Sábado, 31 Maio de 2025

Mos remata o mes da muller cunha axuda autonómica concedida para a contratación de vítimas de violencia

0

O Concello de Mos remata o mes da muller, o mes de marzo, cunha moi boa nova neste senso, a resolución favorable da concesión dunha axuda autonómica de preto de 53.000 euros para a contatación de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero a xornada completa durante un ano. Contratación que persegue uns claros obxectivos integradores e socializadores, así como de mellora da autoestima e autonomía económica de mulleres vítimas desta lacra social. Unha maior independencia e empoderamento para axudalas a que logren superar a dura situación que están a vivir.

A axuda enmárcase na liña de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, convocada para o ano 2022.

Á administración local mosense foille concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia unha subvención para a contratación de 2 mulleres cunha duración de 12 meses por importe total de 52.563,60 €.

O Concello de Mos leva todo o mes celebrando iniciativas e actividades conmemorativas do 8M, Día Internacional da Muller, que culminarán o vindeiro 5 de abril coa presentación do Presentacion do IV Plan de Igualdade do Concello de Mos 2022-2025.

E do 24 de marzo ao 1 de abril realízanse as “I Xornadas de Intervención e tratamento contra a violencia” que a concellería de Política Social e Igualdade e o CIM de Mos organizan dentro da programación do 8M.

As Xornadas de intervención contra a violencia de xénero celébranse durante as tardes dos días 24, 25, e 31 de marzo e 1 de abril.

Son impartidas e moderadas por técnicos (xuízas, mestras, psicólogas, avogadas… entre elas Marina Marroquí, que é escritora e Educadora Social) e Concepción Cendón, psicóloga forense, Asunción Lois, avogada responsable da quenda de oficio de vítimas de violencia do Colexio de Avogados de Vigo, Ana Mª Rodríguez Cabaleiro, María Martínez, Asunción Ávarez, Felisa Balboa, Olegaria Mosquera, Belén Rubido, Rosana Izquierdo, Elena Molanes e Isabel Ramos.

As “Xornadas de intervención interdisciplinar e tratamento da violencia contra as mulleres”, celébranse en horario de 16.00 horas a 19.00 horas.  Estas Xornadas son de suma importancia para dotar de recursos formativos ao personal municipal e implementar a perspectiva de xénero en todos ámbitos da vida municipal, así como implicar a todos e  todas  na  loita  contra esta lacra  social.

Con estas Xornadas de carácter multidisciplinar quérense adoitar medidas en todos os ámbitos que interveñen nun caso de violencia machista, potenciar e consolidar servizos e programas para proporcionar unha coordinación integral de todos os departamentos municipais e dar unha resposta eficaz, rápida e homoxénea na intervención coas vítimas dos malos tratos.

A importancia destas intervencións, impón establecer un protocolo de actuación como unha ferramenta imprescindible, que permita coordinar o traballo que se realiza no ámbito da intervención na violencia contra as mulleres e compartir unha mesma metodoloxía os diferentes recursos humanos e axentes do municipio. Estes protocolos permiten definir as competencias e funcións dos diferentes recursos e establecer sistemas de comunicación estables entre os profesionais que interveñen neste ámbito.

Abril será o mes do libro no Rosal

0

Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello ten xa preparada unha programación especial coa que convidar a toda a veciñanza a conmemorar o Día do Libro e a gozar da literatura, da cultura e do lecer para toda a familia. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca que este mes poderase desfrutar dunha ampla axenda “coa que seguir enchendo o noso concello dunha programación diversa, na que todas as persoas poderán atopar actividades coas que pasar un bo rato, nesta ocasión coa literatura como gran protagonista”.

As actividades comezarán este mesmo venres 1 de abril na Biblioteca municipal co contacontos do libro de Francisco Álvarez, Koki, de ‘Olivia e o clarinete máxico’ (17.00 h), un evento dirixido a público infantil no que colabora a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. A programación continuará o mesmo sábado 2 no auditorio municipal a partir das 19.30 horas coas audicións do alumnado da propia Escola de Música. O domingo 3 de abril a actividade volve de novo ao auditorio con ‘O porco de pé’, de Producións Teatrais Excéntricas, unha obra teatral para público adulto da que se poderá desfrutar a partir das 19.30 horas.

A vindeira semana a programación cultural continuará o xoves 7 na biblioteca municipal coa presentación do libro ‘Versiones de mi que desconozco’, de Vanesa Rodríguez ás 19.00 horas. O sábado 9 a Agrupación Musical do Rosal volve ser a protagonista co seu Festival de Primavera para público familiar ás 20.00 horas no auditorio. O 10 de abril será domingo de sesión de cine e risas con ‘A herdanza’, a película do Grupo San Roquiño, unha actividade para todos os públicos ás 19.30 horas no auditorio municipal.

O domingo 17 a veciñanza poderá gozar do teatro, a danza e a música para público adulto con ‘Lara Hierro’, da compañía de Constance Hurlé no auditorio (19.30 h) e o venres 29 coa presentación do libro de poemas ‘Círculos concéntricos’ de Iria Supertramp na Biblioteca municipal ás 19.00 horas.

Xunto con toda esta programación cultural, O Rosal contará este mes de abril con moitas actividades centradas na literatura na que os rosaleiros e rosaleiras serán os protagonistas. Así, durante este mes realizaranse e publicaranse vídeos do alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier lendo un conto, dun vídeo promocional da biblioteca municipal, doutro da libraría co que poder coñecer as últimas novidades lectoras, pezas con recomentacións de libros feitas polas persoas que participan no Club de Lectura ou vídeos da veciñanza lendo unha pequena historia.

Ademais, o Concello colaborará co CRA María Zambrano na edición de marcapáxinas feitos polos nenos e nenas cun código QR que leva información relacionada con diferentes libros. E, como é habitual, co gallo da conmemoración do Día Internacional do Libro a biblioteca entregará os premios ao bo lector nas categorías de infantil, xuvenil e adulto.

Abril, mes dos libros en Ponteareas

Abril será o mes dos libros en Ponteareas. O Concello conmemorará o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, que se celebra o vindeiro 23 de abril, cun ciclo de presentacións de obras de escritores e escritoras da comarca ou vinculadas con Ponteareas. “Con esta actividade, ademais de homenaxear o soporte principal a través do que se comunica a cultura, buscamos destacar a importancia da creación literaria en todos os xéneros e para todas as idades”, explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

As presentacións realizaranse todos os venres deste mes, agás o de Semana Santa, ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal. A entrada será libre ata completar aforo.

A primeira cita será coa escritora das Neves Sara Vila Alonso e a súa obra ‘Oito días sen Eva Cortes’, gañadora do premio III Nova de Narrativa convocado pola Editorial Galaxia. A obra está centrada na desaparición dunha rapaza en Pontevella que sacode á sociedade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos e moita información morbosa nos medios de comunicación para facer dun suceso tan tráxico unha noticia sensacionalista. O diario da vítima, Eva Cortes; as novas do suceso e a visión dunha das xornalistas, Antía Ubeira, son as tres voces que narran esta trepidante novela.

O vindeiro 8 de abril será a quenda da escritora Rochi Novoa Vázquez, que presentará a súa obra acompañada do guitarrista Daniel Soldevilla. O día 22, Francisco Álvarez, Koki, falará ao público de ‘Aldea Buxán’, un libro escrito por un emigrante que lembra o eido orixinario e ao que retorna coa memoria cada pouco. O ciclo pecharase o 29 de abril coa presentación de ‘As costas do alén’, obra escrita por Fernando J. Morado e ilustrada por A. Flaira María Rodríguez.

“Continuamos cunha época de pleno esplendor na creación literaria na nosa vila, coa aparición de autores e autoras novas que temos que dar a coñecer á veciñanza”, asegura Groba, que salienta que este ciclo de presentacións “pecha a programación que abrimos cos obradoiros de escrita creativa e que alimentamos dende o Concello convocando certames e premios de creación literaria e investigación e publicando volumes cos textos premiados”.

O Goberno aposta polo turismo sostible cun investimento no concello de Baiona

0

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe a aposta do Goberno pola cohesión territorial e o impulso ao turismo sostible de Galicia e puxo como exemplo a achega de 2 millóns de euros do Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística do Concello de Baiona. O de Baiona é un dun dos trece Plans que subvenciona o Goberno de España en Galicia ao abeiro do primeiro Programa Extraordinario dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino e con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

José Miñones achegouse esta maña ao entorno da igrexa de Santa Liberata, no Concello de Baiona, para coñecer de primeira mán a actuación de renaturalización do zona da capela, unha das accións proxectadas no Plan e subvencionada polo Goberno. Alí estivo acompañado polo alcalde do municipio, Carlos Gómez, e pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

Durante a súa visita, José Miñones destacou que o Goberno busca con estes investimentos poñer en valor os recursos patrimoniais de Baiona e promover un turismo máis verde e unha mobilidade máis eficiente. Neste sentido, o delegado destacou a importancia desta “achega histórica, que permitirá ao Concello liderar accións que contribúan a mellorar a competitividade e calidade do sector e a apuntalar a súa posición como referente do turismo galego”. 

O Plan de sostibilidade turística de Baiona

O delegado do Goberno explicou que o Plan presentado polo Concello de Baiona busca desestacionalizar o turismo e facer desta localidade un destino máis verde, máis competitivo e máis sostible mediante a mellora do seu carril bici, a posta en marcha dun sistema de alugueiro de bicicletas, a creación dun aparcadoiro disuasorio e a renaturalización do entorno de Santa Liberata. As actuacións enmárcanse dentro da primeira convocatoria extraordinaria dos Plans de Sostibilidade Turística e deberán executrarse entre 2022 e 2024.

José Miñones informou de que esta non é a única actuación do Plan de Recuperación do Goberno que se está a levar a cabo no municipio, xa que o Programa Único do Ministerio de Asuntos Económicos e Avance Dixital  permitirá a 267 vivendas e empresas da localidade contar con conexión a Internet de banda ancha. “Ambas inversións —subliñou o delegado— evidencian o compromiso deste Goberno co municipalismo e coa cohesión social e territorial”.

720 M€ na segunda convocatoria extraordinaria de Plans de Sostibilidade

O delegado do Goberno quixo, así mesmo, animar a todos os concellos galegos a que participen na segunda convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística. Esa segunda convocatoria, que foi anunciada onte pola ministra de Industria, Turismo e Comercio, Reyes Maroto, permanecerá aberta do 1 de abril ao 17 de maio e contará cun orzamento de 720 millóns de euros.

A primeira convocatoria extraordinaria permitiu financiar 13 proxectos en Galicia por un importe de 29,3 millóns de euros.

O Goberno local denuncia “os incumprimentos” dos compromisos adquiridos pola Xunta en materia educativa

0

O Goberno local de Redondela, que preside a alcaldesa Digna Rivas, denunciou hoxe os “continuos e reiterados incumprimentos” da Xunta de Galicia con respecto aos compromisos adquiridos co Concello redondelán en materia de educación, compromisos referendados pola delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, durante unha reunión mantida en maio do 2021 coa alcaldesa redondelá.

Para a rexedor local non é de recibo que de obras como a ampliación do IES Pedro Floriani, “anunciadas pola Xunta como inminentes, non se teña noticia algunha, ao igual que acontece coas pistas polideportivas do IES Illa de San Simón para as que o Concello segue a espera dun convenio de colaboración do que non hai noticias”.

“Cando o Concello adquire un compromiso con outra administración ou coa veciñanza á que representa, o cumpre. Tristemente a Xunta de Galicia mídese por outros baremos, entre eles ‘a afinidade política’ dos concellos, sen decatarse que a administración local é representante de toda a veciñanza sen ningún tipo de distinción”.

Nese sentido, o Consello Escolar de Redondela, órgano consultivo e de participación de todos os sectores implicados no ensino, acordou na súa última reunión esixir á Xunta de Galicia a realización “urxente” de distintas obras nos centros escolares “e que faga fronte aos compromisos adquiridos no seu momento coa comunidade educativa”. Algunhas das obras esixidas levan no esquecemento máis dun ano, –como é o caso do arranxo das fiestras do Colexio de Cesantes e o Alexándre Bóveda– e outras poden ter incluso repercusións para a saúde da comunidade educativa como é o caso da retirada de amiantos dos colexios especialmente no IES Pedro Floriani.

En todo caso, lembra a alcaldesa de Redondela, “trátase de que a Xunta faga fronte aos compromisos adquiridos co Concello e a comunidade educativa”.

Bacharelato de Artes

Doutra banda, o Consello Escolar Municipal aprobou, por unanimidade, esixir á Xunta de Galicia a implantación dun Bacharelato de Artes no municipio de cara “a garantir o dereito á educación e á igualdade de oportunidades para toda a mocidade de Redondela”.

No escrito, o Consello lembra que a necesidade de implantar este bacharelato foi referendada, tamén por unanimidade, polo Pleno da Corporación do 28 de xuño do 2021 e pola Comisión de Ensino do Parlamento de Galicia do 22 de setembro do mesmo comprometéndose “a cuantificar a demanda destes estudos como paso previo á súa implantación no curso 2022/2023 vendo a demanda existente destes estudos en Redondela”.

A alcaldesa Digna Rivas lémbralle á administración educativa “que Redondela é o cuarto municipio da provincia e, aos seus mozos e mozas, estáselle a negar unha especialidade do bacharelato que se lle deu a concellos con menor número de habitantes”. A rexedora local subliñou que a implantación destes estudos “non só beneficia ao alumnado do municipio de Redondela, senón tamén ao do veciño Pazos de Borbén cuxos mozos e mozas estudan nos IES redondeláns, ou mesmo aos estudantes de Soutomaior que carecen desta especialidade de bacharelato”.

Por ese motivo, o Consello Escolar acordou “esixir a implantación do Bacharelato de Artes en Redondela o próximo curso 2022-23 á Consellaría de Cultura, Educación e Universidades” e, ao mesmo tempo, trasladar o acordo acadado “ao Goberno Municipal de Redondela, á Xefatura Territorial de Educación, á Consellaría de Cultura, Educación e Universidades e aos medios de comunicación”.

43 persoas comezaron hoxe a traballar no Concello do Porriño

43 traballadores incorporáronse hoxe ao cadro de persoal do Concello do Porriño, onde desenvolverán as súas funcións a xornada completa durante seis meses.

A primeira hora da mañá, o alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros Rosario Costas, Ramón Porto e Jose Carlos González, déronlle a benvida ao Concello na súa primeira xornada laboral.

“Agardo que estes meses de traballo sexan enriquecedores para todos vós, que vos sirvan para gañar experiencia, mellorar o voso perfil profesional e abrirvos novas oportunidades”, apuntou o alcalde. Lorenzo recordou que estas contratacións non só permiten incorporar ao mundo laboral a estas persoas que se atopaban en búsqueda activa de emprego, senón tamén prestar en condicións servizos que non se estaban a prestar de maneira axeitada nos últimos anos e impulsar novas iniciativas. “Co voso traballo contribuiredes a poñer en marcha de novo O Porriño”, concluíu o rexedor.

Para facer posible este reforzo de persoal o Concello fixo a maior aportación de fondos da súa historia, reafirmando o seu compromiso coa xeración de emprego. A contratación destas 43 persoas supuxo unha inversión total de 450.489 euros, dos que o Concello aportou 224.061 euros e os restantes proceden da liña 3 do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

Os traballadores prestarán servizo nos diferentes departamentos municipais. No de Obras incorpóranse dous carpinteiros, un soldador, tres albaneis, un fontaneiro e un tractorista/condutor de grúa. No departamento de Parques e Xardíns traballarán doce peóns forestais, na área de Servizos Sociais un auxiliar administrativo, na Unidade Asistencial a Drogodependentes un auxiliar de enfermería e no de Cultura dous auxiliares administrativos. Un técnico exercerá no departamento de Turismo e outro o fará no de Novas Tecnoloxías. Tamén se incorporan hoxe seis conserxes nas áreas de Deportes, Mercados, Persoal e Cultura e dous orientadores laborais que traballarán en Porremprego.

A Xunta financiará as obras de mellora da escola infantil de Covelo

0

A Xunta financiará obras de mellora na escola infantil de Covelo, pertencente á rede pública autonómica, por un valor estimado de 16.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe este centro acompañado do alcalde do municipio pontevedrés, Juan Pablo Castillo.

Perfecto Rodríguez explicou que entre as actuacións propostas está a mellora do chan nas aulas, na sala de usos múltiples e na zona de sono onde están os berces dos máis pequenos. A intención é substituír o chan actual por pavimentos flotantes de PVC continuos, co fin de mellorar as condicións de illamento.

Outras intervencións programadas no centro son a renovación das portas de aluminio interiores que dividen a aula de usos múltiples e a colocación dun toldo no exterior que permitirá a utilización deste espazo durante todo o ano. Así mesmo, melloraranse a sinalización e os elementos de emerxencia, eliminaranse pequenas humidades en paredes e colocaranse novas proteccións no mobiliario.

Todas as obras desenvolveranse ao longo do mes de verán, aproveitando o peche do centro. A necesidade destes traballos foi previamente acordada coa comunidade educativa e contarán coa supervisión técnica do Consorcio e do Concello, que se encargará de executalos. O ente autonómico financiará o 100% das melloras mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público.

Gratuidade

Na actualidade a escola infantil de Covelo presta servizo ás familias dunha vintena de nenas e nenos de 0 a 3 anos e dispón de dúas unidades en funcionamento. A partir do curso 2022-2023 a atención educativa neste centro será de balde para todos os nenos, xa que o Goberno galego decidiu estender tamén aos primoxénitos a gratuidade da que desde abril de 2020 xa desfrutaban os segundos fillos e sucesivos.

Así, o vindeiro curso a Xunta aplicará a gratuidade xeral da educación infantil para todo o alumnado e en todas as escolas: as públicas, as de iniciativa social, as privadas e as que son dos Concellos, sempre que estean ao corrente co Consorcio.

Chegan a Salvaterra os campamentos de Semana Santa

O Concello de Salvaterra de Miño realiza un ano máis o Campamento de Semana Santa dentro do seu programa de conciliación da vida laboral e familiar.

A actividade levarase a cabo os días 11, 12, 13 e 18 de abril na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00h, con posibilidade de ampliación dende as 7:30h. Os destinatarios son nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2019 e o prazo de inscrición será dende o 1 ao 7 de abril, a cal se poderá realizar no rexistro do Concello ou mediante a sede electrónica.

Xogos, manualidades, cociña e experimentos serán algunhas das actividades que os nenos e nenas realizarán para pasar unha Semana Santa moi divertida.

Máis información no Concello de Salvaterra ou na páxina web do Concello.

Preséntase en Gondomar o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

0

A Aula de Cultura Ponte das Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, acollerá este venres, día 1, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas, publicado por Belagua Ediciones. O acto terá lugar ás 20.00 h e nel invervirá, xunto ao autor, o analista internacional Lino Pellitero.

Coa publicación do seu libro, Roberto Mera recuperou para a historia a vida do seu tío bisavó, o deputado republicano Alejandro Viana (Ponteareas, 1877-México DF, 1952), cuxa intervención foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o estoupido da guerra civil española.

A través dunha inxente documentación atopada en diversos arquivos, Mera Covas constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaséis últimos anos da vida de Alejandro Viana, «un home íntegro e entregado aos demais», que fuxiu a Francia co goberno da República e arriscou a súa vida, acosado pola Gestapo e a Falanxe, para salvar a decenas de miles de persoas antes de poder el mesmo embarcar cara ao exilio en México, onde morreu en 1952.

O libro é, en palabras do seu autor, «un acto de xustiza para un home que merecería o apelativo do Schindler galego por méritos propios e que, porén, foi vítima, como tantos e tantas, do sepulcral esquecemento imposto polo medo e o terror de corenta anos de ditadura, alongado ata os nosos días por un vergoñento pacto de silencio».

Precisamente, para facerlle xustiza, recuperar a memoria e espallar a figura de quen foi, ademais, un relevante persoeiro do empresariado, a política e a sociedade viguesa anterior ao golpe de Estado de 1936, o autor está celebrando numerosas presentacións por toda Galicia. Tras o acto de Gondomar, o libro será presentado este mes de abril en Arbo (día 2), Moaña (día 8), Tomiño (día 9) e Ferrrol (día 29).

Mañá abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI do conxunto histórico de Tui

0

Mañá xoves, 31 de marzo, abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI, Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, correspondentes á fase 14ª. As bases reguladoras e a convocatoria pública destas axudas ven hoxe publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Poden beneficiarse desta convocatoria as persoas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva e das vivendas ubicadas nestes edificios. Así como as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de persoas propietarias, as sociedades cooperativas, as persoas físicas arrendatarias dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

As bases, publicadas hoxe, fixan os criterios para a concesión das subvencións previstas no Plan Estatal 2018-2021 para o programa de rexeneración e renovación urbana e rural relativo á Área de Rexeneración e renovación urbana casco histórico de Tui, entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui dentro do seu ámbito de aplicación.

As solicitudes poden presentarse dende mañá durante un período de 2 meses.

A Deputación premia o talento do alumnado que participou en “Depoemprende na FP”

“Todos os proxectos son gañadores e extraordinarios porque apostan por un novo mundo no que están presentes valores como o produto de proximidade, respecto ao medio ambiente, sostibilidade ou innovación”. Con estas palabras gabou a presidenta da Deputación a todas as iniciativas que participaron na sexta edición de “Depoemprende na FP” que celebrou hoxe o seu demoday cunha exposición das propostas máis destacadas na que non faltaron os nervios propios do momento, os aplausos do público ou as apertas e festexos ao coñecerse as e os gañadores. Na xornada, celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial, alumnas e alumnos de 8 centros da provincia -Vigo (3), Pontevedra (3), Bueu (1) e Cangas (1)- presentaron os 14 proxectos elixidos polos centros para participar neste certame no que se repartiron 1.900 euros en premios.

A iniciativa “Pastelería consciente” do CEIFP Carlos Oroza (Pontevedra) alzouse como gañadora da categoría de grao medio, que conta cun único premio de 700 euros. Esta proposta está centrada na alimentación consciente, saudable e con produtos galegos. Os premios para os proxectos de grao superior recaeron en “Tupperdición” do CEIFP Carlos Oroza (Pontevedra) -primeiro premio dotado de 700 euros- e “Optimus” do IES Rodeira (Cangas) -segundo premio con 500 euros-. A primeira delas trátase dun servizo de entrega a domicilio de comidas saudables en tuppers reutilizables. Pola súa banda, “Optimus” ofrece un script que optimiza o rendemento de Windows en equipos obsoletos ampliando a súa vida útil e maximizando o valor dos PC.

[su_image_carousel source=”media: 55424,55426,55425″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Carmela Silva puxo en valor a calidade destes proxectos e amosou o seu orgullo polo alumnado que participou en “Depoemprende na FP” e que na xornada de hoxe demostrou a “intelixencia e capacidade” que as e os levarán a ser os “seguintes líderes e lideresas da provincia”. Ademais, tivo palabras para as e os mestres dos centros educativos que alén do seu traballo diario se comprometeron con esta iniciativa e sen as e os que “non seríamos capaces de dar resposta ás novas necesidades que temos como sociedade”. A presidenta provincial tamén puxo o foco na Formación Profesional, da que se declarou “fan” e que “cada vez ocupa máis lugar na nosa sociedade ademais de ser imprescindible para garantir que as persoas mozas poidan ter unha vida e empregos de calidade e promover novas iniciativas” como as expostas no Pazo Provincial. E lembrou as cifras nas seis edicións de “Depoemprende” que suman xa 3.464 alumnas/os de 132 centros, “o que mostra o compromiso educativo dos centros desta provincia”.

Unha provincia chea de talento

Ademais dos tres proxectos gañadores as e os participantes de “Depoemprende na FP” presentaron iniciativas que teñen tras de si “empresas potentes que dan resposta ás demandas da cidadanía”. Na categoría de ciclo medio o alumnado do CIFP A Xunqueira (Pontevedra) falou no Pazo Provincial de “SAB”, unha iniciativa de domótica que potencia as enerxías renovables, e de “Ponte-Poppins”, un servizo de atención e coidados a nenas e nenos mediante unha aplicación informática. Dende o CIFP Lourizán (Pontevedra) presentaron “Desbroces do que arde”, un proxecto centrado no roza selectiva.

As propostas de grao superior tamén foron moi variadas. O CEIFP Lourizán (Pontevedra) participou nesta categoría co proxecto “Recalnature”, unha iniciativa baseada na repoboación de montes con especies arbóreas frondosas dando prioridade ás autóctonas. Á exposición de proxectos sumouse o alumnado do IES Johan Carballeira (Cangas) cos proxectos “Belbade S.L.”, baseado na venta de produtos ecolóxicos de hixiene íntima feminina, e “Huella eterna”, unha iniciativa de cremación e sepultura de animais domésticos.

Nesta categoría tamén expuxo proxectos o CEIF Valentín Paz Andrade (Vigo), con dúas iniciativas empresariais. Unha delas é “Green Office, Sociedad Cooperativa de Galicia” baseada nunha oficina técnica para a xestión de subvencións de enerxías renovables, e a outra “Filo infinito S.L.”, centrada no afiado, fabricación e restauración de ferramentas de corte. Pola súa banda un alumno do CEBEM Formación Profesional (Vigo) presentou “Galecomar”, un software para axudar na xestión das bateas, e o do CIFP Manuel Antonio (Vigo) expuxo dúas propostas: “Bivalvia” e “Scatha cosmética”. A primeira delas é un proxecto empresarial de desenvolvemento de test rápidos e a segunda unha iniciativa baseada en produtos cosméticos con ingredientes galegos.

Un informe técnico aconsella a corta de tres árbores do Xardín da Xiralda para evitar riscos para a veciñanza

O Concello de Ponteareas comezará este xoves 31 a corta de tres árbores situadas no Xardín da Xiralda tras un informe técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro que recomenda a súa retirada polo alto risco de caída. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, destaca que tras os resultados do estudo, “que ve inviable a recuperación dun abeto vermello, dun ciprés e dun cedro do Himalaia procederase a cortalos para garantir a seguridade da veciñanza e evitar calquera tipo de perigo”.   

Unha das árbore con risco de desprendemento é un ciprés (Cupressus sp) de case 13 metros de altura e máis de 30 anos que está seco na súa maior parte e que, segundo recolle o informe, ao ser unha especie non fotosensible a posibilidade de que volva brotar é case nula e o risco de caída de ramas moi elevado. Dada as condicións sanitarias e estruturais do exemplar, o autor do estudo, Gaspar Bernárdez Villegas, doutor en Investigación Agraria e Forestal, recomenda a súa retirada.

Por outra banda, o abeto vermello (Picea abies) de 24 metros de altura e máis de 50 anos de antigüidade presenta unha infección por fungos (Botryosphaeria dothidea, Diaporthe rudis e Diplodia seriata) que fai que o informe técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomende a súa corta, xa que aínda que pode ser tratada, a alta toxicidade do funxicida que debe empregarse e a gran cantidade de ramas e agullas secas desaconséllao. O exemplar supón un perigo alto para a seguridade da veciñanza debido ao risco de fallo estrutural a medio-longo prazo, así como de crebadura de ramas e de caída arrancado a curto. 

O Concello tamén procederá á corta dun cedro do Himalaia (Cedrus deodara) de case 19 metros e 50 anos, xa que presenta unha estrutura moi feble e pode caer ou perder ramas de gran tamaño a curto prazo, causando graves estrados. A estes problemas estruturais súmase a presenza de fungos Galerina marginata e de Armillarea mellea na base do fuste, o que indica a presenza de madeira morta na zona. Tamén foron detectadas cavidades no interior da árbores, polo que o informe asegura que a viabilidade do exemplar está moi comprometida.

Arranca o plan de formación impulsado por Orpagu e o Concello da Guarda

0

Na xornada deste mércores día 30 de marzo de 2022 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Formación, Fátima Rodríguez, deron a benvida na sede de Orpagu xunto coa súa xerente, Juana Parada e profesorado, ao primeiro grupo de alumnos que participarán na formación dun plan que refrenda o compromiso da Organización de Palangreros Guardeses coa súa localidade, promovendo a formación específica necesaria para xerar emprego estable e de calidade.

Antonio Lomba, alcalde da Guarda, valora moi positivamente esta iniciativa de Orpagu, que ofrecerá oportunidades a quen poida acceder á formación, facendo especial fincapé en que é unha excelente oportunidade de inserción laboral para veciños da localidade.

Fátima Rodríguez, concelleira de Formación, animou aos asistentes e participantes nesta formación, para que aproveiten esta oportunidade de enriquecer coñecementos e formarse de cara a unha futura incorporación ao mercado laboral.

Juana Parada, xerente de Orpagu, agradeceu a colaboración amosada dende o comezo desta iniciativa por parte do concello da Guarda, para que esta formación sexa hoxe unha realidade.

Os participantes nestes cursos de formación gratuítos entrarán a formar parte dunha bolsa de traballo, da que se nutrirá a organización para os empregos que xere a súa planta de Tui.

Fieis ao compromiso social adquirido coa súa localidade, a Organización de Palangreros Guardeses impulsou sete cursos dentro dun plan de formación específico aberto a todas e todos os guardeses para o que conta coa colaboración económica do Concello da Guarda. Precisamente, o Concello da Guarda empregará a Líña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para financiar este proxecto coa cantidade de 6.000 euros, “para que a poboación guardesa teña unha opción real de acceso ao emprego”, sinalan dende a Alcaldía.

Unha aportación que dende a organización de palangreros valoran de forma significativa ao tempo que destacan a inestimable colaboración do Concello con esta iniciativa. Unha cooperación que, en palabras do presidente da organización, Joaquín Cadilla, “foi exemplar dende o primeiro día”.

Os cursos de “Almacenaxe en frío”, “Manipulador de alimentos e APPCC”, “Carretilleiro”, “Prevención de riscos en cámaras frigoríficas”, “Seguridade Alimentaria e alérxenos”, “Limpeza e Desinfección” e “Boas prácticas de manipulación” desenrolaranse entre as 9:00 e as 14:00 horas e terán lugar, en diferentes datas, entre o 30 de marzo e o 20 de xuño. Todos os cursos serán impartidos na sede da Organización de Palangreros de A Guarda (Manuel Álvarez, 16 baixo), a excepción do curso de carretilleiro, que impartirase en formato on-line a parte teórica e nas instalacións de Herrajes Martínez, a parte práctica.

As persoas que conclúan con éxito os cursos formarán parte da bolsa de traballo da que Orpagu nutrirase para conformar a plantilla da planta frigorífica que está construíndo en Tui. A planta estará plenamente operativa en 2022 e creará ao redor de 30 postos de traballo. Os inscritos nos cursos de formación que queden fora dos postos ofertados por Orpagu gozarán desa formación gratuíta, que lles permitirá acceder a empregos noutras empresas do sector, cuxa demanda de traballadores ten aumentado nos últimos anos.

Aínda que este plan formativo estivo aberto para todas as persoas interesadas, nos criterios de selección priorizouse que fosen naturais da Guarda, cumprindo desta forma cun dos preceptos da FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) que apoia os proxectos que creen emprego e melloren a calidade de vida da poboación no litoral.

A nova planta, infraestrutura necesaria para seguir crecendo

Cunha inversión de seis millóns de euros, a planta e centro de I+D está emprazada no parque empresarial de Areas, cunha estratéxica situación polo seu acceso directo á A55 e á Vía Tui-A Guarda. A nave albergará un almacén frigorífico con capacidade para 3.000 toneladas de pescado e unha aula de experimentación para traballar en novos produtos e formatos coa intención de chegar ao maior número de consumidores posible.

Este proxecto da Organización de Palangreros Guardeses ten coincidido no tempo con seu 25 aniversario e dado o seu custe e obxectivos conta con financiación europea e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

Luis Piña visita o pavillón para ver o resultado das obras de mellora da cuberta

0

Luis Piña, alcalde da Cañiza, visitou onte pola mañá a instalación municipal na que se executaron as obras de reparación e mellora da cuberta, cun investimento de 48.296,98 €, financiado a través dun convenio de colaboración entre a vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello, asinado o pasado 22 de novembro de 2021.

Nesta ocasión estivo acompañado dos entrenadores dos equipos superiores feminino e masculino do Clube de Balonmán Cañiza.

A actuación desenvolvida no tellado da instalación deportiva municipal consistiu na retirada de 269 m2 do lucernario deteriorado, a reparación de 104 m.l. de canalóns de chapa e a retirada de 52 metros lineais da cumbrera antigua, repoñendose todos estes elementos por mellores calidades.

Ademáis retiráronse os 6 aireadores estáticos da cuberta para sustituilos por sombreretes circulares xiratorios de aceiro inoxidable. Tamén se adecentou e aplicou protección en 56 m2 do solado.

Unha inversión que evitará que se volvan a filtrar as augas pluviais que inundaban a pista de xogo  e outras zonas estructurais deste pavillón que ademáis é unha das instalacións deportivas de maior uso por parte dos clubes da Cañiza e como xa dixo o rexedor, Luis Piña, noutras ocasións “este pavillón é a base e o centro de adestramento e de xogo do Clube Balonmán da Cañiza, «equipo de élite do noso Concello»”.

“As mulleres que opinan” fai memoria da primeira edición do congreso celebrada no 2018

Cun formato de debate ao mellor estilo do foro “As mulleres que opinan son perigosas”, as xornalistas Diana López Varela e Susana Pedreira deron a coñecer onte no Pazo Provincial da Deputación os contidos do libro que fai memoria da primeira edición do congreso celebrada no 2018, que puxo á provincia de Pontevedra como centro e referencia da igualdade e o feminismo no Estado. O salón de plenos vestiuse na tarde de onte de lila e coas ilustracións de Emma Gascó, que inclúe a obra, para acoller a presentación deste volume, que converte os quince relatorios daquel debut  noutras tantas crónicas coas que as xornalistas buscan reflexionar sobre o eco do evento despois de catro anos e unha pandemia. No acto, no que se deron cita máis de medio cento de representantes do xornalismo, da política, da cultura e da Universidade, López e Pedreira mantiveron un ameno diálogo coa presidenta provincial, Carmela Silva, e co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que subliñaron a repercusión acadada polo congreso e amosaron a súa emoción pola próxima volta á presencialidade do debate.

“As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despois” repasa en clave xornalística os trece relatorios e as dúas mesas daquel primeiro congreso, que xurdiu en resposta a un foro de columnistas en León que non incluíra a ningunha muller. Na primeira edición participaron, amais de Susana Pedreira e Diana López, María Varela, Ana Bernal Triviño, Elisa Beni, Marta García Aller, Rosa Montero, Fernanda Tabarés, Inma López Silva, Lucía Taboada, Emma Gascó, Anita Botwin, Celia Blanco e Ana Pardo de Vera. Do volume se ten realizado unha tirada de 1.500 exemplares que tamén se distribuirán na quinta edición do congreso.

Como explicou hoxe Susana Pedreira, “o libro é un exercicio de periodismo para recuperar e gardar a memoria da primeira edición dun congreso pioneiro como foi ‘As mulleres que opinan son perigosas’, e para reflexionar desde a actualidade entrevistando ás protagonistas. Pasaron catro anos e unha pandemia, e todo o vivido desde entón atravesa o libro porque atravesou as vidas de todas nós, de todos os que estades hoxe aquí”.  Para a xornalista, despois do período transcorrido “non hai dúbida de que hoxe hai máis mulleres opinando nos medios de comunicación que fai catro anos”. “Todas as xornalistas convidadas a Pontevedra en 2018 seguen opinando –afirmou-, e moitas delas ampliaron os espazos mediáticos nos que teñen palestras desde as que facerse escoitar”. Tamén Diana López Varela insistiu en que “catro anos e unha pandemia despois se algo teño claro é que as xornalistas feministas non só somos perigosas senón que somos máis necesarias que nunca para o oficio e para o conxunto da sociedade”. “Custounos moito ocupar os espazos e agora temos que facer un exercicio de resistencia, aínda que as veces custe –engadiu-. E custa moito mais cando es nai”.

A presidenta provincial Carmela Silva lembrou con emoción aquel primeiro foro “e a rabia contida que deu pulo a un encontro que nos encheu de inmensa felicidade e ledicia”. “Porque hai mulleres –sentenciou-,moitas e moi potentes. Grandes xornalistas con voz e ideas propias repletas de optimismo, que rompen teitos de cristal e de formigón armado. Mulleres que se encontraron e situaron a provincia como un grande eixe central e reivindicativo da igualdade no xornalismo de todo o Estado, pero tamén como punto de encontro anual e como xeito de tecer unha rede de amizade, intercambio de ideas, de colaboración e sororidade inigualable”. Lamentablemente, resaltou, “aínda hai que seguir facendo moito traballo de pico e pa, esforzarse en derrubar teitos de cristal e rachar con chans pegañentos e apostar por visibilizar o talento das mulleres”. Neste senso, apuntou que a obra presentada hoxe rememora un momento histórico que se produciu ás portas do 8M e constitúe un novo pilar “polo que supón de memoria para as novas xeracións” dentro desta loita pola igualdade, como o serán as vindeiras edicións “que xa estamos agardando con impaciencia”.

Pola súa parte, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores destacou a importancia da publicación que hoxe se vén de presentar; de que o papel recolla as ponencias e as intervencións realizadas durante estes anos no foro “As mulleres que opinan” nun compendio que poida ser consultable en calquera momento. “Será a mostra do labor desenvolvido a prol do feminismo por ducias de mulleres que escolleron Pontevedra para ser un referente na defensa dos dereitos das mulleres”.

“LIXO” da compañía “O baúl da tía tola”, proposta lúdico cultural para este domingo en Tomiño

0

“Lixo”, un orixinal espectáculo teatral e de danza para público infantil e familiar, chega o domingo 3 de abril a Tomiño, dentro do ciclo Primavera Activa.

Unha escenografía creada a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña, permite ás integrantes da compañía teatral ”O baúl da tía tola” xogar con obxectos que poderían ser simples desperdicios.

As dúas protagonistas (Anna Cañadillas e Soraya Paradela), unas bailarinas moi peculiares, mergúllanse nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento, para vivir unha aventura na que teñen que crear “cultura a través da varredura”.  

Dúas bailarinas que se comunican con pareados, que se moven con pasos de ballet inventados por elas mesmas, axudándose das luces para crear diferentes atmosferas ao longo de todo o espectáculo, dando así ritmo e rima a toda a obra.

O espectáculo é para desfrute familiar, aínda que pensado especialmente para nenos e nenas a partir de 2 anos.

  • Data: Domingo 3 de abril
  • Horario: 17.30h
  • Idade: público infantil e familiar
  • Lugar: Auditorio de Goián
  • Prezo: 3€ persoas adultas, menores de 12 anos 1,5€

Avelaíña inaugura un novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral en Ponteareas

A Asociación Avelaíña conta desde hoxe cun novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral en Ponteareas. A entidade inaugurou este martes estas novas instalacións coa presenza da alcaldesa ponteareá, Cristina Fernández Davila; do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; da presidenta da asociación, Fernanda Orduna; da concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera; así como de autoridades sanitarias do SERGAS, alcaldesas e alcaldes das comarcas da contorna, xunta directiva, familiares e usuarios e usuarias da asociación.

Fernández Davila quixo agradecer unha vez máis “o labor tan importante que Avelaíña leva anos desenvolvendo na vila, unha función esencial e imprescindíbel nas políticas de saúde pública”. O Concello de Ponteareas colabora dende hai anos coa asociación apoiando o programa de integración de persoas con enfermidade mental no seu ámbito comunitario, o Programa Achego, un programa iniciado en Ponteareas que é referente incluso a nivel nacional e que inclúe medidas como obradoiros para mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias, dos seus familiares e achegados e mellorar a súa atención na súa contorna psicosocial e comunitaria máis próxima.

Durante o ano pasado, a asociación Avelaíña atendeu en Ponteareas arredor de 40 persoas e familias ás que lles prestou o servizo de información e asesoramento, de apoio psicolóxico ou de apoio comunitario. Ademais, ao abeiro do programa de integración, só no ano 2020 a entidade realizou 411 actuacións individuais na comarca, 167 coordinacións, 40 servizos de acompañamento comunitario e 32 actividades.

“Avelaíña traballa dende hai 25 anos na comarca para potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e da dos seus familiares. E para nós é un orgullo ver como a asociación vai crecendo e incorporando novos servizos fundamentais para a nosa contorna”, salientou a edil de Benestar.

O novo centro de rehabilitación, situado na rúa dos Carballos, contará con 30 prazas concertadas polo SERGAS para persoas con enfermidades mentais das comarcas do Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas. Con 314 metros, este novo centro suporá un salto cualitativo na atención das persoas con enfermidade mental das comarcas e permitirá prestar unha atención máis continuada, acabando coa saturación do Programa Achego.

A presidenta de Avelaíña, Fernanda Orduna, salientou que “con este novo centro preténdese mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias, así como manter á persoa enferma na contorna comunitaria, dar apoio ás familias e prestar servizos de rehabilitación psicolóxica e social mediante unha atención integral”. Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comprometeuse a que en abril comece a funcionar a Unidade de Saúde Mental para adultos de Ponteareas, un servizo demandado dende hai moitos anos e moi necesario para a comarca, complementario ao inaugurado este martes. García Comesaña asegurou que a unidade, que dará servizo a toda a comarca, contará con 4 profesionais que comezarán a súa actividade en horario de tarde mentres non se realizan as reformas para habilitar os novos espazos no centro de saúde.

Baiona recibe unha subvención para contratar víctimas de violencia de xénero

0

O Concello de Baiona, recibe unha subvención de 49.136,16 euros para a contratación, durante 12 meses, de dúas vítimas de violencia de xénero. Yasmina Moreira, concelleira de Igualdade, salienta que “este é o terceiro ano que obtivemos subvención para contratar a vítimas de violencia de xénero”.

Dende o ano 2020 ata o de agora recibironse da Secretaría Xeral de Igualdade un total de 146.620.80 € para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero. Grazas a esta líña de subvencións , 4 mulleres se beneficiaron e 2 se beneficiarán este ano dos contratos que lles permitirán acadar unha maior estabilidade persoal , social e laboral.

Estas axudas son un impulso para as mulleres que veñen de vivir situacións de violencia que a miúdo van ligadas a unha dependencia económica dos seus agresores, tendo en conta tamén que a maioría delas teñen menores ao seu cargo. A subvención concedida enmárcase nas axudas para o fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero convocadas pola Secretaría Xeral de igualdade.

O Consello Climático organiza unha Xincana na Guarda o 9 de abril

0

A proba consiste na realización dun percorrido polo centro urbano de A Guarda con diferentes paradas para realizar retos e probas cos que os participantes obterán unha puntuación e unha pista para unha proba final.

A participación está recomendada para maiores de 12 anos polos coñecementos e habilidades necesarias para superar as probas. Existen dúas categorías: xeral (grupos de máximo 3 persoas maiores de 12 anos) e familiar (familias de ata 5 membros nos que pode haber menores de 12 anos).

Como mínimo unha persoa de cada equipo participante deberá inscribirse no seguinte formulario e ler as bases de participación da actividade.

Os participantes deben acudir con roupa e calzado cómodos para poder realizar os desprazamentos a pé. Non se permite o uso de patinetes, bicicletas nin ningún outro tipo de vehículos para a realización da proba.

Entregaráselle a cada equipo un mapa cos puntos aos que teñen que acudir para superar as diferentes probas. Pódense empregar móbiles e outros dispositivos para os desprazamentos. En cada proba, a persoa encargada da explicación e realización da mesma indicará aos participantes as normas para levala a cabo e o material que poden empregar.

A proba ten unha duración máxima de 2horas e 30 minutos.

Para calquera dúbida contactar con [email protected]

Inscricións en: https://bit.ly/xincanaAGuarda

A creación do Anel Verde do Miño será un dos obxectivos estratéxicos para a solicitude de fondos

A creación do Anel Verde do Miño, unha rede de sendeiros que unidos conforman circuíto continuo de 196 quilómetros polas ribeiras do río entre Galicia e Portugal, será un dos obxectivos prioritarios e estratéxicos na solicitude de fondos europeos para o territorio transfronteirizo do Miño no marco financeiro 2021-2027.

O proxecto do Anel Verde darase a coñecer este xoves nunha xornada de traballo organizada pola Deputación -na que participarán o AECT Rio Minho, a CIM Alto Minho, así como representantes dos concellos da ‘raia’ e dos Ministerios de Facenda e Reto Demográfico- para ser debatido e priorizado como unha das propostas ‘estrela’ que se presentarán ás convocatorias dos diferentes programas europeos.  

Esta aposta pola captación de turismo, ademais estar avalada pola ‘Estratexia 2030’,  coincide cos resultados da enquisa realizada en 2020 ´polo AECT Rio Minho a máis dun milleiro de persoas participantes en roteiros pola zona do Miño. Segundo a análise, existe un amplo consenso en que os sendeiros están chamados a ser “un claro factor de atracción de visitantes á zona que pode e debe ser potenciado”.

Unha grande maioría das persoas enquisadas declarouse “bastante ou moi satisfeita” coas características da ruta realizada, falando de “nivel de excelencia” pola beleza da paisaxe e a facilidade para transitar con crianzas e persoas maiores ademais de pola súa tranquilidade. Os puntos a mellorar foron os relativos á sinalización e aos servizos existentes no traxecto.

Con esa base o AECT elaborou un estudo e traballo de campo durante os anos 2020 e 2021 analizando todos os sendeiros das ribeiras galega e portuguesa (450 quilómetros) tanto a pé como en bicicleta e escolleu entre todos eles un circuíto circular transitable de 196 quilómetros que podería potenciarse tendo moitas posibilidades de mellora e de dinamización.

A proposta de longo percorrido pretende servir como artellador do territorio tanto a nivel de mobilidade como de turismo sustentable e saudable. Este Anel Verde estará dividido en 14 etapas nas que se deben potenciar unións, pontes ou bucles de unión e deseñar e realizar un proxecto de sinalización física e virtual.

Prevese publicar a rede de sendeiros nas plataformas outdoor como Wikiloc e nas webs institucionais, así como deseñar unha estratexia de dinamización e comercialización que sosteña o espazo natural do Miño como un destino turístico de calidade que reciba visitantes internacionais. Os fondos europeos que se consigan tratarán de cubrir todas esas necesidades para  chegar á máxima calidade da ruta.

Xornadas

A presentación do Anel Verde do Miño será un dos puntos que se abordará  o vindeiro xoves 31 en Tui na ‘Xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27’ organizada pola Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Cooperación Transfronteiriza.

O obxectivo do encontro será afondar nas necesidades e posibles novos proxectos para inxectar fondos europeos no territorio miñoto, toda vez que nestes momentos é de vital importancia reactivar economicamente a zona transfronteiriza do Miño tras o impacto dobre da pandemia da COVID polo peche de fronteiras, segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez.

Entre outras presentacións, celebrarase unha mesa redonda sobre as oportunidades de financiamento europeo na que estarán o subdirector xeral da Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea da Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda Adrián Vecino, o asesor do gabinete da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico  do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico Miguel Ángel Pérez Grande, e o director AECT Río Minho Rui Teixeira. 

Dezasete persoas incorpóranse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

0

Hoxe incorporáronse á plantilla do Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, a través da liña 3 do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

En concreto foron contratadas dez persoas coma peóns de horticultura e xardinería  e outras cinco persoas traballarán coma operarios de obras. Tamén se incorporou unha persoa coma oficial condutor e outra coma auxiliar administrativo.

A primeira hora desta mañá, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, lles daban á benvida ao concello no salón de sesións da casa do concello. Desexándolles que aproveiten esta oportunidade laboral.

Abre o prazo de inscrición nun Curso de Monitor de Ocio e Tempo Libre na Axencia de Colocación

0

Mañá abre o prazo de inscrición no curso de monitor de ocio e tempo libre incluído no programa municipal “Fórmate con Mos”.

O obxectivo xeral desta acción formativa é capacitar ó alumnado coa formación suficiente para desenrolar actividades de lecer e tempo libre tanto culturais como deportivas ou ao aire libre, en entorno urbano ou na natureza.

Os obxectivos específicos son formar unha personalidade que sexa capaz de transmitir motivación para adquirir hábitos, coñecementos e técnicas para desenrolar labores con nenos/as e xoves no mundo do tempo libre. Promover o traballo en equipo en tódalas actuacións educativas que se van realizando. Traballar ata un modelo de sociedade e de persoa no que predominen uns determinados valores: solidariedade, tolerancia, independencia, cooperación… Aprender os diferentes métodos de traballo que se utilizan cos/as nenos/as. Coñecer as propias funcións dos profesionais e recoñecer a influencia das propias actividades de ocio e tempo libre no ámbito educativo. E asimilar todas as tarefas aprendidas ó longo do curso de temas tan diferenciados como a educación ambiental, a Psico-socioloxía, a animación e a expresión creativa, ademais da educación para a saúde.

O curso conta con parte teórica e práctica. A teórica ten 200 horas de duración e a práctica 150 horas.

Poden participar todas as persoas maiores de 18 anos sexan ou non do Concello de Mos. Para facer o curso é preciso ter o graduado escolar o a certificación de cursar a Educación Secundaria Obrigatoria.

O curso impartirase na Axencia de Colocación do Concello de Mos e dará comezo o día 23 de abril e rematará o 26 de xuño do 2022.  A formación será combinada (presencial  105 horas e online 95 horas). Sábados de 9 a 14 h e 16 a 21 h, formación presencial. Domingos de 9 a 14 h  e 16 a 21h formación online (agás o 26 de xuño que haberá sesión presencial).

O prezo xeral de matrícula é de 250 euros; e 200 euros para estudantes, desempregados ou con Carné Xove.

A corporación de Nigrán respalda o dereito de autodeterminación do pobo saharaui

0

A unanimidade da corporación do Concello de Nigrán aprobou unha moción de urxencia do goberno local en defensa do dereito de autodeterminación do pobo saharaui e de rexeitamento da viraxe neste asunto de política exterior por parte do goberno de España, sendo  o primeiro municipio de Galicia en facelo.

“Somos un goberno que sempre pon por riba de todo as persoas e, obviamente, tamén o facemos neste caso. Non podemos abandonar aos saharauis por cuestións de interese xeopolítico, España ten un compromiso e unha débeda ineludible con eles. Confiamos en que o goberno reflexione e que escoite o sentimento de toda a cidadanía ao respecto”, defende Juan González, alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade que ten pronunciado unha declaración institucional na mesma liña e que, precisamente, promove que os diferentes municipios de Galicia aproben esta mesma iniciativa.

Senda peonil en Parada

O Goberno de Nigrán aprobou en solitario o convenio coa Deputación de Pontevedra para ampliar e facer unha senda peonil desde A Areiña ao cemiterio de Parada por 973,023,40€ (acordo mediante o que a entidade provincial aportará o 70% do orzamento e o Concello o 30%). O Partido Popular non apoio a proposta ao considerar que “se trata de demasiado gasto porque solo afecta a 13 viviendas y no es una necesidad ni petición de los vecinos, ya que solo servirá para ir a misa o a un entierro”. Desde o goberno local, sen embargo, considérase esta iniciativa como “absolutamente necesaria para mellorar a seguridade peonil e incluso a calidade de vida da veciñanza”, polo que aposta por continuar nesta dirección e convertir os diferentes barrios do municipio “en espazos amigables e verdadeiramente feitos para o desfrute dos cidadáns” .

BONIFICACIÓN DO IBI

Así mesmo, o pleno aprobou por unanimidade a moción do goberno para considerar a seis entidades socio-culturais de interese ou utilidade municipal co que o concello de Nigrán bonificará nun 95% o IBI. Esta declaración permite que o imposto sexa rebaixado no vindeiro exercicio no máximo permitido por lei. A declaración beneficiará ao “CRC O Torreiro de Priegue”, a “Asociación Cultural As Angustias”, o “Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca”, a “A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa”, “Asociación de Veciños A Camoesa” e “AVCD O Castro” de Chandebrito, todos eles colectivos que, doutro xeito, pagarían o 100 por cento. “Supón un aforro para eles de preto de 1.300 euros ao ano, unha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental de promoción da cultura e das relacións veciñais”, suliña o alcalde, Juan González, quen recalca que a contribución pública destas entidades á cultura ten sempre unha inequívoca función social, “polo que é de xustiza eximilas do 95% do IBI, máximo que nos permite a lei”.

Tanto a lei de Mecenado coma o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais 2/2004 catalogan como exentos de IBI a aqueles inmobles que teñen como uso principal actividades de carácter público. Por elo, o goberno de Nigrán acordou no 2016 a modificación da ordenanza “para favorecer así a todas aquelas asociacións que perseguen o ben común e que axudan a complementar e dinamizar sempre a programación cultural feita dende o consistorio”. Estas circunstancias culturais danse nestes seis colectivos porque o suxeito pasivo está inscrito no rexistro de asociacións do municipio e o inmoble está a disposición do Concello.

Inventario de Viais

Igualmente, aprobouse tamén por unanimidade e xa definitivamente (en fase inicial foi no 2019), o inventario de viais públicos tras máis de 20 anos sen actualizarse, unha iniciativa do goberno local que conlevou anos de traballo dos técnicos de Urbanismo e que supuxo, ademais, rebautizar moitos camiños que non aparecían (ou que contiñan erros de nomenclatura) cos diferentes estudos de microtoponimia contradados desde o consistorio. “Na práctica, o feito de estar tan desfasado era un problema que en moitas ocasións desembocaba en conflitos urbanísticos relacionados con licenzas ou coa obtención de servizos públicos”, indica González.

A Guarda amplía ata este venres o prazo de inscricións para a Escape Room de Igualdade

0

As actividades programadas polo Día Internacional da Muller estenderanse ao mes de abril de 2022, deste xeito o sábado día 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

Esta proba está recomendada a partir dos 12 anos en diante debido aos coñecementos necesarios (culturais , de estratexia….) aínda que non é excluínte. Tratase dunha actividade que se desenvolve en grupos, que deberán integrarse cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, chegando a un total de 15 grupos como máximo.

A actividade terá como base a Praza de Avelino Vicente e desenvolverase na zona vella e no Castelo de Santa Cruz. Explicarase inicialmente a dinámica da actividade aos participantes, as regras da mesma, así como a resolución das posibles dúbidas que lles poidan xurdir ás persoas participantes. Unha vez repartido o material para cada equipo, comezará a proba, saíndo todos os equipos ao mesmo tempo.

En primeiro lugar os equipos deberán localizar, coa axuda dun mapa, diferentes puntos de control distribuídos polo contorna da zona vella da Guarda e o Castelo de Santa Cruz. No seu itinerario deberán atopar certa información que será vital para a seguinte parte da proba. Acabar o antes posible outorgará aos equipos máis tempo para superar a seguinte fase. Esta parte terá unha duración aproximada de 30 minutos, cunha distancia total a percorrer aproximada de 2-3Km e un nivel de esixencia medio-baixo. Para iso, as/os participantes contarán cun plano da vila.

Na terceira parte da proba os equipos volverán á Praza de Avelino Vicente, onde se desenvolverá unha proba sonora grupal. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos, imaxes, palabras, números…, paralelamente unha gravación deseñada para a ocasión acompañaraos en todo momento, e será a clave para resolver a proba, apoiándose nas pistas que conseguiron na fase anterior. O obxectivo final é conseguir a combinación numérica coa cal abrir a caixa forte e o código de 6 letras para abrir o críptex.

As persoas interesadas en participar na actividade poden presentar a solicitude de forma presencial  na conserxería (punto de Información) do Concello da Guarda (Casa dos Alonso) en horario de 8:00h a 15:30h. e no centro cultural  en horario de 17:00 a 20:00h. ou a través do seguinte correo electrónico: [email protected] ( pode descargarse  o modelo de solicitude da páxina web do Concello).

No caso de menores de idade non acompañados, deberan presentar autorización asinada polas súas proxenitores ou titores.

As inscricións amplíanse ata o venres día 1 de abril, día no que tamén publicarase a listaxe dos equipos admitidos na páxina web do Concello e comunicarase a través do e-mail que se facilite na solicitude, así como a listaxe de suplentes.

Descargar Bases

Descargar Autorización menores

Descargar Solicitude

A Deputación anticipa a Salvaterra máis de 238.000 euros da recadación do servizo de recollida de lixo

A súa adhesión ao servizo de Recadación e Xestión Tributaria da Deputación de Pontevedra (ORAL) permitiu ao Concello de Salvaterra de Miño ingresar por anticipado nas arcas municipais 238.109,17 euros da recadación do servizo municipal de recollida de lixo deste ano 2022. Así se recolle nunha Resolución emitida pola Deputación a solicitude do municipio do Condado.

A cantidade do anticipo correspóndese co 70% do padrón da taxa do servizo de recollida de lixo do ano pasado (un total de 340.155,96 euros), de acordo coa porcentaxe máxima que é posible anticipar á luz do previsto nas bases de execución do Orzamento da Deputación, é dicir coa normativa reguladora das Contas provinciais.

A petición foi formulada a mediados deste mes de marzo pola Alcaldía de Salvaterra e resolta favorablemente pola Deputación cos informes favorables do servizo do ORAL e a Intervención provincial. A cantidade anticipada será reintegrada á Deputación con cargo ás liquidacións trimestrais da taxa de lixo de Salvaterra deste ano.

Salvaterra de Miño está entre os 54 concellos da provincia que teñen delegado no ORAL da Deputación a xestión e recadación total ou parcial dos seus impostos, taxas, prezos públicos e multas, ademais de servizos complementarios como a xestión catastral ou asesoramento técnico para a elaboración de ordenanzas municipais e trámites económico-administrativos. O ORAL realiza estas funcións dende os seus 23  centros de atención repartidos por todo o territorio provincial e garante aos concellos un elevado nivel de eficacia e eficiencia na recadación e xestión dos tributos municipais.

O Concello das Neves pagou as axudas pola pandemia

0

O Concello das Neves xa pagou as achegas a pequenas empresas e locais de hostalería e comercio, correspondentes ás axudas aos sectores máis castigados pola pandemia.

O Goberno local aprobou todas as solicitudes presentadas, doce- agás unha que non cumpriu cos requisitos- por importes que van dende 969,55 a 2.985,53 €.

O total dispoñible para este convocatoria era de 27.456,18 €, dos que 11.197,31 € corresponden á cantidade adicional destinada, ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, para o financiamento destas axudas pola situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID, e 16.258,87 €, correpondían á cantidade asignada da Liña 1, e realizouse con cargo a cargo ao orzamento do Concello de As Neves do exercicio 2021, unha vez xerado o crédito correspondente á subvención da Deputación.

Dende o Goberno municipal sublíñase o esforzo realizado para poder realizar o pago destas axudas e o feito de que prácticamente o cen por cen das solicitudes presentadas fosen atendidas realizando achegas individuais que na súa maioría achéganse aos 3.000€, cantidade que supera a destinada por moitos concellos de maior tamaño.

O Concello repara os danos causados polas pintadas nos muros da praia e paseo de Arealonga e no mobiliario urbano da contorna

0

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que xestiona Vicente Lamas, procedeu nestes días ao repintado de todo muro frontal da praia de Arealonga que, días atrás, apareceu cheo de pintadas nun acto de vandalismo “que nada ten que ver coa libre expresión das ideas de cada quen”, afirma o Goberno local.

As pintadas afectaron ao muro frontal que separa a praia de Arealonga do paseo e ao mobiliario urbano da contorna

“A liberdade de expresión non inclúe danar espazos comúns patrimonio de toda a veciñanza”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas. Estes actos “din ben pouco daqueles que os realizan e demostran claramente que non lles importa que o Concello teña que destinar cartos de todas as veciñas e veciños, a reparar os danos que ocasionan”.

O Concello arranxou os danos coa maior rapidez posible dado que Arealonga e un lugar no que diariamente danse cita centos de veciños e veciñas, tanto para acudir ás instalacións municipais e educativas da contorna como para gozar do que é un dos balcóns de Redondela á ría e lugar de ocio e paseo por excelencia de Chapela.

“A xente que realiza este tipo de accións –di Digna Rivas– debería ter presente que os espazos públicos non son lugares de ninguén, senón lugares de todos e todas, patrimonio de todos os veciños e veciñas e que os danos que ocasionan supoñen un prexuízo económico para a cidadanía e un gasto engadido as arcas municipais”.

Sete medallas para os Teixugos na 3ª Copa Galega de Slálom

0

Fin de semana de éxito para o Club Deportivo Miño-Teixugos, que participou con oito deportistas na 3ª Copa Galega de Slálom e no Campionato Galego de Novas Promesas, nos que remataron cun total de sete medallas. Dobre competición a celebrada en augas do río Coura, en Covas, en Vila Nova de Cerveira no que houbo ademais unha demostración amigable de caiac extremo, que será a nova modalidade dos Xogos Olímpicos de París en 2024.

Ao campionato de novas promesas, no que participan os deportistas máis novos de cada club, os Teixugos acudiron tan só con dous piragüistas. En K1 cadete,  Adrián Lluch, que logrou o terceiro mellor tempo da categoría e a medalla de bronce, e o seu compañeiro, Rui Malheiro, que rematou noveno na mesma categoría.

Pola súa banda, na 3º Copa Galega de Slálom a participación foi máis numerosa, cun total de oito deportistas. Nas categorías masculinas, en K1 veterano, Emilio Rodríguez foi o gañador da proba, mentres que en K1 sénior Brais Castro rematou cuarto, a décimas de segundo do podio Ademais, en K1 júnior, Alexis Segadaes, gañou a medalla de prata e, na mesma categoría, Adrián Lluch foi sétimo e Rui Malheiro décimo cuarto. En C1 sénior, Luís Fernández gañou a proba, e o seu compañeiro Brais Castro foi terceiro.

Nas categorías femininas, Laura Alonso rematou terceira en K1 sénior e Ainhoa Barreiro foi segunda en K1 e primeira en C1.

Moitos parabéns por esas tres medallas de ouro para Luís, Emilio e Ainhoa; dúas de prata para Ainhoa e Alexis; e dúas de bronce para Brais e Laura, que fan un gran balance final para o Club Deportivo Miño-Teixugos na xornada. Na clasificación por equipos acadaron o segundo lugar cun total de 145 puntos, compartindo podio co Montaña Quixós de Monforte con 149 e o Club Penedo de Tui con 142.

O Porriño celebrou o 70 aniversario do Almanaque agrícola ZZ

O Concello do Porriño sumouse onte á celebración do 70 aniversario do Almanaque agrícola ZZ.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, participou na mañá do luns no Centro Cultural do Porriño no acto de celebración organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración co Concello, a Xunta de Galicia e a multinacional farmacéutica Syngenta, que tomou o relevo do grupo Zeltia Agraria na produción do almanaque desde o 2001.

O Almanaque agrícola ZZ, publicado por primeira vez no ano 1952, foi a primeira publicación impresa deste tipo que se decidiu a usar a lingua galega, convertíndose na máis existosa no seu ámbito. Todos os galegos tiveron alguna vez un exemplar nas mans, e quizáis esta sexa a principal forma de visualizar a súa celebridade. Unha fama que posibilitou que se publicara anualmente de maneira ininterronpida nada máis e nada menos que 70 anos.

“O uso da lingua galega nas súas publicacións foi, sen dúbida, un dos factores que contribuíu positivamente no seu éxito e aproximou aínda máis á cidadanía a súa empresa”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Laboratorios Zeltia, hoxe da man de Syngenta, representa un claro exemplo de galeguidade empresarial sinónimo de proximidade e éxito”.

Por iso, o rexedor animou ás empresas do Porriño a “seguir os seus pasos e empregar a nosa lingua como vehículo de expresión. Non só como sinal de identidade senón, tamén, como mellor medio para afianzar a súa relación de proximidade”.

Xunto a Lorenzo, participaron no acto, enmarcado no Día da Galeguidade Empresarial, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador, Marisa Castro, representante de BIOGA (Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida); Carlos Varela, Membro do Foro Enrique Peinador, e Paulo Machado, representante de Syngenta.

Este domingo volverá realizarse o roteiro teatralizado “Camiñando con elas”

0

Este domingo, 3 de abril, volverá realizarse o roteiro teatralizado “Camiñando con elas”. Ante a boa acollida e interese rexistrado na primeira ruta realizada o pasado domingo, 20 de marzo, organizouse a cabo unha nova visita, que sairá ás 12h da praza da Inmaculada.

Da man de María Chamadoira realizarase un percorrido dunha hora polo conxunto histórico, no que se poderá coñecer a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suárez Sarmiento, Evagelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia. O roteiro, que foi ilustrado pola artista Gemma Marqués forma parte do proxecto “A Tui das Mulleres”. As prazas son limitadas e para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

O programa “Dereito a estar, dereito a achegar” organizada polo Concello de Tui continua o xoves coa derradeira charla do ciclo “Xuntas Aprendemos” coa intervención da psicóloga clínica Minerva Ojeda sobre “Mitos do amor romántico”. A cita será ás 18 h na Aula da UNED.

Por outra parte foi suspendida a proxección de “El proxeneta” con Mabel Lozano, prevista para o mércores no Teatro Municipal, por causas alleas á organización, informarase da nova data na que se poderá ver o filme.

Volve o “Basket sen barreiras” do CB Nigrán 2 anos despois

0

Tras 2 anos sen poder facelo debido á pandemia, o Club Baloncesto Nigrán organiza con máis ganas que nunca a VI edición do Torneo “Basket sen barreiras”, que se celebrará os días 11 e 12 de abril no Pavillón Municipal de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para colaborar con AFAGA, asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, polo que cada xogador/a participante realizará a súa inscrición achegando un donativo.

O torneo desenvolverase ambos os días en horario de mañá e tarde e para iso habilitaranse 3 pistas no pavillón nas que xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías Infantil, cadete e Júnior en horario de mañá e as categorías Alevín, Benjamín e Baby que os farán polas tardes.

Todos os encontros contarán con árbitros do Comité da Federación Galega de Baloncesto que , coma xa vén sendo habitual desde edicións anteriores, colaboran de forma desinteresada no Torneo.

Cada xogador/a participante realizará un donativo a modo de inscrición que será depositado na urna que se atopará no Pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes poden colaborar con este fin solidario achegando o seu donativo tamén na devandita urna.

Durante os dous días de competición realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes. Todo o recadado coa venda das rifas para participar nestes sorteos así como o recadado na urna solidaria será entregado unha vez finalizado o Torneo a AFAGA .

Francisco Castro, «Isto SI é un home»

Francisco Castro ten unha longa traxectoria como narrador de ficción, tanto no eido da literatura infantil e xuvenil como no da dirixida a adultos, e pídovos que reteñades este dato na vosa memoria. Nesta ocasión vén de dar un pequeno xiro á súa andaina ao presentar o seu primeiro ensaio, encadrado dentro da colección «Feminismos», promovida pola Editorial Galaxia dende fai algúns anos. O seu título, «Isto SI é un home», xa é bastante clarificador, pero o subtítulo evita que nos poidamos perder en interpretacións equívocas: «Unha mirada masculina contra o patriarcado».

Resulta unha obviedade dicir que existe unha amplísima variedade de ensaios nos que autores de distinta procedencia expoñen os seus estudos, experiencias ou pensamentos, atendendo a moi diferentes criterios, pero cando escoitamos esa palabra, «ensaio», os prexuízos herdados fan que tendamos a pensar en textos sisudos, farragosos e aburridos nos que ao lector común lle resulta doado perderse. Pois ben, e aquí é onde reclamo a retención do lector, quero lembrar que estamos diante dun autor cunha dilatada andaina como narrador de ficción, coñecedor dunha morea de recursos para facer da lectura algo ameno e dinámico. Pois ben: na redacción deste texto conflúen ao Francisco Castro profesor de Filosofía e feminista confeso e mailo Francisco Castro narrador, e o resultado é unha obra contundente e necesaria na súa exposición e amable na súa lectura.

Pero prefiro determe na tese defendida polo autor ao longo das páxinas deste libro. Castro cuestiona sen tapuxos a idea de masculinidade que tradicionalmente se mantivo na nosa sociedade, a do «macho alfa» aguerrido e intolerante, forte e poderoso, dominante e equívocamente sexualizado, para defender a imperiosa necesidade de darlle a volta completamente. Tales falsos mitos, defende, non inducen máis que a moldear o noso comportamento natural na procura dunha idea errada de nós mesmos, co único obxectivo de manter as estruturas dun patriarcado arcaico, rancio e teimudo no sometemento da metade da poboación.

Aceptar esa mitoloxía patriarcal e adoptar os seus postulados non pode arrastrarnos máis que á infelicidade polo ocultamento sistemático do noso propio «eu» fronte aos modelos impostos. Por iso reclama o dereito de todos aqueles que fomos educados seguindo tales criterios, a mudar a nosa concepción, a esixir que os valores defendidos polo patriarcado tradicional sexan trocados por novos valores, a buscar a nosa propia liberdade sen imposicións de ningunha caste e sen que iso signifique ser sinalados por ninguén.

Cunha linguaxe tan coloquial coma contundente, o texto de Castro é un reclamo sobre a necesidade de desenvolvernos individualmente como persoas, de esquecer os hábitos herdados por unha sociedade patriarcal que necesita unha remuda urxente e a fondo. E faino partindo da experiencia propia ao utilizar a súa memoria persoal como fío condutor do relato, sobre todo na parte inicial, o que axuda a centrar a atención do lector. Xa dixen que os recursos narrativos son abondosos e forman parte indisoluble do texto para facer da lectura algo áxil e ameno.

Francisco Castro

Isto SI é un home

Galaxia

¡La culpa es de Putin!

La verdad que ese gran desastre que se está produciendo en Europa, en pleno s. XXI, nos lleva a algo que parecía que ya teníamos olvidado como es una guerra con todas las consecuencias que ello conlleva. Destrucción, muerte, pobreza, desesperación… cualquier adjetivo negativo que se nos pueda ocurrir se puede aplicar al horror de una guerra.

No quiero que, con lo que voy a decir a continuación, nadie me malinterprete y crea que estoy a favor de la guerra, ni mucho menos, pero hay que reconocer que a muchos les ha venido que ni pintado para tapar sus flaquezas y los problemas que estaban sucediendo en nuestro país.

En cualquier cosa de las que ahora están pasando, pues decimos que la culpa es de la guerra porque resulta que Ucrania, un país que hasta no hace mucho la mayor parte de la gente ni siquiera sabía dónde estaba en el mapa, es el mayor productor mundial de todo y en España, pues no producimos nada. Unos simples ejemplos, el famoso aceite de girasol, porque resulta que ahora en España, no hay girasoles. Todo el aceite viene de Ucrania y curiosamente, el que se estuvo vendiendo estas últimos días en los supermercados, estaba recién hecho, porque fue comenzar la guerra y multiplicarse el precio de las botella de aceite por dos o por tres tres veces su valor, porque cómo decíamos, estaba recién “ordeñado” y por tanto ya se había encarecido.

El precio de la luz también porque en España la luz ya estaba “muy barata” y el año pasado no subió nada de precio… se puede decir que la regalaban. Y claro, comienza la guerra y en España, que la mayor parte de la energía eléctrica se produce con energías que no tienen nada que ver con el gas y que se producen aquí, pues se multiplica el precio por dos. Curiosamente, además, parece que en España tenemos yacimientos de gas, pero que no nos interesa explotarlos. La famosa crisis de los chips que obliga a parar día si y día también a Stellantis, porque ahora, por lo que se ve, la mayor parte del silicio viene de Ucrania y claro, ahora ya no tenemos chips para los coches, pero Apple sigue vendiendo miles de iPhone todas las semanas…

Sin lugar a dudas, Putin ha sido la excusa perfecta para que nuestros gobernantes hayan recaudado muchísimo dinero a base de los impuestos indirectos, esos que pagamos todos, ricos y pobres, porque el dinero de todas esas ayudas que nos “dieron” con el tema de la pandemia hay que recaudarlo de alguna forma ¿o alguien se cree que la gasolina que nos están vendiendo en las gasolineras es de petróleo llega el día anterior desde Rusia? ¿no nos damos cuenta de que el precio del barril de crudo está al mismo precio que cuando comenzó la guerra y la gasolina ha subido más de un 50 %? ¿Hay que recordar que casi el 70 % de lo que cuesta un litro de combustible, son impuestos?.  Pero claro seguimos teniendo fútbol y ahora lo importante es si Mbappé viene para el Madrid o si Messi está triste en París y quiere volver para Barcelona. El opio del pueblo haciendo sus efectos y tapando los ojos de todos nosotros para que no veamos lo que está sucediendo. Por eso, que muchos de nuestros políticos, y no sólo de España sino de todo el mundo, en el fondo, le estarán dando las gracias a Putin, porque ahora, es la excusa perfecta para todo.


Lo que no tiene la culpa Putin es de que a nosotros nos gusta proponer buena música, porque eso lo veníamos haciendo desde hace mucho tiempo y hoy os vamos a proponer. Por un lado Dave Fulton, un compositor que siempre me ha encantado, en esta ocasión con un trabajo del año 2007 titulado “The Range” y por otro lado a Martin Nonstatic remezclando a varios compositores del sello Ultimae Records. Espero que disfrutéis de ambas propuestas.

Dave Fulton / Giles Reaves

The Range

2007

Dave Fulton, ha sido un visionario de la música electrónica, uno de los fundadores de la fantástica banda Dweller At The Threshold se une en esta ocasión a Gille Reaves, otro fantástico creador de paisajes sonoros y su conjunción a dado lugar a este “The Range”.

Dividido en cuatro partes, ambos músicos nos van introduciendo en su mundo electrónico de forma constante y concisa, creando bellos paisajes sonoros de esos que nos invitan a soñar, logrando que nuestra mente vuelve por esos planos espaciales que también saben diseñar ambos músicos, un verdadero placer para nuestros oídos.


Martin Nonstatic

Ligand Remixes

2018

Ultimae, el fantástico sello francés, nos presenta una remezcla realizada por Martin Van Rossum, más conocido como Martin Nonstatic de varios talentosos artistas como son Erot (Dinamarca), Floating Machine (Portugal), Roel Funcken (Países Bajos), Scan—Tec (Rusia), Miktek (Grecia), AES Dana (Francia) y del propio Martín (Austria)

Música electrónica profunda, compleja, envolvente, emotiva, pero sobre todo, de calidad, esto es lo que nos ofrece este artista en sus remezclas, un verdadero paisaje musical para los amantes de la buena electrónica contemporánea.

O luns comezaron as obras de construcción dun novo pozo de barrena no Rañadoiro, na Cañiza

0

As obras de perforación comezaron este luns nos terreos que o Concello da Cañiza ten dispoñibles na zona do Rañadoiro. Este pozo, xunto co de Portoaugavella, súmarase aos 7 existentes que foman parte da infraestrutura de aporte de auga á rede municipal.

Esta obra xurde da necesidade de mellorar o sistema de abastecemento de auga de consumo humano do núcleo da Cañiza. Unha instalación de máis de 40 anos que necesita renovarse para poder asegurar os aportes de auga e garantir axeitadamente o servizo.

Unha obra cun investimento de execución de 67.821,13 euros, subvencionado polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra con 60.000,50€. O Concello aporta para esta obra  7.820,63 € de fondos propios.

Este proxecto de captación de auga verase completado coa construcción dun segundo pozo de barrena no entorno do Depósito de Portoaugavella cun investimento de 80.792,83 €.

A empresa TESWATER GLOBAL, S.L.U é a mercantil adxudicataria desta obra e a encargada de captar auga para incrementar os aportes para o depósito de cabeceira de Augas Férreas que abastece á traída municipal.

As augas procedentes dos mananciais e pozos da infraestrutura municipal baixan considerablemente nos meses de verán. Esta circunstancia unida as graves perdas de auga sufridas na rede por roturas e fugas das canalizacións deribadas de obstruccións e da antigüedade da propia infraestrutura, provocan problemas no abastecemento que os veciños veñen sufrindo, sobre todo nos meses de seca.

Nos últimos meses dende o Concello estanse desenvolvendo numerosos traballos co obxectivo de mellorar o servizo: análisis da situación actual, tanto das captacións e cantidade de auga aportada ao servizo como da rede de abastecemento; limpeza dos mananciais e busca de fugas e roturas.

Ademáis e segundo manifestou o Alcalde Luis Piña esta mañá “dende o Concello fixemos un importante esforzo na captación de financiación para poder executar estes dous pozos que en total suman un investimento de 148.613,96 € e que o Concello non podía asumir con fondos propios visto o grave problema de endebedamento no que se atopan as arcas municipais”. 

O NOVO POZO DE BARRENA DO RAÑADOIRO SERÁ CAPAZ DE IMPULSAR UN CAUDAL DE MÁIS DE 5 M3/HORA ATA O DEPÓSITO DE AUGAS FÉRREAS E ESTARÁ CONTROLADO CUN SISTEMA DE TELEMANDO

As obras de construcción deste proyecto denominado “Captación de Auga para subministro ao depósito de Augas Férreas” consistirán na realización dunha nova captación mediante un pozo de barrena de 150 m. de profundidade onde se instalará unha bomba sumerxible para auga limpa capaz de impulsar un caudal de 5 m3/h ata o depósito de Augas Férreas. 

Para impulsar a nova captación ao depósito executarase unha gabia pola marxe esquerda da pista de subida ao Pedroso onde tamén se instalará a canalización de alimentación eléctrica ata a ubicación do cadro de medida e protección do alumeado público.

Á chegada do depósito instalarase un medidor de caudal electromagnético para medir o caudal impulsado.

Para que o sistema de bombeo funcione á demanda e en automático, se instalará tamén un sistema de telemando entre a captación e o depósito de xeito que, ante a necesidade de auga no depósito, o telemando dará unha orde de arranque á bomba de captación. Este telemando estará integrado e no depósito estará cuberto cunha envolvente independente.

As demandas do Concello de Guarda en relación á comunicación con Caminha son escoitadas pola Xunta de Galicia

0

A Xunta anunciou un investimento de 157 000 € por parte de Turismo de Galicia nun proxecto de transporte turístico sostible que será prestado por AGAN (Asociación Galega de Actividades Naúticas) mentres que, pola súa banda, o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciaba tamén o comezo dos estudos técnicos para a reparación do peirao do ferri da Pasaxe por parte de portos de Galicia.

O anuncio da administración autonómica foi realizada logo das insistentes reclamacións e xestións realizadas dende o Concello da Guarda, dende o verán do 2021, urxindo á Xunta de Galicia que asumira as súas obrigas en relación á comunicación con Camiña e ao Camiño Portugués da Costa.

Tal e como sinalaba en reiteradas ocasións o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, urxíase a reparación do peirao do ferri para que o transbordador puidera volver a transportar pasaxeiros e vehículos, transporte que é o nexo de unión entre Caminha e A Guarda no itinerario do Camiño Portugués pola Costa. Ao mesmo tempo pedíase ao Goberno autonómico que , como medida provisional e ata que o embarcadoiro non estivera reparado, “implantarase con urxencia un sistema de transporte de pasaxeiros entre ámbalas dúas beiras do Miño”.

Pese a instistencia do Concello Guardés e as iniciativas que o Grupo Socialista no Parlamento Galego presentou nese sentido, esta reparación foise atrasando e, a día de hoxe, mantén o barco parado en pleno ano Xacobeo.

As queixas e demandas do Concello da Guarda, sumáronse tamén os concellos do Camiño Portugués da Costa que acusaron ao Xacobeo de “inacción diante” do recoñecemento oficial por parte do goberno Portugués dun itinerario co mesmo nome que prexudicaba o Camiño Portugués da Costa oficial e recoñecido na lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 2016.

Estas queixas foron as que o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, co apoio expreso da restauración e do sector do aloxamento turístico da localidade, ademais dos alcaldes e alcaldesas do Camiño da Costa, levou aos distintos foros e responsables institucionais: Consellería de Turismo, Axencia Galega de Turismo, Xacobeo, Portos de Galicia, Mesa do Camiño da Deputación de Pontevedra e Parlamento de Galicia. O resultado de todo o traballo realizado culminou o pasado venres 25 de marzo co anuncio da Xunta de Galicia que viña a atender as demandas feitas dende o Concello da Guarda.

O novo servizo de transporte entre a Guarda e Caminha arranca, nunha primeira fase, a partir do 8 de abril con dúas embarcacións, unha eléctrica e outra a gasolina. A implantación definitiva do proxecto producirase no mes de xullo cunha embarcación eléctrica para doce pasaxeiros. Este transporte funcionará en paralelo co ferri coa idea de cubrir os horarios nos que o transbordador non pode navegar.

Este servizo de transporte complementarase cun proxecto de ecoturismo para a comarca do Baixo Miño que se está elaborando dende Turismo de Galicia e que contará coa participación de establecementos e axentes turísticos da comarca.

O Goberno local, que se felicita pola decisión da Xunta de Galicia, lamenta porén a actitude do PP guardés que “unha vez máis pretende apropiarse dun traballo que non fixo” e lembra que o portavoz popular, “intenta sacar rédito político das actuacións da Xunta sen ter amosado ningunha preocupación por esta cuestión ata o día de saír na foto”.

Galicia recibirá o luns as primeiras doses do antiviral Paxlovid contra a Covid-19

O vindeiro luns chegará a Galicia,  en concreto aos hospitais de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo, para logo enviarse ao resto dos hospitais da comunidade autónoma, a remesa do Ministerio de Sanidade co 6% dos primeiros 11.900 tratamentos do antiviral Paxlovid contra a Covid-19 que se distribuirán en España. Está previsto que o Ministerio faga novos envíos nas vindeiras semanas ata completar a cifra de 50.000 tratamentos para o conxunto do Estado no primeiro trimestre do ano.

Paxlovid é un medicamento que se subministrará baixo prescrición médica e  adminístrase por vía oral, polo que posibilita un tratamento ambulatorio dos pacientes leves con factores de risco para progresión a covid grave, controlando a progresión da infección e frenando a hospitalización e morte.

Paxlovid debe administrarse o antes posible logo do diagnóstico de covid e dentro dos cinco días posteriores ao inicio dos síntomas.

Este novo fármaco engádese ás vacinas e a outros medicamentos para evitar que pacientes positivos cuns determinados condicionantes poidan evolucionar a un estadío grave da enfermidade.

A Comisión Permamente de Farmacia do Sistema Nacional de Saúde acordou que a indicación e prescrición de Paxlovid será realizada polo profesional médico que efectúe o diagnóstico, tanto do ámbito de primaria como hospitalaria.

O Porriño pecha coa CMVMC de Torneiros a cesión dunha parcela para habilitar aparcamentos

O Concello do Porriño e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros asinaron esta semana o convenio de cesión que permitirá á administración local facer uso duns terreos situados fronte á Fase I do polígono residencial de Torneiros.

Concretamente, trátase dunha parcela segregada de 914 m2, propiedade dos comuneiros, que o Concello do Porriño destinará á ampliación do viario e a habilitar novas prazas de aparcamento na zona.

O acordo asinado transfire a propiedade do terreo á administración local e lexitima ao Concello á ocupación do solar e a realizar no mesmo as obras oportunas.

“Trátase dun acordo que levaba tempo negociándose, que permitirá reordenar o tráfico na zona e habilitar algunas prazas de aparcamento para a veciñanza da Fase I, que carece de espazos onde estacionar preto das súas vivendas”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo, quen agradeceu á CMVMC de Torneiros “a súa disposición a chegar a acordos en beneficio das veciñas e veciños da súa parroquia”.

Un cento de persoas inician un novo camiño de oportunidades co Programa Integrado de Emprego de Tomiño e do Rosal

Hoxe iniciades un camiño de oportunidades, un camiño apaixonante que abrirá novas portas a todas e todos”. Así daba a benvida a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ás persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Tomiño e do Rosal, Agroemprega, un proxecto posto en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal que formará a 100 persoas desempregadas en traballos relacionados co rural.

O auditorio de Goián acolleu este venres o acto inaugural do programa, no que a rexedora tomiñesa xunto á alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e ao delegado territorial da Xunta, Luis López, quixeron animar a todas e todos os participantes a aproveitar a oportunidade de desfrutar de 300 horas de formación moi completa, de balde e dende distintas perspectivas, como as técnicas de coaching, a intelixencia emocional ou o apoio ao emprendemento. “Sabemos que no sector agro hai novas oportunidades de emprego. E temos moitas esperanzas postas en que con esta formación teñades máis facilidades para atopar un emprego de calidade e un futuro nos nosos concellos”, salientou González.

Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal destacou que “o sector agrícola é a nosa marca, a nosa identidade, e sen dúbida un sector estratéxico”. “É o sector cunha menor taxa de desemprego e unha maior taxa de ocupación nos últimos meses, o que evidencia a importancia que ten para o noso territorio. Pero tamén é fundamental en termos de riqueza, de asentamento poboacional ou de redución de fenda de xénero, xa que a evolución da empregabilidade feminina no sector  demostra que investir e apostar polo agro é investir e apostar pola igualdade, pola conciliación e pola corresponsabilidade que desexamos”, recalcou a rexedora.

Durante o acto as dúas alcaldesas quixeron poñer en valor a importancia da colaboración entre dous concellos para poñer en marcha proxectos “que vemos que dan os seus froitos” e agradecer o gran traballo feito polas técnicas de Tomiño e do Rosal, que se implicaron para crear o proxecto e poñelo en marcha.  

O delegado territorial da Xunta, Luis López, quixo felicitar ao concellos de Tomiño e do Rosal pola calidade do proxecto presentado ao Programa Integrado de Emprego de Galicia e resaltar “os bos resultados obtidos ao recorrer a unha fórmula de cooperación entre concellos e entre administracións”. López explicou a aposta da Xunta por fomentar a empregabilidade feminina e agradeceu a alta presenza de mulleres participantes no programa, ademais de vaticinar moi bos resultados durante estes meses de formación. “Estou convencido de que todas e todos vós superaredes con creces o obxectivo de inserción do 35% marcado no proxecto”, recalcou.

Areeiro recomenda iniciar a vixilancia do mildio nas viñas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras iniciar a vixilancia do mildio, aínda que subliña que co actual estado de desenvolvemento das plantas aínda non é necesario empezar con tratamentos.

Persoal técnico da EFA  constatou a recente maduración da oospora ou ovo de inverno do mildio. Porén, o desenvolvemento da vexetación segundo o observado na propia viña de Areeiro (aínda en saída de follas), e de acordo coas informacións de diferentes persoas das principais zonas vitícolas, aínda non é compatible coas infeccións, e só nun caso dunhas plantas moi protexidas si o sería, pero parece ser unha situación excepcional. Por esta razón, desde Areeiro subliñan que de momento só é preciso iniciar a vixilancia das viñas.

Volven celebrarse os actos da Semana Santa tudense con tradicións seculares

0

As celebracións da Semana Santa volven este ano a Tui tras dous anos de ausencia debido á pandemia coa organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui. Entre o 3 e o 17 de abril desenvolverase en Tui o programa da Semana Santa que foi presentado onte na casa do concello por Enrique Cabaleiro González, alcalde; Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino e Cultura; Santiago Freire Comesaña, párroco de Tui e coengo; Jorge Gonçalves  Murta, da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia; Juan José Sío Castro, da agrupación de exvoluntarios de Protección Civil, e Eduardo Cadenas, da Asociación Amigos da Catedral.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, indicaba que “o concello é a primeira institución que está interesada na promoción das celebracións da Semana Santa na nosa cidade, obviamente polo que significa esta celebración, principalmente dende o punto de vista relixioso pero non podemos esquecer que as celebracións da Semana Santa acaban transcendendo ao que é puramente relixioso e pasan e transfírense ao ámbito cultural, e sobre todo turístico”. Por iso dicía “son tamén un elemento de dinamización socioeconómica”. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou a singularidade da Semana Santa tudense que “conserva unha tradición secular centrada nas representacións para-teatrais” aludindo así ao Horto das Oliveiras que se representa na Capela da Misericordia, ou aos sermóns do Encontro e o Desencravo coas súas escenografías.  Por todo iso indicaba que “debemos traballar para pola en valor”.

Durante a Semana Santa o Concello de Tui promove tamén outros recursos turísticos da cidade. Así avanzou Enrique Cabaleiro que volverá abrir o Museo Diocesano. Coñecer Tui será posible a través de visitas autoguiadas cos folletos informativos dispoñibles na Oficina de Turismo ou cos códigos QR da sinalización da cidade histórica, pero tamén coas visitas guiadas que ofertan distintos profesionais tanto no centro urbano coma no Parque Natural do Monte Aloia. Sen esquecer a nova oferta turística que brinda o proxecto Río Miño, Destino Navegable. Incidiu tamén o rexedor que todos aqueles que visiten Tui estes días de Semana Santa poderán gozar da ampla oferta de establecementos de aloxamento e restauración. E por último lembraba coma xa nestes días a cidade comeza a prepararse para as festas de San Telmo.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, destacou na súa intervención coma dende o Concello “estamos colaborando para que a Semana Santa sexa coñecida, non só na comarca, senón en toda Galicia, e se podemos saír fóra das nosas fronteiras moito mellor para todos nós”.  Agradecía a colaboración a todas as entidades implicadas na organización dos distintos actos, e tamén a Chico Bugarín polas fotografías aportadas para realizar o folleto da Semana Santa e o cartel co que se promocionarán os distintos actos. 

Os actos comezarán o domingo 3 de abril, ás 18 h, na Catedral coa lectura do pregón da Semana Santa a cargo de D. Santiago Vega, cóengo e director do Museo Catedralicio. Un acto, que coma explicaba Eduardo Cadenas, presidente da Asociación Amigos da Catedral, contará amais cun pequeno concerto a cargo do dúo de guitarras do Conservatorio Profesional de Música de Tui formado por Pablo Ameijeiras e Gabriel Silvera.

Juan José Sío Castro, presidente da agrupación de exvoluntarios de Protección, detallou coma unha trintena de voluntarios volverán levar na procesión ao Santo Cristo da Agonía, un acto procesional no que este ano suman a súa participación número 29.

O párroco de Tui, Santiago Freire, indicaba coma tras as restricións dos dous últimos anos “énchenos de esperanza” poder volver á “normalidade”. 

Jorge Gonçalves Murta, presidente da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, lembraba coma hai máis de 40 anos que levan adiante os actos da Semana Santa en Tui, agradecendo a colaboración do concello nesta celebración.

O pregón da Semana Santa a cargo de D. Santiago Vera, cóengo e director do Museo Catedralicio, abrirá o domingo 3 de abril, ás 18 h, na capela das Reliquias na Catedral o programa da Semana Santa en Tui. O domingo 10, ás 11 h na praza de San Fernando terá lugar a beizón de ramos, con procesión e misa na catedral.  O templo catedralicio acollerá o mércores, 13 de abril, ás 12 h a misa crismal presidida polo bispo da Diocese.

O Xoves Santo, 14 de abril, a partir das 20 h terá lugar a tradicional visita aos monumentos cun percorrido polas distintas igrexas e capelas do conxunto histórico de Tui dende a Catedral, á igrexa das Clarisas, San Telmo, a capela da Residencia San Telmo, e as igrexas de San Domingos e San Bartolomeu. A capela da Misericordia volverá converterse no Horto das Oliveiras, que xa se realizaba en 1818.  Previamente celebrarase na catedral a misa vespertina da cea do Señor e ás 23 h a Hora Santa.

O sermón do Encontro,  con D. Ángel Carnicero, reitor do Seminario Maior San Xosé coma orador, abrirá o programa do Venres Santo ás 11 h, para celebrarse a continuación á procesión dos Pasos. Á tarde, terá lugar a celebración da paixón do Señor e o Sermón do Desencravo na igrexa de San Domingo con D. Samuel Montes, formador do Seminario Maior San Xosé coma orador. A procesión do Santo Enterro irá dende esta igrexa polas rúas do conxunto histórico até a igrexa parroquial de San Francisco.

O Sábado Santo ás 8 h celebrarse a procesión de Nosa Señora da Soidade, só para mulleres, dende a igrexa de San Francisco á Catedral, con posterior sermón a cargo de D. Ángel Carnicero. A partir das 21.3 h celebrarse a Solemne Vixilia Pascual.

Os actos pecharanse o domingo 17, Domingo de Pascua de Resurrección coa Misa Pascual presidida polo bispo da Diocese, ás 12 h na Catedral.

Programa Semana Santa – Tui 2022

Domingo 3 de abril

  • 18:00 horas. Pregón da Semana Santa. Capela das Reliquias da S. I. Catedral A cargo de D. Santiago Vega López, cóengo e director do Museo Catedralicio.
  • Pequeno concerto polo dúo de guitarras formado por Pablo Ameijeiras López e Gabriel Silvera Marcoff.
  • Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.

Domingo 10 de abril. Domingo de Ramos

  • 11:00 h. Bendición de ramos. Praza de San Fernando
  • A continuación procesión e Santa Misa na S. I. Catedral.

Mércores 13 de abril. Mércores Santo

  • 12:00 h. Misa Crismal na S. I. Catedral
  • Presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano. Bendición dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais.

Xoves 14 de abril. Xoves Santo

  • 19:30 h. Misa Vespertina da cea do Señor na S. I. Catedral
  • 19:00 a 23:00 h. Visita aos Monumentos
  • Tradicional percorrido polos seguintes lugares: S. I. Catedral, Igrexas das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo, Capela da Residencia San Telmo, Igrexa de San Domingos e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
  • 23:00 h. Hora Santa na S. I. Catedral

Venres 15 de abril. Venres Santo

  • 11:00 h. Sermón do Encontro e procesión dos pasos
    • Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro.
    • Orador: D. Angel Carnicero Carrera, Reitor do Seminario Maior “San Xosé”.
    • A continuación procesión polas rúas da cidade.
    • Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. Colabora: Asociación de antigos voluntarios de Protección Civil de Tui.
  • 18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral
  • 20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
    • Na igrexa de San Domingos Sermón do Desencravo.
    • Orador: D. Samuel Montes Costas, Formador do Seminario Maior “San Xosé”. A continuación Procesión do Santo Enterro  polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.

Sábado 16 de abril. Sábado Santo

  • 08:00 h. Procesión de Nosa Señora da Soidade
    • Saída dende a Igrexa de San Francisco ata a S. I. Catedral.
    • A continuación sermón a cargo de D. Ángel Carnicero Carrera, Reitor do Seminario Maior “San Xosé”.
  • 21:30 h. Solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial de San Francisco

Domingo 17 de abril. Domingo de Pascua de Resurrección

  • 12:00 h. Misa Pascual na S. I. Catedral
  • Presidida polo Bispo da diocese.