11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO 'Revitaliza' da Deputación comeza o curso 2021-22 nos centros de ensino

    O ‘Revitaliza’ da Deputación comeza o curso 2021-22 nos centros de ensino

    Persoal do CEIDA xa percorreu dez concellos de sete comarcas distintas facendo divulgación sobre compostaxe con novos obradoiros

    O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso 2021-2022 nos centros de ensino da provincia cun arranque totalmente exitoso: en apenas dúas semanas serán preto de 700 rapazas e rapaces as que pasen polas actividades que se están a desenvolver grazas aos obradoiros divulgativos sobre compostaxe desenvolvidos polo CEIDA.

    O persoal responsable das actividades está a recibir moitas solicitudes por parte de colexios e institutos, chegándose a cifras prepandemia. De feito, nestes primeiros días cubriuse a dispoñibilidade dos obradoiros e chegouse a doce centros de dez concellos en sete comarcas diferentes da provincia: EEI do Vao e IES Poio en Poio; CEIP San Martíño de Salcedo e Los Sauces en Pontevedra; CEE de Vilagarcía, IES Illa de San Simón en Redondela; IES Ribeira de Louro en O Porriño; CEIP A Pedra en Bueu; CEIP Randufe en Tui; CEP Xesús Ferro Couselo en Valga; e Asociación Avelaíña en Baiona e CEIP Serra Vincios en Gondomar, no Val Miñor.

    As actividades dispoñibles consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado , mantendo a grandes liñas o proxecto educativo, pero incorporando novas actividades como ‘O Xiravai de Ecocol’, sobre como o compost axuda a coidar a terra; ‘Experiencias co PH do solo’, sobre a calidade do solo, o seu PH e as opcións de cultivo máis axeitado segundo a tipoloxía de cada un e as achegas de compost. Tamén se manteñen outros obradoiros como o xa coñecido ‘Xogo da miñoca’, ‘Quen vive aí?’, ‘Intrusos no composteiro’ ou ‘Microcompostaxe na aula’.

    Ata o de agora pasaron polas actividades lúdicas do Revitaliza realizadas a través do

    Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) milleiros de alumnas e alumnos (arredor de 35.000), que coñeceron a compostaxe e concienciáronse da necesidade de tratar os residuos de maneira ambientalmente sustentable.

    A pesares do parón motivado pola suspensión de clases en marzo de 2020, o interese polo programa está claramente ‘in crescendo’, sendo solicitado incluso polos concellos para os seus obradoiros e campamentos de verán tanto no pasado ano como neste.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.