O Concello da Guarda abre hoxe xoves día 22 de setembro as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe, que terán inicio no vindeiro mes de outubro.
As clases de patinaxe están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e realizaranse no Pavillón do Colexio M. R. Sinde todos os venres en horario de tarde: de 5 a 8 anos en horario de 18:30h a 19:30 h e de 9 a 14 anos en horario de 19:30h a 20:30 h.
O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da OMIX da Guarda por teléfono no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico [email protected] e as prazas son limitadas!
As inscricións estarán abertas ata completar o cupo dos grupos por idades ou ata o día 5 de outubro.