Venres, 25 Xullo de 2025

Redondela innova a prol da seguridade dos veciños coa colocación dunha malla antiesvaramento no paseo da Portela

0

O Concello de Redondela vén de instalar na ponte do paseo da Portela, unha malla antiesvaramento, un sistema innovador, respectuoso co medioambiente e totalmente reciclable, que protexera de caídas aos usuarios e usuarias dos paseos de madeira do Concello. Unha vez probada a súa eficacia neste primeiro punto, a intención do Goberno local é proceder a súa instalación naqueles lugares que, ben a causa da humidade ou das xeadas, presenten habitualmente superficies esvaradías.

O sistema Trek Net, fabricado e patentado en Nova Zelanda, lugar no que existen numerosos e longos paseos de madeira, consiste nunha malla de polietileno virxe que se coloca sobre os paseos e evita os esvaramentos producidos polo xeo, fungos e, incluso, pola posible degradación da madeira.

Trátase de un método cada día máis utilizado ao ser totalmente respectuoso co medioambente e que conta cunha vida útil mínima de 10 anos. A súa instalación na ponte do paseo da Portela permitirá que, unha vez probado, se instale ao longo do paseo, naqueles puntos en que as circunstancias así o aconsellen e, posteriormente, se estenda a súa colocación no resto de paseos de madeira do municipio.

“No so é preciso dotar a veciñanza de paseos para o desfrute do seu tempo de ocio, senón facelo con todas as medidas que garantan a súa seguridade e esta, é unha delas”, apuntou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Tui inicia o Ano Santo coa exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d”

0

A Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende esta semana, e até o 10 de febreiro, a exposición ‘De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d’. Esta exposición chega a Tui grazas á cesión realizada por Turismo de Galicia. As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.

A exposición presenta unha trintena de imaxes en tres dimensións do Camiño Portugués e do Camiño de Fisterra e Muxía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato

O título desta mostra fai referencia ao mar das rutas atlánticas co que comeza a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago así como ao chamado camiño inglés, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Na exposición amósase o Camiño de Santiago coma unha ruta universal, espiritual, histórica e monumental. É o primeiro Itinerario Cultural Europeo, que ten como meta a chegada á tumba do apóstolo Santiago o Maior en Santiago de Compostela, recollido en imaxes que representan un encontro co patrimonio histórico, a natureza, a paisaxe e a confraternidade entre as xentes peregrinas.

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, indica que esta exposición é a primeira actividade realizada polo Concello de Tui para abrir a celebración do Xacobeo 2021-2022. Este ano xubilar, que acaba de iniciarse, é unha excelente oportunidade para posicionar á nosa cidade como a porta de entrada en Galicia dos camiños portugueses de peregrinación a Compostela e preparar a oferta tudense de cara ao momento en que, superadas as consecuencias da actual pandemia da Covid 19, os camiños xacobeos recuperen o tránsito dos peregrinos.

O comercio e hostalería da Guarda pode pedir xa a devolución do 25 % da taxa da recollida de lixo

0

O Concello da Guarda aprobou no pasado mes de decembro a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Recollida do Lixo que permitirá aos comerciantes e hostaleiros da vila solicitar a devolución do 25 % da taxa do lixo.

Establécese unha cota tributaria reducida do 75 % das tarifas vixentes relativas a aqueles establecementos que desenrolen actividades económicas, nos casos en que, no exercicio tributario anterior, a súa actividade ou apertura ó público fora suspendida como consecuencia de declaración de estado de alarma no país que vaia acompañada por unha norma estatal ou autonómica con rango legal que suspenda o desenrolo das actividades realizadas nestes establecementos.

Os propietarios dos locais terán de prazo ata o día 31 de xaneiro de cada exercicio tributario para solicitar a aplicación da cota reducida, presentando de maneira oficial a seguinte documentación acreditativa:

  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble: poderá acreditarse mediante certificado de titularidade expedido polo Rexistro da Propiedade, escritura pública que acredite a propiedade do local, recibo do imposto sobre bens inmobles do exercicio tributario inmediatamente anterior ou calquera outro documento que acredite a propiedade do inmoble, cuxo suficiencia será acreditada polo concello, que poderá esixir mais dun deste documentos a fin de acreditar fehacientemente esta titularidade.
  • En caso de que se trate dun local arrendado, de maneira que sexa o arrendatario quen desenrole a actividade industrial ou comercial no mesmo, contrato de arrendamento subscrito entre arrendador e arrendatario.
  • Declaración responsable do titular da actividade de que nese inmoble estase a desenrolar unha actividade que no período impositivo anterior foi suspendida expresamente por norma con rango de lei estatal ou autonómica derivada da declaración de estado de alarma como consecuencia da crise sanitaria provocado pola Covid-19.
  • Documento de alta na Axencia Tributaria na actividade en cuestión no que conste o epígrafe da actividade e a data de inicio de mesma.
  • Calquera outro documento que se esixa polos servizos económicos municipais.

Ante calquera dúbida os comerciantes e hostaleiros poden dirixirse aos servizos económicos do Concello da Guarda chamando ao 986 610 000.

Un accidente entre un camión e un bus en Redondela deixou dúas persoas feridas á altura da praia de Cesantes

0

Unha colisión entre un camión e un autobús que circulaban pola recta da praia de Cesantes, en Redondela, deixou esta tarde a dúas persoas feridas, unha delas excarcerada polos bombeiros.

O accidente sucedeu ás 14:15 horas de onte. Un particular, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para os dous ocupantes dun camión de ferralla que colidira contra un autobús. Indicaba que no bus viaxaban seis escolares.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade, así como aos Bombeiros do Baixo Miño, quen, finalizada a intervención, confirmaron que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao condutor ferido do camión.

Afortunadamente, ningún dos menores que viaxaba no autobús resultou ferido e foron recollidos polos seus pais. Pola contra, os servizos sanitarios evacuaron aos dous ocupantes do camión ao centro hospitalario de referencia.

Compre destacar que os Bombeiros de Redondela e de Vigo foron informados do suceso polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia por se fose necesaria a súa intervención.

Marta Fernández-Tapias supervisa o remate das obras do tramo de concentración de accidentes na PO-552 ao seu paso por Nigrán

0

A delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao alcalde de Nigrán, achegouse hoxe ata a PO-552  para supervisar o remate dos traballos para eliminar os treitos de concentración de accidentes en 3 quilómetros desta estrada ao seu paso pola citada localidade.

Unha actuación que, tal e como detallou supuxo a mellora de catro interseccións, a construción dunha glorieta e a instalación de balizas. En conxunto, dixo, investíronse 400.000 euros co obxectivo de reforzar a seguridade viaria na vía autonómica ao seu paso por Nigrán, entre as rotondas de acceso á autoestrada e Sabarís.

Segundo concretou Fernández-Tapias, o proxecto consistiu na instalación dunha semiglorieta na contorna do acceso á autoestrada en Nigrán, así como unha nova rotonda na intersección da rúa  Rans coa  PO-552. Tamén se mellorou o acceso ao  Camiño  Carballal cun carril central e unha semiglorieta e se reordenaron as entradas ás rúas  Cruceiro e Sarmiento con outro carril de espera no centro da calzada. Así mesmo, deseñouse  un cambio de sentido no acceso á rúa Manuel González Prado, en Cotros, e outra rotonda na rúa Valle-Inclán, así como melloras no cruce coa rúa Romana, na Ramallosa.

A intervención, tal e como remarcou Fernández-Tapias, incluíu a construción de novos tramos de beirarrúas complementarios a estas melloras e a sinalización de pasos de peóns para mellorar a súa visibilidade, así como balizas para impedir aparcadoiros indebidos en varios accesos da marxe esquerda da Avenida Foz do Miñor, xa en Baiona.

A este respecto, a delegada puxo o acento no importante esforzo inversor que o Goberno galego está a facer en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca, tales como a eliminación de tramos de concentración de accidentes ou os itinerarios incluídos no Plan de Sendas de Galicia.

Así referiuse a outros puntos de actuación nesta mesma estrada, como o son os TCA da PO-552 ao seu paso por Vigo e entre Saiáns e Priegue.

E ao fío das melloras en materia de mobilidade, a delegada quixo recordar que AG-57, que une Vigo e Baiona, continúa a ser das autoestradas máis baratas de España ao manter estable o seu prezo no caso dos vehículos lixeiros, agás no treito A Ramallosa-Baiona, que baixou 5 céntimos. No caso dos vehículos pesados de tipo 1, baixaron 5 céntimos as peaxes dos treitos Vigo-A Ramallosa e Vigo-Baiona. E para os vehículos pesados de tipo 2, aplicáronse rebaixas de 5 céntimos en 7 dos 11 centros da autoestrada. Neste 2021, a Xunta segue a aplicar o réxime de bonificacións de peaxe que se vén aplicando tanto para usuarios frecuentes, que realizan a viaxe de ida e volta no mesmo día, como para os que realizan as viaxes en horario nocturno. E como novidade, este ano comezarán a aplicase bonificacións para as familias numerosas.

Ponteareas xestionou a limpeza e roza de 138 parcelas en Padróns para a prevención de lumes

O Concello de Ponteareas xestionou e tramitou o pasado ano 2020 máis dun cento de contratos entre a empresa pública SEAGA e veciñanza da parroquia de Padróns para a limpeza e roza de parcelas situadas a carón de núcleos habitados e a prevención dos lumes forestais.

Segundo informou a concelleira de Medio Ambiente, a nacionalista Rosa Covelo, os contratos realizáronse no marco do convenio asinado entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e SEAGA. A parroquia de Padróns foi a elixida para poñer en marcha esta iniciativa ao tratarse dunha das máis afectadas pola vaga de lumes do ano 2017. A intención do Goberno Local é estender progresivamente este sistema de prevención dos lumes forestais ao resto das parroquias.

O pasado verán, o Alcalde Xosé Represas, a concelleira Rosa Covelo e técnicos municipais e de SEAGA mantiveron un encontro coa veciñanza da parroquia de Padróns no que explicaron como acollerse ao servizo de roza e limpeza de parcelas. A concelleira de Medio Ambiente amósase satisfeita co balance dos primeiros seis meses de aplicación do convenio en Ponteareas pois “dende o Concello xestionamos xa máis de 100 contratos que supuxeron a limpeza e roza por parte de SEAGA de máis de 6 hectáreas en 138 propiedades situadas a menos de 50 metros dos núcleos”. Ademais, a campaña de información desenvolvida servíu para que outros moitos propietarios/as limparan as súas propiedades directamente ou contratando os traballos con outras empresas.

A iniciativa posta en marcha en Padróns permite que os propietarios/as con obriga de limpar e rozar as súas parcelas poidan contratar os traballos á empresa pública SEAGA, mediante o pagamento dunha taxa e en condicións económicas máis ventaxosas ao tratarse dunha empresa pública. O custo está establecido en 35 euros por cada 1.000 m2. As pequenas dimensións de moitas das parcelas fai que os traballos de limpeza resulten pouco rendíbeis para o sector privado e que os prezos de mercado sexan máis elevados, polo que a intervención dunha empresa pública contribúe a que a propiedade poida abordar a limpeza con prezos máis asequíbeis. A concelleira de Medio Ambiente animou aos propietarios/as que aínda non cumpriron coa súa obriga de limpeza a que aproveiten esta oportunidade. Aqueles que aínda non cumpriron coas súas obrigas están recibindo requirimentos para que limpen as súas parcelas e no caso de non facelo poderán ser sancionados. “Agora non hai excusas”, sinalou Rosa Covelo, “e daquí ao verán as parcelas afectadas deberán estar limpas e rozadas e os nucleos de poboación protexidos. Os propietarios poden escoller facelo pola súa conta, con SEAGA ou con outras empresas, pero deixar as parcelas abandonadas non é unha opción”.

Mos continúa co seu plan de mellora de parques renovando os elementos de 4 áreas de lecer infantil

0

O Concello de Mos ven de recibir o material para proceder á renovación dos elementos de xogo en catro parques infantís municipais. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Parques e Xardíns e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo.

Unha vez recepcionados os novos elementos próximamente procederase á súa instalación. Os parques infantís municipais que se beneficiarán desta mellora son o da parroquia de Torroso xunto á sede de Asodifisi, o de Arrufana na parroquia de Louredo, o das Lagoas en Guizán e o da Porteliña en Petelos.

No parque da Porteliña instalaranse 4 novos elementos, dous dos cales serán balancíns; nas Lagoas instalaranse 3 novos elementos, dous balancíns e un novo peche; en Arrufana un novo tobogán e un novo peche e no que se atopa xunto a Asodifisi instalaranse 3 novos elementos entre os que se atopa un columpio e un balancín. En total 12 novos elementos.

O orzamento total para a renovación de elementos ascende a 19.202,46 euros. E a adquisición dos novos elementos de xogo que substituirán aos antigos realizouse con cargo a Liña 1-Investimentos de axudas do Plan Concellos.

Esta renovación forma parte dun Plan Municipal de Mellora de Parques Infantís do Concello e Áreas de Lecer da localidade mosense que comezou a realizarse o pasado verán. Entre as devanditas melloras incluíronse traballos de renovación do céspede artificial do Parque da Pesqueira en Mos, xunto con outros labores de mellora que incluíron tamén tarefas de mantemento dos elementos de xogo.

Ademais desde o Concello promoveuse un novo parque infantil situado na contorna do Abrente, co que se dá servizo ás familias de Peinador que demandaban este espazo de lecer infantil ao aire libre desde fai anos.

Para a acometida desta nova infraestrutura e espazo de lecer, ao Concello de Mos foille concedida unha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020.

O proxecto municipal denominado “Parque infantil e biosaludables na contorna do Centro Cultural Abrente. Parroquia de Torroso”, ten un orzamento total de 48.400 euros (IVE incluído).

O Concello merca tres timbais para o auditorio do Rosal

0

O Concello do Rosal acaba de adquirir tres timbais para o auditorio municipal que serán empregados por músicos rosaleiros e ensembles que actúen neste espazo e os precisen para os seus espectáculos. O Rosal é un concello prolífero no ámbito musical, exemplo diso é o gran número de músicos que saen da escola de música da Agrupación Musical do Rosal, coa que o concello colabora activamente dende hai anos. “Dotar ao auditorio municipal de instrumentos musicais e de todo o material necesario, tanto instrumental como técnico, é unha aposta polo desenvolvemento cultural do noso poso”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Por este motivo, o Concello irá dotando ao auditorio municipal do material necesario, comezando por dous timbais cromáticos de 23 e 29 polgadas con pedal de embrague co que completar o xogo co timbal concedido anteriormente, de 26 polgadas. Estes instrumentos, de grandes dimensións, tiveron un custo de máis de 7.250 euros que foron subvencionados a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Estes timbais constan de caldeira de cobre, formadas a presión para manter un grosor uniforme en toda a caldeira, e suspendida mediante un anel de aceiro contorneado forte e firme para manter a estabilidade durante o transporte. Os instrumentos teñen tres rodas, dúas na parte posterior e unha baixo o mecanismo de pedal con sistema de freado para evitar que xiren e, contan ademais, cun mecanismo de afinador fino dos timbais colocado ao lado dos intérpretes que ofrece unha gran fluidez.

Tomiño insta ao Goberno Central a apoiar a financiación da biblioteca municipal

0

O Concello de Tomiño aprobou no pleno celebrado este martes unha moción na que se insta ao Goberno Central a repoñer a partida orzamentaria comprometida co Concello de Tomiño para a construcción da biblioteca. A proposta, presentada polo BNG, foi aprobada co voto favorable de toda a corporación municipal.

Tal e como aparece explicitado na moción, o litixio entre o Concello de Tomiño e o Goberno Central pola financiación do proxecto remóntase ao ano 2010, cando o deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, negociou unha axuda para a reforma da antiga casa do médico do Seixo para convertelo nun novo edificio administrativo que albergaría tamén a biblioteca municipal. Logo de estar comprometida unha partida orzamentaria de 500.000 euros para tal fin que se terminou anulando, presentouse unha demanda contra o Ministerio, que foi condenado a indemnizar ao Concello con máis de 40.000 euros polos custes da tramitación administrativa.

A alcaldesa, Sandra González, reitera a importancia de que as demais administracións colaboren cun proxecto “vital para as tomiñesas e tomiñeses”, que foi deseñado e elaborado de forma participativa coas entidades culturais e sociais do municipio para que respondese ás necesidades da cidadanía. “O Concello xa fixo os seus deberes e deu todas as facilidades ás administracións para que contribuísen ao seu financiamento, nin sequera pedimos un financiamento íntegro, senón unha achega parcial que pode ser repartida en varias anualidades. Só falta que se comprometan”, comenta a rexedora.

Desde a corporación municipal solicitan de forma unánime a resolución do que consideran “unha débeda histórica do Goberno Central co Concello de Tomiño”, reiterando ao Ministerio de Transportes, Mobilidad y Agenda Urbana (antes Fomento) a reposición da partida orzamentaria contemplada nos Orzamentos Xerais do Estado no ano 2011, e comprométense a trasladar este acordo plenario á Subdelegación do Goberno, ao Ministerio e a todos os deputados galegos do Congreso.

Esta resolución representa unha reafirmación do compromiso unánime de todos os grupos políticos en canto a esta cuestión, xa que no pleno celebrado en febreiro do pasado ano xa se aprobara por unanimidade unha moción na que se instaba, tanto á Xunta de Galiza como ao Ministerio, a comprometerse a cofinanciar o proxecto da biblioteca municipal.

Pasos previos á construción

Desde o goberno municipal teñen claro que a biblioteca é un proxecto que se ten que materializar “si ou si”, e xa se deron os pasos previos para a construción da biblioteca. Nos orzamentos aprobados o pasado martes no pleno municipal está previstos os custes de alugueiro das dependencias do Xulgado de Paz, que serán trasladadas provisionalmente ante a xa prevista demolición do edificio no que se atopan no primeiro semestre do ano, en previsión da edificación posterior da biblioteca.

A Xunta perfila cos representantes da hostalería un segundo Plan de rescate para facer fronte ás novas restriccións sanitarias

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e a conselleira de Emprego e Igualdade, Maria Jesús Lorenzana, mantiveron onte pola tarde un encontro de traballo coa Mesa negociadora da hostalería de Galicia -na que están representados as asociacións provinciais desta actividade- para consensuar novas liñas de apoio aos establecementos nesta fase da pandemia.

A Xunta trasladou aos representantes o compromiso de seguir ao carón dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias desta pandemia. Neste sentido, insistiuse ante os membros da Mesa en que cada medida reflexionada que o Goberno galego activa por recomendación sanitaria, vai acompañada de apoios reais ás actividades afectadas.

Seguindo este compromiso, e tal e como se fixo no mes de novembro, na xuntanza avanzouse o traballo cara a perfilar un novo Plan de Rescate a persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros pechados por mor da pandemia.

Este segundo Plan terá unhas características similares ao que se puxo en marcha a finais de ano, aínda que simplificaranse os requisitos para que o acceso ás axudas sexa aínda mais áxil e doado. As novas axudas estarán dimensionadas e orientadas a cubrir as necesidades dos sectores máis afectados polas restricións segundo as previsións da evolución da pandemia previstas pola autoridade sanitaria.

A primeira convocatoria do Plan de rescate xa completou case o 80% dos pagamentos a más de 30.500 solicitantes que cumpriron cos requisitos, por un importe de 65 millóns de euros.

No que se refire concretamente á hostalaría, más de 14.700 negocios deste sector recibiron ata o de agora apoio económico directo da Xunta a través das tres liñas incluídas no Plan de Rescate, por valor de 23,7 millóns de euros. Estes datos evidencian que o 70% dos hostaleiros galegos (segundo o Instituto Galego de Estatística, Galicia conta cun total de 20.688 negocios nesta actividade) tiveron acceso ás axudas establecidas pola Xunta para facer fronte á crise económica e as restricións efectuadas por recomendación sanitaria.

Fondo de cooperación Covid-19

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, manifestou que a Xunta de Galicia foi a primeira en inxectar liquidez aos negocios, pero faise necesario a implicación de tódalas administracións máis aló de cores políticas ou debates estériles sobre competencias.

Neste senso, tanto o Goberno galego como os representantes da hostalaría propuxeron abrir unha tripla fronte para paliar o impacto económico das restricións mediante un fondo de cooperación Covid-19 que conte coa participación da Xunta de Galicia, deputacións e os grandes concellos para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa comunidade, seguindo o modelo da comunidade autónoma de Valencia, onde a Generalitat aportará o 50% de dito fondo, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante.

O conselleiro de Sanidade, pola súa banda, explicou a situación actual da pandemia en Galicia, que xustifica a posta en marcha das medidas restritivas anunciadas hoxe para frear a preocupante incidencia actual dos contaxios.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, lembrou que “cada medida reflexionada que o Goberno galego activa por recomendación sanitaria, vai acompañada de compromisos reais de apoio ás actividades afectadas”. “É prioritario agora evitar perigosas interaccións sociais que afecten á saúde dos galegos e galegas, pero mantemos firme o noso compromiso de seguir ao carón dos sectores que máis se resenten nesta pandemia”, aseverou.

Galicia conta xa con máis de 10.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.215 deles 2.469 son da área da Coruña, 945 da de Lugo, 1.348 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.893 da área de Vigo, 1.983 da de Santiago, e 710 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 463 en unidades de hospitalización e 9.670 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.811 persoas curadas, rexistrándose 1.480 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.211.826.

O número de doses de vacina contra a Covid-19 administradas é de 37.745.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Aprazada a elaboración da Alfombra dedicada ao Camiño Inglés que se pretendía facer na Praza de María Pita da Coruña

A Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, ten como obxectivo principal todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vinculado a el. Destacando a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

Un gran proxecto para o Ano Santo

O denominado “Alfombras para o Camiño”, co que se quere poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través das alfombras de flores que cada ano realízanse en centenares de vilas e pobos de Galicia e España, con motivo das festa do Corpus Christi.

Para iso o propósito é elaborar diversas alfombras de flores, en lugares emblemáticos, de cada un dos distintos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, desde xaneiro a xuño para acabar rematando cunha gran alfombra floral en Santiago de Compostela o 25 de Julio.

No proxecto de “Alfombras para o Camiño” elixiuse a cidade da Coruña como representante do Camiño Inglés; xa que é unha dos roteiros marítimos xacobeos que se utilizaban na Europa medieval para alcanzar Compostela os peregrinos procedentes dos países escandinavos, os Países Baixos, o norte de Francia e principalmente de Inglaterra, Irlanda e Escocia.

Aprazamento pola crise sanitaria

Para iso, alfombristas de Ponteareas ían desprazarse á Coruña o vindeiro sábado día 16 de Xaneiro, para realizar esa alfombra na Praza de María Pita. Sendo o motivo central da mesma a Torre de Hércules faro romano declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2009. E faro que guía a chegada dos peregrinos a Galicia. Na variante desde A Coruña, tamén coñecida por Camiño do Faro.

Por mor da grave situación da pandemia, e actuando coa maior responsabilidade, acordouse aprazar a elaboración da Alfombra para cando mellores as condiciones sanitarias.

A Plataforma Veciñal de Afectados pola comunidade de Montes da Guarda denuncia a grave situación na que se encontra o monte

0

Os 40 veciños da Guarda que compoñen a Plataforma Veciñal de Afectados pola Comunidade de Montes da Guarda, diríxense a todas as institucións, entidades, asociacións e colectivos, e a todos os veciños que as compoñen, para denunciar publicamente a gravísima situación na que se encontra o monte.

Nos últimos tres anos, case 40 veciños solicitaron a entrada na Comunidade de Montes da Guarda. A día de hoxe, despois de varias solicitudes e de interpoñer dúas demandas, aínda non conseguiron obter ningunha resposta por parte da Xunta Rectora.

Durante estes 3 anos foron testemuñas de toda clase de accións que tilda de irregulares e impropias dunha Comunidade de Montes, chegando a parecer “máis ben un coto privado que unha Comunidade de Montes”, segundo indican desde a Plataforma Veciñal.

Este sábado, 16 de xaneiro, está convocada unha Asemblea Xeral Extraordinaria para elixir a nova Xunta Rectora. Os veciños denuncian que esta elección da nova Xunta é inxusta por faltar a súa presencia, ya que solicitaron a alta na comunidade.

Ante esta situación es a sensación de impotencia, queren solicitar, por un lado, a máxima colaboración por parte de todas as institucións pertinentes, e por outro, a involucración do resto de veciños da Guarda nesta loita, a través de exercer o seu xusto dereito de ser comuneiros.

Os alcaldes de Tomiño e Cerveira presentan a Eurocidade á nova presidencia da rexión Norte de Portugal

0

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira e director da AECT Río Minho, Fernando Nogueira, desprazáronse este luns á cidade do Porto para manter unha reunión coa recén escollida presidencia da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), o homólogo administrativo da Xunta de Galicia no norte do país luso.

Neste senso, os alcaldes aproveitaron para reivindicar o traballo de colaboración realizado entre os municipios de Vila Nova de Cerveira e Tomiño no marco da Eurocidade Cerveira-Tomiño, explicando as accións, actividades e proxectos acometidos desde a súa posta en marcha. En concreto estiveron presentando o proxecto do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño, inserido na rede de rutas verdes transfronteirizas do río Miño, onde puxeron en valor o traballo realizado para a creación do mesmo de forma conxunta.

Comentouse o estado do proxecto da pasarela peonil, elemento fundamental para a unión do Parque do Castelinho, situado en Vila Nova de Cerveira, co Espazo Fortaleza, na beira tomiñesa. O Estudo de Arquitectura Burgos & Garrido atópase traballando no anteproxecto da mesma, ao tempo que se están pondo en contacto con todas as administracións que teñen que dar autorizacións sectoriais. Esta mañá, os alcaldes mantiveron xunto con representantes do estudo, unha reunión con persoal da Agência Portuguesa do Ambiente (APA), no marco da rolda de contactos que se teñen mantido durante os últimos meses para presentar o proxecto do Parque da Amizade.

A Eurocidade Tomiño – Cerveira aspira a captar investimentos europeos no cadro comunitario durante os vindeiros anos, aos que se presentarán diversos proxectos, ademais de volver a conseguir a adxudicación de fondos do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP).

Peche perimetral de Ponteareas dende o venres ao dispararse a incidencia da pandemia

Tras o análise da situación da pandemia por parte do comité clínico, a Xunta de Galicia tomou a decisión de ordenar o peche perimetral en 60 concellos, entre os que se atopa Ponteareas, quedando prohibida a saída da localidade agás para desprazamentos xustificados. Deste xeito, a localidade sitúase no nivel máximo de restricións, ao contar con 88 novos casos positivos e unha incidencia acumulada ao redor de 300, segundo informou o xerente da área sanitaria esta mesma mañá á concelleira de saúde e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila.

Entre as medidas, que entrarán en vigor ás 00:00 horas deste venres  tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, inclúese o adianto do toque de recollida ás 22 horas en todo o territorio galego e a limitación das xuntanzas públicas e privadas a grupos que non superen as catro persoas, recomendando restrinxir ao máximo calquera interacción social.

No referente á hostalaría na localidade, a Xunta decidiu que deberá pechar ás 18 horas, sen servizo no interior e unicamente cun aforo do 50% en exterior. As agrupacións non poderán superar as catro persoas. Os comercios deberán estar pechados ás 21:30h e continúan cun aforo máximo do 50%.

A actividade deportiva non federada limítase a grupos de catro persoas como máximo, cun aforo interior que non supere o 50%, mentres a actividade federada deberá seguir o que indican os protocolos acordados entre cada Federación e a Xunta.

A alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila, lembra á poboación a necesidade de actuar con responsabilidade, especialmente no ámbito privado. “Aínda que se permiten as xuntanzas de persoas non conviventes en grupos de ata catro persoas, a propia Xunta recomenda que só entren en cada domicilio as persoas conviventes, evitando trasladar ás vivendas os encontros sociais que se prohiben na hostalaría”, sinalou. Fernández Davila agradeceu o diálogo constante que se mantén na actualidade entre o Concello e a Xerencia da área sanitaria, e indicou que “dende o goberno local seguiremos trasladando á poboación con total transparencia os datos que nos facilite a Xunta, como vimos facendo dende que se nos proporcionan”.

O Concello de Tui amosa o seu apoio ao traballo realizado na residencia Paz y Bien

0

A corporación municipal de Tui amosa publicamente o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien de Tui. Así o acordou onte ao mediodía a Xunta de Portavoces, reunida con este motivo.

“Dende o Concello somos coñecedores do gran traballo realizado nesta residencia tudense, que dende o inicio da pandemia no mes de marzo do ano pasado, ten levado a cabo un labor excepcional con gran profesionalidade  e mimo, coidando cada un até o máis mínimo de detalle para evitar a propagación do virus. Teñen destacado polo estrito cumprimento dos protocolos establecidos, sen descoidar a faceta humana na atención das persoas usuarias da mesma.

Nestes momentos complicados, nos que o virus ten golpeado con dureza á Residencia, dende o Concello de Tui, non podemos máis que pórnos ao seu dispor para todo aquilo que puideran precisar, coma xa temos feito dende o coñecemento do brote, e facerlles chegar o noso recoñecemento ao seu traballo, confiando na pronta superación desta situación.

Dende o Concello de Tui faise extensible este recoñecemento ao traballo realizado tamén nas outras residencias tudenses durante a pandemia.”

Cribado voluntario masivo PCR O Rosal

0

Ante a alta incidencia acumulada da Covid-19 no Rosal nos últimos días, o Concello propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR que permita identificar a positivos asintomáticos dos que non se teña constancia e axudar así a reducir a propagación do virus. Por este motivo, desde este mesmo mércores xa está habilitada a páxina covid.orosal.gal, na que as persoas interesadas en colaborar poden inscribirse enchendo un sinxelo formulario. A inscrición tamén estará accesible dende a páxina web do Concello.

Unha vez recollidos os datos das persoas voluntarias serán trasladados ao Sergas, que a partir de principios da vindeira semana contactará con cada un dos inscritos para dar cita para a proba PCR, un frotis naso-farínxeo totalmente indoloro que permitirá tomar medidas que axuden a frear a transmisión. As probas realizaranse en Vigo, nun centro que se comunicará a cada persoa no momento de dar a cita.

Trátase dunha oportunidade de facer unha proba PCR de balde e estar seguros e seguras de se se está infectado ou non de coronavirus.

“Animamos a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar, sobre todo a aqueles que poidan ter máis risco. A colaboración de todos e todas é fundamental para reducir o nivel de contaxio que temos nestes intres”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández, que fai tamén un chamamento á responsabilidade e á prudencia de toda a veciñanza.

A Xunta vén de decretar o nivel extremo de alerta en toda a comunidade autónoma, endurecendo as medidas restritivas en toda Galicia. A partir deste venres 15 de xaneiro adiantarase o toque de queda ás 22.00 horas, xa non estará permitida a mobilidade entre concellos, a hostalaría pechará a partir das 18.00 horas e os comercios ás 21.30 horas. Ademais, as reunións entre non convivintes limitaranse a un máximo de catro persoas.

As Meninas, Campioas Galegas Danza Coreográfica

0

O grupo As Meninas de Patricia Martínez, xunto coa propia Patricia, foron recibidas onte pola tarde na Praza do Concello pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Cultura, Turismo e Igualdade, Sara Cebreiro, para felicitalas polo título de Campioas Galegas de Danza Coreográfica acadado o pasado mes de decembro.

O domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica e Campionato Galego de Modalidade Estandard.

Dentro do Club Baila-Mos, que adestra a mosense bailarina campioa internacional Patricia Martínez, inclúese o grupo As Meninas, formado por Sara Requejo, Ainara Rodríguez, Eva Calvar, Elena Gamallo e Noa Pintos.

As Meninas, tras 10 meses sen competir por mor da crise sanitaria da Covid-19, presentáronse ao Campionato Galego en Narón e conseguiron proclamarse Campioas Galegas na Modalidade de Danza Coreográfica na súa categoría Junior Territorial Iniciados, a 8 puntos de diferenza do segundo grupo.

“Loxicamente, o esforzo foi inmenso en todos os aspectos, físico, económico e psicolóxico, tanto por parte delas como por parte dos seus pais. Non é fácil manter motivadas e centradas a unhas deportistas adolescentes en época de pandemia, desde marzo os primeiros 7 meses foron entrenos e clases en liña, e desde outubro presenciais”, explica a súa adestradora, Patricia Martínez. Quen tamén asegura que “contabamos que con que o ano xa se acabara en canto ao que a competición e títulos deportivos se refire e de feito empezamos a preparar a nova coreografía do 2021 e foi cando saíu a noticia que se celebraba o Campionato Galego e eu fun a primeira que dixen hai que ir, sí ou sí; pero creo que elas o necesitaban máis que eu, volver sentir a adrenalina, os nervios, ver máis bailaríns… e a verdade é que non puido ir mellor, acabamos o 2020 ao grande”.

Martínez quixo agradecerlles “en primeiro lugar aos pais das bailarinas, porque son o principal piar, pero honestamente esta vez quero agradecerlles a elas publicamente o ben que traballaron, aguantado, esforzándose e loitado durante todo este tempo”.  Tamén tivo Patricia Martínez palabras de agradecemento para o Concello de Mos e para a alcaldesa Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, en especial. As representantes municipais Arévalo e Toucedo destacaron “a enorme valía de Patricia Martínez como profesional da danza e a docencia e aplaudiron o gran traballo das Meninas, especialmente pola dificultade que entraña adestrar en tempos de pandemia”. Animáronas así mesmo “a seguir adiante nesta mesma liña e continuar sendo todo un exemplo de esforzo, superación e valores deportivos para toda a mocidade mosense”. Patricia Martínez concluiu asegurando que “é de agradecer o gran apoio de Mos a nós e ao Baile Deportivo, e ser un dos Concellos de Galicia que máis apoia ao deporte en xeral e á cultura”.

O PSdeG-PSOE pon en marcha as xestoras de As Neves, O Porriño e O Rosal

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE celebrou a súa primeira xuntanza do ano para abordar cuestións orgánicas que, como é habitual dentro do partido na provincia, resolvéronse con consenso de tódalas partes e acordo unánime dos integrantes da Executiva. Deste xeito quedaron aprobadas as novas Comisións Xestoras encargadas de dirixir as agrupacións locais de O Porriño, As Neves e O Rosal.

En O Porriño a Xestora estará presidida por Soledad Girón Girón (membro do Comité Provincial), acompañada dos concelleiros Lourdes Moure Varela e Sergio Casas Quintas, ademais de Miguel Táboas Sequeiros (membro do Comité Nacional) e Diego Julio de Sa García.

En As Neves encabezará Marcelino Couto Martínez, tenente de alcalde, xunto con José Carlos Domínguez Gil e Isabel Prieto Couto.

Finalmente, en O Rosal estará presidida por Miguel Ángel Rodríguez Velasco, acompañado de María Concepción Alonso Rodríguez, José Manuel Gómez Campos, David Gómez Cardoso e Milagros Carmen Amador Dacal.

O acordo foi adoptado nunha Executiva Provincial celebrada novamente de maneira telemática e na que houbo unha amplísima participación, e inclúe tamén a designación de Luis Piña, secretario provincial de Organización, como colaborador e observador nas tres xestoras.

O secretario xeral provincial, David Regades, explicou que as Xestoras de O Porriño, As Neves e O Rosal funcionarán como órgano de transición, encargado de organizar a asemblea de militantes que dea paso ás novas Executivas municipais, un proceso que agora mesmo é imposible de abordar por mor das restricións derivadas da pandemia de COVID19. As asembleas, explicou, celebraranse cando as condicións sanitarias o permitan. Regades subliñou que o diálogo presidiu o proceso de designación e agradeceu a colaboración de toda a militancia. “O obxectivo ata que tomen posesión as novas Executivas é dinamizar o partido, garantindo a súa relación coa sociedade, e conducir o proceso de elección das novas direccións locais sempre co respecto á cultura de democracia interna que caracteriza ao socialismo”.

Regades fixo fincapé na tradición de diálogo que existe no PSdeG-PSOE provincial “onde as cousas se falan dentro para fortalecernos e centrar as nosas enerxías en presentar proxectos sólidos á sociedade”. Unha traxectoria que recalcou, é valorada pola cidadanía, como demostran as 22 alcaldías socialistas da provincia e o feito de que máis de 600.000 das/os máis de 900.000 pontevedresas/es conten con gobernos dirixidos ou apoiados polo Partido Socialista.

O AECT Río Miño presenta as súas prioridades á Comisión de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal

O AECT Río Miño reuniuse esta semana co presidente e vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDRN), Antonio Cunha e Beraldino Pinto, para tratar a Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030 e a necesidade da creación dunha Intervención Territorial Integrada (ITI), un mecanismo da Unión Europea para a xestión dos fondos transfronteirizos. No encontro participou o director da entidade, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño Sandra González.

Durante a reunión, Nogueira salientou o activo e fundamental papel do AECT na xestión dos fondos europeos e presentou a dinámica de traballo desenvolvido pola entidade transfronteiriza dende a súa constitución en 2018, a nivel de accións, actividades e proxectos, así como o forte impacto que estas tiveron entre a poboación dos concellos do Miño e o recoñecemento que as mesmas están a ter por parte dos membros do Goberno de ambos países.

Na xuntanza abordouse a Estratexia do Río Miño transfronteirizo 2030, subliñando a súa importancia para a planificación da futura cooperación transfronteiriza entre o sur da provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal. Un documento que se presenta como un verdadeiro estudo do territorio, no que se recoñecen as debilidades e potencialidade do mesmo, permitindo deseñar conxuntamente un plan de acción cara o futuro.

A posibilidade de que os territorios tranfronteirizos apliquen a figura da ITI (Intervención Territorial Integrada) para o período 2021-2027 foi outro dos asuntos abordados, co obxectivo de aprobar un programa de accións de cara o próximo período de fondos comunitarios en colaboración coas Eurocidades do Río Miño- Eurocidade Cerveira-Tomiño, Valença-Tui e Monção- Salvaterra -. Como exemplo presentouse o proxecto do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño, inserido na Rede de Recursos Verdes Transfronteirizos do Río Minho.

O AECT Río Miño foi creada en 2018, comprende un total de 26 municipios portugueses e galegos –xunto coa Deputación de Pontevedra- e ten, entre os seus obxectivos primordiais, a defensa e resolución de problemas relacionados coa mobilidade transfronteiriza para o desenvolvemento conxunto do territorio.

Tomiño aproba en pleno de maneira inicial os orzamentos municipais para o ano 2021

0

O Concello de Tomiño aprobou onte de maneira inicial os seus orzamentos para o 2021 no pleno municipal. En total ascenden a 7.725.000 euros, incrementándose un 5% con respecto ao ano 2019 e lixeiramente superiores aos de 2020. Destaca especialmente o aumento da partida destinada aos servizos sociais, que pasa de 940.000 a case 1.150.000 euros, un incremento do 23% con respecto ao ano anterior.

Duplícanse tamén as axudas destinadas ao mantemento e mellora dos sistemas de traída de augas, que se duplica pasando dos 50.000 aos 100.000 euros, e conxélanse os impostos e taxas, ademais de contemplar a redución aprobada no anterior pleno para bonificar a taxa do lixo aos negocios que tiveron que pechar pola crise da Covid-19.

Modificación da RPT

Foi tamén sometida a pleno a proposta de modificación puntual da RPT do Concello de Tomiño, co obxectivo de crear dúas novas prazas necesarias para o funcionamento do Concello: unha praza de técnico de xestión no departamento de secretaría e outra de técnico de medio ambiente.

Mellora da Atención Primaria

No pleno tamén foron debatidas varias mocións presentadas polos diversos grupos parlamentarios, como a respaldada pola plataforma SOS Sanidade Pública, na que denuncian a situación na que se atopa a Atención Primaria, con demoras e masificación da asistencia como consecuencia dos recortes orzamentarios.

Desde a plataforma instan á Consellería de Sanidade a implantar un protocolo anticovid que estableza circuítos seguros de mobilidade, coa intención de poder recuperar inmediatamente as consultas presenciais, limitando ás consultas telefónicas como actividade complementaria. Tamén esixen acabar coa precariedade laboral do persoal aplicando un “Plan de Mellora da Atención Primaria”, e incrementar de maneira urxente o orzamento destinado a esta área sanitaria.

Defensa dos emigrantes retornados

Tamén foi aprobada unha moción en defensa dos emigrantes retornados, que denuncian o trato fiscal discriminatorio ao que son sometidos por percibir pensións de outros países. Solicitan a modificación da lexislación actual para evitar esta realidade que os emigrantes levan sofrendo desde fai anos, que se recoñeza e se homologue o grao de invalidez recoñecido no país de orixe da pensión e que se garanta o dereito á Seguridade Social Universal para todos os galegos e galegas retornadas, tal e como se garante na Constitución e que non se está cumprindo.

Arrancan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP 2303 Gondomar-Vilaza-Parada

0

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial 2303 Gondomar-Vilaza-Parada, na que investirá preto de 32.500 €. A actuación, que se desenvolverá durante dous meses, nun tramo de 55 metros, ten por obxectivos executar unha senda peonil e manter o viario para optimizar a súa seguridade e accesibilidade.

Máis polo miúdo a estrada contará cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho na súa marxe dereita enlazando, deste xeito, as beirarrúas existentes na estrada e asentando o noiro para dotala dunha mellor mobilidade peonil e maior seguridade estrutural.  Para elo, ampliarase a plataforma da vía, realizarase un muro de contención de perpiaño de 2,3 metros de altura e 60 metros de longo e executaranse recheos para garantir a súa conservación. Amais, colocarase unha barreira protectora e separadores reflectantes para delimitar a senda da calzada.

A través desta actuación, a Deputación  tamén contempla realizar tarefas de mantemento da EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada para garantir a seguridade viaria e seguir espallando o seu modelo de mobilidade amable, segura e sustentable pola rede viaria da provincia.

O Concello de Nigrán concede 26.476 € en subvencións a 18 entidades do municipio

0

O Concello de Nigrán concedeu un total de 26.476 € en subvencións a 18 entidades culturais, veciñais, educativas e deportivas do municipio. A pesares de que a partida orzamentaria destinada a este fin incrementouse no 2020 de 72.000 € a 80.000 €, neste pasado ano as socilitudes de axuda caíron drásticamente ao non teren organizado moitas actividades por mor da Covid-19 (incluso como novidade podían incluírse os gastos derivados da aplicación do protocolo sanitario). Igualmente, ao non constituírse as Comisións de Festas por vez primeira non houbo solicitudes ao respecto. Neste sentido, compre sinalar que o Concello creou o programa ‘Música nas Parroquias’ para ofrecer actuacións que permitisen celebrar as verbenas en sesión vermú investindo nesta acción 30.000 €, cantidade que o goberno local consignará novamente no orzamento de 2021.

Así, neste ano 2020 recibiron axudas municipais as asociacións de Bolos de Camos e A Carrasca, a E.D.Val Miñor, Ureca, C.B.Nigrán, Laroca, C.C.Rías Baixas e Eixotolo; as entidades veciñais e culturais de Camos, Chandebrito, Priegue, Parada, Monteferro e Ramallosa; e a Asociación de loita contra o Cancro e a ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes.      

Coma en anos anteriores, mantívose a contía máxima da subvención aínda que as partidas orzamentarias en todos os casos.

Peche individual dos concellos de Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia.

Durante a súa comparecencia para dar conta das medidas acordadas no comité clínico, Feijóo explicou que, con carácter xeral, aplicarase o nivel medio-alto en toda a Comunidade, se ben, nas zonas de maior incidencia aplicarase o nivel de máxima restrición. “E mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas”, recordou.

No tocante ao nivel medio-alto, Feijóo salientou que, ademais da recomendación básica de que se faga o esencial, exclusivamente: acudir ao médico, ao colexio, ao traballo –incidindo no teletraballo, sempre que sexa posible-, ao coidado de menores e maiores e á compra dos enseres indispensables, hai determinadas restricións que se deben coñecer e cumprir de forma escrupulosa.

Ao respecto, precisou que as reunións serán dun máximo de 4 persoas; o toque de queda adiántase ás 22 horas; o horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas; os centros recreativos turísticos ou similares terán un aforo do 50% -cando haxa grupos, serán de 4 persoas máximo-; e a hostalería e restauración poderán abrir ata as 18 horas, cun 30% de aforo no interior e do 50% nas terrazas, podendo manter a entrega a domicilio.

“A partir das 18 horas, a actividade da hostalería e restauración non estará permitida, e iso significa que tampouco se deben, a partir desa hora, reunir non conviventes nos domicilios”, engadiu.

No tocante ás actividades deportivas non federadas: os grupos serán dun máximo de 4 persoas e, nos espazos interiores, o aforo tampouco pode superar o 50%. No comercio, o aforo nas tendas tamén segue á metade, pero reforzarase a vixilancia nos centros comerciais, onde quedará prohibido permanecer nas zonas comúns, permitíndose só o tránsito para entrar e saír das tendas.

Por outra banda, nos cines, teatros e auditorios: haberá que estar sempre sentados, mantendo a distancia de seguridade, cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre; e as visitas hospitalarias se circunscriben a unha persoa por paciente en todos os hospitais do Sergas, salvo casos excepcionais. “E respecto á mobilidade, os concellos que se atopan neste nivel medio-alto non se pechan, agás nas tres cidades que están neste nivel: Lugo, Pontevedra e Vigo”, remarcou, ao que engadiu que, en todo caso, a recomendación é que se limite a mobilidade ao máximo posible.

Zonas de máxima restrición

Máis alá destas medidas reforzadas a nivel xeral en toda Galicia, o presidente da Xunta insistiu en que a tendencia á alza é especialmente intensa en zonas concretas que, segundo o comité clínico, deben ter a máxima vixilancia.

“Estamos a falar de 33 concellos de máis de 10.000 habitantes, que presentan unha incidencia acumulada a 14 días superior a 250 ou que evolucionan rapidamente cara a ese nivel. E a eles súmanse outros 27 municipios de menos de 10.000 habitantes, nos que o comité considera preciso que teñan restricións de nivel máximo e limitada a mobilidade”, explicou.

Deste xeito, os 60 concellos que estarán as vindeiras semanas neste nivel máximo de restricións son, na provincia da Coruña: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo e Val do Dubra. Na provincia de Lugo: Vilalba, Viveiro e Xove. Na provincia de Ourense: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei e Xinzo de Limia. E, na provincia de Pontevedra: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño.

Nestas zonas, a principal diferenza co resto será que o interior dos centros de hostalería e restauración permanecerán pechados, e só se permitirá atención nas terrazas ata as 18 horas, ou a entrega a domicilio sen límite. Ademais, os establecementos de xogo non poderán abrir as portas; os centros comerciais reducirán o seu aforo ao 30%; “e a mobilidade non se permitirá máis aló dos perímetros de cada concello, quedando illados de xeito individual”, incidiu, matizando que esta restrición tamén se aplicará no caso das cidades que están a nivel medio-alto, é dicir, en Pontevedra, Vigo e Lugo.

Apoio ao sector da hostelaría

Diante destas novas medidas que supoñen novos esforzos para os cidadáns, Feijóo aproveitou a comparecencia para referirse novamente á hostalería, un sector, recordou, que sofre máis que ningún outro ao estar máis exposto. “Seguiremos tentando mitigar o seu sufrimento con axudas específicas”, garantiu, subliñando que, máis de 14.700 negocios de hostalería recibiron apoio económico directo da Xunta xa, o que supuxo un desembolso de 21,5 millóns de euros.

“E, ademais, o 50% dos hostaleiros que tiveron que pechar ou se viron prexudicados obtiveron axudas a maiores deste apoio específico, xa que recibiron a axuda dirixida a autónomos ou ben a axuda para microempresas”, resaltou, facendo fincapé en que o Goberno galego seguirá apoiando ao sector, cun novo paquete de medidas, ante as restricións que entran en vigor a partir do venres.

O presidente da Xunta pediu aos cidadáns que sigan en alerta e que non se confíen polo feito de que o proceso de vacinación comezara, xa que a pesar de que Galicia está vacinando ao mellor ritmo de toda España, aínda hai moi poucas doses.

Sobre este punto, a Consellería de Sanidade informará no Consello de mañá da evolución do plan de vacinación; e, desde hoxe, estase a vacinar aos sanitarios, coa previsión de que ao longo do día reciban a primeira dose 6.000 profesionais.

A Biblioteca Pública Municipal nomeou aos e ás socias de honra do 2021

Con motivo do Día das Persoas Usuarios de Bibliotecas a Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, recoñeceu aos e ás usuarias de honra. No Museo Municipal antonte luns tivo lugar a entrega dun lote de libros aos e ás socias con máis préstamos  durante o ano 2020.

Os/as premiados/as foron nomeados socios de honor da biblioteca e como consecuencia disto terán a oportunidade de levar un maior número de libros prestados durante o ano 2021. Estes premios repartíronse en dúas categorías, infantil e adulta.

Categoría Infantil

  1. González Fernández,  Emma (64 libros prestados en 2020)
  2. Palleiro Troncoso, Lara (39)
  3. Palleiro Troncoso Breogán (35)
  4. Solleiro González, Sabela (35)

Categoría Adultos

  1. Comesaña Friere, Jesús (100)
  2. Durán Quesado, Lorena (86)
  3. Martinez Marquez, María Natividad (45)

Ao rematar o acto de entrega de agasallos,as persoas premiadas e os seus acompañantes tiveron a oportunidade de asistir a unha visita guiada ao Museo Municipal de Ponteareas.

Continúa o ascenso do número de casos activos por coronavirus en Galicia, hoxe rexístranse 9.479

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.479 deles 2.260 son da área da Coruña, 890 da de Lugo, 1.232 da de Ourense, 832 da de Pontevedra, 1.720 da área de Vigo, 1.886 da de Santiago, e 659 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.363 persoas curadas, rexistrándose 1.474 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.201.074.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 33.346. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

O Concello de Tui destina 50 mil euros en bonos de compra para a reactivación da economía local

0

Hoxe mércores, 13 de xaneiro, abre o prazo de inscrición para que os establecementos interesados se adhiran aos bonos “Activa Tui”.  Veñen publicadas no BOPPO as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas axudas á reactivación económica, que foron aprobadas por unanimidade o pasado mes de decembro en pleno. O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros.

Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do concello de Tui e están concibidos como unha medida extraordinaria para axudar o tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do termo municipal. 

O principal obxectivo de Activa Tui é apoiar aos sectores de servizos, comercio, hostalería e restauración do municipio de Tui, tratando de impulsar o consumo de proximidade a través da posta en funcionamento dos bonos “ACTIVA TUI” para investir nos establecementos comerciais.

Os establecementos interesados deben cubrir o formulario habilitado en tui.gal a partir de mañá, 13 de xaneiro. Antes do 1 de febreiro publicarase a listaxe con todos os establecementos participantes.

Dende o 1 de febreiro as persoas, maiores de 16 anos, poderán obter un máximo de dous bonos de compra por valor de 10 €, que poderán canxear en compras iguais ou superiores a 25 euros nos establecementos adheridos á campaña até o 30 de marzo. Estas datas poden sufrir variacións en funcións das medidas restritivas e da situación epidemiolóxica no municipio.

A Xunta de Galicia contrata as obras de humanización da rúa San Benito en Arbo

0

Comenzan as obras de humanización da rúa San Benito en Arbo, uns dos viais mais centricos da Vila de Arbo e que precisa dunha renovación para mellorar a mobilidade urbana. 

As obras cun orzamento de 169.514,84€.- están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta, que naceu como resposta á necesidade da humanización das aldeas de Galicia, que busca o achegamento de marcos urbanos aos seus habitantes adaptando e creando espazos públicos para as necesidades actuais e veñen para culminar a humanización deste vial de acceso ao núcleo urbano de Arbo, tras as obras executadas coa humanización da Rúa Antonia Tovar.

Os traballos que se prolongarán nos vindeiros meses, consisten na realización de beirarrúas, renovaranse as redes de servizos. Dispoñeranse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellorase a rede de abastecemento.  Tamén se executarán canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Dispoñerase de iluminación con luminarias  Led. Por último, executarase a sinalización horizontal e vertical precisa.

Este, proxecto que conta cunha financiación do 100% da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dacordo o convenio asinado co Concello de Arbo o pasado ano, supora unha mellora para os veciños e veciñas de Arbo- informa o alcalde do Concello Arbense Horacio Gil-  o Barrio de San Benito é a porta de entrada ao Casco úrbano polo que coa súa mellora darase un cambio de imaxe a Vila – remata o rexedor.

Tomiño realiza unha enquisa de satisfacción entre os usuarios da Aula de Estudo

0

Xa pasaron case dous meses desde a inauguración da Aula de Estudo de Tomiño, que conta xa con máis de 160 persoas rexistradas, a cal está sendo moi empregada durante as últimas semanas especialmente polo alumnado universitario que está preparando os exames de xaneiro.

O Concello quixo aproveitar esta situación para realizar unha enquisa de satisfacción entre as persoas usuarias para coñecer cal é a súa opinión sobre as instalacións e cales son os aspectos que se poderían mellorar nun futuro.

Na enquisa, os usuarios poderán amosar o seu grao de satisfacción xeral coas instalacións, ademais de seren preguntados tamén por aspectos concretos como a temperatura ambiental, o nivel de ruído, os horarios, a iluminación ou a seguridade e separación entre as prazas, entre outras. Tamén haberá un apartado para que valoren aspectos deberían ser mellorados ou para a demanda de novos servizos nas instalacións.

A enquisa subirase mañá mércores á páxina web do Concello de Tomiño e estará dispoñible durante as vindeiras semanas.

Medio Ambiente asegura que a obra de Servizos e pavimentación da contorna do Pazo Torres Agrelo ten partida orzamentaria reservada

0

A Concellería de Medio Ambiente, da que dependen as obras de saneamento e abastecemento do Concello de Redondela, manda unha mensaxe de tranquilidade a veciñanza. Asegurando rotundamente que a obra de Servizos e pavimentación da contorna do Pazo Torres Agrelo ten partida orzamentaria reservada e que se contratará cando teña todas as autorizacións sectoriais favorables.

Mantense así o compromiso do equipo de goberno que xa deixou claro a finais do ano 2019, informando que o proxecto sufriría modificacións para corrixir os problemas coa autorización de patrimonio e que tería reserva orzamentaria garantida. Volveuse a reafirmar o compromiso en nome do equipo de goberno por parte do concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, en varias xuntanzas coa veciñanza e partes interesadas a finais deste ano 2020.

Polo tanto seguen sen cambio de rumbo as intencións do Concello de executar o proxecto en canto ADIF resolva favorablemente a autorización para a execución das obras , pois o resto de autorizacións xa están concedidas.

O proxecto orixinal do goberno anterior era imposible de executar pola desautorización da Consellería de Cultura e Patrimonio comunicada ó Concello en Febreiro do 2019.

“Este proxecto foi vendido a “bombo e pandeireta” polo PP nas eleccións municipais de Maio de 2019, cunha autorización desfavorable de Febreiro de 2019 as súas costas”, afirma o Concelleiro de Medio Ambiente.

Un problema que quedou resolto coa eliminación do trazado da rede de saneamento do interior do Pazo Torres Agrelo, cun novo trazado alternativo aportado por un técnico municipal en febreiro de 2020 e que foi autorizado por patrimonio o pasado mes de novembro. Polo que este proxecto xa conta con un paso máis para ser unha realidade a falta da autorización de ADIF.

Formación dixital gratuíta para autónomos, emprendedores e pemes grazas á colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios

0

Até o luns 25 de xaneiro está aberto prazo de inscrición no programa IniciaTIC de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social. Está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e conta neste caso co apoio do Concello de Tui.

IniciaTIC ofrece formación específica  e gratuíta en transformación dixital e emprendemento. O obxectivo é paliar a brecha tecnolóxica, e facilitar a adaptación da actividade económica de persoas autónomas, emprendedoras e PEMES a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados pola Covid-19.

Levarase a cabo ciberformacións en liña gratuítas para grupos reducidos en Marketing Dixital, Ciberseguridade, administración electrónica, e-commerce, comunicación e xestión e big data.

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente en www.iniciatic.org.

A Confederación Miño-Sil investiu máis de 2.832.000€ en limpeza e restauración de leitos no ano 2020

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, investiu 2.832.800€ en actuacións de conservación do Dominio Público Hidráulico nas provincias de Lugo, Ourense, Pontevedra, Zamora e León, ao longo do ano 2020.

Traballouse en máis de 316 quilómetros de leitos da Demarcación Miño-Sil, o que supón un incremento do 56% en relación ao 2019, ano no que se actuou en 203 km.

Coas actuacións executadas mellórase o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos e aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade.

En cando ás técnicas empregadas na execución, prestouse máximo respecto á contorna, sendo fundamental a súa integración co funcionamento ecolóxico do río e coa paisaxe fluvial. Por outra banda e en leste mesmo sentido, nos traballos de estabilización de marxes aplicáronse técnicas de bioingeniería, empregando biorrollos e mantas biodegradables, estaquillado con especies vexetais do lugar, plantación de frondosas ou sementa de gramíneas e leguminosas, especies que enraízan con facilidade e facilitan a estabilización.

Os traballos realizados enmárcanse nos contratos que o organismo de conca programa cada ano para levar a cabo o acondicionamento, conservación, restauración hidrolóxico-forestal e mellora da conectividade dos leitos da demarcación do Miño-Sil.

“As actuacións de conservación, restauración e rehabilitación do dominio público hidráulico son sempre necesarias e imprescindibles para o bo estado dos nosos leitos, aínda que, en anos de abundantes choivas está necesidade faise máis patente, xa que isto provoca aumento de caudal, chans incapaces de filtrar máis auga, inundacións, debilitación do terreo e arrastres de maleza dentro da sección hidráulica dos leitos, minguando así a súa natural capacidade de desaugadoiro e a calidade das súas augas. Grazas aos labores executados se atenúan os efectos dos temporais que cada vez son máis recorrentes, por efecto do cambio climático” ha explicado o presidente.

Responsabilidade na limpeza dos leitos urbanos

“A CHMS colaborou cos Concellos que solicitaron e demostraron a necesidade e a falta de medios, aínda que, esta é unha responsabilidade da Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo (artigo 28.4 da Lei 10/2001, do 5 de xullo, que aproba ou Plan Hidrolóxico Nacional, ademais da súa interpretación polo Tribunal Supremo en senténciaa nº 1962/2017, do 13 de decembro)”, concluíu Quiroga.

Alerta ante o notábel ascenso de casos positivos en Ponteareas

A alcaldesa en funcións e concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, alerta do aumento do número de casos de Covid-19 no noso concello. A cifra de onte é de 77 casos activos colocando ao Concello de Ponteareas cunha incidencia acumulada superior a 250, unha cifra que nos fará vivir novas medidas e restricións se así o determina a Xunta de Galicia tras a xuntanza do comité clínico que se celebrou na tarde de hoxe.

A concelleira advirte que todos e todas somos responsábeis e insta, novamente, á cidadanía a extremar as precaucacións para non pór en risco non só a nosa saúde se non tamén a nosa economía.

“Nas mans de todas e todos nós está facerlle fronte ao virus. A cifra pode obrigar a vivir novas restricións se así o decide a  Xunta por iso é indispensábel que sexamos estrictos, máis cívicos ca nunca e que cumpramos a normativa”.

Cristina Fdez. Davila solicita á veciñanza a súa colaboración facendo só os desprazamentos indispensábeis, mantendo as distancias sociais, empregando en todo  momento as mascariñas e evitando ao máximo as xuntanzas. “Lembramos que nos locais de hostalaría debemos ser conscientes do uso da máscara en todo momento excepto para consumir polo tempo imprescindible. Temos que evitar a propagación do virus, mantendo controlado  o número de casos positivos”.

Esta nova subida de casos porá unha vez máis en risco a economía de negocios de hostalaría e comercios locais ademais de outros postos de traballo, engade a alcaldesa en funcións.

Este aumento de casos coincide coas semanas seguintes ás celebracións familiares de nadal e tamén co cribado que solicitou o Concello, o que pon de manifesto a importancia desta realización de PCRs masivas aos sectores máis expostos e así coñecer a afección real da pandemias. O cribado permite que se detecten persoas asintomáticas que, sen sabelo, podían estar contaxiando. Agora o cribado continúa coa realización de PCRs entre os traballadores/as municipais e o persoal dos centros educativos de Ponteareas.

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Paz y Bien de Tui

0

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia de maiores Paz y Bien de Tui co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde, tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo da Consellería de Política Social está xa desprazado no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.

A residencia de maiores Paz y Bien de Tui rexistra 66 casos positivos entre os usuarios e 16 entre os traballadores.

Redondela subscribe o protocolo de colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local para a protección de vítimas de violencia de xénero

0

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Concello de Redondela na que se subscribiu o novo protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local no marco do programa de seguimento integral das vítimas de violencia de xénero VioXén. O protocolo de colaboración foi asinado pola alcaldesa da localidade, Digna Rivas, e o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel.

Redondela é o terceiro concello da provincia que procede a renovación deste documento, o primeiro trámite, e fundamental, que deben formalizar todos aqueles municipios que desexen permanecer dentro do sistema Vioxén. O novo protocolo recolle o reparto de funcións e asignacións de vítimas e adecúase ás referencias normativas actuais.

Maica Larriba quixo agradecer “o compromiso do Concello de Redondela e da súa alcaldesa, que hoxe converteu a este concello no terceiro da provincia en renovar o protocolo do Sistema VioXén, así como a labor da Policía Nacional, que traballa arreo na protección de todas as mulleres da provincia vítimas de malos tratos”. A subdelegada lembrou a importancia de renovar estes acordos para que “as forzas e corpos de seguridade local e estatal poidan compartir información e recursos e establecer uns criterios básicos de colaboración e coordinación, de xeito que se garanta o cumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero”.

Segundo os datos recollidos no Sistema VioXén, en Redondela contabilízanse a día de hoxe 41 casos activos de violencia de xénero. Esta cifra supón case o 75 % dos casos activos en todo o partido xudicial, que aglutina o 2,76 % das denuncias rexistradas na provincia no 2021. O 68 % das vítimas da localidade ten menos de 45 anos.

O Sistema VioXén

O Sistema VioXén foi posto en funcionamento no ano 2007 pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior co obxectivo de establecer unha rede nacional que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres vítimas de malos tratos, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio español, así como de aglutinar ás institucións públicas competentes na materia de violencia de xénero e integrar a información dos diferentes casos.

Yago Martínez, campión de España sub 18 de motocross por segundo ano consecutivo, agradeceu o apoio do Concello do Porriño

O piloto porriñés, Yago Martínez, proclamado por segundo ano consecutivo, campión de España sub 18 de motocross, agradeceu persoalmente ao Concello do Porriño o apoio recibido na tempada que acaba de rematar. Yago recibiu a través do contrato de patrocinio que asinou co Concello, unha achega de 3.000 euros en 2020.

O piloto entregou a través do concelleiro de Deportes, David Alonso, agasallos para o Concello como se mostra na imaxe do encontro celebrado no Polideportivo Municipal.

De cara a esta nova tempada, o concelleiro de Deportes informou a Yago Martínez de que se convocará unha bolsa de axuda para deportistas individuais de alto nivel, cunha partida do orzamento municipal de 2021 á que poderá acceder para recibir unha vez máis o apoio do Concello do Porriño.

A Deputación súmase á hostalería e ao comercio da provincia na esixencia dun plan de rescate

A Deputación de Pontevedra únese á hostalería e o comercio da provincia para reclamar á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan de Rescate “que dea respostas a ambos os dous sectores, ante a complexa situación que están a vivir derivada da pandemia, con milleiros de familias e persoas afectadas”. Os deputados Carlos Font e Santos Héctor, mantiveron hoxe un encontro co presidente e a xerente da Federación Provincial de Hostalería, César Sánchez-Ballesteros e Beatriz Carballido, e con Celia Cabrera en representación do comercio, a quen trasladaron o compromiso do goberno provincial de esixir este plan ao goberno autonómico, como administración competente exclusiva, “un plan inmediato, que estea dotado con recursos suficientes e que resulta imprescindible dada a situación de restricións continuas que están abocando ao peche de empresas e establecementos, coa conseguinte perda de moitos postos de traballo”. “Non se trata de cuestionar as medidas sanitarias que decidan, dixo Carlos Font, trátase de esixir os recursos suficientes que palíen a situación e que permitan a subsistencia das empresas e dos empregos”.

Compromisos directos

Carlos Font e Santos Héctor avanzaron aos representantes da hostalería e do comercio o compromiso da Deputación para poñer en marcha no menor prazo posible aquelas propostas que fan ambos os dous sectores que “si se corresponden coas nosas competencias”. Así, co obxectivo de dar resposta á necesidade de apoio á dixitalización e innovación nas empresas, a Deputación traballará conxuntamente coa hostalería e co comercio en  proxectos que poidan ser integrados na presentación dos programas que a institución provincial está a preparar para captar fondos europeos. Incluso os deputados trasladaron a disposición de estudar a opción dos PERTE, proxectos estratéxicos cara á recuperación e a transformación da economía mediante a colaboración público privada.

De feito, o potente programa que ultima a Deputación incidirá de forma importante no sector servizos, polo que na reunión de hoxe se pechou con ambos os dous sectores o inicio de colaboración para a que se establecerá un calendario de reunións cara a empezar a avaliar propostas que sexan susceptibles de integrarse no programa de captación de fondos.

Amais, o goberno provincial canalizará ao través de SmartPeme un plan específico de formación para o persoal profesional cara a unha maior preparación nos procesos de reapertura dos establecementos, e cara ao emprego se axilizará o programa de primeiro emprego para empresas.  Do mesmo xeito, a Deputación tamén coincidiu coa hostalería e co comercio na necesidade, cara á desescalada, de seguir poñendo en marcha campañas de promoción para a reactivación do consumo e do  turismo como, de feito, ven facendo a institución provincial desde o remate da primeira onda da pandemia. O goberno provincial colaborará igualmente con ambos os dous sectores con campañas específicas de publicidade contra o medo a acudir aos establecementos. Respecto á situación dos establecementos de hostalería e comercios dos concellos da provincia de menos de 50.0o00 habitantes, os deputados lembraron a novidade deste ano do Plan Concellos, que permite aos gobernos locais destinar ata 6 millóns de euros a establecer unha liña de axudas directas aos dous sectores e aqueles outros afectados polas consecuencias da pandemia.

Galicia rexistra un total de 8.810 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.810 deles 2.064 son da área da Coruña, 810 da de Lugo, 1.140 da de Ourense, 809 da de Pontevedra, 1.579 da área de Vigo, 1.810 da de Santiago, e 598 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 70 están en UCI, 421 en unidades de hospitalización e 8.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.997 persoas curadas, rexistrándose 1.462 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.191.153.

O numero de doses de vacina contra a Covid-19 administradas é de 30.418.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Ponteareas pon en marcha un sistema de reservas en liña para as pistas de tenis municipais

O concelleiro de deportes en funcións do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de anunciar a posta en marcha dun novo sistema de reserva das pistas de tenis municipais, situadas na Freixa.

Trátase  dunha plataforma en liña que permite aos usuarios e usuarias comprobar ao momento a dispoñibilidade das pistas, reservando aquela franxa horaria que máis lle conveña de xeito totalmente gratuíto calquera día da semana.

Cada persoa usuaria disporá dunha hora e media cada día, e só poderá manter dúas reservas activas ao mesmo tempo, o sistema permite tamén a cancelación con ata 12 horas de antelación. “Deste xeito, evitamos que unha única persoa realice reservas indiscriminadas e  garantimos a posibilidade de que calquera veciña ou veciño poida acceder en igualdade de oportunidades”, sinalou o concelleiro.

A través dun enlace – http://reservasdeportivas.ponteareas.gal/ – as e os usuarios deberán rexistrarse na plataforma. Unha vez iniciada a sesión, seleccionarán que pista das dispoñibles queren empregar e tras cada reserva recibirán un correo electrónico de confirmación.

Colaboración co Club Tenis Ponteareas

Ademais, o Concello de Ponteareas asinou recentemente un convenio de colaboración co Club Tenis Ponteareas. Nese documento, entre outras acordos, o Concello cede a dito club o uso de dúas das pistas municipais para o desenvolvemento dos seus adestramentos e competicións federadas, contribuíndo así á formación de deportistas que desexen practicar esta modalidade deportiva.

A Valedora do Pobo abre un novo expediente polo estado ruinoso do Hotel Roma de Mondariz Balneario

O Catálogo de bens a protexer do Plan de Ordenación do Medio Rural de Mondariz Balneario aprobado no ano 2001 recolle o Hotel Roma como ben cultural obxecto de protección. Inaugurado no ano 1907, este antigo hotel sitúase no centro da vila balnearia e o seu estado de conservación chama a atención de todos os visitantes polo seu estado de ruína. Na publicidade do s. XX os seus propietarios promocionaban o hotel “enclavado en el sitio más céntrico y elevado del balneario”. “Se halla a la altura de los mejores de su clase, dotado de amplias y ventiladas habitaciones, amuebladas según los más refinados adelantos y con luz directa, divisándose desde ellas hermosos y pintorescos valles.”

En outubro de 2019 presentouse unha denuncia ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia polo estado ruinoso deste ben protexido, pero non se obtivo resposta, de aí que presentásese unha queixa ante a Valedora do Pobo.

Unha vez que estudou a reclamación, a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, comunica que “dámola por admitida ao entender que reúne os requisitos formais  recollidos  no artigo 18 da Lei da Valedora do Pobo, e que atopa, en principio, cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da Constitución.”

“En consecuencia, coa data de hoxe iniciamos as actuacións oportunas ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade. En concreto requirímoslle que no prazo de 15 días, de acordo co previsto no artigo 22.1 da Lei da Valedora do Pobo, nos facilite información sobre os problemas que motivan a súa queixa.”

Deber de conservación

As leis establecen a obriga dos propietarios/as de bens culturais a conservalos e mantelos en bo estado material, así como o deber dos concellos a ordenar a execución de obras cando o estado das edificacións non sexa o axeitado. Así, a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia establece no seu art. 25:

  1.  “Os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia están obrigados a conserva los, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrución ou deterioración.
  2. Os poderes públicos garantirán a protección, a conservación e o enriquecemento do Patrimonio Cultural de Galicia.”

SOS FONTE DE TRONCOSO pediulle á Valedora do Pobo que investigase se as administracións competentes (Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Concello de Mondariz Balneario) impuxeron á propiedade, unha promotora inmobiliaria radicada en Vigo, as multas coercitivas pertinentes que establece o art. 136.4 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia para casos coma o que nos ocupa, onde o propietario dun edificio protexido incumpre co deber de conservación que lle impón a lei.