11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán proxecta a creación dun 'Bosque-Escola' no CEIP Carlos Casares aproveitando a...

    Nigrán proxecta a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares aproveitando a tomada municipal ao seu carón

    "Trátase dunha petición de toda a comunidade educativa do colexio e estamos de acordo en que sería unha marabillosa forma de aproveitar esa tomada municipal en desuso", explica o alcalde, Juan González

    O Concello de Nigrán consignará 7.000 € do orzamento municipal 2021 á redacción dun proxecto paisaxístico para crear un ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares aproveitando a parcela municipal ao su carón coñecida como ‘Souto Casares’. O deseño correrá a cargo do programa #Mestradeobra que o colectivo galego Sistema Lupo ven realizando en colexios públicos de Galicia e que a comunidade educativa de Vilariño ten como referencia ao defender o xogo como o mellor método de aprendizaxe. Sería este un dos primeiros centros de Galicia en poder mesturar nas súas propias instalacións a ensinanza convencional impartida nas aulas cos métodos educativos alternativos que plantexan as ‘escolas-bosque’.

    “Trátase dunha petición de toda a comunidade educativa do colexio e estamos de acordo en que sería unha forma marabillosa de aproveitar esa tomada municipal en desuso”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a esta parcela de 2.000 metros cadrados lindeira ao colexio e que no 2018 o Concello bautizou como ‘Souto Casares’ tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor.

    Actualmente o patio norte do colexio non ten un uso definido e linda con esta parcela municipal de monte tamén sen uso, da que está separada físicamente mediante muro e alambrada. “Agora sería dar un paso máis a nivel constructivo e educativo, trataríase de integrar a tomada no propio patio do centro educativo mediante un ambicioso proxecto de paisaxismo para facer un bosque do que o alumnado se beneficie”, explica González.

    “O proxecto busca crear un bosque totalmente natural sen que se note que hai un traballo de deseño previo detrás, o obxectivo é que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así”, explica Fermín González, arquitecto de #Mestradeobra en Sistema Lupo. Así, nunha visita ao souto co alcalde e a edil de Educación e representantes da comunidade educativa, explicou que a intención é aproveitar a gran cota de diferencia entre o patio e o cumio da parcela para crear diferentes sendeiros peonís entre árbores de especies autóctonas que desemboquen nun claro no bosque, que será onde permaneza o actual xogo de bolos celta. “Non existirán as actuais escaleiras, nen muros, nen ningún elemento de separación, seguiremos as propias regras da natureza”, subliña. Pola súa banda, a directora do centro considera que, precisamente, o feito de que se integre no colexio para o uso do alumnado permitirá que a parcela se manteña sola “grazas ao propio tránsito dos rapaces”.

    Escolas-Bosque

    O movemento ‘Escolas Bosque’ é moi recente en España pero ten décadas de historia en países nórdicos ou o Reino Unido e se basea nas teorías de grandes pedagogos e filósofos, desde Pestalozzi a Fröbel, pasando por Rudolf Steiner ou María Montessori. Moitos sitúan a súa orixe no concepto Friluftsliv dos países Escandinavos, isto tradúcese literalmente como liberdade-aire-vida e fai referencia a unha filosofía de vida baseada na conexión profunda coa natureza e a vida ao aire libre. Trátase dun modelo de educación ao aire libre no que os estudantes visitan espazos naturais para aprender habilidades persoais, sociais e técnicas. “Sería un gran salto de calidade para o sistema educativo de toda a comarca poder mesturar neste colexio de Vilariño a ensinanza convencional cos métodos alternativos do Bosque-Escola, por iso desde o Concello defendemos este proxecto”, resume González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.