Venres, 8 Agosto de 2025

CON_CIENCIA_TEA, a aposta de Ponteareas pola conservación do patrimonio natural

O Concello de Ponteareas vén de reforzar a súa aposta pola conservación e revalorización do patrimonio natural como un alicerce básico para mellorar a calidade de vida da poboación rural, que axude á creación de emprego vinculado co medio ambiente e á fixación da poboación no medio rural.

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, explicou que “seguindo estes principios básicos, elaborouse o proxecto CON_CIENCIA_TEA, para continuar co camiño de posta en valor do patrimonio natural da Zona de Especial Conservación (ZEC) Río Tea“. Con este traballo –engade a responsable de Medio Ambiente do concello ponteareán– “preténdese contribuír no coñecemento e preservación do ecosistema de ribeira e das especies prioritarias que nel habitan, a través de diversas accións de conservación de especies prioritarias e ciencia cidadá”, indicou.

Promoción do Centro de Interpretación do río Tea

Rosa Covelo afirmou que tamén se promoverá o uso do Centro de Interpretación do Río Tea (CITEA) “como centro neurálxico para as actividades de divulgación e conservación das especies e hábitats do Tea”, integrado na Rede Natura 2000. Ademais, nesta contorna poderase desfrutar duns paneis interpretativos interactivos, para aprender de forma amena e sinxela o inmenso valor natural que posuímos.

Segundo explica a concelleira nacionalista, o proxecto CON_CIENCIA_TEA –financiado con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia–, “é un proxecto de Ciencia Cidadá, no que a participación da cidadanía axudará a fomentar o coñecemento científico sobre especies de interese, a sensibilización fomentando un uso adecuado e respectuoso cos valores naturais da senda fluvial e o orgullo polo patrimonio natural que posuímos. Para conservar debemos previamente coñecer e respectar”, concluíu.

A Guarda mellora os servizos á cidadanía coa incorporación de dous novos auxiliares de Policía Local

0

O Concello da Guarda conta dende fai uns días con dúas novas incorporacións ao corpo da Policía Local, trátase de dous novos auxiliares de Policía Local que veñen a completar a plantilla existente de 6 Policías Locais, sumando así un total de 8 axentes en servizo.

Ao longo desta semana irán asumindo as diferentes tarefas de seguridade viaria, control do tráfico, xestións administrativas, control da zona azul, control das saídas e entradas nos centros educativos, cumprimento das medidas sanitarias vixentes, entre outras.

O Concello da Guarda está tamén pendente da resolución do concurso realizado pola Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para a praza de Xefe da Policía Local da Guarda, que quedou deserta despois da xubilación do anterior cargo e asumida “en funcións” por parte dun dos Policías Locais da vila, a quen o Concello quere trasladar o seu agradecemento.

Salceda de Caselas endurece os controis Covid para seguir mantendo os 0 casos activos

Garda Civil e policía local intensificaron os controis COVID nos últimos días no municipio de Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos de coronavirus dende o pasado 23 de marzo. Precisamente para poder manter ese excelente dato, nestes días estanse a intensificar as tarefas de vixianza no que ás medidas Covid se refire, pois co remate da Semana Santa e cos datos nada esperanzadores que chegan e que fan temer unha inminente cuarta onda, faise imprescindible un maior esforzo aínda no cumprimento da normativa.

Nese sentido a concelleira de Seguridade, Lucía Pereira, subliña que a intensificación dos controis e vixianza polo cumprimento das normas por parte das forzas de seguridade “son o único xeito de garantir a seguridade da veciñanza e de manter estes datos positivos”.

Consumo de tabaco

Deste xeito, nos últimos días lévanse tramitado diferentes denuncias por consumo de tabaco sen gardar a distancia de seguridade, ou por permanecer sen máscara protectora sen xustificación algunha.

En canto ao tabaco, as denuncias céntranse en diferentes terrazas dos establecementos hostaleiros nos que se ten detectado clientela fumando e saltándose a prohibición vixente, así como no mercado semanal dos mércores, onde se teñen detectado tamén diversos incumprimentos neste sentido por parte dalgunhas persoas responsables dos postos de venda ambulante.

Máscara protectora

No que se refire ao uso da máscara protectora, tamén nos últimos días se levan realizado diversas denuncias a persoas que circulaban pola vía pública sen a correspondente máscara, ou levándoa baixo o queixo, así como a xente que permanecía nas terrazas da hostalería sen facer uso da máscara a pesares de non estar consumindo.

Dende o Concello de Salceda, a través das redes sociais oficiais, infórmase permanentemente dos casos activos no municipio, incidindo na importancia do cumprimento das medidas covid como único xeito de manter a cero o contador dos casos activos.

A Semana das Ciencias de Ponteareas pranta cara á COVID-19 e afronta a súa quinta edición

“A nosa natureza é sabia e nela podemos atopar solucións e axuda, por iso debemos velar pola súa protección. Nesta quinta edición da Semana das Ciencias de Ponteareas abordaremos a estreita relación entre a Vida Verde e a Vida Azul”. Así daba a benvida hoxe a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, aos centros educativos de Ponteareas, que ata o vindeiro día 16 participarán nas distintas actividades dunha edición que desafía á COVID-19 reformulándose para celebrarse de xeito seguro.

Por vez primeira, para dar cumprimento ás normativas COVID-19, as actividades presenciais pasan a ser en liña, sen perder a súa parte práctica. “Non quixemos renunciar a esta edición, por iso centramos os nosos esforzos en adaptar os seus contidos e formatos para facilitar a participación de todo o alumnado”, destacou Davila.

O Museo da Ciencia

A actividade do Museo da Ciencia foi a encargada de inaugurar a programación conectándose co alumnado de sexto de primaria dos CEIPs Fermín Bouza Brey e Mestre Ramiro Sabell, tal como fará ao longo da semana co resto dos centros de primaria do concello.

O Museo da Ciencia mergullouse no fondos dos océanos e mares para achegarse ao coñecemento dos peixes de augas cálidas, das estrelas de mar, das esponxas, dos mamíferos con forma de peixes como as baleas, as focas ou os golfiños, pasando polo distintos estados da auga e adentrándose na importancia da protección do medio ambiente para evitar a contaminación ou o desxeo, sen esquecerse de coñecer a orixe de todo: as células animais e vexetais.

Jesús Fernández e Amparo Francos, do Museo da Ciencia, salientan a importancia de ofrecer ao alumnado esta actividade prácticamente única en Galicia que este ano reta todas limitacións e ofértase de xeito on line incluíndo experimentos e demostracións prácticas da teoría estudada durante a videoconferencia incluíndo probas empregadas en afamados programas de televisión.

Alumnado e profesorado, parte activa

A semana do 12 ao 16 de abril brindará a oportunidade ao alumnado e profesorado de escoitar e conversar con expertas científicas do Campus do Mar da Universidade de Vigo, como a doutora Noelia Estévez Calvar; coas profesoras da Facultade de Química do Campus de Ourense, Elena Falqué López e Mª Concepción Pérez Lamela e coa profesora Patricia Puga Gómez sobre as plantas silvestres comestíbeis. O CIFP A Granxa impartirá o seminario para profesorado ‘Hortas Escolares’ e o alumnado exporá os seus coñecementos no seu Congreso, que contará cun apartado específico na páxina web da Semana das Ciencias. No sitio web tamén se exporán os experimentos científicos que cada centro escolar realizará a través de vídeos didácticos que poderán ser consultados por todos os públicos e servirán, a súa vez, de recurso educativo para os centros.

“A Semana das Ciencias sigue afondando na importancia da investigación e insistindo en achegar a ciencia á cidadanía e, nesta edición máis concretamente, ao alumnado dos nosos centros escolares que son parte activa xunto ao seu profesorado, sendo protagonistas e tendo unha plataforma que amose os seus coñecementos”, explica Cristina Fdez Davila.

Alumnado e profesorado, así como a Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos do Condado-Paradanta e Louriña (Fanpo), valoran moi positivamente esta iniciativa que financia na súa totalidade a concellaría de Ensino.

Carmela Silva, “ter nesta provincia a sede da misión biolóxica convértenos nun referente da ciencia”

A fluída colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Misión Biolóxica de Galicia, que leva case un século aloxada nunha finca propiedade da institución, fai posible que a nosa provincia sexa “unha referencia en ciencia” outorgando prestixio a Pontevedra, situándoa no mapa e “dándolle un valor global a todas as persoas que habitan nela”. Con estas palabras, Carmela Silva puxo en valor o traballo que día a día levan as e os profesionais do centro no marco da sinatura da segunda parte do convenio entre o ente provincial e o CISC, a través da Misión Biolóxica, para a “Conservación, manexo e emprego da biodiversidade de variedades locais de cultivos galegos”, para o que o ente provincial aporta 50.000 euros e que se prolongará ata finais deste ano.

Carmela Silva non quixo deixar pasar a ocasión e felicitou á Misión Biolóxica no centenario da súa fundación. A presidenta provincial lembrou “a importancia de cen anos de investigación, estudo e análise” por parte da Misión Biolóxica, “unha institución moi relevante coa que a Deputación de Pontevedra tivo ao longo da súa historia unha profunda relación”. Este vínculo estreitase máis coa sinatura deste convenio, ante a que a Deputación “está encantada de traballar tanto co CSIC como coa Misión Biolóxica para manter a biodiversidade e dala a coñecer”.

No acto que fixo pública a sinatura do convenio Carmela Silva estivo acompañada pola deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas, a vicepresidenta de Relacións Institucionais do CSIC, Rosina López, e a directora da Misión Biolóxica, Elena Cartea. Carmela Silva amosouse orgullosa de que dúas mulleres se atopen nos postos directivos de ambos organismos xa que “se nota moito cando hai mulleres dirixindo porque o fan dende a posición que as mulleres temos no mundo”.

O convenio é un paso máis na colaboración entre Deputación e Misión Biolóxica e promove o aproveitamento e a diversificación de novos usos e formas de cultivo “ligados a produtos moi propios de Galicia e que non podemos perder, polo que é moi importante que as administracións invistamos recursos neste tipo de estudos”, asegurou Carmela Silva. En 2020 asinouse a primeira parte deste acordo para impulsar un estudo sobre os produtos tradicionais locais da provincia e “xa deu moitos resultados pero continuamos tendo moito que analizar e, sobre todo, moito que traballar para manter esa biodiversidade que nos é tan propia”.

Grazas a este novo convenio continuarse coa actualización da xestión das coleccións vexetais e avanzarse identificando variedades con características especiais e valor engadido como o millo, as brásicas, as xudías, as oliveiras e a vide. Todo isto farase a través de avaliacións no campo e en invernadoiro. Ademais, para chegar ao conxunto da sociedade, está previsto que se elaboren materiais de divulgación que poñan en valor a importancia das coleccións vexetais da Misión Biolóxica de Galicia. No marco de este acordo tamén se contratará a unha persoa titulada superior durante once meses a tempo completo.

Rosina López aproveitou a súa quenda de palabra para por de manifesto o compromiso que ten a Deputación de Pontevedra coa ciencia “neste ámbito e noutros moi distintos, e en concreto coa investigación que se realiza no CSIC” e desexou que “esta colaboración tan frutífera se manteña no tempo”. A vicepresidenta de Relacións Institucionais do CSIC agradeceu o apoio a este proxecto “destinado a revalorizar variedades autóctonas vexetais de gran interese” e destacou tamén “o seu papel na preservación do medio ambiente e na contribución á sostenibilidade do ambiente que nos rodea”.

Para Elena Cartea “o traballo que realizamos no marco deste convenio é inxente por todas as coleccións vexetais que temos e esta subvención sérvenos de gran axuda porque queremos que todas elas estean a disposición non soamente de empresas, cooperativas, agricultores e agriculturas, senón de toda a sociedade”. Cartea recalcou que a Misión Biolóxica ten “uns bancos de variedades locais de todos os cultivos que representan a economía agraria da provincia, incluso da rexión, con coleccións moi importantes” e que grazas a este acordo coa Deputación “calquera poderá coñecer todo o traballo que vimos facendo dende hai décadas, o que nos axuda a que a esta biodiversidade vexetal se manteña e sexa coñecida”.

Deportistas do Club Alagua da Guarda, na Copa de España de Vaurien

0

Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club Deportivo Alagua da Guarda. Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.

Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.

[su_image_carousel source=”media: 33943,33941,33946,33945″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Dende o Club Alagua quixeron transmitir a súa especial felicitación “a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”

O Concello da Guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.

O PP alerta de que A Cañiza pode quedar sen GES porque o Goberno local non enviou o convenio en prazo

0

O Partido Popular da Cañiza alerta de que o Goberno local non enviou o convenio para que o concello conte cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), a pesar de que o prazo rematou xa o 31 de marzo. O voceiro popular e deputado provincial, Miguel Domínguez, considera que “renunciar a esta oportunidade sería cometer un erro histórico grave, xa que contar cun grupo de emerxencias con sede na Cañiza melloraría substancialmente a atención e os tempos de reposta aos veciños da Cañiza e da comarca”.

Por iso, entende que o Goberno local debería explicar cal é o seu plan. “A parálise do goberno é unha lastre para os intereses dos nosos veciños, e queremos saber por que o Concello da Cañiza non enviou o convenio asinado dentro do prazo. Si é porque renuncia a ser sede do GES ou porque non fixo os deberes en tempo”, esixe Domínguez, que sinala que A Cañiza, xunto con Redondela, son os únicos concellos galegos que non aprobaron ter un grupo de emerxencias no seu territorio.

Pola contra, di Domínguez, “observamos como os gobernos de Mos ou A Lama si fixeron as xestións necesarias para botar a andar o GES á maior brevidade posible, mentres o Goberno da Cañiza, alleo á necesidade de ter un servizo de emerxencias dotado de persoal suficiente para cubrir a nosa vila as 24 horas do día, e os 365 días do ano, continúa sen facer nada respecto a este mesmo asunto”.

Os populares recordan que en novembro a Xunta de Galicia expuxo nunha xuntanza  da Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES),  a súa proposta para mellorar e completar o mapa de cobertura de emerxencias no territorio galego, mediante a creación de 6 novos GES .

A proposta do Goberno galego é implementar estes 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, mantendo o sistema habitual de colaboración cos Concellos e Deputacións Provinciais, institucións ás que a LBRL atribúe a competencia de atención de emerxencias.

No que atinxe á provincia de Pontevedra, a Administración autonómica presentou nesta  Comisión  a posibilidade de contar con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias, sendo un deles o GES da Cañiza, que tamén prestaría cobertura aos concellos de Arbo, Covelo e Crecente.

Galicia rexistra un total de 2.211 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.211, deles 685 son da área da Coruña, 139 da de Lugo, 141 da de Ourense, 251 da de Pontevedra, 598 da área de Vigo, 303 da de Santiago e 94 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 176 en unidades de hospitalización e 2.002 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 113.221 persoas curadas, rexistrándose 2.357 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.877.214.

O número de doses de vacina contra o coronavirus administradas é de 559.814 en Galicia.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

A Xunta impulsará unha oferta de 16 másteres de FP a partir do próximo curso que mellorará e especializará aos titulados

A Xunta de Galicia vai impulsar a oferta de 16 másteres (cursos de especialización) de Formación Profesional no sistema educativo galego a partir do vindeiro curso 2021/2022. Anuncioullo o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, aos representantes empresariais de toda Galicia, encabezados polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, no transcurso dunha xuntanza de traballo para avanzar nas novidades da oferta de FP para o vindeiro curso académico.

O obxectivo deste proxecto pioneiro é especializar a formación que os estudantes reciben nos ciclos, “en áreas cunha amplísima demanda no mundo laboral”, explicou Román Rodríguez, que avanzou que algunhas delas serán “o desenvolvemento de videoxogos, a intelixencia artificial, o big data ou a ciberseguridade”.

Neste sentido, o conselleiro solicitou aos empresarios a máxima colaboración na planificación destas novas titulacións, que permitirán “dar unha formación especializada aos nosos alumnos, adaptándoos aos novos retos aos requirimento do tecido empresarial e que, sen dúbida, xerará un importante valor engadido que repercutirá no conxunto da sociedade”, incidiu.

Resposta aos novos retos sociais

Así mesmo, destacou a importancia deste fito para favorecer a empregabilidade dos titulados da FP. Unha inserción que, segundo os últimos estudos, acada xa os 92% no caso da FP Dual. “É fundamental e necesario traballar man a man co tecido empresarial da nosa Comunidade”, sinalou Román Rodríguez, especialmente nun momento como o actual, no que “desde o punto de vista educativo temos que estar preparados para dar unha resposta áxil e axeitada aos novos desafíos da sociedade”.

O conselleiro agradeceu aos representantes empresariais a súa colaboración coa FP, especialmente na Formación en Centros de Traballo (FCT) e no impulso da FP Dual.

“Temos en definitiva unha FP moderna, dinámica e innovadora, motivo de orgullo e prestixio, que busca seguir adaptándose á realidade socioeconómica e seguir sendo unha porta aberta ao emprego”, resumiu o conselleiro, destacando que “a prioridade é seguir por esta senda, a través do diálogo fluído coas empresas e axentes aquí representados”.

Entre 300 e 700 horas

Os másteres de FP veñen complementar e especializar a formación incluída nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior. Para acceder a eles é preciso cursar e superar previamente un ciclo formativo.

En concreto, os 16 másteres (cursos de especialización) serán os de Intelixencia artificial e Big data, BIM (Building Information Modeling), Instalación e mantemento de sistemas conectados a Internet (loT), Implementación de redes 5G, Ciberseguridade nos entornos das tecnoloxías da información, Ciberseguridade nos entornos das tecnoloxías de operación, Fabricación intelixente, Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual, Dixitalización do mantemento industrial, Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos, Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos, Fabricación aditiva, Sistema de sinalización e telecomunicacións ferroviarias, Audiodescrición e subtitulación, Panadería e doces artesanais e Cultivos celulares.

A diferenza dos ciclos formativos que dan lugar a un título oficial do sistema educativo, ás persoas que superen estes cursos expediráselles unha certificación académica que complementa a formación o título que se require para o acceso. A súa duración está fixada entre 300 horas e 720 horas. Algúns dos cursos de especialización incorporan o módulo de Formación en centros de traballo (FCT), polo que é imprescindible a colaboración do tecido empresarial na súa impartición

No actual curso 2020/2021 implantáronse, como experiencia piloto, cinco destes másteres no sistema educativo galego. Os cursos de especialización que se imparten na actualidade son os de Ciberseguridade nos entornos das tecnoloxías da información (no CIFP Politécnico de Santiago e no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol), Dixitalización do mantemento industrial (no CIFP As Mercedes de Lugo), Cultivos celulares (CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense) e Fabricación intelixente (no IES Politécnico de Vigo).

Estratexia Galega de FP 2021/2025

Esta oferta formará tamén parte da nova Estratexia Galega de FP 2021-2025, unha reformulación estratéxica que marca estas ensinanzas como unha prioridade do Goberno galego. Entre outros aspectos, afondará na innovación tecnolóxica, no impulso da FP dual e da formación en centros de traballo, nas competencias emprendedoras e nas relacións co tecido empresarial.

A Cruz de Lampedusa visita Oia na súa peregrinación pola Diocese Tui-Vigo

0

A Cruz de Lampedusa, así chamada por estar construída con restos de embarcacións de migrantes naufragados nesa illa do Mediterráneo, visitará Oia hoxe martes dentro da peregrinación pola Diocese de Tui-Vigo que está a desenvolver durante os meses de marzo e abril.

O paso polo municipio de Oia enmárcase na iniciativa “Viaxe da Cruz de Lampedusa”, que busca transmitir unha mensaxe de solidariedade e paz entre as cidades, comunidades, parroquias e culturas.

A cruz chegará hoxe martes. Ás 12.00 daráselle acollida cunha oración na igrexa parroquial de Santa María de Oia e o templo quedará aberto permanentemente desde esa hora para a xente que queira achegarse a orar ante ela ou contemplala.

Posteriormente, ás 17.00 horas haberá unha oración ante a cruz e a continuación celebrarase a misa das 18.00 horas, na que se pedirá especialmente por todos os emigrantes, persoas enfermas e por todos aqueles que están a pasar por algún momento de cruz na súa vida.

Historia da Cruz de Lampedusa

O 18 de xullo de 2013 o Papa Francisco realizou a súa primeira viaxe apostólica, para a que escolleu a illa italiana de Lampedusa. Nesa ocasión, o Pontífice celebrou a Santa Misa nun altar construído sobre un caiuco naufragado, tendo ante os seus ollos un Mar Mediterráneo que ía camiño de se converter nun cemiterio de migrantes.

O 3 de outubro dese mesmo ano produciuse un novo naufraxio fronte ás costas desa illa, un tráxico suceso no que faleceron máis de 360 persoas. Ante estes feitos o Papa clamou de novo ante o mundo: “Vergoña! Só me ven a palabra vergoña, é unha vergoña”, lamentaba naquel momento.

Neste contexto de traxedia humanitaria, o artista Franco Tuccio construíu a que agora coñecemos como a Cruz de Lampedusa: unha estrutura de 2,6 metros de longo e 1,5 metros de ancho feita cos restos de barcas naufragadas na illa italiana.

A cruz foi levada a Roma o 9 de abril de 2014 para ser bendita polo Papa, quen suxeriu que se convertese nunha cruz peregrina que levase unha mensaxe de solidariedade a todo o mundo. Desde entón, ten viaxado a numerosos puntos coa súa mensaxe de paz e solidariedade.

Esta “Viaxe da Cruz de Lampedusa” está promovida pola fundación “Casa do Espírito e das Artes” a cal, desde hai anos, traballa en Milán nos eidos da cultura, a música e as artes como instrumentos de servizo aos estratos máis febles da poboación, en particular dos nenos e nenas e da mocidade que vive en situacións de grave dificultade social.

A “Croce di Lampedusa” –segundo o seu nome en italiano- está confiada a un relevo espontáneo que xa a ten acompañado en máis de 2.400 lugares de culto en Europa e en todo o mundo, incluídas igrexas e santuarios.

Debido á crise do coronavirus a súa peregrinación atopábase interrompida para evitar reunións con moita xente, permanecendo na parroquia dos Padres Trinitarios de Alxeciras, os cales xestionan un centro de acollida para persoas excluídas, a maioría migrantes. Actualmente atópase de viaxe pola Diocese de Tui-Vigo, peregrinación que inclúe a parada prevista en Oia.

Ata finais deste mes pódense seguir solicitando os bonos de compra Activa Tui

0

O 30 de abril remata o prazo para solicitar e consumir os preto de 1.600 bonos “Activa Tui” aínda dispoñibles da campaña posta en marcha polo Concello de Tui.  

O Concello de Tui destina a este fin 50.000 euros distribuídos en 5.000 bonos de consumo de 10 euros para canxear en compras superiores a 25 euros nos 67 establecementos participantes. As persoas de Tui, ou de calquera outro concello, maiores de 16 anos, poden solicitar até dous bonos en activa.tui.gal.

Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do Concello de Tui e están concibidos como unha medida extraordinaria para axudar ao tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do termo municipal. Para promocionar a participación dun gran número de establecemento pódese consumir 100 bonos como máximo en cada un deles. Adheríronse 67 establecementos de todos os ámbitos, incluído o comercio a hostalería. Tamén participan perruquerías, centros de beleza, ferraxerías, tendas de deporte ou hoteis, entre moitos outros.

Segundo explicou a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, a campaña está tendo moi boa acollida entre o tecido comercial, hostaleiro e de restauración tudense, tamén entre os consumidores. Sinalaba amais que algúns dos establecementos xa chegaron ao máximo de 100 bonos que se poden canxear por local.

Resta só o mes de abril para solicitar e consumir as 2000 tarxetas desconto restantes que se poden solicitar a través do formulario habilitado en activa.tui.gal, enderezo onde tamén se pode consultar a lista de establecementos adheridos e os teléfonos de información.

O goberno de Nigrán aproba con cargo ao remanente de tesourería investimentos en obras para paliar os efectos da Covid-19

0

O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario consignar 3,4 millóns de euros do Remanente de Tesourería  2020 a cubrir diferentes obxectivos, destinando 2.250.000 € a diversas obras, como o futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (415.000 €) a cociña escolar municipal do CEIP Humberto Juanes (378.600 €), a humanización da rúa Gaivota de Panxón (232.653 €), a rehabilitación do muíño de Porto do Molle (259.150 €), o mobiliario da nova Biblioteca (224.000 €), o abastecemento na Tarela e O Carballal (205.000 €) ou o saneamento da rúa Raña (115.000 €). “Incorporaremos as rúas Otero Pedrayo, Manuel Lemos e Camiño Vello en canto teñamos todos os informes sectoriais favorables, estas son obras con todas as autorizacións sectoriais”, avanzou o alcalde, Juan González.

“Por fin as administracións locais podemos empregar os Remanentes; en Nigrán ter un balance tan positivo nos permite ampliar ás axudas aos veciños e incluso compensar a carencia de apoio doutras administracións”, explicou o rexedor, quen criticou duramente que o PP non apoiara co seu voto a favor ningún dos investimentos, algúns deles de suma relevancia como o parque forestal de Camos-Chandebrito, a renovación do Torreiro de Parada ou  a cociña escolar do Humberto Juanes. “Viven noutra realidade que non é a de Nigrán, nin sequera apoian investir estes cartos a sabendas de que é positivo para o municipio e de que eles mesmos reclaman ante os veciños a necesidade de que emprendamos estas obras”, recriminou.

Asimesmo, o goberno local consignou tamén 493.500 € do Remanente para gastos diversos dirixidos a paliar os efectos do Covid-19 no municipio. Destes, 100.000 € están dirixidos a probas diagnósticas do persoal, epis, etc; 100.000 € para gastos de persoal tras obrigar a Xunta a que a Policía Local asuma tarefas de inspección diarias; 73.500 € á desifección dos centros escolares ante a negativa tamén da Xunta a asumir esa responsabilidade; 120.000 € ao primeiro plan de rescate municipal á hostalaría e outros 100.000 € para un segundo plan cuxas bases serán moi similares pero coa salvedade de que a axuda aos taxistas ascenderá dos 70 € aos 400 €. “Estamos a rematar as bases para este segundo plan no que outorgaremos novamente 1.000 € a cada hostalerio, 750 € aos traballadores do sector sen dereito a prestación e 400 € aos taxistas”, explica González, quen recalca que, a maiores, a Deputación achegará 60.000 € que o Concello distribuirá nuha tercera liña de axudas entre outros sectores tamén duramente afectados pola crise do Covid-19. En total, o Concello sumará 280.000 € só en axudas directas municipais a empresas e traballadores dos sectores máis prexudicados.

Finalmente, o goberno local aprobou tamén o pago de 130.000 € en facturas con cargo ao Remanente. “Son traballos correctamente realizados e a maioría deles no 2020, polo que é preciso traelo a pleno para que as empresas poidan cobrar canto antes, máxime na situación actual”, explicou.

Deportistas do Club Alagua participan na Copa de España de Vaurien

0

Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club deportivo Alagua da Guarda.

Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.

Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.

Dende o Club Alagua destacaron “queremos felicitar especialmente a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.” O concello da guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.

[su_image_carousel source=”media: 33900,33899,33898″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Xunta comeza mañá unha nova vacinación masiva citando a 145.000 persoas

A Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.

No caso dos nados entre 1942 e 1946, que recibirán a vacina de Pfizer, vanse citar 90.000 persoas mediante un SMS con confirmación hoxe mesmo e cunha chamada  robótica con confirmación mañá martes día 6. Así mesmo haberá unha chamada dende os equipos de citación o mércores, tan só aos que non teñan confirmado a súa cita polo SMS ou a chamada robótica.

Haberá 14 puntos de vacinación masiva. Na área da Coruña vaise citar a 18.300 persoas no IFECO e no Hospital Virxe da Xunqueira. Na área de Lugo, A Mariña e Monforte citaranse 11.600 persoas no HULA e nos hospitais da Mariña e Monforte. Na área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras vacinaranse 12.600 persoas en EXPOOURENSE, e nos hospitais de Verín e Valdeorras. En Pontevedra e O Salnés serán 9.000 persoas a vacinar no Pazo de Congresos e Fexdega. Na área sanitaria de Vigo serán 17.500 persoas as que ser van vacinar en IFEVI. En Santiago e Barbanza 14.600 persoas vanse vacinar na Cidade da Cultura e no Hospital de Barbanza. En canto a área de Ferrol chamarase a 6.400 persoas para acudir a FIMO.

Estas vacinacións terán lugar entre o xoves e o domingo día 11.

No que atinxe aos nados entre 1956 e 1961, que recibirán a vacina de AstraZeneca, citarase a 55.000 persoas por medio dun SMS que non precisará confirmación. Finalizada cada xornada, chamarase aos non asistentes para citalos nos seguintes días dispoñibles.

Haberá 14 puntos de vacinación masiva. Na área da Coruña e Cee vaise citar a 11.250 persoas no IFECO e no Hospital Virxe da Xunqueira. Na área de Lugo, A Mariña e Monforte citaranse 7.100 persoas no HULA e nos hospitais da Mariña e Monforte. Na área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras vacinaranse 6.600 persoas en EXPOOURENSE, e nos hospitais de Verín e Valdeorras. En Pontevedra e O Salnés serán 5.350 persoas a vacinar no Pazo de Congresos e Fexdega. Na área sanitaria de Vigo serán 11.500 persoas as que ser van vacinar en IFEVI. En Santiago e Barbanza 9.200 persoas vanse vacinar na Cidade da Cultura e no Hospital de Barbanza. En canto a área de Ferrol chamarase a 4.000 persoas para acudir a FIMO.

Estas vacinacións terán lugar entre a tarde de mañá martes e o mércores día 7, agás Ferrol onde se vacinará entre o mércores e o xoves.

Éxito das rutas guiadas aos muíños do Folón e do Picón organizadas polo Concello do Rosal

0

Grande acollida das rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón organizadas polo Concello do Rosal para esta Semana Santa. O éxito da proposta reflíctese no rápido que se encheron as tres quendas propostas, con 24 prazas totais dispoñibles que se encheron en cuestión de horas. Un percorrido de 3,5 km cun guía autorizado co que as persoas participantes coñeceron a contorna, a súa historia e os valores patrimoniais desta singular zona rosaleira.

“Queriamos ofrecer unha alternativa para desfrutar destas vacacións dun xeito seguro e en plena natureza, descubrindo a todas as persoas visitantes un dos recunchos máis fermosos do noso municipio”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O perfil maioritario das persoas participantes foron familias ou grupos de amigos tamén con nenos e nenas procedentes de poboacións da contorna: do propio Baixo Miño, do Val Miñor e de Vigo. Xente que en moitos caos xa coñecía o lugar tras visitalo de xeito libre ou tras participar nalgunha edición do Trail Adventure Muíños do Folón e que tiñan interese en participar nunha actividade guiada na que se explicase a historia desta peculiar formación de 61 muíños construídos en fervenza hai séculos. A idade dos participante foi do máis variada, dende nenos e nenas a partir de 9 anos ata persoas de máis de 70, reforzando a idea de que se tratan de rutas pensadas e adaptadas para todos os públicos.

Durante a visita, ademais de coñecer a historia da contorna, as persoas participantes tamén puideron ver funcionando o muíño número 1 e recibir unha explicación do funcionamento destas construcións con el en marcha. Ademais, puideron ver diferentes variedades de fariña de millo que se dan en Galicia pero que son pouco coñecidas.

As rutas realizáronse con todos os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias, con grupos de aforo reducido e respectando todas as medidas de prevención.

O Concello de Nigrán continúa a renovación da súa flota de vehículos un Hyundai Kona eléctrico cero emisións

0

O Concello de Nigrán continúa coa renovación da flota de vehículos municipáis grazas á cesión temporal da concesionaria de abastecemento Aqualia dun turismo eléctrico Hyundai Kona de 150 W. Este cero emisións súmase ás dúas furgonetas 100% eléctricas coas que xa contaba o Concello, unha no departamento de Vías e Obras (2018) e outra en Medio Ambiente (2020). O turismo, cunha autonomía superior aos 400 qm servirá para cubrir as necesidades de desprazamento dos diferentes departamentos municipais e, ao mesmo tempo, promoverá a compra de vehículos sostibles entre a veciñanza ao ser un transporte moi silencioso e 0 contaminante.

“Desde o Concello apostamos por medios de transporte non contaminantes e, consecuentemente, predicamos co exemplo. Compre recordar que somos o municipio de España con máis electroliñeiras e mesmo bonificamos o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos ou a gas, todo elo como incentivo”, explica o alcalde, Juan González, quen incide no aforro económico que supón para as arcas municipais prescindir do combustible e no convinte que resulta dispor dun punto de carga gratuíto e municipal ao carón da Casa do Concello. Con esta incorporación rebáixase a vida útil media dos seus vehículos, que nos últimos anos pasou de 20 a 10.

O Concello de Nigrán conta cunha electroliñeira con catro subministradores de carga rápida en Panxón (ao carón do Pavillón) e outra ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle, ademais da semi-rápida gratuíta disposta no 2018 polo propio Concello ao lado da Casa Consistorial. Así, a localidade ostenta o récord de electroliñeiras en espazos públicos de España.

Paralelamente, o goberno local aprobou no 2018 unha bonificación do imposto de rodaxe nun 50% aos vehículos híbridos ou a gas (GLP) e nun 75% aos eléctricos ou híbridos enchufables, etiquetados estes últimos pola DGT como ‘0 emisións’. “É unha labor da administración promover o uso de enerxías limpas e facilitar o acceso a elas mediante este tipo de iniciativas”, conclúe González.

A Concellería de Patrimonio restaura a Fonte da María Rosa en Pontellas

Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.

As obras inclúen a construción dun novo fronte a base de lousas de pedra e a instalación dunha placa en metacrilato que recupera o nome tradicional, Fonte de María Rosa. Demoléronse as antigas escaleiras de baixada e habilitouse un novo acceso máis seguro dende unha zona pavimentada. Revestíronse tamén con pedra os muros de contención para conseguir harmonizar esteticamente o conxunto arquitectónico. Na contorna da fonte leváronse a cabo traballos de rozado  así como o encintado e saneamento das xuntas dos muros que rodean o lugar.

“A fonte estaba en moi mal estado, cun perigoso acceso que impedía un uso seguro e normal por parte da xente”, afirmou o concelleiro de Patrimonio, Pedro Pereira. “Queremos recuperar espazos públicos tamén no rural. Con estas obras de mellora e conservación a Fonte de María de Rosa gaña en utilidade e convértese nun lugar de encontro para a veciñanza”, concluíu Pereira.

A Xunta prosegue cos traballos de roza e limpeza nas estradas autonómicas

A Xunta ten previsto proseguir esta semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica nas distintas provincias  galegas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas intervencións, continuarán os traballos que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, que comunica a contorna do polígono de Vilar do Colo e Mugardos, ao seu paso polos municipio de Ares e Mugardos.

Na provincia de Pontevedra, continuarán os traballos na vía de altas prestacións V.G.- 4.4, no municipio de Marín, e seguirán os mesmos na CG-4.2, nos concellos de Tomiño e A Guarda.

Neste zona, e aproveitando este labores que se están a executar nas estradas da provincia, a vindeira semana proseguirán novos traballos de acondicionamento das zonas verdes, neste caso na senda da estrada PO-340 ó seu paso pola zona da Ramallosa, en Nigrán.

A actuación, de carácter extraordinario, realizase á petición do Concello de Nigrán nunha zona degradada, e os traballos comezaron a pasada semana, coa colocación de postes de madeira nos parterres das zonas onde estacionaban vehículos. Esta semana está previsto acondicionar esa contorna da senda con substrato, colocándose manta antiherbas e correspondente plantación. O Concello asumirá ao remate das obras da Xunta o mantemento desta nova zona axardinada.

Ao tempo, nas vías da provincia de Lugo, intensificaranse as tarefas de roza na vía de altas prestacións CG-2.2, en Lugo e no Corgo

Seguiranse cos labores iniciados hai dúas semanas na estrada OU-536, ao seu paso polos concellos ourensáns de Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Ourense.

O conxunto de tarefas realizadas no marco deste contrato coa empresa pública Seaga, se veñen realizando ao longo do ano, centrándose principalmente na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

A Guarda aproba, inicialmente, o Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais

0

O Concello da Guarda acordou a súa adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa de incendios forestal, recibindo a principios do mes de febreiro o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Unha vez sometido a aprobación provisional na sesión plenaria do pasado 26 de marzo, atopase arestora en exposición pública e audiencia dos interesados por prazo de 20 días(veciños e comunidades de montes) que poderán consultar e incorporar as alegacións ou suxerencias que estimen pertinentes.

Pleno do Concello da Guarda

O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais elabórase, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, co obxectivo de definir a rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas.

O fin principal é o de reducir o risco de incendio e protexer a seguridade das persoas, para iso é necesario ter as franxas definidas e poder requirir a súa limpeza aos propietarios. Os titulares das parcelas incluídas nesta rede de faixas secundarias, localizadas arredor dos núcleos de poboación, vivendas illadas ou edificacións están obrigados a xestionar a biomasa forestal.

A biomasa en ditas franxas deberá estar xestionada antes da finalización do mes de maio de cada ano, é dicir, sen eucaliptos, acacias, piñeiros, silvas, toxos, fentos, etc. favorecendo a descontinuidade vertical e horizontal destas.

Dita xestión será de obrigatorio cumprimento polos propietarios destas parcelas e, no suposto de incumprimento, a administración pública competente, de oficio ou a solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación no que se concederá un prazo de quince días para a execución da mesma, con apercibimento de execución subsidiaria con repercusión dos custos da xestión, e no seu caso, comiso das especies prohibidas, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador.

Unha persoa resulta ferida nun accidente rexistrado en A Cañiza

0

Un total de tres persoas resultaron feridas onte pola tarde en senllos accidentes rexistrados en A Cañiza, Barro e Pazos de Borbén. Os sinistros producíronse nun intervalo de corenta e cinco minutos, entre as 17:15 e as 18:00 horas, na que tres persoas necesitaron asistencia sanitaria, aínda que en ningún dos casos tiveron que intervir os servizos de rescate.

Así, o primeiro accidente, sucedeu no Concello de Pazos de Borbén, concretamente na estrada que une esta localidade e Ponteareas, onde un vehículo envorcou e unha persoa resultou ferida. Foi un particular quen alertou a través do 112 Galicia e a partir de aí activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Por outra banda, unha persoa foi evacuada polos servizos de emerxencia despois de bater tres vehículos na Cañiza. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos axentes de Tráfico, ás 17:45 horas, o accidente produciuse na N-120, no punto quilométrico 622, ao seu paso pola parroquia de Petán. Con estes datos, o 112 puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, do GES- SPEIS de Ponteareas e do servizo de mantemento da vía.

O terceiro accidente tívos lugar ás seis da tarde en Barro. Foi unha persoa particular quen, a esa hora, alertaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia dunha persoa ferida nunha colisión entre dous vehículos na N-550. Deste xeito, os xestores do 112 solicitaron a intervención de  Urxencias Sanitarios de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Rescatan a un home ferido a carón das Pozas de Loureza en Oia

0

Os membros do GES da Guarda rescataron esta tarde a un home que sufriu unha lesión nun pé no lugar de Loureza, no concello pontevedrés de Oia.

Pasaban poucos minutos das 18:15 horas de onte cando o 112 Galicia recibiu a chamada do propio ferido que informaba da súa situación e solicitaba asistencia sanitaria.

Foi nese intre, cando os xestores de emerxencias do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil. Ademais, informaron aos Bombeiros do Porriño por se fose necesaria a súa colaboración.

Finalizada a intervención, o persoal do GES comunicou ao CIAE 112 Galicia que o home fora rescatado e trasladado ata a ambulancia para ser atendido polos profesionais sanitarios.

Deputados do PP de Pontevedra e Ourense instan ao Ministerio á “urxente” reparación do túnel do Folgoso

0

Na mañá do pasado sábado, os deputados e deputadas do Grupo Popular no Congreso, Ana Pastor, Celso Delgado, Diego Gago e Juan Constenla reuníronse co exalcalde e outros concelleiros do PP na Cañiza, nunha visita para coñecer a situación de tráfico na N-120 ao seu paso polo centro esta localidade e as afectacións que veñen xerando polo peche do túnel do Folgoso.

Os deputados populares lembran que toda esta situación prodúcese dende que o pasado 25 de xaneiro, un camión que transportaba oito vehículos, incendiáranse no túnel de Folgoso –sentido Ourense– provocando danos na infraestrutura e afectando a moitos dos sistema de seguridade do túnel.

O accidente provocou que o tráfico da A-52, en sentido Madrid, fose desviado durante 23 quilómetros a través das estradas nacionais N-559 e N-120, o que representa un incremento dos tempos de viaxe entre 20 e 30 minutos por desprazamento. Un percorrido por un tramo nun mal estado onde a velocidade media non supera o 60 km/h, con numerosos cruces e en tramo urbano, ademais da presenza frecuente de néboa na zona, e mesmo de animais.

Os deputados populares subliñaron que a circulación é “moi intensa e lenta” especialmente para camións de alta tonelaxe incluídos aqueles que transportaban pezas de tamaños especiais. A maiores, sinalan os populares, este tráfico produce “a deterioración do firme así como a alteración da vida cotiá na Cañiza patente, por ruídos, contaminación, vibracións, etc.”.

Efecto negativo para Pontevedra e Ourense

Esta grave situación, apuntan os deputados e deputadas do PP, “está a ter un efecto moi negativo nas provincias de Pontevedra e de Ourense, afectando á competitividade do sur de Galicia”. Ese prexuízo nótase especialmente no sector de transporte de mercadorías –a A-52 é a arteria principal de saída de mercadorías facía a Meseta– , “ademais de prexudicar ao día a día de múltiples usuarios que utilizaban esta infraestrutura para acudir ao traballo ou para acceder a servizos básicos como a sanidade e a educación”.

Hai que destacar que a Autovía dás Rías Baixas rexistra, en condicións normais, un tráfico medio de 16.460 vehículos ao día (IMD do ano 2018). Actualmente, esa intensidade viuse reducida polas restricións derivadas da crise sanitaria e a contención da pandemia. Iso fai que as persoas que se desprazan entre Vigo e Ourense actualmente fágano movidos por razóns de necesidade xustificada, o cal fai máis grave o impacto deste corte de circulación.

Os deputados pontevedreses e ourensáns do Partido Popular xa promoveron varias iniciativas parlamentarias instando o Goberno resolver o máis axiña posible a grave situación xerada polo peche dun dos túneles do Folgoso, “demandando ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA), como titular da A-52 a adoptar as medidas de emerxencia que correspondan para ofrecer unha resposta rápida, restablecer a circulación canto antes e evitar o impacto económico e social que se está vivindo no sur de Galicia”.

Lembramos que o Goberno en resposta escrita aos deputados, de data 16 de marzo avanzaba que”a reapertura podería efectuarse no próximo mes de maio, salvo incidencias que puidesen sobrevir ata entón”.

País líder mundial en construción de infraestruturas

A xuízo dos deputados populares, esta resposta “é moi insatisfactoria” debido a que non parece xustificable que “nun país que é líder mundial en construción de infraestruturas, non sexa posible traballar con maior intensidade e aplicar máis medios humanos, materiais, tecnolóxicos e orzamentarios para resolver unha situación de emerxencia como a que se vive pola interrupción da circulación por unha vía estratéxica”.

“É imprescindible que o MITMA, a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e o novo Delegado do Goberno na nosa Comunidade, asuman a súa responsabilidade en asegurar con urxencia a mobilidade segura dos miles de usuarios desta autovía”, sinalan os deputados populares quen xa rexistraron a comparecencia no Congreso do Secretario de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, seguirán insistindo por medios de accións parlamentarias para conseguir que este “pesadelo” finalice canto antes.

Nigrán instala un sistema de alumeado de cores na Ponte da Ramallosa

0

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo baixo o lema ‘Podo aprender. Podo traballar’, dous eixes claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias a educación e o emprego.

Con esta ocasión o Concello de Nigrán estreou o cambio de iluminación da ponte da Ramalloosa icorporando 8 focos leds que permiten elexir a cor a través dun mando a distancia e que conleva un aforro enerxético do 75 % no consumo eléctrico con respecto á antigua iluminación por focos.

Esta icorporación permiitirá que non só a Casa Consistorial se coloree en función da efeméride que se celebre, se non tamén agora a ponte da Ramallosa, emblema do municipio e lugar de gran tránsito entre os tres concellos do Val Miñor.

A historia de ‘Rulo’, o bulldog francés que se recupera no CAAN dunha complicada operación de hernia discal

‘Rulo’ é un precioso exemplar de bulldog francés que leva desde outubro de 2019 no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Fora rescatado en Redondela xunto a unha cadela boxer, ‘Rua’, en lamentables condicións e con risco de perder a vida por unha situación de maltrato. Neste senso, o Seprona comisara os animais ao seu dono, a quen se instruíra unha denuncia por abandono que aínda está pendente de resolución xudicial.

Foto de arquivo de Carmela Silva con Rulo nunha das visitas ao CAAN anterior á pandemia

O bulldog, ao igual que a boxer, se estaba a recuperar perfectamente no centro de acollida da Deputación pero nos últimos meses detectáraselle unha hernia discal, unha doenza habitualmente asociada á súa raza, que ameazaba con deixarlle severos problemas de mobilidade, polo que o persoal do CAAN decidiu abordar unha intervención cirúrxica. A operación levouse a cabo hai uns días e resultou satisfactoria, malia que aínda é pronto para saber se o seu grao de recuperación vai ser do cen por cen. De momento Rulo xa comezou a traballar nos exercicios de fisioterapia e segue a evolucionar favorablemente.

Á historia de ‘Rulo’ aínda lle quedan pasos para ter un final completamente feliz. A súa futura posta en adopción depende aínda da decisión xudicial no proceso que se abrira contra o seu dono, xa que ata o momento o animal está só en réxime de custodia polo Centro da Deputación e é necesario que a sentenza declare o seu estado de abandono como trámite previo para que poida comezar a busca dun novo fogar. Ata entón, recibe os mellores coidados por parte do persoal das instalacións da Armenteira.

‘Xela a diario’, Redondela pon en valor a figura profesional e humana da autora á que se dedican as Letras Galegas 2021

0

Xela Arias, autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, será obxecto dunha iniciativa radiofónica que poñen en marcha as Bibliotecas Municipais de Redondela e que, baixo o nome Xela a Diario –chiscadela á obra ‘Darío a Diario’– emitirase na Radio Municipal de Redondela, baixo a dirección da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini.

Daniel Boullosa, Ana Prieto e María Elena Becerra

O programa emitirase diariamente, de luns a venres, ás 11 horas e despois dos informativos das 14 h e 17 horas. Amais, durante as fines de semana, tamén será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

Mª Elena Becerra , directora das Bibliotecas Municipais de Redondela e Ana Facchini, directora do proxecto

Xela a Diario –que se desenvolverá en dúas fases, a primeira delas do 5 ao 30 de abril e a segunda no mes de maio– reúne en cada un dos espazos, duns dez minutos, unha breve contextualización sobre a vida e obra da escritora e a lectura dos seus poemas na voz da propia Ana Facchini e de distintos persoeiros do mundo da cultura así como de calquera persoa que desexe enviar os seus audios ás Bibliotecas Municipais de Redondela ([email protected] )([email protected])

O obxectivo primeiro desta iniciativa é tratar de dar a coñecer ao público en xeral, tanto a produción poética, como o resto da traxectoria profesional de Xela Arias; en especial, aquelas facetas máis descoñecidas, pero tamén ofrecer unha aproximación á Xela muller e ao seu lado máis humano.

Redondela, ademais, ten unha vinculación afectiva con Xela Arias plasmada no nomeamento da biblioteca de Chapela co nome da autora, no ano 2018.”

‘Conquistadoras’ chega a Chapela para permanecer, no paseo marítimo, ata finais abril

0

A exposición ‘Conquistadoras’, que durante todo o pasado mes de marzo estivo instalada na Alameda Castelao, chegou hoxe a Chapela para permanecer no Paseo Marítimo ata finais deste mes de abril. ‘Conquistadoras’ amosa a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de ‘conquistar’ o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles.

“Durante séculos –afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas– considerouse que a muller non podía acadar os mesmos éxitos ca os homes, ou que simplemente non tiña capacidade dabondo para igualalos. Todos estes prexuízos, que tristemente aínda se manteñen na sociedade contemporánea, foron pouco a pouco desterrados co exemplo destas mulleres que hoxe protagonizan ‘Conquistadoras’”.

A intención da exposición é, polo tanto, achegar á veciñanza de Redondela un anaco da historia de galicia e sobre todo “destas mulleres capaces de sobrepoñerse a todo tipo de adversidades para demostrar o que non debera precisar de xustificiación: calquera muller pode realizar os mesmo traballos ca un home”.

Revoltas sociais con nome de muller

Nun percorrido por ‘Conquistadoras’ atopámonos con rostros e semblanzas biográficas de María Pita ou de María Castaña, dúas mulleres que na época medieval enfrontáronse con armas na man aos abusos do invasor inglés e da igrexa, respectivamente. “Elas lideraron revoltas sociais marcando un camiño, exercendo un liderado nun tempo en que a muller só era recoñecida coma “ama de casa”. Non foi así. A muller traballou na casa e fóra da casa, axudou e colaborou en múltiples loitas, coma calquera persoa sexa do sexo que sexa”, aclarou Digna Rivas.

Por outra parte, nesta visita de rostros femininos, veciñas e veciños atoparán nomes de mulleres capaces de ser símbolos da cultura, coma Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán; mulleres que abriron o camiño para o acceso á universidade, coma Olimpia Valencia; mulleres conectadas co máis selecto da cultura mundial do seu tempo, coma Maruxa Mallo; pintoras, pianistas, xornalistas… De feito Galicia é berce de mulleres pioneiras en distintos eidos e moitas delas sendo as primeiras de todo o Estado español en chegar a ocupar eses postos, “como sucede con María Luz Morales, a primeira muller en ser directora dun periódico de grande alcance (La Vanguardia); ou Irene González, quen foi a primeira porteira de fútbol nun equipo de homes”.

A resposta a esta loita das mulleres foi en moitos casos “o machismo e a persecución. Non debemos esquecer, porque é a mellor maneira de sabelo valorar, que moitas destas mulleres foron vítimas de represión” subliñou a alcaldesa de Redondela ao que engadiu que “por iso quixemos incluír mulleres que colaboraron na loita democrática contra o franquismo, coma María Araújo, ou na resistencia contra os nazis, coma Placeres Castellanos. Mulleres coma Pepa Noia, cofundadora da Madres de la Plaza de Mayo, que tanto fixeron por esclarecer a verdade da ditadura en Arxentina, ou a editora María Miramontes na importantísima editorial Nós, quen se exiliou en América tras o asasinato do seu compañeiro Ánxel Casal. Houbo mulleres de orixe galega que saíron ao exilio e alí atoparon o seu camiño. Un caso único foi María Casares, unha das actrices centrais do teatro francés no século XX”, apuntou Digna Rivas.

As mulleres de Redondela, presentes en ‘Conquistadoras’

Nesa loita, lembrou a rexedora local, “as mulleres de Redondela tamén estiveron presentes por iso nesta mostra hai rostros de veciñas nosas como Paulina Sánchez, Ernestina Otero, Rita Regojo, Rita Otero… e tamén mulleres dos nosos días que triunfan nos seus ámbitos, coma Cristina Codesido (xerente dos vermús Petroni, que etiquetan todo en lingua galega acadando unha proxección internacional), a atleta Ana Peleteiro, que vén de gañar o campionato de España ou a directora de cine, natural de Cesantes, Diana Toucedo ”.

‘Conquistadoras’ permanecerá durante todo este mes de abril quedar instalada no paseo marítimo de Chapela para, en maio, quedar exposta en Cesantes. A partir de aí e con carácter itinerante, percorrerá todas e cada unha das parroquias de Redondela, ademais dos centros escolares.

Cúmprese deste xeito, un dos obxectivo que ten a Concellería de Igualdade que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, que non é outro que “a loita pola igualdade, non quede cinguida a un so día, senón que sexa unha acción continuada ao longo de todo o ano porque é o único xeito de acadar unha sociedade xusta, igualitaria e decente”.

EU-Son do Porriño denuncia que se parase a gravación do Pleno para “agochar a unha alcaldesa fóra de control”

O grupo municipal de EU-Son no Porriño vén de denunciar que no Pleno celebrado o día 31/03/21 “paránronse tanto a gravación como a transmisión en directo da sesión” un feito que segundo as concelleiras de EU “aconteceu xustamente cando a alcaldesa ameazou á nosa voceira coa intervención policial se non abandonaba o salón de plenos por non retirar o que ela cualificou como insulto mentirosa“. Así o manifestou o xefe de prensa con un “la grabación está parada”.

EU pide unha explicación urxente sobre esta decisión e subliñan que “ninguén, e menos un xefe de prensa, é quen de negar o dereito á información á veciñanza do Porriño nin aos medios de comunicación e menos aínda cando esta é a única vía de acceso a día de hoxe”. Patricia Sío e Blanca Francés, lémbranlle que “está ao servizo do Concello, non dos intereses da alcaldesa nin para ocultar as súas continuas faltas de respecto aos grupos da oposición”.

“Ademáis da súa actitude despótica, Eva García de la Torre falta á verdade constantemente e o termo “mentirosa” descríbea perfectamente no seu proceder como rexedora” explica EU-Son que non dubida en acusa á rexedora local de “estar fora de control”.

Para Esquerda Unida do Porriño, a transmisión dende o salón de Plenos “parouse para que que ninguén máis fora testemuña do triste espectáculo que deu e que foi subindo en vergoña allea a cada minuto que pasaba. Non hai censura que agoche que esta señora non está en condicións de seguir exercendo cargo público de ningún tipo, e menos unha alcaldía”.

Nacho Carreras, “sufro morriña perpetua y solo pienso en cuándo podré volver a casa”

0

Habla de Baiona con la pasión del que echa de menos su tierra. Dice que padece de ‘morriña perpetua’ y que no ve la hora de volver. Nacho Carreras aún no ha regresado a su casa (como él la llama) desde que publicó El ángel fiel. En su primer libro, el miedo y el terror se apoderan de Baiona mientras un asesino en serie amenaza a los habitantes del Val Miñor.

Y en medio de los crímenes, un periodista. ¿Autobiográfico?
Siempre hay una tendencia a buscar la autobiografía del autor en un libro, pero eso es algo más del lector que del propio escritor. Yo no me parezco a Iago más que en la carrera… Aunque sí reconozco que hay momentos del libro que son pequeños homenajes a amigos o familiares. Algún nombre parecido, algún momento concreto…

¿Por qué en Baiona?
Baiona es el escenario perfecto. Tiene misticismo, tiene historia, tiene un paisaje de película… Y además es mi casa.

Baiona es el escenario perfecto. Tiene misticismo, tiene historia, tiene un paisaje de película… Y además es mi casa.

¿Por qué ahora todos las novelas negras se enfocan en municipios, podríamos decir, “pequeños” y no en grandes en ciudades?
Porque no todo tiene que pasar en Nueva York. Parece que allí hay invasiones extraterrestres, superhéroes, grandes casos criminales…Los pueblos tienen sus historias y sus crímenes. Domingo Villar fue un visionario en eso. Una novela en una zona pequeña, que es conocida… “Ojos de agua” o “La Playa de los ahogados” fueron novelas seminales. Tras ellas, muchos hemos ambientado los libros en nuestros municipios.

Ya que dice que tiene historia, ¿No se planteó una novela histórica?
Y tanto que sí. La empecé en 2009 de hecho. Fíjate si hace años. Estaba en Os Frades (la playa de Baiona) leyendo La mano de Fátima de Ildefonso Falcones y pensé en lo que me gustaría hacer una novela así en Baiona. Y llegué a escribir casi 500 páginas, ¿eh? Pero al final la dejé. No me veía preparado. La trama la sigo teniendo en la cabeza y pienso en ella con bastante asiduidad. Sé que algún día la retomaré, aunque no sé en qué formato. No descarto el guion de una serie, pero tiempo al tiempo.

Cita a Domingo Villar, ¿está entre sus referentes?
Para cualquier autor gallego de novela negra, Domingo Villar está entre sus referentes. Eso es indudable.

¿En qué otros autores se inspira?
Stephen King, Katzenbach, Verdon, Falcones… No te puedo decir solo uno. Un autor debe leer de todo porque aprende. Decía King, precisamente, que leía cuatro horas diarias. Yo no tengo tanto tiempo, pero ojalá pudiese porque es un trabajo fundamental a la hora de escribir.

¿Cómo se aventuró a escribir una novela negra?
Llevaba tiempo con la idea rondando por la cabeza. Un día volvía de os Frades y empecé a darle vueltas a una idea. En ese momento estaba leyendo El psicoanalista. Entonces se me ocurrió una escena de El ángel fiel y la comenté con unos amigos cuando íbamos a cenar. Habló de hace años… 2012 o 2013…

¿Y estuvo escribiendo desde entonces?
Sí y no. He parado muchas veces. Imagínate que un día decides aprender a conducir y te colocas en el asiento del conductor sin saber nada. Ni cómo arrancar el coche, ni cómo cambiar de marcha, ni evitar que se te cale… Esto es igual. Yo no he tenido maestros, no he ido a escuelas de escritura. Me sentaba delante del ordenador y escribía. Durante un año lo tuve parado, luego lo intentaba recuperar, pero no me gustaba lo anterior…

A raíz de eso, he leído que llegó a borrar 150 páginas del libro…
Fue así. Las seleccioné todas y las borré de golpe. No me gustaban. Si no me gusta a mí como escritor, ¿cómo va a gustarle al lector?

¿Y cómo llegó al punto de que le gustase lo que escribía?
Dándome muchas tortas yo solo y leyendo muchísimo. Encontrar tu estilo es algo básico. Yo creo que ya tengo el mío y lo voy plasmando en cada novela. Y después la propia vida, claro, que te va enseñando.

Yo viví un momento donde escribir era mi refugio. […] Escribir me salvó y se ha convertido en un hábito.

¿Habla de experiencias personales o de la consecuencia de leer?
De experiencias personales. Yo viví un momento donde escribir era mi refugio. Me sentaba en mi escritorio y de ahí no levantaba la cabeza. Me abstenía de lo mal que me iba laboralmente. Escribir me salvó y se ha convertido en un hábito.

Hablando de hábitos, ¿cuál es su siguiente novela?
Está ambientada en Ponteareas. De momento no debo revelar nada más, pero creo que va a ser muy impactante.

¿Tiene más novelas pensadas o ya ha sufrido el famoso síndrome del folio en blanco?
El autor que te diga que no lo ha sufrido está mintiendo. Lo tengo clarísimo. Yo, más que el síndrome en sí, temo mucho engancharme en el medio. Eso me pasa y, de momento, me parece que tiene una solución más difícil que el síndrome del folio en blanco. Yo planeo la historia y si, cuando llevo 50 o 70 páginas, veo que la propia trama me pide ir por otro sitio, me obligo a parar y a pensar en cómo resolver el problema. Lo que pasa es que, a veces, reencontrar el camino es muy difícil y ahí viene el bloqueo.

¿Con qué se queda de El ángel fiel?
Primero con el logro personal. Cuando recibí el ejemplar de prueba ni siquiera reaccioné. Solo lo miraba. Mi mujer estaba emocionada y yo solo lo miraba en silencio. Ni recuerdo que me pasó por la cabeza. No sabría comparar la sensación con nada que haya vivido antes. Lo segundo con lo que me quedo es con la gente. He recibido mucha amabilidad, mucho cariño y muchos ánimos para que siga escribiendo… eso llena. Al final yo he autopublicado, no he tenido ayuda en publicidad y se agradece que la gente sea tan amable.

¿Cómo fue ese proceso de autopublicar?, ¿lo recomienda?
De nuevo a la gallega: depende. Yo envié el libro a tres editoriales. Una no me respondió y dos lo rechazaron. A mí me parece un libro entretenido, así que me lancé a la autopublicación. La parte positiva, obviamente, es que no tengo que esperar a una editorial. La negativa es que solo se vende por Amazon y que la publicidad es la que yo pueda conseguir.

¿Qué le diría a alguien que compre su libro?
Que disfrute del paseo. Yo me lo he pasado muy bien escribiéndolo y creo que se nota en cada página. Además, he intentado plasmar con mucha precisión lo que significa para mí Baiona y cada uno de sus rincones.

¿Cuándo planea volver a Baiona?
Cuanto antes. Yo sufro morriña perpetua y solo pienso en cuándo podré volver a casa. La última vez fue en septiembre y es duro. Cuando estuve aún no había publicado “El ángel fiel”. He recibido mucho cariño desde entonces y me gustaría devolverlo.

O Pontebike Team de Ponteareas lánzase á competición nacional

Creado hai só un ano, no 2020, e pese a situación de pandemia actual, o club ciclista Pontebike Team de Ponteareas, da un paso adiante máis no seu crecemento e crea o seu equipo de competición a nivel nacional.

Seis serán as categorías nas que o equipo ponteareán competirá –Cadete masculino e feminino, Junior, Sub23, Élite e Máster– e tres as modalidades –Enduro, Descenso e XCO– onde o Pontebike amosará por que Ponteareas é sinónimo de ciclismo.

Así, Héctor Quinteiro e Lucía Piñeira en Cadete masculino e feminino; Pablo Porto e Marcos Estévez na categoría Junior; Ismael Romero, José Sánchez, Adrián Ucha, Brais Álvarez, Mateo Martínez e Sergio Piñeira, na Sub23; José María Romero, Óscar Barciela, Xoán Pujales e Óscar Costas na Élite e Juan Manuel Pousada na categoría máster, serán os que leven o nome do Pontebike Tean e o de Ponteareas a todos os recunchos do país.

O Club quixo trasladar o seu agradecemento ás empresas que patrocinan ao Club –Porto Martínez S.L., Sportskids, Biziebike e Cadacan– así como as institucións públicas –Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia–, que permitiron converter nunha realidade o sño de crear un equipo de competición que aspira a estar nos primeiros postos da clasificación nacional.

Queda, agora, crecer. E o soño deste Pontebike Team, seguir medrando, formar un equipo competitivo a nivel nacional e “dar a oportunidade a mozos e mozas para que poidan competir na modalidade de MTB que máis lles apaixone”, afirma o club ponteareán.

Nigrán reafírmase na súa aposta polo medio ambiente coa creacion da segunda ‘Escola-Bosque’

0

O Concello de Nigrán ampliará o novidoso proxecto educativo de creación dun ‘Bosque-Escola‘ no CEIP Carlos Casares de Vilariño tamén ao CEIP da Cruz (Camos) ante a petición da comunidade escolar e o beneplácito da Comunidade de Montes de Priegue, quen cedería para este uso a parcela forestal ao carón suroeste e negociaría a permuta cos propietarios particulares se fose preciso (o centro está ubicado entre as parroquias de Camos e Priegue). Deste xeito, finalmente o Concello consignará 15.000 € do Remanente de Tesourería para que o arquitecto Fermín González, ideólogo do proxecto pedagóxico Sistema Lupo, de referencia en Galicia, redacte ambos proxectos paisaxísticos que defenden a natureza e o xogo como o mellor método de aprendizaxe. Nigrán pasará a ser unha localidade de referencia en España ao mesturar en dous dos seus colexios públicos a ensinanza convencional e os métodos educativos alternativos que plantexan as ‘escolas-bosque’.

“Tras ter coñecemento da nosa iniciativa no CEIP Carlos Casares a dirección do CEIP da Cruz púxose en contacto con nos e desde o Concello tamén consideramos que é unha oportunidade marabillosa para un colexio que, precisamente, está rodeado de monte pero non o pode desfrutar ao 100%. O propio Covid recordounos o importante que é gozar das actividades ao aire libre”, explica o alcalde, Juan González, quen agradece especialmente a boa vontade da Comunidade de Montes de Priegue. “O colexio está rodeado de monte en todo o seu conxunto, pero a parte que nos gustaría integrar son algo máis de 2.000 metros cadrados da zona suroeste porque linda directamente co patio, sen ningún vial por medio”, explica González, quen incide en que, “en todo caso, habería outras alternativas”.

O CEIP da Cruz conta desde 2017, grazas á Comunidade de Montes de Camos, cun viveiro de especies autóctonas a escasos metros do colexio e, precisamente, hai escasas semanas realizaron a plantación tamén en terreos desta entidade. “Esto sería dar un paso máis de xigante nesta liña pedagóxica que defendemos neste colexio, o profesorado está moi motivados e implicado neste sentido, de feito participamos desde hai anos nun programa contínuo de formación relativo aos patios inclusivos”, explica a directora, Iria X.

No caso deste colexio, inmerso de feito en medio do monte, o arquitecto Fermín González considera que, inicialmente, hai que delimitar o peche para integrar todas as pequenas franxas de monte que quedan fora do mesmo e, a maiores, engadir a parcela en cuestión. “Hai que eliminar muros e estender o patio cara a natureza dun xeito accesible”, subliña ao tempo que aposta por deseñar mobiliario propio para que o leve a cabo a carpintería do CEE Juan María de Parada. “Pola súa propia esencia, este colexio ten que prescindir dos plásticos no seu mobiliario exterior e apostar pola madeira para os xogos no patio”, polo que deseñará xogos específicos. Na nova parcela que se integre como bosque o arquitecto defende manter as especies autóctonas (actualmente hai carballos novos), suavizar os desniveis e crear ramplas e sendeiros que den acceso ao bosque-escola, “nada de muros, escaleiras ou barreiras arquitectónicas”.

CEIP Carlos Casares de Vilariño

Tal e como xa anunciara o Concello, o programa #MestredeObra de Sistema Lupo tamén deseñará un bosque-escola para o CEIP Carlos Casares de Vilariño, tal e como demanda desde hai anos a comunidade educativa. Neste caso, trátase de integrar unha parcela municipal lindeira de 2.000 metros cadrados (separada físicamente por un muro e alambrada) e que no 2018 o Concello bautizou como ‘Souto Casares’ tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor.

O proxecto busca crear un bosque totalmente natural sen que se note que hai un traballo de deseño previo detrás para que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así. A intención é aproveitar a gran cota de diferencia entre o patio e o cumio da parcela para crear diferentes sendeiros peonís entre árbores de especies autóctonas que desemboquen nun claro no bosque, que será onde permaneza o actual xogo de bolos celta. Non existirán as actuais escaleiras, nen muros, nen ningún elemento de separación, seguiránse as propias regras da natureza.

Escolas-Bosque

O movemento ‘Escolas Bosque’ é moi recente en España pero ten décadas de historia en países nórdicos ou o Reino Unido e se basea nas teorías de grandes pedagogos e filósofos, desde Pestalozzi a Fröbel, pasando por Rudolf Steiner ou María Montessori. Moitos sitúan a súa orixe no concepto Friluftsliv dos países Escandinavos, isto tradúcese literalmente como liberdade-aire-vida e fai referencia a unha filosofía de vida baseada na conexión profunda coa natureza e a vida ao aire libre. Trátase dun modelo de educación ao aire libre no que os estudantes visitan espazos naturais para aprender habilidades persoais, sociais e técnicas. “Sería un gran salto de calidade para o sistema educativo de toda a comarca poder mesturar nestes dous centros, Camos e Vilariño, a ensinanza convencional cos métodos alternativos do Bosque-Escola, por iso desde o Concello defendemos estes proxectos”, resume González.

O nadador Juan Ferrón recibe unha subvención nominativa do Concello de Mos

0

O Pleno do Concello de Mos aprobou o pasado luns, 29 de marzo e por unanimidade, conceder unha subvención nominativa para o presente ano 2021 ao nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón.

Ferrón trátase dun deportista de alto nivel que nas últimas semanas fixo varios podios e en cuxa traxectoria inclúense novos títulos como o de Campión de España por Comunidades Autónomas en 200 mariposa e récord de España Absoluto S13 (2:24:12); 100 libre –mellor marca persoal– con 58.42; e o de Subcampión de España AXA de Promesas Paralímpicas.

Juan Ferrón nunha das últimas competicións nas que participou

A alcaldesa Nidia Arévalo, e o novo concelleiro de Deportes, José Areal, defíneno como “un gran orgullo para este Concello e para o seu clube. Unha honra contar con deportistas deste calibre no noso municipio. Ademais de ser un exemplo de esforzo e superación para a mocidade da nosa localidade”.

Entre outros dos seus logros deportivos, Juan Ferrón foi preseleccionado para os Xogos Paralímpicos en febreiro de 2020, proclamouse Campión de España de Natación Adaptada en 100 metros Libre e Bolboreta en novembro de 2019, despuntou na World Paralimpic Series de Berlín, competición de Natación Adaptada, en xullo de 2019; e un longo etcétera de logros deportivos.

Imaxe de arquivo da última recepción do Concello de Mos a Juan Ferrón

É por elo que desde o Concello de Mos se lle considera merecedor dunha axuda económica municipal deportiva, para apoialo no desenvolvemento da súa actividade. Ademais de Juan Ferrón, outros deportistas e clubes mosenses reciben subvención da administración local mosense, como o equipo da U.D. Mos Feminino que xoga en Primeira Nacional e ten ao Concello de Mos como o seu principal patrocinador.

As demais entidades beneficiarias destas axudas son a Unión Deportiva Mos, o Club de Fútbol Alerta, o C.D. Louro Tameiga, o Club Xadrez Mos, o Club Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club de Patinaxe Rosaleira, o Club de Patinaxe Xiramos, a bailarina Patricia Martínez, a ciclista Susana Alonso, Juan Rivera, e o Clube de Tiro con Arco ‘Archer’s Team’.

Tui presenta un programa de San Telmo 2021 con actividades para todos os públicos

0

O Concello de Tui presentou, na mañá de onte, o programa de actividades de San Telmo a celebrar dende o mércores 7 de abril até o luns 12 de abril, festividade de San Telmo e festivo local en Tui.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, foron os encargados de dar a coñecer a programación elaborada. Logo de lembrar o San Telmo Virtual do pasado ano, obrigado polas circunstancias epidemiolóxicas, salientaron que neste 2021 conxúgase o cumprimento das medidas sanitarias co feito de sacar adiante unha intensa axenda cultural para estes sete días.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba coma novidade a entrega dos Premios Cidade de Tui, nun acto institucional que se celebrará o luns, 12 de abril, ás 13 h no Teatro Municipal. O rexedor tudense explicou, esta mañá, que era unha vella aspiración do equipo de goberno poder levar a cabo este recoñecemento de forma institucional “para todas as persoas e colectivos que traballaron e fixeron deste concello o que é”. Os galardoados serán o escultor Silverio Rivás, a título póstumo Alberto Estévez Piña, e coma colectivo a Residencia San Telmo.

A cultura é segura

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba que “é unha programación pensada para que as xentes de Tui poidan disfrutar duns días de agasallo cultural e de lecer”, destacando que “a cultura é segura”. Repasou polo miúdo a oferta prevista que se estruturará en pasarrúas, actuacións na carpa que se situará no Paseo da Corredoira, e no Teatro Municipal.

O próximo luns, 5 de abril, ás 20 h en tui.gal habilitarase a reserva gratuíta de entrada para todos os espectáculos previstos tanto na carpa na Corredoira coma no Teatro Municipal de Tui. Poderanse reservar un máximo de dúas localidades por persoa.

As actividades previstas encherán as rúas de cor coas actuación de Asacocico. Barafunda, Pista Castro, Fantoches Baj e Troula Animación. Cada xornada dende o martes 7 ao luns 12 haberá dous pases ás 17 h e ás 19 h.

Mentres na carpa situada no Paseo da Corredoira, con capacidade para 120 persoas, actuarán cada xornada ás 18 h Pista Catro con “Lila Star”; Paco Nogueiras con “Brinca Vai”; Circo Chosco con “Riscando o ceo”; Fran Rei con “O Superheroe”; o Mago Teto con “Novas Tolemaxias”; e Uxía Lambona e a Banda Molona.

O Teatro Municipal será o escenario da cita prevista cada día ás 20 h cun aforo de 180 persoas. O mércores 7 proxectarase a película “Ons” e o xoves 8 Butaca Zero representará a obra teatral “32m2”. Na fin de semana a música será a protagonista co concerto “Retornos” de Andrea Pousa o venres, coa presentación de “Déixaas” de Mercedes Peón o sábado; e con Víctor Coyote co seu último traballo “Las Comarcales” o domingo.

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o concerto de peche desta programación de actividades de San Telmo o luns ás 20 h no Teatro Municipal. E previamente na carpa situada no Paseo da Corredoira actuará, ás 12 h, as sección de vento madeira o sábado, vento metal o domingo e os grupos de cámara o luns.

Non faltarán nesta cita as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos que farán un pasarrúas no Paseo da Corredoira ás 13 h do sábado e domingo, respectivamente.

Amais dende o martes 7 ao luns 12 poderase visitar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.

Programación de Actividades de San Telmo 2021

Do 7 ao 12 de abril

  • Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”

Mércores 7

  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PISTA CATRO “Lila Star”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
  • Ás 20 h no Teatro Municipal CINEMA “Ons”

Xoves 8

  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
  • Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2

Venres 9

  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira CIRCO CHOSCO “Riscando o Ceo”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
  • Ás 20 h no Teatro Municipal ANDREA POUSA “Retornos”

Sábado 10

  • Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento madeira da Banda de Música Popular de Tui
  • Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs Charanga A TU RITMO
  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira FRAN REI “Superheroe”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
  • Ás 20 h no Teatro Municipal MERCEDES PEÓN “Déixaas”

Domingo 11

  • Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento metal da Banda de Música Popular de Tui
  • Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs Charanga CANTOS SOMOS
  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira MAGO TETO “Novas Tolemaxias”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
  • Ás 20 h no Teatro Municipal VICTOR COYOTE “Las Comarcales”

Luns 12

  • Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Grupos de Cámara da Banda de Música Popular de Tui
  • Ás 13 h no Teatro Municipal Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui
  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
  • Ás 20 h no Teatro Municipal BANDA MUSICA POPULAR DE TUI

Notas

  • Na Carpa no Paseo da Corredoira capacidade limitada a 120 cadeiras
  • No Teatro Municipal de Tui capacidade limitada a 180 butacas
  • Reserva de entradas en tui.gal dende o luns, 5 de abril, ás 20 h. Máximo 2 entradas por persoa. O acceso ao espectáculo permitirase dende 30 minutos antes do inicio. As entradas non validades 10 minutos antes do comezo poderán ser reasignadas.
  • No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais.

A Escola Infantil de Ponteareas abre á solicitude de praza dende o luns 5 de abril ao 7 de maio

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento dos interesados e interesadas que na páxina web do Concello xa están a disposición das familias os impresos para solicitar praza na escola infantil municipal.

Do 5 de abril ao 7 de maio estará aberto o prazo para presentar solicitudes todas aquelas familias con fillos e fillas nadas a partir do 1 de xaneiro de 2019. Poderán solicitar praza na Escola Infantil Municipal aqueles nenos e nenas con idade entre os 3 meses e os 3 anos.

Por ser unha escola de integración, pódese solicitar praza para nenas e nenos con discapacidade física, psíquica e sensorial. Neste suposto, poderase, logo da valoración técnica, prorrogar a permanencia destas nenas/os un ano máis, fóra dos límites da idade.

Os impresos de solicitude deberanse cubrir preferiblemente por vía telemática na páxina web do Concello de Ponteareas nesta ligazón.

Tamén se poderán recoller na Escola Infantil Municipal, das 9 ás 14 horas, mediante cita previa telefónica no número: 673 794 789. Neste mesmo número poderanse realizar consultas telefónicas durante o horario anteriormente sinalado.

Deputación e USC ‘rescatan’ a memoria das galegas da emigración cun convenio dentro da Cátedra Iberoamericana

No último día de marzo, un mes simbólico na loita feminista, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron o convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto ‘Pontevedra en América: unha mirada en feminino’, enmarcado na Cátedra Iberoamericana da USC, para reivindicar o papel das mulleres galegas da emigración e a pegada que deixaron na diáspora. No acto participaron a presidenta provincial, Carmela Silva, o reitor da USC, Antonio López, a directora da Cátedra, María Cadaval, e a coordinadora de publicacións, María Xosé Rodríguez .

A través deste convenio desenvolverase un proxecto, mediante publicacións, exposición e un proceso de mentoring, que vai poñer en valor ás mulleres na emigración investigando, e recompilando as historias dun nutrido grupo de mulleres da provincia de diferentes eidos cunha dobre mirada: o seu éxito nas Américas e o das que agardaron en Galicia. Deste xeito, devolveráselles o protagonismo e porase en valor a historia de tantas mulleres que foron ignoradas, esquecidas e invisibilizadas pero que desenvolveron un importante papel na emigración, especialmente en América.

Carmela Silva: “A perspectiva de xénero é clave. Nunca se tivo en conta o papel das mulleres, nin das que emigraron, nin das que quedaron en Galicia”

Chea de “ledicia e orgullo”, a presidenta provincial, Carmela Silva, asinou o documento e deixou claro que “non se pode entender a nosa comunidade sen a emigración e todo o que supuxo” e lembrou que “nesta provincia aínda hai moitísimas dotacións e equipamentos que foron posibles grazas ás achegas desas persoas que tiveron que emigrar”. Que este convenio se asine cunha universidade non é máis que o reflexo das inquedanzas do goberno provincial. Para Silva “as administracións públicas non poden seguir pechadas en despachos, a nova política pasa porque o coñecemento e a sociedade entren nas administracións para que poidamos tomar decisións intelixentes”.

Con este convenio ambas institucións “rachan marcos” e apostan pola igualdade “que é a nosa gran prioridade, nós consideramos que unha administración que queira poñer en marcha boas prácticas de goberno non se pode esquecer da metade da poboación, que vive en situacións de discriminación a todos os niveis”.Carmela Silva lembrou tamén que “as mulleres fomos invisibilizadas en todos os eidos e non temos presenza nas sesudas análises que se teñen feito da diáspora”, nas que non se reflexa o papel das mulleres que tiveron que quedar en Galicia nin das que tiveron que marchar dela. Por iso “é fundamental que nas universidades haxa esta perspectiva de xénero”.

Docencia, investigación e ‘transferencia’ como misións

Pola súa banda, o Reitor Antonio López afirmou que o convenio é o reflexo de que “cando hai un proxecto interesante e beneficioso todos somos quen de entendernos”. Para López unha das misións da universidade, alén da docencia ou da investigación, é a transferencia “que significa que temos que poñer o coñecemento á disposición da sociedade para mellorar as súas condicións de vida en todos os ámbitos”.

O reitor da USC resaltou que a Cátedra Iberoamericana “pretende ser unha ponte que une dous ámbitos nos que temos unha condición privilexiada e é que somos punto natural de encontro dende este lado do Atlántico e a outra beira”. Para López é convinte analizar o papel que xogaron nas mulleres na emigración, xa que “se invisibilizaron e non foron obxecto de estudo e agora é o momento de facelo”.

A directora da Cátedra, María Cadaval, agradeceu a acollida que tivo este proxecto e subliñou que “non fixo falta explicar absolutamente nada porque a receptividade da Deputación e o traballo que xa está a facer no campo da igualdade, agora con este engadido da visión iberoamericana, é fundamental”. Lembrou que “Pontevedra é unha das provincias galegas que ten ese papel relevante na diáspora” e que agora tócanos “acoller a esas novas xeracións que están pensando en retornar” polo que dentro do proxecto formulouse un mentoring para dar “certo respaldo” a todas esas persoas.

Cadaval concluíu a súa intervención afirmando que “estamos poñendo os piares dun edificio que pode ser importante para Pontevedra e sobre todo dende Pontevedra para o resto do mundo”.

Pola súa banda, María Xosé Rodríguez amosou o seu pracer por “toda a receptividade” que está a ter este proxecto, para ela “todo o que sexa avanzar na igualdade efectiva entre homes e mulleres sempre é fundamental”.

Redondela celebrará entre os días 8 e 16 de maio as Xornadas de Exaltación do Choco

0


O Concello de Redondela non celebrará este ano a Festa do Choco, unha das celebracións senlleiras do municipio e, no seu lugar, desenvolverá entre os días 8 e 16 de maio unhas Xornadas de Exaltación do Choco que buscan, non só seguir poñendo en valor un produto gastronómico de excelencia estreitamente ligado ao nome de Redondela, senón tamén contribuír á reactivación da hostalaría e restauración, un dos sectores máis duramente golpeados pola crise da COVID-19.

“Celebrar unha Festa do Choco sen a posibilidade de montar a tradicional carpa para degustar o produto e sen poder desenvolver a chea de actividades paralelas que rodean a esta festa senlleira do municipio, non tería sentido”, explica a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

Ese é o motivo polo que o Goberno local optou por celebrar unhas Xornadas de Exaltación do Choco en lugar de organizar unha Festa do Choco “totalmente desvirtuada se temos en conta que, tradicionalmente, é unha celebración multitudinaria, unha festa que se vive nas rúas e prazas, algo impensable coa actual situación de crise sanitaria”.

O choco, o gran protagonista

O Concello xa mantivo reunións coa asociación Hostalaría e Confraría de pescadores, amais da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Redondela de cara a organizar unhas xornadas nas que o choco seguirá a ser o grande protagonista pero da man dos locais de hostalaría e restauración do municipio. Tanto a alcaldesa de Redondela, como a concelleira de Comercio quixeron salientar “o entusiasmo con que a iniciativa foi acollida polo sector da hostalaría e restauración e que, dende o primeiro momento, participan activamente na organización destas xornadas”.

Nesa liña, o Goberno local estuda medidas para fomentar o servizo a domicilio por parte de bares e restaurantes, de xeito que a veciñanza poida gozar do choco –nas súas distintas formas de elaboración– nos seus propios fogares.

Ao redor desta base, desenvolveranse unha serie de actividades que, durante oito días, poñan o foco de atención sobre un produto gastronómico que, na baía de San Simón, acada unha calidade tan extraordinaria como única.

“O que a Festa do Choco non se desenvolva como tal –conclúe a alcaldesa de Redondela– non significa que non fagamos todo o que esta na nosa man para enxalzar o noso ‘produto estrela’ e as Xornadas de Exaltación do Choco con todo o programa que se está elaborando ao seu redor, é un bo xeito de facelo”.

A Concellería de Patrimonio do Porriño restaura a ‘fonte da María Rosa’ en Pontellas

A Concellería de Patrimonio do Concello do Porriño, que xestiona o nacionalista Pedro Pereira, está a piques de rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellaría desenvolve obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.

As obras inclúen a construción dunha nova fronte a base de lousas de pedra e a instalación dunha placa en metacrilato que recupera o nome tradicional, Fonte da María Rosa. Demoléronse as antigas escaleiras de baixada e habilitouse un novo acceso máis seguro dende unha zona pavimentada. Revestíronse tamén con pedra os muros de contención para conseguir harmonizar esteticamente o conxunto arquitectónico. Na contorna da fonte leváronse a cabo traballos de rozado así como o encintado e saneamento das xuntas dos muros que rodean o lugar.

“A fonte estaba en moi mal estado, cun perigoso acceso que impedía un uso seguro e normal por parte da xente”, afirmou o concelleiro de Patrimonio e portavoz do BNG, Pedro Pereira. “Queremos recuperar espazos públicos tamén no rural. Con estas obras de mellora e conservación a Fonte da María de Rosa gaña en utilidade e convértese nun lugar de encontro para a veciñanza”, concluíu Pereira.

A aula CeMIT de Ponteareas abre a inscrición para os novos cursos totalmente de balde

A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, vén de dar conta da apertura do prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CeMIT, situada no Centro Social na rúa Oriente. Neste mes de abril a aula CeMIT de Ponteareas ofrecerá cursos para maiores de manexo básico de Android, ordenador, navegación e correo electrónico.

Estes cursos serán presenciais e en grupos reducidos, e teñen o obxectivo de mellorar o seu manexo do teléfono móbil ou tableta e das súas aplicacións para a procura de información, para a realización de xestións coas administracións e para facilitar ferramentas dixitais que lle axuden no ámbito social e familiar.

Tamén haberá cursos en liña de iniciación ao WordPress, ao procesador de texto LibreOffice, ao retoque fotográfico Gimp e a creación de publicacións na nube (CANVA). A inscrición nos cursos pode realizarse nesta ligazón

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 h a 11 horas e os mércores de 21:30 h a 22:30 horas.

Aula CeMIT do Concello de Ponteareas

A aula CeMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía, por este motivo o responsable dos cursos recorda que as persoas interesadas poden achegar á aula CEMIT suxestións para estudar as necesidades de formación informática e programar distintos niveis e contidos a medida da demanda.

“O obxectivo desta aula é promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos necesarios para que as persoas poidan desenvolverse cun ordenador, e prestando especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital”, explica Benito Márquez.

Fomentar a formación dixital

O responsable de Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Pontareas sianala que con estas iniciativas búscase “fomentar a formación dixital entre os profesionais e achegar ás PEMEs as vantaxes da Sociedade da Información” e anima a todos os veciños e veciñas a que se anoten nos diversos cursos e “aproveiten esta oportunidade”.

Para obter máis información ou trasladar as súas necesidades formativas, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962 ou de correo electrónico [email protected].

Mondariz contará cun centro de trituración para a xestión da biomasa

0

O Concello de Mondariz está completando a segunda fase do Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra coa construción dun centro de trituración de residuos forestais no recinto do antigo CEIP Riofrío-Vilar, localizado na parroquia de Riofrío (Pé do Muíño s/n), que permitirá controlar a acumulación de biomasa nos puntos verdes das parroquias.

“É unha instalación demandada pola veciñanza desde hai tempo que se atrasou máis do esperado polos trámites burocráticos que supuxo a adaptación do proxecto inicial”, explica o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros. “A ubicación definitiva do centro de trituración está en terreo de propiedade municipal por recomendación técnica”.

Esta actuación do Concello de Mondariz forma parte do Plan Compost Revitaliza para unha xestión municipal de residuos orgánicos máis sostible e respectuosa co medio ambiente, ao que se adheriu no ano 2016.

O obxectivo principal deste proxecto é atender o 100 % do tratamento dos residuos da fracción orgánica mediante a dotación de composteiros individuais, a instalación de centros de compostaxe comunitaria na zona urbana e nas proximidades dos produtores singulares, o fomento da trituración de restos vexetais e de poda tanto a domicilio como nun punto verde creado para tal fin e a realización de charlas informativas e campañas de sensibilización para dar a coñecer o novo sistema entre a poboación.

“Este centro de trituración permitirá reorganizar os puntos verdes repartidos polas diferentes parroquias, cambiando aqueles que resulten conflitivos”, comenta Barros.
Malia ser unha instalación loxística, o novo centro de trituración presenta un deseño visual moi atractivo, resultado da combinación de madeira e pedra do país.

Ademais desta infraestrutura para a trituración de restos vexetais e de poda, está previsto abrir un centro de interpretación sobre o tratamento de biomasa no mesmo recinto de Pé de Muíño s/n para promover a información e sensibilización sobre a materia.

Nave municipal para almacenamento de maquinaria

Outra obra financiada polo Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que está en fase de construción na área da Minada é unha nave destinada ao almacenamento de maquinaria municipal. 

Donís Fernández Chamorro que proclámase subcampión de España de Loita Olímpica

0

Esta fin de semana pasada celebráronse en Santiago de Compostela os Campionatos de España das categorías escolar, cadete e sub 23. O Club de Loita Sabarís desprazou a oito deportistas.

Na categoría escolar debutaron dúas das promesas do club, Pedro Fernández, de Baiona, e Donis Fernández, de Nigrán, que participaron na categoría de 41 kg Loita Libre Olímpica. Donís Fernández proclamouse subcampión de España.

“Teño que agradecer a miña familia o apoio que sempre me deron pero sobre todo a meu entrenador, Juan, sin o cual nunca chegaría a ser subcampión de España. Meu obxectivo e rematar os estudios no IES Val Miñor e intentar entrar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva” declarou Denís Fernández.

Donís iniciouse en loita no CEIP Humberto Juanes e o convidamos a Donis a que continúe apostando polo deporte e seguro que pronto levará a bandeira de Nigrán a uns Xogos Olímpicos”, declara Juan González.

Na categoría cadete foron tres deportistas. Anxo Lomba, de Gondomar, proclamouse campión de España na categoría de 44 kg Loita Libre Olímpica. Lois Cabreira, de Nigrán, participou na categoría de 71 kg Loita Libre Olímpica. No sorteo tocoulle enfrontarse ao actual campión de España. Jesús Forcao, de Sabarís-Baiona, participou na categoría 110 kg Loita Libre Olímpica, perdendo por lesión no primeiro combate.

Na categoría Sub-23, os loitadores bolseiros no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. David González, de Sabarís-Baiona, participou en 57 kg sen obter medalla. Cristian Suárez, de Sabarís-Baiona, conseguiu a medalla de bronce na categoría 79 kg Loita Libre Olímpica. Omar Rodríguez, de Sabarís-Baiona, que actualmente está a combinar os seus estudos na Universidade de Santiago cos adestramentos, proclamouse subcampión de España.

O torneo realizouse seguindo todas as medidas anti-covid, realizando test de antíxenos a todos os participantes. Despois dun ano tan difícil estes resultados son un estímulo para o equipo, que espera volver dar clase aos deportistas do equipo basee no colexio de Sabarís a partir de Semana Santa.

“Unha gran noticia para Nigrán contar cun subcampión de España de Loita pero sobre todo celebramos o éxito acadado polo Clube de Loita Sabarís e de todos os deportistas do Val Miñor que competiron no Camionato de España. Un clube que cumpre 20 anos formando deportistas e persoas con valores dende o Colexio de Sabarís e que merece o recoñecemento de todo o Val Miñor” declara juan González, Alcalde de Nigrán.

Avifauna en período de cría en Redondela

0

O grupo de traballo de medio ambiente do Concello de Redondela ven de rexistrar na zona da marisma do río Pexegueiro, anexa ás pistas de tenis e Instituto IES Mendiño, un exemplar femia de cisne (Cygnus olor), ave da familia dos anátidos. Este cisne atópase agora mesmo en período de cría. Os cisnes poñen de 4 a 10 ovos que a femia choca durante uns 36 días, e as crías normalmente fan eclosión entre os meses de maio e xullo. As crías non adquiren a capacidade de voar ata os 120 a 150 días de vida.

Por iso mesmo a Concellería de Medio ambiente do Concello de Redondela acaba de acordoar a zona e quere lembrar á veciñanza a importancia de respectar o espazo escollido pola avifauna evitando en todo momento realizar ruidos molestos, achegarse en exceso ó niño ou perturbar a súa contorna. “Entendemos o interese que esta escea da natureza levanta en todo nós; pero iso non se pode traducir en molestar ou intervir no propio proceso natural de cría. A cisne xa moveu o niño de sitio unha vez debido á intervención humana. Por iso queremos lembrar que somos simples espectadores da natureza e que, ademáis, debemos actuar con respecto a ela. Un exceso de interés, ou un interés mal xestionado podería destruir aquelo que estamos contemplando”, comenta Roberto Villar, concelleiro de medio ambiente.

O grupo de medio ambiente lembra que neste caso concreto se trata dunha cisne, especie protexida e que, segundo a Lei 42/2007 do Patrimonio natural e da biodiversidade, será obxecto de medidas de conservación especial en canto ó seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reproducción na súa área de distribución.

Pero agora comeza a tempada de cría de moitas outras especies da avifauna propias do ecosistema da marisma do río Pexegueiro de Redondela. E que será necesario manter o coidado de non molestalas durante varios meses. 

A Concellería de Medio ambiente, pola súa parte, suspende temporalmente os traballos de desbroce e mantemento da zona delimitada.