Xoves, 21 Agosto de 2025

Salvaterra, Monçao, Tui e Valença poñen en valor a marca “Rio Minho” como destino turístico

O AECT Rio Minho e a Deputación de Pontevedra celebraron hoxe o Día Mundial no Turismo destacando o grande potencial do territorio miñoto e a necesidade de poñer en valor a marca ‘Rio Minho’ como destino transfronteirizo de natureza e patrimonial. E fixérono dando os primeiros pasos para dúas novas actuacións na Eurocidade Tui-Valença: a creación dun Centro de Interpretación do Patrimonio Inmaterial Transfronteirizo (cunha plataforma web) e o acondicionamento dun novo sendeiro no concello de Tui.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Uxío Benítez fixo estes anuncios na xornada ‘Crescimento e Sustentabilidade’ organizada polo Grupo Editorial Vida Económica en parcería coa Câmara Municipal de Valença , na que participou como relator. Na súa intervención salientou o enorme potencial e atractivo turístico do territorio transfronteirizo baixo marca Rio Miño, que identifica “con acerto” a todo o territorio, os 16 concellos galegos do Miño e aos 10 portugueses, baixo o lema ‘Un rio, dous países, un destino’, cun público obxectivo interesado na natureza e o patrimonio.

“Temos unha cultura común e unha natureza que destacan nos recursos a valorizar. Imos poñer en marcha o Anel Verde de sendeiros e promocionar as tradicións cultural miñotas”, salientou o nacionalista, quen subliñou que “o grande potencial dará grandes beneficios se o territorio está unido e se promociona conxuntamente”.

 Neste sentido, o director do AECT salientou que a marca Rio Minho xa está a ser utilizada para oferta produtos turísticos de todo o territorio miñoto nas oficinas de atención a visitantes de Tui e Valença e tamén nas de Salvaterra e Monçao. Estes puntos de información foron recentemente reformados grazas ao proxecto ‘Vive Miño’ financiado con fondos europeos do POCTEP.

Centro de Patrimonio Cultural Inmaterial na Eurocidade

Benítez explicou que o AECT está a traballar nestes momentos en varias iniciativas dentro da Estratexia 2030 de promoción do territorio transfronteirizo como destino turístico. De feito, na xornada de hoxe asinou o protocolo de colaboración entre o AECT Rio Minho, a Câmara Municipal de Valença e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… Nas Ondas! Para o desenvolvemento dun Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) no ámbito do proxecto LIVHES, cofinanciado polo Interreg 2014-2020.

En concreto, o acordo asinado hoxe permitirá que se cree unha Plataforma Dixital sobre o patrimonio inmaterial transfronteirizo na que Ponte… nas Ondas! será responsable de contidos, poñendo a disposición todo o material tanto para a versión dixital. Tamén se habilitarán unhas instalacións físicas na Eurocidade nas que haberá exposicións sobre tradicións orais, contos e lendas, cultura marítimo fluvial ou cultura agraria, entre outras cuestións.

Por outra parte, Benítez anunciou que nos vindeiros días se dará a coñecer o proxecto de acondicionamento dunha nova senda na marxe do río Miño situada en Tui. Este novo tramo incorporarase no Anel Verde do Miño, a rede de sendeiros transfronteirizos que pretende conformar unha ruta continua de preto de 400 kilómetros de vías ciclables coas que atraer turismo de natureza ao territorio.  

Na xornada realizada hoxe na Pousada de São Teotonio en Valença estiveron presentes, ademais do deputado Uxío Benítez, o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro e representantes da Câmara de Valença, o vicepresidente do Turismo Porto e Norte Inácio Ribeiro, o profesor de Turismo na Escola Superior de Tecnologia e gestão do Instituto Politécnico de Viana do Castelo Minho Rafael Vale Machado, o presidente da Confederação Empresarial do Alto Miño Luís Ceia, o director do AECT Galiza-Norte de Portugal Nuno Almeida, o presidente da Caixa de Crédito Agrícola Mutuo do Noroeste José Correia da Silva.

Nigrán celebra o Día das Persoas Maiores cunha andaina o sábado

0

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este sábado 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina desde o Camiño do Codaval (Priegue) ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e posterior merenda e plantación de catro árbores conmemorativos: un acivro, un castiñeiro, unha sobreira e un madroño.

Para participar será preciso inscribirse previamente o xoves 29 de setembro de 10:00 a 12:00 horas no teléfono 986 36 50 00 e poderá asistir todo o núcleo familiar.

As persoas inscritas previamente deberán presentarse ás 10:00 horas do 1 de outubro no Camiño Codaval para realizar a andaina pola pista forestal das Medoñas ata o pericoto. Trátase dunha camiñata de dificultade baixa.

A Guarda acolle un obradoiro de creación de filtros para redes sociais con realidade aumentada

0

O Concello da Guarda acolle o vindeiro día 5 de outubro un obradoiro para a creación de filtros de realidade aumentada para redes sociais. A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O taller levarase a cabo na Aula Municipal, na Casa dos Alonso o vindeiro día 5 de Outubro, ás 19:30 horas. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e estará impartida por monitores de Ceo Aberto Divulgación. Nestas sesións prácticas procurarase familiarizar as/os usuarias/os das principais redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok) coas ferramentas de creación de filtros de Realidade Aumentada e a súa posterior incorporación aos propios perfís. Asemade, falarase dos riscos de seguridades das redes sociais e daranse pequenas claves de como protexer os nosos contidos ao tempo que optimizamos o rendemento e impacto das nosas publicacións.

Na actividade, que é de balde,  poderase inscribir calquera persoa interesada a partir dos 12 anos de idade no mail de OMIX A Guarda [email protected].

Mos abre o prazo de solicitude de axudas para comedor e material escolar

0

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para comedor e material escolar en Mos. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 14 de outubro.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica municipal. O modelo de solicitude a cumprimentar pódese así mesmo descargar na páxina web municipal, mos.es, ou recollelas en papel no Rexistro Xeral do Concello ou na OMIX.

Este curso Mos triplica as axudas para comedor e duplica as de material escolar. O orzamento municipal anual destinado a subvencións para comedor escolar ascende de 10.000 euros a 30.000 euros, de xeito que ningunha familia solicitante quedará sen axuda.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, informaron de que o Concello de Mos multiplicou as axudas para escolares, tanto no que se refire a comedor como a material escolar. Apostando de xeito decidido polo apoio á conciliación da vida familiar e laboral dos pais, nais e familias mosenses.

As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, explicaron que o pasado mes de xuño sacouse desde a administración local mosense unha convocatoria extraordinaria para triplicar o orzamento municipal destinado ás axudas para comedor escolar, pasando a cantidade anual destinada a tal fin de 10.000 euros a 30.000 euros. Polo que dos solicitantes da axuda para a anterior convocatoria, todos eles contaron con ela concedida.

A subvención concedida polo Concello neste senso é de 2 euros por menú de cada neno/a ao día.

Na presente convocatoria para estas axudas, cuxo prazo de inscrición ábrese hoxe, mantense a mesma contía orzamentaria destinada a tal fin co obxectivo de poder seguir concedendo a subvención a todas as familias demandantes.

En canto ás axudas municipais para a adquisición de material escolar xestionadas pola concellería mosense de Política Social e Igualdade que dirixe a edil Sara Cebreiro, tamén se duplicou o orzamento anual destinado a tal fin, pasando de 5.000 euros a 10.000 euros.

Neste presente curso 2022-2023, tanto as axudas para a adquisición de material escolar como de uso de comedor escolar, manteñen o importe multiplicado. No caso do material pásase, como xa se dixo, dos 5.000 aos 10.000 euros, para poder chegar ao maior número de familias.

Novidade no método de pago das axudas para comedor

Os pagos das axudas para comedor escolar inclúen este curso unha nova forma de pago trimestral. Os abonos das subvencións faranse cada tres meses, sendo o primeiro en decembro (para os meses de setembro, outubro e novembro), marzo (para os meses de decembro, xaneiro e febreiro) e xullo (para os meses de marzo, abril, maio e xuño).

Amplíase o prazo de presentación de traballos para o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético

0

O Concello de Redondela amplía o prazo de presentación de proxectos para o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Acéptanse traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) ata o 17 de outubro de 2022, inclusive.

Agora, o prazo inicialmente aberto ata o 30 de setembro, amplíase 17 días para achegar o máximo posible a data de entrega coa data da presentación do premio e así dar oportunidade a máis xente de presentarse, xa que trátase dun premio a nivel nacional.

As bases reflicten unha amplitude moi grande de profesionais e un abano extenso de formatos, polo que foi necesario ampliar o prazo para chegar a maior xente posible. A alcaldesa quere reiterar que “é importante recoñecer e tratar a ética feminista en todos os ámbitos”. Ademais, aconsellados polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) “o cambio de data foi algo necesario, xa que esta é a época con máis convocatorios para certames en Galicia, polo que se quere facilitar e flexibilizar esta oportunidade”.

Redondela, lembrou a alcaldesa, “está sendo nos últimos anos un referente en igualdade e na loita contra a violencia machista, a creación destes premios en memoria a Sesé Mateo, son outro paso máis na loita diaria para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres”. No xornalismo, engadiu Rivas, “é moi doado caer en tópicos e sensacionalismos á hora de informar sobre a violencia contra as mulleres e consideramos que era preciso premiar a aqueles e aquelas que, conscientes da gravidade da situación, evitan calquera tipo de sensacionalismo antepoñendo a ética profesional a calquera outra consideración”.

Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista

O II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista, dotado con 1.500 euros en metálico, está aberto aos traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios escritos (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), radio ou televisión, entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022 e que deberán ser presentados antes do 17 de outubro do 2022.

Amais dos profesionais de xeito individual, tamén poderán presentar propostas e candidaturas os xornais, radios ou televisións. Neste caso, de resultar premiado o traballo, a beneficiaria e quen recibirá o premio será a persoa autora do traballo.

Só se poderá presentar un traballo por persoa. No caso de coexistir un traballo presentado polo/a autor/a e outro ou o mesmo dese autor proposto por calquera entidade, prevalecerá a candidatura do/a autor/a, rexeitándose a presentada polo xornal, radio ou televisión, respectándose así a Lei de propiedade intelectual (RDL 1/1996, do 12 de abril).

Os traballos poderán presentarse en lingua galega ou castelá, pero valorarase con maior puntuación os realizados en lingua galega por ser o seu uso minoritario no ámbito xornalístico e tendo en conta que “Redondela foi sempre pioneiro no uso, potenciación e espallamento da lingua galega”.

As bases ao completo, poden consultarse na ligazón https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/08/31/2021042654.

Covelo organiza a observación de estrelas no Alto do Castelo do Faro

0

Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana trinta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro. Esta proposta, ademais, está deseñada dentro da estratexia de promoción turística que o goberno de Covelo desenvolve tanto en tempada alta como baixa.

Este sábado ás 17:30 horas partirán da igrexa de Prado as e os participantes nesta  actividade para subir ao miradoiro paisaxístico do Faro, o punto xeodésico máis alto de Pontevedra con 1.154m de altitude situado na parroquia de Prado. De once da noite a dúas da madrugada observarán o firmamento da man da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.

As persoas interesadas en participar nesta actividade de interpretación astronómica deberán contactar nos números de teléfono 622 676 355 / 986 65 00 27.

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica que son ocasións únicas nas que aprender ao aire libre da man de expertos, gozar dunha actividade saúdable nunha contorna natural e confraternizar co resto dos participantes.

O Rosal estrea a súa renovada Praza do Calvario

0

O Rosal estrea esta fin de semana a súa renovada Praza do Calvario. O Concello celebra este sábado 1 de outubro un acto inaugural aberto á veciñanza que contará coa presenza da alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, así como de membros da corporación municipal, rexedores e rexedoras do Baixo Miño, autoridades e representantes das asociacións culturais, deportivas e sociais do municipio. “É unha obra histórica para o noso concello que marca un antes e un despois na forma de entender os nosos espazos, creando iniciativas e proxectos que nos permitan construír O Rosal das persoas”, salienta a rexedora, Ánxela Fernández Callís.

O acto inaugural arrancará ás 20.00 h coa actuación do grupo de baile de Paula Covián e pecharase, tras a intervención das autoridades, cun concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal. Tras el a veciñanza poderá desfrutar xa dos resultados dun proxecto transformador co que o Concello do Rosal deu un paso adiante na recuperación de espazos públicos de calidade para as persoas, xerando unha zona de estancia, encontro e lecer de uso polivalente e marcado carácter peonil que tamén servirá para impulsar o dinamismo comercial da zona.

Tras oito meses de intenso traballo, a Praza do Calvario preséntase totalmente transformada despois dunha reforma integral feita con materiais construtivos que preservaron e potenciaron o carácter patrimonial e arquitectónico existente, mellorando as condicións de mobilidade peonil e as condicións ambientais e paisaxísticas da praza, así como todos aqueles elementos que non se ven pero que son de vital importancia, como a renovación de todas as canalizacións.

Un proxecto de mellora e transformación da praza nun espazo público de calidade que recolle parte da historia do Rosal e que trasladará á veciñanza a finais do século XIX, cunha praza humanizada no que a sobreira era a árbore protagonista e na que destacaba o valor patrimonial da contorna.

A reforma integral da Praza do Calvario contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros cofinanciados entre o Concello e a Deputación de Pontevedra a través do ReacPon, e para o que o Goberno municipal tamén solicitou axudas europeas nese traballo de captación de fondos externos para continuar coa transformación do Rosal.

Fernández Callís convida a toda a veciñanza a participar neste acto inaugural e “a desfrutar deste novo espazo que volve poñer en valor un lugar central da vila amable, de convivencia, máis democrático, onde acontecerán cousas, onde a xente poderá relacionarse e gozar da cultura, doo deporte e doutras iniciativas. En definitiva, cambiando o modelo e poñendo ás persoas no centro de toda as actuacións”.

As obras de mellora da eficiencia enerxética do Centro de Día de Ponteareas, a piques de comezar

O Concello segue coa súa aposta clara por mellorar os servizos e instalacións municipais ao tempo que traballa para transformar Ponteareas nunha vila máis sustentable. Neste camiño, a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, asinou este martes xunto a Jonathan López, redactor do proxecto técnico e director de obra, e Marcos Veloso, representante da empresa adxudicataria Impervelper a acta de replanteo que autoriza o inicio das obras de mellora da eficiencia enerxética do Centro de Día, situado na rúa Santa Ana.

“Este proxecto forma parte da estratexia planificada que desenvolvemos dende o Concello para converter os edificios públicos en inmobles máis sustentábeis. Con esta sinatura comeza á recta final dun proxecto co que buscamos mellorar o confort dos usuarios e usuarias ao tempo que realizamos todos os traballos necesarios para unha mellora na conservación do edificio, no acondicionado interior e exterior do inmoble e no illamento térmico, o que derivará nunha redución do consumo anual de enerxía non renovábel”, asegurou a rexedora.

Os traballos de reforma para esta mellora da eficiencia enerxética terán un prazo de execución de 4 meses e suporán un investimento de máis de 47.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudábel’.

A través destas obras, o Goberno municipal do BNG-PSOE mellorará as condicións actuais das dependencias destinadas a Centro de Día levando a cabo a limpeza e reparación da fachada, o levantamento e instalación da carpintaría exterior e o illamento da fachada mediante sistema ETICS e do falso teito con lá mineral, así como a renovación da pintura interior.

Con esta e todas as actuacións de mellora da eficiencia enerxética que se están a realizar dos edificios municipais, como sinala a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote,  “Ponteareas situarase nun dos estándares de sustentabilidade máis altos fixados pola Unión Europea, seguindo os obxectivos da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudábel’”.

Rematadas as obras de mellora do muro do campo municipal de A Gándara

O Concello de Salceda rematou as obras de mellora do muro lateral leste do campo de A Gándara, unha obra moi necesaria para asegurar o perímetro exterior do campo en relación ao camiño que discorre paralelo ao campo polo que transitan habitualmente peatóns e vehículos.

Ademais desta actuación leváronse a cabo outras como a habilitación de marcos para a colocación de publicidade e a mellora no acceso aos vestiarios e no cuarto de almacén  de mantemento.

A planificación das obras tivo en conta o desenvolvemento da tempada deportiva, xa que estiveron listas para que o Caselas F.C., equipo con 55 anos de historia, que milita no grupo 5 da Primeira Galega, disputara o seu primeiro partido na casa asegurando así o normal transcurso da competición.

Ao remate das obras asistiron a alcaldesa Verónica Tourón, o concelleiro de Deportes Rubén González, o xerente da empresa que realizou as actuacións de mellora e o presidente do Caselas FC. José Carlos Pena Iglesias

Rubén González concelleiro de Deportes: “Esta actuación sobre o muro leste era moi necesaria para comezar a tempada, porque estaba moi deteriorado, realizando unha intervención estrutural nas instalacións do campo da Gándara, fundamental para a súa conservación e mantemento”.

Verónica Tourón alcaldesa: “Seguimos a traballar na liña de atender ás necesidades fundamentais de conservación e mantemento que detectamos no conxunto das instalacións deportivas municipais e esta mellora era unha das mais urxentes para o concello e das mais demandadas pola comunidade deportiva de Salceda”.

Máis de 1.000 quilos de residuos retirados do río de Gondomar

0

Máis de 30 voluntarios participaron este pasado domingo na xornada de limpeza de ríos que, en colaboración con ADEGA, se levou a cabo nos ríos de Gondomar, así como de outros moitos Concellos de Galicia de maneira simultánea. Foron retirados máis de 1.000 quilos de residuos de cristais, plásticos, diferentes envases, restos de obra, e pneumáticos entre outros.

Dende o Concello de Gondomar o alcalde quixo “dar as grazas a cantos participaron nesta xornada de limpeza que ademáis pretende servir para concienciar da importancia do coidado do medio ambiente e dos nosos ríos, que son sen dúbida un dos nosos máis valiosos patrimonios”.

A Guarda e Caminha abren inscricións para as Andainas de Outono 2022

A Guarda e Caminha retomaron nesta primavera as andainas conxuntas que se tiveron que suspender debido á pandemia e que xa arrancaron este ano coas Andainas de Primavera, e que continúan desta volta coas Andainas de Outono.

As Andainas de Outono 2022 contan con 4 rutas e cun custo de 10€ por andaina e persoa e como en edicións anteriores os participantes galegos sairán da explanada da Sangriña en autocar para xuntarse co autocar de Caminha.

As prazas son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición para os interesados dende o mércores 28 de setembro ata ao luns 3 de outubro. A inscrición realizarase na Oficina de Turismo da Praza do Reló, máis información no teléfono 986 61 4546 ou no enderezo electrónico [email protected].

ANDAINA 1.- SÁBADO, 8 DE OUTUBRO: RUTA Á PORTALÉN: PORTA DO MÁIS ALÓ (A LAMA)

  • Saída: 8:30h da explanada da Sangriña
  • Hora aproximada de chegada A Guarda: 18:00h
  • Distancia: 11,7 km
  • Tipo: ruta lineal
  • Grao de dificultade: medio-alto
  • Desnivel: 262 metros positivos.
  • Duración: 5 h
  • Punto de partida: A Barcia (A Lama).
  • Percorrido: paisaxe/inmaterial

Descrición: ruta lineal que se realizará pola Serra do Cando, a “Montaña máxica do Seixo”. Esta andaina conta con múltiples recursos de gran valor ecolóxico e inmaterial, unha fusión entre natureza e lendas que deixará abraiados aos participantes.

Accederemos ascendendo por unha pista forestal ata a Porta do alén, un lugar onde o mundo do máis aló se xunta co mundo dos vivos, sendo o correo dos mortos.

Nesta zona atoparemos tamén o marco do vento ou a capela de Santa Mariña, e xa camiñando polo cumio, chegaremos a un precioso miradoiro no que, se o día acompaña, observaremos as 3 rías (Vigo, Pontevedra e Arousa).

Xa descendendo pola ladeira entre grandes áreas de matogueiras, atoparemos gando en semiliberdade, rastros e camiños de carro antigos.

Unha ruta moi completa, de dificultade media-alta, con bastante desnivel, pero que satisfará aos camiñantes.

ANDAINA 2.- SÁBADO, 22 DE OUTUBRO: TRILHO DO RÍO ÂNCORA (CAMINHA)

  • Saída: 9:00h da explanada da Sangriña
  • Hora aproximada de chegada A Guarda: 17:00h
  • Distancia: 15 km
  • Tipo: ruta pequena
  • Grao de dificultade: medio
  • Duración: 5:30 h
  • Punto de partida: Sâo Lourenço da Montaria (serra d’Arga -Viana do Castelo)
  • Percorrido: ecolóxico/paisaxe

Descrición: partindo de São Lourenço da Montaria, aldea situada na base do macizo rochoso da Serra d’Arga, no concello de Viana do Castelo, o percorrido transcorre dende o val do río Âncora ata a parroquia de Riba de Âncora, no concello de Caminha.

Entre regatos, fervenzas, muíños de auga e pontes, poderase apreciar espazos do “Lugar de Interese Comunitario Serra d’Arga”, que inclúen hábitats naturais e seminaturais, con especies de fauna e flora de conservación prioritaria, como así como coñecer o valioso patrimonio cultural de zonas rurais típicas do Val do Âncora, como Amonde, Orbacém e Gondar.        

ANDAINA 3.- SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO: SENDA DOS CARRANOS (COVELO)

  • Saída: 9:00h da explanada da Sangriña
  • Hora aproximada de chegada A Guarda: 17:00h
  • Distancia: 7,2 km
  • Tipo: ruta circular
  • Grao de dificultade: medio-alto
  • Desnivel: 253 metros positivos
  • Duración: 3:30 h
  • Punto de partida: Camping de Maceira.
  • Percorrido: ecolóxico/etnográfico

Descrición: ruta de río e bosques de ribeira de alto valor ecolóxico, que serpentea entre os bosques ben conservados de arborado autóctono das ribeiras do Río Tea.

A ruta parte da Praia de Maceira e comeza ascendendo cara o aserradoiro dos Carranos, un dos mellor conservados de Galicia. Seguindo entre árbores e outra vexetación que fará da ruta un camiño fresco, chegaremos a Fofe, un pobo coñecido pola súa reitoral e unha ponte de pedra cun incalculable valor arquitectónico.

Trátase dunha ruta curta pero de dificultade media, debido a que posúe algo de desnivel.

ANDAINA 4.- SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO: TRILHO DO LITORAL NORTE (DE VIANA DO CASTELO A MOLEDO, CAMINHA)

  • Saída: 9:00h da explanada da Sangriña
  • Hora aproximada de chegada A Guarda: 17:00h
  • Distancia: 16 km
  • Tipo: ruta pequena
  • Grao de dificultade: fácil
  • Duración: 5 h
  • Punto de partida: Viana do Castelo
  • Percorrido: ecolóxico/paisaxe

Descrición: pola costa, dende Viana do Castelo ata Vila Praia de Âncora, os participantes percorrerán a Ecovia do Litoral Norte, con praias, xeositios, campos agrícolas, castros e muíños de vento. Descubrir algúns dos monumentos naturais do Xeoparque Litoral de Viana do Castelo, subir ao alto do outeiro de Montedor, apreciar o seu faro, ou contemplar o océano Atlántico no Forte do Cão, na Âncora, serán algunhas das experiencias que quedarán na memoria.

Ponteareas renova o seu compromiso coa promoción empresarial e o emprendemento

Ponteareas renova o seu compromiso coa promoción empresarial e o emprendemento local. O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron un novo convenio de colaboración para realizar actividades a través da oficina da rede SmartPeme en Ponteareas, que actualmente está situada no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea.

Como sinala a concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, con esta renovación “dende o Concello continuamos traballando para favorecer que os nosos veciños e veciñas poidan iniciar o sempre duro camiño do emprendemento coa capacitación, o apoio e o asesoramento necesarios”.

Durante o pasado 2021, a oficina de SmartPeme situada en Ponteareas realizou máis de 150 asesoramentos e organizou 19 talleres sobre novas tecnoloxías nos que participaron máis de 500 persoas das comarcas do Condado-Paradanta. Ademais, o programa SmartPeme oferta a persoas emprendedoras, autónomas, asociacións e axentes de dinamización dos concellos servizos personalizados para o desenvolvemento económico do tecido empresarial a través das tecnoloxías da información e da comunicación. “Nestes intres é fundamental achegar as novas tecnoloxías ás pemes para mellorar a súa competitividade, para continuar creando emprego e que a actividade económica na nosa vila siga mellorando resultados”, resaltou a edil.

A Guarda presenta este martes o Plan Rehabita á súa veciñanza

0

O Concello da Guarda leva meses traballando na posta en marcha dun programa municipal pioneiro que ten como obxectivos paliar a falla de vivenda para alugueiro na vila, aumentar a eficiencia enerxética dos inmobles e mellorar a estética das nosas rúas e barrios. Algo que, en liña co PACES (Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible), ao que está adherido o Concello da Guarda, influirá tamén na redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera.

É por elo que se puxo en marcha o “Plan Rehabita”, un programa integral de asesoramento para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de vivendas que se atopan na Guarda, co fin de devolver ao mercado moitos inmobles que se atopan parados ou desactualizados na actualidade e promover así o seu alugueiro, reforma, venda, actualización, etc.

Despois de meses de traballo, nos que se realizaron diversas mesas de traballos con empresarios/as de diversos sectores profesionais para explicar o funcionamento do Plan Rehabita, desta volta é a quenda de presentar esta iniciativa á veciñanza guardesa.

A presentación do Plan Rehabita será este mércores día 27 de setembro ás 20:30h na Casa dos Alonso, onde toda aquela persoa que desexe ampliar información sobre esta iniciativa poderá recibir información e despexar todas as súas dúbidas para poder optar a todas as axudas existentes que permitirán rehabilitar e mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles.

Rematadas as obras de humanización no barrio da Estación

0

O pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30/09/2020 (R.E. núm. 982).

O alcalde, Horacio Gil, destaca a satisfacción do goberno e da veciñanza por esta actuación que permite “a humanización desta contorna emblemática do concello, exemplo e berce do espírito emprendedor de Arbo, onde o século pasado houbo unha intensa actividade económica que se foi transmitindo ata hoxe”. Lembrou que era necesaria esta obra no núcleo “porque a última reforma fixérase nos anos 70 e había que reparar as infraestruturas, especialmente saneamento, abastecemento, que estaban moi deterioradas, instalar novas de telecomunicacións e iluminación e mellorar o pavimento, para facelo máis accesible a toda a veciñanza” O goberno actual foi quen de facer realidade unha das actuacións máis demandadas nesta vila, elaborando, xestionando e cofinanciando un ambicioso proxecto que pon en valor e reactiva a actividade económica da contorna.

O barrio da Estación tratase dun entorno rural, caracterizado pola sinxeleza dos elementos e simplicidade nos materiais e formas que a caracteriza. Merece a pena fixarse na diferente arquitectura, con casas de dous andares con “buhardillas” inclinadas en tella e carpintería de madeira e nos seus balcóns pechados.

“As obras desenvólverone entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405, incluindo o tramo que vai fronte á capela de San Antonio.” – informa o alcalde, Horacio Gil – “O goberno actual foi quen de facer realidade unha das actuacións máis demandadas nesta vila, elaborando, xestionando e cofinanciando un ambicioso proxecto que pon en valor e reactiva a actividade económica da contorna” – remata o rexedor.

As obras leváronse a cabo na intersección das estradas EP-5202 e EP-5203 en dúas zonas: a primeira no entronque das dúas estradas provinciais, na contorna da capela de San Antonio, que se converteu nunha zona de prioridade peonil con pasos de peóns. 

Na segunda zona,  desde o entronque das estradas cara a estación de tren de Arbo, levouse a cabo unha senda e plataforma única na zona de coexistencia de tráfico rodado e peonil, na que as persoas teñen preferencia. Colocáronse tamén alcorques delimitados por bandas de lousas de granito. Ademais, melloráronse as redes de abastecemento e saneamento e para a iluminación da zona instaláronse 24 farois LED e restauráronse ás 12 unidades xa existentes e procedeuse a colocación de mobiliario urbano.

O convenio asinado, establecía que as obras eran financias pola Deputación no importe de 464.242,82 € (70 %), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30 %).

A Deputación lanza por Samaín as novas visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior

Despois do seu éxito da súa estrea no pasado 2021, a Deputación volve ofrecer por Samaín as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, uns percorridos cargados de misterio e humor para coñecer o lado máis terrorífico e divertido da historia da fortaleza que ofrecen un total de 840 prazas. As entradas para estas visitas, que inclúen 20 sesións para público familiar e 8 para público adulto, estarán dispoñibles a partir deste martes 27 de setembro na web www.castelodesoutomaior.com ao prezo de 8 euros.

Os percorridos, dunha hora de duración, arrancarán o día 1 de outubro coas primeiras visitas teatralizadas para público familiar. Nestas sesións, a participación das familias será esencial para descifrar os enigmas do Castelo e coñecer dunha maneira amena e terrorífica o pasado de Soutomaior. Terán como protagonistas aos científicos Von Furenberg e Irina Calselberg, xunto ás autómatas Brunilda Kartoffel e Vettel Zanfonike, nunha delirante historia ambientada no principio do século XX e cunha estética steampunk. Despois desa xornada, as sesións desenvolveranse despois os días 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro, coa posibilidade de elixir dous horarios por xornada, ás 12 e as 16.30 horas.

No caso das visitas teatralizadas dirixidas ao público adulto, comezan o 7 de outubro, e estenderanse ata o día 29 do vindeiro mes. No percorrido, os e as participantes poderán coñecer a historia do Castelo dunha forma “terrorificamente diferente”, acompañados de dous peculiares guías, Félix e Angustias, que iniciarán unha visita normal para amosar a historia do Castelo, aínda que acabará sendo diferente. Ao longo do percorrido, espéranlles sucesos paranormais sen solución e, para poder saír da fortaleza, necesitarán pasar unha serie de probas non aptas para xente con medo. No caso destas visitas para público adulto, despois do día 7 haberá sesións o 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro, e terán lugar ás 19.30h.

A Deputación dá un novo paso na seguridade viaria na EP-2601 Mos-Puxeiros

0

Imaxe de aquivo do anuncio da mellora de seguridade viaria peonil na EP-2601

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra volve a poñer o foco nos peóns que transitan polas estradas provinciais coa aprobación do expediente de contratación das obras de mellora da seguridade viaria e peonil en 580 metros do primeiro tramo da EP-2601 Mos-Puxeiros. As actuacións, que sairán agora a licitación, teñen un custo de 446.545 euros financiadas nun 70% pola Deputación e nun 30% por Mos a través do Plan Concellos, polo que a institución provincial se fai cargo da totalidade do orzamento. Con elas séguese o modelo de mobilidade amable, sostible e segura promovido pola Deputación.

Este primeiro tramo discorre pola parroquia de Santa Eulalia e coincide coa afección do Camiño de Santiago polo que a zona ten unha forte presión peonil que fai necesaria a actuación e que se ve incrementada co acceso ao paseo fluvial e ao parque infantil, á igrexa de Santa Eulalia, á entrada ao albergue para as persoas que peregrinan e ao aparcamento e parque do Pazo de Mos. Por este motivo, as obras reforzarán a prioridade de paso para as e os viandantes coa execución dunha senda de 2,5 metros de ancho mínimo, desde a intersección do Camiño de Santiago e na maior parte da estrada.

A sección da calzada estará constituída por dous carrís -un por sentido- cun ancho mínimo de 3 metros e beiravía na marxe esquerda, e as obras contemplan tamén a ordenación dos espazos e a renovación do pavimento. A circulación rodada suavizarase coa colocación tres pasos de peóns sobreelevados. A mellora completarase coa instalación de mobiliario como bancos e varanda, así como coa renovación da iluminación mediante o soterrado da liña e da instalación de novos puntos de luz con lámpadas LED -máis respectuosas co medio ambiente- para mellorar a eficiencia enerxética. Ademais, renovarase a recollida de pluviais.

Estas obras completaranse coa execución de actuacións noutros tres tramos nas parroquias de Dornelas, Torroso e Tameiga que xunto cos traballos realizados en Santa Eulalia suman 5.665 metros de estrada provincial nos que a Deputación transformará o espazo devolvéndolle a prioridade aos peóns.

O CAAN rescata quince cachorros en 48 horas

O abandono animal segue a mostrar a súa cara máis amarga aínda que con final feliz. En dous días seguidos desta semana, o Centro de Acollida de Protección de Animais (CAAN) da Deputación recolleu quince cachorros, seis deles abandonados nunha caixa, que se están a recuperar agora de xeito satisfactorio nas instalacións provinciais da Armenteira (Meis).

Camada de Meaño

Os cachorros son cinco femias (Nela, Baca, Crisal, Vera e Terra) e un macho (Watson) que o persoal do centro provincial rescatou abandonados a súa sorte nunha caixa diante do Pavillón de Ponte Caldelas, tras recibir aviso da Policía Local deste concello. Teñen aproximadamente un mes de idade e están a recibir os coidados necesarios no CAAN, aínda que en principio atópanse en bo estado de saúde. Só 24 horas despois recolléronse outros 9 cachorros que contan con quince días de idade. Son 8 machos (Floro, Lou, Mío, Valdo, Pazo, Bico, Cobo e Sil) e unha femia (Lis) e están a ser aleitados pola súa nai, Quina, que puido tamén ser recuperada xunto aos animais nunha silveira en Dena (Meaño). Afortunadamente todos e todas están tamén en bo estado.

Os quince cachorros estarán no CAAN ata completar a súa recuperación e, se todo vai ben, poderán saír en adopción nuns meses tras completar o cadro de vacinación, como é o caso de Panchi e Chachi, dúas cadelas que buscan xa un fogar despois de tratarse no centro das graves lesións que presentaran á súa chegada, froito do maltrato e abandono. Ambas foran arroxadas o 5 de agosto, con só cinco semanas de idade, desde unha ponte do río Mandelos en Crecente. Cando as recolleron presentaban, a primeira, unha torcedura nunha pata e, a segunda, unha fractura de tibia e desprazamento de peroné. Foron tratadas e recuperáronse no CAAN e xa están listas parasaír en adopción.

O programa Agroemprega chega á súa recta final con máis dun 60% de inserción laboral

Programa Integrado de Emprego de Galicia, Agroemprega, afronta a súa recta final con grande éxito de resultados. O proxecto, promovido polos Concellos de Tomiño e O Rosal en colaboración coa Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, arrancaba en marzo deste ano cun ambicioso programa para formar a 100 persoas desempregadas en traballos relacionados co rural e “ofrecer á veciñanza unha oportunidade de formación gratuíta para mellorar as súas habilidades para acceder ao mercado laboral nun sector puxante na comarca”, como sinalan a alcaldesa tomiñesa, Sandra González, e a rosaleira, Ánxela Fernández Callís.

Seis meses despois máis do 60% de inserción laboral confirma que a fórmula funciona. Para acadar este éxito, o programa completou a formación ofertada con contactos con máis de 30 empresas da zona, a sinatura de convenios de colaboración e cun traballo de intermediación  e xestión de ofertas laborais. Entre as 100 persoas integrantes do programa destaca a participación de mulleres (57%), así como de colectivos prioritarios de desempregados como persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, menores de 30 anos sen cualificar, paradas e parados de longa duración ou persoas perceptoras de RISGA e RAI. A media de idade foi de 45 anos, tendo a persoa participante máis nova 18 anos e a de maior idade 66.

En total foron 700 horas de formación en especialidades como cultivo de flores e plantas ornamentais en xardinaría, abonos e fertilizantes, técnicas de rega e de poda, uso profesional de fitosanitarios, cultivo baixo abrigo, sementeira de sementeiros, multiplicación vexetativa de ornamentais, sector vitivinícola, produción integrada de froiteiras e hortalizas ou plantas aromáticas e medicinais que se completaron, por exemplo, con cursos de prevención de riscos laborais específicos de viveiros, de tractor ou de almacén e control de stocks, manipulador de alimentos ou carretilla elevadora. A todas estas iniciativas sumáronselle accións formativas máis transversais de alfabetización dixital, mobilidade laboral, igualdade, emprendemento, busca activa de emprego ou habilidades sociolaborais.

As rexedoras destacan que “na nosa comarca o agro é un nicho de creación de emprego e de fixación de poboación no rural e nós debemos colaborar no que poidamos para potencialo ao máximo, xa que é un sector estratéxico e de futuro para os nosos concellos”. “Foi un orgullo ver a grande acollida que tivo o programa cando comezou, pero o é aínda máis ver os resultados que se están obtendo”, aseguran.

Neste tramo final o Programa Integrado de Emprego de Galicia, Agroemprega, contará cunha formación adicional de 50 horas deseñada especificamente para unha empresa de nova apertura na que as 10 persoas participantes realizarán prácticas profesionais non laborais con compromiso de contratación. Ademais, nestes intres xa realizaron prácticas en empresas da contorna outros 14 integrantes do programa, o que lles permitiu “non só poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a formación en viveiros e adegas, senón tamén, en moitos dos casos, saír do programa cun contrato laboral”. Agroemprega está a desenvolverse entre os Concellos de Tomiño e do Rosal, aínda que ten a súa sede de execución no Centro de Formación Ocupacional do Regatiño, en Goián, onde se levan a cabo as accións de información, orientación e asesoramento por parte de dúas técnicas de orientación e prospección laboral, así como das técnicas de emprego local de Tomiño e O Rosal e a orientadora laboral tomiñesa. Un completo equipo de orientación e inserción laboral que realizou máis de 400 accións de atención individualizada ao longo destes meses.

SmartPeme pecha setembro con catro novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta catro novas accións formativas online enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Nestes talleres continuarase cos ciclos de ciberseguridade e blockchain, e explicaránse as ferramentas que serven para fidelizar clientes de aloxamentos turísticos ou o aproveitamento de Línkedin para empresas.

Este luns 26 de setembro, Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, impartirá o taller “Ciberseguridade – O Phising”  co que se continúa unha serie de talleres co obxectivo de dar a coñecer aspectos básicos da ciberseguridade. Neste caso, ensinarase a detectar o Pishing que é a forma máis sinxela de ciberataque.

O mércores 28 na quenda da mañá, Patricia Cabaleiro, Postgraduada en Turismo, impartirá o taller “Ferramentas para fidelizar aos clientes do meu aloxamento”. Neste obradoiro aprenderanse estratexias para que pequenos negocios turísticos fidelicen aos seus clientes e amosaranse outros consellos para captar reservas directas sen pagar comisións. Na quenda de tarde, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, versará sobre “Como usar Linkedin para empresas e profesionais”. Esta formación ten como obxectivo aprender a crear un  perfil profesional, unha páxina de empresa optimizada e como potenciar unha marca propia.

A semana lectiva finaliza o xoves 29 co obradoiro “Blockchain, identidade dixital e NFT“ que continúa unha serie de obradoiros informativos sobre a tecnoloxía blockchain. Nesta formación falarase do proxecto de identidade dixital da Unión Europea e como afecta isto directamente á xestión de datos. Tamén se explicarán que son e para que serven os NFT. O obradoiro será impartido, de novo, polo experto Manuel Freire.

Heterodoxos

A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha nova colección que, baixo a denominación xenérica de «Heterodoxos», pretende darlle voz a autores ou obras que, polas súas peculiaridades, non teñen cabida dentro das coleccións habituais das editoriais. Na promoción desta nova serie fálase de «os raros, os malditos, os que ata agora non tiñan voz», e abofé que semella unha proposta dabondo interesante como para botarlle, cando menos, unha ollada. Un formato sinxelo e atípico, mesmo un chisco antolladizo, envolve os dous primeiros volumes: «Enser», de Marcos Lorenzo, e «Espíderman», de Lúa Mosquetera. Dous autores que xa sorprenderon con algunhas publicacións anteriores, o primeiro centrado no eido da filosofía e o pensamento, a segunda a través da autoedición dos seus traballos de factura irreverente e rompedora.

Marcos Lorenzo «Enser. O que son as cousas»

Marcos Lorenzo

«Enser. O que son as cousas»

Galaxia

«Enser» é unha colección de textos breves que inclúe pensamentos, aforismos, reflexións, desafogos e, a miúdo, verdades (ou non tanto) de corte máis intimista, e preséntase a través de xogos estilísticos moi variados, ás veces achegándose á poesía, outras á narrativa tradicional, outras dándolle unha volta visual á palabra… Mais a súa premisa básica é a de remoer as nosas consciencias e o noso pensamento para abrirnos a un mundo diferente: o que o autor quere compartir connosco. Non é en van que todos os textos veñan separados entre si por un enigmático «mm», onomatopea clásica da reflexión.

Nun preámbulo bastante clarificador, o autor sinala a orixe deste libro a comezos da crise económica de 2008, que supuxo para el a perda de confianza, a caída da autoestima e a inseguridade perante un futuro impreciso. E todo iso desembocou nun repregamento interior para cuestionarse a visión do mundo de que gozara ata ese intre e a necesidade de novos enfoques para facerlle fronte a novas situacións. E iso tradúcese en certo espírito rompedor e revolucionario que por momentos pode abeirarse á loucura, como el mesmo recoñece, pero que ten como finalidade a propia supervivencia física e, sobre todo, anímica: «Baixo o cálculo e a corrección seguimos estando nós», «A xente non queremos tanto dialogar como sermos escoitados», «A violencia non deshumaniza. O humano é violento», «Unha noticia é un fragmento de espectáculo e un antídoto contra a información»…

Cínico, certeiro ou sorprendente, Lorenzo é un provocador do pensamento, un grafiteiro da escrita, un beliscador do subconsciente, e este «Enser. O que son as cousas», un bosque no que se perder para atopar novos camiños, unha guía á que acudir de cando en vez na procura dunha raiola de realidade coa que asfaltar o noso camiño.

Lúa Mosquetera: «Espíderman»

Lúa Mosquetera

«Espíderman»

Galaxia

O que nos presenta Lúa Mosquetera é un libro de poesía que, coa amplitude coa que se está a interpretar este xénero na actualidade, ben podería encaixar en calquera das coleccións habituais. O que xustifica a súa inclusión nunha serie coma esta é o seu espírito rompedor e irreverente que, por momentos, poderiamos tildar de próximo ao punk. Apenas unha ducia de poemas longos (case todos) nos que debuxa un mundo interno cheo de contradicións e de rabia, mais faino con tanto tino que o equilibrio entre ambos elementos se converte no seu eixo vertebrador.

Son textos que falan do cotián, das pequenas cousas do día a día, de obxectos que poderían pasar desapercibidos e aos que a autora lles dá protagonismo; pero que encerran unha fondura de pensamento máis intensa do que semella a simple vista. «Se vas vir, ven sen o reloxo […] E deixa que pense que mañá é só unha falacia inventada polos académicos da lingua». A linguaxe é diáfana e directa, sen grandes adobíos estilísticos nin reviravoltas estéticas que cubran de brétema a palabra, e nesa claridade é onde, ao meu entender, se encerra a verdadeira esencia deste libro. Os temas son variados e mistúranse sen remorsos realidade e ficción para ensamblar unha unidade formal en cada poema.

O resultado é unha colección próxima na que calquera se pode ver identificado, unha poesía con aires de barrio e de cercanía. Un paseo polo gume da navalla da vida na procura da nosa propia identidade. 

As escavacións de Santa Clara sacan á luz restos da panda oeste do claustro

As escavacións no convento de Santa Clara finalizarán este mes de setembro e, a pesares de estar a piques de rematar, seguen a sacar á luz novidades continuas sobre a construción. O vicepresidente César Mosquera explicou hoxe que os últimos achados veñen de revelar que o claustro, que a día de hoxe só conserva dúas pandas ou lados, tiña en orixe polo menos un máis na zona oeste que foi derrubado:  baixo terra atopáronse pavimentos empedrados, e na zona exterior restos dun tellado que voaba sobre o xardín da fonte  e tamén cicatrices do enlace coa edificación.

Coas descubertas resólvese un dos enigmas sobre a singularidade do claustro de Santa Clara, diferente aos doutras construcións relixiosas que –de maneira xenérica- pechaban con catro corredores de galerías unha zona central axardinada. Nas sondaxes, en calquera caso, non se encontraron evidencias de que o cuarto lateral fose construído, o que leva á equipa arqueolóxica a pensar que o claustro foi “o enésimo proxecto a medio finalizar” do convento. O seu deseño orixinal, así pois, sería en forma de U con dúas alas simétricas en dirección sur.

Por outra banda, Mosquera explicou que os estudos de paramentos revelaron que no muro interior paralelo ao de Barcelos -que separa a zona de vides e kiwi da parte exterior de arborado-, existen ‘ventanucos’ abucinados similares ás saeteras. Estes, sen poder determinar de momento se foron construídos pola orde das monxas ou anteriormente, tiñan moi probablemente un carácter defensivo, xa que a parte externa é estreita e a interna máis larga. As aperturas están a día de hoxe colmatadas e recheas de pedras. Ata fin de mes a equipa arqueolóxica seguirá a traballar na construción, realizando principalmente traballos complementarios para identificar na totalidade restos xa identificados ou confirmar datos e teorías sobre algún elemento concreto. Unha vez a faena de campo remate nos vindeiros días intensificarase o labor de documentación e priorizarase a de análise e redacción de informes.  

Tomiño prepara un outono de libros

0

O cambio de estación chega a Tomiño cargado de literatura. O Concello organiza o ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante as vindeiras semanas se programarán ata cinco presentacións de títulos literarios da man dos seus autores, todos escritores locais e da comarca. “Con este proxecto queremos destacar a importancia que ten a creación literaria en todos os xéneros e a calquera idade e facelo dando tamén a coñecer á veciñanza ás e aos novelistas que teñen ao seu carón”, explica a alcaldesa, Sandra González.   

As presentacións arrancarán o vindeiro 30 de setembro e prolongaranse todos os venres durante o mes de outubro. Todas serán para todos os público e de balde e celebraranse a partir das 20.00 horas no Mercado de Tomiño.

A rosaleira Antía Fernández Martínez, voluntaria durante anos na OMIX de Tomiño, será a encargada de estrear esta actividade. Será o día 30 coa presentación do seu libro ‘Parias, kellys, rebeldes. Mi periplo por una Grecia cansada’, que recolle a historia da autora, moi ligada á historia da propia Grecia e que comezou tras unha viaxe peculiar, absurda ás veces e case profética á illa de Creta.

O venres 7 de outubro será a quenda de Francisco Álvarez, Koki, que chega coa súa última creación, ‘Aldea Buxán’, un libro singular escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco. Jorge Cameselle chegará ao Mercado municipal de Tomiño o venres 14 de outubro con ‘El mono poeta. Metamorfosis de un médico e investigador de cáncer de mama’, unha testemuña dirixida ao persoal médico máis novo, ás súas familias e ás súas amizades sobre algunhas das dificultades que tivo que superar durante décadas para compatibilizar o exercicio da medicina clínica coa súa vocación como investigador. Cameselle, que foi médico no centro de saúde de Tomiño, dedicará todo o recadado coas vendas do libro a investigación.

O venres 21 de outubro sobre o escenario do Mercado estará Daniel Pino, destacado sociólogo, veciño da parroquia de Forcadela e homenaxeado no Acto Cívico do Alivio no ano 2016. Presentará ‘As casualidades necesarias’, unha novela que sen chegar a ser coral presenta tipos e arquetipos que esconden e delatan unha fonda introspección sociolóxica sobre o presente e o pasado dun pobo cunha ollada sen complexos na que o positivo e o negativo se entrecruzan nunha interminable relación dialéctica. O peche deste ciclo literario será o venres 28 de outubro da man de Emilio Estévez, que achegará ao público a súa primeira novela ‘El báculo de San Epitacio. Susana, Susana…’, na que a protagonista realiza unha viaxe á histórica cidade de Tui na procura das orixes da súa defunta nai que lle cambiará a vida para sempre.

O Concello de Tui poderá construir un túnel de 500 metros sobre a vía do tren no centro urbano

0

O proxecto presentado polo Concello de Tui para cubrir un tramo da vía férrea no centro urbano é viable tecnicamente. Así llo vén de confirmar o ADIF ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense sinala que se trata dunha “obra estratéxica para Tui” xa que “nos permitiría desdobrar unha zona de tráfico bastante intensa coma é o primeiro tramo da rúa Colón”. O investimento estimado é de 15 millóns de euros.

O Concello de Tui presentara o ano pasado ante o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, ADIF, a memoria técnica para cubrir a vía férrea entre os taludes da rúa Colón e do barrio de Ricamonde, coa construción dun túnel  de 500 metros. Precisamente para abordar este proxecto o alcalde, Enrique Cabaleiro, mantivera varias reunións cos representantes de ADIF. Agora vén de recibir a confirmación da viabilidade técnica da proposta presentada, que non afectará ao tráfico ferroviario e será compatible amais coas obras proxectadas para renovar a vía entre Guillarei e Tui.

Enrique Cabaleiro explica que unha vez iniciado o expediente o seguinte paso será establecer a aportación de cada entidade para a redacción do proxecto, cuantificado en 900 mil euros, e para a execución da obra  que se prevé acade os 12 millóns de euros máis IVE de investimento. Así o rexedor tudense sinala que “temos que traballar para ver que parte de aportación municipal se destina a ese proxecto” avanzando que “trataremos de buscar, dentro da medida do posible, financiamento externo, porque a aportación municipal estaría entre o 16 e o 32% e estamos obrigados a buscar financiamento alleo para poder asumir esa porcentaxe”.

Por último alcalde de Tui sinala que “esta é unha obra para o presente e o futuro de Tui” engadindo que “é unha obra estratéxica e aí si que teremos que facer o esforzo financeiro que sexa necesario para poder sacala adiante”.

A actuación proposta polo concello sitúase entre o pk 3+110 e pk 3+610 coa construción dun túnel de 500 metros entre os taludes da rúa Colón e do barrio de Ricamonde. A superficie superior será urbanizada para crear unha nova avenida de dobre sentido separada por un seto central con aparcamento a ambos lados, paseo, carril bici e amplas zonas verdes. O novo vial contaría con tres rotondas unha na rúa Colón, outra na rúa Pilar que dará acceso á praza de Abastos, e unha terceira que daría acceso á estación de autobuses e melloraría o acceso ao barrio de Ricamonde.

Redondela organiza un novo roteiro o domingo 25 de setembro na contorna do Monte Buxel

0

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, organiza para este vindeiro domingo, 25 de setembro, o último dos roteiros que, dende o mes de marzo, desenvolve os últimos domingos de cada mes para dar a coñecer, á veciñanza e visitantes, a riqueza patrimonial do municipio. “Que a veciñanza coñeza o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico de Redondela é o primeiro paso para a súa protección e conservación” asegurou hoxe a alcaldesa Digna Rivas.

Desta volta, e coa guía de Xurxo Constenla, arqueólogo de A Citania e museólogo do Meirande (Centro de Interpretación da Batalla de Rande), as e os participantes terán a oportunidade de coñecer o enclave arqueolóxico situado entre Redondela e Pazos de Borbén. Nesta localización atópanse tres mámoas, dous grupos de gravados rupestres, un xacemento de foxas da Idade de Bronce e un círculo lítico recentemente atopado. A distancia da ruta é de 7Km e non ten maior dificultade, está pensada para todos os públicos.

Para participar, non é precisa preinscrición algunha, só estar no lugar da saída (gasolineira de Amoedo, na Estrada PO-250) ás 10 horas. Para chegar dende Redondela: dirixirse a Pazos de Borbén pola Estrada PO-250; a uns 6Km dende o centro de Redondela, nun lugar chamado o Chan de Amoedo, onde se atopa unha gasolineira (marcada na palicación Google Maps como “Gasolineira Chan de Amoedo”).

A protección do patrimonio cultural, industrial e natural da contorna de Rande, zona incluída na Rede Natura 2000, “é un obxectivo irrenunciable para o Goberno redondelán”,así o afirma a alcaldesa Digna Riva.

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con Femupo

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con a  Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) que activa o Plan Corresponsables para favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

O Plan Corresponsables Femupo xorde baixo un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O obxectivo é desenvolver un dos principais eixes do Plan Nacional de Corresponsables que consiste en transformar o coidado de menores en actividade laboral regulada e facilitar a conciliación familiar e laboral.

“Para Femupo supón un gran impulso como federación xa que nos converte na agrupación social e feminista referente do Plan Corresponsables na provincia de Pontevedra,” declara Raquel Touriño, presidenta de Femupo. “Isto vainos facilitar medios para levar a cabo multitude de accións por toda a provincia e así expandir a nosa filosofía de traballo co obxectivo de acadar a igualdade das mulleres.”

Un dos principais eixes do Plan Corresponsables Femupo é a formación gratuíta para que as mulleres poidan acceder ao Certificado de profesionalidade no coidado de menores de ata 16 anos. O Plan contempla ademais a creación dun censo laboral que se porá a disposición de empresas e administracións que busquen persoas dispostas a traballar no coidado de menores

Con esta iniciativa, búscase favorecer que mulleres poidan acceder a empregos de calidade nos seus lugares de residencia ou exercer profesionalmente unha actividade que viñan desempeñando de maneira non formal.

“Temos que ser conscientes de que hoxe en día conciliar o traballo cos coidados familiares supón facer malabares. Hai que investir e educar para facer real a corresponsabilidade de maneira que os coidados se compartan e deixen de ser cargas na vida familiar,” comenta Touriño.

Levaránse a cabo, entre outros, accións de formación encamiñadas a un futuro recoñecemento da experiencia laboral das mulleres, como por exemplo a acción formativa de manipulación de alimentos; primeiros auxilios, competencias básicas ou competencias dixitais.

O acordo enmárcase na aposta da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona pola conciliación e a corresponsabilidade e a creación de emprego de calidade.

As persoas que desexen participar neste programa formativo poden anotarse chamando ao Centro de Información á Muller de Baiona (CIM) no 986 35 75 54.

O Rosal levanta o pano da Aula de Teatro municipal

0

O Concello do Rosal pon en marcha por primeira vez a Aula de Teatro municipal, unha iniciativa que busca “achegar o teatro á veciñanza e impulsar un punto de encontro no que poidan confluír todas as inquietudes de artes escénicas”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Impartida pola Artística, as clases serán eminentemente prácticas para estudar e traballar aspectos e técnicas básicas da creación escénica, como a expresión dramática, a improvisación ou a creación da personaxe. As clases comezarán o vindeiro mes de outubro e impartiranse ata xuño todos os mércores de 20.30 a 22.00 horas na escola de Pancenteo.

A Aula de Teatro municipal está dirixida a maiores de 16 anos e deberá haber un grupo mínimo de 10 participantes para que se poña en marcha. O prezo da actividade será de 20 euros ao mes, pero non haberá que pagar o mes de outubro.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden solicitar máis información ou inscribirse xa chamando ao 986 62 50 00.

Moisés Cerezo, un novo mosense recanteiro

0

Moisés Cerezo, nado e residente na parroquia de Pereiras, outro recanteiro que compite pola zona de Vigo no programa LUAR da TVG. Participará na primeira fase o vindiro venres 30 de setembro.

Cerezo, de 27 anos de idade, leva a música no sangue, pois leva máis de 20 anos formando parte do Grupo de Baile e Gaitas Nosa Terra de Pereiras. Comezou bailando e logo iniciouse como músico tocando o tambor e o bombo. Actualmente continúa tocando percusión no Grupo de Nosa Terra, sen embargo, este é o seu debut como cantante.

Moisés asegura estar “moi ilusionado nesta miña primeira experiencia cantando ante o público”. “Surxiume a oportunidade de participar nesta gran experiencia e non o dubidei, enviei o vídeo presentándome e tiven a sorte de que me chamaran para dicirme que estaba seleccionado; polo que afronto este desafío como unha gran experiencia de aprendizaxe. Hai moi bo nivel entre os participantes, moitos cantan profesionalmente, polo que é un reto complicado, pero no que porei toda a miña ilusión e ganas”.

A Moisés Cerezo, mozo traballador e versátil que pese á súa xuventude xa se dedicou á automoción e a outros sectores diversos, gustaríalle “seguir a estela e o exemplo doutro mosense recanteiro que logrou ser gañador do Recantos do Luar, Antonio Barros, gran cantante da parroquia de Tameiga”, explica o de Pereiras.

Ponteareas organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARI

O Concello de Ponteareas dá un paso máis no asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios e inmobles situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV). O vindeiro luns 26 de setembro ofrecerá unha charla informativa sobre a declaración de contorna residencial de rehabilitación programada (ERRP) para poder acollerse ás subvencións previstas no primeiro Programa de axudas de rehabilitación a nivel de barrio establecidas ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Esta charla terá lugar a partir das 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e nela o persoal técnico da ARI-Zona Vella informará sobre os tipos de axudas, contías e procedementos que se deben seguir para solicitalas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, convida a participar a todos os veciños interesados en rehabilitar algún dos inmobles situados dentro do ámbito do ARI-Zona Vella ou en calquera outra zona do concello de Ponteareas.

Fernández Davila salienta que dende o Goberno municipal do BNG-PSOE estanse levando a cabo iniciativas “para poñer en valor o noso centro histórico e ir recuperando pouco a pouco unha zona emblemática agora degradada e nun deficiente estado de conservación”. Neste camiño, o Concello puxo en marcha un servizo de asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARIZV, a primeira zona que conta con este recoñecemento no municipio e que integran un espazo de case 93.000 metros cadrados que ocupa o núcleo histórico da vila e que beneficiará a un total de 518 vivendas agrupadas en 74 edificios de uso residencial colectivo e 133 unifamiliares, así como 5 edificios de equipamentos e 16 destinados a outros usos.

Con este servizo, o Concello facilita o acceso ás subvencións de fondos públicos ofrecendo asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas para os programas de axudas de rehabilitación da área, información de subvencións dos distintos plans de vivenda ou regulación autonómica ou estatal en materia de vivenda e de axudas compatibles dentro do ámbito ou fóra destas liñas de financiamento. As persoas interesadas poden consultar toda a información e documentación necesaria na páxina web do Concello ou realizar consultas a través de [email protected]. O Concello de Ponteareas apostou por conseguir a declaración de zona ARI do núcleo histórico “como parte da estratexia para dinamizar o núcleo urbano, mellorando a calidade de vida das persoas e recuperando espazos públicos e privados”, como sinalou a segunda tenenta de alcaldesa, Chus Garrote.

Baiona goza esta fin de semana da Romaría de San Cosme e San Damián

0

Este sábado, 24 de setembro, o domingo 25 e o luns 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

Os veciños e veciñas poden participar na contorna de Santa Liberata nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos,  gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos outonais. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.

Estes días ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecen os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.

Durante tres días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado exténdese tamén pola rúa Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.

O Concello de Baiona profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación.

A programación comeza o sábado, ás 11:30 cunha cata de Mel organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) no local da parroquia, situado na Rúa Santa Liberata. Ás 18:00 no mesmo lugar, poderase gozar dunha charla sobre “Apiturismo” impartida tamén por esta asociación. Ás 17:30 horas haberá un pasacalles a cargo da asociación cultural “ A Seneira”. A partir das 20:00 poderase gozar de música tradicional e dunha sesión D.J. a cargo de Viktor Flores.

O Domingo, 25 de setembro, o local da parroquia acollerá unha nova charla ás 11:30 baixo o título “Que bonitas son as abellas” impartida por (AGA). Ademais, o mercado vai ser amenizado coas actuacións de grupos folclóricos e pasacalles. Ás 11:30 horas levará a cabo un pasacalles a cargo da asociación cultural “A Seneira”  no recinto de Santa Liberata.

Ás 13:15 o atrio de Santa Liberata acollerá a actuación da asociación folclórica “Vila de Baiona”. A partir das 17:00h “Os Terribles de Donas” poñerán música á xornada de tarde cun pasacalles.

O luns 26, festivo local, o grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña ofrecerán dúas actuacións no atrio de Santa Liberata, unha ás 13:00h e outra ás 18:45h.

En canto aos actos relixiosos, o sábado, día 24 de setembro, haberá novena ás 19:00h na Capela de Santa Liberata. O domingo a Ex-Colexiata de Santa María acollerá misas ás 10:30h, ás 12:30h e ás 19:00h. Pola tarde, ás 18:00h na  Capela de Santa Liberata celebrarase a novena.

O luns, día 26 de setembro (festivo local),  haberá misas ao longo de todo o día: Ás 08:00 e ás 09:00, na Capela de Santa Liberata. Ás 10:00, 12:00 (misa solemne), 18:00 e 20:00 na  Ex-Colexiata de Santa María. A tradiconal procesión terá lugar ás 11:15h acompañada por “Os Trebellos”.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “O Concello de Baional profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta pola liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”. 

O Concello de Gondomar doa material informático e sanitario á Asociación Avelaíña

0

O Concello de Gondomar fixo entrega de diferente material informático e sanitario á “Asociación Aveleíña Saúde Mental”, nunha visita feita polo alcalde e as concelleiras, Nuria Lameiro e Rocío Goberna, ás súas instalacións en Baiona.

Así coñeceron, de primeira man, as súas demandas e poden buscar fórmulas de colaboración. Asimesmo, o Concello asinará con esta asociación un convenio de colaboración por un importe anual de 2.000 €, e comprométese a abrir outras vías dentro do posible para que poidan seguir realizando a súa importante actividade nas mellores condicións posibles.

Durante o acto de entrega desta doazón o alcalde, Paco Ferreira, sinalou que “dado que a labor que dita asociación leva a cabo e os programas que teñen en marcha merecen todo o noso respeto e apoio, e cubren unha carencia do sistema sanitario en Galicia, faremos o que este na nosa man para apoialos”.

A Xunta rehabilitará da Fonte de Troncoso en novembro

0

A Xunta de Galicia investirá 500.000 € na recuperación e rehabilitación da Fonte de Troncoso cun proxecto que se iniciará o vindeiro mes de novembro coa licitación dos primeiros traballos. Así o anunciou hoxe o  conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, os primeiros traballos póñense en marcha despois dun intenso traballo feito para determinar a situación e necesidades do conxunto obra do arquitecto Antonio Palacios. Así, cun orzamento nesta intervención inicial de máis 130.000 €, as primeiras tarefas centraranse en incorporar medidas de seguridade. “O noso obxectivo é que as obras comecen no primeiro trimestre do ano 2023 para garantir a estabilidade do conxunto deseñado polo arquitecto Antonio Palacios a comezos do século XX antes de poñer en marcha o proxecto de rehabilitación”, afirmou.

Estes traballos encádranse nun proxecto máis amplo máis amplo que atende ás necesidades deste ben catalogado e protexido polo seu valor cultural. Así, unha vez concluída a consolidación, está previsto que o Goberno galego destine 400.000 € á rehabilitación e recuperación da obra de Antonio Palacios. Para facelo, é preciso asinar un convenio de colaboración co Concello de Mondariz-Balneario, actual propietario do conxunto tras conseguir a súa cesión, para a súa posta a disposición.  Na visita tamén participou o arquitecto César Portela, redactor do proxecto.

O conselleiro destacou a riqueza patrimonial da Fonte de Troncoso e asegurou que apostar pola súa recuperación é “apostar pola cultura e identidade de Galicia”, xa que supón poñer en valor “o legado dun dos grandes nomes da arquitectura que superou as fronteiras do seu Porriño natal e conquistou a capital de España, onde deixou unha profunda e recoñecida pegada”.

Antonio Palacios, recoñecido por diferentes estudosos como a figura de maior interese na arquitectura española dos primeiros anos do S.XX, é autor de numerosos proxectos entre os que se inclúen reformas urbanas, plans de ensanche e modernización ou o deseño, no ano 1907, do conxunto artístico neste manancial de Troncoso, unha fonte de augas mineiro-medicinais de características nitrosas.

O Rosal fomenta a inclusión xogando

0

Fomentar valores como a empatía, o compañeirismo, o respecto e a solidariedade dun xeito lúdico e divertido. Ese é o obxectivo co que nacen os ‘Xogos da empatía’, unha xornada de carácter non competitivo posta en marcha polo Concello do Rosal en colaboración coas asociacións na que nenos e maiores poderán achegarse a diferentes actividades deportivas adaptadas, dando así un paso máis para converter O Rosal nun concello 100% inclusivo, tamén a nivel social.

“Esta iniciativa, que nace no seo do Consello do Deporte, busca ofrecer a toda a xente a posibilidade de poñerse por un rato do outro lado e gañar así perspectiva de inclusión. E fainos moita ilusión poñela en marcha, porque para nós supón continuar dando pasos para rachar barreiras en todos os ámbitos”, explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A rexedora presentou este xoves a primeira edición destes xogos acompañada por representantes das asociacións Avelaíña, Discamino e San Xerome, así como do club deportivo Tamiar-Apamp, así como de membros do Goberno local e de Serafín Martínez Acevedo e Víctor Valderrama, da empresa Noko 360 Sports Consulting, encargada do desenvolvemento das probas deportivas.

O vindeiro domingo 9 de outubro, a Praza do Calvario converterase nun grande espazo deportivo no que desfrutar de catro disciplinas nas que as e os participantes non poderán empregar todas as súas habilidades. Así, nenos, nenas e maiores poderán experimentar coas handbike tanto conducíndoas como indo de copiloto cos ollos vendados, o slalom en cadeira de rodas ou os xogos tradicionais adaptados como a petanca a cegas por parellas. Por outro lado, para una maior difusión e práctica do balonmán, haberá tamén sesión adaptadas nas que as e os participantes xogarán de diferentes formas para maior coordinación co balón. Outra das actividades que está previsto que se desenvolva será a de baloncesto en cadeira de rodas.

A actividade rematará cunha carreira-camiñada a cegas onde as e os participantes por parellas unidos por unha corda farán de guía e de guiado, como nas carreiras de persoas con discapacidade visual. O obxectivo é facer sentir a nenos, nenas e maiores o mesmo que unha persoa que non ve e goza do percorrido pola confianza e entrega á persoa que fai de guía. Haberá unha versión para adultos de 2 quilómetros e outra para cativos e cativas en forma de xincana de obstáculos.

As actividades estarán abertas a un máximo de 200 persoas que desfrutarán das disciplinas deportivas en grupos de 50 e en catro quendas que se celebrarán ás 10.00, 11.00, 12.00 e 13.00 horas. Cada participante contará ademais cun carné no que se colocará un selo por cada actividade realizada. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través dun formulario web.

Fernández Callís anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa e quixo agradecer “a Noko 360 a súa organización e ás asociacións tanto a súa colaboración como o importante traballo que fan no día a día”. “O primeiro son as persoas na súa diversidade por iso para nós a inclusión é un elemento esencial en todas as accións de transformación que estamos a levar a cabo no noso municipio. E estamos convencidas e convencidos de que esta xornada servirá para espertar moitas conciencias e para visibilizar unha realidade ante os nenos e nenas que construirán o futuro”, destacou a alcaldesa.

A Garda Civil ofrece á Policía Local de Nigrán e funcionarios municipais un curso de desfibrilación e RCP

0

A Policía Local de Nigrán e traballadores do Concello de Nigrán recibiron esta semana formación en primeiros auxilios da man de tres gardas civís da Comandancia de Pontevedra instructores nesta materia e de David Mosquera, médico da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A trintena de asistentes actualizou de xeito teórico-práctico todas as técnicas de resucitación cardiopulmonar (RCP) e de desfibrilación externa automática, con especial atención á reanimación pediátrica ou á correcta extracción do casco aos motorista accidentados. O curso, cunha duración de 10 horas e con certificado a nivel europeo, tivo lugar este mércores e xoves no Auditorio Municipal de Nigrán previa solicitude do Concello á Guardia Civil (coa que colabora o Hospital Álvaro Cunqueiro).

Nigrán é un dos municipios de España máis cardioprotexidos tras dotar o Concello no 2018 de desfibriladores a todos os centros educativos, espazos deportivos, casa consitorial e patrullas da Policía Local. “O obxectivo deste curso e de todos os anteriores que levamos feito é que, en caso de parada cardiaca, o noso persoal poida actuar incluso antes de que cheguen as urxencias sanitarias e garantir así a vida da persoa e, se é necesario, restablecer o ritmo cardíaco a través dunha descarga eléctrica ao dispor nos de desfibriladores externos”, considera o alcalde, Juan González.

A provincia de Pontevedra, líder en Galicia en oficinas de turismo con “Q” de calidade

A calidade da atención turística ás viaxeiras e viaxeiros que visitan a provincia de Pontevedra está a ser avalada polo alto número de distincións que reciben as oficinas de turismo ao longo e ancho do territorio. O destino Rías Baixas conta con 12 centros galardoados coa “Q” de calidade concedida polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE), feito que convirte a provincia en líder en Galicia neste eido.

Actualmente contan coa “Q” as tres oficinas da Deputación de Pontevedra: a sede central de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza, a oficina do aeroporto de Vigo; e a de Armenteira en Meis. Ademais locen o distintivo nove oficinas municipais da rede Info Rías Baixas, concretamente a da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Cambados, Casa da Bola en Cangas, A Estrada, Baiona, Nigrán, Casal de Ferreirós  en Poio e Cuntis. A rede está formada por 33 oficinas e o obxectivo da Deputación é sumar progresivamente novos distintivos de calidade turística.

Ademais, a Deputación de Pontevedra recibiu o ano pasado a “Q” para o museo do castelo de Soutomaior, que se converteu no primeiro recinto museístico de todo o Estado en obter este galardón. A fortaleza foi distinguida tras acreditar a calidade da planificación da actividade museística, prestación de servizos, xestión das instalacións, mantemento e equipamento.

A “Q” de calidade turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. Achégalles aos establecementos que a ostentan diferenciación, fiabilidade e promoción a través da Secretaría de Estado de Turismo e das comunidades autónomas. No caso das oficinas, a Deputación de Pontevedra está a facer un importante esforzo para dotar á rede Info Rías Baixas de novos medios destinados á atención ao público e á mellora da xestión turística. Todas elas comparten plataforma tecnolóxica e teñen unha imaxe corporativa común, o que facilita a súa identificación por parte do público e ofrece un servizo homoxéneo en todo o territorio. 

En canto ao museo da fortaleza de Soutomaior, as súas salas amosan de maneira entretida e didáctica, cun uso de audiovisuais e outros medios punteiros, información acerca da súa historia, dos  e das personaxes ilustres que a habitaron, a súa importancia en Galicia e a integración no contorno paisaxístico.

O castelo é xa un referente turístico, cultural e do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e está a experimentar un auxe de visitantes. No mes de agosto alcanzou o seu récord, con 8.240 persoas que acudiron a coñecer e desfrutar do atractivo desta impoñente fortaleza do século XII, do museo e do espléndido xardín, o primeiro en recibir a declaración de Excelencia Internacional en Camelia concedida pola Sociedade Internacional da Camelia.

Recentemente o Museo de Pontevedra pasou a auditoría da “Q” de calidade con moi bo resultado. A Deputación recibirá en 2023 o distintivo para o recinto na gala de entrega que se celebra no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR).

Melgaço convida para diferentes experiências para celebrar o Dia Mundial do Turismo

Melgaço celebra o Dia Mundial do Turismo com um programa repleto de atividades, numa parceria com diferentes entidades do concelho. A ação assume-se como uma forma de convidar os turistas a descobrirem o destino de natureza mais radical de Portugal. A efeméride assinala-se a 27 de setembro, mas Melgaço alarga as comemorações para o fim de semana seguinte: dias 1 e 2 de outubro.

Entrada gratuita nos espaços museológicos, provas de alvarinho, oferta de noites de acampamento em parques de campismo, descontos em atividades, visita a quinta de alvarinho, trilho pedestre e workshop sobre plantas aromáticas e medicinais do PNPG são as sugestões para assinalar o Dia.

A rota cultural vai permitir a visita a vários pontos do concelho, já que os espaços estão dispersos pelo concelho: Torre de Menagem, o Espaço Memória e Fronteira, o Museu de Cinema – Jean Loup Passek e o Núcleo Museológico de Castro Laboreiro. Os turistas poderão ainda visitar a Porta de Lamas de Mouro, umas das Portas do Parque Nacional da Peneda Gerês – PNPG, um espaço com exposição permanente sobre o contexto histórico-geográfico desta área protegida e ter uma experiência 360º através de uns óculos 3D: poderão visualizar um vídeo sobre a ocupação do território e da transumância (Brandas e Inverneiras). Poderão ainda visitar a Loja Interativa de Turismo (no centro da Vila de Melgaço).

No Solar do Alvarinho haverá a possibilidade para um brinde, com alvarinho, claro: o espaço promove provas gratuitas, proporcionando ao visitante a oportunidade de provar os magníficos vinhos da região, num ambiente acolhedor.

E, não fosse Melgaço o destino de natureza mais radical de Portugal, o convite estende-se ainda para praticar atividades de desporto de natureza e radical com as empresas Montes de Laboreiro, Melgaço Radical, Ecotura, Coraltours e JustNatur. Se pretender pernoitar em Melgaço existem descontos nos parques de campismo das Termas de Melgaço e de Lamas de Mouro. E ainda um Welcome Drink no restaurante Miradouro do Castelo e visita à Quinta de Soalheiro com prova de vinhos.

PROGRAMA

Dia Mundial do Turismo | 27 de setembro  

Entrada gratuita nos espaços museológicos de Melgaço*

Provas de alvarinho no Solar do Alvarinho**

27 de setembro e fim-de-semana de 1 e 2 de outubro

ATIVIDADES COM AS EMPRESAS LOCAIS

27 de setembro e fim-de-semana de 1 e 2 de outubro

Coraltours

  • Desconto de 50% em atividades

Ecotura

  • Desconto de 50% em atividades

Melgaço Radical

  • Oferta de uma noite de acampamento no Parque de Campismo das Termas de Melgaço
  • Desconto de 50% em atividades

JustNatur

  • Trilho pedestre e workshop sobre plantas aromáticas e medicinais do Parque Nacional Peneda-Gerês e degustação de produtos à base das plantas observadas.
    Mínimo de 5 pessoas | Nível fácil | 2h | 20€ p/pessoa | Ponto de encontro: Castro Laboreiro, nas instalações da Just Natur, no centro da Vila de Castro Laboreiro
    Inscrições: +351 967 200 344 | [email protected]

Montes de Laboreiro

  • Welcome Drink no restaurante Miradouro do Castelo
  • Oferta de uma noite de acampamento no Parque de Campismo Lamas de Mouro
  • Desconto de 50% em atividades

Soalheiro

  • Visita à Quinta de Soalheiro com prova de vinhos (Soalheiro Clássico e Soalheiro Granit)

Máximo de 20 pessoas | 15h00 | 1h | 10€ p/pessoa

Inscrições: [email protected] 

*Horário dos Museus e da Porta de Lamas de Mouro

Abril – setembro: das 9h30 às 13h00 e das 14h00 às 18h00

Outubro – março: das 9h30 às 13h00 e das 14h00 às 17h00

Encerrados nos dias 24, 25 e 31 de dezembro e 1 de janeiro, e todas as segundas-feiras e domingo de Páscoa.

A Oficina Temática da Porta de Lamas de Mouro encerra à segunda-feira, mas a receção está aberta ao público.

**Horário do Solar do Alvarinho

Abril – setembro: das 10h00 às 13h00 e das 14h30 às 19h00

Outubro – março: das 10h00 às 13h00 e das 14h30 às 18h00

Encerra no domingo e segunda-feira de Páscoa, nos dias 24, 25 e 31 de dezembro e 1 de janeiro

INFORMAÇÃO: o Solar está a ser alvo de intervenções, pelo que o espaço provisório se situa no antigo Quartel dos Bombeiros Voluntários de Melgaço, na Alameda Inês Negra (4960-561 Melgaço)

MELGAÇO APAIXONA, POR DIFERENTES RAZÕES!

Melgaço tem um potencial enorme e cada vez com mais procura. Situado na Área Protegida mais importante de Portugal, o PNPG – Parque Nacional Peneda Gerês, consagrado pela UNESCO Reserva Mundial da Biosfera, Melgaço é um destino de natureza por excelência, com características geográficas e geológicas que lhe concedem uma posição de destaque de entre todos os subdestinos do Porto e Norte de Portugal.

A oferta é completa: da natureza ao bem-estar, passando pelo Alvarinho e pelo fumeiro, dando uma volta entre a cultura e o património, sem esquecer o desporto, a sugestão é que se Descubra Melgaço em redor de uma sossegada e deslumbrante natureza.

Localizado a menos de duas horas do Porto e perto da Galiza, Melgaço é um destino a não perder, é o destino de natureza mais radical de Portugal.

SOLAR DO ALVARINHO CONTINUA A SER O ESPAÇO PREDILETO PARA QUEM VISITA MELGAÇO: 6.635 VISITANTES

De janeiro de 2022 e até final de agosto, de acordo com os registos dos vários espaços, 25.984 turistas visitaram os espaços museológicos do concelho de Melgaço, a Porta Lamas de Mouro, a Loja Interativa de Turismo e o Solar do Alvarinho. O Solar do Alvarinho continua a ser o espaço predileto: 6.635 visitantes.

Segue-se a Torre de Menagem – 6.361; a Porta de Lamas de Mouro – 3.539; a Loja Interativa de Turismo – 2.573; o Museu de Cinema Jean Loup Passek – 2.081; o Espaço Memória e Fronteira – 1.854; o Museu de Castro Laboreiro – 1.706; e a Biblioteca de Castro Laboreiro – 1.235.

MELGAÇO É O ÚNICO MUNICÍPIO DO PNPG COM A DISTINÇÃO DE DESTINO TURÍSTICO SUSTENTÁVEL

Melgaço é, neste momento, o único município situado no Parque Nacional Peneda Gerês – PNPG com a distinção de Destino Turístico Sustentável. «Assumirmos um rumo cada vez mais sustentável para Melgaço é um propósito com impactos enormes no futuro do nosso território único e da nossa comunidade», realça o autarca de Melgaço. É nesta visão que se enquadra a certificação de Melgaço como destino turístico sustentável segundo os critérios definidos pela Global Sustainable Tourism Council – GSTC – orgão máximo na definição e gestão dos padrões mundiais para o turismo sustentável.

«O Turismo está no nosso ADN.  Por isso, apostamos num Plano Estratégico e de Marketing para o Turismo que definiu os caminhos a percorrer para a afirmação e diferenciação como destino turístico. Criámos a marca Descubra Melgaço e posicionámo-nos como o destino de natureza mais radical de portugal, recebemos o selo de prata da Earthcheck – órgão acreditado pela Global Sustainable Tourism Council (GSTC) para certificar destinos turísticos e alcançamos a certificação como destino turístico sustentável, tornando o nosso concelho Best Practice Internacional, ao nível das emissões de gases com efeito de estufa, consumo de água potável e resíduos sólidos enviados para aterro.», realça Manoel Batista.

A investigación e a importancia dos coidados protagonizan a conferencia do Día do Alzhéimer de Redondela

0

A Concellaría de Persoas Maiores, dirixida por Iria Vilaboa, e o Grupo SENES organizaron, con motivo do día do Alzhéimer, un acto xunto a persoas expertas da area sanitaria e social que abordaron temas como os itinerarios da demencia, a investigación, a terapia neurolóxica e o envellecemento activo. A sala do Multiúsos da Xunqueira estaba chea de xente interesada na materia, como estudantes do Grado Medio Atención a Personas en Situación de Dependencia (FP APSD) e familiares das persoas afectadas.

A mesa redonda estivo composta por Isabel Couñago, traballadora social e psicóloga de “Os Cortizos”; Pedro Santamaría, psicoxerontólogo e membro do grupo de Envellecemento do COPG; así como Antía Soneira, fisioterapeuta do SERGAS e especialista en terapia neurolóxica e envellecemento activo. O presentador e moderador foi Pedro Álvarez, director do Grupo SENES.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, deu paso o acto cunhas palabras de agradecemento e apoio a investigación na loita contra o Alzhéimer. En palabras de Rivas “é moi importante apostar pola ciencia e desestigmatizar as enfermidades neurolóxicas para que as familias estean nun entorno seguro e poidan involucrarse e entender todo o proceso médico dunha enfermidade tan dura como é o alzheimer”.

O evento foi un éxito en canto o número de asistentes, que participaron de forma activa. Entre os temas que se abordaron destaca a importancia dos coidados e a estimulación da actividade física para a mellora de todo o sistema nervioso.

RESUMO DOS TEMAS ABORDADOS

O experto e psicoxerontólogo, Pedro Santamaría poñía en valor a fisioterapia como método de rehabilitación, xa que “a estimulación do corpo é tan importante como a da mente”.

Isabel Couñago, psicóloga do Centro de Día ‘Os Cortizos’ explicou os avances nos centros sociais e de coidados. Normalmente en España existe un estigma ou medo as residencias para persoas maiores, algo que está cambiando pouco a pouco e que é moi necesario, xa que esta é unha enfermidade que aumenta en número de afectados cada ano”.

Os portavoces tamén falaron dos itinerarios da demencia, a investigación biomédica e social en España, asi como o diagnóstico precoz. Abordaron temas farmacolóxicos como o futuro da “Proteína TAU” ou o uso de novas tecnoloxías como os xeolocalizadores e os robots de axuda.

Actualmente unhas 800.000 persoas padecen Alzhéimer en España. O custo do tratamento supón o 1,5 % do produto interior bruto nacional. Cada ano diagnostícanse uns 40.000 novos casos e estímase que o 80 % deles que aínda son leves están sen diagnosticar. Por este motivo este tipo de charlas e conferencias en torno a saúde son tan importantes.

Mesa redonda “Día Mundial do Alzhéimer”

Data: mércores, 21 de setembro.
Hora: 19:30 horas, durando ate case as 22:00 horas da noite.
Onde: Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra).

O director do Museo de Pontevedra intervén nun curso sobre conservación de arte rupestre

O director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, participou onte na primeira xornada do curso ‘Documentación e conservación da arte rupestre: artes prehistóricas e perspectivas presentes’, organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo e o comité español de ICOMOS en Huesca.

A intervención do director do Museo leva por título ‘A xestión integrada dos gravados rupestres ao aire libre: experiencias inspiradoras en Europa’. Nela exporá como a preservación e socialización dos gravados rupestres ao aire libre é un dos grandes desafíos aos que se enfrontan os profesionais da arqueoloxía e a museoloxía. Rey aposta pola adopción de modelos de xestión integrada que aglutinen saberes, habilidades e competencias procedentes de diferentes disciplinas para garantir unha xestión eficiente e sostible.

Como parte da súa exposición, o responsable do museo provincial dará conta das principais experiencias de éxito desenvolvidas en Europa e como estes se basean, en maior ou menos medida, na adopción dunha visión multifocal. Esta permite asegurar unha preservación da colección rupestre e, ao mesmo tempo, socializar o seu goce e satisfacer o acceso da cidadanía nas mellores condicións posibles. O Museo de Pontevedra está a consolidarse como un lugar de referencia dentro da Arte Rupestre. Dende hai dous anos forma parte do Itinerario Cultural do Consello de Europa ‘Camiños de Arte Rupestre Prehistórica’ (CARP), a maior rede internacional para a cooperación en torno á arte dos primeiros humanos europeos, que reúne nestes momentos máis de 150 dos principais destinos de arte rupestre abertos ao público.

Baiona recibe ao alumnado do Instituto Arxentino-Gallego Santiago Apóstol tras o parón da Covid

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, recibiu no Concello a un grupo de estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires. Nesta ocasión, a visita foi aínda máis especial, se cabe, pois a visita a Galicia do estudantado viuse interrompida hai dous anos con motivo da crise sanitaria da Covid-19.

O rexedor deu a benvida aos mozos e mozas resaltando “a importancia destes proxectos internacionais, xa que aparte de servir para que se coñeza Baiona no exterior, neste caso en Arxentina, serven para afianzar os lazos entre ambos os lugares, moi unidos debido á gran cantidade de galegos, entre eles moitos baioneses e baionesas, que emigraron a este país”.

O alumnado recibido no consistorio son estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol, o único centro que está financiado pola Xunta de Galicia fóra das fronteiras da nosa comunidade. O estudantado, na súa gran maioría descendentes de galegos e galegas, reciben clases de lingua galega así como tamén materias de cultura galega, historia de Gaicia, xeografía…

Os mozos atópanse no seu último curso de estudos e antes de iniciar a universidade realizan a viaxe a Galicia como excursión de fin de curso.

Chegaron á nosa comunidade hai uns días e durante 15 días percorrerán diferentes zonas de Galicia. Xa estiveron en Santiago de Compostela e na Crouña, e prevén percorrer as catro provincias.

Antes da recepción na casa do concello de Baiona, os mozos fixeron un interesante percorrido pola Casa da Navegación da Villa, guiados polas instalacións pola directora da Casa. Así mesmo, fixeron unha visita ao museo flotante da Carabela Pinta.

A mocidade colle agulla e dedal para mergullarse na costura de supervivencia

Aprender a coser o imprescindible para sobrevivir ao día a día. Ese é o obxectivo do novo obradoiro do programa Mocidade Viva, un curso de costura de supervivencia no que os rapaces participantes poderán achegarse en pouco tempo ás técnicas básicas dun xeito práctico. Unha nova iniciativa formativa que o Concello organiza “co obxectivo de ofrecer á mocidade ponteareá unha programa estábel de actividades lúdicas e formativas sempre cunha temática variada e atractiva que dea resposta aos seus intereses”, como explica o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó.

O obradoiro, de balde, celebrarase o vindeiro venres 23 de setembro a partir das 20.00 horas no Parque da Feira Vella. Dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos, as persoas interesadas en participar poderán solicitar máis información ou realizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a [email protected].

A través deste curso, os participantes achegaranse de xeito ameno a algúns principios básicos da costura para poder realizar elas e eles mesmos pequenos arranxos como colocar unha cremalleira, coser un botón ou coller os baixos a un pantalón. “Con este e outros obradoiros e actividades ofrecemos a rapaces e rapazas espazos de lecer e socialización saudábeis a través de iniciativas lúdicas e divertidas, pero tamén didácticas e que fomenten novos valores”, salienta o edil.

Miguel Bouzó convida a toda a rapazada a participar neste novo obradoiro, así como en todas as actividades que o Concello organiza ao abeiro do programa Mocidade Viva.

A Guarda abre as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe

0

O Concello da Guarda abre hoxe xoves día 22 de setembro as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe, que terán inicio no vindeiro mes de outubro.

As clases de patinaxe están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e realizaranse no Pavillón do Colexio M. R. Sinde todos os venres en horario de tarde: de 5 a 8 anos en horario de 18:30h a 19:30 h e de 9 a 14 anos en horario de 19:30h a 20:30 h.

O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da OMIX da Guarda por teléfono no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico [email protected] e as prazas son limitadas!

As inscricións estarán abertas ata completar o cupo dos grupos por idades ou ata o día 5 de outubro.