13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar integra e suma ás novas xeracións na loita contra a violencia...

    Gondomar integra e suma ás novas xeracións na loita contra a violencia machista

    Alumnado de 4 da ESO do IES Terra Turonio protagonizaron este martes unha das actividades organizadas pola Concellaría de Igualade dentro do programa elaborado con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo día 25N. A través dunha representación teatral enfrontáronse a preguntas que os e as situaban ante a violencia machista.

    A actriz e autora, Mónica Sueiro, representou a súa peza Des-Alento, unha acción escénica que aborda os malos tratos psicolóxicos, orixe en moitas ocasións de casos que finalizarán no maltrato físico. A obra transista entre o ámbito metafórico e simbólico para finalizar compartindo coas mozas e mozos unha vivencia de violencia do pasado persoal, vivida pola propia actriz.

    A representación, financiada con fondos do Ministerio de Igualade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, busca implicar ás novas xeracións na identificación dos distintos tipos de violencia que existen o seu redor, facendo fincapé no control psicolóxico que se exerce, en máis ocasión das que pensan, sobre as mulleres.

    “Son o noso futuro, e deles e delas depende que esta loita que iniciamos chegue á meta correcta: á erradicación da violencia contra as mulleres e a consecución dunha igualdade real na nosa sociedade”, apuntou o rexedor Paco Ferreira, quen felicitou á actriz pola súa acción escénica.

    A representación de Des-Alento, que tamén representarase para o alumnado do outro IES do municipio, súmase a outras iniciativas que xa están en marcha, como a adhesión dos comercios á campaña “En negro contra a violencia”, a edición de calendarios con “mulleres galegas que abriron camiño en ámbitos vetados para as mulleres”, ou a celebración do Consello Municipal da Muller. O acto central, o próximo 25 de novembro, celebrarase ás 12.00 horas na Praza Paradela, cunha concentración, lectura de manifesto e un minuto de silencio polas mulleres asasinadas este ano a mans das súas parellas e exparellas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS