Con motivo do Día das Persoas Usuarios de Bibliotecas a Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, recoñeceu aos e ás usuarias de honra. No Museo Municipal antonte luns tivo lugar a entrega dun lote de libros aos e ás socias con máis préstamos durante o ano 2020.
Os/as premiados/as foron nomeados socios de honor da biblioteca e como consecuencia disto terán a oportunidade de levar un maior número de libros prestados durante o ano 2021. Estes premios repartíronse en dúas categorías, infantil e adulta.
Categoría Infantil
- González Fernández, Emma (64 libros prestados en 2020)
- Palleiro Troncoso, Lara (39)
- Palleiro Troncoso Breogán (35)
- Solleiro González, Sabela (35)
Categoría Adultos
- Comesaña Friere, Jesús (100)
- Durán Quesado, Lorena (86)
- Martinez Marquez, María Natividad (45)
Ao rematar o acto de entrega de agasallos,as persoas premiadas e os seus acompañantes tiveron a oportunidade de asistir a unha visita guiada ao Museo Municipal de Ponteareas.