14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda opta a 1,5 millóns de euros de fondos europeos para o...

    Salceda opta a 1,5 millóns de euros de fondos europeos para o cambio de luminarias en todas as parroquias

    O Concello de Salceda de Caselas vén de solicitar unha subvención ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) para o cambio de todas as luminarias do concello por importe de 1.435.031,82 €, a cargo dos fondos europeos do programa de rexeneración e reto demográfico do plan de recuperación, transformación e resiliencia.

    Con este cambio, que abarcaría 2.778 puntos de luz en todo o municipio, completaríase o proceso iniciado vai uns meses, cando se procedeu ao cambio das luminarias do casco urbano por parte da Concellería de Servizos Municipais, dirixida por Miguel González que subliña que por parte do Goberno local trabállase “para chegar ao obxectivo de que o 100 % das luminarias do concello conten con tecnoloxía LED, co importante aforro enerxético que conleva para a veciñanza e a redución de gases de efecto invernadoiro á atmosfera”.

    Coa substitución das vellas luminarias de sodio polas modernas de LED, acadaríase unha redución do consumo enerxético do 70 %, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.

    Outro dos aspectos importantes é a mellora no servizo prestado a cidadanía, xa que as modernas luminarias de tecnoloxía LED contan con maior intensidade e claridade na iluminación. Ademais, estas novos puntos de luz contan cun sistema de telexestión, o que permitiría modificar a potencia lumínica segundo as necesidades e a situación do punto.

    A solicitude feita enmárcase dentro da medida 4 do programa DUS 5000, que procura a loita contra a contaminación lumínica, alumeado eficiente e intelixente, Smart Rural e TIC. Este programa vai dirixido a concellos de menos de 5.000 habitantes, ou concellos de ata 20.000 habitantes con núcleos de poboación de menos de 5.000.

    Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón fixo fincapé no traballo que se está a realizar “para cumprir cos obxectivos da axenda 2030 e do PACES, para ter unha Salceda cada vez máis implicada co medio ambiente e coa cidadanía”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.