Os membros do GES da Guarda rescataron esta tarde a un home que sufriu unha lesión nun pé no lugar de Loureza, no concello pontevedrés de Oia.
Pasaban poucos minutos das 18:15 horas de onte cando o 112 Galicia recibiu a chamada do propio ferido que informaba da súa situación e solicitaba asistencia sanitaria.
Foi nese intre, cando os xestores de emerxencias do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil. Ademais, informaron aos Bombeiros do Porriño por se fose necesaria a súa colaboración.
Finalizada a intervención, o persoal do GES comunicou ao CIAE 112 Galicia que o home fora rescatado e trasladado ata a ambulancia para ser atendido polos profesionais sanitarios.