22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas apoia ao pobo saharaui e asina o convenio de axuda alimentaria...

    Ponteareas apoia ao pobo saharaui e asina o convenio de axuda alimentaria para os campamentos nesta situación de pandemia

    O alcalde asina xunto á presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui un convenio por 6.000€

    O goberno de Ponteareas, representado polo alcalde Xosé Represas, mantivo hoxe un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver o programa de “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e así poder cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes e almorzo nas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis.

    O goberno e a asociación asinaron un convenio por valor total de 6.000€ que permite a axuda no  financiamento para procedementos de prevención da Covid-19 e evitar un maior deterioro na situación humanitaria; especialmente, porque a taxa de anemia entre as mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou até superar o 73%, como a porcentaxe de malnutrición entre as persoas menores de 5 anos, que se aproxima ao 25%.

    A situación de emerxencia sanitaria provocada pola Covid-19, que estamos vivindo na actualidade, fixo que o convenio que se viña asinando en anos anteriores para poder financiar os traslados do Programa de Vacacións en Paz,  que tivo que ser suspendido, tivera que adaptarse á pandemia. “Este ano colaboramos cubrindo as necesidades urxentes nos sectores básicos (auga e hixiene, saúde, nutrición…) para os refuxiados saharahuis, que se viu incrementada por mor da Covid-19”.

    Deste xeito, o Concello de Ponteareas reafirma o seu compromiso coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e agradece a labor que ven desenvolvendo para tratar de mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.