Domingo, 8 Xuño de 2025

Os mellores escaparates de Tomiño terán premio

0

Os comercios de Tomiño, así como os seus clientes e clientas terán premio este Nadal. O Concello organiza a “Campaña de Nadal + Nadal 2021. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobrecoa participación da asociación de comerciantes ADETO.

A Campaña terá como beneficiarios aos comercios e servizos do Concello de Tomiño e aos clientes que realicen compras nos mesmos entre o 9 e o 24 de decembro de 2021.

Quedan excluídos os comerciantes que desenvolvan a súa actividade en mercados municipais e os comercios de primeira necesidade como panaderías, carnicerías, peixerías, farmacias e supermercados, pero si pequenas tendas de alimentación, de ámbito local.

Os Comercios e servizos do Concello de Tomiño que desexen participar deben solicitalo cubrindo a instancia que figura na sede electrónica da web tomino.gal, desde o 22  de novembro de 2021 ata o 1 de decembro de 2021, comprométense a decorar os seus escaparates ou no caso de non contar con escaparate, os locais comerciais, como mínimo desde o 9 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022. A base da decoración serán elementos naturais que poderán acompañarse con elementos decorativos de Nadal.

Os Comercios e servizos adheridos á campaña conformarán a “Ruta Nadal+Nadal” e terán dereito á participar no concurso de premios á mellor decoración. Cada un dos comercios ou servizos só poderá acceder a un destes premios:

  • 1º Premio Mellor escaparate ………………………… 500,00€
  • 1º Premio Mellor local ………………………………….  500,00€
  • 2º Premio Mellor escaparate ………………………… 250,00€
  • 2º Premio Mellor local ………………………………….  250,00€

O xurado estará composto por 2 representantes do comercio local, 1 representante do Concello de Tomiño e 2 Artistas locais, e emitirá o seu fallo o día 30 de decembro de 2021 ás 20.30h no salón de plenos do Concello de Tomiño.

Vales de compra

Por outra banda, en cada local participante instalarase unha urna na que os clientes que realicen compras entre 9 ao 24 de decembro de 2021, ambos inclusive, por un valor superior a 20€ e por un máximo de 100€, poidan depositar o seu tícket de compra.

Os propietarios dos tíckets que resulten premiados recibirán un vale de compra polo dobre do valor do tícket depositado.

Os vales premiados poderán ser empregados en calquera dos comercios e servizos participantes na “Ruta Nadal+Nadal” entre o 29 de decembro do 2021 e o 6 de xaneiro do 2022.

Os nomes, DNI e números de teléfono dos tíckets premiados serán recollidos nunha acta que será asinada polo Concelleiro de Promoción económica ou pola alcaldesa e por un representante de ADETO. Os vales de compra estarán a disposición dos premiados nos oficinas do Concello de Tomiño desde o día 29 de decembro de 2021 ata o día 5 de xaneiro de 2022 en horario de 9 a 14 horas.

O importe dos vales de compra abonarase por parte do concello de Tomiño mediante transferencia bancaria aos comerciantes o titulares dos servizos participantes, previa presentación dos vales de compra e as facturas correspondentes, ata o 28 de xaneiro de 2022.

O Rosal tínguese de morado polo 25 N

0

O Rosal píntase de morado para continuar revolucionado mentes e conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O Concello colocou durante a mañá seis bancos pintados de morado, como xa fixera cos bancos LGTBI colocados na praza do Calvario no mes de xuño, na Escola Unitaria de Pancenteo-Marzán, Espazo de Barbuntín, CPI Suárez Marquier, Estrada do Punto Limpo, praza de Fornelos e na rúa Xulio Sesto para lembrar e visibilizar a lacra que supón a violencia machista dentro da nosa sociedade.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que “este é o primeiro paso dunha semana que está chea de actos para concienciar e sensibilizar á veciñanza da problemática da violencia machista”. A rexedora destaca que hoxe tamén se inaugurou o punto morado do municipio na Biblioteca Municipal. “Trátase dun espazo de lectura e consulta no que se poderá topar material de carácter feminista dirixido tanto a público adulto como a nenos e nenas”, incide.

O Concello tamén quere agradecer “a nosa veciña Feli polo súa doazón de libros para crear este punto violeta”, e anima a toda a veciñanza a asistir a Biblioteca Municipal para “aprender, visibilizar e espallar a importancia da igualdade para vivir nunha sociedade para todos e para todas”.

A actos do 25 N continúan o mércores 24 cando o alumnado de educación primaria do CRA María Zambrano e do CPI Manuel Suárez Marquier comece coa preparación da exposición Gafas cons perspectiva de xénero, unha mostra que afondará “como se ve a vida con perspectiva de xénero, ofrecendo unha mirada crítica para descubrir as desigualdades entre homes e mulleres que sigue habendo hoxe en día”, salienta a concelleira de Igualdade, Sara Vicente.

Mentres que o propio 25 de novembro o Concello organiza unha concentración veciñal que terá lugar ás 20.00 horas na praza do Calvario, na que todos os grupos da Corporación municipal lerán un manifesto antes da celebración do pleno.

Gondomar acollerá un encontro sobre compostaxe ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación

0

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vai celebrar o vindeiro xoves día 2 de decembro o seu quinto Encontro de Educación Ambiental sobre Compostaxe para centros de ensino da provincia de Pontevedra que, ao igual que o ano pasado, celebrarase de maneira telemática por mor da pandemia.

A xornada escolar servirá para poñer en común o traballo feito nas escolas sobre compostaxe, facer avaliación e comprobar os resultados dos diferentes proxectos, feitos da man e baixo a supervisión do persoal técnico do Centro de Extensión  Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Son numerosos os centros de ensino da provincia que reciben formación e actividades para as e os escolares, coñecendo pautas para a prevención e manexo dos residuos urbanos en xeral e da compostaxe da fracción orgánica en particular, pero son apenas só catro os seleccionados pola singularidade das súas iniciativas..

Un dos aspectos máis importantes do programa educativo do Revitaliza que se desenvolve nos colexios e nos institutos é a visión protagonista do alumnado, que ten a súa máxima expresión nos encontros anuais como o que se vai celebrar o xoves, onde a exposición dos resultados correrá da voz dos seus protagonistas: as e os estudantes.

Os centros que farán presentacións a través de vídeos gravados nesta edición serán o CEIP Froebel de Pontevedra, o CEP Riomaior de Vilaboa, o CEIP Domaio de Moaña e o CEP Xosé Neira Vilas de Gondomar.

Durante a xornada haberá tamén unha exposición do programa educativo do CEIDA e dos resultados acadados en 2021, un relatorio do traballo feito durante o verán para axudar á conciliación en tempos de pandemia coa participación de obradoiros e actividades sobre compostaxe nos campamentos de verán municipais, unha mesa redonda co persoal educador do programa, e tamén a proxección dun vídeo sobre o programa educativo do Revitaliza no ‘XXXIII Seminario Interuniversitario de Pedagoxía Social: Educación Amiental e Cultura da Sustentabilidade: construíndo a transición ecolóxica’.

O Consello Forestal de Redondela aposta polo galego comprometéndose a fomentar o seu uso

0

Na reunión celebrada o pasado 16 de novembro, o Consello Forestal de Redondela, do que é membro o Concello redondelán, aprobou unha declaración a prol da lingua galega, iniciativa presentada polo Departamento de Normalización Lingüística e que recolle “o compromiso das comunidades de montes de usar a lingua galega tanto na documentación interna como na externa, así como esixir as empresas de xestión forestal que os contratos, indicacións, avisos etc. estean escritos en galego”.

O documento, aprobado por unanimidade supón, segundo a alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, “un paso máis para implicar no proceso de normalización lingüística aos axentes sociais de Redondela”.

A alcaldesa destacou a importancia “do consenso” arredor do galego e a “importancia do compromiso das comunidades de montes en favorecer o idioma”. O Concello, adiantou Digna Rivas, pon os recursos do SNL “ao servizo das comunidades de montes, como a toda a cidadanía en xeral, para favorecer e dar continuidade a este acordo que debe ser un exemplo a seguir en toda Galicia”.

Dentro desa colaboración do SLN, este comprométese a “apoiar e publicitar todas as iniciativas e actividades que se fagan dende as comunidades de montes a prol da lingua galega”.

O Consello expresou “a súa satisfacción” de poder participar neste proceso de normalización lingüística porque, afirma con rotundidade “o mellor legado cultural que podemos deixar ás vindeiras xeracións é a lingua galega”.

Pioneiros na normalización lingüística

As distintas iniciativas realizadas dende o Concello de Redondela, como a creación do primeiro Servizo de Normalización Lingüística (SLN) ou o premio de novela Blanco Amor (un dos máis prestixiosos da literatura galega), situaron ao municipio redondelán, no seu momento, como pioneiro na promoción do galego.

A súa chegada ao Concello, o novo Goberno tivo claro que non había que “acomodarse” nos logros pasados, senón seguir desenvolvendo iniciativas tendentes ao fomento do galego e a normalizar o seu uso, de aí xurdiron propostas como as realizadas coa Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela ou no comercio local de proximidade.

Agora, a estas propostas, súmase o Consello Forestal de Redondela porque, é indiscutible, que o galego atopa nas comunidades rurais e periurbanos un dos espazos máis favorables para o seu uso e transmisión. “O monte falou sempre en galego”, sinala o texto do acordo acadado e aprobado por unanimidade polo Consello Forestal, “os nomes das árbores, das plantas que eran parte da medicina popular, da tradición oral ateigada de lendas, da toponimia transmitida durante milenios, dos animais que conviven coa paisaxe… todo fala en galego. Por iso, o uso da nosa lingua é unha pura congruencia con esta realidade”.

Arbo pavimenta e mellora as beirarrúas do vial de acceso a Sela

0

O Concello de Arbo destinará un investimento de 10.991 € á obra de Pavimentación beirarrúas de acceso a Sela, traballos que poden ser realizados ao terse dado remanentes por baixas na adxudicación en proxectos do Plan Concellos 2020 e existindo a posibilidade –segundo sinalan as propias bases da convocatoria de axudas–, de reinvestilo en novos proxectos. A obra que se realizará contribuirá á mellora cos camiños públicos e a accesibilidade das veciñas e veciños, un compromiso adquirido no seu momento polo Concello coa veciñanza da parroquia de Sela.

Os traballos, cun orzamento de base de licitación  de 10.991,00 €  (IVE 21 %  incluído), serán executadas por unha empresa local, tal e como ven recollido no Plan de reactivación do Concello de Arbo que, de cara a impulsar o desenvolvemento economómico do municipio opta pola elección de empresas de Arbo para a realización dos seus proxectos.

Coas obras proxectada preténdese dar resposta a demanda dos veciños e veciñas de Sela, tendo en conta que, na actualidade, ditas beirarúas atópanse sen pavimentar e con moita maleza crecendo na zona destinada aos peóns o que impide o paso seguro da veciñanza.

Doutra banda, a pavimentación do vial acceso a Sela, hoxe en día sen pavimentación, contribuirá a mellorar a accesibilidade ao centro do núcleo de Sela e as condicións funcionais e estéticas do espazo peonil do vial de acceso.

O GDR Condado Paradanta organiza parladoiros nos colexios para tratar a violencia de xénero

Complementaria a andaina celebrada fai uns días pola senda do río Tea e da que participou máis dun cento de persoas, o GDR Condado Paradanta organiza esta semana un par de parladoiros en centros de Educación Primaria do territorio con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

É a xornalista de Si Radio de Galicia, Eva Míguez, a encargada de impartir estas charlas. Onte desprazouse a Salceda de Caselas para falar co alumnado de sexto do CEP Altamira sobre a violencia de xénero no contexto dos medios de comunicación. Para iso, abordou o concepto de violencia de xénero, incidiu en que non se trata “de ningún problema persoal e no que ninguén non se debe meter, todo o contrario posto que é un problema que afecta a toda a sociedade”.

Ademais, explicou de que maneira os medios de comunicación teñen a responsabilidade de comprometerse na loita contra a lacra da violencia de xénero e expuxo aos estudantes os xeitos de identificar cando, por exemplo, un titular dunha nova é machista e como se podería solucionar “dándolle a volta”. Finalizou a súa intervención aludindo a que “as mulleres representamos a metade da sociedade, temos moito que contar”.

O mércores será a quenda do alumnado de sexto de Primaria do CEIP Feliciano Barrera de Guláns. En total, medio cento de rapaces participarán desta iniciativa a cal xa se levara a cabo en anos anteriores.

Todas estas actuacións están enmarcadas na campaña “O rural contra a violencia de xénero”. Unha campaña levada a cabo de xeito conxunto polos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia gracias ao convenio asinado entre a Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral pola Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de accións enmarcadas no Paco de Estado Contra a Violencia de Xénero.

A Deputación lanza a “Ruta da Ciencia Areeiro”

A Deputación de Pontevedra lanzou onte a “Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico que ten como obxectivo achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía así como poñer en valor o patrimonio vexetal existente na Estación Fitopatolóxica de Areeiro. A presidenta provincial, Carmela Silva, supervisou o percorrido que terán estas visitas guiadas coas que ademais a EFA logra o selo OBSERVER de turismo científico, un certificado que tamén ten o Castelo de Soutomaior.

“Con este selo xa somos unha provincia de ciencia certificada e a finca do Areeiro vai ter moitísima presencia e recoñecemento”. Deste xeito, o título vai a permitir algo “fundamental” como é “dar a coñecer a EFA moito máis e facelo cara o público xeral para que a sociedade tome conciencia da importancia de manter a biodiversidade”. Neste senso a presidenta puxo o aceno na relevancia de que “pasen moitas familias, moitas nenas e nenos que esperten o amor polo coñecemento vinculado á natureza así como pola súa preservación”. Ademais do público xeral, tamén poderán realizar os percorridos persoal do eido científico, para quen se realizará un itinerario máis específico.

Na súa visita á Estación Carmela Silva puxo en valor o traballo que se realiza no centro, que é “unha gran referencia nacional e internacional”, e destacou que ao longo da súa historia converteuse en “imprescindible para o sector privado”, amais de facer fincapé na “importancia da ciencia e a investigación e de recuperar o amor pola natureza, por coidala, e que todo isto se faga dende o coñecemento científico”.  

Estarán conducidas por un ou unha guía que amosará ás persoas asistentes os distintos lugares da Estación como o Xardín Pedro Mansilla, o Insectario ou o xardín das aromáticas.  Deste xeito, a “Ruta da Ciencia Areeiro” versará sobre a investigación botánica en Galicia, a camelia -unha flor que ten usos alén do ornamental como a extracción de aceite das súas sementes- ou a relación entre a tecnoloxía e os cultivos de árbores froiteiras. Tamén se falará das plantacións de té -a segunda bebida máis consumida do mundo despois da auga-, as feixoas, os fentos ou as plantas aromáticas, coas que se fará unha pequena actividade na horta.

As mulleres na ciencia

Na súa visita á Estación Carmela Silva fixo un recoñecemento ás mulleres que traballan no eido científico. Deixou claro que “as mulleres somos as garantes da vida, non soamente nos dedicamos a coidar aos nenos e nenas e ás persoas maiores ou dependentes senón que tamén nos dedicamos a coidar do planeta”. Ademais, lembrou a presidenta, “nas carreiras que teñen que ver coa bioloxía ou o medio ambiente matricúlanse maioritariamente mulleres porque a nós preocúpanos todo o que ten que ver coa diversidade”. Carmela Silva fixo tamén un recoñecemento especial a Carmen Salinero, xefa do servizo da EFA e “nai das camelias en Galicia e en toda España”, e lembrou que na primavera plantarase unha camelia co seu nome no Xardín do Castelo de Soutomior. “Será unha homenaxe a Carmen e a todas vós -referíndose ás traballadoras da Estación presentes no acto- porque o voso traballo é imprescindible, moito máis que outros, tal e como nos amosou a Covid-19”. 

Nigrán estrea escola de balonmán gratuíta a través da Deputación de Pontevedra

0

O Concello de Nigrán incorpora o balonmán como nova actividade deportiva municipal ao seu abano de posibilidades despois de sumar surf o mes pasado tamén de xeito pioneiro. Esta nova escola deportiva desenvólvese a través da Deputación de Pontevedra, é gratuíta, e está dirixida a nenos e nenas en idade escolar (nados de 2008 a 2015), permanecendo aberto o prazo de inscrición ata o 1 de decembro para crianzas de toda a provincia a través da web www.depo.gal/es/deporte-escolas.

Os adestramentos terán lugar os mércores e venres de 16:00 a 17:30 horas no Pavillón Municipal de Panxón (non os martes como aparece referenciado na web provincial). A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

‘DEPOrte Escolas’ é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar. Precisamente, o Concello de Nigrán marcouse como obxectivo promover o balonmán base no municipio para crear canteira e volver a asentar este deporte. Así, na década dos 70-80 existían equipos nos tres concellos que conforman o Val Miñor, mentras que na actualidade non sobrevive ningún, sendo moi destacable a permanencia do Acanor Valinox Novás no Rosal.

Mos traballa para iniciar o vindeiro curso un FP Básico de comercio e loxística

0

Onte pola mañá produciuse a visita ao Instituto de Educación Secundaria de Mos por parte do Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira Lema, que acudiu acompañado do Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, pola inspectora de Educación da zona, Teresa Fournol, e o inspector xefe, Manuel Torres.

O Secretario Territorial reuniuse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, coa concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, o xerente de AEMOS, Francisco Domínguez, o director do IES, Xurxo Collazo, e vice directora do IES de Mos, Azucena Matilde González, e membros da directiva da ANPA do IES: Sonia Vázquez, presidenta, e Óscar Mariño, vice presidente.

O motivo da xuntanza é a posta en marcha en Mos dun FP Básico, vista a crecente demanda e necesidade por parte dunha importante porcentaxe do alumnado do Instituto que se adapta ao perfil de Formación Profesional. A previsión é de que esta formación poida iniciarse de cara ao vindeiro curso 2022-2023, para o que desde a Secretaría Xeral da Consellería de Educación da Xunta de Galicia manifestaron a súa vontade de colaboración co Concello, IES e AEMOS; xa que se trataría dunha educación teórico práctica na que intervirían activamente a tres entidades, incuíndo unha parte importante de formación e prácticas en empresas.

O proxecto de FP Básico presentado por parte do IES a Educación adáptase ao estudo das principais demandas de perfís laboráis das empresas do municipio elaborado por AEMOS, chegando á conclusión de que a Formación Profesional con maior saída en Mos sería a de Profesional Básico en Servizos Comerciais,  centrada en Xestión Comercial, incluíndo operacións de almacenaxe e comercialización de mercadorías e que engloba desde auxiliar de dependente/a de comercio, auxiliar de animación do punto de venda, auxiliar de venda, auxiliar de promoción de vendas, empregado/a de reposición, operador/ora de cobramento ou caixeiro/a, operario/a de pedidos, operador/ora de carreta de recepción e expedición, contador/ora de recepción e expedición e operario/a de loxística e auxiliar de información.

O IES de Mos é o único centro do concello de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato. No presente curso están matriculados 655 alumnos e alumnas. A perspectiva, calculada sobre datos contrastados, é que no vindeiro curso a matrícula suba ata os 690 alumnos e alumnas. De aí a importancia dos estudos de Formación Profesional. Para poder adecuar a futura oferta de Ciclos, contouse coa Asociación de Empresarios de Mos para solicitar o ciclo que a industria demanda e facilitar así a empregabilidade dos futuros alumnos e alumnas, non só do IES de Mos.

A Formación Profesional Básica (FPB) forma parte das ensinanzas de formación profesional (FP) do sistema educativo. A FPB está dirixida aos alumnos que presentan algún tipo de dificultade na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e/ou queren encamiñarse á formación profesional. Os requisitos de acceso á mesma son os seguintes: ser proposto/a polo equipo docente e contar coa autorización do pai, nai ou titor legal, cumprir 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio da FPB, ter cursado 3º da ESO ou excepcionalmente 2º da ESO. De quedaren prazas vacantes, completaranse os grupos con alumnos/as que fagan 18, 19 ou 20 anos e non teñan a ESO finalizada.

A Formación Profesional Básica que se pretende impartir en Mos é de Servizos Comerciais, cunha duración de 2.000 horas repartidas en dous cursos académicos, e nas que se inclúen 320 horas de formación en empresas (prácticas laborais). Superada a FPB obtense o título “Profesional básico en servizos comerciais” que ten validez tanto académica como profesional. O alumnado de Formación Profesional Básica pode ademais acceder ao título de graduado en Educación Secundaria (ESO) mediante a superación da proba de avaliación final desta etapa.

Este título de Formación Profesional Básica: ten os mesmos efectos laborais có da ESO. Capacita para desempeñar funcións de “Nivel Básico de prevención de riscos laborais”. Permite o acceso directo a Ciclos Formativos de Grao Medio (con preferencia de acceso aos de perfil comercial).

O perfil laboral dos alumnos oriéntase a empresas de distribución comercial, departamentos comerciais e almacéns de empresas, retallistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais).

O Conservatorio Municipal de Música celebra os días 25, 26 e 30 de novembro as audicións do alumnado

O Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas xa está preparando as audicións do alumnado. Os vindeiros 25, 26 e 30 de novembro a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá as probas deste primeiro trimestre, que se celebran antes do habitual debido ao novo calendario escolar, algo máis curto este ano.

O xoves 25 ás 17.00 horas terá lugar a audición de vento metal, mentres que a partir das 19.30 h será a de clarinete e frauta. O venres 26 ás 17.00 horas serán a quenda de corda frotada e da gaita e a partir das 19.00 horas a de percusión e piano. As audicións retomaranse o martes da vindeira semana, o día 30. Comezarán ás 17.00 horas coas probas de óboe e saxofón, mentres que ás 19.30 horas será a quenda de guitarra.

A dirección do centro e a Concellaría de Ensino, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, convidan a toda a comunidade escolar e a veciñanza a participar.

Fernández-Tapias participa no “Camiño da Innovación” en Salvaterra de Miño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel, achegáronse hoxe ata a praza da Constitución para participar na iniciativa Camiño da Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain). Trátase dun espazo itinerante que realizará 18 paradas nas catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Esta iniciativa enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes posto en marcha pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, dotado con 12M€ para axudar ás pemes e microempresas galegas a investir en innovación. A través das distintas actuacións, tratarase de promover que as empresas que non innovan inicien a senda da competitividade baseada no coñecemento e, principalmente, tratarase de dinamizar aos tecidos empresariais dos núcleos non urbanos.

Experiencia de primeira man

En cada etapa ofrecese asesoramento personalizado a pemes por parte de técnicos de Gain para analizar as oportunidades de innovar e como poñela en marcha. O obxectivo é atender máis de 200 consultas na xira, axudando a cada empresa a elaborar unha folla de ruta para poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles.

Ademais, celebrase un encontro onde se presentan exemplos de pemes innovadoras da contorna. No caso concreto de Salvaterra a representación correu a cargo de  Atendo Calidade –especializada no coidado das persoas maiores–, Utingal –utillaxes e bens de equipo para os sectores aeronáutico, automoción e servizos– e Cerámicas Técnicas Galegas –fabrica e comercializa pezas de cerámica técnica para diferentes aplicacións industriais. Tres casos de éxito que están a competir en mercados internacionais e que demostran que a innovación se pode poñer en marcha en calquera sector e empresa.

Gondomar aproba unha liña de axudas para os sectores afectados pola Covid-19

0

O Concello de Gondomar ven de publicar a segundo liña de axudas económicas directas para os sectores afectados dende o incio da pandemia pola crise a Covid-19.

Seguindo na liña de apoiar ao pequeno comercio local, o plazo para a presentación de solicitudes está aberto e finalizará o vindeiro 29 de novembro. Poderán obtar a esta axuda todos aqueles negocios locais con domicilio fiscal no Concello de Gondomar que o CNAE saia reflexado no ANEXO I das bases da convocatoria.

Este liña de axudas, cofinanciada pola Deputación Provincial de Pontevedra cun importe de 41.646.64€ procedente da Liña 2 do Plan Concellos, busca paliar as perdas económicas ás que tiveron que facer fronte os establecementos durante os peches temporais establecidos polas autoridades sanitarias competentes.

As bases desta convocatoria poderán concultarse na paxina web munipal www.concellodegondomar.com ou na sede electrónica municipal https://concellodegondomar.sedelectronica.gal.

Mondariz clausura esta semana a segunda edición do ciclo de cinema “Con ollos de muller”

0

A segunda edición do ciclo de cinema “Con ollos de muller” conclúe esta semana no auditorio municipal de Mondariz con dúas películas recentes protagonizadas por mulleres. Para o venres, 26 de novembro, está programado o filme “Moxie”, mais a clausura oficial terá lugar o sábado, 27 de novembro, coa proxección especial da produción galega “A illa das mentiras”, coa presenza de Paula Cons e Victoria Teijeiro, directora e actriz, respectivamente.

O ciclo de cinema “Con ollos de muller” protagonizou por segundo ano consecutivo a programación cultural do mes de novembro no Concello de Mondariz. No auditorio municipal, habilitado desde principios de ano cun novo equipamento audiovisual para visionados cinematográficos de calidade, proxectáronse semanalmente catro longametraxes con historias narradas desde a perspectiva feminina que fomentaban a reflexión sobre as desigualdades e os prexuízos, en apoio do 25N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres): “Figuras ocultas” (Theodore Melfi, 2016), “Una cuestión de género” (Mimi Leder, 2018), “Criadas y señoras (Tate Taylor, 2011) e “Moxie” (Amy Poehler, 2021). A estes catro filmes de produción estadounidense sumouse “A illa das mentiras”, unha produción galega con Paula Cons como directora, para pechar o ciclo o 27 de novembro.

“Dentro da programación cultural do Concello de Mondariz, o cinema está gañando peso. O ano pasado xa organizamos un ciclo de cinema feminista en novembro e proxectamos varias cintas galegas como María Solinha, O que arde ou Cuñados, contando coa presenza de directores/as, actores e actrices como Ignacio Vilar, ÓIiver Laxe, Benedicta Sánchez, Amador Arias, Miguel de Lira e Federico Pérez. Non todos os concellos ofrecen coloquios deste nivel”, comenta Anxos Carballo, concelleira de Cultura do Concello de Mondariz.

A esta listaxe de ilustres profesionais do cinema galego que visitaron Mondariz nos últimos dous anos sumaranse Paula Cons e Victoria Teijeiro, que o 27 de novembro participarán nun coloquio co público tras a proxección especial de “A illa das mentiras” no auditorio municipal, a partir das 21:00 horas. A entrada, como soe ser habitual, será libre e gratuíta até completar a cabida permitida, que supera as 150 butacas.

Abertas as inscricións para participar na Cabalgata de Reis de Tomiño

0

A partir de hoxe e até o día 30 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis 2022, organizada polo Concello de Tomiño.

Para solicitar a participación, as asociacións ou colectivos interesados deberán presentar o formulario habilitado para tal fin a través da SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Tomiño (www.tomino.gal), acompañando unha descrición da carroza (requisito indispensable); certificado de titularidade da conta bancaria; póliza de seguro de responsabilidade civil e xustificante de pago do mesmo.

O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes: Reis Magos, carteiros reais e paxes.

Só se admitirán 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas no Concello. A comisión avaliadora terá en conta o deseño e proxecto da carroza, dando preferencia ás entidades de Tomiño.

Cada carroza que sexa admitida terá dereito a unha compensación económica de 800 euros.

O desfile será, como é habitual, o día 5 de xaneiro ás 16.30 horas. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellería de Cultura.

O Porriño acada un aforro enerxético do 64 % cunha axuda da Deputación

A veciñanza do Porriño desfruta xa de 216 novos puntos de luz que o concello instalou ao abeiro dunha subvención de 89.450 euros do IDAE, xestionada pola Deputación de Pontevedra. Con esta renovación da iluminación exterior O Porriño acada un aforro enerxético de preto do 64% en tres zonas do concello: a avenida Domingo Bueno, o rúa Antonio Palacios e o lugar de Eidos. Precisamente foi este último punto o que visitaron esta mañá o deputado de Cooperación, Santos Héctor, a alcaldesa do Porriño, Eva García, e a concelleira de obras do municipio, Lourdes Moure.

Máis polo miúdo, actuouse en 38 luminarias da avenida Domingo Bueno, en 45 do lugar de Eidos e en 133 da rúa Antonio Palacios que pasaron de ser de vapor de sodio a empregar tecnoloxía LED, máis respectuosa co medio ambiente e cunha duración estimada de 100.000 horas. Todas elas contan con sistema de regulación que permite reducir o fluxo luminoso nas horas de menor uso.

Con actuacións coma esta a Deputación de Pontevedra promove a consecución do ODS nº 7, que busca garantir o acceso a unha enerxía accesible, segura, sostible e moderna. Ademais, fai un chamamento á sociedade e conciénciaa da necesidade de empregar recursos sostibles que sexan o menos prexudiciais posible co medio ambiente, como é o caso da tecnoloxía LED.

Estas axudas europeas para a renovación de iluminación exterior foron xestionadas pola Deputación ante o IDAE, que distribúe en España parte do programa operativo FEDER. Para elo acolleuse á convocatoria de subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. As axudas están encadradas dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) para o período 2014-2020 elaborado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Función Pública do Goberno de España. Neste marco estanse a rematar nestas datas dous lotes de obras de mellora da eficiencia enerxética das iluminacións públicas das Neves, O Rosal, Poio, A Illa de Arousa, Silleda e Moaña

SmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a fabricación dixital de impresións, ferramentas dixitais, fotografía para xoiería e a utilización de Pinterest para e-commerce .

En concreto, este martes 23 impartirase o obradoiro “Fabricación dixital, Laminator resina preparación de impresións”. Estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen acercará aos usuarios as tecnoloxías implicadas un proceso de fabricación dixital, tanto a nivel teórico como práctico.

Na mañá do mércores 24 será a quenda de “Ferramentas dixitais para restauración e hostalería” a cargo de Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas, quen falará da importancia do emprego destas ferramentas no eido dixital como aliado para a impulsa do sector. Pola tarde, Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará de “Fotografía para xoiería”, obradoiro que centrarase na importancia de rexistrar co máximo detalle este produto que debe ser tratado con mimo e coidado.

O xoves 25, Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, falará de “Pinterest para E-Commerce”, explicando como sacarlle o maior partido a esta ferramenta e como ser un comerciante verificado por Pinterest.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Salvaterra do Miño comeza as obras de rehabilitación do Palco da Música de Leirado

O Concello de Salvaterra, a través das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, ven de iniciar as obras de rehabilitación e consolidación do Palco da Música de San Roque en Leirado, que a través da súa liña II financian obras de rehabilitación en palcos de música, co fin de acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente aqueles elementos tradicionais que forman parte deles e estén en estado de deterioro.

Este palco sitúase no largo que acompaña a capela de San Roque,  nunha zona onde o Concello está realizando unha actuación integral, coa rehabilitación do antiguo consultorio médico que se converteu no Centro Social do Maior, a creación de beirarrúas na estrada autonómica no contorno do cruce e co próximo inicio das obras de humanización da EP-4006 (tramo antiguo) que dará un xiro total a contorna de San Roque.

O palco foi donado polos filántropos Jesús Valiño García e José González Prieto no ano 1953. Conta cunha cuberta piramidal con dobre faldón que está soportado por pes de pequeña sección que agora mesmo se encontra nunha situación de deterioro avanzado, polo cal o Concello realiza o proxecto de consolidación e comeza coa tramitación dos permisos a patrimonio e neste momento as obras co fin de rezorzar e asegurar o edificio catalogado, así como mellorar a conservación da edificación. A singularidade deste palco está motivada polas distintas etapas da súa contrución e reformas posteriores .Pa

A Deputación levará ao apalpador a 45 concellos da provincia este Nadal

A Deputación de Pontevedra vai levar este ano o Apalpador, a tradicional figura propia do Nadal galego, a todos os concellos da provincia que o solicitaron, un total de 45. Así o decidiu a deputada responsable de Lingua, María Ortega, ante o grande interese amosado polos gobernos locais unha vez pechado o pasado sábado  o prazo de solicitude.

A nacionalista explica que inicialmente estaba previsto conceder 30 actuacións, sen embargo esa cifra cubriuse de maneira case inminente coa apertura do prazo, polo que se tomou a decisión de facer un esforzo económico e chegar a todas as vilas interesadas. O cambio fai que este ano se dupliquen as actuacións realizadas en 2020, cando houbera que limitar as visitas por motivo das restricións da COVID-19 e se cambiara o formato dunha posta en escena estática en lugares concretos a desfiles para non fomentar aglomeracións de persoas.

Segundo apunta Ortega, este ano manteranse de maneira estrita todas as medidas de prevención ante a pandemia, pero intentarase que a actividade ao abeiro do programa ‘Nadal en galego’ do departamento de Lingua se multiplique para levar a ledicia ás nenas e nenos da provincia logo dun tempo de moita contención festiva.

O persoal técnico da Deputación está agora cadrando as visitas para que o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, poida achegarse a varios concellos próximos xeograficamente na mesma xornada. A previsión é que se celebren dúas actuacións en horario de mañá e dúas en horario de tarde cada día entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro. As datas de cada localidade comunicaranse en breve.

Como cada ano, e por sétima vez consecutiva, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que se fomentarán coas actuacións, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas.

O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o bandullo das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de ledicia e comida.

Están concedidas as actuacións a: Marín, Bueu, Cangas e Moaña no Morrazo; O Grove, Cambados, A Illa, Vilagarcía, Meis, Meaño, e Sanxenxo no Salnés; Pontecesures, Portas, Cuntis, Catoira, e Valga na comarca de Caldas; Dozón, Agolada, A Estrada, Forcarei, Silleda e Vila de Cruces no Deza-Tabeirós; Salceda de Caselas, O Porriño, Pazos de Borbén, e Fornelos de Montes na área de Vigo; Poio, Barro, A Lama, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra; Oia, Gondomar, Nigrán e Baiona no Val Miñor; A Cañiza, Covelo, Salvaterra de Miño, As Neves, Ponteareas, Mondariz , Mondariz- Balneario no Condado-Paradanta; e A Guarda, Tomiño, e Tui no Baixo Miño.

Ponteareas reparte axudas para facilitar ás familias a adquisición de libros de texto e material escolar

O Concello de Ponteareas leva dende o ano 2016 axudando ás familias coa adquisición de libros de texto e material escolar para a escola e o instituto. Soamente no curso actual repartiu cerca de 15.000 euros en axudas para cubrir todas as solicitudes presentadas que cumpriron os requisitos.

A alcaldesa e concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, explica que estas axudas responden “ao noso compromiso para apoiar ás familias con estes gastos para garantir unha educación en igualdade de oportunidades”. Ademais destaca que “benefician, sobre todo, a aquelas familias que non poden optar a outro tipo de subvencións, como as da etapa infantil” e que, este ano, axilizamos o procedemento ao máximo para pagar o antes posible.

Cada unidade familiar recibiu un máximo de 100 euros para libros de texto e material escolar necesario para o alumnado da etapa de Educación Infantil (4º, 5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e Bacharelato dos centros escolares do Concello de Ponteareas.

CB Nigrán, 46 balóns para non esquecer 46 nomes

0

Un ano máis, e tristemente non será o último, o Club Baloncesto Nigrán quere render a súa especial homenaxe ás vítimas da violencia machista con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Non quere, o club nigranés, que se esquezan os nomes daquelas que foron vítimas da maior das lacras sociais.

Lanzan, como xa é habitual, un novo vídeo no que colaboraron personalidades destacadas de diferentes ámbitos como a atleta olímpica Ana Peleteiro, o campión do mundo de surf adaptado Aitor Francesena “Gallo”, os actores Sergio Pazos e Alfonso Agra, as actrices Uxía Blanco e Nerea Barros, a alpinista Chus Lago ou a escritora Fina Casalderrey. Xunto a eles e a elas, os claustros dos centros educativos de Nigrán súmanse a esta iniciativa ademais dos propios xogadores e xogadoras do club.

[su_image_carousel source=”media: 49249,49251,49250,49252″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón tinguido de loito por cada muller, neno e nena asasinados neste 2021, xuntos súman a terrorífica cifra de 46 balóns que, ao final do vídeo, compoñen un gran lazo na pista do pavillón co que o club deportivo nigraniense quere honrar a memoria das vítimas e mostrar a súa repulsa cara á violencia de xénero.

Esta iniciativa forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte.

Nuria Gómez, presidenta do Club quixo dar as grazas “a todas as persoas que participaron nesta iniciativa pola súa entrega, porque sabemos que para erradicar esta secuela social a educación é fundamental. Tod@ s participamos sentindo que estamos a contribuír na loita contra a violencia machista”.

Tomiño comeza coas visitas aos seus composteiros individuais

0

Tomiño continúa dando pasos para fomentar a economía circular e reducir os biorresiduos mediante a compostaxe e así evitar que este tipo de residuo acabe no contedor verde, e que se lle poida dar unha nova utilidade. Esta semana comezarase a visitar os fogares que adquiriron un composteiro individual, no marco do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Ata agora cerca de 2.000 vivendas xa recibiron o seu composteiro, as restantes que aínda non o posúen, poderán recibilo a través de futuras reunións informativas sobre a compostaxe.

Como parte do programa de compostaxe, tal e como se mencionaba no compromiso de cesión asinado no seu día, incluíronse unha serie de visitas a cada composteiro individual para poder dar resposta ás diferentes dúbidas que puideran xurdir e tamén constatar que os composteiros individuais se están a utilizar de xeito correcto.

Estas visitas serán realizadas pola empresa S.M. Sistemas Medioambientales S.L., que ten adscrito un contrato coa Deputación de Pontevedra para realizar este servizo. As visitas iniciaranse nos próximos días, sen custe algún para a veciñanza, e nelas non se realizará actividade comercial algunha. O persoal da empresa irá debidamente identificado, e poñerase en contacto antes de facer a visita.

“En Tomiño estamos firmemente convencidos de que a compostaxe é a mellor vía para reducir a nosa pegada ecolóxica e tamén para aumentar a rendibilidade dos nosos fogares”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro. A edil indica que o Concello vai enviar cartas a cada un dos fogares que recibirán a visita e que a empresa encargada chamará ás persoas participantes para concretar a visita.

A parte das visitas ós composteiros instalados, como xa foi mencionado con anterioridade, para os próximos meses estase a planificar a entrega de 1.000 composteiros máis entre a veciñanza a través de charlas informativas, onde se dará a información necesaria para o uso correcto do composteiro. A concelleira lembralle ás persoas que xa solicitaron os seus que proximamente recibirán un aviso para asistir a unha reunión onde terá lugar a súa entrega.

A estratexia de compostaxe local impulsada polo concello de Tomiño, dentro do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, é unha mostra máis  do seu compromiso de cara a cumplir a normativa marcada pola Unión Europea no tocante a prevención e reciclado dos biorresiduos de ámbito municipal.

José Manuel Lorenzo e María Martínez conquistan o VIII Trail do Trega

0

Ambientazo no Paseo da Alameda nos prolegómenos do Trail do Trega que se celebrou na mañá de onte domingo na Guarda. Máis de 450 atletas tomaban parte na saída do que ía ser a última das probas da Pontevedra Trail League, tras as celebradas no Rosal e Tui en datas anteriores.

15 km de percorrido cun desnivel de case 800 metros, para constantes subidas e baixadas desde un monte Santa Trega que presentaba un aspecto espectacular, coas augas de mar atlántico aos seus piés e os ancestrais castros celtas “observando” o paso dos participantes.

A carreira absoluta masculina estivo moi competida na primeira parte. Así, de saída o portugués Carlos Silva marcou un forte ritmo con Óscar Guerra, Marcos Fernández e Jose Manuel Fernández trantado de seguilo.

[su_image_carousel source=”media: 49244,49243,49242,49240,49239″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Sería a partir do metade de carreira, cando, o á poste vencedor, o morracense José Mª Lorenzo collería a cabeza, a cúal xa non deixaría ata o final, entrado primeiro na liña de meta cun crono de 1:21:48. Tras el, 2º sería Marcos Fernández de Salvaterra con 1:23:54 completando o podium o cambadés Óscar Guerra, nun final moi apertado e emocionante cos propio Marcos e o rosaleiro José Manuel Fernández, que só podería finalizar 4º

A categoría feminina ha tido unha dominadora máis clara, coa porriñesa María Martínez, comandando as operacións desde o arranque, e parando o crono en 1:41:50 en meta. Tras ela, a viguesa Elena Rosell non vió perigar nunca ese segundo posto do caixón, finalizando con 1:43:26. A terceira praza, a máis de tres minutos, para Natalia Sierpes de Baiona, 1:47:08

Hoxe tamén era o día de saber quen se alzaba co triunfo na “xeral” da Pontevedra Trail League, sumando o computo de posicións en cada unha das competicións. Así, Maxi Oubiña de Cambados e Natalia Sierpes de Baiona son os vencedores absolutos deste ano 2021
Tamén se entregarían premios ás gañadoras e gañadores nas distintas categorías.

Punto e final a este ano da Pontevedra Trail League, que segundo dixera o deputado de Deportes da Deputación, Gorka Gómez, nas distintas presentacións, vai ter a súa continuidade no 2022, coa intención de seguir sumando sedes ás tres desta edición.

O BNG denuncia a “opacidade” da Xunta sobre os proxectos eólicos en Redondela e Pazos de Borbén

0

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a continua opacidade que rodea os proxectos de parques eólicos que a Xunta planea sobre terreos dos concellos de Redondela e Pazos de Borbén. A forza nacionalista realizou un encontro informativo este domingo na parroquia de Reboreda para trasladar á veciñanza o risco de que se instalen muíños na contorna que poden alcanzar o dobre de altura dos construídos ata o momento.

No acto estivo presente a deputada no Parlamento de Galiza, Alexandra Fernández, que criticou as políticas do PP na Xunta por poñer de forma reiterada os montes galegos ao servizo das multinacionais enerxéticas malia os elevados impactos ambientais e o nulo retorno que teñen estes proxectos para os concellos afectados. Fernández alertou de que o 75% do monte galego é susceptible de ser ocupado, con especial incidencia na dorsal atlántica, por polígonos con xeradores dun “tamaño similar ao das piares da ponte de Rande”.

A deputada do BNG defendeu que a aposta polasenerxías verdes debe “estar consensuada en función das necesidades sociais e medioambientais”, un modelo que contrapuxo ao actual onde os intereses empresariais decantan as decisións do Goberno galego. Fernández chamou a afondar en políticas que aúnen un futuro sostíbel coas necesidades das galegas e galegos. “Galiza xa goza dunha situación de transición á enerxía verde”, asegurou, fixando nese sentido a ampliación da Rede Natura como un dos obxectivos.

Pola súa banda, a concelleira do BNG de Redondela, Jéssica García, interveu para explicar a escasa información que a Xunta fixo pública polo momento sobre os parques que se estudan na contorna, así como as dificultades que pon para acceder a máis datos sobre os mesmos. García avisou dunha proposta en trámite para instalar dous muíños de ata 170 metros na parroquia de Reboreda e outros oito en terreos de Pazos de Borbén. “En calquera momento poden saír a exposición pública, pero nin PP nin PSOE teñen interese en facilitar información”, subliñou García, que adiantou que se presentarán alegacións en caso de que a Xunta decida finalmente autorizalos.

A estes viría a se sumar outro de menor entidade nos montes de Ventosela, pero cun mesmo impacto negativo tanto sobre a flora e a fauna como o patrimonio arqueolóxico de montes tanto de Soutomaior como dos municipios anteriormente citados. Desde a organización nacionalista puxeron sobre aviso ante os continuos contactos que as grandes empresas do sector da enerxía manteñen con comunidades de montes da zona para prometer elevadas sumas, mais restando importancia aos graves efectos que poden ter sobre os entornos naturais.

Falou tamén o concelleiro da forza nacionalista de Baiona, Iago Pereira, para expoñer a estratexia da Xunta co fin de xustificar as concesións, troceando grandes polígonos eólicos en outros de menores dimensións para reducir o seu teórico impacto. Pereira trasladou o compromiso do BNG para facer fronte a estes proxectos mediante recursos administrativos ante o Goberno galego e acompañando as mobilizacións sociais nos concellos afectados.

Éxito rotundo da décimo sétima edición das Xornadas Micolóxicas de Mos

0

Onte domingo, entre as 12 h e as 15.00 horas celebrouse a gran degustación das XVII Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que tiveron lugar na contorna do Pazo de Mos cunha enorme afluencia de público. Éxito rotundo polo tanto da décimo sétima edición das Xornadas Micolóxicas que rexistraron tamén durante toda a semana un cheo absoluto nas charlas sobre micoloxía impartidas no Pazo. A xornada festiva de hoxe aínda non rematou, pois ás 18.00 horas, actuarán Xoan Curiel e Charo Pita co espectáculo “Canta miña pedra, canta”.

As persoas que non puideron vir hoxe a degustar os pratos de Adega da Tía Carmen, Miro Pereira, Bar Restaurante Curuxeira, Casiña da Tía Albina e Tapería A Cova da Santa, teñen ata final de mes para facelo nos seus respectivos establecementos.

A Gran Degustación de hoxe contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, do concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, demais membros do goberno local, da experta micóloga Puri Lorenzo, e Ramón Muíños como representante da Comunidade de Montes de Mos.

[su_image_carousel source=”media: 49232,49235,49234,49233,49231″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A rexedora local mosense destacou na súa intervención “o agradecemento aos hosteleiros, que fan posible que hoxe poidamos estar aquí, gozando da boa gastronomía, despois de máis dun ano e medio durísimo para eles pola crise sanitaria da COVID-19, por iso desde o Concello queremos apoialos en todo o que poidamos”. Tamén lle deu as grazas Arévalo á Comunidade de Montes de Mos “polo labor de organización conxunta co Concello destas Xornadas e por poñer en valor os nosos recursos naturais, a nosa natureza e o noso monte… o noso municipio, en definitiva”.

Os pratos que se puideron degustar hoxe na Gran Degustación foron por parte de Adega da Tía Carmen croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas, por parte de Miro Pereira, polo en crema de setas, por parte do Bar Restaurante Curuxeira fajitas recheas de setas e polo e tortilla de xamón e setas, por parte da Casiña da Tía Albina, filloas de champiñóns con gambas e filloas de champiñóns con gulas; e por parte da Tapería A Cova da Santa, pizza mar e monte: salmón afumado con variado de setas.

A Gran Degustación estivo complementada co V micomercado (mercado micolóxico). E de 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas estará aberta ao público no Pazo de Mos unha exposición e consulta sobre cogomelos.

As charlas e conferencias didácticas sobre micoloxía impartidas foron todas ás 20.30 horas no Pazo de Mos. O luns 15 de novembro Xosé Braulio Mondragón Abuín falou sobre ‘As 10 herbas máis importantes do bosque’. O martes 16 de novembro Fernando Gerino Ferreirós Soutiño, deu a conferencia titulada ‘Froitos, diversidade é riqueza’. O mércores 17 Marisa Castro, Investigadora en Micoloxía no Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, ofreceu a ponencia ‘Intoxicacións por cogomelos’. O xoves 18 Puri Lorenzo, Bióloga especialista en Micoloxía do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire, falou sobre ‘Cogomelos nos ecosistemas galegos’. E o venres 19 de novembro José Luis Tomé, da Federación Galega de Micoloxía, ofreceu a charla ‘Cociñando cogomelos’.

Onte sábado 20 de novembro de 10.00 horas a 13.30 horas realizouse a tradicional saída para a recollida e identificación de cogomelos guiada por monitores especializados.

Iniciados en Redondela os traballos da brigada de mantemento de rozado nas parroquias

0

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, comezou este pasado venres os traballos de reforzo e mantemento das labores de rozado e limpeza desenvolvida, dende o mes de xullo, polas brigadas contratadas polo concello para esta labor.

Nunha clara aposta do Goberno local pola limpeza das vías e camiños municipais no rural, este ano e como novidade, engadíanse aos lotes encargados dos traballos de roza un quinto lote “de reforzo e mantemento para actuar naqueles puntos, nos que por diferentes razóns, sexa preciso realizar unha nova roza ou limpeza”, explica Vicente Lamas.

Este equipo de reforzo, que comezaba a traballar o venres en Ventosela para percorrer logo as diferentes parroquias e actuar onde sexa preciso, era unha necesidade evidente “nun municipio da extensión que ten Redondela que se traduce en moitos quilómetros de estradas e camiños municipais”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

A posta en marcha deste novo sistema de catro lotes para a roza e un para o mantemento posterior, “permite alongar o estado de limpeza das vías municipais durante moito máis tempo”.

As novidades deste ano para os traballos de roza e limpeza, non quedaron cinguidos á contratación deste lote de reforzo e mantemento, senón que por primeira vez, traballos de roza non foron contratados a empresas externas, como se viña facendo por parte do anterior Goberno, senón que, tal e como explica a alcaldesa redondelá “por primeira vez, foron 11 persoas en situación de desemprego e contratadas a través do Plan Concellos, os que realizaron estes traballos que habitualmente eran encargados a unha empresa”.

Cumpríase polo tanto, por parte do Goberno local, o dobre obxectivo de, por unha banda, manter os camiños e estradas de competencia municipal nun bo estado de limpeza e, ao mesmo tempo, contribuír a aliviar a situación de persoas desempregadas do municipio coa súa contratación para estes traballos.

A Deputación axiliza a mellora da EP-3102 en Tomiño

0

A Xunta de Goberno da Deputación ven de aprobar este venres o expediente para contratar as obras de mellora da mobilidade peonil no Camiño Escolar da EP3102 ao CEP Pedro Caselles en Tomiño, un proxecto que inclúe a construción dunha senda, a incorporación de elementos para o calmado do tráfico e a renovación da iluminación para garantir a seguridade das persoas, ao abeiro do modelo de mobilidade sostible da institución provincial. A  obra está presupostada en 286.235 euros, dos que a Deputación aportará o 70% (200.364€) e o Concello de Tomiño o 30% (85.870€) a través dun convenio.

A actuación comprende un tramo de 400 metros da E.P.-3102 comprendido entre o Colexio de Primaria Pedro Caselles e a intersección coa nova Avenida Baixo Miño. Este treito dá acceso a varios equipamentos, como o citado centro escolar, así como a igrexa e o cemiterio, de xeito que é moi concorrido por peóns e peoas, polo que a obra ten como finalidade adaptar este viario ao modelo de mobilidade da Deputación, cun deseño comprensible, utilizable e practicable por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade.

A senda peonil prevese na marxe dereita, con 3,78 metros de ancho, e os traballos a executar inclúen tamén a habilitación de elementos redutores de velocidade, así como a renovación da iluminación viaria (que incluirá novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede) e o drenaxe de pluviais.  A maiores contémplase unha mellora para os peóns/as e ciclistas ao engadir máis vexetación á contorna cun novo arborado. Tamén se soterrarán os servizos de alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións, e reinstalarase a sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito.

A sección da calzada, na que se reforzará o firme e se reporá a capa de rodadura, estará constituída por dous carrís, un en cada sentido, cun ancho de 3,20m, e beiravías a ambos lados. Na marxe esquerda da vía manterase a beirarrúa existente. Por outra banda, na zona próxima á nova rotonda executada na EP-3102, reordenarase o espazo actuando en toda a sección viaria, continuando coa senda de 4,65 metros de ancho na marxe dereita, dividindo a calzada en dous carrís de 3,10m e unha banda de aparcamento en liña de 2,6m de ancho, mantendo o trazado da beirarrúa da marxe esquerda.

Mondariz pon en marcha a campaña de recollida de alimentos de Nadal

0

O Concello de Mondariz, a través da Concellería de Asuntos Sociais, acaba de poñer en marcha a campaña municipal anual de recollida de alimentos para o Nadal 2021. Desde o 15 de novembro até o 15 de decembro, as persoas que o desexen poderán colaborar con doazóns de alimentos non perecedoiros nos centros de recollida habilitados e con doazóns monetarias para o banco de alimentos a través de transferencias a unha conta bancaria (ES40 2080 0512 1030 0003 1553), co concepto “Alimentos Mondariz”.

Esta tradicional iniciativa solidaria de fin de ano ten o apoio e a colaboración do comercio local e de colectivos sociais como a AA.VV. Xabriña, entidade que axuda no proceso de recadación de doazóns monetarias para o banco de alimentos. Os puntos de recollida de alimentos ascenden a oito: catro no casco urbano de Mondariz e outros catro nas parroquias de Riofrío, Gargamala, Sabaxáns e Vilasobroso.

“A recollida de alimentos correspondente a esta campaña de Nadal complementará a entrega prevista para o mes de decembro”, sinala o concelleiro de Asuntos Sociais, José Luis Fernández.

O banco de alimentos é un programa de axuda xestionado polos servizos sociais comunitarios que trata de cubrir as necesidades máis básicas das familias con escasos recursos que se atopan en risco de exclusión. Desde a Concellería de Asuntos Sociais búscase constantemente unha optimización do servizo, con repartimentos máis frecuentes e lotes máis variados en produtos de alimentación e hixiene. Ademais da Cruz Vermella, no banco de alimentos colaboran empresas como Mascato, que este ano aportou 700 quilos de peixe conxelado.

Ponteareas estrea o seu Museo do Corpus a ceo aberto

As rúas de Ponteareas convértense dende este sábado en Museo do Corpus a ceo aberto, o primeiro de Galicia. Grazas ás novas tecnoloxías, veciñanza e turistas poderán gozar da arte efémera de xeito sinxelo e inmersivo en calquera momento do día os 365 días ao ano. “Contamos xa coa ferramenta que nos permite poñer en valor a hora historia e cultura floral, a nosa maior obra de arte colectiva, e continuaremos a partir de hoxe incrementando o seu contido con todo tipo de materiais. Porque as novas tecnoloxías dannos a capacidade de non ter límites”, salientou a alcaldesa, Cristina Fernández Davila durante o acto de inauguración, que contou coa presenza tamén de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; Eva Gil, concelleira de Turismo; José Luis Romero, representante de Abanca; e Diego Asorey, da empresa Kendra.

O museo nace con 19 placas con códigos QR que por primeira vez sinalizan os 22 tramos de alfombras da vila. Nun percorrido dun quilómetro, con só escanear estes códigos as persoas interesadas poderán vivir a historia das alfombras con máis de 320 elementos entre fotos, vídeos e imaxes en 360 cedidos pola veciñanza, fotógrafos e o propio Concello. “Poñemos as novas tecnoloxías ao servizo da nosa tradición para promover e poñer en valor a nosa Festa de Interese Turístico Internacional. A relevancia deste novo recurso turístico radica no feito de valorizar o traballo de xeración en xeración dos nosos e nosas alfombristas, a nosa arte, a nosa cultura”, recalcou a rexedora.

Click para ampliar

Fernández Davila quixo agradecer o labor dos e das alfombristas, “semente fundamental para que o Corpus Christi de Ponteareas floreza cada ano e engalane as nosas rúas. Coa vosa paixón facedes que cada ano Ponteareas siga a ser o gran referente na elaboración de alfombras florais e exemplo de traballo e unión de todo un pobo que se sinte orgulloso da súa festa. Unha celebración que é o noso sinal de identidade no mundo, que se apoia no traballo colectivo para transformar unha idea en arte”.

A alcaldesa gabou tamén a colaboración da Xunta de Galicia e de Abanca, así como o traballo dos concelleiros e concelleiras do Goberno local, á empresa Kendra por “conseguir que o relato que nos acompaña polo percorrido nos faga sentir a necesidade de querer coñecer máis” e do persoal do Concello “que se implicou neste proxecto sentíndoo como propio, cunha gran dedicación e contribución para que hoxe poidamos estar aquí”. Agradecemento no que coincidía a concelleira de Turismo, Eva Gil, que quixo recalcar “o traballo desenvolvido durante décadas polas e polos alfombristas, que non deixa de ser tradición pero que tamén permite activar a economía local e o turismo, agora tamén durante todo o ano”.

Será un museo escalábel e actualizábel que permitirá poñer en valor as alfombras todo o ano e que amosará ao pública a evolución da festa do Corpus Christi en Ponteareas “con contidos didácticos, accesíbeis e atractivos. Ademais, a recreación en realidade aumentada permitiranos ver as alfombras como se estiveran na propia rúa convertendo a toda a vila nun museo”, explicou Diego Asorey, de Kendra.

Veciñanza e turistas atoparán agora en Ponteareas “un arquivo histórico vivo que se comparte de xeito sinxelo, que enriquece e desestacionaliza o turismo. E isto é o inicio, porque coas novas tecnoloxías pódese chegar ata onde se queira”, recordou a directora de Turismo, Nava Castro. Pola súa banda, José Luis Romero, representante de Abanca, asegurou estar convencido de que o museo “vai ser todo un éxito que permitirá transmitir historia pero que tamén será un motor económico da vila, algo moi importante nestes tempos”.

Recoñecemento da Deputación ao “talento, esforzo e compromiso” na V Gala da Xuventude

A escalinata central do Pazo da Deputación foi o mellor escenario para amosar o talento, o compromiso e o bo facer e a creatividade da mocidade da provincia revelada na V edición da Gala dos Premios Provinciais á Xuventude. No evento, que encheu a explanada exterior de rapazas, rapaces e as súas familias, foron recoñecidas as 16 mozas, 14 mozos e 3 centros educativos da provincia, autoras e autores dos 30 proxectos galardoados que, como subliñou a presidenta Carmela Silva, amosan “non o talento, senón o talentazo, valentía, capacidade e unha enorme creatividade que mostra a o grande futuro que ten esta provincia”. A Gala tamén se entregaron os diplomas ás e aos gañadores da II edición de “Reacción polo Clima” que promove a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais.

Conducida por María Soliño e Mónica Salinero, fundadoras da aplicación de turismo Capptus, a cerimonia, na que amais dos premiados e premiadas houbo unha nutrida representación de docentes dos distintos centros, estivo amenizada coa actuación musical da grovense Carolina Rubirosa Dúo. No transcurso do acto proxectáronse tamén dous vídeos que tiveron como protagonistas á cantante e actriz pontevedresa Cora Velasco e ao deseñador Gabriel Nogueras, e gañador da XVII edición do premios Mercedes-Benz Fashion Talent pola colección “Fat Man” da súa firma Rubearth, quen animaron á mocidade a seguir participando nestes galardóns.

Carmela Silva: “Non vos deteñades nunca, que ninguén os convenza de non crer en vós mesmas, en vós mesmos, que ninguén os roube nunca a capacidade de soñar e facer o que soñades”

Unha emocionada Carmela Silva mostrou o seu “orgullo e felicidade, cada ano máis, por ser a presidenta desta provincia coa mocidade que temos”. A presidenta citou a Marie Curie e lembrou que“a humanidade precisa persoas soñadoras para quen o desenvolvemento dunha tarefa sexa tan cautivante que lles resulte imposible dedicar a súa atención ao seu propio beneficio”. “Todo que falaba Curie témolo aquí, dixo Carmela Silva, o mundo precisa de persoas soñadoras, cheas de creatividade, innovadoras, adiantadas aos cambios e cunha inmensa capacidade para marcar tendencias, e todo iso sodes vós e esta Gala é unha proba máis de que esta provincia en, da vosa man, un futuro prometedor e cho de oportunidades”

A presidenta fixo un canto a autoestima da mocidade “despois de tempos tan complicados” apelando a todas e a todos a perseguir os soños: “Non vos deteñades nunca!, que ninguén os convenza de non crer en vós mesmas, en vós mesmos! Que ninguén os roube nunca a capacidade de soñar e facer o que soñades!”. Nese senso, fixo case un desagravio á xente máis nova. “Levades practicamente dous anos encerrados, pechados nas vosas casas, sen desfrutar do que todas e todos nós vivimos ás vosas idades, coas vosas cortas vidas alteradas. Levades tamén dous anos sinalados, nos que parece que todos os males do mundo saen ou teñen que ver con vós e non. Non é verdade. Non é certo. Hoxe demóstrase que aquelas persoas que vos miraban agraviadas estaban equivocadas. Porque esta gala é unha proba máis de que a mocidade, todas e todos vós, tendes aproveitado este tempo para formarvos, para ampliar os vosos coñecementos, e mesmo para sumarvos a causas sociais, axudando a persoas que teñen padecido con dureza as consecuencias da pandemia, sumándovos a proxectos de igualdade, de loita contra o cambio climático ou de preservación da contorna natural”. Por iso, subliñou, esta gala quere tamén poñer un grao de area para rachar coa imaxe que se ten transmitido da xuventude nos últimos meses porque vós sodes o claro exemplo de que estaban erradas e errados, e facer fincapé na necesidade dun mundo máis empático, que teña a capacidade de poñerse “nos vosos zapatos” e pensar máis en como nos sentiríamos se aos nosos quince, dezaseis ou dezaoito anos tivésemos que vivir esta situación de encerro”

A presidenta provincial, que rematou recordando as verbas da escritora JKRowling: “a maxia está dentro de vós, tendes o poder de imaxinar un mundo mellor”, tamén reivindicou a mellora da Lei de Educación “para que poña enriba da mesa o valor imprescindible da cultura para a xente nova. Espero, dixo, que prosperen as emendas para que a cultura, as artes estean desde o inicio na formación das nenas e nenos. Sen cultura, finalizou, non hai sociedade avanzada”

V Premios Provinciais á Xuventude

Este ano presentáronse un total de 64 proxectos dos que 30 obtiveron galardón nas categorías convocadas e cuxos autores e autoras teñen unha media de idade de 24 anos. Na gala celebrada hoxe, todas elas e eles recibiron a escultura dun aro de granito sobre soporte metálico de aceiro deseñada polo alumnado da Escola de Cantería, co que a institución provincial recoñece tamén o traballo destes estes artistas emerxentes.

No caso da categoría de Iniciativa Empresarial, o primeiro premio recaeu na proposta Cereal Jewels”, de Nahir Maceira e Manuel Vila (Vigo), mentres que o segundo foi para a compañía teatral A Cova das Letras, de Cristina Collazo Gómez (Silleda) e o terceiro o comparten ex aequo as propostas Ponteabastos, de Jorge Celso Eyo (Pontevedra) e Somosterra, de Eva López e Raquel Gómez (Nigrán).

En Educación en Valores o xurado, que destacara a calidade dos traballos e a gran participación de alumnado, concedeu o primeiro premio ex aequo ás propostas Sementes de Liberdade do IES de Poio e Incómodxs e rebeldes do IES As Barxas de Moaña. O segundo premio foi para o proxecto Avoas. Avós con V de vida do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).

Na categoría de Contido Dixital, na parte Audiovisual gañou Neeumátiko, da autora Nee Barros Fernández (Marín). O 2º premio recaeu en Orixe, de Roberto Pastoriza (Bueu) e o terceiro foi para Descifrando a historia – podcast, de David Gesteira Estévez (A Cañiza).

En Traballos Musicais o 1º premio en Música Clásica levouno a peza sinfónica Fínis Terrae, de Guillermo Otero Costas (Vigo), mentres que na outra subcategoría, Outros Xéneros, as pezas Vals do esquecemento, de Santiago Guerra (Cangas) e Miss each other before we need, de Ainhoa Mosquera (Moaña) levaron ex aequo o primeiro destes galardóns. O terceiro foi para Breaking it up, de Héctor e Tomás Cardenal e Adriana Cores (Moaña).

Na categoría de Traballo Literario Breve gañou en Narrativa a obra A mirada paralela dun xirasol, de Pedro Rodríguez (Nigrán) , mentres que o 2º premio foi para Día de praia, de Brais Suárez (Vigo). En Poesía, Diana Vilas Meis (O Grove) venceu con Mímese; mentres que o 2º premio foi para Bestia Salvaxe de terciopelo, de María Sarrapio Pol (Pontevedra).

En Banda Deseñada, o primeiro premio foi para Ángel Carramal (Pontevedra) por SÓ (S); o segundo para Sabela Domínguez (Marín) por Un día ajetreado e o terceiro premio para Lucía Rodríguez (O Grove) por Onde estás?.

Por outra banda, en Fotografía Orixinal, na subcategoría de Serie Fotográfica, Claudia Gómez (Pontevedra) levou o primeiro premio por Xeracións; Regina Chamorro (Gondomar) o segundo por Si la vida es circular, quiero girarla a caballo y en tiovivo, e David Outón (Sanxenxo) o terceiro por La música que compartimos. En Fotografía gañou Lara Cores (Ribadumia) por Memoria en materia studiowork; mentres que o terceiro premio recaeu en Cynthia Gómez (Pontevedra) por Dos verdades dos realidades.

Por último, en Deseño e Moda o primeiro premio foi para Natalia Belén (Vigo) polo seu traballo Haenyo, mentres que o segundo foi ex aequo para Sergio Vidal (Sanxenxo), con En flor, e Regina Chamorro (Gondomar) con Parsimonia, e o terceiro foi para Laura Barrós (Pontevedra) por Ame to tsuri.

Reacción Polo Clima

As premiadas e premiados na segunda edición do concurso provincial de audiovisuais Reacción polo Clima foron as primeiras en subir ao escenario, trala proxección dun vídeo resumo sobre os ODS, o cambio climático e o talento da xuventude. Lara Cores (Pontevedra), recolleu o primeiro premio por Adiós ríos, adiós fontes; Manuel Albariñas e Yago Rodríguez (Marín e Pontevedra), que xa gañaran o primeiro premio na edición anterior, recolleron agora o segundo posto con Puro Aire, e o Colexio Marcote de Vigo gañou o terceiro premio co rap Antropoceno destrucción.

Ponteareas deportiva

Los núcleos más importantes de población concentran el grueso de las pruebas deportivas que se celebran a lo largo del año. Es lógico, las infraestructuras para la práctica de deporte forman parte del paisaje de grandes urbes, mientras ciudades pequeñas y pueblos tienen limitado el acceso a gimnasios, pistas, pabellones y piscinas.

Estas limitaciones no son un impedimento absoluto, y como hace más el que quiere que el que puede, con altas dosis de ilusión, una pequeña villa del sur de Pontevedra está emergiendo inesperadamente como sede de eventos deportivos.

Ponteareas ha crecido, deportivamente hablando, con las figuras de los hermanos Rodríguez y, más recientemente, de Álvaro Pino como abanderados. La victoria en la vuelta del 86 de Pino mantiene viva la pasión por la práctica del ciclismo en su villa natal (con varios clubes en activo) y ha facilitado el paso de etapas de la ronda española y de la Vuelta a Galicia con posterioridad a su victoria. En 2021 se ha recuperado la clásica ciclista Álvaro Pino, con 400 participantes, que atravesaron en su recorrido 7 concellos del Condado-Paradanta.

[su_image_carousel source=”media: 49122,49123,49125,49128,49126,49127,49124,49129″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Álvaro Pino da nombre al Complejo deportivo que, con dos pabellones, una piscina y varias pistas de pádel, ejerce de centro neurálgico del deporte local. Allí entrenan los niños y niñas del Club Baloncesto Condado y del Club de Patinaje Artístico Luar.

Lo hacen también, el Hockey Club Ponteareas, anfitrión el pasado verano del Campeonato de España femenino sub-17 –primera vez que una localidad pontevedresa acogía una cita nacional en esta disciplina– y que organizó posteriormente el Trofeo Máster-35, y el Club bádminton Ponteareas, que también este verano trajo a nuestra villa el Campeonato Gallego sub-9 y sub-19 concentrando 60 participantes que disputaron casi un centenar de partidos.

[su_image_carousel source=”media: 49131,49136,49132,49135,49134,49133,49137″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

En su piscina entrena el Club Natación Ponteareas, que organiza el Trofeo Amizade (con casi 300 participantes este año) y que organizó en junio el Campeonato Gallego Máster, con cerca de 400 participantes, y en Agosto la Travesía a nado Vila do Tea –con 270 inscritos–. Ojo porque en agosto de 2022 este club pretende que las aguas del río Tea sean testigo del campeonato gallego de aguas abiertas, por un lado, y de la copa de España de esta modalidad olímpica, por otro.

Junto a la playa fluvial de A Freixa, donde se sitúa la meta de estas pruebas, están las pistas de tenis que en verano acogen el Open de Tenis Vila do Corpus, una cita que año tras año organiza el Club Tenis Ponteareas.

Estos son ejemplos palpables (hay más, como el Trofeo Internacional MS2 de fútbol, apadrinado por Michel Salgado) de que con esfuerzo, ilusión y trabajo –sin olvidar la colaboración de personas, empresas e instituciones– organizar eventos deportivos es posible.

[su_image_carousel source=”media: 49150,49138,49144,49148,49149,49141,49147,49143,49146,49142,49145,49151,49140,49139″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Completan la oferta ponteareana asociaciones y clubes de otras disciplinas, fútbol, ajedrez, billar, petanca, hípica, etc.

Hace unas semanas coincidí con representantes de administraciones locales y autonómicas vinculadas al deporte y todas destacaban que la inversión en deporte y cultura constituye un pilar básico en la educación y desarrollo en la infancia y adolescencia. Con un PXOM recién aprobado, es básico reservar suelo urbanizable para futuras infraestructuras deportivas (que amplíen y/o mejoren la oferta actual).

Invertir en deporte es apostar por mejorar la salud, combatir el sedentarismo y proponer un ocio saludable (tan importante en la adolescencia), además de inculcar valores vinculados al esfuerzo, la constancia y el trabajo, entre otros.

Es primordial que las instituciones mantengan su respaldo, especialmente al deporte base y al deporte femenino, y apuesten por una política expansiva de ayudas y subvenciones.

Vaya desde aquí mi aplauso a los clubes y asociaciones que, en lo peor de la época COVID tuvieron paciencia, se adaptaron a los protocolos sanitarios y, en cuanto les fue posible, organizaron jornadas de liga, trofeos y campeonatos, sobreponiéndose a la incertidumbre de los confinamientos, las cancelaciones y el frenazo de su actividad.

Ponteareas evoca al arte efímero, al Corpus y la música de Soutullo. Pero cada vez más es sinónimo, y hay que destacarlo con orgullo, de deporte.

¿Despedimos el año con los Taninos Runners en la ‘San Silvestre Solidaria’?

Domingo Villar, «Algúns contos completos»

Domingo Villar é un dos escritores galegos de maior sona grazas ás súas novelas policiais protagonizadas polo inspector Leo Caldas. Pero o que agora nos presenta neste volume é unha faciana moi diferente daquela á que nos ten acostumados. Nesta entrega non hai crimes, nin intriga, nin tramas reviradas, nin atisbo algún de narración policial nin de literatura negra. Trátase dun proxecto moito máis persoal e cercano, un pequeno capricho feito á medida del e do seu círculo máis íntimo.

O que se recompila en «Algúns contos completos» son dez relatos curtos. A maioría, tal e como o autor explica na introdución, «ían quedando en narracións orais reservadas para xuntanzas familiares», encontros de lecer e amizade aos que, aos poucos, se foron integrando novos elementos, como os debuxos realizados polo seu amigo Carlos Baonza, que agora pasan a formar parte do volume, mesmo unha banda sonora ao piano que, é unha mágoa, quedou fóra do proxecto editorial. Son, xa que logo, pezas ideadas para o divertimento e a celebración en xuntanzas íntimas e de pequeno formato, que Villar, agora, decide compartir con nós. E como tal temos que interpretalas: un divertimento, unha escapada da zona de confort habitual.

Os dez relatos son outras tantas vidas de personaxes peculiares que transitan preto do realismo máxico ao estilo cunqueiriano, homes e mulleres que exhiben historias enchidas de fantasía, nas que ocasionalmente se misturan seres da nosa mitoloxía local, sanadores milagreiros e xentes con desigual fortuna. Deste xeito o autor entronca co noso extenso patrimonio de relatos breves herdados da tradición oral, o que non nos debe estrañar tendo en conta a súa orixe, pois como contos orais naceron. Son historias cheas de sensibilidade nas que o humor está moi presente, ás veces de maneira moi directa, outras non tanto.

Mais, dito todo isto, destacaría como un dos grandes acertos do libro a propia escrita, directa e sinxela, sen grandes adobíos que dispersen a atención da trama e enchida de limpeza e de frescura. É unha escrita tan inesperada e contundente que non tarda en facernos esquecer ao Villar intrigante e escuro das tramas policiais. Aquí, o autor fai alarde dun estilo moi persoal, case íntimo, que combina á perfección cos trazos en branco e negro ideados por Baonza e nos que se reflicte esa concepción harmonicamente feiticeira do proxecto. O resultado é unha desas pezas fermosas e brillantes que un garda en lugar preferente da súa biblioteca para volver a el de cando en vez e deixarse arrastrar polo seu lirismo narrativo.

Domingo Villar

Algúns contos completos

Linogravados de Carlos Baonza

Galaxia

A Deputación lanza a programación do 25N baixo o lema “Por ser mulleres”

“Farta” e emocionada ao recordar ás mulleres salvaxemente violadas como a moza de Igualada ou a de Navarra, lembrando ás mulleres asasinadas polo machismo como Mª Isabel, Flora, MªCruz e a súa filla ou Mª Pilar, e acompañada de alcaldesas, concelleiras e mulleres implicadas na igualdade que promove a Deputación, a presidenta Carmela Silva deu a coñecer nas Ruínas de San Domingos a ampla programación que lanza a institución con motivo do 25N e que este ano leva por lema “Por ser mulleres”. “Estamos aquí , unidas, –reivindicou a presidenta-, de pé, no centro, denunciando, para que saiban os fascistas, os que negan o sufrimento das violencias das mulleres, que somos fortes, estamos convencidas, sabemos polo que loitamos e ninguén nos vai parar”.

Carmela Silva, quen a primeira hora da mañá despregaba na balconada do Pazo, xunto ao goberno provincial, a pancarta “Por ser mulleres. Reivindicando a nosa axenda” que locen xa as sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo, recordou que “somos herdeiras doutras moitas mulleres que crearon o camiño que agora percorremos e estamos dispostas á loita porque estamos fartas de que isto aconteza por ser mulleres”. Neste eido, a presidenta reivindicou con forza e urxencia “unha axenda feminista do Estado, das Comunidades Autónomas, que estea xa no centro da axenda política. Non podemos nin debemos agardar máis”. Carmela Silva tamén subliñou “o compromiso total e absoluto da Deputación coa igualdade, o centro de toda a nosa acción” e destacou que aínda que ao longo dos 365 días do ano está en marcha un amplo programa de iniciativas neste ámbito, “aproveitamos o 25N para que o noso berro soe aínda máis alto”.  

A programación

O xoves día 25 terán lugar as dúas primeiras accións  en Pontevedra e en Vigo da sétima edición do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”, que levará neste 2021/2022 o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”. O programa, que vén de dar esta mañá o pistoletazo de saída coa actuación  musical de Xoana “Dardos en feminino”, arrancará o xoves na praza da Peregrina ás 12.00 da mañá coa performance “Asta en cueva” de Alba Soto. Xa pola tarde, ás 18.30, a peza “VER/Cada/Bágoa” de Mercé de Rande chegará ao Museo Marco de Vigo. Serán en total 25 accións (6 performances, 5 accións musicais, 5 escénicas, 4 murais, 3 de danza urbana e 2 accións poéticas) en 25 concellos con artistas “moi potentes” cuxas voces puidéronse escoitar esta mañá nas Ruínas de San Domingos a través da montaxe sonora “Voz colectiva”.

Amais do inicio da VII edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, a programación da Deputación do 25N arrancou xa a comezos de mes co “Manifesto de Soutomaior”, ao que seguiu o workshop da Cátedra de Feminismos 4.0 “Hackeando o patriarcado”, que tivo lugar onte para reivindicar a intelixencia artificial feminina fronte aos  algoritmos machistas.  Tamén forman parte da programación iniciativas como o alumeado en morado das sedes institucionais de Pontevedra e Vigo entre o 24 e o 28 de novembro, e a lectura, a cargo de Silvia Pérez, investigadora da Universidade de Vigo, da declaración institucional no pleno do día 26. Ese mesmo día e ata o 29 de novembro na feira Culturgal a Deputación dará a coñecer toda a programación no eido da igualdade.

O 29 de novembro inaugurarase na sede de Vigo a mostra “Espazos Roubados”, de Isabel Blanco, o día 30 comezará o módulo en igualdade na Escola de Enfermería e a comezos de decembro presentarase a nova campaña do xoguete igualitario, non sexista e non violento. Por outra banda, ata o 9 de decembro continuarán os debates teóricos online sobre a axenda política feminista coordinados por Rosa Cobo, e ata o día 15 os obradoiros de formación nos institutos, “Canteira de Igualdade”. Amais, os días 11 e 18 de decembro terá lugar no Museo MARCO de Vigo o novo ciclo “Cinema mulleres”, en colaboración co Consulado Xeral de Arxentina, e na sede provincial viguesa poderá visitarse ata o 31 de decembro a mostra “Muller por muller”, comisariada por Rosario Sarmiento.

A economía azul sostible únese en Baiona para falar dos retos e oportunidades do futuro

0

Baixo o concepto de economía azul sostible englóbanse todas as actividades relacionadas co ámbito marítimo dun territorio, desde a industria navieira ao turismo de costa, pasando pola pesca. Por tanto, representa a maneira de obter riqueza a partir das materias primas e os alimentos, así como das actividades industriais ou do sector servizos que nos proporciona o mar.

En consecuencia, debemos ser conscientes de que se acabamos cos recursos dos mares e océanos soamente conseguiremos que a economía e o medio ambiente experimenten consecuencias moi negativas. Traballar para mellorar a sustentabilidade do mundo mariño é a prioridade para reducir este risco. Non podemos esquecer que os océanos son unha fonte de riqueza, pero tamén son unha parte fundamental do ecosistema da Terra pola súa rica biodiversidade.

Todos os axentes económicos involucrados deben ser conscientes da necesidade de buscar alternativas ao seu traballo que favorezan o mantemento dunha contorna sostible. Esta nova liña de traballo é a que empeza a trazar o Concello de Baiona coa posta en marcha do Blue Atlantic Forum, que se celebrará os próximos 24, 25 e 26 de novembro no Parador Conde de Gondomar da vila. Esta mañá presentouse na Real Villa este foro.

O Forum, que xorde por iniciativa do Concello, é financiado por fondos concedidos polo Galp Ría de Vigo – A Guarda e cofinanciado por Deputación de Pontevedra, Abanca Mar entre outras entedides.
“Desde un principio non dubidamos en apoiar a iniciativa presentado polo Concello de Baiona xa que desde a Abanca é prioritaria a proximidade á contorna e o apoio á Economía Azul con proxectos aliñados cos obxectivos do desenvolvemento sostible” – declaran Javier Fraga, director Abanca Mar, e Jose Luís Romero, responsable de Abanca Institucional.

Trátase dunha nova medida de goberno do Alcalde da Localidade, Carlos Gómez Prado, de impulso á economía azul sostible que ten o obxectivo de crear un novo polo económico en Baiona, sumando competitividade económica e sustentabilidade ambiental ao sector marítimo. Para iso, ponse en marcha este foro que ten por obxectivo converterse no espazo de referencia da economía azul nos Estados Membros Atlánticos da Unión Europea.

Economía azul sostible en Baiona

A particular xeografía do noso país convértenos na segunda economía azul europea, soamente por detrás do Reino Unido, segundo datos de 2019 da Unión Europea.

Así mesmo, se hai unha cor que define a Baiona é o verde. Pero tamén o azul. Os seus quilómetros de costa que dan ao Atlántico dan boa conta da estreita relación co mar. Baiona sempre foi unha vila mariñeira e nun momento no que a economía trata de reinventarse, o Concello de Baiona aposta por novos conceptos, como a economía azul, o blue growth ou crecemento azul. «Trátase dun concepto creado recentemente pola Comisión Europea dentro da súa estratexia atlántica, que aposta pola economía marítima como un dos principais impulsores do crecemento do futuro de Europa», sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

Por iso, o Parador de Baiona acollerá tres xornadas dedicadas a tres sectores da economía azul de vital importancia para o desenvolvemento sostible de Galicia en xeral e de Baiona, en particular.

Desde o Concello de Baiona quíxose crear un espazo de cooperación, discusión, formación e difusión sobre a economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea: Blue Atlantic Forum.

O foro tratará diversas temáticas transversais aos tres sectores representados: Turismo marítimo e de Costa, Pesca e Acuicultura e Biotecnoloxía Mariña, tales como a formación, o financiamento, o emprendemento, o cambio climático ou as oportunidades que ofrecen as rías galegas na economía azul.

O desenvolvemento económico debe de ser sostible. Por iso, desde Baiona darase especial destaque aos obxectivos de desenvolvemento sostible. Cada unha das partes do programa está dedicado a un destes obxectivos.

Para o Alcalde de Baiona “Baiona ten que superar a fase de vivir de costas ao mar. Agora tamén faremos que a economía mire cara ao Atlántico, cunha nova estratexia de economía azul con que potenciaremos a creación de empresas e postos de traballo de calidade en diversos sectores. Con esta nova medida de goberno abriremos un mar de oportunidades, sumando competitividade económica e sustentabilidade ambiental. Somos conscientes de que o mar é un motor económico e un activo de valor para Baiona, que implica unha vantaxe competitiva respecto a outras localidades e que debemos aproveitar para diversificar o noso modelo económico para lograr un crecemento económico máis innovador e sostible”.

A economía azul é un sector que inclúe actividades como a pesca; a industria; o deporte (lecer, saúde, cultura),a gastronomía, así como a enerxía, a ciencia e a tecnoloxía vinculada ao mar e os océanos “desde a sustentabilidade”.

Baiona conta catorce quilómetros de costa que quere presentar como “gran atractivo” para o seu desenvolvemento económico para actividades como a pesca, a náutica, o turismo azul, a investigación e a formación e educación mariña.

“O proxecto en si, á fin e ao cabo, é un compromiso cos veciños e veciñas de Baiona e con Europa. Temos unha responsabilidade á hora de xestionar toda a nosa contorna natural. Empezaremos a sentar as bases da sustentabilidade do Concello de Baiona. Trátase dun proxecto inédito xa que ata o de agora non houbo preocupación dos anteriores gobernos por este tema”, finaliza o rexedor.

Durante tres xornadas o evento reunirá representantes dos sectores públicos e privados para analizar as posibilidades do mar, da biotecnoloxía e do turismo, desde distintos enfoques entre os que se atopa en primeiro lugar o da sustentabilidade e en segundo plano a economía. En concreto, o primeiro día, 24 de novembro, está enfocado ao sector da pesca e a acuicultura. A xornada comezará ás 09:00 coa recepción das persoas asistentes. O Alcalde de Baiona será o encargado de dar unha benvida institucional aos asistentes para despois comezar cun simposio que ten por título “O pacto europeo: cara a unha economía azul sostible”. Continuarase con “Rías galegas circulares”. Tras unha pequena pausa trátase era o tema “Do produtor ao consumidor: retos do consumo local de peixe”. Despois abordarase o financiamento para proxectos de economía azul e exemplos de boas prácticas en pesca e acuicultura. Poñerase fin á xornada cunha sesión acerca das conclusións extraídas dos distintos temas exposto ao longo do día.

O segundo día, 25 de novembro, a xornada estará dedicada á biotecnoloxía mariña, abordarase o concepto de: Que é a biotecnoloxía mariña?, As rías galegas como fonte de recursos biotecnolóxicos, As algas na gastronomía atlántica, oportunidades no campo da biotecnoloxía de formación na economía azul ou exemplos de boas prácticas en biotecnoloxía mariña para finalizar coa sesión de conclusións extraídas ao longo da xornada.

O venres 26 de novembro, o turismo será o protagonista da última xornada. Abordarase o tema do turismo na Axenda 2030.

Durante estas tres xornadas serán discutidos os principais eixos da economía azul en Galicia: a pesca, a biotecnoloxía, e o turismo costeiro tendo sempre a sustentabilidade como referencia.

Coa celebración deste congreso queremos poñer en valor o labor realizado por Organiza- ciones Privadas e Públicas e a súa contribución ao desenvolvemento sostible nesta área.
• PESCA: profundamos en modelos de pesca sostible, mirando ao futuro para o mantemento dos oficios relacionados coa pesca sempre dentro da conser- vación da contorna e as especies mariñas. Un sector en plena adaptación para as fa- milias que viven da pesca, dentro dun marco de coidado pola natureza e os espazos únicos da costa atlántica.
• BIOTECNOLOXÍA: o desenvolvemento industrial e tecnolóxico ao redor dos produtos prol- cedentes do mar e costas é un sector en auxe que pode contribuír de forma moi relevante ao crecemento de novos modelos de negocio, investigación e innovación.
• TURISMO: o turismo sostible é unha tendencia crecente, por necesidades do en-torno e por demanda dos propios usuarios de servizos turísticos. As ideas e inicia- tivas que contribúan a estes obxectivos teñen un espazo neste foro.
En definitiva, Blue Atlantic Forum é un espazo de achegamento entre institucións públicas e privadas para contrastar ideas e desenvolver e construír iniciativas que nos permitan alcanzar maiores cotas de sustentabilidade para os nosos sectores crave ligados ao mar e ás costas.

Nigrán celebra un pleno infantil coincidindo con Día Mundial do Neno

0

O Concello de Nigrán acolleu onte ao mediodía unha sesión plenaria especial protagonizada polos nenos e nenas de Nigrán a través do Consello de Participación Infantil e Xuvenil municipal. Este foi o acto central da localidade coincidindo co 20 de novembro, Día Mundial do Neno e a Nena, nunha semana na que ademais dous voceiros do Consello acudiron ao Parlamento de Galicia para participar tamén nunha sesión similar e, a maiores, crearon unha campaña para apagar durante media hora as luces dos fogares.

Os vinte nenos e nenas, representando aos diferentes coles e os dous institutos da localidade, centraron as súas preocupacións no cambio climático e a sostibilidade ambiental. O alcalde de Nigrán, Juan González; a edil de Educación, Marina Vidal; e o voceiro da oposición, Carlos Abal, representaron á corporación. Os pequenos concelleiros demandaron do Concello cuestións como continuar cambiando o alumeado por tecnoloxía LED, fomentar o transporte público e o uso da bicicleta, incidir na importancia de reutilizar e reducir ademais de reciclar, instalar máis puntos de recarga para vehículos eléctricos, crear hortos comunitarios ou insistir nas campañas de mercar no comercio local. No turno de rogos demandouse ao rexedor que non se instalase un parque eólico na serra da Groba, en Baiona, cuestión que o propio alcalde asumíu como propia e que, de feito, o goberno local aprobara xa en sesión plenaria, sendo o primeiro do Val Miñor en facelo.

“O Concello de Nigrán ven traballando precisamente nesta liña e seguiremos reforzando estas cuestións, pero tomamos nota de todo porque sen dúbida este tipo de propostas nos axuda a facer un Nigrán máis amigable coas persoas e co medioambiente”, indicou o rexedor.

“Detrás deste pleno hai moitos meses de traballo; estou moi agradecida a estes nenos e nenas porque sempre se amosaron implicados e interesados, como política e educadora, sempre recordarei ese día con moita emoción e cariño”, sinalou a edil de Educación, Marina Vidal, ao concluír.

 Finalmente, despois da sesión, realizaron o acendido dunha árbore de Nadal situada na entrada ao Auditorio Municipal e realizada por eles mesmos con material de refugallo que foron xerando nunha semana nas súas casas: envases, latas, envoltorios… 

Oia felicita á veciña de Burgueira Carmen Álvarez polo seu 102 aniversario

0

Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira, cumpriu esta semana 102 anos, sendo a segunda muller máis lonxeva de todo o municipio. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de Alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega este venres dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.  

Carmen Álvarez naceu o 17 de novembro de 1919 en Torroña, trasladándose a vivir a Burgueira cando casou con José, veciño coñecido por ser o carteiro nesta parroquia. Traballou toda a vida no campo e tivo 3 fillos. Actualmente desfruta do cariño da súa gran familia, pois ten 6 netos e 8 bisnetos.

A centenaria homenaxeada celebrou hoxe o seu aniversario na compañía dos seus achegados e seres queridos. Nesta data tan especial, a rexedora e a tenente de alcalde achegáronse a felicitala e transmitirlle os parabéns e agarimos en nome de todo o municipio.

Tui celebra unha actividade do Plan de Compostaxe Municipal dirixida ao alumnado dos centros educativos

0

O próximo xoves, 25 de novembro, de 10 a 14 h terá lugar unha actividade do Plan de Compostaxe Municipal de Tui. Celebrarase no novo Centro de Compostaxe Comunitaria, ao carón do Mercado Municipal de Abastos. O alumnado dos centros educativos da contorna visitarán os Centro de Compostaxe Comunitario para coñecer a súa utilización e resolver as dúbidas que poidan ter sobre a compostaxe.

No mesmo horario, de 10 a 14 h, haberá un posto informativo de compostaxe no que a cidadanía poderá recibir información sobre o Plan de Compostaxe Municipal, e serán  obsequiados con mostras de compost e algún agasallos.

Estas actividades encádranse na XIII Semana Europea da Redución de Residuos que se celebra do 20 ao 28 de novembro. Ao abeiro desta iniciativa, ao longo dunha semana, realízanse accións de sensibilización sobre a xeración, xestión e consumo sostible de recursos a nivel europeo.

O Concello de Tui súmase a esta Semana Europea con esta actividade, que terá lugar o próximo xoves, dirixida ao alumnado como vector de cambio para unha sociedade máis comprometida co medio ambiente.

Ponteareas asina con Unicef o convenio que a ratifica como Cidade Amiga da Infancia

Ponteareas xa é oficialmente Cidade Amiga da Infancia. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, asinaron este venres o convenio que ratifica o recoñecemento outorgado á vila o pasado mes de xuño e que recolle os compromisos adquiridos polo Concello de Ponteareas para continuar promovendo e impulsando o cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes. “É un momento moi importante para nós polo que levamos loitando dende 2016 e que facemos realidade grazas en gran parte a todas e todos vós e á colaboración de todos os centros educativos”, salientou a rexedora.

A sinatura do convenio puxo o broche de ouro ao pleno infantil celebrado este venres co gallo do Día Mundial da Infancia que se conmemora este 20 de novembro e que comezou descubrindo a insignia de Cidade Amiga da Infancia, que estará colocada nos xardíns do Concello. “Parabéns por este recoñecemento, que garante que as vosas voces sexan escoitadas”, asegurou a vicepresidenta de Unicef Galicia.

Esta nova sesión presencial do pleno infantil estivo presidida por Cristina Fernández Davila, que estivo acompañada pola representante de Unicef, polo concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó; pola segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote; pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, e por representantes se dez centros educativos de infantil, primaria e secundaria do municipio: CPR Santiago Apóstol, CPR La Inmaculada, CEIP Feliciano Barrera, CEIP Nosa Señora dos Remedios, CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, CEIP Santiago de Oliveira, IES Val do Tea, IES Pedra da Auga e IES Barral.

Un dos temas principais do pleno foi o acoso escolar, un dos temas que máis preocupación xera nas aulas e sobre o que é fundamental ter a visión da infancia e mocidade para ve afrontalo, atallalo e previlo. Para iso, o Concello ten en marcha unha enquisa en liña que xa contestaron arredor de 400 escolares e que está arroxando os primeiros datos. “Achéganos información moi interesante, pero tamén preocupante. Por exemplo, o 38% das persoas que responderon din que presenciaron algunha vez unha situación de acoso escolar na súa contorna, o 18% que no seu centro escolar existe bullying e o 5% que hai casos na súa aula. Reflicte claramente que o problema existe”, destacou a rexedora, quen recordou que “toda a información que nos dea esta enquisa unirase ás intervencións feitas no pleno para crear de forma conxunta un plan de acción cunha liña de actuación coa que atenuar e acabar coa problemática”.

Durante o pleno, as rapazas e rapaces participantes tamén fixeron achegas sobre as actuacións realizadas en materia de recuperación do espazo público para as persoas en Ponteareas e deron conta da participación de Juan Vázquez, Sabela Montero e Noela González no IX Foro Infantil Unicef-Parlamento de Galicia.

Redondela presenta un programa de Nadal 2021-2022 “para todas as idades”

0

“Un programa para todas as idades, equilibrado nos seus contidos, dirixido ao público familiar e cun claro protagonismo das nenas e nenos que son os que con máis intensidade e ilusión viven estas datas”. Así cualificou a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, o programa de Nadal 2021-2022 que hoxe foi presentado pola propia concelleira e a alcaldesa Digna Rivas.

Música, teatro, baile, festas, exposicións e obradoiros de Nadal forman parte dun programa que se iniciará o 27 de novembro, co acendido do alumeado de Nadal e rematará o día 15 de xaneiro, xa no 2022, coa actuación do Coro Tradicional Pecios de Rande no multiúsos da Xunqueira.

Entre esas dúas datas, actividades case que diarias e nas que se volve a apostar por iniciativas que foron postas en marcha polo Goberno local no momento da súa chegada ao Concello –o a videochamada dos Reis Magos, o videosaúdo personalizado de Papá Noel ou as visitas á Casa de Papá Noel– e que foron acollidas cun éxito que mesmo superou as previsións máis optimistas.

O programa iniciarase oficialmente o día 27 de novembro ás 18:30 horas co acendido do Alumeado de Nadal que non se cinguirá soamente ao acendido propiamente dito, senón que terá actividades paralelas como o espectáculo Lumen: xigantes da luz de Yara teatro, a presenza da Coca Simona e de “moitas sorpresas” e que se desenvolverán na Alameda Castelao e a rúa Alfonso XII.

Un día despois, o 28 de novembro ás 18:30, terá lugar o acendido do Alumeado de Nadal de Chapela, que terá lugar na Alameda de Rosalía de Castro e contará coas mesmas actividades que o de Redondela.

Precisamente a Alameda Castelao será o lugar no que, dende o día 28 de novembro, queden instaladas as atraccións infantís e que permanecerán durante todas as festas de Nadal.

A partir de ahí teatro infantil, festival de outono Airiños do Mar de Teis e teatro para adultos (a única actividade dirixida únicamente ao público adulto de todo o programa), irán ocupando espazos ata chegar as actividades “estrela” do programa.

Así, a partir do 8 de decembro, nenas e nenos poderán ver un videosaúdo personalizado de Papá Noel en nadalenredondela.com. e, dous días despois, a partir do 10 de decembro, cativas e cativos poderán inscribirse en barafundaanimacion.com para recibir, en directo, unha videochamada dos Reis Magos.

Xa o día 17 de decembro, nenas e nenos poderán visitar a Casa de Papá Noel que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita, para evitar aglomeracións, serán de 17 h a 19:30 horas dende o 17 de decembro ao 23 de decembro. O día 24 de decembro o horario ampliarase a mañá e tarde, de 11 h a 14 horas e de 16:30 h a 19:30 horas.

Estas tres actividades, tal e como explica a alcaldesa Digna Rivas, “superaron con creces as previsións máis optimistas que tíñamos e supuxeron unha novidade para os nenos e nenas” polo que, engade a rexedora local “supón un incentivo para ir engadindo, ano tras ano, novas actividades que teñan ás e aos máis pequenos como protagonistas”.

Precisamente este ano, o programa estreará outra actividade coa cativada como protagonista: a Festa Infantil de Fin de Ano, que se desenvolverá o 31 de decembro, de 11 h a 13 horas na Alameda Castelao de Redondela, e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

A alcaldesa quixo agradecer “o enorme esforzo realizado pola Concellería de Cultura e a súa concelleira, Iria Vilaboa”, ao conseguir artellar a un programa “capaz de agradar a público de todas as idades” e que, ao mesmo tempo, “dálle enorme protagonismo aos nenos e nenas que viven estas datas con especial intensidade”.

Non esqueceu Digna Rivas en facer un chamamento á responsabilidade “á hora de non baixar a garda no que as medidas de seguridade sanitaria fai referencia”. A Covid, lembrou a alcaldesa de Redondela, “deixounos a experiencia de un Nadal estraño, case que sen ledicia. Agora podemos volver a retomar as celebracións como teñen que ser e na nosa man está o poder seguir avanzando cara á normalidade”.

O alcalde da Cañiza visita as obras no alumeado na parroquia do Couto e Parada

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, percorreu onte, acompañado dun dos técnicos da empresa adxudicataria, a parroquia do Couto e de Parada para visitar estas obras que xunto coa de Valeixe, xa rematada e a de Achas que se iniciará en breve, completan a reforma integral do alumeado público da Cañiza previsto para este ano 2021. No 2022 acometerase esta reforma en todo o casco urbano e nas parroquias de Oroso e de Petán.

A obra consistiu na substitución de máis de 670 luminarias e o tendido de 7,5 km de cable novo. Tamén se cambiaron 8 soportes que estaban en mal estado e se instalaron 23 novos cadros de mando que agora se adaptan á regulamentación vixente. Ademáis se legalizaron os novos contadores.

Como xa comentou o Luis Piña o pasado mes de abril, cando se iniciaron estas obras na parroquia de Valeixe “esta necesaria e ambiciosa reforma de todo o alumeado público do Concello, está permitindo substituir a deteriorada, desfasada e cara instalación existente por unha moderna e eficiente, cunha calificación enerxética «A» que cumple con todos os requerimentos de iluminación, calidade e confort visual regulamentarios”. “Ademáis estamos conseguindo reducir a factura da luz e polo tanto aumentar o aforro económico considerando que o Concello ten que asumir o pago de máis de 100 contadores eléctricos en todo o término municipal”.

As obras están subvencionadas ao 100% con fondos do Goberno de España, a través do Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético, que aporta o 80% do total cunha axuda de 312.101,56€ e da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental, que subvenciona o 20% restante cunha aportación de 79.111,15€.

Na parroquia do Couto desenvolvéronse 235 actuacións en puntos existentes, despregouse 2.100 metros de cableado novo, substituironse 4 apoios en mal estado e se colocaron 11 novos cadros de mando.

Pola súa banda na parroquia de Parada, moito máis extensa territorialmente, se cambiaron 435 luminarias, despregouse 5.400 metros de cable eléctrico novo, retiráronse 4 apoios que estaban en mal estado, colocando outros novos e se instalaron 12 novos cadros eléctricos.

Esta renovación integral, sen precedentes no Concello, dota dunha moderna instalación eléctrica á parroquia do Couto e de Parada, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade e menos contaminación lumínica e un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, cumplindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea de reducir a contaminación.

O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminan todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético e penalizacións no tipo de facturación, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro nos consumos enerxéticos: cunha previsión de superar máis do 50% de aforro na factura mensual.

Máis de 150 nenos piden ao Concello máis campañas de concienciación e formación sobre reciclaxe e cambio climático

0

Máis campañas de concienciación sobre o cambio climático e obradoiros de formación en temas de reciclaxe, redución de plásticos, outros usos do monte, especies autóctonas, eliminación de plantas invasoras ou hortas ecolóxicas, foron só algunhas das demandas e propostas realizadas polos máis de cen estudantes de 5º de primaria dos coles de Barrantes, Goián, Sobrada, Tebra e Pedro Caselles, no pleno do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que tivo lugar onte no auditorio ao aire libre do Espazo Fortaleza (Goián).

O tema tratado na sesión de carácter extraordinario que tiña como fin conmemorar a Semana e o Día Internacional da Infancia, foi “O Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible”.

No pleno, no que tamén houbo representantes do IES Antón Alonso Ríos e do CRA Mestre Manuel Garcés, estivo presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e Meli Rodríguez,  en representación de Unicef Vigo. As dúas agradeceron as numerosas propostas dos escolares, asegurando a alcaldesa que tomaría boa nota de moitas moi interesantes e cheas de sentido común, nas que o goberno local poríase a traballar de inmediato.

Meli Rodríguez, pola súa banda, foi a encargada de pechar o acto, salientando o nivel das propostas escoitadas e animando ao alumnado a comezar a traballar dende o individual para enfrontar o tema prioritario da emerxencia climática. “Cada un de nos pode coidar o medio con pequenas accións que son as que conseguirán cambiar o mundo”, afirmou a representante de Unicef Vigo.