12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de...

    Ponteareas organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARI

    O Concello de Ponteareas dá un paso máis no asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios e inmobles situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV). O vindeiro luns 26 de setembro ofrecerá unha charla informativa sobre a declaración de contorna residencial de rehabilitación programada (ERRP) para poder acollerse ás subvencións previstas no primeiro Programa de axudas de rehabilitación a nivel de barrio establecidas ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

    Esta charla terá lugar a partir das 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e nela o persoal técnico da ARI-Zona Vella informará sobre os tipos de axudas, contías e procedementos que se deben seguir para solicitalas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, convida a participar a todos os veciños interesados en rehabilitar algún dos inmobles situados dentro do ámbito do ARI-Zona Vella ou en calquera outra zona do concello de Ponteareas.

    Fernández Davila salienta que dende o Goberno municipal do BNG-PSOE estanse levando a cabo iniciativas “para poñer en valor o noso centro histórico e ir recuperando pouco a pouco unha zona emblemática agora degradada e nun deficiente estado de conservación”. Neste camiño, o Concello puxo en marcha un servizo de asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARIZV, a primeira zona que conta con este recoñecemento no municipio e que integran un espazo de case 93.000 metros cadrados que ocupa o núcleo histórico da vila e que beneficiará a un total de 518 vivendas agrupadas en 74 edificios de uso residencial colectivo e 133 unifamiliares, así como 5 edificios de equipamentos e 16 destinados a outros usos.

    Con este servizo, o Concello facilita o acceso ás subvencións de fondos públicos ofrecendo asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas para os programas de axudas de rehabilitación da área, información de subvencións dos distintos plans de vivenda ou regulación autonómica ou estatal en materia de vivenda e de axudas compatibles dentro do ámbito ou fóra destas liñas de financiamento. As persoas interesadas poden consultar toda a información e documentación necesaria na páxina web do Concello ou realizar consultas a través de rehabilitacion@ponteareas.gal. O Concello de Ponteareas apostou por conseguir a declaración de zona ARI do núcleo histórico “como parte da estratexia para dinamizar o núcleo urbano, mellorando a calidade de vida das persoas e recuperando espazos públicos e privados”, como sinalou a segunda tenenta de alcaldesa, Chus Garrote.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.