11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiAforo completo no concerto de Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui

    Aforo completo no concerto de Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui

    Aforo completo no concerto que este venres ofrecerán Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui. 500 persoas poderán gozar do directo deste grupo nun dos últimos concertos da xira “Contrapunto” a partir das 21.30 h.

    Sobre o escenario estarán Aida Tarrío, Sabela Maneiro e  Olaia Maneiro expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.  O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. Ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. O seu repertorio móvese entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abandeiran causas.

    Este venres en Tui intepretarán temas como O querer, Irmandade, Albedrío o Malquerenza. Tamén Desposorio, Perfidia ou Coda

    Tanxugueiras  recibiu en 2019 o Premios Martín Códax da Música ao Mellor grupo de Música tradicional e folk, e foron galardoadas co Premios MIN de la Música Independiente 2018 ao Mellor álbum galego.

    Esta semana Tanxugueiras confirmaron a presentación da súa candidatura na preselección para o Festival de Eurovisión.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.