15.2 C
Pontevedra
Domingo, 9 de Maio de 2021
Máis
    HomeVal MiñorNigrán'Nigrán en Negro' e unha moción plenaria, iniciativas do Concello para conmemorar...

    ‘Nigrán en Negro’ e unha moción plenaria, iniciativas do Concello para conmemorar o 25N

    Este ano o Concello distribuirá máscaras negras ademáis das habituáis camisetas entre os establecementos soliciten participar (a través do CIM no 986 383081 ou mediante correo electrónico no cim@nigran.org)

    O Concello de Nigrán conmemorará un ano máis o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes accións revindicativas. Así, a iniciativa do Centro de Información as Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, centos de establecementos do municipio “vestirán” esa semana os seus escaparates de negro en sinal de loito polas víctimas de maltrato. Paralelamente, o goberno de Nigrán proporá unha moción institucional no pleno ordinario do 23 de novembro reiterando o seu compromiso para erradicar esta lacra da nosa sociedade.

    O ano pasado ao redor de 160 establecementos nigranenses de todo tipo participaron na campaña. Dende o Concello anímase de novo ao sector do comercio a implicarse nesta edición convertindo a localidade nun gran escaparate que transmita unha mensaxe de rexeitamento da violencia de xénero e solidariedade coas vítimas. Desde o Concello repartiranse carteis, camisetas, máscaras e demáis merchandising entre os establecementos comerciais (actualmente hai aberto un sorteo público a través da páxina do CIM de Nigrán en Facebook). Os establecementos que queiran participar só teñen que chamar ao teléfono 986 383081 ou enviar un correo electrónico a cim@nigran.org.

    Neste 2020 cúmprense 20 anos da designación desta data por Nacións Unidas. E un ano máis o Concello de Nigrán quere mostrar o seu apoio a tódalas vítimas: ás mulleres asasinadas, aos seus fillos e fillas orfos; ás súas nais, pais, irmáns, irmás, amigos. Por iso, desde o goberno de Nigrán proporase unha moción institucional no vindeiro pleno ordinario do 23 de novembro ratificando o compromiso do municipio cos dereitos das mulleres e a erradicación de calquera tipo de violencia contra elas.

    “Compartimos a súa dor, a súa desolación e combatemos a súa causa (…) A violencia de xénero non ten cabida na sociedade que aspiramos a ser, nin na democracia que queremos consolidar. Eliminala das nosas vidas e protexer ás vítimas non é unha opción, é unha obrigación. A violencia machista interpélanos a todos e as administracións locais debemos combatela con todos os medios ao noso alcance”, recolle a moción, que finaliza coa proposta de aprobación dos seguintes acordos plenarios:.

    1. Ratificar o compromiso firme do Concello coa igualdade de xénero, os dereitos das mulleres e a erradicación de calquera tipo de violencia contra as mulleres.
    2. Impulsar e/ou reforzar as medidas contidas na Lei Integral contra a Violencia de Xénero do 28 de Decembro de 2004 e no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero no marco das competencias municipais, así como o seu seguimento.
    3. Dotar dos recursos económicos adecuados os instrumentos de loita contra todas as formas de violencia contra as mulleres.
    4. Promover accións de prevención, sensibilización, difusión, acerca da Violencia de Xénero en mulleres maiores de 65 anos destinadas a mellorar o coñecemento dos seus dereitos e dos servizos dispoñibles para atendelas.
    5. Reforzar as medidas dirixidas atención ás mulleres que viven no mundo rural, aumentando o número de recursos especializados de atención de forma coherente coa realidade rural e a distribución xeográfica. Adaptación das campañas de prevención e sensibilización ás súas necesidades.
    6. Impulsar a colaboración coas entidades e asociacións da sociedade civil que loitan contra a violencia machista.
    7. Intensificar e adaptar todos os recursos dos que dispón o concello relacionados con atención a vítimas de violencia machista durante a pandemia.
    8. Combater os posicionamentos políticos que propugnen a negación da existencia da violencia de xénero ou rexeite a validez das políticas públicas enfocadas á súa total erradicación.
    9. Rexeitar todas as formas de violencia contra as mulleres e manifestar o noso compromiso coas vítimas.

    COLABORACIÓNS

    Bea Sanfa, unha visión moi persoal de plans, receitas, viaxes e moito máis

    A día de hoxe podemos dicir que contamos no noso xornal cunha nova colaboración moi interesante e auténtica a cargo da soberina Bea Sanfa. Para nós é unha ledicia poder contar con esta sección que de seguro vos axudará nestes tempos que estamos a vivir.

    Nee Barros Fernández, «Identidade»

    «Identidade» é unha peza teatral que chega a nós como o primeiro traballo de Nee Barros, e nos presenta a un autor ao que haberá que prestar atención na súa andaina polas nosas letras. Poderiamos falar, de primeiras, de que é un texto preñado de sinceridade e rotundidade, pois o título é bastante contundente e, por se houbese algúnha dúbida, leva un subtítulo aínda máis aclaratorio: «A normalidade do non-común». E tal é o alicerce sobre o que se constrúe a súa historia: a revelación da normalidade na construción dunha identidade.

    Movimiento máster, deporte para todas las edades

    Hace unas semanas, la Liga Europea de Natación (LEN) emitía un comunicado en el que anunciaba que el Campeonato de Europa de natación máster quedaba definitivamente cancelado. Previsto inicialmente para la primavera de 2020, se había pospuesto a mayo de 2021 en previsión de que la situación epidemiológica en esta fecha fuese más favorable, pero la realidad ha acabado imponiéndose a los deseos de organización y participantes.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    4 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    1 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    38 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    30 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    1 POSTS0 COMMENTS