Até o luns 25 de xaneiro está aberto prazo de inscrición no programa IniciaTIC de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social. Está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e conta neste caso co apoio do Concello de Tui.
IniciaTIC ofrece formación específica e gratuíta en transformación dixital e emprendemento. O obxectivo é paliar a brecha tecnolóxica, e facilitar a adaptación da actividade económica de persoas autónomas, emprendedoras e PEMES a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados pola Covid-19.
Levarase a cabo ciberformacións en liña gratuítas para grupos reducidos en Marketing Dixital, Ciberseguridade, administración electrónica, e-commerce, comunicación e xestión e big data.
As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente en www.iniciatic.org.