Domingo, 8 Xuño de 2025

A carpa do “Pinchoneno” trasladarase á explanada “Roxy”

Imaxe de arquivo da presentación do Pinchoneno

Lourdes Moure, concelleira responsable de Educación e Seguridade do Concello do Porriño, anunciou que se decidiu trasladar á explanada do “Roxy” a carpa que acollerá o acto do “Pinchoneno” que, inicialmente, ía colocarse no parque do Cristo. A decisión adoptouse hoxe ao mediodía tras unha reunión da concelleira con Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Porriño, diversos técnicos municipais e Adrián Fragueiro, de “Doppler Xestión Cultural”, produtora que colabora na organización de “Pinchoneno”.

Tamén se decidiu ampliar o prazo de inscrición que deberá realizarse por correo electrónico no enderezo [email protected] e, en todo caso, ata o mesmo sábado, ata completar o aforo previsto, para 200 nenos de 6 a 12 anos.

Na seguinte ligazón as persoas interesadas poden dispor e descargar o documento de inscrición.

O Pinchoneno

O Pinchoneno é a versión infantil do Pinchorriño, con pinchos axeitados, e ao mesmo tempo celébrase coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Contará cunha gran variedade de actividades recreativas. A xornada está organizada pola Concellería de Educación e a Omix de Porriño e desenvolverase entre as 17:00 e as 22:00 horas.

Durante toda a tarde, a rapazada poderá gozar dun catering saudable e continuado ata as 21:00 horas e terán a oportunidade de asistir a diferentes actividades como un obradoiro para aprender a facer pizzas e granizados, unha zona “Just dance” e unha de entretemento dixital espacial. Ademais, a música non podía faltar nesta cita infantil. Coa charla “Isto é pop!” os nenos poderán participar nun faladoiro con Javier Becerra e Carolina Rubirosa.

Tamén haberá unha charla inspiracional a cargo de Eme Dj coa ocasión de presentar o seu libro “Mamá quero ser Dj”. E ademais, o músico e actor Juan Manuel Montilla “El Langui”, gañador de dous premios Goya, participará nesta edición do Pinchoneno cunha charla motivadora xunto ao coñecido artista urbano galego Mon Devane, que fará unha mostra dos seus graffitis.

Nigrán continúa coa súa programación da memoria homenaxeando a Xohana Torres

0

O Concello de Nigrán continúa coa súa programación especial adicada á ‘Memoria’ coa homenaxe este sábado 20 de novembro a Xohana Torres (Santiago, 1931 – Vigo, 2017), unha das escritoras máis importantes da posguerra e o franquismo en lingua galega e que mantivo un especial vínculo co municipio ao pasar en Monteferro boa parte da súa vida. Anteriormente, e dentro desta mesma programación, o Concello homenaxeou ao escritor Bernardino Graña, usuario da residencia Stella Maris de Panxón desde hai décadas.

Así, o Auditorio Municipal acollerá ás 18:00 horas a presentación do libro ‘Últimas tardes con Xohana Torres’, unha publicación que recolle unha escolma do seu poemario máis senlleiro, e o concerto posterior de M.Sancho Quartet. O acto contará coa presenza do alcalde de Nigrán, o editor e amigo persoal de Xohana, Xosé Fernández Puga, e a académica galega Ana Romaní, especialista precisamente nesta poeta, dramaturga, novelista e que foi tamén membro da Real Academia Galega.

O Concerto posterior correrá a cargo do cuarteto liderado pola clarinetista Marta Sancho Andrés xunto á violinista Anca Smeu, o violista Timur Sadykov e a cellista Alejandra Díaz, todos eles músicos de alto nivel que forman parte das mellores orquestas nacionais e internacionais. No seu repertorio seleccionado para a ocasión, con obras de Ottorino Respighi, Jeff Smallman, Schubert, Henrik Crusel e Mangani, percorrerán o complexo proceso creativo dos escritores (o programa está a disposición dos interesados na web municipal www.nigran.es).

Xohana Torres Fernández (Santiago de Compostela, 1931 – Vigo, 2017) pasou a infancia e parte da xuventude en Ferrol onde seu pai estaba destinado como mariño. Desde moi nova amosou un interese especial polo mundo da literatura, o teatro e a radio. Neste medio dirixiu en 1956, en Ferrol, un programa radiofónico dirixido ás mulleres, “Teresa”, e xa en Vigo e sete anos despois dirixiu o primeiro programa cultural radiofónico integramente en galego. A súa andaina literaria comezou na poesía e o seu primeiro poemario, Do sulco, foi publicado en 1957 na acabada de crear colección Illa Nova. A súa voz lírica, que está tamén presente dende nova en revistas como Aturuxo, Vida gallega ou Vieiros, valéralle no ano 1955 o Premio de Poesía da Asociación da Prensa de Vigo. En 1980 sae do prelo Estacións ao mar (Premio da Crítica española en 1981) e, en 1992, Tempo de ría. Como poeta, no comezo do novo século tamén publicou Poesías reunidas (1957-2001) e en 2016, Elexías a Lola. A narrativa é outro dos mundos explorados por esta autora, que 1971 publica a súa única novela, Adiós, María. Un ano despois publica o ensaio San Andrés de Lonxe, mitos e ritos, que acadou o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña. O teatro, ao que tamén estivera moi vinculada desde moza, dedicou dúas pezas Á outra banda do Iberr, publicada en 1965 e gañadora do Premio Castelao en 1966 e Un hotel de primeira sobre o río, publicada en 1968. A literatura infantil foi outra das facetas que ocupou a Xohana Torres, así, ademais de escribir dous contos infantís, Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984), traduciu, entre outros textos, O abeto valente, de Jordi Cots, O globo de papel, de Elisa Vives e Así foi, de Kipling, realizada en colaboración con Dolores Martínez, e adaptou contos universais como O traxe do emperador, O lobo de Lelo ou O demo rapatú. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro de 2001, data na que deu lectura ao preceptivo discurso de entrada que levou por título Eu tamén navegar, ao que, en nome da institución, contestou o académico Salvador García Bodaño. Aos recoñecementos e premios xa aludidos cómpre engadir o Pedrón de Ouro en 1972, o Premio da Crítica en 1982, o Premio Celanova no ano 1985, o Premio da Creación feminina en 1992, etc.

A Guarda recibirá da Deputación máis de seiscentos mil euros para a reforma e ampliación do pavillón da Sangriña

0

A Deputación confirmou, na presentación do plan de reactivación económica da provincia REACPON, a achega de 609.672,24 € para acometer a execución da reforma e ampliación do pavillón municipal da Sangriña. Un proxecto que conta cun orzamento total de 1.674.023,95 €.

REACPON, o plan de investimento público más ambicioso da historia da Deputación, mobilizará 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia e transformar o territorio, na que se financian aqueles proxectos que consigan maior puntuación segundo criterios de madurez do proxecto, contribución a unha economía descarbonizada, calidade do proxecto e consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Os proxectos deste plan deberán estar executados a finais de abril de 2023. Dado que o prazo de execución da obra é dun ano e o proxecto está listo para licitar o concello activará un procedemento de licitación anticipada para poder cumprir os prazos que marca a Deputación. 

Para acadar a puntuación suficiente para resultar elixido pola Deputación e para poder licitarse, o proxecto do pavillón da Sangriña, aprobouse nun pleno municipal cos votos favorables do Equipo de goberno e do BNG e tivo os votos en contra do PP e de Converxencia Galega. Ao producirse un empate na votación o alcalde, Antonio Lomba, tivo que facer valer o seu voto de calidade. 

Para axilizar a adxudicación o concello completará, nun primeiro momento, o financiamento con fondos propios, acudindo a remanente de tesourería e, se fora necesario, a un préstamo. A vez manterá contactos coa Xunta de Galicia para solicitar, unha vez máis, cofinanciamento para esta obra, recordándolle o compromiso de mellora do pavillón que o mesmo presidente Feijoo expresou as xogadoras e representantes  do Atlético Guardés de balonmán feminino en 2017, con motivo da recepción ao club polo campionato de liga da división de Honra.

En palabras do alcalde, “Agora é momento de aproveitar a ocasión para reformar e ampliar o pavillón e conseguir a renovación total do edificio, cunhas instalacións máis modernas e acordes coa categoría do noso equipo de balonmán feminino, que disputa na Sangriña os partidos da liga na división de Honra e de competicións europeas. Esta reforma estará rematada en abril de 2023”

Os novas instalacións entre outras actuacións contemplan, unha nova fachada, unha nova bancada no fondo, a creación dunha planta superior para a circulación de espectadores e acceso seguro ás gradas, unha zona para espectadores en cadeira de rodas, catro vestiarios xerais, un vestiario accesible, un vestiario para árbitros, dous núcleos xerais de aseos, tres aseos accesibles, un area de prensa, novas zonas de paso inferiores, almacéns etc. Ademais haberá unha importante mellora na accesibilidade e na eficiencia enerxética do edificio. Teremos un pavillón como A Guarda e o Atl Guardés se merece.

Ponteareas destina case 10.000 euros en axudas para investimentos das entidades veciñais

A Concellería de Vías, Obras e Alumeado de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, destina case 10.000 euros en axudas para subvencionar intervencións de mellora de espazos públicos das entidades veciñais.

As beneficiarias desta liña de financiamento en concorrencia competitiva son a Asociación de Veciños Piñeiro Manso de Celeiros e as comunidades de montes en man de común de Celeiros, Nogueira e Arcos. A edil destaca que con estas subvencións “axudamos ás entidades a intervir nos seus espazos para mellorar a calidade de vida local, e fomentar e dinamizar o noso asociacionismo veciñal”.

A Asociación de Veciños Piñeiro Manso de Celeiros recibirá 2.697 euros para o acondicionamento dun camiño de acceso, a CMVMC de Nogueira realizará a limpeza e o formigonado dunha presa de regadío cunha subvención de 3.000 €, a CMVMC de Celeiros recibirá 2.873 € para o arranxo dun lavadoiro e dunha fonte, mentres que a CMVMC de Arcos obterá 1.327 € para a rehabilitación e acondicionamento da poza e fonte da Rocha.

A concelleira tamén quere agradecer ás entidades “o seu labor para dinamizar e mellorar a calidade de vida local en Ponteareas”, e destaca que a concellaría sempre estará da súa man nas iniciativas que satisfagan as necesidades e aspiracións da veciñanza.

Carla Acosta representou ao grupo ‘Axentes do Cambio’ no Pleno do Parlamento dentro do programa ‘Construíndo Cidades Amigas da Infancia en Galicia’

0

Carla Acosta, alumna do IES Illa de San Simón de Redondela foi hoxe a encargada de representar ao grupo da mocidade redondelá ‘Axentes do Cambio’ no Pleno que onte se celebrou no Parlamento de Galicia e no que mozos trasladáronlle á Xunta diversas propostas e iniciativas sobre aqueles temas de interese para a mocidade.

Con anterioridade, Carla xunto a Teresa e Xiana, participaran no pasado mes de outubro e en representación da mocidade e infancia redondelá no encontro telemático onde, xunto a nenas, nenos e adolescentes de toda a Galiza, traballaron nas propostas que hoxe lle trasladaron á Xunta de Galicia.

Nese encontro previo debateuse e reflexionouse sobre a temática medioambiental e, sobre a mesma, xurdiron as propostas hoxe presentadas.

As representantes redondelás estiveron acompañadas pola concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, que expresou a súa satisfacción “polo alto grao de compromiso das mozas e mozos de Redondela, representados hoxe por Carla, Teresa e Xiana”.

O traballo da mocidade e infancia redondelá seguirá nesta mesma semana xa que o día 18 de novembro, a partir das 11 horas, terá lugar no multiúsos da Xunqueira o Pleno da Infancia e a Adolescencia de Redondela na que mozos e mozas porán sobre a mesa aqueles temas que consideran de importancia para o colectivo da infancia e a mocidade para, posteriormente, ser trasladados ao Concello de Redondela.

Digna Rivas lembrou que a intención do Goberno local, dende a súa chegada ao Concello, “foi que os Plenos da Infancia e a Adolescencia foran útiles e non un simple xesto carente de contido”. As mozas e mozos, explica a alcaldesa, “achegan tema, debaten, chegan a acordos e eses temas son posteriormente levados ao Concello para, chegado o momento, levalos á práctica contribuíndo a dar resposta ás necesidades que ten a nosa mocidade”.

Máis de 450 atletas daranse cita o domingo 21 de novembro nun VIII Trail do Trega que da un paso máis “cara a normalidade”

0

A Praza do Reló da Guarda foi o escenario elixido no día de onte para a presentación da que será VIII edición do Trail do Trega que busca ser un paso máis para “a normalidade” logo dos paróns provocados pola pandemia da COVID-19.

No acto de presentación a concelleira de Deportes e tenente de alcalde do Concello da Guarda, estivo acompañada polo deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, e o director da carreira, Serafín Martínez da empresa Noko 360, organizadora do evento.

Serafín Martínez destacaba a “consolidación desta proba, que vai pola súa oitava edición” cun aumento significativo de atletas cada ano, xa que “a día data de hoxe, e faltando un día para o peche de inscricións, superamos os 450 participantes”. Facía mención á “contorna única do Trail do Trega, un dos lugares máis visitados de Galicia.”

O director da proba, Serafín Martínez, comenta as características da mesma durante a presentación do Trail

Sobre o percorrido mencionaba que “sempre gustou aos corredores, a pesar de que non se poden facer demasiadas modificacións cada ano xa que o monte é o que é”.

O deputado de deportes provincial Gorka Gómez, na súa intervención, facía referencia aos “tres trails, que con leste, celebrábanse este ano no Baixo Miño, destacando o seu valor paisaxístico”. A aposta da Deputación polo deporte sumado á visita a lugares tan emblemáticos da provincia.

Agradecía ademais que “empresas como Noko 360, apostasen por eventos nun ano tan complicado como este, no que a organización se fai aínda máis difícil por todos os protocolos que conleva a loita contra o Covid-19”.

Pechaba o acto, Montserrat Magallanes, desculpando en primeiro lugar a ausencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba que se “atopaba precisamente na deputación tentando traer máis fondos para a Garda”.

En canto ao Trail, destacaba que se celebraba en “o buque insignia do Concello, como é o Monte Santa Trega, cos seus castros e espectaculares vistas”. Animaba á xente para acudir este domingo, xa que “se fixo un pacto para que nesta zona de Galicia, mantivésense estes espectaculares días de sol”

Lembrar que a carreira dará inicio ás 10.30 horas do domingo, 21 de novembro, desde a Alameda da Guarda para realizar un percorrido de 15 kms con 800 metros de desnivel. As inscricións para participar no Trail do Trega, pecharanse ás 23.59 horas de hoxe mércores. Os que o desexen todaviía poden anotarse en www.traildotrega.com.

Baiona abre o prazo para o programa de Conciliación Nadal 2021

0

O Concello de Baiona vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Conciliacion Nadal. As persoas interesadas poden recoller as bases no rexistro do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h , descargalas do taboleiro de anuncios virtual da da páxina web do Concello ou solicitalas por e-mail no enderezo electrónico [email protected] .

O prazo para presentar as solicitudes remata o 26 de novembro ás 14:00 h. As actividades desenvolveranse no CPI Cova Terreña, e a iniciativa vai dirixida a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 52 en horario de 8:30 h a 14:30 horas.

O PSOE de Tomiño lémbralle ao PP que se hai menos sanitarios é porque ten que contratalos é a Xunta “e non o fai”

0

O PSdeG-PSOE de Tomiño saiu onte ao paso das declaracións formuladas polo voceiro popular, Esteban González Miranda, que cualificou de “ilóxico” que se esixa a cobertura das prazas médicas vacantes e que, non obstante, “BNG e PSOE voten en contra de solicitar ao Goberno Central a convocatoria de máis prazas de médicos”.

Na súa resposta, as e os socialistas tomiñeses lémbranlle aos populares que o o proxecto de Presupuestos Generales del Estado para o ano 2022 (PGE 2022) “aumentará a taxa de reposición respecto ao aprobado na LPGE (Ley de Presupuestos Generales del Estado) no 2021, do 100 % ao 110 % como taxa xeral”; ascendendo dita taxa ao 120 % “en sectores prioritarios como SANIDADE, EDUCACIÓN E CIENCIA”.

As concelleiras Violeta de Santiago e Mirta Misa lémbranlle a González Miranda que, neste momento, a taxa de reposición –a que determina cantos traballadores que se xubilan pódense repoñer– está no 110 % no sector da Sanidade. “É decir –explican as concelleiras socialistas– por cada 10 profesionais que se xubilan, entran 11” e lémbranlle ao portavoz do PP de Tomiño que co Goberno de Rajoy “estivo varios anos no 10 %.  110 % contra 10 %”.

Ao entender ese motivo é máis que suficiente para votar en contra da moción dos populares “por demagóxica e incerta”. A cuestión, para o PSOE de Tomiño é, “si se fixera todo o que a devandita moción di, comprométese o PP a contratar a profesionais de mediciña, enfermería, auxiliares e todo o que fai falta?”. E lémbranlle que “cada vez hai menos sanitarios porque quen ten que contratalos, que é a Xunta de Galicia, non o fai”.

Por se fora pouco, engaden, “rebaixa o orzamento para a Atención Primaria en pleno colapso do servizo, pasando de 1.391 millóns de euros no 2021 a 1.389 millóns  para o 2022”.

Por último as socialistas pídenlle ao PP de Tomiño “que non insulte” aos veciños e veciñas. A veciñanza de Tomiño “é  madura, está informada e é quen de non deixarse utilizar por ninguén” afirman.

A voceira socialista, Violeta de Santiago, suxire tamén ao voceiro popular “que non erre o tiro, que faga oposición ao goberno nacionalista, pois seguro que é o que os seus votantes demandan, e non ao grupo minoritario da Corporación Municipal”.

Gondomar aposta pola sensibilización e denuncia da violencia machista en todas as súas expresións no programa do 25N

0

O Goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade dirixida por Nuria Lameiro, programou diversas actividades para que a sensibilización e a denuncia da violencia machista “en todas as súas expresións” sexan o eixo ao redor do que xire o programa do 25N.

O acto central terá lugar na Praza Paradela onde se lerá o manifesto oficial deste ano e convidarase á poboación para sumarse á concentración de denuncia ante a violencia que acabou coa vida de 37 mulleres no que levamos de ano.

“Poñeremos en marcha actividades e iniciativas que busquen a transversalidade tan necesaria á hora de combater a violencia machista, á hora de implicar a toda a sociedade nesa loita”, explica o alcalde, Paco Ferreira, quen asegura que o “programa vai moito máis alá dunha data e un manifesto, plásmase con políticas concretas e cursos e obradoiros cos mozos e mozas, que como futuro, son fundamentais”.

Cuestións que se abordarán, así como o balance das actividades do departamento de Igualdade do concello, na asemblea do Consello Municipal da Muller convocada o próximo 18 de novembro, que se completará coa Mesa local da Violencia de Xénero o próximo 15 de decembro.

Accións dirixidas á mocidade

Un ano máis na semana do 25 N, o alumnado dos institutos serán protagonistas no programa de Igualdade. Nesta ocasión asistirán á representación de “Des-Alento”, creada e interpretada por Mónica Sueiro. Trátase dunha acción escénica que aborda os malos tratos psicolóxicos, que transcorre entre o metafórico e simbólico para finalizar compartindo co público unha vivencia de violencia do pasado.

Dende o departamento de Igualdade son conscientes da importancia de traballar coas novas xeracións e as diferentes mensaxes que reciben continuamente e que baseanse, en moitas ocasións, en ideas que sustentan comportamentos que promoven a desigualdade, como ocorre coa música.

“Letras de contido machista e denigrante para as mulleres e que deixan un pouso que vai perpetuando ideas que debemos desterrar da nosa sociedade”, explica a concelleira Nuria Lameiro, que anuncia unha serie de encontros con clubes deportivos – inicialmente- para ofrecerlles charlas sobre igualdade ao persoal directivo e, propoñer a desaparición ese tipo de música na megafonía dos encontros.

O Rosal organiza este venres un obradoiro de decoración de Nadal con materiais reciclados

0

O Concello do Rosal organiza este venres ás 17.00 horas un obradoiro de decoración de Nadal con materiais reciclados no Espazo Autoarranxo, a carón do CPI Manuel Suárez Marquier. A actividade é de balde e as persoas interesadas deben inscribirse a través da web do Concello.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a un obradoiro que “nos ensina a facer bonitos moitos materiais que xa non utilizamos na casa”, e que fai que O Rosal, “pasiño a pasiño”, continúe no seu camiño para converterse “nun concello máis sostible”.

O Concello tamén solicita que as persoas inscritas leven material para realizar o obradoiro. Poden ser cortizas, retais de tela (feltro, vaquero, de calquera prenda de la, con motivos de Nadal, etc), botóns de diferentes tamaños, noces, dúas ducias de pinzas de madeira (poden ser das que están moi vellas), algún abelorio, un pau de 30 cm aproximadamente e un tubo de papel hixiénico.

Tomiño, un concello comprometido coa compostaxe

0

Tomiño segue apostando decididamente pola compostaxe para converterse nun municipio máis sostible. O Concello, a través do Revitaliza da Deputación, impulsou diversas accións relacionadas coa xestión descentralizada dos biorresiduos entre a veciñanza e os edificios municipais, o que pon de manifesto o seu compromiso pola compostaxe local como alternativa ao actual sistema centralizado de xestión dos residuos. O que constitúe ademáis unha das unha das actuacións máis importantes na aposta do Concello pola economía circular e a sostibilidade.

Neste senso, intenta facilitar a toda veciñanza a compostaxe, aportando composteiros individuais para cada vivenda con terreno ou caldeiros para cada vivenda en pisos. A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, explica que durante o último ano “repartimos 2.000 composteiros individuais e instaláronse 16 centros comunitarios para dar servizo aos núcleos urbanos das parroquias de Tomiño e de Goián”, e “para os próximos meses estase planificando novas visitas por parte dos técnicos polas parroquias, por unha parte de reparto doutros 1.000 composteiros e por outra, de seguimento e asesoramento ós veciños e veciñas que xa compostan”.

Por outra banda, para a xestión de restos de poda, Tomiño ofrece á veciñanza un servizo de préstamo de biotrituradoras ou a opción de depositar estes restos nosdez puntos verdes distribuídos polas parroquias. Ademais, para reforzar a calidade e eficacia deste servizo, o Concello adquiriu un camión con guindastre cunha carga útil de máis de 6.500 kg. A concelleira explica que en Tomiño “queremos ir da man dos veciños e veciñas e facer da compostaxe un deber común”, e, por iso, “en vez de mercar trituradoras grandes, que terían que ser manexadas por persoal municipal, apostamos pola compra dunhas máis pequenas, tanto eléctricas coma de gasolina, e que estean a disposición da veciñanza cando o desexen”.

A Concellaría tamén conta con dous mestres composteiros para reforzar o servizo e darlle un pulo definitivo a implantación da compostaxe en Tomiño. Entre as súas funcións están o control e xestión dos centros de compostaxe comunitaria; as  tarefas de asesoramento e resolución de dúbidas, tanto do proceso de compostaxe como destes servizos asociados; o estudo de inclusión de pequenos produtores singulares (centros de día, cafeterías, restaurantes, etc.) na autocompostaxe e tamén o estudo da evolución deste cambio na xestión do lixo, cara un modelo local e descentralizado.

Unha páxina web para poder converterse nun bo compostador

Todas as iniciativas do Concello están destinadas a facilitar que a persoa que o desexe poida converterse nun bo compostador xestionando os seus biorresiuos de maneira sinxela, tanto a nivel individual como comunitario, e así obter un producto de calidade para utilizar na súa propia horta ou xardín. Co gallo de que a información esté sempre ó alcance de todos e todas, creouse unha páxina web (https://revitaliza.tomino.gal/) onde se recollen todos os servizos aos que poden acceder os veciños e veciñas, un formulario de contacto directo co persoal de Medio Ambiente e toda a información precisa para recordar que “unirse a compostaxe é algo doado, cómodo e tamén rendible ecolóxica e economicamente”, conclúe a concelleira.

O sábado preséntase en Ponteareas o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” de Roberto Mera

A sala multiúsos do Auditorio de Ponteareas acollerá, este vindeiro sábado a partir das 20:30 horas, a presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera e publicado pola editorial Belagua.

No seu libro, Roberto Mera narra as vivencias do seu tío-bisavó na Guerra Civil, dende o labor humanitario que desenvolveu en Francia cos refuxiados e a organización da súa evacuación en barcos a América, as súas vicisitudes para eludir á Gestapo e á Falange trala ocupación nazi e a súa odisea de once meses polo continente africano para chegar a México.

No acto de presentación participarán amais do autor, Roberto Mera, o concelleiro de Cultura do Concello de Pontearas, Fernando Groba; a avogada e escritora Isabel Blanco e a editora Edurne Baines.

O PSdeG de Salceda presenta, un ano máis, emendas aos Orzamentos da Xunta

As e os Socialistas de Salceda de Caselas realizan, un ano máis, emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia, ao considerar que Salceda “continúa sendo un concello esquecido nas contas autonómicas”. Reivindicacións xa históricas do PSdeG-PSOE de Salceda seguen sen ser atendidas, “a pesares da reiteración e de que incluso algunhas delas conten co apoio plenario de toda a Corporación”, asegura a súa secretaria de Organización e alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón.

Para o PSOE local, seguen sen apoiarse temas de extraordinaria importancia “como atención á infancia e axuda a conciliación das familias traballadoras”. A pesares de que o concello conta cunha das taxas de natalidade máis alta de toda Galicia “só contamos con unha ‘Galiña Azul’, insuficiente para as necesidades do noso concello” explican as e os socialistas que, ao mesmo tempo, lamentan que o ensino “quede fora destes orzamentos ao omitir un ano máis solucións a saturación das súas instalacións, sen abordar nin sequera o estudo dun novo colexio de primaria, un patio cuberto no CEP Altamira ou un novo comedor escolar”.

Outros asuntos relacionados co ensino e que, a este paso, camiñan cara a converterse en reclamacións históricas como a ampliación do IES Pedras Rubias “non conta con partida específica, esperando que a ampliación tan ansiada sexa cuberta por unha partida xenérica”. “Vellas reivindicacións dos socialistas de Salceda ás que a Xunta de Galicia non da resposta”, afirman, polo que a executiva local do PSdeG-PSOE o considera “unha falta de oportunidades para a nosa infancia e a xuventude”

Servizos esenciais coma un centro de día ou o saneamento –aínda inexistente en parroquias como Entenza e Soutelo–, “seguen sen estar contemplados nestes orzamentos, despois de que fai varios anos a Xunta deixase de executar fondos europeos que permitirían avanzar na rede de saneamento nestas parroquias”. A executiva socialista insiste en que “a Xunta deixa de lado un ano máis servizos esenciais para Salceda”

No referente ás infraestruturas continúan sen atenderse peticións “que se veñen realizando nos últimos anos como a rotonda da Lagoela, a urbanización da zona de Tabernanova en Soutelo e incluso a iluminación da estrada autonómica PO 510”. E así ata un total de doce alegacións presentadas a través do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.

“Nun momento como o que estamos a vivir a Xunta debía ser un exemplo de apoio aos concellos realizando os investimentos necesarios que ademais reactivarían a economía, un pulo necesario para saír da situación económica que provocou a pandemia da Covid 19, do mesmo xeito que están a facer outras administracións”, afirma a executiva local do PSdeG-PSOE.

Programación de actividades do Concello da Guarda con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero 2021 (25N)

0

O Concello da Guarda súmase ao Día Internacional contra a violencia de xénero cunha programación de actividades que arrancan o 25 de novembro e que inclúe accións cos centro educativos da vila, espectáculos musicais, contacontos, charlas, teatro, entre outras.

O xoves , 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Actividade financiada polo Pacto de Estado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

O sábado, 27 de novembro o Centro Cultural acolle varias actividades a cargo de Cris de Caldas:

  • Ás 17:00h  contos en familia “A Igualdade como fío condutor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para crianzas de 1 a 5 anos. Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.
  • Ás 18:30h arranca “Contos en lila”,dirixido a público familiar con contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  • Ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto, onde se fará un percorrido pola vida de mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas e saltar moitos dos obstáculos impostos.

Actividades financiadas polo Pacto de Estado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

A inscrición para acudir a estes espectáculos pode facerse a través da plataforma www.eventbrite.es ou por vía telefónica no 986614648 ou presencialmente no Centro Cultural da Guarda en horario de 17:00 a 20:00h.

Esta programación complétase coas seguintes accións :

  • Colocación da Pancarta no Concello por parte da Corporación Municipal como símbolo de repulsa ante calquera manifestación da Violencia de Xénero.
  • Impartición de charlas de prevención da Violencia de Xénero, dirixida aos escolares da Guarda e do Rosal por parte da Directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda.
  • Entrega de exemplares do Cómic “ Amelia. Historia dunha loita” para a biblioteca dos centros de secundaria do Concello da Guarda.
  • Colocación dun valado co deseño realizado polo alumnado de Plástica do IES A Sangriña como medida de concienciación entre a poboación máis nova.
  • Representación  do espectáculo teatral pedagóxico Golpes,con Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencia de xénero e tenta concienciar á mocidade na súa prevención, dirixido ao alumnado de 4º da ESO dos centros educativos da Guarda. Actividade financiada polo Pacto de Estado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Colaboración co IES  a Sangriña na impartición  dun obradoiro de novas masculinidades que se levará a cabo durante este curso escolar dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Comezan as obras de reforma das casas dos mestres en Nigrán

0

O Concello de Nigrán iniciou a semana pasada as obras para transformar as antigas casas dos mestres de Vilameán ao carón da Casa Consistorial nun local social a disposición da terceira idade. Os traballos, cun orzamento de 110.064 € incluído no Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, estarán rematados a inicios de ano. Ata agora este espazo era empregado como almacén de alimentos dos Servizos Sociais, trasladándose esta función a antiga casa do conserxe do CEIP Humberto Juanes grazas ás facilidades dadas pola dirección do centro.

O goberno local tomou a decisión de cambiar o seu uso despois de que un nutrido grupo de mulleres trasladase o ano pasado ao alcalde, Juan González, a súa demanda de máis servizos destinados aos maiores no propio centro urbano. Tras manter diversos encontros co rexedor e co arquitecto redactor o proxecto contempla as súas principais peticións: dispor dun lugar adaptado e confortable destinado á convivencia e onde, ao mesmo tempo, poidan manter reunións, consultar a prensa ou internet e realizar actividades. Paralelamente, esta mellora significa continuar avanzando cara a humanización completa de toda a contorna da Casa Consistorial, onde anteriormente o goberno local creou un itinerario peonil seguro pensando especialmente nos alumnos do CEIP Humberto Juanes. “Queremos que todo o centro de Nigrán sexa un lugar de encontro da veciñanza e camiñamos neste sentido, neste núcleo dispomos da Praza do Concello como lugar de convivencia e agora sumaremos este local que, ademais, está ao carón dun centro educativo, sendo dous usos que nos gusta especialmente que convivan preto un doutro”, sinala González, quen incide en que estará “autoxestionado polos propios usuarios”.

O volume orixinal do edificio non se modificará, tan só se mellorarán os acabados renovando a cuberta e limpando as fachadas, polo que a súa relación coa contorna non variará. O obxectivo paralelo desta reforma é por en valor a pranta orixinal, moi desvirtuada por sucesivas reformas e que volverá a responder á tipoloxía de ‘Casas dos mestres’ dispersas por toda a comarca do Val Miñor. Isto último implica demoler a totalidade da tabiquería interior para crear espazos diáfanos (o esquema que sempre se repite nestas construcións é un único volume de pranta baixa con aulario adosado á vivenda e, usualmente e como é o caso, articulado por un patio de acceso). A nova tabiquería contará con acabados en madeira, carpinterías e mobiliario facilmente desmontable.

A parte norte do edificio disporá de aseos adaptados e unha sala de reunións, mantendo os ocos na fachada para conservar esa iluminación natural. A parte sur servirá para un uso máis polivalente, cun espazo visualmente aberto que terá mesas, zona de consulta de prensa ou internet e/ou de descanso informal con sofás. O proxecto contempla recuperar o patio interior cuberto como zona de acceso e comunicación entre ambos lados e, ademais, porá en valor a estrutura de vigas de formigón orixinal limpando os seus revestimentos para deixalas á vista no interior (o resto dos acabados serán en branco agás os servizos, que se revestirán con panelados en madeira de roble).

“As persoas maiores de Nigrán reclamaban un espazo no centro onde poder socializar e autoxestionarse e, tanto eles coma o goberno de Nigrán, consideramos este sitio como o máis axeitado: é céntrico, permite usos polivalentes e cumpre con todos os requerimentos que nos fixeron. Estamos moi orgullosos de seguir con este proxecto cara a humanización completa da contorna da Casa do Concello”, finaliza o alcalde.

A web do Concello de Oia incorpora un apartado específico sobre o parque eólico Albariño I

0

A páxina web do Concello de Oia vén de incorporar un apartado específico con información sobre o proxecto de parque eólico Albariño I. Esta sección inclúe información sobre o proxecto eólico, a relación de bens afectados e modelos descargables de alegacións.

O Concello de Oia alegará en contra deste proxecto de parque eólico, que prevé afección en varios puntos do municipio. Así mesmo, pon a disposición da veciñanza a información sobre o expediente e modelos descargables para todas as persoas que tamén desexen alegar. O prazo de presentación de alegacións remata o próximo día 18.

Pódese acceder ao apartado na seguinte ligazón: https://www.concellodeoia.es/albarino-i/.

Así mesmo, o Concello de Oia irá informando sobre outros proxectos eólicos que teñan afección no municipio.

Parque Albariño I

O parque eólico Albariño I afecta a tres municipios: Oia, Baiona e Tomiño. Este parque prevé 6 aeroxeradores: 2 en Baiona, 2 en Mougás e 2 no límite entre Burgueira e Tomiño.

Os aeroxeradores teñen unha altura de buxa a 125 m e 149,1 m de diámetro de rotor (cada pa 75 m. aprox.), 2 torres de medición en Torroña, 2 liñas soterradas de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, unha subestación transformadora en Barrantes, que se conectará cunha nova liña aérea á liña xa existente Gondomar-O Rosal, e un edificio de control situado fronte á subestación Barrantes, de 600 metros cadrados.

Mos renova en Pleno a adhesión ao transporte metropolitano de Galicia e a inclusión do bus urbano en dito plan

0

O Concello de Mos aprobou en Pleno a renovación do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Vigo. Así como o convenio a tres bandas entre Concello, Xunta e empresa concesionaria do transporte urbano municipal, para a compensación tarifaria e as súas obrigas asociadas na área de transporte metropolitano.

A renovación do convenio coa Xunta para o servizo do transporte metropolitano aprobouse por maioría cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e PSOE e as abstencións de GañaMos, BNG e os concelleiros non adscritos Román González Garrido e Verónica Costas Campo. O segundo punto da orde do día, relativo ao transporte urbano municipal, foi tamén aprobado por maioría cos votos a favor de todos os corporativos municipais, agás a abstención de GañaMos.

Respecto do servizo de transporte en Mos a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mobilidade mosense, Julia Loureiro, destacaron que “o Concello de Mos, xunto con Moaña que dispón dun barco que cruza a ría, e a gran urbe, que é Vigo, é a única localidade da área que dispón de servizo de transporte urbano municipal; integrado ademáis no transporte metropolitano de Galicia”.

A adhesión ao convenio do transporte metropolitano de Galicia supón a Mos unha aportación económica anual do 15%, ao igual que ao resto de concellos adheridos, mentres que a Xunta de Galicia asume o 85% restante. Este gasto municipal tradúcese exactamente nunha contía total de 6.636 euros ao ano.

Por outra banda, o Concello de Mos leva investido durante os últimos 4 anos (desde o ano 2017 que entrou en funcionamento) 11.000 euros en subvencionar o transporte público a 630 mozos e mozas. Tan só neste último ano 2021, 110 mozos mosenses fixeron a denominada Tarxeta Xente Nova coa que poden xiaxar gratuitamente tanto no bus urbano de Mos como no metropolitano da Xunta, puidendo desprazarse libremente e de balde por toda Galicia nas 3.300 liñas de autobús autonómicas. Pola súa banda, para un adulto maior de 21 anos o importe é de 0,88 €, sen ter que aboar un novo billete se fai trasvase do transporte metropolitano ao municipal de Mos, e viceversa.

En abril de 2017 Mos integrou o seu transporte urbano no transporte metropolitano de Galicia para que os mosenses puideran beneficiarse das bonificacións nos traxectos en transporte público. As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, destacaron a este respecto que “o Concello de Mos foi o primeiro de Galicia no que funcionou a Tarxeta Xente Nova nos seus buses urbanos, facilitando os desprazamentos gratuítos aos menores de 21 anos”. Estes convenios permiten que a veciñanza teña trasbordos urbanos e interurbanos gratuítos (pagando un único billete de 0.88 €) agás para viaxar a Vigo, que non está adherido ao convenio coa Xunta.

Transporte Metropolitano de Galicia

Desde abril de 2015, data na que entrou en funcionamento o transporte metropolitano, realizáronse preto de 17 millóns de viaxes bonificadas e o uso do transporte público incrementouse en máis do 21%. A tarxeta de transporte metropolitano de Galicia permite aforros de ata 600 euros anuais por usuario.

O plan de transporte metropolitano de Galicia inclúe cinco áreas metropolitanas: a de Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo. En todos os casos a urbe de referencia forma parte do plan e está adherida ao convenio, permitindo o pago dun billete único con gratuidade dos trasbordos, agás no caso de Vigo, pola negativa da cidade olívica. Por exemplo, se un veciño de Louredo colle o bus urbano de Mos aboará 0,88 € ao subirse, pero ao chegar a Peinador para coller o Vitrasa terá que volver a pagar 1,35 €, e o viaxe sairalle por un importe total de 2,23 €, case o triple do que lle custaría se Vigo formase parte do plan de transporte metropolitano de Galicia.

O PP de Tomiño cualifica de inaceptable que a alcaldesa minta en sesión plenaria sobre o consultorio de Goián

0

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, cualificou de “inaceptable” que a alcaldesa, Sandra González, mentira no pleno do 19 de outubro, cando se debatía a moción presentada polo Partido Popular para instar ao goberno municipal a buscar unha nova ubicación ao consultorio de Goián.

Na devandita sesión plenarnia, o BNG argumentaba que non consideraba necesario o cambio de ubicación, sobre todo porque non tiña coñecemento de ningún informe negativo por parte do Sergas que o avalase e que agardaban a comunicación da unidade técnica que visitou o consultorio actual dias antes do pleno. “Días despois enterámonos de que a señora alcaldesa, Sandra González, era coñecedora do informe desfavorable da unidade técnica na mesma mañá do martes 19, mentindo a toda corporación na sesión plenaria”, informou o voceiro.

Esteban González, tilda de inaceptable que ocultasen tal información co único fin de non votar a favor da moción presentada polo PP de Tomiño e que si apoiou o PSOE tomiñés, e así evitar cambiar de ubicación o consultorio de Goián. “Con esta actitude demostran que o BNG está encantado de que non se reabra o consultorio para así seguir utilizando a sanidade con demagoxia e seguir enganando aos veciños coa única finalidade de atacar a Xunta de Galicia”, explicou o voceiro dos populares.

Na mesma sesión plenaria o PP presentou outra moción para instar ao Goberno de España a facilitar a cobertura do persoal médico na atención primaria e eliminar a taxa de reposición. Esteban González lembra que os mesmos PSOE e BNG que pedían hai anos a supresión dos límites as taxas de reposición son os que as seguen mantendo. “O responsable de que non se permita unha convocatoria de prazas MIR para incorporar máis profesionais ao noso sistema sanitario e cubrir as prazas necesarias é o Goberno de España”, salientou o edil, lembrando que a Xunta convocou todas a prazas de persoal sanitario que lle permite o Goberno.

O voceiro popular cualifica de “ilóxico” que se esixa a cobertura das prazas vacantes e que BNG e PSOE voten en contra de solicitar ao Goberno Central a convocatoria de máis prazas de médicos. “Esta é a defensa de BNG e PSOE, utilizando a sanidade co único fin de atacar a Xunta de Galicia utilizando aos veciños”, concluíu González Miranda.

O Goberno local redondelán confía en aprobar inicialmente o PXOM nos primeiros meses do 2022

0

A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Redondela camiña cara a súa aprobación inicial algo que, segundo os cálculos do Goberno local, podería producirse nos primeiros meses do vindeiro 2022.

Con ese fin, o pasado luns, técnicos da empresa encargada da redacción do documento, mantiveron unha xuntanza de traballo en Redondela co Goberno local e grupos da Corporación Municipal. Era esta unha das últimas reunións programadas no calendario de traballo que comezaba o pasado mes de maio e que tiñan por obxectivo informar, mes a mes, dos avances na elaboración do documento.

As reunións celebradas daban resposta a intención do Goberno local redondelán de que o proceso de elaboración do que é, sen dúbida, o documento máis importante para Redondela, “fora aberto, transparente e no que todos os grupos da corporación dispuxeran, en todo momento, de toda a información”, explica a concelleira de Urbanismo, María Castro.

A concelleira lembra que é un documento “fundamentalmente técnico” pero para o que é precisa “a colaboración e implicación de todos os grupos políticos así como do conxunto da cidadanía”.

En todo caso a responsable de Urbanismo lembra que o proceso de exposición pública ao que será sometido o documento “debe entenderse como un proceso de perfeccionamento do propio documento a través das achegas das veciñas e veciños así como dos distintos organismos e administracións con competencias na materia”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que “este es el documento más importante para unha administración local e, como tal, debe contar co maior consenso posible e sería importantísimo que obtivera, de cara a súa aprobación inicial, unha clara e ampla maioría”.

Unha vez superada a aprobación inicial, o Concello deberá someter o Plan Xeral á información pública durante un período de dous meses e remitilo, posteriormente, á Dirección Xeral de Urbanismo para continuar co procedemento regrado.

Maica Larriba recalca o compromiso do Goberno cos proxectos viarios de Ponteareas

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recordou hoxe o compromiso firme do Goberno cos proxectos viarios de impulso estatal no Concello de Ponteareas. Nesta liña subliñou que tanto a mellora da seguridade viaria na N-120 como o proxecto da variante entre esta estrada e a A-52 “seguen dando pasos na súa tramitación administrativa e viviron máis avances nos últimos tres anos que en etapas completas de gobernos anteriores”.

Así, en canto ao proxecto de reforma e mellora da seguridade viaria da N-120, Maica Larriba lembrou que se trata dunha ambiciosa actuación presentada ante a veciñanza antes incluso de ser proxectada en outubro de 2020. “Actualmente”, sinalou a subdelegada, “o proxecto está a seguir os correspondentes trámites de supervisión por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), previo á súa exposición pública que, segundo nos traslada o propio Ministerio, se producirá no período de tempo máis breve posible”.

Con respecto ao novo viario de conexión entre a A-52 e a N-120, a subdelegada do Goberno recordou que o MITMA xa ten presentado o denominado documento de alcance, que contempla varias propostas de actuación co obxectivo de que as diferentes administracións implicadas ofrezan as súas respostas ás consultas realizadas para valorar o grado de avaliación ambiental que deberá seguir a execución desta infraestrutura.

Maica Larriba incidiu en que de todos estes avances se foron trasladando de maneira detallada ao Concello de Ponteareas no marco dun modelo de relación constante entre administracións. A subdelegada insistiu en que o compromiso do Goberno con estas demandas históricas de Ponteareas “é total e queda plasmado nos progresos reais conseguidos en menos de tres anos tras moitos tempo de espera”. “Actualmente”, engadiu, “xa temos enriba da mesa un proxecto de mellora para a N-120 e un documento de alcance para a construción da nova variante moi necesaria para desconxestionar o  intenso tráfico que hai entre Ponteareas e a área metropolitana de Vigo”.

Maica Larriba recalcou que desde a Subdelegación do Goberno en Pontevedra se continúa traballando en ámbolos proxectos de maneira coordinada co MITMA e que toda a documentación existente se foi trasladando debidamente ao Concello. Así mesmo, recordou que o contacto coa alcaldesa de Ponteareas “é constante e fluído” e que toda a información dispoñible sobre as infraestruturas “tamén foi posta no seu coñecemento de maneira directa, tanto por escrito como telefonicamente, porque entendemos que o Concello debe ser o máximo interlocutor entre a veciñanza e as demais administracións”.

Por último, Maica Larriba incidiu en que a Subdelegación do Goberno en Pontevedra “permanece a enteira disposición do Concello e da veciñanza de Ponteareas para escoitar as súas e demandas, para favorecer a coordinación entre administracións e para dar traslado de todos os avances que se vaian producindo sobre estas dúas reclamacións históricas relativas a infraestruturas viarias”.

Redondela aproba en Pleno Extraordinario o convenio de adhesión para o Transporte Metropolitano da Área de Vigo

0

O Pleno extraordiario da Corporación Municipal de Redondela aprobou onte –cos votos a favor do PsdeG-PSOE, PP e BNG– e o voto en contra de AER, o convenio de adhesión do municipio ao Transporte Metropolitano da Área de Vigo, o que permitirá abaratar o prezo do transporte público para a veciñanza.

O Goberno local subliñou que a aprobación “non se fai ao límite do prazo estipulado, como a algúns interésalles facer crer, xa que o convenio foi remitido pola Xunta de Galicia o 30 de setembro e precisa dunha tramitación que leva marcados os seus tempos”. De feito, lembra a alcaldesa Digna Rivas, a aprobación deste convenio “se está a facer máis ou menos no mesmo tempo que os demais concellos”.

A alcaldesa de Redondela subliñou que o apio do Goberno de Redondela ao convenio “por unha simple cuestión de reponsabilidade e non porque que consideremos que esta sea a solución idónea” xa que, Digna Rivas lémbralle á administración autonómica, que o transporte “é unha competencia da propia Xunta de Galicia e, porén, os concellos temos que financiar o 20 % do seu custe”.

En todo caso o Goberno local reafirmouse na súa política de “apoiar aquelas actuacións que poidan beneficiar á veciñanza, neste caso á súa mobilidade” e salientaron o feito de que o convenio asinado facilita non só a simplificación de prezos e “despenalización dos transbordos, senón tamén a integración entre o transporte interurbano e urbano que beneficia ao conxunto da cidadanía de Redondela”.

Digna Rivas mantén, non obstante, que a xunta debe estudar “de xeito urxente” o proxecto do tren de cercanías que contribuiría a que a veciñanza de Redondela contase cun medio alternativo de transporte o que permitiría unha maior facilidade de desprazamentos “ata o de agora cinguidos, exclusivamente, ao transporte por estrada”.

Cómpre lembrar que en marzo de 2015, formalizouse un convenio inicial coa mesma finalidade, o transporte metropolitano na área de Vigo, ao que se adheriu o Concello de Redondela mediante acordo adoitado polo Pleno municipal en sesión extraordinaria celebrada o 27 de xaneiro de 2015. O convenio tiña unha vixencia ata 31 de decembro de 2019, prorrogado mediante acordo da Comisión de Seguimento ata o 31 de outubro de 2021.

Ponteareas amplía o estacionamento limitado gratuíto á Avenida de Galicia, Rosalía de Castro e un tramo da rúa Carballos

O Concello de Ponteareas, dentro das medidas adoptada para o mellor reparto do espazo público para estacionar en Ponteareas, ofrecendo alternativas para as persoas que precisan desprazarse até o centro da vila en coche, ampliará a coñecida como Zona Azul gratuíta –atendendo á demanda do sector comercial e consumidores– á Avenida de Galicia, Avenida Rosalía de Castro e primeiro tramo da rúa Carballos. Ao longo desta semana dotarase a estas rúas de sinalización vertical e horizontal e parquímetros. A medida entrará en funcionamento o vindeiro 29 de novembro.

A implantación da zona azul permitirá multiplicar por cinco o número de prazas dispoñíbeis nestas rúas e avenidas, que pasarán de 120 a converterse cada día en 600 prazas ou máis, dependendo do tempo de ocupación, “permitindo repartir o espazo entre máis persoas que o precisan”.

Segundo os estudos do Concello, actualmente o 80 % das prazas dispoñíbeis son ocupadas de forma permanente ou durante moitas horas polos mesmos vehículos, “impedindo que outras persoas que o precisan poidan aparcar para facer xestións, compras ou actividades de menor duración”.

“O estacionamento é necesario para facilitar a actividade económica e a vida diaria das persoas que só poden acudir á nosa vila en vehículo de motor, por iso é tan importante habilitar medidas que permitan un reparto racional e equitativo do espazo existente”, salienta o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.

Deste xeito, a partir do 29 de novembro a Avenida de Galicia, Rosalía de Castro e a rúa Carballos contarán con estacionamento limitado gratuíto os días laborábeis de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 horas e os sábados de 09.00 h a 14.00 horas. Neses horarios un mesmo vehículo poderá ocupar a mesma praza de aparcamento un máximo de dúas horas en cada quenda, de mañá e de tarde.

Ao mesmo tempo, aquelas persoas que precisen un tempo de estacionamento máis prolongado poderán deixar os seus vehículos nos aparcadoiros sen limitación horaria máis próximos, todos eles a menos de 3 minutos andando: Granitos de Galicia, con 133 prazas; Santa Ana, con 100; Pedra Pequena, con 69 prazas; Sarmiento Rivera con 180 prazas; Rosalía de Castro con 128 prazas e Alexandre Bóveda con 32 prazas, así como no resto de rúas próximas sen zona azul.

O PP de Nigrán reclama desenvolver plan integrado de mobilidade sostible para o municipio

0

O PP de Nigrán presentará no próximo pleno unha moción para que o Goberno municipal desenvolva un plan de transporte integral para o Concello de Nigrán, acordado coa veciñanza.

Os populares lembran que recentemente o Goberno municipal consignou 320.000 € para a adquisición dun mini-bus eléctrico para prestar un servizo de mobilidade no Concello, argumentando que é mais rendible que realizar un convenio con algunha empresa de transporte de viaxeiros. Segundo o portavoz do PP de Nigrán, Carlos Abal, despois dunha análise económica a 10 anos vista, “tendo en conta os custos de mantemento, consumo eléctrico, seguros, baterías, e persoal asignado o resultado é un custo medio anual de aproximadamente 91.000 €”.

O PP de Nigrán considera que o máis adecuado é realizar “un estudo de todas as opcións posibles” facendo participes diso aos colectivos veciñais e sociais implicados, así como os técnicos municipais, expertos na materia e representantes políticos, “co obxectivo de atopar a mellor solución posible para conseguir un modelo de mobilidade sostible”.

Logo de “analizar alternativas e revisando a experiencia doutros concellos”, os populares consideran que unha opción posible sería, por unha banda, combinar un servizo de autobús orientado a cubrir os horarios de escolares de secundaria e de entrada e saída do traballo dentro do municipio, servizo como o que está a funcionar nestes momentos nalgún Concello de características similares en canto a tamaño e dispersión que Nigrán e por outra un servizo de taxi compartido de luns a venres , subvencionado parcialmente polo Concello, a un custo de 2 € por parte do usuario e cun limite de 2 viaxes ao día. “Estes servizos poderían ser gratuítos para familias vulnerables, este servizo está a funcionar en Concellos de todo tamaño en España, con resultados moi positivos”, afirma o PP.

A maiores a iniciativa animaría aos taxistas “a substituír os vehículos actuais por híbridos ou eléctricos subvencionando a súa compra, co que se reducirá a pegada de carbono”. Esta opción “tería, como máximo, un custo anual de 56.000€, cantidade perfectamente asumible polo orzamento municipal”, afirma o PP polo que esperan que o Goberno local “considere a nosa proposta e se poida levar adiante coa colaboración cidadá”.

Os alcaldes das Neves e Arbo reiteran a súa firme oposición ao paso da liña de alta tensión polos seus concellos

Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantiveron o pasado mércores unha reunión en liña co director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental –dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico–, Ismael Aznar Cano, para tratar, de novo, o proxecto da Liña de Alta Tensión ( LAT 400 K) que afecta aos dous concellos.

Ismael Aznar Cano transmitiu aos dous alcaldes que “aínda non hai resolución” sobre o trazado final da liña Fontefría-Fronteira Portuguesa, para a cal existen dúas alternativas que afectarían, ben ás parroquias de Sela e Barcela, en Arbo, ou á de Vide nas Neves.

En calquera das dúas opcións, a liña pasaría próxima a algunhas casas e a espazos protexidos, polo que se están avaliando afeccións sobre saúde e medio ambiente, ademais os impactos sobre a viticultura e o efecto na paisaxe da zona.

A decisión, antes de finais de ano

O director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental adiantou que “prevían que puidese producirse unha resolución antes de finais deste ano”, unha vez que finalice a avaliación de impacto ambiental, e comprometeuse a manter, logo, unha nova reunión cos dous concellos para explicarlles as razóns da mesma. Mentres quedou sobre a mesa analizar as características técnicas que poidan mellorar a seguridade do tendido, en especial nos tramos que pasen preto das vivendas.

Oposición frontal dos dous concellos

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez, reiteraron a oposición de Arbo e As Neves aos dous posibles trazados, e insistiron nas alegacións presentadas, así como na demanda, repetida nos últimos anos, dos veciños e veciñas das dúas vilas. Así mesmo, lamentaron que, neste momento “non haxa outras alternativas a estes dous proxectos e mostraron a súa preocupación polo feito de que o Goberno español non se manifestou en relación coa decisión, reiterada hai poucas semanas, polo Goberno de Portugal de manter o trazado da alta Tensión por Sela”.

Os atletas seniores do projeto ‘In common sports’ recibidos polo presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira

Decorridos quase quatro anos de  trabalho do projeto IN COMMON SPORTS sob a liderança do município de Vila Nova de Cerveira, e no âmbito da 9ª reunião internacional, foram divulgados os resultados do estudo Os fatores motivacionais para a prática contínua de exercício físico na população idosa e o impacto das “Olimpíadas Intergeracionais“ na aptidão física e mental dos idosos” que sintetizam os objetivos do projeto e as metas atingidas pelas seis entidades envolvidas dos cinco países participantes: Portugal, Espanha, Itália, Hungria e Bulgária.

A reunião internacional, que decorreu nos dias 09 e 10 de novembro, acolheu os parceiros que integram o consórcio e a representante da entidade eslovena que incorpora o novo projeto IN COMMON SPORT + 2021-2023. No dia 09 de novembro, foi dinamizado o evento Multiplier Sport Event” na Escola Superior de Desporto e Lazer em Melgaço, para a disseminação dos resultados do estudo que contou com a presença dos alunos da Escola Superior e onde cada parceiro efetuou uma apresentação divulgando o impacto do projeto nas suas regiões.

No dia 10 de novembro, os participantes internacionais tiveram oportunidade de marcar presença num encontro com os atletas olímpicos de Vila Nova de Cerveira e do concelho de Tomiño e receberam as boas-vindas do Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira e da Vereadora do Desporto, Carla Segadães. Considerado o impacto do projeto na nossa região foi com palavras de esperança e aposta numa maior dinamização das atividades que o novo autarca saudou os atletas seniores.

Foi, ainda, um momento de troca de boas práticas e testagem “in loco” das regras das modalidades coletivas que integram as competições “Olympics4all” entre os treinadores internacionais e os atletas que representam a equipa de Vila Nova de Cerveira.

Até ao final do projeto, que termina a 31 de dezembro do corrente ano, está prevista a realização da última reunião internacional no concelho de Pontevedra –Galiza, sob a liderança da Universidade de Vigo– entidade parceiro do projeto.

A ‘Cidade do átomo’ de Iria Misa, nas bibliotecas dos centros educativos de Baiona

0

O pasado día 12 de Novembro, o Multiusos de Sabarís acolleu a presentación da nova novela de Iria Misa, ‘A cidade do átomo’. Ao finalizar o acto, a concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, fixo entrega de varios exemplares a algunhas direccións dos centros que acudiron á presentación.

Dende a área de Igualdade do Concello baionés mercáronse varios exemplares do libro da escritora para que en cada biblioteca de cada centro poidan desfrutar desta marabillosa novela.

“É fundamental por en valor o traballo de mulleres con tanto talento, é o meu traballo equilibrar a balanza e dar luz a mulleres que ademais son veciñas da nosa vila, como Iria Misa” recalcou a concelleira Yasmina Moreira.

O concello da Guarda condena os actos de vandalismo acaecidos nos últimos días dentro do conflito laboral na fábrica de IKF

0

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, vén de expresar o seu total rexeitamento, así como o do seu equipo de goberno, aos actos de vandalismo que están acaecendo nos arredores da fábrica de IKF, no mobiliario urbano así como nas vivendas de veciños da localidade.

O alcalde tacha estas actuacións de “actos totalmente reprobables e que non teñen cabida nun estado de dereito, dende o consistorio guardés apoiamos o diálogo e a concordia e desterramos calquera tipo de violencia e actos que son máis propios de condutas antidemocráticas”.

Dende o Concello guardés –continúa o alcalde guardés– “esiximos que estas actuacións cesen de inmediato e trasladamos a todas as partes a preocupación pola situación que se está xerando e polo futuro do centro de traballo, como temos sinalado en máis dunha ocasión, un dos máis importantes do municipio”.

O Concello guardés quixo tamén trasladar “a nosa solidariedade e todo o noso apoio as persoas e familias que nestes momentos se están vendo afectadas por estes comportamento antidemocráticos, desexamos que non volvan a repetirse e agardamos que se recupere a normalidade”.

O Ministerio prevé a exposición pública do proxecto de mellora da N-120 antes de fin de ano

Representantes dos grupos políticos BNG, PP e ACIP e dos numerosos colectivos veciñais das parroquias de Ponteareas afectadas pola rede viaria do Estado desprazáronse este luns á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para esixir unha vez máis un calendario con prazos e orzamentos para as obras de mellora da seguridade viaria na N-120 e a creación da variante.

Tras concentrarse á entrada da Subdelegación e a petición da alcaldesa un representante deste organismo mantivo unha longa conversa cos representantes políticos e veciñais na que adiantou a intención do Ministerio de realizar a exposición pública do proxecto antes de final deste ano. Unha vez se resolvan as alegacións que no seu caso se poidan presentar o proxecto aprobarase definitivamente e poderase licitar, algo que podería producirse no vindeiro ano en función do número de alegacións e da súa complexidade.

“Sabemos que o prazo ofrecido hoxe refírese só a unha fase do procedemento, a exposición pública, e aínda que supón un pequeno avance, é insatisfactorio, pois queremos un calendario completo orientativo”, salientou a alcaldesa ponteareá, Cristina Fernández Davila.

O Concello estará moi atento a que se verifique a exposición pública do proxecto e fará un seguimento exhaustivo e permanente do proceso para que se cumpran as previsións e as obras se liciten o vindeiro ano. “Estaremos en constante comunicación coa Subdelegación do Goberno e co Ministerio para asegurarnos de que o proceso avanza ao ritmo debido. Entendemos que se poden producir retrasos e para ese suposto é fundamental manter unha interlocución áxil e fluída para coñecer os motivos e se estes son xustificados ou se deben a unha falta de vontade política”, sinalou a rexedora.

En canto á creación da variante, a Subdelegación do Goberno facilitará nos vindeiros días a información detallada sobre todas as fases do proceso para a súa futura construción. Actualmente o proxecto atópase en fase previa á elaboración do estudo de impacto ambiental. “O Goberno local fará tamén un seguimento continuo do avance de cada unha das fases do proceso para que estas se executen sen dilacións e sen retrasos”, recalcou.

A alcaldesa agradeceu aos partidos políticos e aos colectivos presentes hoxe en Pontevedra a súa asistencia, xa que “nesta reivindicación de melloras na rede viaria do Estado en Ponteareas é fundamental a unidade”. Cristina Fernández apostou polo diálogo e a firmeza para lograr investimentos do Estado e lembrou que coas negociacións do mandato pasado o goberno municipal conseguiu que o Ministerio de Transición Ecolóxica redactara o proxecto de ampliación da depuradora e que os orzamentos do Estado recollan 11 millóns de euros para a súa execución. “Seguindo esa mesma liña, continuaremos traballando sen descanso até conseguir para Ponteareas a mellora da seguridade na N-120 e a variante”, afirmou a rexedora.

A Deputación celebra o Día do Patrimonio Mundial coa posta en valor da candidatura da Asociación Ponte… nas Ondas!

A Deputación de Pontevedra vai celebrar este martes  o Día Internacional do Patrimonio Mundial coa posta en valor da candidatura da Asociación Ponte… nas Ondas! ao Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco. A presidenta provincial Carmela Silva referendou hoxe o apoio absoluto da administración provincial a esta candidatura internacional presentada por España e Portugal e que se decidirá a finais do vindeiro ano 2022.

Carmela Silva recibiu hoxe no Pazo Provincial a Santiago Veloso (representante de Ponte nas Ondas Galicia), Mª Jesús Álvarez (Ponte nas Ondas Galicia) e Xerardo Feijoo, xornalista de Ponte nas Ondas Portugal, aos que volveu confirmar o apoio da institución provincial a un labor de 26 anos que estase a ver referendado coa citada candidatura internacional. Neste senso, anunciou que na xornada deste martes este apoio visibilizarase nas distintas canles e redes sociais da Deputación.  “Este é un proxecto de país –destacou- e un modelo de boas prácticas para todo o mundo. Conta con todo o noso apoio e estamos orgullosas e orgullosos por ter a xente que de forma altruísta realiza actividades que poñen en valor todo o noso potente patrimonio inmaterial a través da comunidade educativa e de proxectos como Escolas nas Ondas ou o certame de fotografías para construír e divulgar o noso. Nesta provincia hai un enorme talento e proxectos potentísimos vinculados á posta en valor da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa tradición oral baseada nunha secular relación transfronteiriza e nesta Deputación cremos profundamente no valor da relación do sur de Galicia e o norte de Portugal”.

Amais, a presidenta amosou a disposición da institución provincial a estudar liñas de colaboración coas distintas actividades que con motivo desta iniciativa vai desenvolver o colectivo, entre elas unha Gala do Patrimonio no 2022, así como ao labor promocional da difusión da candidatura. Carmela Silva puxo así mesmo en valor o papel que xoga a educación como elemento transformador da sociedade. Para a presidenta, “promover o patrimonio inmaterial e o xornalismo nos centros educativos é algo moi relevante” así como o feito de que “se poida manter o coñecemento dende unha perspectiva educativa e didáctica”.

Os e a representante de Ponte nas Ondas expuxeron os seus últimos proxectos á presidenta e lembraron que a decisión da Unesco, que terá lugar a finais do 2022, vincula a un proxecto que implica a escolas e crianzas de ambas marxes do río Miño e que no caso galego conta coa participación de centros de ensino de toda a Comunidade. “O ano que vén ten que ser especial –indicou Santiago Veloso – para a proxección deste proxecto a nivel galego e estatal”.

A Universidade de Vigo e o Concello de Redondela presentan os resultados da análise da situación da Enseada de San Simón

0

O proxecto ZOSTECO, liderado pola Universidade de Vigo, e no que participa o Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria, organiza, en colaboración co Concello de Redondela, unha xornada de presentación dos resultados obtidos, entre os que se atopan as acción consensuadas para garantir a convivencia entre as pradarías mariñas e as actividades humanas que nelas se desenvolven.

A xornada terá lugar o mércores 17 de novembro ás 17.30 h no Auditorio do Concello de Redondela. O proxecto se desenvolve co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)

O proxecto ZOSTECO ten como obxectivo avaliar, cartografar e explorar os potenciais conflitos e sinerxías que se establecen entre as pradarías mariñas e as actividades humanas, coa finalidade de aportar coñecemento cara á mitigación dos impactos que se derivan destas e camiñar cara a unha mais axeitada xestión do espazo natural da Enseada de San Simón. O proxecto ten sintetizado os traballos publicados sobre a zona e explorado o coñecemento acumulado por las persoas que desenvolven a súa actividade neste espazo natural.

Na xornada presentaranse os resultados mais salientables acadados no proxecto, a percepción social sobre o estado da enseada, sobre os impactos mais relevantes aos que está sometida e sobre o valor da mesma, e consensuarase unha proposta de accións de mellora para a xestión da Enseada que será remitida aos responsables implicados na toma de decisións de cada unha das medidas propostas. Finalmente, debaterase sobre as novas liñas de traballo que deberán abordarse no futuro.

Gondomar pon en marcha a II edición de “Gondoilusión”

0

Por segundo ano consecutivo ponse en marcha “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo” coa que “pretendemos que esta volta tan lenta á normalidade á que nos obrigou a Covid-19 teña as menores repercusións posibles para aqueles que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade social e económica”, afirma a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro.

Como na primeira edición, os interesados en achegar o seu grao de area poderán facer a súa aportación económica dende hoxe ata o próximo día 13 de decembro na conta bancaria ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, coa referencia “Gondoilusión”, “doando o que cada un ou unha boamente poida, 1, 3, 5, 10 euros… todo suma”.

Unha segunda opción será facer o donativo nas urnas habilitadas con este fin en diferentes establecementos colaboradores coa campaña como son Estanco Gondomar, a bocatería A Galiña, a cafetería Mon, o café-bar Tropic, e, o bar-restaurante Terra, cebada e uva.

O diñeiro recadado ao final da campaña farase chegar en forma de vales ás familias que, previamente, serían designadas desde o departamento de Benestar Social tendo en conta a súa situación económica. Poderán trocalo en establecementos de Gondomar que se sumaron a esta iniciativa e que facilitarán que se poidan mercar agasallos para menores de 16 anos.

Para máis información dirixirse ao teléfono 986384473 ou ao correo [email protected].

Continua a programación de Outono 2021 coa innovadora proposta teatral Illas Desertas

0

Este venres 19 de novembro volve o teatro ao Centro Cultural da Guarda da man dunha función de teatro contemporáneo que buscará provocar a reflexión no espectador sobre os valores que nos rodean neste mundo competitivo onde parece que todo ter que ser éxitoso ou produtivo, esquecéndonos moitas veces da importancia da travesía, da experiencia da ilusión por percorrer un camiño. Ou como din os propios artistas da utilidade do inútil.

A obra achéganos unha estética e linguaxe diferente ao que estamos habituados, servíndose do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da resignificación poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xérando paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton. Como contraparte a obra busca a interacción cos espectadores que deberán instalarse unha app coa que participarán activamente no texto e devenir da función.

A produción a cargo da compañía de teatro Artesa&cía, especializada en montaxes trasnsmedia e que xa estivo na Guarda coa anterior produción “Chola a it girl”, foi estreada o pasado mes de marzo no Teatro Municipal de Tui e contou entre outras coa colaboración de La Fura dels Bauls. Contará coa intervención de Laura Villaverde e Roi Fernández como intérpretes e operador de cámara e Susana Méndez aos mandos técnicos.

Esta función forma parte do programa Tornar ás Táboas da Deputación de Pontevedra, co que o ente provincial apoia a programación de obras teatrais nos concellos da provincia no ano 2021.

Para asistir é preciso reservar a localidade na plataforma Eventbrite.es e descargarse gratuitamente a App Kalliope na app store:

Android:

Https://play.google.com/store/apps/details?Id=com.pangea.kalliope&hl=es_419

iOS:

Https://apps.apple.com/es/app/kalliope/id1116037649

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo

0

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo. Para iso está a reunir toda a información necesaria para poder realizar un estudo rigoroso que permita abordar a modificación desta taxa.

O estudo realizado por unha empresa externa a solicitude do que naquel momento era concelleiro encargado de Turismo Laureano Alonso, presenta deficiencias importantes nas súas conclusións, segundo explican dende o equipo de goberno.

Para poder establecer unhas tarifas é preciso coñecer os custos deste servizo. A empresa que realizou o estudo antes citado solicitou datos ao departamento de tesourería, que lle foron remitidos en distintas ocasións, pero non así no departamento de persoal onde non requiriron ningunha información. Sinalan dende o equipo de goberno que para facer un estudo de custes é imprescindible contar cos datos de persoal, cuxo departamento non tivo ningunha petición ao respecto, e amais son cifras que terían que ser actualizadas tras a entrada en vigor da nova RPT e cos incremento anual dos salarios. Engaden dende equipo de goberno descoñecen a orixe os datos manexados nese estudo con respecto ao persoal, pero amais non valora os custes indirectos coma de combustible, depreciacións… a antigüidade dos camións, a provisión de fondos para a adquisición de novos vehículos e o canon que se debe aboar a SOGAMA que é do 34%, unha información que tamén tiña que ter sido requirida.

Amais do cálculo de custes é preciso coñecer tamén os ingresos que se obteñen. E nese ámbito tampouco foron solicitadas as previsións orzamentarias.

Dende o equipo de goberno explican amais que unha vez se teñan os datos correctos de custes e ingresos é preciso propor unhas tarifas adaptadas á propia realidade do Concello de Tui, non sendo válido un modelo xenérico coma o proposto no estudo antes indicados.

O novo estudo deberá xustificar os motivos dos cambios a realizar, e como se adaptará o modelo actual ao previsto. Para poder contar con todos estes datos é preciso levar a cabo un importante traballo técnico, un rigoroso análise da realidade económica, algo que non se pode facer de xeito precipitado, sinalan dende o goberno tudense. Tamén se debe ter en conta que a variación desta taxa vai a conlevar cambios nos recibos de todos os veciños, non só o das empresas afectadas, polo que o rigor e a precisión son elementos imprescindibles á hora de abordar este asunto.

Por outra banda desde o equipo de goberno queren manifestar que en ningún momento a revisión desta ordenanza estivo esquecida, nin a documentación nunha gabeta, xa que a contratación da empresa encargada para a actualización das taxas data de outubro de 2019, os poucos meses de tomar posesión o Goberno municipal, e dende ese mesmo momento se comezou a traballar neste asunto. En canto as medidas tomadas polo concello, estas estiveron sempre avaladas por decisións xudiciais.

Alternativa por Mondariz pide a urxente limpeza da depuradora de Vilasobroso

0

O concelleiro de AporM, Tino Menéndez, e o portavoz municipal, Xoán C. Montes Bugarín, veñen de rexistrar no Concello de Mondariz unha iniciativa na que instan ao goberno municipal a levar a cabo os traballos de limpeza e acondicionamento urxente da decantadora de Vilasobroso. Os edís, que visitaron recentemente esta estación para o depurado de augas residuais, constataron que esta “está totalmente oculta pola vexetación, que incluso impide a súa visión”, o que evidencia que non foi limpa nos últimos anos.

Esta falta de mantemento periódica pode derivar nun funcionamento inadecuado, o que pode provocar a contaminación do Regueiro da Peteira, un afluente do Río Fragón, que rega a parroquia ponteareá de San Lourenzo de Oliveira. De facto, o efluente que sae da depuradora presenta unha elevada turbidez e un mal cheiro, ao punto que deixa rastros de verdín por onde pasa.

Dous anos de retraso

A maiores o grupo municipal de AporM, formado por catro concelleiros -o máis numeroso da Corporación Municipal de Mondariz-, quere lamentar publicamente o retraso co que o goberno municipal leva a cabo as obras de depuración de augas residuais no lugar de Poñe (Mouriscados), e A Pena e O Cruceiro (Vilasobroso), dous proxectos que xa tiñan que estar rematados no ano 2019, xa que xa foran redactados no mandato anterior, sendo alcalde Xoán C. Montes Bugarín.

O orzamento para financiar a depuradora e saneamento no núcleo de Poñe (Mouriscados) ascende a 88.400 euros, mentres que o importe destinado á depuradora e saneamento dos barrios da Pena e O Cruceiro (Vilasobroso) ascende a 157.700 euros, e permitirá conectarse á rede a cerca de 180 veciños.

Estas actuacións consisten na construción de senllas depuradoras de augas residuais mediante humidais artificiais para fluxo subsuperficial de aireación forzada, e a execución de varios tramos de saneamento para ofrecer este servizo aos veciños destas dúas parroquias.

A Cañiza asinará un convenio coa Xunta para arranxar o tellado do pavillón municipal

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anuncia a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para o arranxo do tellado do pavillón municipal “Carballo do Marco” e a compra de 123 contenedores de lixo por un importe de 70.000€.

Despois da reunión mantida entre o alcalde da Cañiza, Luis Piña e o vicepresidente 1º da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o pasado 9 de febreiro en San Caetano, xurde o compromiso  por parte da Xunta de acordar a sinatura dun convenio entre a Dirección Xeral de Administración Local e o Concello para financiar actuacións de índole medioambiental.

O pasado mes de maio, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comunícalle ao alcalde que a Dirección Xeral ten reservados 70.000 euros para o Concello da Cañiza.

A raíz dos problemas de abastecemento da rede municipal sufridos no mes de setembro e tendo informado o Alcalde á Directora Xeral  sobre esta problemática, a Xunta da luz verde á tramitación definitiva do Convenio.

Dende alcaldía adoptase a decisión de destinar a axuda á construcción dun dos dous pozos necesarios para estabilizar o subministro de auga á rede municipal. Luis Piña propón a construcción do Pozo de Portoaugavella cun investimento de 80.000 €, dos que 70.000 serían financiados polo Fondo de Compensación Ambiental.

Aínda que esta proposta foi aceptada inicialmente pola Dirección Xeral de Administración Local, dende a parte interventora da Xunta se comunica que esta actuación non podía ser obxecto de financiación por non ter cabida dentro do marco de actuacións das bases do Fondo.

Descartada a obra de mellora do abastecemento de auga e co obxectivo de desatascar o Convenio, o Alcalde Luis Piña propón como alternativa o arranxo do tellado do Pavillón Municipal “Carballo do Marco” por presentar graves problemas de filtrado de augas ademáis da adquisición de 123 contenedores de recollida de residuos sólidos urbanos.

Actuacións financiadas

O alcalde, Luis Piña, decide destinar o 60% dos fondos do Convenio para o arranxo do tellado por ser unha das instalacións deportivas de maior uso por parte dos clubes da Cañiza e tamén por ser a sede do Clube Balonmán “equipo de élite do noso Concello”.

Por outra banda, a urxencia de adquirir os máis de 100 contenedores de RSU, está xustificada polo alto grao de deterioro dos colectores existentes que nalgúns casos impide a recollida habitual de residuos por parte dos servizos de limpeza do Concello, co conseguinte efecto negativo na saúde pública e no medio ambiente.

Segundo a Dirección Xeral, a semana que vén firmarase este Convenio de Colaboración que deberá estar xustificado antes do 15 de decembro. Con todo e paralelamente o Concello xa ven tramitando o expediente para a contratación das obras e o subministro dos contenedores.

O luns comezan as catas arqueolóxicas na travesía de San Domingos

0

Mañá luns, 15 de novembro, comezarán as catas na travesía de San Domingos para valorar a presenza de restos arqueolóxicos neste vial, así coma para avaliar o impacto que as obras previstas de renovación de instalacións e servizos poderían ter.  

Os traballos prolongaranse durante dúas semanas, tempo no que non se poderá estacionar nesta zona. Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración dos veciños e veciñas para poder levar a cabo estes traballos, que poden ocasionar molestias puntuais ao longo destes quince días de execución, pero que son fundamentais para o desenvolvemento das obras de humanización deste espazo.

A realización destas catas é un paso previa á redacción do proxecto definitivo. Son un condicionado establecido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no informe favorable para a obtención da autorización preceptiva deste departamento tras serlle remitida a  “Memoria valorada de cálculo e desenvolvemento técnico para o soterrado de todas as instalacións e servizos nas travesías de Santo Domingo e San Francisco”.

Neste proxecto está prevista a renovación dos servizos existentes de saneamento e abastecemento de auga, así como a incorporación de tubaxes de canalización para o resto dos servizos, en previsión da súa futura instalación. En concreto incluiranse o soterramento das conducións de iluminación, rede de baixa tensión, telecomunicacións, abastecemento de auga, recollida de pluviais, augas residuais e rede de gas natural. O proxecto contempla tamén a renovación do pavimento.

Nas catas que comezarán a realizarse o próximo luns levarase a cabo a apertura de sondaxes manuais de 2 x 2 metros, cunha distancia de 20 metros entre cada sondaxe. De seren localizados restos arqueolóxicos de interese, susceptibles de ser conservadores, empregarase un método preventivo de protección que garanta a súa conservación inmediata. Rematada a intervención redactarase un informe valorativo que recollerá a síntese dos resultados da intervención.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou estes días a zona xunto co arqueólogo que vai realizar os traballos arqueolóxicos.

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra, cun dispositivo de 89 profesionais, 385 toneladas de fundentes e 6 centros operativos que garantirán a seguridade viaria.

O plan, que botará a andar o luns e se prolongará ata o 30 de abril, tamén mobiliza na provincia de Pontevedra un dispositivo de 43 máquinas, como camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira.

Estes recursos permitirán a atención e o mantemento dos preto de 1.300 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa.

O Goberno galego vén desenvolvendo todos os anos, entre o 1 de novembro de 30 de abril, o Plan de Vialidade Invernal mediante un amplo despregue de medios materiais e humanos para facilitar a mobilidade en máis de 5.500 km de estradas da súa titularidade.

No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 387 os profesionais que velarán pola seguridade das estradas autonómicas. Ademais, mobilízanse preto de 5.300 toneladas de fundentes.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve.

Este plan recolle medidas preventivas, para anticiparse aos contratempos que se poidan producir, e medidas paliativas, para reforzar a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas desfavorables.

O Goberno galego destina cada ano un investimento duns 50 millóns de euros para levar a cabo tarefas de conservación nas vías, entre as que destacan estas accións de vialidade invernal.

As obras do VI Concurso de Pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións

0

Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.

O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.

Unha trintena de persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra participaron nesta convocatoria plasmando nas súas obras a súa ollada sobre diversos espazos e lugares do noso territorio cunha diversidade de técnicas e estilos.

As obras gañadoras presentes na exposición son:

Categoría adultos

  • Primeiro Premio: Sergio González Ribeiro
  • Segundo Premio: Jose Luis García Miranda
  • Terceiro Premio: Antonio Abalde
  • Cuarto Premio: Martina Bugallo
  • Quinto Premio: Dorinda Garrido
  • Sexto Premio: Etienne Vigier

Categoría xuvenil

  • Segundo Premio: Arianna Pazos Masso
  • Terceiro Premio: Lucia Areal González
  • Cuarto Premio: Uxía Soto Costas

Categoría infantil

  • Primeiro Premio: Olga González González

Amais na exposición están presentes tamén as obras realizadas por Jose Marcos Soto González, David Quinteiro, Alexia Malerba, Mª Jesús Gómez, Uxía Soto Costas e Vanesa Ventiño.

Horario de inverno na oficina municipal de Turismo da Guarda

0

A oficina de Turismo Municipal da Guarda conta cun novo horario de funcionamento ata o 17 de decembro, prestando servizo de luns a sábados e festivos en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, en decembro pechará ás 18:30h.

Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico [email protected].

¡Galicia profunda!

Hace unas semanas, Galicia saltó a la palestra por el dictamen de una jueza de Marbella que le retiró la custodia de un hijo a su madre por llevárselo a vivir a la “Galicia profunda”. Tengo que reconocer que no he leído el auto y por lo tanto quiero pensar que una persona como una jueza, a la que se presupone cierto nivel cultural y un cierto grado de sentido común, que haya incluído esos términos en el mismo, ha sido un desliz. De ser un acto meditado demuestra el grado de ignorancia existente en éste país.

Hace años, cuando el tema de las subastas por la web estaba empezando en España, cuando algunos pecábamos de cierta ignorancia y creíamos que todo los vendedores de la más conocido plataforma de subastas por aquella eran legales, un vendedor de Madrid al que que le había comprado un CD –que resultó ser un mala copia en CDR– me dijo, cuando se lo indiqué, que era un ignorante y que era de la “Galicia profunda”.

Desde aquella, ese término siempre me ha provocado por un lado, malestar, pero por otro pena de la gente que lo utiliza por su ignorancia. El término de Galicia profunda, es un término despectivo hasta nuestra tierra, hacia nuestros orígenes, hacía nuestra historia y hacía nuestros antepasados. Los gallegos estamos muy orgullosos de ser de Galicia, tanto del interior como de la costa.  Las personas que se atreven a utilizar ese término, jamás han estado en nuestra tierra, nunca han conocido a nuestras gentes, no han visitado nuestros paisajes y tampoco han disfrutado de nuestra gastronomía.

Tengo también muy claro lo ignorantes que son quienes lo utilizan. De los casos que estamos hablando, ¿decimos de los de Madrid que son todos unos engreídos y chulitos? De Marbella, ¿decimos que todos son unos corruptos? Pues no. Afortunadamente los gallegos estamos por encima de todo eso y sabemos que todos los lugares tienen sus cosas buenas, algunas malas y que en nuestra tierra, también las tenemos. Cada lugar tiene su particularidad y su encanto.

Decirle a esa jueza, que sería bueno que para la próxima vez, antes de decir una sandez de ese calibre se diera una vuelta por nuestra tierra, que salga del confort de su trono y que hable con nuestras gentes y disfrute de la hospitalidad que aquí ofrecemos y que nos caracteriza. Nada mejor que darse una vuelta por el interior de nuestra Galicia para después poder hablar de ella y a buen seguro, que cambiará su opinión y a lo mejor después, los términos despectivos, los utiliza para los que la rodean.


Lo que tenemos bien claro nosotros es lo de intentar recomendar semana tras semana, buena música y en esta ocasión lo vamos a hacer con Peace Orchestra, proyecto llegado desde Austria que os va sorprender y por otro lado el dúo “2 Cellos”, como siempre, una delicia para nuestros oídos. Espero que los disfrutéis.

Peace Orchestra

Peace Orchestra

1999

Los recopilatorios y bandas sonoras, en muchas ocasiones son excelentes para descubrir artistas y proyectos que de otra forma pasarían desapercibidos y ése es el caso de éste que presentamos, descubierto gracias al soundtrack de “The Animatrix”,

Es un proyecto llamado Peace Orchestra detrás del cual se encuentra el DJ austriaco Peter Kruder, (sí, desde la misma Austria de dónde han salido grandes músicos clásicos), llega éste hombre que acostumbrado a producir y a mezclar otros artistas,en el año 1999 decidió publicar en solitario éste trabajo con el mismo nombre del proyecto. Dividido en 9 temas, nos encontramos una mezcla en perfecta harmonía entre jazz, electrónica,dow tempo y trip hop, con una produccion exquisita en todos sus temas, el que formó parte de la banda sonora antes mencionada, es le que lleva por título Who Am I, pero temas como Henry, The Man Part On, Double Drums, no se quedan atrás en su concepción y en su calidad sonora.

Desde luego, interesante proyecto con la pena de que no haya continuidad en el tiempo, esperemos que en algún momento Peter decida volver a retomar esa senda, hasta entonces, disfrutemos de esta orquesta.


2 Cellos

Let There Be Cello

2018

Penúltimo trabajo publicado hasta el momento por el dúo formado por Luka Sulic y Stjpena Hauser, y hasta el momento, no hay visos de continuidad, ya que parece que, por lo menos de momento, se han quedado en un cello, porque están grabando trabajos en solitario.

Let There Be Cello repite la fórmula de sus anteriores trabajos, escogen temas conocidos y realizan su especial interpretación al cello y la verdad, que son unos virtuosos del instrumentos creando temas muy espectaculares y efectivos.

En esta ocasión, nos encontramos con clásicos cómo Eye Of the Tiger, Pirates Of the Caribbean, Hallelujah, Despacito, The Show Must Go On o el Imagine, además, del tema que interpretaron hace unos años en la final de Champions League.

Un trabajo muy recomendable de estos dos talentos del cello.