9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO Porriño25N: actos organizados pola Concellería de Igualdade no día contra a violencia...

    25N: actos organizados pola Concellería de Igualdade no día contra a violencia de xénero

    A exposición de fotografías “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” na rúa peonil, un manifesto da corporación municipal e o alumeado en cor violeta da casa consistorial, serán os actos principais no Porriño coa ocasión do 25 N, Día Internacional contra a violencia machista.

    A programación confeccionada pola Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira comezou o venres 20 coa proxección da película “María Solinha” no Centro Cultural Municipal.

    Continua coa exposición de fotografías con imaxes que penduran dos farois na rúa peonil, motivo que tamén inspirou a lona que se instala na praza do Concello.

    A mostra “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” simboliza a universalización da violencia machista. “Cada retrato é unha fotografía dos distintos aspectos da existencia das mulleres no mundo porque non hai unha única imaxe que nos poida representar, todas sentimos, sorrimos, choramos, resistimos, loitamos, avanzamos, empatizamos… valoramos a vida e esiximos ser consideradas persoas con plenos dereitos, de liberdade, de respecto e capacidade de decisión”, segundo argumentou a concelleira de Igualdade.

    O propio mércores 25N difundirase un manifesto institucional de toda a corporación porriñesa elaborado en conxunto e a partir das 19 horas, a fachada do Concello iluminarase en cor violeta.

    O programa de actos rematará o ventres 27 coa proxección da película “Trote” no Centro Cultural Municipal en dous pases (18,30 e 20,30 h.) con aforo limitado a 30 persoas por pase e con inscrición previa no correo electrónico cultura@oporrino.org.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.