e á Serra da Groba e mellorouse a calidade ambiental da zona, repoboándoa con especies autóctonas, eliminado o recheo e creando novas terrazas de pedra que servirán para novos usos.

A ‘Explanada do Horizonte’ será unha ferramenta coa que potenciar tamén o Camiño de Santiago, xa que nela márcanse os puntos de parada onde o valor paisaxístico é maior, potenciando a repoboación de arborado e sinalizando elementos culturais situados na contorna, como o petróglifo Laxe do Lapón.

Premios Gran de Area 2020

O proxecto de acondicionamento dos espazos públicos da ‘Explanada do Horizonte’ vén de ser distinguido cun dos Premios Gran de Area 2020 de Aportación á Arquitectura, unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores e construtores nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra. Estes galardóns recoñecen obras que axudan a mellorar a contorna e sexan expresión da cultura arquitectónica e dos valores colectivos desta sociedade e deste tempo. Dende o Concello quérese felicitar unha vez máis á arquitecta do proxecto, María Fandiño, polo gran traballo feito na revalorización e mellora deste espazo.

A Deputación presenta uns orzamentos para o 2021 de 164,5 millóns de euros coa Axenda 2030 e a reactivación económica como eixos básicos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, presentou na mañá de hoxe os orzamentos da entidade provincial para o 2021 e que se centrarán en dous eixos de acción: o potenciamento do investimento público para a reactivación da economía e o cumprimento da Axenda 2030.

Na súa intervención, Carmela Silva salientou “o enorme esforzo” realizado pola Deputación para aprobar estes presupostos nestas datas “porque queremos –dixo– que entren en vigor en xaneiro e polo tanto permitir que os concellos poidan recibir recursos desta administración nunha situación tan complexa e, ao mesmo tempo, desenvolver os nosos proxectos”.

Así pois e de cara a dar cumprimento aos anteditos principios, o orzamento provincial para o vindeiro ano (pódese descargar o resumo nesta ligazón) ascenderá aos 164,50 millóns de euros, un 2,5 % máis que no 2020. O día 16 de novembro están convocadas as comisións informativas e a previsión do Goberno provincial é levalos a pleno o 20 de novembro de cara á súa aprobación inicial.

Carmela Silva explicou que que a elaboraboración dos orzamentos foi “complicado” debido a que as informacións sobre os ingresos chegaron máis tarde e “a maioría das administracióna aínda non aprobaron os seus orzamentos” polo que asegurou que “posiblemente, somos das primeiras administracións en facelo”.

A presidenta provincial destacou a evolución continua das contas provinciais que pasaron dos 148,43 millóns no 2015 ata os actuais 164,5 millóns de euros, unha progresión que foi posible grazas ao “enorme esforzo na redución da débeda que, no 2015, era de 40,98 millóns de euros e imos rematar este orzamento que estamos presentando con 0,9 millóns, que é case que débeda 0”. Ese esforzo realizado permite agora a Deputación ter unha solvencia económica “que nos permita dispoñer de máis recursos para desenvolver máis proxectos”.

Silva non puido ocultar a súa satisfacción ao salientar que no informe que elabora o Ministerio de Facenda sobre as transferencias que as administracións provinciais fan aos concellos “un ano máis recoñece que somos a administración provincial, de todo o estado, que máis transferencias fai aos concellos, é dicir, a que máis os apoia cun 35,34 %, cando a media das deputacións é dun 18,24 %”. “Duplicamos as transferencias aos concellos –afirmou– e polo tanto, está claro que os concellos da provincia están encantados con esta administración xa que de estar con outra, terían a metade de transferencias”.

Adiantou a continuación as novidades, importantes, do Plan Concellos, flexibilizarase “ao máximo” para conseguir que os concellos “teñan capacidade para facer fronte ás consecuencias da covid-19”. “Somos conscientes –insistiu Carmela Silva– que as prioridades teñen cambiado e por iso, de xeito excepcional e só para este orzamento do 2021, imos permitir que os concellos poidan utilizar os recursos da liña 1 de investimentos para a compra de calquera tipo de material que permita facer fronte ás consecuencias da Covid ou para a xeración de emprego”.

Así pois, os concellos poderán utilizar ata un máximo do 30 % do importe asignado a cada un para a liña 1 para incree importe das liñas dous e tres, gastos correntes e iniciativas para facer fronte a Covid, unha medida, lembrou a presidenta, “que xa fixemos en marzo deste ano cando flexibilizamos o Plan Concellos e as administracións locais puideron comprar mascarillas, realizar labores de desinfección de espazos públicos ou atender as persoas máis vulnerables”. Agora esa medida mantense para o orzamento do 2021 o que permitirá mobilizar un total de 6 millóns de euros para que, os concellos poidan entre outras cousas, axudar aos sectores económicos que están a padecer as consecuencias da Covid-19.

A Axenda 2030 marca de forma transversal o orzamento cun novo plan de traballo Obxectivo Pontevedra Provincia, Alianza Local #17ODS que reforza a política social, a innovación e a dixitalización, a reactivación de sectores estratéxicos como a cultura e o turismo, e o mantemento da igualdade e o medio ambiente como eixos prioritarios. Pola súa banda, o reforzo do investimento público cara á reactivación económica se aplica ao Plan Concellos, a todo o capítulo das infraestruturas e a mobilidade sostible, sectores produtivos, emprendemento e pemes, investigación e innovación, e á loita contra o despoboamento nun equilibrio sustentable do territorio, entre outros obxectivos.

Para a presidenta Carmela Silva “este é un orzamento que non é unha suma de euros. É un orzamento que ten moi claro que é o que queremos facer nesta provincia: transformala tendo en conta o novo cambio de paradigma que se está a producir no mundo e particularmente na Unión Europea, que nós comezamos xa a implantar no 2016 e agora reforzamos”. “Temos un proxecto ben pensado, ideado e deseñado para facer fronte á situación máis dramática que leva vivido a sociedade nos últimos cen anos – engadiu- e a Deputación ten todo listo para que o 2021 sexa o ano da reactivación da provincia. Faremos o que faga falta”. Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera informou que os orzamentos 2021 poderán superar de largo os 200 millóns de euros cando se incorporen os remanentes deste ano, que superaran os 20 millóns de euros, e tamén a inxección de cartos europeos dos Fondos Comunitarios 21-27 e do Fondo de Reactivación Económica. “A do vindeiro ano vai ser a intervención máis excepcional e potente das que se fixo historicamente nesta casa para a intervención na economía e na sociedade”.

O reforzo da política social é outro dos eixos do orzamento 2021 cun incremento dun 3% chegando aos 17 millóns de euros. De feito, duplícanse as axudas de emerxencia e o goberno deixa aberta a creación de novas liñas segundo evolucione a crise. No eido do medio ambiente e políticas de sostenibilidade o orzamento presenta un notable aumento de case un 11%, ata os 35,5 millóns de euros, “conscientes de que toda a nosa acción debe pivotar en torno ao respecto e coidado do territorio”. Infraestruturas e mobilidade sustentable; recuperación de espazos públicos; competitividade do sector primario; unha política de residuos exemplo en Europa; transición enerxética; I+D+I en Mouriscade e Areeiro; campañas de acción polo clima e consumo responsable e defensa da protección animal e dos ecosistemas.

A reactivación cultural, do turismo e do deporte é outra das apostas do orzamento que reforza o investimento nestes sectores estratéxicos. Aumenta un 7,7% ata os 21 millóns de euros. Respecto ás políticas de igualdade, seguirán sendo a sinal de identidade da Deputación cun incremento dun 7,7% respecto a este ano, chegando aos 1,4 millóns de euros en 2021, aínda que os recursos multiplícanse ao longo dos orzamentos de todas as áreas xa que igualdade é un eido transversal en todos os proxectos. En canto á administración provincial, a busca da eficiencia e da innovación reforzarase cun orzamento de 28 millóns de euros, un 3,65% máis que en 2020. A continua modernización de todos os servizos, a extensión da administración electrónica, a progresiva cualificación do persoal, as ofertas de emprego ou o programa TROPOS, no que se está a traballar, son algúns dos obxectivos marcados.

Amais deste esforzo inversor, o vicepresidente Mosquera informou que xa se esta a elaborar un Plan Estratéxico de captación de Fondos Europeos, baseado nas liñas que marca a nova estratexia como a axenda verde, a axenda urbana, a sustentabilidade, innovación, dixitalización e a aposta polo I+D+I, que xunto aos remanentes, suporá unha inxección de cartos moi importantes para poñer en marcha un Plan Especial para a provincia. “Estase traballando arreo nos proxectos que poidan optar a fondos europeos para telos preparados tan pronto se abran as convocatorias”. Mosquera tamén engadiu que, no caso de ser necesario poñer en marcha programas extraordinarios para dar resposta á actual situación excepcional, a boa saúde económica da Deputación permitirá afrontar créditos. Insistiu, amais, en que as contas seguen na liña de anos anteriores “porque pensamos que é a correcta”, non tendo fondos de libre disposición nin para a presidenta nin para o vicepresidente, e transferindo aos concellos “todo o que se pode e máis” para que sexan eles os que decidan en que o invisten.

O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal

0

O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente.

A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando as casetas durante a campaña de nadal, é dicir, dende o acendido da iluminación de Nadal ata o 5 de xaneiro.

Ao igual que o mercado organizado como peche do verán, a participación no mercado será gratuíta a cambio do compromiso da apertura dos postos durante os días e horario establecido.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Os interesados poden consultar as bases de participación e disporán ata o venres 20 de novembro para solicitar a súa participación mediante unha instancia xeral no rexistro municipal tal e como se define nas bases.

Mos potencia e implementa a plataforma web “Quédate en Mos” para apoiar á hostalería local

0

En plena segunda onda da crise sanitaria da Covid-19 na que se incrementaron as restriccións e, entre elas, o peche ao público da hostalería en Mos, a plataforma “Quédate en Mos. Todo ao teu alcance” posta en marcha o xuño pasado, dálle unha volta de tuerca á situación para axudarlles aos negocios que peor o están a pasar, e máis están a sufrir esta crise, a facer forzas de flaqueza e cambiar a perspectiva cara unha ollada máis positiva e optimista.

No caso da hostalería céntrase na potenciación da oferta de productos e servizos para levar e a domicilio, axudándolles aos establecementos a implementar e promocionar estas opcións que son o nicho activo de mercado para eles nestes intres.

A plataforma web municipal de comercio incorpora agora fotografías dos negocios interesados en formar parte dela, así como listado de servizos e productos dispoñibles en cada un deles, teléfonos de contacto e/ou enlaces para facer pedidos, consultas, etc. por parte dos clientes… Un sinfín de posibilidades para quedarse en Mos e gozar da súa hostelería e do seu comercio nuns momentos nos que ademais a mobilidade está tamén máis restrinxida entre municipios.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Empresarial, Economía e Emprego mosense, Julia Loureiro, que se reuniron esta mañá co equipo da Axencia de Colocación mosense e do Obradoiro Municipal de Emprego que están a traballar na plataforma, e declararon ao remate da xuntanza “a vontade de que coa plataforma “Quédate en Mos. Todo ao teu alcance”, logremos promocionar e apoiar aos negocios hosteleiros sobre todo e ao comercio local en xeral e darlle o pulo que precisan para lograr saír desta crise derivada da Covid-19 e recuperarse deste novo varapalo que veñen de sufrir”.

Parte deste equipo de traballadores/as da Axencia de Colocación comezou xa a chamar un por un aos negocios hosteleiros mosenses, para facer unha sondaxe da súa situación e amosarlles o apoio municipal, así como ofrecerlles os novos servizos da implementada plataforma web para axudarlles a promocionarse.

Aínda que agora céntrase máis específicamente no aopio á hostelería que é o sector máis afectado nestes intres por mor da crise da Covid-19, “Quédate en Mos” trátase dun portal que a data de hoxe inclúe preto de 300 negocios, pero aberto a todo comercio ou negocio mosense que queira incorporarse. “Quédate en Mos” rexistra desde negocios vinculados aos subministros e servizos do día a día tales como alimentación, panadería, froitería, hostelería, carnicería, perruquería e estética, ximnasios, floristerías, ferreterías, agros, tendas de roupa e deporte… etc. ata negocios locais relativos a oficios e servizos de construcción e mantemento tales como fontanería, carpintería, construcción, viveiros, maioristas… etc.

Todos os negocios están clasificados por categorías para que a navegación web sexa máis sinxela e intuitiva para o usuario e cliente potencial dos mesmos.

Sobre esta plataforma as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, destacaron que “en Mos temos a sorte, a pesares de ser un municipio cunha grande extensión e dispersión poboacional, e eminentemente rural, de ter todo tipo de negocios que nos permiten o autoabastecemento sen ter que saír da nosa localidade. Por iso en momentos de crise coma estes queremos axudalos e apoialos animando á poboación mosense a consumir do noso, porque xuntos é o xeito de que saiamos adiante e por iso decidimos desde a administración local mosense poñer en marcha esta ferramenta de fomento do consumo nos negocios locais. Apoiándonos os mosenses uns aos outros lograremos saír desta crise”. “Ademais, despois deste último varapalo derivado da segunda onda da Covid-19, queremos aportar positivismo e dar ferramentas para que os negocios en xeral e a máis damnificada, a hostelería en particular, se reinventen e desenvolvan alternativas que lles permitan a subsistencia”. Concluíron.

Formación complementaria e gratuita para o comercio local

Ademais, vinculada á creación desta nova plataforma web, a Axencia de Colocación de Mos impartiu o pasado verán un taller para empresarios e emprendedores sobre como posicionar o seu negocio en Internet co obxectivo de instruílos nos beneficios do posicionamento en Internet e que lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e implementación do seu negocio, dados os momentos actuais de crise económica derivada da Covid-19.

Así puideron aprender a levar o seu negocio a Internet, entre outros xeitos a través da plataforma municipal “Quédate en Mos”, ademais de optimizalo e buscar solucións a esta crise derivada da Covid-19. Os participantes coñeceron todos os trucos e pasos obrigatorios para que a presenza na Internet lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e posicionamento do seu negocio.

E puideron aprender todo o necesario sobre análise do seu cliente ideal, análise do seu producto, ferramentas gratuítas para buscar tendencias e novos nichos de mercado, web e plataformas de venda online, Redes Sociais, estratexia de contido para o seu negocio e automatización de procesos de venda así como Email Marketing.

O “Novembro Lila” trae a Baiona un mes dedicado a actividades contra a violencia de xénero

0

A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, “Novembro Lila”, trae consigo un mes dedicado a actividades contra a violencia á muller no Concello de Baiona.

O “Novembro Lila” é un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.

Esta programación vai un paso máis aló da estética dunha pancarta que berra “Non á violencia”, quérese entrar na cabeza do público para facelo reflexionar sobre a problemática da violencia machista e a desigualdade entre homes e mulleres, adaptándose ás diferentes idades do público xa que haberá actividades variadas para toda a cidadanía.

O “ Novembro Lila” conta cunha ampla programación que se redeseñou para adaptarse á actual situación sanitaria. Comezará  mañá mércores, 11 de novembro, ás 11:30 h coa conferencia en streaming “No camiño do vento” pola memoria de Sesé de Joshua Mateo. A veciñanza a poderá visualizar na ligazón da actividade que hay na páxina web municipal e tamén a través da canle de youtube do Concello de Baiona.  O outro lado da pantalla estrará o alumnado de 4ª da E.S.O. do  CPI

Cova Terreña e o do IES Primeiro de Marzo de segundo de
bacharelato, de formación profesional básica e do ciclo de animación sociocultural.

Continuarase o xoves,12, coa actividade “Contos pola Igualdade” ás 10:00 e ás 12:00h no CEP Sabarís e CEP Belesar e o Venres , 13, a mesma hora,  no CPI Cova Terreña e CEIP Fontes. O contacontos pola igualdade correrá a cargo de Paula Carballeira baixo o título “A valentía da Leona”.

A conferencia do sábado 14 ás 18:00h que se iba a celebrar no Multiusos Ángel Brediñana baixo o título “Amasar o pan, gobernar o mundo. Mulleres na historia de Baiona” que ía impartir o historiador local Anxo Lemos queda suspendida ata que a situación epidemiolóxica mellore. 

O 20 de novembro o alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural do I.E.S Primeiro de Marzo poderá  disfrutar do recital poético “O bo rollo vai rematar” de Dúas gamberras e un micro.

Mónica Sueiro, directora da Aula de Teatro de Baiona, interpretará “ Subterránea”,  para o alumnado do  CEP Sabarís.

Dende o luns 23 até o domingo 29 poderase disfrutar do Ciclo de Cortometraxes on line contra a violencia de xénero.  Os obxectivos do ciclo son dar visibilidade e sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e  fomentar a reflexión entre a poboación máis nova das diferentes formas de violencia machista.  Os cortos integran contidos diversos: o empoderamento, a violencia machista, a igualdade de oportunidades, os estereotipos de xénero. Os títulos dos cortos que poderá visualizar a veciñanza na ligazón da páxina web municipal, baiona-gal, son:  “El Orden de las Cosas”,“No aguanto a tus padres “, “Míente”, “Recursos humanos” ,    “Del azul al rojo “ ,  “Libre directo”.

O 25 N, mércores,  día internacional contra a violencia de xénero, está prevista a presentación das axendas igualitarias, dos traballos do proxecto “Non Cales”.  Irene Silva Xiráldez, pintora, gravadora e

ilustradora, veciña de Belesar, impartiu talleres a todo o alumnado que cursa 6º de educación primaria nos distintos centros da localidade. Un  total 96 alumnos y alumnas del CEP BELESAR , CPI Cova.

Terreña, el CEIP Fontes Baíña y el CEP Sabarís participaron no proxecto enmarcado en el IV Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.

Ese mesmo día tamén se prevé a inauguración da exposición de debuxos elaborados polo alumando de educación secundaria dos centros educativos da vila e a entrega de premios deste concurso . O “Concurso de debuxo e slogan contra a violencia de xénero” forma parte do proxecto ”Igualdade todo o ano”, promovido polo Concello de Baiona a través da Concellería de Igualdade, Mocidade e Novas Tecnoloxías e o Centro Municipal de Información á Muller, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, no marco da Liña dúas do Plan Concellos 2020.

As actividades do propio día 25 celebraranse dunha maneira ou outra dependendo da evolución da situación epidemiolóxica do Covid-19.

Os populares da Cañiza denuncian a licitación das luces de Nadal por 105.000€ para os vindeiros tres anos

0

Foto de arquivo do alumeado de Nadal do pasado ano.

O Partido Popular denuncia que o Goberno municipal non poña por diante as necesidades dos autónomos, comerciantes, hostaleiros e decida investir os recursos municipais en empresas foráneas.

O Goberno local publica estes días a licitación das luces de Nadal para os vindeiros tres anos por una contía que ascende a 105.074,87€. Isto supón una inversión anual en luces navideñas de 35.000 €.

Domínguez lamenta que o goberno municipal votara en contra de crear liñas de axudas para os autónomos da Cañiza en varios plenos celebrados desde o inicio da pandemia, argumentando que non ten cartos e que esta semana publique que vai a investir 105.000€ en luces de Nadal.

“Entendemos que o Nadal é unha época de celebración e que, este ano máis ca nunca, todos vamos a ter moi presente. Por iso, non entendemos como o Goberno Municipal, vota en contra de crear liñas de axudas para os autónomos da Cañiza, argumentando que non ten cartos e agora licita as luces de Nadal a unha empresa durante tres anos por un importe de 105.074,87€.”

Isto supón unha inversión anual en luces navideñas de 35.000 €, cando en anos anteriores este gasto non superaba os a 10.000 euros, e ademais contratábase a unha empresa local e non de fóra como agora.

“Na situación actual, o goberno municipal debe optimizar os recursos e priorizar as necesidades de saúde e económicas dos veciños. Cremos que tanto a hostalaría coma o comercio locais van precisar das axudas de todas as administracións para compensar as perdas derivadas da crise sanitaria que estamos vivindo”, engade o voceiro popular.

Galicia continua á baixa no número de casos activos de coronavirus e sitúase nos 9.869

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.869 deles 1.921 son da área da Coruña, 1.129 da de Lugo, 929 da de Ourense, 1.263 da de Pontevedra, 2.463 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 978 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 516 en unidades de hospitalización e 9.258 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.161 persoas curadas, rexistrándose 1.024 falecementos. O número de PCR realizadas é de 764.216.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais. Os datos de todos os centros afectados, pódense descargar dende esta ligazón.

O Concello de Tui prepara unha Guía da hostalería e restauración de Tui cos servizos de entrega a domicilio e recollida no local

0

O Concello de Tui, a través da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui, está a elaborar un directorio con todos os establecementos hostaleiros e de restauración do municipio  que ofertan o servizo de comida para levar ou de recollida no local. O obxectivo é aglutinar nun único espazo a ampla oferta gastronómica que ofrece a hostalería e restauración tudense e ao tempo apoiar a este sector nestes duros momentos, segundo explica a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Esta nova guía estará a disposición dos consumidores tanto en formato dixital a través da web municipal tui.gal coma nas redes sociais municipais, coma en formato físico cunha guía en papel que se distribuirá a través do comercio local.

Os establecementos que desexen figurar na guía co servizo que ofrecen deberán cumprimentar á maior brevidade posible o formulario accesible en tui.gal. A Guía dixital irase actualizando diariamente, pero para a edición impresa é preciso contar con todos os datos este xoves para poder proceder a súa pública e distribución no menor prazo de tempo posible.

Amais da Guía de servizos a través da plataforma do comercio local ÉTui, ofrécese aos establecementos de restauración o servizo de loxística para o reparto dos pedidos. Precisamente ÉTui contará cun espazo específico para este servizo de entrega de comida onde os consumidores poderán realizar o seu pedido e recibir os produtos seleccionados sen saír do seu domicilio.

Nigrán emprende as obras para construir un miradoiro de aves e dotar á contorna das dunas dun novo peche perimetral e de ramplas accesibles

0

O Concello de Nigrán concluirá esta semana as obras para dotar do primeiro observatorio de aves a contorna do espazo dunar de praia América-Panxón e para mellorar a súa accesibilidade, todo elo a través da subvención do GALP de 45.451,23€. Igualmente, este proxecto incluíu diferentes roteiros de sensibilización ambiental e tres xornadas de voluntariado coordinadas desde Amigos da Terra (unha está pendente de celebrarse) destinadas a erradicar por completo das dunas a herba carniceira e a margarida africana, dúas especies invasoras con gran presenza.

Nos vindeiros días estará listo o primeiro observatorio de aves de Nigrán na zona de protección ambiental da desembocadura do río Muíños e, acorde co programa municipal ‘Un Nigrán para todos’, o proxecto de accesibilidade tamén inclúe a adaptación da pasarela de madeira e da varanda existentes e a instalación de ramplas de madeira para o acceso á praia. Como elemento salientable e innovador figura o emprego no peche perimentral de 100 metros liñais de sogas grosas que substitúen ao antigo arame (xa moi deteriorado ou inexistente) e na pasarela da duna 100 metros de redes de pesca xa inutilizadas, todo elo doado por mariñeiros de Bouzas. Este material reutilizado (sogas e redes) vincula a actividade produtiva de Panxón co seu espazo de lecer e, ao mesmo tempo, fai fincapé no principio de sostibilidade ambiental.

“Trátase dun traballo global adicado a por en valor todo este ecosistema, tanto desde o punto de vista da sensibilización cidadá como desde a propia infraestrutura que o protexe, que agora será máis accesible, cunha estética máis coidada e un novo elemento como o observatorio de aves. Temos que salientar que estamos moi agradecidos aos mariñeiros de Bouzas porque nos doaron este material totalmente gratis, queríamos que nesta espazo estivera presente a pegada deste sector productivo e o vai a estar dun xeito acorde coa zona”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña a polivalencia deste proxecto denominado ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’ e que obtivo a máxima puntuación do GALP.

“Se ben o traballo corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando desde hai anos, nesta ocasión consideramos  innovamos coa circunstancia específica de traballar na accesibilidade, creando un miradoiro accesible, varandas de seguridade e pasarelas flexibles de madeira para acceder os areais. Todo elo acorde co proxecto “Un Nigrán para todos”, destaca.

O observatorio de aves mide 5×2 metros e está formado por pilares e peche de madeira para a observación da fauna na zona de protección ambiental. Actualmente non existe ningún espazo similar no municipio, e moitas aves sofren de estrés coa presenza humana. Este elemento permitirá a calquera persoa achegarse ao coñecemento da fauna mariña e costeira a unha distancia prudente pero o suficientemente cerca como para poder identificar as diferentes especies sen molestalas. No elemento haberá ocos de observación a diferentes alturas, un banco corrido e un pequeno mesado para o apoio de guías de identificación ou prismáticos.

Igualmente, estase a dotar dunha varanda de seguridade a pasarela existente na duna, ademais de substituír os elementos en mal estado e empregar medidas de seguridade adicional engadindo unha soga de corda sobre a que se amarra unha rede de pesca como peche.

Finalmente, como na actualidade todos os accesos desde o sistema dunar son de area, as persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida teñen problemas para achegarse, polo que se está a instalar unha pasarela flexible de madeira en catro puntos de acceso á praia que permita o paso de cadeiras de rodas, carriños de nenos/as ou camiñar de forma segura a persoas con muletas, bastóns, etc.

Concerto de Sés no Rosal este venres 13 de novembro, en vivo e en streaming

0

O Concello do Rosal aposta por unha cultura segura na que se priorice a saúde das persoas. Debido á actual situación epidemiolóxica, o Concello optou por reinventar e adaptar á nova realidade o concerto que a artista Sés dará este venres 13 de novembro no Auditorio Municipal (20:00 horas): será en vivo para un aforo reducido e vía streaming en aberto para o resto do público. “Nestes intres o que máis nos preocupa é a saúde de todos e todas, por iso seguimos apostando pola cultura, pero por unha cultura segura que nos permita seguir desfrutando pero minimizando calquera risco de contaxio. É momento de ser responsables en todos os eidos”, asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Nun momento no que as autoridades sanitarias manteñen restricións de acceso en moitos municipios e no que se están aplicando diferentes limitacións para minimizar o risco de contaxio, o Concello do Rosal limitará o aforo do concerto a un máximo de 50 persoas empadroadas no Rosal, medida coa que se pretende evitar a mobilidade xeográfica de todo público asistente.

Ao longo do día de hoxe sortearanse os boletos entre todas as persoas empadroadas no municipio que tiñan reservada a súa entrada para o concerto que se ía celebrar o pasado mes de outubro e que tivera que adiarse por motivos de saúde da cantareira. Persoal municipal poñerase en contacto telefónico con cada unha das persoas gañadoras para informarlles da resolución e confirmar a asistencia. En caso de non poder asistir ao concerto a entrada, que será nominativa, pasará á seguinte persoa da lista de agarda. Todos estes cambios tamén se notificarán vía correo electrónico a todas as persoas que tiñan reservada entrada para o concerto do mes de outubro.

O concerto poderá seguirse en directo vía streaming a través das redes sociais do Concello e da canle de Youtube da artista.

A Deputación acepta a proposta dos novos GES pero advirte á Xunta “que é a última vez que admitimos decisións unilaterais sen negociación previa”

A Deputación de Pontevedra insta á Xunta a convocar “de forma inmediata” á Comisión de Seguimento para pechar a decisión sobre os novos GES da provincia. O deputado provincial Carlos Font recordou que que “nos comprometemos a fixar posición en 24 horas unha vez que a Xunta nos remitira a documentación que levabamos días pedindo. Onte tivémola e en menos de 24 horas teñen a nosa resposta”.

Neste sentido, Font anuncia a posición favorable da Deputación á proposta sobre os novos emprazamentos, aínda que advirte ao goberno galego que “en cuestións que teñen que ser financiadas por ambas as dúas administracións, é a última vez que imos permitir que a Xunta o faga de xeito unilateral, sen pactar previamente as propostas. Se isto volve a ocorrer, engadiu o deputado, non asistiremos ás convocatorias que se fagan. Democracia, dixo, é acordar as decisións con anterioridade, e non actuar pola vía dos feitos e da imposición, algo que cada día é máis habitual na Xunta de Galicia”

O deputado sinala que a Deputación non se oporá aos novos GES aínda que subliña que na Comisión de Seguimento, que “esperemos que a Xunta convoque canto antes, plantexaremos que O Grove entre no sistema dos GES fora de convenios singulares. Entendemos que ao ser un istmo só se cubriría o seu territorio, dixo, pero foi un compromiso de fai anos da propia Xunta e pediremos que o cumpran”. Font tamén sinalou que “tamén seguimos sen entender a razón que leva á Xunta a incluír a Mos nunha dobre sede, cando segundo os propios mapas da Xunta de Galicia este concello está cuberto por isocronas de entre 10 e 15 minutos. Aínda así, dixo, ímolo a aceptar”.

Carlos Font, que recordou que as deputacións terán que facer un investimento de 112.000 euros por cada un dos novos GES, “e iso significa preto dun millón de euros que aportaría a Deputación de Pontevedra”, mostrou a satisfacción do goberno provincial “porque finalmente triunfara a nosa posición sobre a necesidade do modelo de isocronas que esta Deputación leva anos a defender para a provincia”.

Pola contra, o deputado tachou de “ridícula e infantil a estratexia destes días nos que vimos un desfile circense e escalonado de cargos públicos do PP, para denunciar non sabemos que cousas, e que demostra ás claras a administración autonómica que temos”

Sanidade mantén abertas diversas investigacións relacionadas coa venda ilegal de probas diagnósticas da Covid-19 na nosa comunidade

A inspección de servizos sanitarios da Consellería de Sanidade ten coñecemento de mensaxes publicitarias e puntos de venda relacionados coa probas diagnósticas da Covid-19 (PCR, test de anticorpos,  antíxenos,…), realizados por entidades que non dispoñen de autorización sanitaria. Ao respecto Sanidade lembra que está prohibida a prestación de actividades sanitarias sen a debida autorización.

En aras de protexer á poboación de prácticas irregulares, o departamento sanitario galego subliña que, no ámbito clínico, só se poden realizar este tipo de probas nos centros de diagnóstico autorizados pola Consellería de Sanidade e rexistrados no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios.

Á marxe destes centros sanitarios autorizados, esta actividade sanitaria non ten garantida nin a súa seguridade nin a súa fiabilidade e, por tanto, desaconséllase a súa utilización, xa que non se verificou o cumprimento dos requisitos técnico-sanitarios esixidos para a súa autorización.

Neste tipo de probas, tanto a prescrición como a súa interpretación debe estar mediada por un profesional sanitario, para evitar que, unha mala interpretación do resultado, conduza a consecuencias negativas de calquera índole.

Para evitar eses danos, Sanidade remarca que está prohibido publicitar directamente ao público estes produtos sanitarios, por requirir que a súa aplicación sexa por parte de profesionais sanitarios.

En canto aos reactivos, produtos, materiais, instrumentos, etc. utilizados para a realización de probas diagnósticas co obxecto de detectar a infección por coronavirus, Sanidade lembra que son produtos sanitarios de diagnóstico in vitro, e para a súa comercialización en España deben de cumprir coa normativa establecida.

Na actualidade, os test para o diagnóstico da Covid-19 que se atopan no mercado europeo están indicados unicamente para ser usados por profesionais sanitarios. Ademais, teñen que estar provistos do marcado CE, distintivo que declara a conformidade do produto cos requisitos de seguridade, eficacia e calidade establecidos na lexislación, e que debe figurar na etiquetaxe e nas instrucións do produto e, en ningún caso, están clasificados como de uso doméstico.

O Ministerio de Inclusión flexibiliza o acceso da hostalaría á prestación extraordinaria por suspensión de actividade

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións adoptou un criterio, a través da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, polo que flexibiliza o acceso á prestación extraordinaria por suspensión temporal da actividade para traballadores autónomos (detallada no artigo 13 do RDL 30/20202).

O artigo 13 da Real Decreto-Lei, no que se decretaron as axudas aos autónomos e que foi acordado coas principais asociacións de autónomos, indica entre os requisitos para o acceso a esta prestación que os traballadores autónomos estean “afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19”.

Co criterio, especifícase que os hostaleiros que non realicen servizo a domicilio ou de recollida en local poderán presentar unha declaración responsable para acceder a esta prestación. Esta ampliación prodúcese despois de que nalgúns territorios suspendeuse a actividade da restauración, salvo no servizo a domicilio, co obxectivo de mitigar a propagación da COVID-19.
A contía desta prestación é o 50 % da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desenvolvida, unha cantidade que se incrementa un 20 % se o traballador autónomo é membro dunha familia numerosa, ou do 40 % se convive con parentes de primeiro grao con dereito a esta prestación. Ademais, queda exonerado de pagar as cotas pero o período cóntalle como cotizado.

Os traballadores autónomos, tanto se realizan actividade a domicilio coma se non, poden solicitar a prestación compatible coa actividade se rexistran unha caída de facturación do 75% respecto ao último trimestre do ano pasado ou do 50 % en relación co primeiro trimestre de 2020 segundo resulte de aplicación a disposición adicional cuarta ou o artigo 13.2 do RDL 30/2020.

O pasado 30 de outubro, a Seguridade Social abonou 234,21 millóns de euros a máis de 256.000 traballadores autónomos aos que lles foi recoñecida algunha das prestacións postas en marcha para paliar a situación deste colectivo como consecuencia da pandemia da COVID-19. Deles, case 15.000 foron beneficiarios da prestación por suspensión temporal da actividade.
En outubro, rexistráronse de media 3,265 millóns de afiliados á Seguridade Social no Réxime de Autónomos, 1.816 máis que en setembro. Con este aumento superouse a cifra marcada en febreiro, antes da pandemia.

O doutor en Economía Damián Copena Rodríguez, gañador do VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anuncia que o doutor en Economía e profesor da Universidade de Oviedo Damián Copena Rodríguez resultou gañador do VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey 2020 polo seu proxecto de investigación titulado “Manexo comunitario dos recursos naturais: pasado, presente e futuro dos montes veciñais en man común de Ponteareas”.

Os obxectivos deste traballo, dotado polo Concello de Ponteareas con 3.000 €, son caracterizar e analizar a dinámica histórica dos montes veciñais en man común do concello de Ponteareas, identificar e caracterizar as institucións de manexo comunitario dos recursos naturais que a partir da acción colectiva xestionan o monte e divulgar o traballo das entidades de manexo comunitario dos recursos naturais que a partir da acción colectiva xestionan o monte veciñal no concello de Ponteareas.

Ademais, o traballo do doutor Damián Copena, nado en Ribadetea, analiza o grao de cumprimento dos principios da premio nobel Elinor Ostrom (ver debaixo) por parte das institucións de manexo comunitario dos recursos naturais que a partir da acción colectiva xestionan o monte veciñal en man común existentes no municipio ponteareán.

O xurado salientou os obxectivos realistas deste proxecto, a súa gran profundidade científica, a importancia da economía ecolóxica e a posta en valor dos baldíos de Ponteareas.

“A importancia dos premios Fermín Bouza Brey é, precisamente, visibilizar traballos e estudos relevantes con base científica, rigorosos e mesmo aplicábeis á mellora do noso día a día, tal e como acontece neste caso, en que o doutor e profesor Damián Copena profundiza no destacado papel das comunidades de montes e do ben común que manexan” subliña Fernando Groba.

PRINCIPIOS OSTROM

  1. Límites definidos con claridade que determinen quen ten acceso ao procomún e quen non.
  2. Regras que limiten o tempo, o lugar, as tecnoloxías e a cantidade de recursos que se poden utilizar así como a cantidade de traballo material e cartos que se deben dedicar ao procomún.
  3. Garantir que os membros determinen democráticamente as regras e as súas modificacións no tempo.
  4. Garantir que quen supervise as actividades que se desenvolvan no procomún sexan membros do mesmo ou alguén que resposte ante eles.
  5. Sancións proporcionadas impostas polos outros membros coa fin de evitar castigos excesivos que poidan agriar a súa participación futura e xerar malestar na comunidade.
  6. Establecer medios para acceder con rapidez a unha mediación privada.
  7. Que as autoridades públicas reconozan e aproben a lexitimidade de las regras fixadas polo procomún.

Tomiño retoma a programación cultural este fin de semana no auditorio de Goián cunha estrita normativa de seguridade sanitaria

0

Tomiño retomará este fin de semana a súa programación cultural despois do parón temporal decretado trala entrada na alerta vermella durante o pasado mes para frear a expansión da COVID-19 no municipio. A programación desenvolveráse durante o fin de semana no auditorio de Goián, cumprindo estritamente a normativa de seguiridade.

O sábado 14 o público asistente poderá desfrutar do monologuista e actor Federico Pérez, ao que coñece media Galicia por Moncho (Era Visto!) ou por Josito (Padre Casares). Federicorecoñece ter aprendido todo nas tabernas e agora considera que é hora de compartir este coñecemento co gran público levando ao escenario a súa experiencia como humorista. O prezo será de 3 euros.

O domingo 15 a cousa irá de teatro. A obra “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” fará sen dúbida as delicias dos máis pequenos. Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. As entradas terán un prezo de 3 euros para os adultos e de 1,5 euros para os nenos e nenas.

As entradas poden ser reservadas a través do mail [email protected] ou chamando ao 986 62 20 01. A organización agradece que se leve o importe xusto.

Ponteareas participa no encontro da rede española de Cidades das Nenas e dos Nenos

O Concello de Ponteareas vén de participar no encontro virtual da Rede Española da Cidade das nenas e dos nenos, proxecto internacional promovido polo psicopedagogo, pensador e debuxante italiano Francesco Tonucci. A través do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, Ponteareas intercambiou con ducias de vilas e cidades españolas as experiencias centradas nas nenas e nenos que se puideron realizar nas cidades e vilas da rede en tempos de pandemia.

O concelleiro destacou a importancia que ten para o Goberno local o benestar das nenas e dos nenos, polo que é fundamental a súa participación e opinión. Con este obxectivo, durante o confinamento convocouse unha nova sesión do Consello da Infancia e Adolescencia, para consultar como estaban vivindo as nenas e nenos a situación de pandemia e as súas propostas para a volta á actividade.

“Ademais de facilitarlles recursos lúdico-educativos durante o confinamento, no marco da recuperación do espazo público para as persoas, facilitamos novos espazos seguros para o lecer da infancia na desescalada, coa creación de espazos seguros como o da rúa Fernández Vega ou a apertura dunha ciclovía no entorno do Parque da Perillana, así como coa renovación de diversos parques infantís na vila e nas parroquias” expuxo Miguel Bouzó.

As cidades e vilas participantes neste encontro coincidiron na necesidade de seguir apostando dende as institucións pola recuperación dos espazos públicos como zonas seguras para o lecer das e dos máis cativos, na liña marcada polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Salceda de Caselas premiada con dúas flores na súa primeira participación no certame ‘Vilas en flor’

O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir a distinción que outorga o certame ‘Vilas en flor’, que recoñece en forma de galardóns a traxectoria e as acción levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación medioambiental e a concienciación cidadá no coidado do entorno. Nesta primeira participación o Concello de Salceda recibiu dúas flores de honra, o que ven a avalar o traballo que se está a facer dende o Concello nos últimos anos, recoñecendo deste xeito as actuacións reais, conscientes e a longo prazo en materia de axardinamento, coidado do medio, e mellora da calidade de vida da veciñanza.

Lucía Pereira, concelleira de Turismo de Salceda, salientaba a importancia de contar con espazos verdes abertos “para o desfrute tanto da nosa veciñanza como das persoas nos visitan dende outros Concellos, hoxe máis que nunca, coa situación de pandemia que estamos a vivir”.

O pasado mes de outubro a Alcaldesa, Loli Castiñeira, e a Concelleira de Turismo, Lucía Pereira, acompañaron polo municipio ao xurado do certame, composto por persoas profesionais de recoñecido prestixio dos sectores do viveirismo, a xardinería e o paisaxismo, o turismo, a cultura e outros ámbitos relacionados con este programa en Galicia. O xurado recoñeceu o traballo realizado en aspectos como humanizacións de rúas, dotación de mobiliario urbano con elementos naturais ou creación de sendas fluviais e outros espazos verdes. Así mesmo, á hora de realizar a súa valoración, tamén puntuaron a creación de zonas de aparcadoiro disuasorias, fundamentais para obter un casco urbano ordenado.

Salceda conta nestes momentos con 8 km de sendas fluviais e uns 90.000 metros cadrados de espazos verdes novos ou recuperados, e de zonas humanizadas, o que se traduce en 8 metros cadrados de zona verde por habitante, dato que foi valorado moi positivamente por parte do xurado. Para obter estes resultados, o Concello destina en torno a 100.000 € anuais para empresas externas, aos que hai que sumarlle todo o traballo realizado polo persoal propio.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, agradeceu o traballo das corporacións que a precederon “e do persoal de vías e obras, desbroces, recollida de lixo, limpeza de rúas, etc, así como as tarefas de mantemento de parques e xardíns que realiza ACEESCA nunha proposta de integración laboral de persoas con discapacidade”.

“Salceda –afirmou a alcaldesa– está de noraboa, e este é un merecido premio ao traballo de moita xente que queremos agradecer. Hoxe máis que nunca, Salceda é de todos e de todas, e estas dúas flores de honra son unha boa mostra”.

A presidenta da Deputación pide que os prostíbulos “inclúanse na orde de restricións da Xunta”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de remitir unha carta á secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, apelando á súa sensibilidade e ás súas declaracións a favor do abolicionismo para que os prostíbulos e clubs de alterne se inclúan na listaxe de establecementos a pechar no marco da Orde de Restricións da Xunta de Galicia para facer fronte á covid-19. “É intolerable”, asegurou Silva, que se “tomen decisións moi restritivas para sectores fundamentais da nosa economía mentres os clubs de alterne e prostíbulos permanecen abertos”.

Na carta, –cuxo texto íntegro pode descargarse nesta ligazón– a presidenta da Deputación, amais de recordar que estes locais “son un foco de contaxio” con casos xa rexistrados nalgunha localidade da provincia de Pontevedra, chama a “actuar” con “rotundidade” porque “non podemos esquecer que estas mulleres son escravas, vulnerables e debemos protexelas”. Amais, neste contexto, a presidenta provincial aproveitou a ocasión para pedir que se poñan en marcha axudas económicas para paliar a situación de vulnerabilidade das mulleres afectadas, e amosou o seu desexo de que este paso sexa “o inicio do peche permanente destes locais, verdadeira lacra para unha sociedade xusta e igualitaria”.

Carmela Silva amosou a súa confianza en López Abellá para que a petición “non caia en saco roto” e expresou a súa total disposición para colaborar “nesta xusta demanda”. Neste eido, a presidenta recordou que, “por riba de cores políticas”, xa durante a última xornada de comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres da Universidade de Vigo, fixo un “recoñecemento público” á secretaria de Igualdade da Xunta pola súa posición “rotunda” a favor da abolición da prostitución. “Esta posición abolicionista, que recoñecemos, ten que ir acompañada de actuacións. Esperemos que así sexa”.

O Goberno local da resposta a unha demanda histórica de Cesantes coa instalación dun semáforo na N-550 preto do CEIP Outeiro das Penas

0

O Concello de Redondela instalará un semáforo na estrada N-550 nas inmediacións do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, dando resposta dese xeito a unha demanda histórica da veciñanza e mellorando a seguridade viaria nunha zona que rexistra un alto tránsito de peóns xa que é paso obrigado do Camiño de Santiago e do alumnado e familias do CEIP Outeiro das Penas.

O Goberno local xa remitiu toda a documentación ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) quen expediu a correspondente autorización para que o Concello poida comezar cun traballo que a veciñanza leva reclamando dende hai anos sen que, ata o de agora, se lle dera solución ao que é un problema grave de seguridade.

O paso de peóns regulado por semáforo, quedará instalado entre as dúas paradas de autobuses e a intersección de acceso ao CEIP Outeiro das Penas.

Cómpre lembrar que, nesa liña de actuación, o actual Goberno local foi quen de, en menos dun ano, dar tamén resposta á inseguridade viaria existente en Angorén, na parroquia de Chapela, instalando outro semáforo para permitir que alumnos e alumnas do CEIP Alexándre Bóveda puideran cruzar a N-552 sen risco algún.

Ámbalas dúas actuacións eran “demandas da veciñanza que levaban anos sen ver satisfeitas e que este Goberno, á súa chegada ao Concello, considerou como de absoluta prioridade”, explica a alcaldesa Digna Rivas para quen “non hai nada máis importante que a seguridade dos nosos nenos e nenas e da veciñanza que circula a pe por estas dúas zonas e que, agora, poderá facelo de xeito máis seguro”.

O BNG cualifica a adquisición dos terreos do antigo Colexio Igrexa como “moi positiva para Chapela”

0

O BNG de Redondela cualificou de “moi positiva para Chapela” a adquisición dos 1.500 metros cadrados do antigo Colexio Igrexa que, segundo o portavoz nacionalistas, Xoán Carlos González, “convértese nun recurso máis nas compensacións de Fomento da ampliación da autoestrada”.

Destacan o edil nacionalista, “que os seus votos a favor permitiron desbloquear o acordo. “O voto encontra do PP, deslexitímaos para prantexar calquera alternativa para esta parcela”, engade. “Como xa fixemos no 2015, apoiamos a expropiación do colexio, para a contrucción dun novo. Quedámonos sós na defensa dunha moción para que se mantivera o vello edificio educativo, e convertelo en dotación para Chapela. Agora continuamos na liña de compensar á parroquia, para construír un novo edificio multifuncional”, recorda González.

O portavoz do BNG criticou o que cualificou de “actitude oportunista do resto de forzas políticas, que en función de estar na oposición ou no goberno, adaptan as súas decisións” e lembra que cando se propuxo o convenio do 2015, AER, abstívose. Agora o PP, vota en contra. Nunha moción do BNG para manter o edificio educativo, ningún outro grupo apoiounos”. “Frente a este xeito de facer política, o BNG actuamos con rigor e responsabilidade, apoiando as propostas que consideramos positivas para a veciñanza, como neste caso en Chapela”, salienta.

Recorda que xa prantexaron dous elementos que debe contemplar o deseño do edificio, un novo local para servizos sociais, e un espazo específicamente adicado ao traballo da violencia contra as mulleres, en memoria de Sesé Mateo, veciña asasinada pola súa exparella hai varios anos. Aínda con eses usos, quedaría moito espazo para uso dos colectivos.

“Imos seguir traballando acadar o compromiso do Goberno municipal, para que neste espazo de máis de 1.500 m se constrúa un edificio que sexa compatíbel coas nosas propostas dos grupos, e as demandas dos colectivos”, remata a nota do grupo municipal do BNG.

Carmela Silva reivindica a bandeira da igualdade na xornada ‘O mar das mulleres’, “sen ela todos os demáis obxectivos non se poden conseguir”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou hoxe a bandeira da igualdade, “sen ela todos os demais obxectivos non se poden conseguir”, na apertura da VI Xornada sobre ‘Bo uso e mal uso do mar’, que este ano leva por título ‘Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans’, organizada pola Uvigo e coa colaboración da Deputación e do Consello da Cultura Galega. No acto telemático participaron tamén o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto; a coordinadora da xornada María Álvarez Lires; a representante do Consello da Cultura Galega María Xosé Porteiro; e a coordinadora da Sección Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, Elena Vázquez Cendón.

É fundamental a reflexión dende o coñecemento e a proposta activa para producir cambios e transformacións que son esenciais para nós, e especialmente nun sector coma este no que as mulleres fomos protagonistas pero sempre silenciadas e invisibilizadas”

Trátase dunha “xornada máis imprescindible que nunca” –enxalzou a presidenta– “É fundamental a reflexión dende o coñecemento e a proposta activa para producir cambios e transformacións que son esenciais para nós, e especialmente nun sector coma este no que as mulleres fomos protagonistas pero sempre silenciadas e invisibilizadas”. Neste eido, Carmela Silva tamén destacou que se trata “dun compromiso coas mulleres e co medio ambiente, moi necesario neste momento que nos enfrontamos a unha pandemia global e que ten que ver coa perda da diversidade”. Amais, a presidenta provincial fixo fincapé en que “queremos aportar coñecemento e compromiso” e amosou o seu orgullo por estar rodeada na xornada de mulleres “que se poñen a fronte do cambio”. Ao respecto, Silva fixo o seu recoñecemento a “todas as mulleres referenciadas” que participaron no acto e definiu a Mari Lires como “unha muller imprescindible que dende o coñecemento, a análise o estudo leva tanto tempo demandando a posición das mulleres e a perspectiva feminista”. “Cada vez somos máis imprescindibles para transformar o mundo”, concluíu.

A presidenta da Deputación aplaudiu as dúas iniciativas de maletas, “unha feminista e a nosa, que é unha maleta viaxeira que chegará aos centros educativos, elaborada por Mari Lires e o seu equipo”. Así, na primeira parte da actividade tivo lugar a presentación dunha maleta feminista para traballar os ODS, de Batera 2030, Observatorio Feminista da Axenda 2030, a cargo de Patricia Ponce e Amaia Iguaran. E, na segunda parte, as dúas investigadoras da Universidade da Uvigo, María Lorenzo e Tamara Amorín, que desenvolveron os materiais O mar das mulleres nas túas mans, co apoio da Deputación, presentaron a nova proposta “A maleta dos océanos”, un paso máis do proxecto “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” e “O mar das mulleres”, e tamén fixeron un balance da acollida da exposición itinerante “Sustentabilidade en feminino”.

A ‘Maleta dos Océanos’ está directamente relacionada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, ao ter relación coa educación de calidade, igualdade de xénero e a vida submarina. E, no seu interior, hai propostas didácticas, todas elas protagonizadas por unha nena, Emma, que levan por título ‘Planeta azul’, ‘Océanos en perigo’, ‘Mulleres redeiras, da salga e da conserva’, ‘O marisqueo a pe’, ‘Investigadoras mariñas’ e ‘Educación para a sustentabilidade’. O obxectivo xeral da xornada é impulsar un espazo de intercambio para o coñecemento de estratexias e contidos da Axenda 2030, dos ODS e do seu impacto na vida das mulleres, das nenas, dos nenos e dos colectivos vulnerables.

Gondomar distinguido co Premio Gran de Área de Aportación á Arquitectura 2020

0

O proxecto de recuperación do contorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, desenvolto polo arquitecto Santos Vila González, foi distinguido con este galardón que, anualmente, concede o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), e que destaca o proxecto por recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a vila coa Igrexa de San Miguel, en Peitieiros.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, manifestou a súa satisfacción ante este recoñecemento “para o noso pobo, no que traballamos para que se converta nun referente de espazos públicos pensados para a veciñanza e o seu goce”.

A actuación executada contou cun investimento de 48.656 euros no marco do Plan Concellos da Deputación, e centrouse na contorna do Peto de Ánimas de Piñero co obxectivo de reurbanizar esta zona destacando o seu valor patrimonial. Para iso creouse un espazo de protección en torno ao Peto de Ánimas e habilitáronse dous accesos á praza refundida mediante dous chanzos.

A execución deste espazo aberto crea unha bancada con dúas plataformas de madeira a forma de banco “para fomentar o encontro dos cidadáns, delimitándose coa plantación de árbores e dotándo de iluminación todo o espazo.”

Paco Ferreira subliña que “recuperar aos poucos a gran riqueza patrimonial e etnográfica coa que contamos é un dous obxectivos deste equipo. Estas pezas forman parte da nosa historia e, sen dúbida, é un atractivo turístico que se suma aos moitos que xa ten Gondomar, e neste sentido seguiremos traballando”.

Por último, o alcalde congratúlase do cambio de tendencia logrado nestes últimos anos no que Gondomar “ocupa as páxinas de actualidade coa aprobación e posta en marcha de proxectos que están a convertilo nun referente no sur da provincia de Pontevedra, lonxe da imaxe negativa que o perseguía en anteriores lexislaturas”.

O Banco de Alimentos lanza a súa primeira Gran Recollida virtual, mentres atende xa un 40% máis de persoas

A Fundación Provincial Banco de Alimentos, con sede en Vigo e delegación propia en Pontevedra, lanza a que será a súa primeira Gran Recollida (GR2020) integramente virtual, mentres atende xa a un 40 por cento máis de persoas vulnerables como consecuencia da pandemia.

Así o informaron hoxe en rolda de prensa o presidente e vicepresidente da entidade, Pedro Pereira e Iván Martínez, respectivamente, acompañados polo máximo responsable da ONG en Pontevedra, José Luis Doval. “2020 está a ser un ano moi duro, pero o que vén será aínda peor”, indicou Pereira, á vez que sinalou que “o perfil” das persoas que reciben alimentos é diverso “algunhas delas, xamais pensaron en estar onde se atopan hoxe”.

Ao non poderse recoller comida de maneira física nos supermercados adheridos á campaña, todas as doazóns serán económicas ao pasar por caixa, ao longo da próxima semana, do 16 ao 21 de novembro. As persoas que queiran colaborar farano achegando 1€, 3€, 5€, 10€ ó 20€, un importe que aparecerá reflectido no ticket de compra como doazón aos Bancos de Alimentos que formamos parte da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Así mesmo e desde xa, poden adquirirse cestas solidarias de alimentos de 10€, 20€ e 30€ a través da nosa web: www.bancoalimentosvigo.org e realizar achegas dinerarias vía BIZUM co código 01139.

Non haberá voluntarios Nesta Gran Recollida (GR2020), non se mobilizará aos 2.000 voluntari@ s cos que se contaba todos os anos, senón que será persoal habitual da Fundación Provincial Banco de Alimentos o que estará presente nos distintos centros comerciais para levar a cabo labores informativos. Trátase de que as persoas que vaian aos supermercados durante a semana do 16 ao 21 de novembro conten con información ‘in situ’ da campaña, a través destas persoas perfectamente identificadas con chalecos corporativos da ONG.

Padriños e madriñas con #granrecogidavigoypontevedra

Tampouco haberá un padriño ou madriña sorpresa como viña sendo tradición no Banco de Alimentos en cada GR, senón que, nesta ocasión, contaremos coa implicación activa da nosa ‘pequena-gran familia’ de embaixadores á campaña en redes sociais co hashtag: #granrecogidavigoypontevedra. Dita acción será similar á que realizamos en pleno confinamento, durante o mes de abril e impulsada polos cantantes Amaro e Iván Ferreiro, titulada #yoayudoalbancobueno e que foi todo un éxito recadando preto de 100.000 quilos de comida.

Animaremos ás persoas, unha vez realizado o seu donativo económico no supermercado, que adquirisen unha cesta solidaria a través da nosa web ou achegasen por BIZUM que se fagan unha fotografía cun cartel que poña # granrecogidavigoypontevedra, compártana nas súas redes sociais e nomeen a dúas persoas para que fagan o mesmo.

“Desde que comezou a crise sanitaria o pasado mes de marzo, unhas 8.000 persoas sen recursos máis, rozando xa as 30.000, reciben alimentos en toda a provincia de Pontevedra, unha cifra nunca rexistrada ao longo dos 25 anos da nosa actividade humanitaria”, manifestou Martínez.

Actividade Vigo e Pontevedra

A Fundación Provincial Banco de Alimentos, creada en Vigo hai 25 anos e con delegación en Pontevedra desde 2014, repartiu a nivel provincial e durante os seis primeiros meses deste 2020, un total de 1.001.425 quilos de comida cubrindo así o 35 por cento das necesidades dos seus destinatarios.

No caso de Pontevedra e a súa comarca, ao redor de 350.000 quilos de alimentos ata outubro. A ONG desde a nave da rúa Faustino Santalices atende xa a unhas 6.000 persoas vulnerables, a través dos 36 colectivos sociais cos que traballa.

O Banco de Alimentos, que se caracteriza por ser apolítico e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta.

Baiona énchese de cor

0

A rúa Elduayen de Baiona énchese de cor e de verde coas plantas e as árbores que o Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, plantou nunha das principais rúas da localidade.

Por unha banda, os operarios municipais han plantado 22 árbores entre metrosideros e eugenias, cambiando así o aspecto da rúa ao colocar elementos verticais que a animen. O metrosideros é un desas árbores que produce gran cantidade de flores. Mentres que a Eugenia myrtifolia é un das árbores pequenas ou arbustos que con máis forza están a se impoñer nas zonas verdes grazas á súa gran adaptabilidade e a súa beleza.

Ademais, tamén se colocaron 15 xardineiras nesta vía baionesa e na rúa Virxe do Pilar que dá continuidade á de Elduayen. Os traballos que se realizaron céntranse en acondicionar a terra, abonala e plantar as novas plantas. O tipo de flor utilizada é o cyclamen. O mantemento levará a cabo polos operarios municipais que controlarán o abonado e a limpeza das malas herbas.

A Concellería de Medio Ambiente, á fronte de Rosa María Domínguez Roda, tamén plantou flores nas xardineiras do entrono de Santa Liberata. O tipo de flor utilizada nesta ocasión foron tuyas e cyclamen.

Continúan baixando os casos activos por coronavirus en Galicia, situándose xa por debaixo dos 10.000

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.952 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.148 da de Lugo, 1.021 da de Ourense, 1.247 da de Pontevedra, 2.455 da área de Vigo, 1.170 da de Santiago, e 1.013 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 9.343 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.573 persoas curadas, rexistrándose 1.009 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 756.759.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia o deterioro acelerado do servizo de atención primaria no municipio

0

Foto de arquivo dunha concentración este verán da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal.

A Plataforma para a defensa da Sanidade Pública do Rosal creouse para loitar contra o deterioro progresivo que desde hai anos está a sufrir o servizo de atención primaria no Rosal, consistente, entre outras eivas, na deficiente dotación de persoal sanitario, que se agravaba  ao non cubrir o Sergas as vacacións do persoal ou as baixas médicas. A plataforma formouse a partir dunha ampla base de participación social, formando parte dela representantes do concello, de todos os partidos políticos con representación municipal, do persoal sanitario, do asociacionismo e da sociedade rosaleira en xeral. 

Actualmente, a xestión que a Consellería de Sanidade fai da crise sanitaria provocada pola COVID-19, eliminando a asistencia médica presencial e aumentando a carga de traballo dun persoal facultativo que xa antes da pandemia resultaba claramente insuficiente para atender ao total da poboación, está a acelerar o proceso de deterioro do servizo de atención primaria, poñendo así en perigo a saúde dos rosaleiros e rosaleiras.

Co argumento de evitar contaxios por acumulación de público nunhas instalacións cun tamaño  insuficiente para a situación de emerxencia sanitaria, pechouse o Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón e a consulta de pediatría centralizouse no centro de saúde da Guarda. Ao mesmo tempo substituíuse a atención sanitaria presencial pola telefónica e reduciuse o aforo das salas de espera obrigando aos pacientes a facer cola fóra do centro de saúde para recibir atención.

Aínda que nun primeiro momento a poboación entendeu a situación como algo necesario para acabar coa pandemia e se entendía que a administración sanitaria precisaba tempo para, partindo dunha situación de deterioro provocado por anos de recortes, adaptarse ás novas necesidades que se presentaban, tras a relaxación das medidas sanitarias coa chegada de verán O Rosal volveu a quedar sen persoal médico durante as vacacións, a consulta de pediatría non se recuperou e o Centro de Saúde de San Miguel continúa pechado.

A Plataforma destaca a falta de información por parte do Sergas da incidencia de casos en cada localidade, que utiliza unha escala de cores cuns rangos enormes que ocultan a situación real e que impide coñecer os contaxios en cada municipio, o que non axuda a crear unha conciencia cidadá clara á hora de tomar as debidas precaucións con responsabilidade.

En opinión da plataforma SOS Sanidade Pública, a atención primaria accesible e próxima que ofreza unha asistencia integral de saúde está en perigo de desaparición. O persoal dos centros atópase desbordado pola burocracia, os rastrexos, as probas e as demandas dunha poboación, angustiada pola pandemia e as demoras na asistencia. Como consecuencia moitas persoas están a recorrer á sanidade privada que busca facer negocio coa saúde. Ademais, o desinterese da Consellería de Sanidade e do Sergas fai que os traballadores sexan quen están soportando inxustamente as queixas e o malestar dunha poboación frustrada e preocupada polas dificultades de acceso á asistencia.

No Rosal, debido a que as consultas seguen a ser telefónicas, resulta cada vez máis difícil conseguir algo tan sinxelo como que se colla o teléfono para solicitar unha cita médica, o que fai que o malestar social sexa cada vez máis elevado e se produza unha profunda deterioración da imaxe do sistema sanitario público.

Se ben dende a Plataforma teñen en conta das dificultades que están a existir para a contratación de persoal facultativo, non atopan xustificación para que a Consellería de Sanidade non contrate persoal administrativo e de servizos que poida descargar ao persoal de medicina e enfermería de labores burocráticas, o que diminuiría a súa carga de traballo.

Por todo o antes exposto, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal:

  1. Manterá en suspenso as concentracións dos mércores mentres a situación sanitaria non o permita.
  2. Esixe que a Consellería de Sanidade reciba a unha representación municipal que poida expor as necesidades da atención primaria no concello.
  3. Propón a creación dunha mesa institucional formada polos alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño para presentar unha fronte común para a resolución dos problemas sanitarios da comarca.
  4. Esixe que se dote ao centro de saúde do Rosal de persoal de administración e servizos  e que se amplíen as liñas telefónicas para que a poboación poida ser atendida convenientemente.
  5. Esixe que se adapte provisionalmente o centro de saúde ou se habiliten outros espazos dispoñibles no concello para poder acoller á xente que precise de atención presencial.
  6. Reivindica que se dote ao Rosal co persoal médico e de enfermería que recomenda a OMS para atender correctamente á súa poboación.
  7. Esixe que se atenda convenientemente ás persoas que teñen que ser trasladadas aos hospitais de Vigo para tratamentos periódicos (diálise e outros).
  8. Apoia a reivindicación da Plataforma SOS Sanidade Pública e propón que se presente no vindeiro pleno a moción que están a presentar nos concellos e que sexa apoiada por todos os grupos políticos.

Tomiño ultima os pasos para o lanzamento da súa plataforma de venda online, ‘Atenda.gal’

0

O Concello de Tomiño está ultimando os últimos pasos para a posta en marcha da esperada plataforma de venda online para o comercio local, que levará o nome de ‘Atenda.gal’. Nun inicio espérase que a plataforma conte coa presenza de aproximadamente 20 comercios, aínda que posteriormente poida haber máis incorporacións.

A posta en marcha da plataforma espera poder aproveitar o impulso de partida que a campaña de Nadal vai proporcionar ao comercio local, ademais de aproveitar unha fiestra comercial nun momento no que unha nova reclusión domiciliaria é unha posibilidade a ter en conta, coas repercusións que isto ocasionaría nos negocios máis pequenos.

Para conseguir que a plataforma partise dunha base o máis sólida posible, o Concello de Tomiño organizou, a través do seu Departamento de Promoción Económica e Comercio Local, un plan de formación dos seus comerciantes para dotalos de ferramentas e coñecementos nas novas tecnoloxías dixitais. O programa, iniciado en maio de forma online debido á pandemia, contou coa axuda de varios formadores que proporcionaron aos comerciantes pautas sobre o uso de redes sociais, fortalecer a presenza en Google ou realización e edición de fotografías entre outros moitos temas.

Logo de finalizar o programa nas últimas semanas, os comerciantes cubriron unha enquisa de satisfacción sobre a formación recibida cuxos resultados permiten apreciar unha satisfacción moi maioritaria: O 85,8% deles consideraron que grazas á formación están bastante ou moito máis preparados para iniciarse na venda online dos seus produtos, ademais de amosar o 92,8% un grao de satisfacción co curso notable ou excelente.

A alcaldesa, Sandra González, valorou positivamente a experiencia. “Cremos que esta formación vai dar un impulso moi importante ao comercio local á hora de adentrarse na venda a través de internet e esperamos que pouco a pouco máis comercios se dean conta da oportunidade que supón a nova plataforma e se vaian sumando tamén”, afirmou.

Arbo inicia o concurso de carteis para a LXI Festa da Lamprea

0

O Concello de Arbo convoca, un ano máis, o concurso de carteis con motivo da celebración da  LXI  Festa da Lamprea que terá lugar os días 23, 24 e 25 de abril do ano 2021. Sempre tendo en conta a evolución da Covid-19, o Concello de Arbo, adaptará como fixo no ano 2020, a celebración da que a súa festa máis importante, a Festa da Lamprea, declarada de interese turistico nacional no ano 2016.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a  LXI  Festa da Lamprea, promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio. Poderán participar no concurso todo aquel que queira facelo. O prazo para presentar as propostas finalizará o día 11 de xaneiro de 2021. Todas as bases están dispoñibles nesta ligazón.

As propostas serán entregadas en soporte físico (papel, tea, cartón…) nun tamaño mínimo A3, así como en soporte dixital a máxima resolución. Cada participante poderá presentar como máximo dous carteis por participante.

Como cada ano, nos carteis, deberán incluírse de maneira correcta as datas da festa, as letras e a edición da festa, correspondentes ao ano 2021: LXI Festa da Lamprea (23, 24 e 25 de abril 2020). Un erro nalgúns destes aspectos determinará a exclusión do cartel. Os materiais son de libre elección, poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas ou mesmo en collage. Iso si, deberán enviarse ben protexidas para protexer a súa conservación.

Establécense interesantes premios para os gañadores: un primeiro premio de 800 euros para o vencedor, 400 euros para  o segundo e 200 euros para os terceiros premios. Continuando coa tradición, os premios serán entregados na Gala da Lamprea, que terá lugar durante a celebración da festa do próximo ano. É condición indispensable que os gañadores estean presentes no acto para recoller o premio.

Segundo manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil, con este concurso preténdese promocionar e promover a nosa Festa da Lamprea, por algo se nos coñece como a Capital da Lamprea, e por que, desde hai 61 anos, celebramos esta festa culinaria, a máis antiga de Galicia.  En edicións anteriores deste certame recibimos propostas provenientes desde toda a xeografía española. É un certame que ano tras ano se converteu nun referente do mesmo xeito que a nosa festa.

Nigrán finaliza as obras que resolven o problema de verquidos de augas pluviais aos colectores de residuais paralelos ao río Muíños

0

O Concello de Nigrán rematou esta semana a través da empresa adxudicataria Sodein Soluciones Integrales os traballos para reducir os verquidos de pluviais aos colectores de residuais que discorren paralelos ao río Muíños, cun investimento de 103.000 €. Queda así resolto o problema que se producía nos momentos de moita choiva ao desbordarse as arquetas no tramo final do río e que, ademais, dificultaban o traballo da depuradora.

“O obxectivo final deste investimento era o de devolver ao río Muíños ao seu estado natural; desde hai décadas había este problema no curso final debido, en parte, ao aumento da presión humana, polo que adaptouse á nova realidade de Porto do Molle para poder xestionar ben as redes de pluviais, ao mesmo tempo aplicáronse técnicas de bioenxeñaría para que reparen o seu trazado natural e deixe de erosionarse artificialmente”, sostén o alcalde, Juan González.

O traballo, con proxecto de Santorio Arquitectos, consistíu en diferentes intervencións, encamiñadas todas elas a reducir as incorporacións de augas naturais aos colectores de residuais, minimizando o volume e frecuencia dos mesmos nos momentos de choiva abundante. Así, nuha primeira fase reparáronse os 40 pozos de rexistro (moitos presentaban filtracións e outros foron clausurados) para seguidamente instalar un equipo rototamiz fabricado ex-profeso para esta actuación e que se sitúa a escasos metros da depuradora co obxectivo de filtrar calquera auga que se puidera desbordar. A intervención incluíu a instalación de aliviadoiros e acondicionamento paisaxístico na contorna dos pozos que producen maior impacto visual.  A maiores, realizaranse traballos de bioenxeñaría fundamentalmente mediante a colocación de estaquillado natural (a base de estacas) nun total de 37 metros do curso fluvial e en tres puntos diferentes para protexer as marxes e frear o caudal (técnica novidosa que o Concello de Nigrán xa aplicou anteriormente neste río). Todo isto xunto evita que desborden as arquetas no tramo final e que a depuradora non reciba unha cantidade de auga excesiva para o seu correcto tratamento.