O Concello de Baiona vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Conciliacion Nadal. As persoas interesadas poden recoller as bases no rexistro do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h , descargalas do taboleiro de anuncios virtual da da páxina web do Concello ou solicitalas por e-mail no enderezo electrónico administrativo.cim@baiona.gal .
O prazo para presentar as solicitudes remata o 26 de novembro ás 14:00 h. As actividades desenvolveranse no CPI Cova Terreña, e a iniciativa vai dirixida a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 52 en horario de 8:30 h a 14:30 horas.