Venres, 18 Xullo de 2025

Preto de 600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta

Preto de 600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos, que se fai de forma anticipada e separada, para ter así unha maior dispoñibilidade de profesionais para facer fronte ás necesidades derivadas da Covid-19.

En total, foron 586 as solicitudes de incorporación a estas listas: 23 nas categorías de titulado superior médico e outras (grupo I, categoría 2); 63 para ATS e outras (grupo II, categoría 2); e 500 solicitudes para auxiliar de clínica e outras (grupo IV, categoría 3).

Consulta das listaxes

As listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia. Os solicitantes disporán dun prazo de dez días hábiles desde hoxe, data da publicación das listas no DOG, para presentar reclamacións.

O nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios/as e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia está regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en residencias de maiores,  centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, centros para persoas con dependencia ou escolas infantís.

‘Mareas de coñecemento e experiencia”

0

A finais da semana pasada remataron os seminarios do curso “Mareas de coñecemento e experiencia” organizados pola Concellería de Servizos Sociais das Neves, e incluídos dentro do programa de democratización do coñecemento, da Universidade de Vigo.

Con 15 horas de duración, o curso constou de seis seminarios: tres sesións divulgativas de tipo teórico realizadas na Biblioteca Municipal, e tres prácticas con saídas a Taboexa e San Nomedio, e unha andaina polo Camiño dos Pescadores. Ademais de visualizar os aspectos teóricos do patrimonio das Neves, o alumnado puido comprobar os efectos dos incendios no medio rural ou practicar os efectos saudables da actividade física.

Aos seminarios asistiron seis persoas que obtiveron o correspondente diploma. Todas as actividades resultaron de grande interese para as e os participantes, que valoraron moi positivamente tanto a organización como o nivel do profesorado que impartiu as clases deste programa formativo, financiado pola Consellería de Política Social e a Deputación de Pontevedra.

Tomiño aproba no pleno municipal o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

0

Esta semana o Concello de Tomiño aprobou co voto a favor de toda a corporación municipal o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), un conxunto de accións que definirá a estratexia do municipio á hora de enfrontarse ao problema do cambio climático.

O texto aprobado presenta unha batería de medidas con fin de mitigar os efectos derivados do cambio climático, establecendo tamén liñas de acción que permitan ao municipio adaptarse ao mesmo tendo en conta os riscos e as vulnerabilidades locais. Como accións clave para este propósito, o goberno municipal priorizou a implantación de diversas medidas, algunhas delas xa aplicadas no municipio durante os últimos anos. Algunhas destas prioridades son:

  • A renovación das instalacións de iluminación pública, dos sistemas de calefacción e a instalación de fontes de enerxía renovables nos edificios de titularidade municipal.
  • Peonalización dos núcleos urbanos, potenciando a redución do uso de vehículos de combustión.
  • Establecemento dun sistema de préstamo de bicicletas e reducción da velocidade en vías para vehículos municipais.
  • Profundizar na implantación do modelo de compostaxe de resíduos orgánicos en todo o municipio, no marco do plan Revitaliza.

Tamén adquiren gran importancia medidas de adaptación á nova realidade climática, como por exemplo a mellora na rede de abastecemento, axudando e potenciando a xestión das comunidades de augas, ou a redacción dun Plan Municipal de Defensa contra os Incendios.

A redacción e elaboración do plan estivo subvencionada ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldías para frear o cambio climático, cun importe de 8.712,00 €, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e dos Fondos Feder da Unión Europea, baixo o lema «Unha maneira de facer Europa».

Arranca na Guarda a exposición “Sempre Vivas”

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, organiza a exposición “Sempre Vivas” para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

Nesta exposición participaron todos os centros educativos da Guarda, a Asociación Avelaíña, o Centro San Xerome e o Obradoiro de Emprego da Guarda e se pode visitar dende hoxe día 25 de novembro ata o 4 de decembro en horario de 9:00h a 15:00h na Casa dos Alonsos.

Queremos manter na nosa lembranza a todas as mulleres ás que lle despoxaron os soños, os recordos e o seu propio alento.  Todas as vidas que alguén decidiu que non merecían continuar e apagaron pola forza. 

O obxectivo desta exposición é homenaxear ás vítimas da violencia de xénero, para que non sexan borradas do mapa de balde. En certo xeito, queremos volver a darlle vida, enchendo as súas siluetas de cor, de mensaxes, de alento, … para que a súa lembranza permaneza en nós  e nos motive a reflexionar sobre o xeito en que nos achegamos á lacra da violencia machista como sociedade, pondo por bandeira a sororidade e a afouteza para combater e denunciar estas situacións. Queremos facer partícipes ás crianzas, porque elas son o futuro, e unha educación a favor da igualdade entre todas as persoas sen distinción de xénero ou condición é o comezo da andaina.

Dende o Concello da Guarda se quere facer un agradecemento a todos os centros educativos, institucións e entidades que participaron na elaboración do material desta exposición.

Campaña En Negro contra as Violencias

A Concellería de Igualdade do Concello da Guarda, con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, uniuse un ano máis á campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

Desde o Concello, púxose a disposición da cidadanía, establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería, camisetas e mochilas e xa destinado especificamente ao sector da hostalaría, pousavasos e panos para que do 17 ao 25 de novembro, vestisen as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes e  ás/ós propias/os traballadoras/es. A iniciativa foi un éxito, esgotándose todo o material da campaña.

Vídeo Manifesto polo 25N

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, elaboraron un vídeo no que deron lectura ao Manifesto do 25N, un vídeo no que se amosan os traballos elaborados polos centros educativos, institucións e entidades que participan na exposición “Sempre Vivas” para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

Ponteareas acomete novos traballos de mellora da seguridade viaria e da mobilidade

A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe o concelleiro Roberto Mera, iniciou novos traballos de mellora da seguridade viaria e da mobilidade en máis de 30 rúas da vila.

As actuacións que se están desenvolvendo consisten no repintado de máis de 30 pasos de peóns e na creación de 10 novos pasos, que se suman aos 15 creados en meses anteriores. Tamén se están habilitando zonas de visibilidade a carón de 20 pasos de peóns que, hoxe en día, carecen deles e son perigosos para os viandantes ao ter atrancos visuais como vehículos estacionados ou colectores de lixo.

Con esta actuación, que se suma a outras realizadas ao longo de 2020, o Concello estima que o 90% dos pasos de peóns da vila contan xa cunha franxa de visibilidade de 5 metros de longura que permite que os peóns, antes de cruzar, poidan observar con antelación os vehículos que se achegan e ser observados tamén polas persoas que os conducen. “Resolvéronse puntos especialmente perigosos como na Avenida de Galicia detrás do Concello ou en Reveriano Soutullo con Constitución, onde existía un risco elevado de atropelo por falta de visibilidade dos pasos de peóns, ocultos por colectores ou coches”, salienta Mera.

Paso de peons detràs do Concello actuándose para facer un cebreado que dea visibilidade do paso de peons e nova ubicacion da praza de mobilidade reducida.

Por outra banda, melloráronse unha ducia de prazas de estacionamento de persoas con mobilidade reducida. Neste caso, as prazas dotáronse dos cebreados de transferenza, até agora inexistentes na maior parte das prazas destas características, e que facilitan o acceso das persoas usuarias aos seus vehículos. Algunhas tamén foron reubicadas en localizacións máis axeitadas e ademais creáronse varias prazas novas. Esta actuación súmase á realizada en doce prazas máis nos meses anteriores.

Ademais, a sinalización vertical de limitación de velocidade a 20 km/h situada nas entradas da vila reforzouse agora co pintado da mesma sinalización sobre a calzada.

Estes traballos remataranse no mes de decembro e súmanse aos xa executados nos meses de maio, agosto e setembro pola Concellaría de Mobilidade e Tráfico. En maio, e trala saída da corentena, a concellaría de Mobilidade executou traballos de pintado para asegurar a continuidade de itinerarios peonís en lugares sen beirarrúas ou con estas interrumpidas e ampliou as zonas peonís sobre a calzada en rúas como Amado Garra, Castiñeira, Senén Canido, Emilio Rodríguez, Carballos ou Concha Brey, entre outras. No mes de agosto realizáronse actuacións de reordenación do tráfico nas rúas Braña, Fernández Vega, Castiñeira e Virxe da Luz e no mes de setembro nas rúas Carballos, Castañal, Orotava, Paseo Matutino, Pedra Pequena e Domínguez Benavides. En todas estas rúas procedeuse tamén á renovación e creación de novos pasos de peóns, asegurando a súa visibilidade e acometeuse a mellora ou creación de novas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida.

O Concello de Nigrán reinicia as obras da nova biblioteca co obxectivo de ter rematado o edificio no primeiro trimestre de 2021

0

O Concello de Nigrán reiniciou esta mañá de maneira oficial os traballos da Biblioteca Municipal tras firmar a dirección técnica e a construtora a acta de replanteo e comezo de obra. Deste xeito, Consvial S.L comprométese a concluír no prazo de tres meses o novo edificio tras resultar adxudicataria da parte non executada das obras por un importe de 973.056 € sobre un orzamento base de 1.117.428 € (as obras foran paralizados unilateralmente en xuño de 2019 por Civis Global provocando o cese do contrato por incumprimento grave do mesmo, feito que respalda o propio Consello Consultivo de Galicia).

A nova empresa está a realizar simultáneamente no centro do municipio unha urbanización de chalés e afronta agora o 60% dos traballos restantes da Biblioteca Municipal. Paralelamente, a ampliación do prazo por parte da Deputación de Pontevedra ao 31 de decembro de 2021 para ter rematado o edificio sen perder a subvención (axuda destinada á mellora de equipamentos, servizos ou dotacións singulares para municipios de menos de 20.000 habitantes) permitirá que o Concello asuma o 20% do custe e o ente provincial o 80% restante.

“Estamos moi satisfeitos porque ao fin podemos retomar esta obra con todas as garantías legais e co compromiso da empresa de tela rematada no primeiro trimestre de 2021”, destacou Juan González, alcalde de Nigrán, no acto de firma desta mañá.

Segundo explicou a directora da obra, a empresa adxudicataria Consvial S.L. adicará este semana a adecuar a parcela para poder desenvolver a súa labor (novo peche perimetral provisional, casetas de obra, distintos elementos de seguridade, etc.) para comezar coa execución este luns, sumándose nos picos de maior traballo ata 15 operarios.

O arranque será desde o día 30 de novembro pola fachada, onde quedou por rematar a cubrición en pedra, para continuar despois con outros elementos. Paralelamente, o Concello encargou xa ao equipo redactor un borrador para a dotación do edificio (mobiliario, equipos técnicos, etc) co propósito de consignalo orzamentariamente nas contas de 2021 e iniciar a súa contratación. “O obxectivo é ter o edificio rematado antes do verán para poder inauguralo canto antes sexa posible, pero sempre estando convintemente dotado e con todo o traslado feito, non inauguraremos nunca a medias”, sinala o rexedor.

Edificio bioclimático

O novo edificio se plantexa nunha parcela municipal (FR-5) de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, frente a rúa do Panasco) nun lugar fácilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que se poidan crear duplicidade de entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como dende a primeira, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Dende o punto de vista urbanístico, a construcción xenera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa a entrada por planta baixa.

O proxecto contempla un edificio de catro alturas de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2 (a actual biblioteca do Cean ten 120 m2) e clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.

Cun deseño minimalista na que a fachada se plantexa de granito silvestre e cunha planta que se adapta á forma trapezoidal da parcela, consta de catro andares sen sótano. Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.

O Pazo de Mos incorpora na súa contorna unha escultura homenaxe ás costureiras

0

Os xardíns da contorna do Pazo de Mos, recentemente galardoada coa Q de Calidade, foron escenario do acto de presentación da escultura dunha costureira, instalada no lugar tras ser doada pola Escola Provincial de Canteiros á Comunidade de Montes de Mos.

Estiveron presentes no descubrimento da nova peza escultórica os presidente e secretario da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela e Ramón Muíños, respectivamente, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e os deputados provinciais Carlos López Font, Noemí Outeda e Victoria Alonso, xunto con outros membros das directivas da Comunidade de Montes e Fundación Pazo de Mos.

Esta nova escultura na contorna do Pazo instálase co fin de difundir o patrimonio histórico-artístico galego e mosense e poñelo en valor. A peza de granito, elaborada polo alumno da Escola de Cantería, Jonathan Mariñas García, conta cunhas medidas de 145 x 90 x 100.
O traballo de Jonathan Mariñas pon en valor o gran traballo que tanto el como o resto das mozas e mozos compañeiros seus desenvolven neste centro de formación.
A escultura da costureira enxalza a cultura e a idiosincrasia galega e mosense, xa que foi un oficio desempeñado por moitas mulleres mosenses ao longo da historia. Ademais de achegarlle a arte do traballo en pedra ás xeracións máis novas, para que poidan descubrir este oficio tradicional.

A costureira instalada xunto ao Pazo de Mos forma parte da exposición escultórica “D’ Pedra” (formada por 16 pezas de granito feitas polo alumnado da Escola de Cantería, e que na maior parte dos casos representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá) e, como se dixo, foi realizada por un dos alumnos/as da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

A Escola de Cantería naceu no ano 1979 coa finalidade de poñer en valor un dos oficios máis antigos de Galicia e, ao longo da súa traxectoria, numerosos mestres e mestras canteiros formados na Escola teñen deixado a súa pegada no patrimonio arquitectónico de Galicia e diversos lugares do mundo. En Mos atópanse instaladas 4 pezas da Escola de Canteiros: esta costureira, o homenaxe á emigración en Peinador, as leiteiras en Dornelas e a réplica da fonte orixinal nos exteriores do Pazo de Mos, moi preto de onde agora se atopa instalada a costureira.

Aberto o prazo para solicitar as axudas do Concello de Ponteareas para reactivar a economía local

O Concello informa que o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publicou onte a segunda convocatoria de axudas do Concello de Ponteareas para reactivar a actividade económica local, unha medida creada para contribuír a paliar os efectos económicos, sociais e laborais derivados da Covid-19 nos negocios e pequenas empresas locais.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días habituais (rematando o prazo o 16 de decembro ás 24:00 horas) e unha vez concedidas o goberno local ten previsto anticipar os pagos das axudas tendo posteriormente ata o 31 de xaneiro de 2021 prazo para xustificar a axuda recibida.

As bases desta nova convocatoria contan cunha partida económica de máis de 230.000 euros. As axudas irán destinadas principalmente a traballadores/as autónomos/as, e pequenas empresas da localidade. As bases e toda información pode consultarse na páxina web do concello no botón “axudas directas COVID-19” ou premendo directamente nesta ligazón https://ponteareas.gal/axudas-directas/

As axudas deberanse solicitar a través da sede electrónica do Concello e serán compatibeis con calquera outra estatal ou autonómica.

Nesta convocatoria, autónomos ou empresas que por diversos motivos non puideran beneficiarse da primeira convocatoria poderán ter a ocasión de presentarse e recibir apoio xa que se procurou a aprobación dunhas bases inclusivas para eses casos e

consensuadas por toda a Corporación. O obxectivo, segundo explican as concelleiras de Promoción Económica Eva Gil e a de Emprego Vanesa Fernández, é chegar a todos os negocios que se viron danados na súa actividade pola pandemia.

Esta liña de axudas para autónomos e pequenas empresas ten como finalidade apoiar a reactivación da actividade económica e acompañar aos negocios locais para que poidan superar esta grave crise económica como consecuencia da crise sanitaria.

A presente convocatoria pretende preservar o tecido empresarial, protexer o interese xeral, apoiando aos traballadores autónomos e pequenas empresas, lograr a reactivación da economía da nosa localidade e incentivar a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Esta é unha convocatoria de concurrencia competitiva á que se poderán presentar persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, autónomos que presten servizos, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que leven a cabo as súas actividades empresariais en Ponteareas.

Entre os gastos subvencionables están importes de alugueiros, cuotas bancarias correspondentes co pago de préstamos por compra de locais comerciais, mantemento do negocio e adaptacións ás novas circunstancias, transición cara o comercio on line, dixitalización, asesoramento profesional ou adquisición de equipamentos, entre outros moitos gastos, sendo a axuda dun importe máximo de 1.500 € por beneficiario.

O Concello de Redondela rende homenaxe a Concepción Arenal coa descuberta dunha placa co seu nome nas dependencias de Servizos Sociais

0

‘A Concepción Arenal. (1820-1879). En memoria dunha muller que fixo da xustiza social e da igualdade o guieiro da súa vida’. Así reza a placa colocada na entrada das dependencias de Servizos Sociais de Redondela e que esta mañá foi descuberta pola alcaldesa de Redondela e responsable do servizo, Digna Rivas.

Rivas, acompañada das concelleiras Olga García, Marta Alonso, e o concelleiro Daniel Boullosa, subliñou que “ningún nome mellor para un servizo que aquel de quen foi adiantada ao seu tempo en moitos eidos, non só no literario ou no xornalístico, senón tamén como pioneira do feminismo en España”.

A alcaldesa redondelá lembrou que Concepción Arenal, ao longo da súa vida, denunciou con insistencia a situación das mulleres do século XIX”. Tristemente, sinalou Digna Rivas, moitas das reflexións que escribiu no seu libro ‘Estado actual de la mujer en España’ seguen a ter plena vixencia a pesar de ter pasado máis dun século. Nese traballo resistíase, por exemplo, a falar de emancipación social ou política da muller “…mentres a dependencia económica sexa un feito estendido e teña suxeita á muller a todo tipo de escravitudes”.

A tomiñesa Anahí Álvarez Guerner, subcampioa galega de patinaxe artístico

0

Os e as deportistas tomiñeses continúan logrando victorias. Desta vez foi a patinadora Anahí Álvarez Guerner, que a semana pasada proclamouse subcampioa galega de patinaxe artístico no campionato autonómico disputado en Ribeira na categoría de ‘Free Skating Ladies Junior’.

[su_image_carousel source=”media: 25882,25881″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A deportista tomiñesa ten xa os ollos postos na súa vindeira cita deportiva en Tarragona, a onde viaxará o vindeiro día 13 para participar no Campionato de España.

Desde o Concello de Tomiño queren transmitir os parabéns á patinadora polo seu recente éxito, froito dun gran esforzo e dedicación, ademais de desexarlle moita sorte na vindeira competición.

Comercio, clubes deportivos e colexios tínguense de negro en Gondomar

0

Un ano máis o comercio local de Gondomar súmase á campaña ‘En negro contra as violencias’ coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Carteis con diferentes mensaxes contra a violencia que permanecerán nos seus escaparates durante toda a semana, e mandís que identificarán aos comerciantes nesta loita de toda a sociedade.

Todos eles xunto os clubes deportivos, centros escolares de Gondomar súmanse unha edición máis ás actividades programadas dende o goberno local que terán mañá, mércores 25N, o acto central ás 12:00 do mediodía coa lectura do manifesto e un minuto de silencio en memoria das víctimas mortais da violencia machista que se pechará cunha performance de danza creada para a ocasión.

O Rosal levará a pleno a ordenanza que regulará o servizo de préstamo de biotrituradoras

0

O Rosal aprobará este xoves 26 de novembro en pleno o regulamento de préstamo de biotrituradoras, a normativa que rexerá un servizo  que o Concello porá en marcha en vindeiras datas ao abeiro da subvención para o fomento da compostaxe in situ outorgada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. “O obxectivo é poñer a disposición da veciñanza un servizo gratuíto co que fomentar unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito municipal, animando a todas as persoas a triturar os seus propios restos vexetais”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente.

Tendo en conta que nos concellos máis rurais os residuos de orixe vexetal supoñen ata un 10% do lixo domiciliario e que no Rosal estímase que se xeran unhas 230 toneladas anuais, con este servizo evitarase que este tipo de residuos rematen no circuíto de recollida do lixo, con conseguinte custe asociado por danos materiais e pola xestión. Ademais, permitirá reducir o número de queimas, minimizando os riscos de incendio e contaminación ambiental, e servirá para obter un produto de valor engadido para o programa de compostaxe do Concello, xa que os restos de poda triturados poderán ser empregados como estruturante ou material de acolchado para hortas e xardíns.

Este regulamento permitirá ao concello establecer as normas básicas de uso das trituradoras, así como os deberes e dereitos de todas as persoas usuarias. Poderán ser solicitadas por veciños e veciñas residentes no Rosal, que só precisarán darse de alta no servizo e dispoñer dun vehículo para ir a recoller a maquinaria, que poderá usarse durante unha semana. Para garantir o seu correcto uso, no momento do préstamo ofrecerase ao usuario ou usuaria unha explicación do funcionamento da biotrituradora. As biotrituradoras deberán ser solicitadas polas canles establecidas polo Concello polo menos cun día de antelación e comunicando o día e hora no que se efectuará a recollida da maquinaria. O servizo estará aberto ao público de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. As datas ou horarios de préstamo poderán ser modificadas polo Concello en función da dispoñibilidade das biotrituradoras.

Ponteareas retransmitirá na canle de YouTube o manifesto contra as violencias machistas

Ponteareas rexeita as violencias machistas e así o deixará claro no manifesto, consensuado por toda a Corporación, ao que se dará lectura mañá mércores día 25 ás 13 horas. A lectura de manifesto por parte de tódolos grupos da Corporación poderá seguirse a través da rede social Facebook do Concello de Ponteareas e da canle de YouTube do Concello.

“A lectura do manifesto é un acto que simboliza o traballo diario que dende a concellaría de Benestar Social e Igualdade se realiza para rematar con actitudes violentas que lamentablemente seguen a murchar ás nosas mulleres. É un gran de area dentro do importante esforzo que realizan as profesionais do Centro de Información á Muller (CIM), o persoal dos servizos sociais en xeral e as distintas autoridades e persoas implicadas no grupo anti violencia de xénero”, explica Verónica Carrera, concelleira de Benestar Social e Igualdade, engadindo que “lamentablemente aínda non é suficiente para mudar estes comportamentos que deben erradicarse da sociedade para acadar, xunto a moitos outros esforzos, a xustiza social e a igualdade.

Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade co motivo do Día Internacional contra as Violencias Machistas convidaron ás entidades do noso concello a publicar nas súas redes sociais a campaña “Ponteareas contra as violencias machista” amosando así o rexeitamento do noso pobo.

“Dada a situación actual de pandemia, que impide a posibilidade de concentración de persoas, a concellería de Igualdade pide a implicación da veciñanza para facer visible a unión de toda a sociedade ante esta problemática evidente”.

Verónica Carrera lembra que calquera muller pode atopar apoio e información no Centro de Información a Muller tan só chamando para solicitar cita previa ao número de teléfono 986 64 46 53.

A proxección de dous curtos de ‘Cinema de Muller’ en streaming nos IES de Redondela, abriu o programa de actividades con motivo do 25N

0

A proxección simultánea en streaming aos institutos de Redondela das curtametraxes ‘1/2’ de Olaia Sendón e ‘Ei, guapa!’ de Sonia Méndez, –incluídas na película colaborativa Visións do proxecto Cinema de Muller da Deputación de Pontevedra–, abriu onte o programa de actividades que desenvolverá o Concello de Redondela con motivo do 25N.

Á proxección seguiu unha charla coloquio na que participaron tamén a alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas e a psicóloga do CIM, que expuxo a rapaces rapazas a importancia de previr e detectar as situacións machistas que se dan no día a día da mocidade. De feito, o alumnado cualificou como ‘impactante’ a proxección de ‘Ei, guapa!’ que amosa a presión na que pode vivir unha rapaza asediada polos ‘piropos’.

Doutra banda, a campaña das ‘bolboretas’ que busca encher Redondela do que é un “símbolo contra a violencia machista e polos dereitos da muller”, ten este ano un especial relevo ao cumprirse o vixésimo aniversario da declaración por parte da ONU do 25N como Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, en memoria das irmás Mirabal, coñecidas polo seu activismo e ás que chamaban ‘As bolboretas’, nome que utilizaba Minerva Mirabal nas súas actividades políticas clandestinas. Perseguidas, torturadas e xulgadas, foron finalmente asasinadas no marco da resistencia contra o réxime ditatorial de Trujillo.

Para o Concello de Redondela, “coñecer e difundir a orixe do 25N é outro punto de partida para a concienciación cidadá na loita por unha sociedade máis xusta e máis digna e para a eliminación da violencia machista”. Con esta iniciativa, salientou a alcaldesa e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, “poñemos o foco de atención sobre todas e cada unha das mulleres asasinadas, sobre cada orfo e orfa e sobre cada familia que sufre este horror”.

O acto central dos actos do 25N, terá lugar na Alameda de Castelao ás 12 horas coa lectura do manifesto a cargo de Josua Mateo, fillo de Sesé Mateo, veciña de Chapela asasinada vítima da violencia machista. De seguido, terá lugar a performance ‘A Última Cea’ a cargo de Uxía Morán. En caso de choiva, os actos trasladaranse ao Multiúsos da Xunqueira.

O paseo da Xunqueira, adobiado con carteis alusivos á erradicación da violencia contra as mulleres

A crise da COVID-19 impediu que, este ano, desenvolvéranse actividades nos centros escolares “un dos lugares onde é imprescindible traballar na concienciación dos mozos en valores como a igualdade e o respecto como base imprescindible para a eliminación da violencia contra as mulleres”.

En toco caso, insistiu Digna Rivas, “a loita contra esta lacra social non é cousa de un só día, senón de 365 días” e nese sentido, engadiu a concelleira de Igualdade, “prestamos asistencia permanente ás mulleres que foron vítimas da violencia machista a través do CIM do mesmo xeito que se asesora a aquelas mulleres que sofren violencias físicas ou psicolóxicas e non saben que pasos dar para saír desa dolorosa encrucillada”.

Nesta pandemia do coronavirus, con confinamentos parciais nalgúns lugares, “é extremar a vixilancia sobre posibles episodios de calquera tipo de violencia dentro dos domicilios, para poder poñer os medios precisos que axuden ás mulleres, non só a escapar desta situación, senón a retomar as súas vidas tanto no eido social como laboral”.

A Policía Local de Ponteareas lembra que non se permiten encontros de persoas non convivintes en lugares tanto públicos coma privados

A Policía Local de Ponteareas lembra á veciñanza que non están permitidos os encontros entre persoas non convivintes en lugares públicos e privados, agás nos supostos permitidos como as reunións de traballo ou actividades educativas.

A Policía Local fai este recordatorio logo de constatar numerosos incumprimentos desta restricción en diferentes lugares da vila como os parques públicos, onde pais e nais interactúan esquecendo as limitacións en vigor. O mesmo acontece en rúas e prazas nas que se observan numerosas persoas non convivintes paseando ou charlando xuntas ou compartindo bancos. A estes casos engádense os corros e grupos que se forman entre persoas que recollen bebidas ou cafés para levar en bares e cafetarías e que os consumen nas inmediacións dos locais incumprindo a normativa en vigor e creando un risco potencial de contaxio. En ocasións compártese espazo para consumir as bebidas e tamén para fumar, o que agrava máis o risco.

A Policía Local tamén lembra que non se permiten os encontros en espazos privados de persoas non convivintes. En consecuencia, durante a vixencia destas normas non son posibeis os encontros nin as visitas aos domicilios doutras persoas, agás nos casos previstos legalmente por razóns moi xustificadas.

A Policía Local informa que se intensificarán os controis para evitar estas situacións. “As medidas impostas pola Xunta perseguen reducir o elevado número de contaxios de COVID19 no noso concello e estes comportamentos non axudan a lograr ese obxectivo”, sinala a Policía Local ponteareá que fai un chamamento á responsabilidade e a cumprir as normas voluntariamente sen necesidade de adoptar medidas coercitivas e sancionadoras.

Galicia rexistra un total de 8.617 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.617 deles 1.759 son da área da Coruña, 1.108 da de Lugo, 627 da de Ourense, 1.235 da de Pontevedra, 2.209 da área de Vigo, 982 da de Santiago, e 697 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 456 en unidades de hospitalización e 8.065 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 40.056 persoas curadas, rexistrándose 1.161 falecementos. O número de PCR realizadas é de 858.609.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais. A situación dos colexios en Galicia pode consultarse nesta ligazón.

A Deputación lanza novas iniciativas na campaña de apoio ao turismo e a toda a súa cadea de valor

No marco do seu firme compromiso cos sectores produtivos da provincia, a presidenta da Deputación Carmela Silva, acompañada polo presidente do Clúster de Turismo César Pardal, deu a coñecer esta mañá novas iniciativas para “apoiar ao sector turístico e á cadea de valor vinculada con el”. Neste eido, presentouse a III xornada Turistic, que terá lugar o 2 de decembro telematicamente e na que participará o “mais potente do turismo tanto a nivel público como privado”, contando, entre outras persoas, coa xerente de Innovación e Transformación Dixital da Organización Mundial do Turismo. Tamén en decembro, os días 17 e 18, terá lugar a xornada ‘Reinventar o presente’, que promove o Clúster de Turismo en colaboración coa Deputación, e na que se debaterá “sobre a construción dun novo modelo de turismo máis resiliente e dixital”. Amais, e pola súa estreita relación co turismo, lanzaranse dúas novas campañas de apoio ao comercio de proximidade e ao produto local.

Tralo éxito das dúas primeiras edicións, a Deputación de Pontevedra lanza a terceira xornada Turistic que terá lugar o vindeiro mércores 2 de decembro en liña a través da plataforma online Streamyard. Trátase dunha xornada “con grandes profesionais do turismo na que se afondará sobre o uso e aplicación das TIC no ámbito turístico”. Concretamente, tal e como explicou Silva, analizaranse as oportunidades e desafíos para o sector turístico, a transformación dixital, proxectos e tecnoloxías que favorezan un destino seguro, sostible e de calidade, novos modelos turísticos xurdidos a raíz da crise sanitaria ou a influencia no sector dos ODS e o Green Deal da Unión Europea.

A xornada, que ten xa aberta a inscrición, contará co “máis potente do turismo tanto a nivel público como privado” e participarán, entre outras persoas, a xerente de Innovación e Transformación Dixital da OMT, Natalia Bayona, coa que a presidenta manterá xa un encontro o vindeiro luns “seguindo a liña de traballo para sumar sinerxías e estar á vangarda do máis novidoso que se está a impulsar no turismo”.

“Agora máis que nunca non perdamos a proximidade” centrada “en animar á cidadanía a mercar nas tendas locais e de proximidade, nas prazas e nos mercados das nosas vilas, cidades e comarcas”

A apertura da terceira edición de Turistic terá lugar ás 9.30 horas coa participación da presidenta da Deputación Carmela Silva, do presidente do Clúster de Turismo César Pardal, do presidente do Clúster TIC Antonio Rodríguez del Corral e da secretaria de Estado de Dixitalización Carme Artigas. A continuación emitirase o vídeo de Bayona e ás 10.45 terá lugar a primeira mesa redonda, titulada “Retos do turismo na era Covid”, que será moderada pola xornalista Nani Arenas e na que participarán Kin Martínez (CEO Esmerate), Lucía Freitas (Restaurante A Tafona), Marian Gómez (xerente e propietaria de Casa A Pedreira) e Ana Trevisani (directora de OPC Galicia). Ás 11.30 horas terá lugar a mesa redonda “A tecnoloxía ao servizo dos novos modelos turísticos”, moderada polo xornalista Paco Nadal, na que participarán Raúl Jiménez (CEO Minube), Álvaro Carillo (director xeral do Instituto Tecnológico Hotelero) e Cristina del Castillo (responsable de HORECA de Too Good to Go). A continuación a experta en marketing Clara Soler moderará a mesa “Boas prácticas en turismo sostible e responsable” na que van participar Marcos Pérez (director da Fundación Galicia Sustentable e do Mercado de la Cosecha), Natalia Rodríguez (export Mánager e responsable de comunicación de Señorío de Rubíos), Mar Rodríguez (CEO e fundadora de Tee Travel) e Iván Luarca (CEO de Eccocar). A ponencia final, ás 13 horas, será a cargo do xornalista, escritor, conferenciante e analista de turismo Fernando Gallardo.

Amais desta actividade, na que tamén participará o Clúster de Turismo, os días 17 e 18 de decembro terá lugar dende o Pazo provincial e de xeito telemático a xornada ‘Reinventar o presente’, “cun título –asegurou a presidenta Carmela Silva– que marca a folla de ruta do que hai que facer e no que se vai debater sobre a construción dun novo modelo de turismo máis resiliente e dixital”. Silva destacou que esta iniciativa, que impulsa o Clúster de Turismo en colaboración coa institución provincial, centrarase tamén “na necesidade de reinventar o sector turístico, un sector que xera moito emprego e riqueza na provincia de Pontevedra, Galicia e no conxunto do Estado”. Para elo, durante o encontro sinalaranse “as dificultades e tamén as oportunidades que poden xurdir desta crise, afondando na transformación dixital, no talento e na importancia do dato na estratexia empresarial”.

O presidente do Clúster do Turismo, César Pardal, que manifestou a súa preocupación “polo sector turístico, por manter vivo o tecido empresarial”, destacou que “o turismo está cambiando e estamos forzadas e forzados a reinventar o presente, apostando por planificar, por converternos nun destino seguro e transmitir confianza”. Ao respecto, Pardal, que tamén reivindicou “a necesidade de impulsar unha acción conxunta de todas as administracións públicas e privadas para evitar un desastre”, destacou que a xornada servirá para “analizar as oportunidades do turismo na era dixital, a curto prazo e adaptarse a tempos de incerteza”. Deste xeito durante os dous días de xornada haberá tres eixos temáticos de intervencións nos que se achegarán diferentes visións de actores públicos e privados centradas no turismo en tempos de covid, no talento dixital no novo turismo e na economía do dato tanto para os destinos como para as empresas turísticas.

Dúas novas campaña de apoio ao comercio de proximidade e o produto local

A Deputación pon en marcha a nova campaña “Agora máis que nunca non perdamos a proximidade” centrada “en animar á cidadanía a mercar nas tendas locais e de proximidade, nas prazas e nos mercados das nosas vilas, cidades e comarcas”, así como en consumir “produto de tempada das nosas produtoras e produtores”. Carmela Silva recordou que estes establecementos “representan o mellor da nosa provincia”, ofertan produtos “nosos, da nosa terra, de calidade e sostibles” e cunha atención “próxima, amable e familiar”. Tamén destacou que se trata dun sector con preto de 11.000 pequenos e medianos negocios na provincia que representan o 36% dos existentes en Galicia. “Mercando produtos en comercios locais é un xesto solidario, que nos ten que facer sentir orgullosas e orgullosos –manifestou a presidenta- xa que falamos dun sector que o está a pasar moi mal e témolo que apoiar”.

Amais, a presidenta anunciou que de cara ao Nadal vaise lanzar unha nova acción promocional “de apoio ao produto local pero centrada nas mulleres, nas produtoras, segundo a liña iniciada o pasado ano con Elas son a forza do Nadal”. “Será unha campaña “persoal, sensitiva e xusta” que cumpre a dobre función de apoiar ao produto local, e visibilizar o papel que desenvolven as mulleres, tanto do mar como do agro, poñerlles rostro e darlles voz porque son as grandes protagonistas do Nadal”.

Belén Carballo, nova concelleira do BNG en Covelo

0

O BNG vén de renovar o seu grupo municipal na localidade de Covelo. Belén Carballo tomou posesión no Pleno da corporación como nova concelleira do Bloque, en substitución do exportavoz municipal Alex Osorno. A nova portavoz municipal será a actual concelleira Laura Santiso.

Belén Carballo, licenciada en Socioloxía e Antropoloxía, asegurou que afronta esta nova etapa “con ilusión e responsabilidade para continuar o traballo serio, rigoroso e construtivo que vén realizando historicamente o BNG en Covelo, defendendo os intereses do conxunto da veciñanza e propondo solucións aos seus problemas ante un goberno municipal paralizado, sen iniciativa e sen ideas”.

Ademais, a formación nacionalista quixo agradecer “o traballo de Alex Osorno durante estes anos liderando o Grupo Municipal do BNG, así como a súa disposición de dar un paso á fronte encabezando a candidatura no pasado 2015”, asegurando que o BNG continuará contando coa súa participación no seo da organización.

Salceda reorganiza o tráfico na zona do Penedo Redondo para acabar coas carreiras ilegais

O Concello de Salceda ven de iniciar as obras de reorganización do tráfico no entorno do campo de fútbol do Penedo Redondo, co fin de rematar co problema de seguridade viaria que se daba na zona, con habituais ‘quedadas’ para realizar carreiras ilegais de coches.

O proxecto consiste na creación de diversos pasos elevados que realizarán a función de conseguir o denominado ‘tráfico calmado’, e impedindo deste xeito as perigosas prácticas que se viñan detectando na zona. Ademais vaise proceder ao pintado de prazas de aparcamento, que facilitarán a organización do tráfico para as familias do máis dun centenar de nenos e nenas que empregan o campo de fútbol a diario.

A concelleira de Seguridade e Tráfico, Lucía Pereira, agradeceu a implicación da Garda Civil para conseguir dar solución ao problema. “En diversas ocasións realizáronse denuncias das forzas de seguridade na zona por delitos contra a seguridade do tráfico, pero deste xeito conseguiremos rematar co problema definitivamente”, asegurou a concelleira.

Nas últimas semanas, Concello e Garda Civil de tráfico traballaron de xeito conxunto para acadar a mellor solución que puxese fin a un problema que empezaba a ser xa demasiado reincidente e que supuña un perigo non só para as persoas que alí se concentraban senón tamén para a veciñanza da zona. De feito a mesma veciñanza tiña xa trasladada a súa inquedanza sobre este tema ao equipo de goberno en diversas ocasións.

Aínda que a COVID e o toque de queda eliminaron as quedadas, o Concello evita deste xeito que poidan volver producirse unha vez rematadas as restricións.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda salentou a importancia de órganos como a Xunta Local de Seguridade “que son unha inmellorable ferramenta para detectar e solucionar situacións que poidan poñer en perigo a nosa veciñanza”.

“Unha vez máis –concluíu a rexedora local– temos que agradecer aos diferentes corpos de seguridade do Estado o traballo que se está a realizar no noso municipio para que Salceda siga a ser unha vila tranquila e segura, tal como se desprende do balance anual da Subdelegación do Goberno”.

Ponencia en streaming sobre “A incrible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona”, de Rodrigo Costoya

0

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona organiza un relatorio en streaming do escritor e divulgador Rodrigo Costoya. Baixo o título “A incrible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona”. Costoya expoñerá as dúas teorías sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón nas que se basea a súa novela Portosanto, que xa vai pola terceira edición en galego.

O relatorio que se impartirá en streaming este xoves, 26 de novembro ás 20:00 h, a través da páxina web municipal, baiona.gal, foi presentada no Culturgal de 2019 e repasará durante uns 50 minutos unha serie de probas dificilmente irrefutables postas todas en relación sobre a teoría de que Cristóbal Colón é Pedro Madruga, Conde de Soutomaior e Señor de Baiona, con cambio de identidade por intereses incluído. Tamén se poñerá en coñecemento da espectadores información relevante que xustifica a chegada a Baiona da Pinta e de que este feito non foi en absoluto unha casualidade.

As persoas que se conecten poderán participar facendo preguntas ao autor na canle de Youtube: Rodrigo Costoya Escritor. Poderán acceder directamente á canle facendo clic na actividade do calendario que ten por título “A incrible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona” na páxina web baiona.gal. Entre os que participen comentando no streaming sortearanse 5 exemplares da novela Portosanto.

A actividade cultural está enmarcada dentro dos orzamentos do Fondo Xacobeo21 da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Baiona foi elixida entre outros moitos concellos para acoller esta actividade por estar especialmente vinculada á historia narrada na novela e coa figura de Pedro Álvarez de Soutomaior.

Actividades relacionadas co 25N nas Neves

0

Dentro das actividades previstas para este 25N, un grupo de mulleres das Neves, incluídas as usuarias do Centro de Día, leva días tecendo mostras de ganchillo para participar na iniciativa da concellería de Servizos Sociais “Ganchillo Solidario contra a Violencia de Xénero”. Estas mostras uniranse este martes e o mércores, no baixo do edificio de Servizos Sociais.
O lenzo final construído colocarase o venres diante deste edificio como acto de conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e estará exposta máis dunha semana.

Formación en igualdade para alumnado do IES

Coma parte do proxecto de intervención socio-educativa para fomento da igualdade entre o alumnado dos centros educativos das Neves, promovida pola concellería de Servizos Sociais, este martes tivo lugar no Auditorio Municipal unha charla dirixida ao alumnado do IES Pazo da Mercé.

A charla participativa estivo impartida por unha sexóloga que desde unha perspectiva de xénero, falaou sobre relacións afectivas e sexualidade tentando desmontar falsos mitos e crenzas con respecto a estes temas. Empregando vídeos e dinámicas que se alternaron coa exposición de contidos, lanzando cuestións para favorecer a reflexión, promeveu que o alumnado expresase as súas dúbidas e opinións, así como se cuestionase conceptos ancorados no seu “eu” máis profundo.

A Xunta e o Concello de Oia crean tres roteiros sinalizados de sendeirismo, de case 20 quilómetros, polos Montes da Valga

0

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, e o Concello de Oia acaban de crear tres roteiros de sendeirismo sinalizados, que suman case 20 quilómetros de lonxitude, pola contorna natural dos Montes da Valga. Dita actuación foi executada a través dun convenio entre ambas administracións cun orzamento de 45.553€ e o 65% foi sufragado polo executivo autonómico ao abeiro da orde de axudas para a mellora das infraestruturas turísticas do presente ano.

Tras o remate dos traballos, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, achegouse co xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro, ata este municipio do sur pontevedrés e supervisou a actuación coa alcaldesa, Cristina Correa. Durante a visita, a representante autonómica valorou moi positivamente a dotación dun novo recurso turístico en Oia e destacou o “traballo transversal, constante e crecente” da Xunta para poñer en valor as potencialidades dos concellos galegos co obxectivo de “aproveitar todas as posibilidades e sinerxias na xeración de riqueza que ten o turismo e sobre todo aquel configurado de xeito seguro, como o que ofrecemos en Galicia, que é un valor engadido nos tempos actuais”.

A actuación pretende complementar a creación, o pasado ano, da Ruta do Mosteiro, que discorre pola zona da costa deste municipio e que tamén foi financiada por Turismo de Galicia. Nesta ocasión, optouse por completar a rede de sendeirismo deste termo actuando nas súas terras altas e creando tres roteiros nos Montes da Valga conectando o curro que estrea as rapas galegas cada primavera e os lugares de Mabia e Acevedo.

Así, configuráronse tres sendeiros denominados Ruta do Curro da Valga, circular con 4,7 quilómetros de lonxitude; Ruta dos Muíños do Calán, de 6,5 quilómetros; e Ruta dos Montes de Loureza, que é o máis longo, con 7,8 quilómetros, e serve de conexión entre os outros dous roteiros. Todos eles discorren por unha contorna de montaña chea de restos prehistóricos, como mámoas ou petróglifos; elementos de valor arquitectónico ou etnográfico, como o Curro da Valga ou os Muíños do Calán; e espazos de gran interese paisaxístico e natural con determinadas zonas de miradoiro.

Os traballos realizados, orientados principalmente á sinalización de sendeiros preexistentes, consistiron na instalación de máis de 200 paneis, postes, placas, frechas de madeira, sinais de estrada e cubrecontedores.

Finaliza a obra de saneamento que dá servizo á Cidade Deportiva de Pereiras e permitirá conectarse tamén á veciñanza da zona

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que se atopan prácticamente rematadas as obras do proxecto de colector para a conexión das instalacións deportivas do RC Celta en Pereiras coa rede xeral de saneamento, á falla únicamente de que se realice a reposición do firme, pois a instalación de tubería e colectores xa está finalizada.

Este proxecto de acometida de rede de sanemento levado a cabo polo Celta, transcorre polos montes de Pereiras e conexiona na súa parte final na Estrada Generoso Domínguez, parroquia de Cela. O proxecto acometeuse para poder conectar os vestiarios e instalacións da Cidade Deportiva en Pereiras coa rede xeral. Pero unha vez realizada esta instalación, esta supón un importante punto de conexión ao saneamento nesta zona da parroquia de Cela, tanto para a veciñanza como para outras dependencias existentes nas inmediacións, como é o caso do Círculo Mercantil, que poderán deste xeito engancharse ao alcantarillado se así o desexan nun futuro.

O novo tramo de rede ten unha lonxitude total de 1.102,77 metros, foi financiado e executado polo Celta, e pasa a ser público e servir de conexión tamén para futuros saneamentos acometidos polo Concello.

Esta instalación ten a vantaxe de permitir a conexión por gravidade, sen precisar de bombeos de augas residuais resultando nun importante aforro enerxético e simplificando o mantemento. O principal obxectivo é permitir a conexión por gravidade das novas instalacións celestes en Pereiras co colector existente na Estrada Generoso Domínguez. As obras dividíronse en dúas fases, denominadas tramo 1 e tramo 2, de forma que puideron ser executadas de forma totalmente independente, aínda que sendo necesaria a execución do tramo 1 para que o 2 se poida poñer en servizo. O tramo 2 discorre por viario da Comunidade de Montes de Pereiras ata o pozo P07, onde se aparta do camiño ata chegar no Pozo P04 á estrada Generoso Domínguez, por onde discorre ata conectar co colector existente. O tramo 2 discorre na súa totalidade ao borde das instalacións deportivas para reducir a profundidade de excavación.

Para as canalizacións os tubos son PVC compacto liso de diámetro 315. As unións entre tubos son con xunta elástica para garantir unha unión flexible e estanca. Utilizáronse así mesmo pozos de rexistro de formigón. O orzamento base de licitación con IVE destas obras é de 209.469,78 euros.

Neste sentido os representantes municipais Arévalo e Augusto declararon hoxe sentirse “satisfeitos de que o proxecto deportivo do Celta en Mos revirta, ademáis de en aspectos económicos de creación de emprego etc., na ampliación e mellora da nosa rede de saneamento municipal, acometendo un importante tramo novo con custe cero para o Concello, pero que permitiralle futuras conexións ao alcantarillado tanto ás vivendas da veciñanza da zona como a novos tramos que se pidan levar a cabo desde a administración local. Deste xeito, aproximámonos cada vez máis ao 100% da rede de saneamento instalada en Mos, e neste caso temos que agradecerlle ao RC Celta a ampliación da mesma coa instalación deste novo tramo”.

A postal de Nadal do Concello será a gañadora do concurso escolar convocado para o seu deseño

0

A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca un concurso dirixidos ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que “a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal”. Destaca que o traballo gañador deste certame será que o emprego o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente se felicita á veciñanza do concello.

A temática deste concurso de debuxo escolar é “O Nadal en Tui”. O que se pretende é que os nenos e nenas do noso municipio, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condicións que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro escollerá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. Coas obras presentadas realizarase unha exposición pública.

Establécense tres premios:

  • 1 º premio de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui
  • 2 º premio de 70€ para consumir en establecementos de Tui e lote de libros
  • 3 º premio de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros

Con este certame o Concello de Tui traballa na promoción das celebracións do calendario festivo tradicional do noso Concello como son as próximas festas do Nadal que, neste ano 2020, serán felicitadas a través dunha postal deseñada por un ou unha  escolar do noso municipio.

Consultar as bases

Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero

Deixar o pasado atrás para comezar a ser a persoa que se quere ser. Iso foi o que supuxo para as participantes desta primeira edición do obradoiro de Eu Rural aqueles días nos que compartiron alegrías, bagoas, historias… Agora os testemuños destas mulleres aparecen recollidos nun vídeo documental que se estreará este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, de forma simultánea nas redes sociais de todos os concellos que integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural.

Con esta acción, A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui queren sumarse de forma activa á loita contra todo tipo de violencia. O traballo conxunto que os concellos desenvolven en outros eidos como o desenvolvemento económico ou o turismo trasládase así tamén á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A maiores das iniciativas que cada municipio ten previstas para conmemorar o 25N, comprometéronse con esta acción conxunta conscientes de que unidos a loita será máis visible e que dende as institucións debe liderarse o traballo pola igualdade en todos os eidos e contra calquera tipo de agresión física, verbal ou psicolóxica.

O documental, de seis minutos de duración, resume o acontecido na primeira edición do curso de autoestima e empoderamento feminino organizado por Eu Rural o ano pasado en Tomiño, no que xorden diferentes historias de superación entre as participantes, todas cun denominador común: deixar o pasado atrás e mirar cara o futuro con forza.

O Concello de Nigrán amplía a flota municipal cun novo vehículo eléctrico para o Departamento de Medio Ambiente

0

O Concello de Nigrán ven de adquirir a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia unha furgoneta eléctrica de 7 prazas Nissan e-NV200 Evalia para o departamento de Medio Ambiente. O vehículo, cunha autonomía de 280 qm, foi adquirido mediante procedemento público aberto ao concesionario Rofervigo, sendo o segundo eléctrico do Concello (o primeiro, de característica moi similares, foi comprado no ano 2018 para o departamento de Vías e Obras).

“Desde o Concello apostamos por medios de transporte non contaminantes e, consecuentemente, predicamos co exemplo. Compre recordar que somos o municipio de España con máis electroliñeiras e mesmo bonificamos o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos ou a gas, todo elo como incentivo”, explica o alcalde, Juan González, quen incide no aforro económico que supón para as arcas municipais prescindir do combustible e no convinte que resulta dispor dun punto de carga gratuíto e municipal ao carón da Casa do Concello. Con esta recente adquisición o Concello contribúe a rebaixar a vida útil media dos seus vehículos, que nos últimos anos pasou de 20 a 10. “Ter unha frota menos envellecida repercute en menos custes de mantemento e, por suposto, tamén en menos emisións”, destaca González.

O Concello de Nigrán estreou o mes pasado unha nova electroliñeira con catro subministradores de carga rápida en Panxón (ao carón do Pavillón) que se sumou á outra tamén de Iberdrola inaugurada o pasado mes de outubro ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e á semi-rápida gratuíta disposta no 2018 polo propio Concello ao lado da Casa Consistorial. Así, a localidade ostenta o récord de electroliñeiras en espazos públicos de España.

Paralelamente, o goberno local aprobou no 2018 unha bonificación do imposto de rodaxe nun 50% aos vehículos híbridos ou a gas (GLP) e nun 75% aos eléctricos ou híbridos enchufables, etiquetados estes últimos pola DGT como ‘0 emisións’. “Trátase de promover entre a veciñanza a compra de vehículos sostibles; é un transporte moi silencioso e o 100% eléctrico non produce ningún tipo de emisións, é unha labor da administración promover o uso de enerxías limpas e facilitar o acceso a elas mediante este tipo de iniciativas”, finaliza.

Baiona programa un ciclo de curtametraxes online contra a violencia machista

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, en colaboración con CortoEspaña, organiza un ciclo online de cortometraxes contra a violencia de xénero. Trátase de seis traballos, premiados nacional e internacionalmente, que abordan, desde diferentes perspectivas, a violencia de xénero e as súas maneiras de combatela. As cortometraxes están dispoñibles para o seu visionado online desde hoxe 23 ata o 29 de novembro na páxina web do Concello de Baiona. Concretamente poderase acceder aos mesmos picando na actividade do calendario que ten por título ‘Corto contra a violencia de xénero’ ou nesta ligazón.

Os obxectivos do ciclo son dar visibilidade e sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e fomentar a reflexión entre a poboación máis nova das diferentes formas de violencia machista. Os cortos integran contidos diversos: o empoderamento, a violencia machista, a igualdade de oportunidades, os estereotipos de xénero. Os títulos dos cortos que poderá visualizar a veciñanza na ligazón da páxina web municipal, baiona.gal, son: El Orden de las Cosas, No aguanto a tus padres, Míente, Recursos humanos, Del azul al rojo, Libre directo.

Ademais dos enlaces facilitouse material didáctico aos centros educativos para que o profesorado traballe a prevención da violencia.

Esta actividade está enmarcada dentro do IV Plan de Igualdade do Concello de Baiona.

Deputación e Secretaría de Estado de Turismo sentan as bases dunha relación bilateral para mellorar o turismo e reactivar o sector

No marco da Mesa de Turismo, o espazo de gobernanza creado pola Deputación de Pontevedra no ano 2018, a presidenta Carmela Silva e o secretario de Estado de Turismo Fernando Valdés sentaron as bases dunha relación bilateral entre ambas institucións para identificar os proxectos verdadeiramente estratéxicos que melloren o destino turístico e permitan reactivar o sector na provincia. A presidenta da Deputación, tras escoitar a explicación de Valdés sobre as novas liñas de apoio ao sector que ten en marcha e está a preparar o goberno de España, asegurou que “precisamos confianza, seguridade e optimismo. Este é o momento de traballar unidos, xuntas e xuntos, e sumar sinerxías. Agora toca sacar ao sector da situación durísima que está atravesando e toca facelo da man de todas as administracións e do sector privado”. Neste eido, Silva avanzou as liñas do Plan Estratéxico 2021-2023 que “ten por obxectivo principal converter ao territorio nun destino intelixente” e amosou a súa confianza en que “de cara ao primeiro semestre as cousas melloren e poidamos ir recuperando todo ese posicionamento de liderado que temos no mundo”.

“Se sempre é fundamental, necesario e imprescindible unha comunicación directa, nestes momentos de pandemia global é máis necesario que nunca ter información sobre as liñas e eixos que están a liderar as diferentes administracións”, asegurou Carmela Silva quen agradeceu a presenza do secretario de Turismo Fernando Valdés na Mesa de Turismo e a súa disposición a colaborar conxuntamente para relanzar o turismo na provincia de Pontevedra. O secretario, quen apelou á “unidade das administracións” para facer fronte á pandemia, resumiu as propostas que o goberno impulsou desde marzo para “preservar o tecido produtivo e o traballo asociado ao sector turístico” e, de cara ao curto e medio prazo, adiantou novas iniciativas nas que está a traballar, como a ampliación de medidas para reducir os custes fixos das empresas. Valdés tamén informou que se está a traballar para a xeración de emprego de calidade, mellorar a oferta e o produto, transformar o sector, apostar pola dixitalización do sector público e privado turístico e mellorar o modelo económico e produtivo, reposicionando o destino con plans de sustentabilidade turística ou centrados en aspectos como a conservación e recuperación do patrimonio histórico para uso turístico. Cuestións nas que, como destacou a presidenta provincial, a Deputación estaba xa traballando e nas que segue a facelo a través do novo Plan Estratéxico de Turismo ligado ás “liñas tractoras que marcou o goberno de España”.

Carmela Silva: “Precisamos confianza, seguridade e optimismo. Este é o momento de traballar unidos, xuntas e xuntos, e sumar sinerxías”

No transcurso da Mesa de Turismo, na que ademais do secretario de Estado de Turismo Fernando Valdés participaron representantes de concellos da provincia, o delegado provincial da Axencia de Turismo de Galicia Felipe Ferrero, a directora do Aeroporto de Vigo Ana Molés, o presidente do Clúster de Turismo Cesáreo Pardal, o presidente da Federación Provincial de Hostalaría da Provincia de Pontevedra César Ballesteros, representantes da Mancomunidade do Salnés, do CFPI Manuel Antonio, da Ruta do viño Rías Baixas e do GALP Ría de Vigo A Guarda, a presidenta avanzou as liñas do Plan Estratéxico 2021-2023 que ten por obxectivo principal “converter ao territorio nun destino turístico intelixente”. Así, no marco deste novo plan, estanse xa a realizar os traballos de diagnóstico e de aliñamento coa Axenda 2030 e, a partir de xaneiro, terán lugar as meses de traballo “para recoller as aportacións de todos os axentes implicados no eido do turismo”.

Outra das novidades adiantadas pola presidenta da Deputación foi o eixo temático da campaña de promoción turística de cara ao 2021: será “novidosa, con moitas sorpresas” e estará centrada “no destino multiexperiencial que ofrecen os camiños e roteiros materiais e inmateriais da nosa provincia. Imos planificar unha campaña na que imos dicirlle ás persoas que aquí poden facer o seu propio camiño”. En concreto, a nova campaña, cuxo lema e imaxe serán presentados en xaneiro, “porá en valor recursos relacionados co turismo rural, co benestar físico e emocional, co turismo de natureza e na que se destacarán roteiros desestacionalizadores como a Ruta das Camelias, a Ruta Arqueolóxica, as Rutas do Viño, todos os camiños que rematan en Compostela e transcorren pola provincia de Pontevedra e rutas de sendeirismo en espazos naturais”.

Durante a Mesa do Camiño a presidenta da Deputación de Pontevedra tamén fixo balance do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 que ten cumprido practicamente ao 100% todas as súas liñas estratéxicas. Así, a presidenta recordou as iniciativas postas en marcha en cada unha das cinco liñas estratéxicas do plan (xestión e gobernanza, estruturación da oferta orientada á demanda, excelencia no destino e no sector, promoción e apoio á comercialización) como a creación da Mesa do Camiño, xunto á de Turismo; a posta en marcha da Rede de Oficinas Info Rías Baixas, que ten xa 25 oficinas adheridas das cales dez serán certificadas coa Q de calidade; a aposta polo destino multiexperiencial; o proxecto Tourist Inside, que cun orzamento de preto de 2 millóns de euros vai permitir a transformación dixital das oficinas, a implantación de servizos dirixidos aos turistas, a dixitalización do territorio, a posta a disposición de ferramentas dirixidas ao sector empresarial e a implantación dunha plataforma de interoperatibilidade; campañas como “Fame de experiencias”, “Segue o teu insinto”, “Viaxa mañá, Rías Baixas te esperan”, “Rías Baixas visítante” ou “#21Days21Destinations”; ou o workshop desenvolvido en Barcelona. Neste último aspecto, Silva destacou a vontade de organizar no 2021 os workshop de Madrid e Valencia (previstos para este ano pero que tiveron que ser aprazados pola pandemia), así como activar o “Travel Book Experience”.

Finalmente a presidenta aproveitou a ocasión para recordar que dende a declaración do estado de alarma impulsáronse plans de continxencia e adaptación de medidas de prevención fronte á covid nas oficinas da rede Info Rías Baixas, no Castelo de Soutomaior, Sobroso, Pazo de Liñares e Castro Deza. Do mesmo xeito tivo que adaptarse a formación SICTED a formato online, impulsáronse accións destinadas a dinamizar o turismo garantindo actividades seguras e achegouse información práctica a través de SmartPeme ou dende a área de Emprego. Tamén se mantivo a colaboración económica con todas as festas de interese nacional e internacional, ao igual que aconteceu cos Rías Baixas Fests. Por último, en canto á calidade, a presidenta recordou que no 2020 adheríronse 54 novas entidades ao Plan de Calidade que está a impulsar no destino seguindo a metodoloxía SICTED.

Gondomar clausura ou obradoiro ‘Crea e Coida Miñor’ cun 50 % dos seus participantes con contrato laboral

0

Gondomar clausurón oficialmente onte as actividades do Obradoiro de Emprego ‘Crea e Coida Miñor’ que se desenvolvía dende novembro de 2019, e cuxo remate retrasouse como consecuencia da alerta sanitaria decretada no país en marzo. Na mañá de onte os 20 alumnos e alumnas recollían os seus diplomas e poñían punto e final a un curso que, o seu director José Abraira Arias, cualificou “como exemplar tanto pola entrega como polo interese demostrado en aprender”.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Marta Iglesias; o alcalde de Nigrán, Juan González, e os concelleiros de formación de Baiona e Gondomar, Óscar Carreño e Rocío Goberna, respectivamente, entregraron os diplomas acreditivativos aos participantes felicitándolles polo resultado obtido.

Pola súa banda Paco Ferreira subliñou a importancia da colaboración entre concellos e administracións á hora de desenvolver políticas de emprego activas, poñendo como exemplo o taller que “clausuramos hoxe sabendo que a metade dos seus integrantes fano xa traballando ou ben a piques de asinar un contrato laboral”.

Animou á Xunta de Galicia a seguir apostando por este tipo de iniciativas e dotar de orzamentos as partidas que fagan posible o seu desenvolvemento. De feito, no acto o alcalde anunciou que Gondomar acollerá un novo taller de emprego de similares característica que contará cunha subvención de 346.946 euros dirixido tamén para persoas desempladas da comarca do Val Miñor.

‘Crea e coida Miñor’ desenvolveuse en convenio cos concellos de Baiona e Nigrán, e contou cun orzamento de 336.446 euros, que permitiron o desenvolvemento de dous talleres, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, cunha formación eminentemente práctica e cun contrato de traballo co concello polo salario mínimo interprofesional.

Ademais da materia específica relacionada coa atención sociosanitaria e o deseño de produtos gráficos, os alumnos-traballadores recibiron tamén formación complementaria en cuestións clave para a procura de emprego, igualdade ou sobre prevención de riscos laborais.

O ‘Revitaliza’ da Deputación podería aproveitar cada ano ata 60.000 toneladas de biomasa forestal residual para minguar os lumes forestais

O Revitaliza podería chegar a aproveitar cada ano 60.000 toneladas de biomasa forestal residual para minguar a posibilidade de propagación dos lumes forestais nos montes da provincia. Así o indicou hoxe o asesor de residuos da Deputación, Carlos Pérez, na súa participación nunha ‘webinar’ organizada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación Forestal Galega.

Pérez defendeu a hipótese de que sería posible establecer mecanismos de relación entre o programa de xestión de residuos orgánicos da Deputación e a prevención de lumes forestais. Segundo dixo, a necesidade de material leñoso (estruturante) que se necesita na compostaxe estase a cubrir a día de hoxe coa poda de arborado urbano e de elementos privados, mais “poderíase afectar a masa forestal de cada concello sen entrar en competencia co negocio da biomasa madeirable”. Deste xetio, explicou, minguaría a posibilidade de propagración do lume, xa que se detraería material do monte potencialmente perigoso para arder.

Pérez puxo números sobre a mesa e explicou que na provincia de Pontevedra a fracción orgánica dos residuos municipais de máis dun terzo da poboación podería ser tratada por medio de composteiros individuais, outro terzo a través de centros de compostaxe comunitaria, e outra décima parte por pequenas plantas comarcais, chegando a poder tratar no local ou no próximo os biorresiduos de máis do 80% da poboación.

Tendo isto en conta, e extrapolando os datos de produción de lixo orgánico de 2019, anualmente poderían chegar a tratarse mediante a compostaxe do Revitaliza ata 144.000 toneladas de biorresiduos domésticos na provincia. Este volumen de orgánicos precisaría da orde de 60.000 toneladas de triturado de material leñoso residual para poder iniciar o proceso de compostaxe.

“O Revitaliza é un potencial aliado contra os lumes forestais”, subliñou, explicando así mesmo que é preciso analizar fondamente de que maneira se podería establecer a simbiose a través das administracións, xa que só o 2% da extensión forestal galega é pública, o 32% está en ‘man común’ e o 65% é privada.

Pérez puxo todos estes datos sobre a mesa na xornada de ‘Presentación de ferramentas de avaliación do recurso forestal e plans municipais de defensa contra incendios’ organizada ao abeiro do proxecto GEFRECON de ‘Xestión Forestal conxunta para prevención de icendios forestais en territorio POCTEP’, cofinanciado con fondos europeos a través do programa Interreg V-A España-Portugal.

Segundo explicaron dende a organización, as xornadas do proxecto GEFRECON tiñan como obxectivo “poñer en marcha accións innovadoras que permitan reducir o risco de incendios forestais mediante o desenvolvemento e implementación de plans conxuntos, a sensibilización da poboación, a información e formación en autoprotección e a promoción da creación de empresas forestais”, un eido no que incluíron ao Revitaliza.

Estas xornadas do Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación Forestal Galega volverán repetirse en formato online cos mesmos relatores de hoxe o vindeiro venres 27 e o luns día 30 de 10 a 11.45h da mañá. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdY6QGXv6qQJPO8C_vXsyR9n26-aCTSWLmiuwVuZxv1E6I0tg/viewform.

Lete Lasa visita o Pavillón de Deportes de Arbo para comprobar o resultado das obras realizadas

0

O Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, deron o visto e prace a conclusión dos traballos de reforma do tellado do Pavillón de Deportes de Arbo, unha obra que contou cun investimento de 46.933,12 € e que foi realizada por unha empresa local dentro da iniciativa de dinamizar a economía do municipio.

O pasado 15 de xuño o alcalde do Concello de Arbo, asinaba un convenio de colaboración co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a execución de obras de mellora no Pavillón polideportivo municipal. No ano 2019, tamén se asinaba un convenio con esta administración para realizar obras nos vestuarias nesta instalación deportiva e a colocación de porterias no campo de fútbol.

Nesta segunda fase das melloras no pavillón, procedeuse á mellora da cuberta deteriorada co paso dos anos. Coas obras realizadas búscouse frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o momento, impedindo que se continue o deterioro da instalación, o que suporía un risco para usuarias e usuarias. A reforma do pavillón inscríbese dentro do programa de mellora da rede deportiva de Galicia que promove a administración autonómica.

A necesidade da actuación vén determinada “pola importancia deste equipamento deportivo na promoción da práctica de actividade física e deportiva entre a poboación de Arbo”, sinala o alcalde Horacio Gil. Polo tanto, é unha actuación imprescindible para continuar co uso do pavillón e para que non se creen deteriores maiores, así como coa contratación a empresas locais, pretendese reactivar a economía deste colectivo afectado polo COVID-19.

O Concello de Arbo, executa melloras en viais municipais por diversos puntos do municipio

0

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica.

Polo que, o Concello de Arbo, continúa executanto melloras nas diferentes infraestructuras municipais, e nestas semanas remataron as actuacións de mellora en diversos camiños municipais.

As obras foron realizadas por empresa contratada polo Concello de Arbo e financiadas con fondos propios, para o mellor acceso aos depositos municipais e maior seguridade dos veciños e veciñas de Arbo.

A obras realizaronse para mellorar a accesibilidade aos depósitos de Barcela, así como mellorar a comunicación dos vecinos e veciñas e das parcelas ubicadas  entre Cabeiras e  Barcela. 

As obras  consistiron na limpeza,  aglomerado reciclado e rego de sellada, con emulsión bituminosa e gravilla en pistas de titularidade municipal. O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, recordou que son diferentes as actuacións de mellora que se estan levando a cabo na localidade na actual lexislatura e sempre atendendo a demanda dos arbenses e a súa seguridade.

Os concellos de Baiona e Tui, entre as novas asignacións do Plan Concellos da Deputación

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe de máis de 1 millón de euros (1.004.268,55), ao abeiro do Plan Concellos, para financiar equipamentos e contratación de persoal en Baiona, Pontecesures, Tui e Lalín.

En concreto, a Deputación destina a Baiona 186.184,55 euros para a mellora da rede de saneamento na zona de Percibilleira. Esta actuación comprende a substitución das redes na rúa Fontiñas e na rúa Percibilleira, nos tramos que na actualidade son de formigón. Amais, tamén se repoñerá a rede de abastecemento naqueles tramos que sexa necesario debido á execución de novas canalizacións e tamén se fará unha reposición do firme que se atopa en mal estado. En total, actuarase nunha superficie total de case 2.900 metros cadrados.

En canto a Tui, a Deputación destina 130.148 € para financiar as melloras na pavimentación, canalización de pluviais e muro de contención do viario entre A Devesa e San Antoniño, en Malvas (Fase I). A finalidade é facilitar o acceso á veciñanza, xa que na actualidade a capa de rodadura atópase en estado irregular, con baches e fisuras. Para darlle solución, executarase unha nova capa de rodadura, limparanse as cunetas e taludes, executarase unha canalización de drenaxe de pluviais, instalaranse pozos de rexistro e farase un muro de contención.

No caso de Pontecesures, recibirá unha achega de 91.058,72 euros para a mellora do andar do semisoto do edificio do concello para locais de uso administrativo (acondicionamento da zona de usos administrativos do Edificio do Concello). A intervención ten por obxecto acondicionar unha zona de aulas existente para mellorar as súas condicións. Deste xeito, executaranse tres despachos individuais con luz natural, adaptarase o aseo, executaranse dúas salas separadas por un tabique móbil, tamén o trasdosado no interior da fachada, e instalarase climatización, electricidade e saneamento.

Por último, o goberno provincial aprobou para Lalín tres achegas por un total de 596.876,86 euros. En concreto, 94.778,07 euros financiarán o abastecemento de Palmaz e Casares, para dotar de auga potable a estes núcleos así como unha actuación puntual en Bergazos. Doutra banda, 189.600 euros financiarán a pavimentación de viarios en Anzo, Meixome, Prado e nos camiños ao Depósito de Auga novo, Torguedo-Catasós, Vilamaior-Botos, Pena-Donsión, no entronque en Ansean, no camiño en Xar, no camiño en Carragoso, no acceso a Cáceme, no acceso a Rodis, no Val do Carrio-Igrexa, na pista de Rielo, na de Ois Grande, na de Vila Santiso, na de Brántega a Cruceiro, no acceso a Viñoa, na estrada en Muíños-Vilanova e en Meixomin, e na pista de Vales-Gresande. E, amais, enmarcado na liña 3 de emprego, Lalín recibe 312.498,79 euros cos que poderá financiar a contratación de 35 persoas traballadoras.

Ponteareas licita as obras de substitución do céspede artificial do Estadio Municipal ‘Alfredo Bautista Alconero-Rey’

A Concellaría de Deportes de Ponteareas, que dirixe en funcións Miguel Bouzó, deu conta da publicación da licitación das obras de renovación do campo de fútbol de céspede artificial do Estadio Municipal de Ponteareas, ‘Alfredo Bautista Alconero-Rey’.

As obras, licitadas por un importe total de 209.198,62 €, consisten na retirada do céspede artificial existente, na reparación do aglomerado asfáltico para corrixir deficiencias na planeidade existente do terreo de xogo, na instalación dunha base elástica con granulado de caucho sintético e na instalación do novo céspede artificial de última xeración. Ademais, inclúe a montaxe de bordes e a instalación dun novo marcador electrónico de alta visibilidade.

O concelleiro de deportes en funcións lembrou que “un campo de fútbol co céspede artificial en mal estado supón un grave risco para a integridade física das persoas deportistas que o empregan, ao multiplicar o risco de lesións.”

Miguel Bouzó indicou que “con esta actuación, financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, substituímos un céspede que foi instalado hai case catorce anos, e cuxo uso intensivo e mantemento deficitario durante unha década provocou o seu mal estado nos últimos anos, pondo fin anticipado da súa vida útil”.

O comercio local de Gondomar acolle a exposición fotográfica ‘Defensoras Semillas de Cambio’

0

A exposición, que foi inaugurada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a deputada provincial Victoria Alonso, e a representante da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, quere facer chegar aos cidadáns o traballo que desde o ano 2010 veñen realizando as integrantes da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras dos Dereitos Humanos, protexendo a miles de mulleres que sofren a diario a discriminación e a violencia polo simple feito de ser mulleres.

Con esta iniciativa, promovida pola coordinadora Galega de ONGD e a Deputación provincial de Pontevedra, búscase a máxima implicación da sociedade e neste caso en concreto do pequeno comercio, que durante un mes, converterase no “museo” que acollerá a exposición. Nun xesto por axudar tamén a un sector moi golpeado pola pandemia, únense sinerxias, e nos escaparates de dez locais poderanse ver os retratos das mulleres que loitan diariamente porque se cumpran os dereitos humanos en países como Honduras, Guatemala, O Salvador, México e Nicaragua.

Paco Ferreira agradeceu a disposición do comercio de Gondomar pola súa implicación e axuda á hora de “amosar esta realidade, esta anacrónica e paupérrima maneira de convivencia e de maltrato as mulleres, a flagrante vulneración dos dereitos máis intrínsecos do ser humano” e engadiu que “queremos que a veciñanza de Gondomar, o conxunto do noso pais e do mundo enteiro, visualice sen cancelas, sen estereotipos, sen fronteiras unha realidade insólita e inaceptable na sociedade actual”.

Na mesma liña pronunciouse a deputada Victoria Alonso quen “agradeceu o traballo que se realiza desde a Coordinadora Galega de ONGD para visibilizar o traballo destas defensoras dos dereitos que non se deben arrebatar a ninguén” subliñou a boa disposición do concello de Gondomar e o seu goberno a sumarse a iniciativas deste tipo nun claro exemplo “de que estamos ante un concello feminista, que sempre está disposto cando se trata de defender os dereitos das mulleres”.

25N: actos organizados pola Concellería de Igualdade no día contra a violencia de xénero

A exposición de fotografías “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” na rúa peonil, un manifesto da corporación municipal e o alumeado en cor violeta da casa consistorial, serán os actos principais no Porriño coa ocasión do 25 N, Día Internacional contra a violencia machista.

A programación confeccionada pola Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira comezou o venres 20 coa proxección da película “María Solinha” no Centro Cultural Municipal.

Continua coa exposición de fotografías con imaxes que penduran dos farois na rúa peonil, motivo que tamén inspirou a lona que se instala na praza do Concello.

A mostra “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” simboliza a universalización da violencia machista. “Cada retrato é unha fotografía dos distintos aspectos da existencia das mulleres no mundo porque non hai unha única imaxe que nos poida representar, todas sentimos, sorrimos, choramos, resistimos, loitamos, avanzamos, empatizamos… valoramos a vida e esiximos ser consideradas persoas con plenos dereitos, de liberdade, de respecto e capacidade de decisión”, segundo argumentou a concelleira de Igualdade.

O propio mércores 25N difundirase un manifesto institucional de toda a corporación porriñesa elaborado en conxunto e a partir das 19 horas, a fachada do Concello iluminarase en cor violeta.

O programa de actos rematará o ventres 27 coa proxección da película “Trote” no Centro Cultural Municipal en dous pases (18,30 e 20,30 h.) con aforo limitado a 30 persoas por pase e con inscrición previa no correo electrónico [email protected].

Máis de 92.000 € para as asociacións de Salceda a pesares do parón da actividade

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de asinar os convenios por máis de 92.000 euros que benefician a 25 entidades do municipio: culturais, deportivas, sociais e centros escolares. No acto de sinatura, que se celebrou no Auditorio Municipal seguindo os protocolos Covid-19, a alcaldesa estivo acompañada dos concelleiros de cultura e deportes, Alex Rodríguez e Rubén González.

O Concello destina un total de 92.051,40 € para estes colectivos, asinando convenios cos centros culturais (900 €), os coros (700 €), as asociacións de veciños (400 €), os entroidos de Barreiro e Feira (1.600 €), a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda (22.000 €), o CEP Altamira (1.200 €), o IES Pedras Rubias (2.400 €) e a Asociación de Xubilados e Pensionistas (3.000 €).  No eido deportivo, 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, 18.000 € para o Caselas C. F., 4.550 € para os Clubes de Balonmán e Baloncesto e 400 € para o Club Ciclista Aragonta.

As subvencións de maior importe son as que reciben a Asociación de Amigos e Amigas da Música, que engloba a Escola de Música de Salceda así como a Banda de Música, movendo en total máis de 400 persoas de tódalas idades, e as Escolas Deportivas, con cerca de 500 participantes. Considérase tamén fundamental o apoio ás actividades dos centros escolares públicos, que a pesares de non estar dentro das competencias dos Concellos reciben tamén unha aportación municipal.

O Concello colabora ademáis durante todo o ano coas diferentes asociacións co préstamo de material, donación de libros para as súas bibliotecas, asesoramento e información nos trámites con outras administracións…

Os convenios supoñen un importante esforzo financieiro que o Concello asume consciente de que na maioría dos casos supón a supervivencia de moitas entidades que doutro xeito non terían capacidade de saír adiante. A pesar de ser un ano no que moitas destas entidades tiveron que paralizar as actividades, o equipo de goberno quere deste xeito dar resposta a uns compromisos económicos que axudarán a sufragar uns gastos que en moitos casos xa estaban realizados antes do inicio da pandemia, e que polo parón de actividades deixa a estas entidades nunha difícil situación que deste xeito se ve en parte atenuada grazas ao apoio municipal.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “O Concello de Salceda sempre fixo unha firme aposta pola cultura, o deporte e o asociacionismo en xeral, e nestes momentos difíciles non vai ser doutro xeito. A sociedade salcedense, e nomeadamente o tecido asociativo, está a ser exemplo de solidariedade e responsabilidade, polo que dende o Concello queremos manter o noso apoio tanto económico como naqueles outros aspectos nos que poidamos ser de axuda”.

Tui pon en marcha unha campaña de promoción do Plan de compostaxe

0

Potenciar a compostaxe é o obxectivo da campaña de promoción e información que pon en marcha o Concello de Tui. A web municipal, as redes sociais municipais, xunto á emisora municipal, xunto os centros de compostaxe comunitarios serán a plataforma na que se desenvolva esta iniciativa.

A campaña comeza precisamente coa presentación do logo identitario do Plan de compostaxe e o lema da mesma que é “Compóstate ben, composta en Tui”. O logotipo en cores rosa, marrón e verde, reflicte unha lombriz debuxando un sorriso e unha planta que nace do compost, destacando neste caso esa nova vida que xeran os residuos orgánicos compostados.

O deseño da campaña realizouse grazas á subvención concedida ao Concello de Tui pola Xunta de Galicia publicada no D.O.G núm.92 do 13 de maio de 2020, axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polos fondos FEDER GALICIA 2014-2020.

Grazas a esta subvención ao Plan de Compostaxe o Concello de Tui poderá ampliar e mellorar os Centros de Compostaxe Comunitaria do centro urbano, adquirir 300 composteiros individuais para repartir á cidadanía, e adquirir maquinaria para ampliar o servizo de recollida de poda e restos verdes para o seu posterior triturado conseguindo material necesario para os centros de compostaxe.

Este labores, a realizar ao longo do ano 2021, suporán unha mellora substancial na xestión dos residuos orgánicos por parte do concello, conseguindo reducir así os custes derivados da recollida de lixo do contedor verde, así como un aumentar a recollida selectiva. Amais, a nivel medioambiental, o Plan de Compostaxe terá un impacto moi positivo xa que co mesmo lograrase reducir  a pegada de carbono que o municipio deixa ao reducir os niveis de xeración de residuos e os niveis de queima de restos verdes.

Arranca a copa Galicia de ciclocrós con cinco podios para Asociación Deportiva Avanza

Con moito traballo para o Clube XSM de Marín e incertidumbre para conseguir sacar a diante a primeira proba da Copa Galicia de Ciclocrós, cun escenario cambiante debido a pandemia que obriga case a diario adaptar os protocolos Covid-19 para conseguir manter en marcha as escolas coas maiores garantías posibles.

Si a evolución da pandemia o permite nunha semana será o club ciclista Corbelo de Sanxenxo, quen non escatima esforzos para sacar adiante a segunda proba do calendario, si a situación o permite, non podemos esquecer a gran merma de probas que sufriu o calendario galego de ciclocrós con respecto o ano 2019, pasando de vinte probas a sete, sempre e cando a evolución da pandemia o permita.

Cos resultados do test de antíxenos e protocolo COVID da federación asinado na man, os corredores da A.D. Avanza desprazáronse ata o concello de  Marín, para afrontar unha das probas clásicas do CX galego, proba que como non podía defraudar, que obrigou os riders a rodar a gran velocidade o combinar zoas moi rápidas con zoas de barro.

Unha vez mais, os riders da escola de ciclismo Avanza estiveron presentes no podio, onde puxeron peche a primeira proba cun total de cinco podios.

A primeira hora da maña iniciaban a proba as categorías Cadetes,  Cadetes Fem. e Masters Fem. onde  os riders da A.D. Avanza conseguín os primeiros tres podios, na categoría Cadete André Martínez “taka” conseguía subir o mais alto do podio, na categoría Cadete Fem. Uxía Soto conseguía cruzar a liña de meta e subindo o mais alto do podio  acompañada neste pola súa compañeira de equipo Marta Estévez.

Na segunda ronda do día competiron as categorías Júnior,  Júnior Fem. , Elite Fem. e Sub23 fem., onde Laura Mira na categoría Júnior Fem. conseguía subir o mais alto do podio na súa categoría.

Na terceira ronda chegaba a hora das categorías Elite e sub23 onde o rider da escola David Fernández conseguía subir o terceiro posto do podio pechando unha gran xornada para A.D. Avanza.   

Non se pode deixar de destacar de que a menos dun mes de que o ciclocrós galego visite o concello de O Porriño a directiva da asociación traballa arreo para que se consiga levar a cabo unha das probas clásicas do CX galego. A situación actual obriga a estar realizando continuas de modificacións da xestión das probas, adaptacións dos protocolos da federación, Xunta  e o que aplica segundo as restricións que haxa en cada momento na localidade. 

A aparición de tubaxes con amianto condiciona momentaneamente as obras da Praza de Bugallal

O Concello de Ponteareas informou da aparición na Praza de Bugallal de tubaxes soterrados de fibrocemento con amianto, destinadas ao abastecemento de auga. Segundo o goberno local trátase de conducións antigas que, a diferenza doutras tamén existentes na mesma praza, nunca foron renovadas e cuxa existencia non constaba no Concello. “Cada vez que se escava unha rúa de Ponteareas aparecen sorpresas como consecuencia de décadas de descontrol na ocupación do subsolo”, salientan desde o goberno municipal.

O amianto é un composto mineral que se atopa no fibrocemento e pode ser perigoso para a saúde humana. A súa comercialización e uso está prohibido desde 2001. A súa aparición nas primeiras escavacións da Praza de Bugallal conlevou que os responsabeis de seguridade e saúde da obra activasen o protocolo especial de retirada de amianto. Seguindo o protocolo a empresa adxudicataria e Viaqua, concesionaria do abastecemento de auga, están facendo os traballos para localizar máis tubarías con amianto que poidan existir no ámbito da obra. Seguidamente contrataranse os traballos de retirada do fibrocemento a unha empresa autorizada para o tratamento deste material perigoso.

O amianto é un composto perigoso para a saúde que se libera no fibrocemento cando este se manipula, se rompe, corta ou tritura. Por ese motivo os traballos de escavación na obra foron suspendidos, continuándose outras actuacións que son compatibeis con esta incidencia, coma o transplante das árbores.

Por outra banda, o goberno local cualifica de “bulos e falsidades lamentabeis as informacións propagadas por redes sociais e por algún colectivo, afirmando ou insinuando que as obras estarían paralizadas por orde de Patrimonio”. O Concello lembra que a obra conta coa autorización deste organismo. Segundo o executivo local “este bulo súmase ao que se lanzou días atrás afirmando que as árbores da Praza de Bugallal se ían cortar. O interese dalgún grupo por impedir a toda costa que se fagan obras en Ponteareas en ningún caso xustifica recorrer a bulos, mentiras ou falsidades”, sinalan desde o goberno municipal que pide “rigor e seriedade nas críticas”.