Mércores, 11 Decembro de 2024

Nigrán instala un sistema de alumeado de cores na Ponte da Ramallosa

O sistema que permitirá iluminar este elemento patrimonial coas cores das diferentes efemérides, estreouse o 2 de abril para visibilizar en azul o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo baixo o lema ‘Podo aprender. Podo traballar’, dous eixes claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias a educación e o emprego.

Con esta ocasión o Concello de Nigrán estreou o cambio de iluminación da ponte da Ramalloosa icorporando 8 focos leds que permiten elexir a cor a través dun mando a distancia e que conleva un aforro enerxético do 75 % no consumo eléctrico con respecto á antigua iluminación por focos.

Esta icorporación permiitirá que non só a Casa Consistorial se coloree en función da efeméride que se celebre, se non tamén agora a ponte da Ramallosa, emblema do municipio e lugar de gran tránsito entre os tres concellos do Val Miñor.