18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaA Cañiza entrega media tonelada de tapóns de plástico á Fundación Amigos...

    A Cañiza entrega media tonelada de tapóns de plástico á Fundación Amigos de Galicia

    O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de facer entrega de máis de media tonelada de tapóns de plástico á Fundación Amigos de Galicia, de Vilagarcía. O Concello colabora con esta fundación na campaña “tapóns solidarios”, destinada ao pago de necesidades escolares e tratamentos médicos para menores galegos en risco de exclusión social.

    Desde este verán, o Concello forma parte da rede de puntos de recollida de Amigos de Galicia, aceptando as achegas de tapóns de plástico procedentes doutros pequenos centros de recollida do Concello.

    Fundación Amigos de Galicia organiza campañas de tapóns solidarios destinadas ao pago de necesidades escolares e tratamentos médicos para menores galegos en risco de exclusión social. Entre estas necesidades  están a adquisición de  gafas graduadas, audífonos e tratamentos médicos non custeados pola Seguridade Social, ademáis de dispositivos electrónicos e material escolar, a través da campaña «Concetad@s», que ten como obxectivo loitar contra o Fracaso Escolar pola Brecha Dixital actual que viven moitas familias galegas con escasos recursos.

    O Concello recepciona na Casa Consistorial as achegas de tapóns procedentes doutros puntos de recollida do Concello,  que se poden depositar en horario de mañá e de tarde na planta baixa.

    Pódense reciclar todo tipo de tapóns de plástico, dende tapóns de pasta dentífrica, botes de xel, de champú, de produtos de limpeza, de bebidas de plástico duro, vasos dosificadores de medicamentos, tapas de leites infantís, tapóns dos dispensadores e  así un largo etc que tamén se pode consultar na web da fundación.

    Para coñecer máis a fondo a «Amigos de Galicia» podes acceder a súa web a través do enlace: https://www.fundacionamigosdegalicia.org/quenes-somos.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS