16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaAberta a inscrición para un novo roteiro polos petroglifos de Penide/Mirallo en...

    Aberta a inscrición para un novo roteiro polos petroglifos de Penide/Mirallo en Ventosela

    O Concello de Redondela vén de abrir a inscrición para participar no terceiro roteiro guiado para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio e que se desenvolven os últimos domingos de cada mes.

    Esta nova ruta terá lugar na noite do 27-28 de novembro en que se fará unha ruta nocturna polos petroglifos de Penide/Mirallo (Chan da Cruz e Coto do Corno) na parroquia de Ventosela.

    A actividade, promovida pola concellería de Patrimonio que dirixe María Castro coa colaboración de A Citania arqueoloxía, é totalmente gratuíta pero e precisa inscrición previa no teléfono 600 381 782 ou na páxina de facebook https://www.facebook.com/ACitaniaGalicia.

    A intención do Concello de Redondela é continuar con iniciativas similares que permitan coñecer a riqueza do patrimonio cultural, artístico e natural que posúe o municipio e que, en moitas ocasións, pasa desapercibido.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.