Un libro para ler a modo e reler con pracer e interese. Así é como describe a crítica ‘Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes’, a última obra do poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro, que este sábado 29 de outubro presentará ao público na sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas. Será nun acto que comezará ás 19.00 horas na que o escritor estará acompañado por Álex Bouzó, que exercerá de presentador, e pola música do Grupo Pärbo, con Begoña Riobó ao violín e Anxo Pintos á zanfona.
Pexegueiro desvelará ao público participante os misterios do seu último libro, unha obra protagonizada por Lqbal, un personaxe que comeza a escoitar palabras do mesmo xeito que antes vía a ponte e ao que pouco a pouco os soños lle axudan a descubrir a realidade e a realidade lle permite descubrir os soños. Un traballo no que o poeta ponteareán volve dar verosimilitude incluso ás xeografías imaxinarias coas metáforas máis esixentes nun libro cotiá e transcendente que abrangue o local e o universal.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a compartir esta presentación de balde con Alfonso Pexegueiro e achegarse así á obra dun dos escritores insignes de Ponteareas, “capaz de unir dun xeito único nos seus versos e na súa prosa o compromiso ético coa harmonía estética”.
Nado en 1948 na parroquia de Angoares, o escritor e poeta comezou a súa andaina literaria en 1975 coa creación do grupo de comunicación poética ‘Rompente’, ademais de participar na ruptura poética dos anos 70 e de fundar en 1980 xunto con outros autores e autoras a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entre outras actividades. Da súa obra poética cabe salientar ‘Seraogna’, un libro anovador publicado en 1976 e considerado pola crítica como precursor dos novos rumbos que seguiría a creación poética galega, e ‘Mar e naufraxio’, Premio da Crítica de Galicia en 1978. En canto á narrativa, publica ‘Relatos para salferir’ (1981) e ‘Destinos dun maldito’ (1991), continuando o seu labor poético na derradeira década do século XX con obras como ‘Serán os cisnes que volven?’ e ‘Hipatia’.
O Concello de Arbo prepara a celebración do magosto popular o próximo día 30 de outubro na Praza Consistorio.
A tradicional celebración que vai pola súa setima edición terá lugar a partires das 17:00 horas, e garántese que haberá castañas e chourizos asados gratuítos para todos os asistentes.
A festa do Magosto é unha celebración propia do outono, na que as castañas son as protagonistas principais e que en Arbo se recuperou e se puxo a disposición de todos os arbense esta tradición no ano 2014.
Dende o Concello animamos a todos os que se queiran achegar a Praza do Concello o domingo 30 de outubro e disfrutar dunha tarde divertida con castañas, chourizos, xogos e música.
A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto “Acompañando na aventura de crecer: Xornadas para familias e profesionais”, da Biblioteca Municipal do Porriño, co V Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, galardón que ten como obxectivo poñer de relieve e impulsar os proxectos e prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.
Os bibliotecarios, Albino Alonso e David Pérez, acompañados polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, recolleron hoxe o recoñecemento na clausura da IV Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia coincidindo co Día das Bibliotecas.
O premio está dotado con 3.000 euros e o distintivo de biblioteca innovadora.
Acompañando na aventura de crecer
As xornadas para familias e profesionais organizadas desde a Concellería de Cultura, a través da biblioteca municipal, abordaron desde diferentes puntos de vista como se pode favorecer o correcto desenvolvemento dos nenos e nenas desde que nacen e na súa primeira etapa infantil, para facilitar unha vida adulta máis saudable e enriquecedora.
Desde diferentes perspectivas profesionais, tratáronse varios temas de suma importancia para o desenvolvemento infantil, que funcionan como termómetros para avalialo: a linguaxe, a psicomotricidade, as emocións ou a visión, entre outros.
Foron seis as xornadas que completaron o ciclo: “Impacto das pantallas no desenvolvemento cognitivo” con María Couso (Pedagoga e mestra), “Entende como crece” con Vanesa Gómez (Fisioterapeuta), “Aprende a ver como ve” con Antía Blanco (Óptica), “O xogo a través dos sentidos” con Mari Carmen Vaqueiro (Terapeuta ocupacional), “Imos querernos ben” con Vanessa Cortegoso (Psicóloga) e “Desde lactar ata falar, todo un camiño de comunicación” con Eva López (Logopeda).
Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Este galardón recoñece anualmente proxectos das bibliotecas públicas municipais relacionados coas seguintes áreas: aprendizaxe ao longo da vida, competencias informacionais e dixitais, biblioteca dixital e redes sociais, cohesión e inclusión social, posta en marcha de servizos innovadores, sustentabilidade, igualdade entre homes e mulleres, loita contra a violencia de xénero e contribución aos obxectivos da axenda 2030.
A última entidade recoñecida foi a Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela, en Redondela, polo proxecto “Unha biblioteca para Xela”. Sumouse así á Biblioteca Municipal de Bóveda, galardoada en 2020 polo labor da integración social, a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo, que recibiu o premio en 2019 pola elaboración dun mapa literario da cidade, e a Biblioteca Pública Municipal de Camariñas, que recibiu o recoñecemento en 2018 polo proxecto El berberecho rebecho viaja a La Turballe.
O Club de Lectura da biblioteca municipal de Ponteareas contará este mércores 26 de outubro cunha visita moi especial, a da escritora Inma López, que durante o encontro falará co público asistente sobre unha das súas obras máis notables, ‘Aqueles días en que éramos malas’, unha novela de personaxes e de marcado cariz feminista que permite facer unha completa radiografía dos problemas sociais actuais.
O público poderá gozar dunha ollada intimista sobre catro mulleres que pasan os seus días no cárcere da Lama que lembran eses días do pasado e as reviravoltas das súas vidas ata chegar ao cárcere que, mesturadas coa voz confesional da autora, achega ao lector e á lectora experiencias e circunstancias, lembranzas e vivencias, que fan que se humanice a estas mulleres.
As actividades do Club de Lectura enmárcanse no programa de animación á lectura para persoas adultas posto en marcha pola Concellaría de Cultura. Durante estas xuntanzas as e os seus integrantes debaten sobre a obra escollida, sobre o seu estilo literario, a propia acción, os personaxes, a temática… ou incluso sobre experiencias persoais evocadas por cada un dos e das participantes durante a lectura. Como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, “non se trata dunha reunión de especialistas en literatura, senón de persoas ás que lles gusta a lectura e ás que lles gusta compartir este pequeno pracer co resto de usuarios e usuarias do club”.
Con esta visita Inma López únese á longa lista de escritores como Ledicia Costas, Francisco Castro, Alfonso Pexegueiro, Xabier Quiroga, Juan José Lago Pereira, Juan José Pérez Labaca… que, ademais de analizar unha das súas obras, compartiron co Club de Lectura a súa experiencia sobre o mundo da creación literaria.
Escritora e crítica teatral, Inma López naceu en Santiago de Compostela en 1978 e licenciouse e doutorouse en Filoloxía. Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade de Sorbonne Nouvelle, actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. É autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos premios máis importantes da literatura galega. Como narradora cultivou o xénero breve en libros como ‘Rosas, curvos e cancións’ (2000), o ensaio feminista ‘New York, New York’ (2007) ou o polémico ‘Chámame señora, pero trátame como a un señor’ (2018). Tras o éxito de aclamadas novelas como o que presenta este mércores no club de lectura, Premio Ollo Crítico 2017, publica agora a súa entrega máis esperada: ‘O libro da filla’.
Groba convida a todas as persoas interesadas a unirse ao Club de Lectura. Para participar só hai que poñerse en contacto coa biblioteca municipal de Ponteareas chamando ao 986 660 765 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].
Fin de semana de estrea para arqueiros e arqueiras en Tomiño. O club Arco Trasno organizou en colaboración co Concello un campionato indoor de iniciación no pavillón da Carballa, unha competición moi especial pensada para todos aqueles rapaces e maiores que se acaban de iniciar no tiro con arco e que aínda non participaron nunha competición oficial. Un xeito de que os e as deportistas vaian collendo táboas no desenvolvemento dunha competición oficial, con cronómetro e sinais acústicas e luminosas.
En total foron 15 deportistas, 6 principiantes do club tomiñés e outros 9 arqueiros e arqueiras da escola de tiro con arco portuguesa SATA. Unha xornada na que as e os participantes fixeron unha serie de tiradas como adestramentos, moi importantes para que se acostumen ás condicións dunha competición real. Ao final do campionato fíxose unha entrega simbólica de trofeos aos primeiros e segundos clasificados e clasificadas e de medallas aos terceiros e cuartos, onde os rapaces e rapazas sentiron a emoción de subirse ao podio. A xornada rematou cunha merenda para todas e todos os participantes para repoñer forzas.
Con esta competición o club dá por rematada a tempada de cursos de iniciación á espera de recibir cursos de instrutores para os mestres e mestras o vindeiro mes de novembro en Goián. Serán uns cursos formativos que, a través da colaboración do Concello, permitirán facerse instrutores e instrutoras a persoas de Galicia e Asturias da man de IFAA-Spain.
Dende o club agradécese a colaboración do Concello non só nesta formación, senón tamén na obtención de todo o necesario para seguir practicando este deporte no municipio. Pola súa banda, o Concello que quere dar os parabéns ao club Arco Trasno por todo o labor que está a desenvolver para levar o deporte do tiro con arco a toda a veciñanza.
O Concello de Nigrán dará o pulo definitivo ao Castro de Chandebrito coa escavación máis ambiciosa ata a data. Con este fin o goberno local deu luz verde na comisión de contas de onte á consignación de 345.000 € (farase efectiva no pleno do día 31) para descubrir e por en valor 500 m² da súa cima e consolidar as anteriores intervencións ao tempo que se complementan. Nesta zona, o estudo de xeorradar feito por Árbore Arqueoloxía sitúa novas construcións sen identificar, moi posiblemente vivendas. En definitiva, esta actuación permitirá apreciar xa a simple vista a natureza do Castro como recinto típicamente fortificado e ofrecerá, sen dúbida, maior información e máis precisa.
“O potencial é enorme e non queremos desaproveitalo, queremos situar a Chandebrito como un referente etnográfico de toda Galicia e con este fin levamos traballando todos estes anos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen destaca a absoluta colaboración da Comunidade de Montes e Veciños para poder levar adiante este obxectivo. “É o gran tesouro patrimonial do municipio e da comarca e traballamos xuntos para poñelo en valor”, subliña.
Esta gran escavación, restauración e posta en valor que poderá arrancar a inicios de 2023 afectará ás dúas terrazas superiores coas súas respectivas murallas en dous espazos diferenciados (a decisión destes lugares débese aos resultados positivos da prospección magnética con xeorradar realizada no 2021). A maiores, contémplase unha posible ampliación de superficie nunha zona de 25 m² exterior ás murallas onde o xeorradar tamén aportou existenza de restos arqueolóxicos. A intervención contempla o deseño e instalación dunha cartelería axeitada e acorde.
“Este é o Castro do Val do Miñor e Val do Fragoso que mellor se recoñece. Ao non ter sido repoboado con masa forestal (ou non hai constancia) é dos mellores conservados e o ser perfil resulta do máis pedagóxico”, indica o arqueólogo Celso Hugo Barba, responsable do derradeiro proxecto de escavación que, tras consignarse a partida orzamentaria correspondente no vindeiro pleno do 31 de Outubro, poderá saír a licitación.
“Todos comprendemos que a cultura, o respecto ao medio ambiente e a actividade económica deben ir sempre da man, por iso desde o goberno local apostamos por facer investimentos como a musealización deste espazo único polo seu significado histórico e pola situación con incríbles vistas á ría de Vigo e á comarca”, destaca o rexedor, quen resalta “a grandísima implicación da parroquia a través da súa Comunidade de Montes e Asociación de Veciños O Castro”.
A última intervención no Castro, realizada polo Concello coa colaboración da Deputación e a Comunidade de Montes, data do ano pasado. Esta permitíu restaurar un tramo de aproximadamente 110 metros cadrados de muralla localizados na terraza superior e que xa quedara parcialmente á vista nas escavacións promovidas desde o Concello no 2019 nos 58 metros cadrados lindeiros, onde se atoparon tres construcións diferentes e outras dúas murallas a maiores. Esta iniciativa de 2021 confirmou un florecente comercio dos habitantes do Castro con Roma a partires do S.II a.C. habida conta da gran cantidade de ánforas romanas atopadas na muralla que se escavou. Igualmente, ratificou que foi habitado mínimo desde o S.VIII a.C.
Historia do Castro
O Castro de Chandebrito foi oficialmente escavado no 2008 nunha pequena intervención da Comunidade de Montes que permitiu situalo como habitado entre os séculos VI a.C ao II a.C, sen embargo, unha segunda investigación realizada no 2019 por Árbore Arqueoloxía a instancias do Concello de Nigrán amplía a ocupación do VIII a.C ao I d.C. É dicir, ten a súa orixe a finais da Idade de Bronce, nos inicios da cultura castrexa que tres séculos máis tarde se espallaría por toda Galicia dando lugar á maioría dos asentamentos coñecidos. Así o certifican as decenas de pezas atopadas (fusos de fío, la e liño, pedras de afiar, pezas de metal, unha conta púnica…) e os miles de fragmentos de cerámica de diferentes épocas da Historia e moi ben conservadas, algunhas delas con decoración profusa (apareceron desde ánforas romanas ou fenicias que certifican o comercio dos habitantes de Chandebrito cos pobos mediterráneos a cerámica propiamente castrexa). Así, a pesares da creencia popular de ser unha sociedade eminentemente guerreira, os antigos habitantes de Chandebrito vivían da agricultura y da gandería.
O Concello de Salvaterra de Miño está realizando obras de mellora das beirarrúas que se encontran no Polígono Industrial Chan da Ponte, co fin de mellorar a seguridade e accesibilidade tantos dos traballadores e traballadoras como dos veciños da zona. Esta actuación enmárcase no programa de mellora do polígono industrial, na que o ano 2020 se investiron máis de 120.000€ na mellora do firme.
Esta actuación está financiada a través das axudas da Xunta encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia e dos fondos propios do Concello, con un importe total de máis de 106.000€
Estas beirarrúas encontrábanse nun nivel alto de deterioro que facía necesaria unha renovación das mesmas. As actuación contempladas é a limpeza, e reforma de grandes espazos e o posterior pintado das mesmas. Ademais de contemplar a construción dunha nova beirarrúa na entrada do polígono, co fin de mellorar o itinerario peonil actual, dende o acceso existente para viandantes na estrada autonómica PO-403.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, en compañía da alcaldesa, Nidia Arévalo, mantivo onte un encontro informativo no Pazo de Mos para detallar o novo programa de voluntariado interxeracional, cuxo prazo de solicitudes remata o día 27. Este é un dos encontros que está a realizar nas catro provincias a Consellería de Política Social e Xuventude co fin de explicar os detalles desta nova convocatoria.
Esta iniciativa desenvolverase no medio rural e permitirá realizar actividades formativas e de intercambio de coñecementos e experiencias entre a xente maior e a xuventude. A finalidade última é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais nas diferentes zonas para a mocidade.
Polo tanto, procurase conxugar o talento e a experiencia das persoas maiores e as inquietudes e a curiosidade da mocidade. O obxectivo é que aquelas persoas de máis de 55 anos compartan o seu coñecemento en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo con mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Estes poderán devolver este coñecemento achegando á xente maior coñecementos en modelos dixitais e tecnolóxicos, entre outros.
O Goberno galego destinará 760.000 euros á posta en marcha desta novidosa iniciativa que se desenvolverá durante os anos 2022 e 2023 principalmente en lugares do medio rural. O programa está dirixido a entidades de acción voluntaria tanto locais como asociativas. Os proxectos deberán estar integrados por grupos interxeracionais e funcionarán por un sistema de parellas, no que cada persoa voluntaria maior de 55 anos encargarase de titorizar a un mozo.
Contías mínimas e máximas
A contía da axuda por proxecto será dun mínimo de 15.000 euros e dun máximo de 25.000 euros, atendendo ao número de persoas voluntarias participantes. No caso de presentarse por máis dunha entidade local conxuntamente, entre 36.000 e 60.000 euros respectivamente. As actividades que se desenvolvan no ano 2022 xustifícanse non máis tarde do 16 de decembro de 2022, o resto deberán xustificarse antes do 1 de novembro do ano que vén.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín na Guarda.
Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade “Facemos un trato” coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.
Para a xornada do luns día 31 de outubro a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín dende as 17:30h da tarde con Obradoiros de Tattoos terroríficos e Pintacaras e a partires das 18:30h con música a cargo do grupo “Crónicas Pop”, con animación de baile para os máis pequenos.
O fin de festa será sobre as 20:30h cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para todos.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequenos da casa.
O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de despedida do alumnado do Lycée du Pays de Retz de Pornic que durante toda a semana estivo de intercambio conviviendo con varias familias do municipio.
A Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, foi a encargada de darlle a despedida e facercelles entrega de un pequeño agasallo de recordo da visita a vila a cada un dos integrantes do grupo de estudantes do del Lycée du Pays de Retz de Pornic. Tamén se lles fixo entrega dun recordo para deixar constancia da expereiencia vivida en Baiona no instituto francés. Ao acto tamén acudiu profesorado de ambos os institutos.
Os franceses e francesas acudiron acompañados polo estudantado baionés. Os baioneses e baionesas, de entre 16 e 17 anos, estudantes de francés de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato bacharelato, estiveron hay unhas semana, do 4 ao 10 de outubro, en Pornic e agora foi o turno do alumnado francés en BaionaUnha visitamáis especial, se cabe, pois a visita a Baiona está enmarcada nos actos organizados polo Concello de Baiona con motivo do “25 aniversario Irmandamento de Baiona con Pornic”.
Baiona e a localidade francesa de Pornic dan un paso máis para reforzar os seus lazos cun intercambio entre alumnado de ambas as vilas. Chegaron á vila de Baiona 0 17 de outubro e durante toda a semana percorreron diferentes zonas do noso municpio e realizaron distintas actividades.
O programa de intercambio foi impulsado e fomentado polo Concello de Baiona que colaborou co instituto baionés para que os estudantes viaxasen ata a localidade irmá.
A Xunta adxudicou a redacción do proxecto de ampliación da plataforma da ponte da estrada autonómica PO-354, en Loureza, no concello de Oia.
O contrato, adxudicado á empresa Ingenieros Consultores por importe de preto de 18.000 euros, ten como obxectivo deseñar a solución construtiva para a ampliación da plataforma da estrada PO-354 no seu punto quilométrico 9+070, e dotala dunha sección de 2 carrís con beiravías.
Este proxecto foi abordado xa nunha reunión de traballo celebrada en setembro entre a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa, Cristina Correa.
Ese punto da vía autonómica, en Loureza, sofre un estreitamento moi importante da súa sección, ao axustarse ao ancho da obra de paso de fábrica. A plataforma da vía conta con 4 metros de ancho e non se poden cruzar dous vehículos sobre a ponte, o cal supón un problema de funcionalidade e de seguridade viaria. Este problema vese incrementado, ademais, polo abrupto da curva anterior ao dito estreitamento.
Así, o obxectivo do contrato adxudicado é realizar un estudo previo que analice a viabilidade de, cando menos, dúas alternativas.
Por unha banda, analizarase a posibilidade de ampliación da plataforma da ponte mediante unha solución de novo taboleiro apoiado na fábrica existente e o aumento do radio da curva previa á ponte.
Doutra banda, avaliarase tamén a posibilidade de definir unha pequena variante do trazado da PO-354 que evite o paso pola actual ponte.
Unha vez definida a solución máis acaída, desenvolverase a intervención a nivel construtivo, obténdose como resultado un treito de estrada PO-354 coa plataforma ampliada a unha sección de 2 carrís con beiravías neste treito obxecto da actuación.
No desenvolvemento do proxecto prepararase tamén a documentación para poder proceder á expropiación de terreos precisos para execución das obras.
A Xunta continúa traballando pola mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e eficientes aos cidadáns.
Baixo a premisa de loitar a prol dun mundo sostible, a Deputación de Pontevedra celebrou un ano máis o Día internacional contra o Cambio Climático. Fíxoo coa instalación dunha carpa nos exteriores do Pazo provincial, na avenida Montero Ríos de Pontevedra, que albergou cinco stands dedicados a distintas iniciativas promovidas pola Deputación relacionadas co desenvolvemento sostible, a posta en valor do patrimonio natural e cultural da provincia ou a fixación de poboación nas zonas rurais. Ademais, as persoas que se achegaron á carpa puideron desfrutar dunha degustación de produtos destacados da provincia da man do CEIFP Carlos Oroza, que confeccionou un menú degustación con petiscos salgados e doces -elaborados con mexillóns, tomates da súa horta ou setas- maridado con bebidas elaboradas tamén polo alumnado do centro. Entre quen acudiron a esta carpa destacou a presenza da deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas, así como de outras/os deputados provinciais, representantes de concellos da provincia e de entidades coas que colabora a Deputación.
Os programas “Bosques Terapéuticos” e “Voando nas Rías Baixas” foron os protagonistas dun dos expositores no que se amosaron varios vídeos e fotografías dos baños de bosque e das rutas ornitolóxicas realizadas nos últimos anos. Na carpa tamén se difundiron as accións que están a piques de poñerse en marcha en colaboración con diferentes entidades. Os stans estiveron dedicados á concienciación da redución da pegada hídrica na provincia na que traballa a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) e á loita contra o desperdicio alimentario que leva a cabo a Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA. Tamén xiraron en torno ao uso sostible da enerxía e dos recursos que realiza a Asociación Vento Noso e ao estudo sobre os usos alternativos dos sistemas agroforestais que está a realizar a Misión Biolóxica de Galicia para obter produtos de alto valor engadido
Todos estes expositores contaron con paneis informativos e material divulgativo polo que se interesaron as persoas que asistiron a este evento, que se completou co reparto de botellas de cristal reutilizables, botes de marmelada e mel, imáns, bolsas de tea, camisetas do programa “Na casa non quedo” ou sobres con sementes das variedades locais xeradas na Misión Biolóxica.
Este venres 28 de outubro, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita para público familiar cunha obra de teatro xestual da man de Tanxarina Títeres. A compañía representará o seu espectáculo ‘A cazola de Lola’, unha obra codirixida por Cándido Pazó.
Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez son os tres artistas que dan vida aos monicreques de Tanxarina, e son tamén eles os que subirán ao Teatro de Tui para achegar ao público a historia de Lola.
Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba, e non sabe moi ben por que. Por causa deste incidente, Lola xa non é de todo como os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes, atópano raro e, ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente, existen persoas marabillosas, só fai falta dar cunha delas.
Cunha duración de 50 minutos, ‘A cazola de Lola’ está recomendada para maiores de 3 anos. As entradas oscilan os prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos. Poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.
Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar na web tui.gal e nas redes sociais do Concello.
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, celebra o Samaín co espectáculo infantil “A Araña Matilda. Realmente dan medo todas as arañas?” o vindeiro luns, 31 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal V Centenario.
Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha tarde “terrorífica”. Para festexar esta tradición celta, os máis pequenos tamén poderán gozar dun obradoiro temático. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.
Dende a semana pasada a praza de abastos da Guarda acolle unha Exposición sobre o Proxecto Albufeira, coa cal se quere por de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga, adoptando medidas que garantan a súa conservación, así como a das especies máis directamente dependentes da auga.
Entre os obxectivos do proxecto Albufeira esta exposición está o de mellorar o coñecemento sobre o estado e o o potencial ecolóxico das masas de auga fronteirizas e transfronteirizas, en base a criterios comúns que permitan avaliar o grao de conservación das poboacións das especies de flora e fauna e dos hábitats vinculados ao medio acuático.
Tamén se pretende mellorar a coordinación, optimizar as metodoloxías de traballo e os recursos dispoñibles das administracións implicadas na xestión e planificación hidrolóxica, e mellorar as ferramentas de xestión conxunta dos recursos naturais transfronteirizos.
O Proxecto Albufeira quere dar a coñecer e sensibilizar sobre a importancia dos recursos hídricos no espazo transfronteirizo como riqueza conxunta, que é necesario protexer e aproveitar de forma sostible.
Esta exposición está cofinanciada polo FEDER a través do programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020.
A Deputación de Pontevedra abre este luns, 24 de outubro, o prazo de inscrición para a penúltima das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 6 de novembro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da Enseada de San Simón, que abrangue os concellos de Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa. Ofértanse 25 prazas para esta actividade guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse xa na páxina web da Deputación (www.depo.gal).
A Enseada de San Simón está situada no máis profundo da ría de Vigo, onde a influencia das mareas propicia nesta paisaxe intermareal, a invernada e o paso migratorio no outono e na primavera de interesantes aves acuáticas e mariñas, ademais dunha gran riqueza de contornos arbóreos converténdoa nun espazo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais do parrulo asubiador, que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia, é posible observar outros anátidos atractivos. Resaltan tamén limícolas coma o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e o claro, o pilro común e o tridáctilo, o mazarico real e ardeidos coma a garza real, a garzota común, gaivotas varias, corvos mariños e paxariños coma o vistoso picapeixe.
A andaina estará conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife. Como recomendacións para as/os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo terreo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.
Tras esta penúltima ruta, e despois de pasar por localizacións como o Complexo Intermareal Umia-O Grove, as Ribeiras do Río Umia, o Parque Natural do Monte Aloia, as Brañas de Xestoso, e a Serra do Suído, o programa “Voando nas Rías Baixas” concluirá o 18 de decembro coa ruta pola desembocadura do Río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido (Poio-Pontevedra).
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de finalizar os traballos para habilitar dúas paradas de autobús na estrada PO-400, ao seu paso polo concello de Crecente.
As obras, cun investimento de máis de 48.000 euros, permitiron dotar destas paradas de autobús ambas as marxes da estrada PO-400, en torno ao punto quilométrico 25+230.
Os traballos resolveron a situación anterior, xa que non existía espazo habilitado para que os autobuses parasen, nin zona de circulación peonil propia, nin refuxio para os usuarios.
Así, instaláronse dúas marquesiñas con banco e apoio isquiático, cada unha nunha marxe da estrada, e habilitáronse zonas de circulación peonil para acceder ás novas paradas: executando unha senda con pavimento de formigón pola marxe esquerda da vía; e ampliando, na marxe dereita, a plataforma con aglomerado en quente e posterior aplicación de capa de cor, que permite diferenciar a parte destinada á circulación peonil.
Ademais, para manter a continuidade da rede de drenaxe na marxe esquerda, colocouse un colector de PVC de diámetro 315 mm baixo a senda de formigón executada, ademais da execución de sumidoiros e pozos de rexistro.
A Xunta continúa traballando para mellorar os servizos de transporte público co fin de facilitar a mobilidade dos cidadáns.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta seis novas formacións impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como antivirus e actualizacións de software, márketing con influencers, optimización de webs, financiamento bancario, organización de citas ou programación.
Este luns 24 de outubro, Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o curso “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software”. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer dúas das contramedidas básicas que debemos ter en conta: a necesidade de ter o software actualizado para corrixir vulnerabilidades e a utilización e elección dun antivirus, cal e por que.
O martes 25 haberá 2 cursos: “Como facer campañas de márketing con influencers” e “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”. O primeiro destes talleres desenvolverase na quenda de mañá e estará instruído por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas. O obxectivo desta formación é mostrar a figura do influencer nas redes sociais como elemento clave para incrementar vendas e crecer na comunidade. O segundo obradoiro está dedicado ao SEO e tratará sobre os factores externos que afectan ás páxinas webs e que inflúen no seu posicionamento, ademais de coñecer as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web.
O mércores 26 de outubro na quenda de mañá, a Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, Paz Ares, guiará “Produtos de financiamento bancario para a túa idea de negocio”, unha formación sobre os produtos existentes para poder emprender con axuda das entidades financeiras. O taller inclúe unha sesión na que se exporán as distintas opcións de financiamento, así como consellos para entender o seu funcionamento e aprender a saber cal é o produto idóneo en función das necesidades en cada momento. Pola tarde a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, impartirá unha formación para axudar a organizar mellor o tempo e conseguir máis produtividade, utilizando ferramentas online que axuden a automatizar os procesos de calendarización de citas no curso “Apps para axenciar citas no teu negocio”.
Finalmente o xoves 27 impartirase o taller “Programación con Arduino I. Teórico III”. Este curso forma parte dun itinerario que ten como obxectivo o de iniciarse e adquirir soltura cunha das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, mediante talleres teóricos en liña e talleres prácticos para experimentar o aprendido. Esta formación componse de 4 talleres, 3 deles teóricos online e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. O curso será impartido, de novo, por Manuel Freire.
O Concello de Arbo vai invertir 88.570,39 € na mellora da Circulación no Parque Empresarial de Arbo. As citadas obras pretenden resolver os problemas de circulación e dar un servizo digno a unha serie de industrias situadas no polígono. As obras acaban de ser adxudicadas e o prazo de execución das obras é de tres meses.
As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría obras, máis honorarios de redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022 e son necesarias dado os difíciles xiros que soportan os vehículos pesados para acceder ás industrias.
As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en quente nas interseccións e as obras necesarias para encaixar unhas glorietas no terreo existente. O pavimento actual está totalmente asfaltado.
“É unha intervención que aborda tres asuntos relevantes: Preparación do terreo, pavimentación e sinalización de viais e a sinalización, que permitira unha maior seguridade á circulación de traballadores e traballadoras da zona e das e os veciños da zona, cunha rotonda mellor deseñada e que minore a velocidade dos vehículos. Facilitará o tránsito de camións nesa área de expansión empresarial” – manifesta o alcalde de Arbo Horacio Gil
Obras a realizar
As obras incluídas neste proxecto pretenden mellorar a circulación de vehículos no parque empresarial de Arbo. Durante as obras non se afectan as instalacións existentes, só actúase sobre o pavimento dos viais en dúas interseccións, consistindo as mesmas en :
Preparación do terreo
Pavimentación e sinalización de viais
Sinalización
O rexedor manifesta que “As obras proxectadas non alteran en absoluto o estado final da superficie asfaltada do polígono, deixándoa tal e como se atopa na actualidade, respéctase o seu trazado tanto en planta como en alzado, non afectando para nada o deseño da calzada, aparcamentos e beirarrúas, actuando unicamente sobre a superficie asfaltada e foron demandadas polos veciños e veciñas asi como polos empresarios da zona”.
Os servizos de emerxencias tiveron que desprazarse onte ata o quilómetro 3 da EP-4304, en Mondariz, para asistir a unha persoa que resultou ferida tras caer unha árbore enriba do coche no que circulaba. A estrada permaneceu cortada durante a intervención.
Un particular deu aviso ao 112 Galicia ás 11:15 horas, e indicaba desde un primeiro momento que a persoa implicada non quedara atrapada tralo accidente.
Foi entón cando desde o 112 solicitouse a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.
Os bebés nacidos en Nigrán virán cun agasallo baixo o brazo. O Concello vén de investir 3.000 € na compra de 100 caixiñas de madeira de ‘engaiolarte’ para todos os neonatos que se empadronen no municipio. Cada unidade contén dous libriños especialmente destinados a bebés (en galego, ilustrados en cartón duro, para disfrutar co tacto, e con alto contraste) e un saquiño térmico de sementes feito a man (pensado para aliviar os cólicos do lactante, para o que hai que quentalo no microondas 20 segundos e poñelo no bandulliño da crianza, por riba da roupa). As familias de Nigrán que, a partir de agora, teñan un bebé, poden solicitalo na Oficina de Información Cidadá ensinando o Libro de Familia e o Padrón ou se veñen a solicitar a Tarxeta Benvida.
“Esta iniciativa xa a levaramos a cabo con gran éxito a través de ‘Apego’ e agora a repetimos pola nosa conta para seguir tendo esta mostra de cariño e agradecemento coas familias que elixen Nigrán para criar aos seus fillos”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña tamén o obxectivo de “promover o amor polos libros e pola lingua galega desde o berce”.
As caixiñas foron encargadas á editorial ‘Engaiolarte’, que naceu no ano 2014 encargándose primeiramente de libros pensados para as idades máis temperás, que son os que conteñen as caixas: libros coidadosamente traballados, que ademais de divertir axudan ao desenvolvemento psicomotriz das crianzas.
«Algoritmos» é un libro sorprendente, algo que, vindo de Xavier Queipo, xa deixou de ser unha novidade. Non estamos a falar dunha novela, nin sequera dunha colección de contos, senón de algo diferente, algo máis parecido a un caderno de notas, de apuntamentos para reflexión persoal (e agora, coa publicación, colectiva), unha sorte de diario íntimo que nos axuda a descubrir o interior deste autor, o seu proceso creativo e o seu xeito de enfrontarse ao mundo e aos tempos que nos tocou vivir. Non é casualidade que leve como subtítulo «Caderno de notas (2011-2018)».
O texto está estruturado en fragmentos breves, sen título nin anotacións temporais, mais resulta doado comprender, polas referencias que vai facendo ao longo das páxinas, que está escrito pausadamente e en distintos espazos xeográficos e temporais, intencionadamente desordeados. É coma se nos quixese dicir que non importa a orde na que nos adentremos nas súas páxinas, pois tanto as temáticas como o seu tratamento son dispares. Que nos acheguemos como nos praza a estas pequenas pílulas, a estas «intimidades intelectuais», xa que así son definidas na contracapa.
Abundan as referencias literarias, tanto dos clásicos, que é tanto como dicir las lecturas universais, coma de autores menos coñecidos, mesmo malditos, que é tanto como dicir das lecturas máis íntimas, máis persoais de Queipo. A miúdo son reflexións analíticas sobre o contido, a estrutura, as personaxes ou o estilo, outras veces son anécdotas de como chegou a tales autores ou obras e da pegada que deixaron nel. Pero sendo un dos territorios que podemos explorar neste «Algoritmos», non é, nin con moito, o único, pois adentrarse nas súas páxinas é tanto como animarnos a descubrir mundos novos para a maioría dos lectores, a compartir sensacións e puntos de vista ou, a miúdo, a reflexionar nós mesmos sobre o mundo que nos rodea e sobre como chegar a comprendelo, se é que tal cousa é posible. Din que os algoritmos gobernan a vida actual e dirixen os nosos pasos. Ou, cando menos, inténtano. Mais as pretensións de Xavier Queipo son outras e confórmase con chamar a atención do noso entendemento, da nosa capacidade de razoamento, ou con amosarnos eses outros mundos que conviven con este que nos rodea, que non é pouco.
Pero o elemento máis salientable, ao meu entender, deste texto, está na propia escrita. Queipo non só é un autor de fondo calado, senón de longo percorrido, e zumega un oficio indiscutible e incontestable en cada nova entrega. A aparente sinxeleza expresiva agocha un traballo pausado e complexo e unha galanura estilística que o distingue de maioría de autores. E iso fai da lectura un puro goce literario, á marxe do contido da peza escollida, algo que é moi de agradecer para os que desfrutamos cunha boa escrita.
Estos días, hablando con varios amigos sobre la situación global del mundo, pues caímos en la conclusión de algo que salta a la vista, pero que nos olvidamos continuamente, la falta de visión a largo plazo de nuestros políticos. Estoy totalmente a favor del sistema democrático, lo lógico es que el pueblo tenga derecho a decidir, pero lo malo, es que hemos convertido al sistema en una visión a cuatro años, en la búsqueda del voto sin mirar para el futuro de las siguientes generaciones. Estos días, estábamos comentando lo que ha hecho el gobierno chino, se han aprovechado de las grandes industrias de Occidente para poco a poco ir creando ellos su enjambre empresarial y se están apoderando de las grandes empresas además de crear su propios monstruos empresariales. Y no sólo a nivel de industria, sino a nivel económico, ya que la mayor parte de la deuda de los países occidentales está en manos del gobierno chino. En estos momentos, sólo hay que ver cualquier informe económico, cualquier listado de los grandes accionistas de las empresas occidentales de sectores estratégicos para darnos cuenta de que se están apoderando de todo. Y menos mal, que aquí teníamos antiguamente el dicho “nos han engañado como a un chino”. Creo que vamos a tener que cambiarlo por el de que “los chinos nos han engañado a nosotros”.
Por desgracia, aquí seguimos pensando solamente en conseguir el voto, sin hacer una planificación a largo plazo y no es sólo un problema de España, sino de toda Europa. Por ejemplo, el sector de la energía, dónde la todopoderosa locomotora europea, Alemania, se dejó llevar por el gas ruso, que era económico, sin preparar su economía ni buscar alternativas, cerrando centrales nucleares y de carbón, igual que hemos hecho en España. Países como España, que no tenemos combustibles fósiles, pero tenemos el mayor porcentaje de horas de Sol de toda Europa, no nos hemos preparado lo suficiente en centrales solares. Teníamos una gran producción de energía con las centrales hidroeléctricas, y por ejemplo en Galicia, además de las grandes centrales, multitud de minicentrales que hemos cerrado o no hemos dejado poner en marcha, porque se deterioran los ríos, porque claro, llenar nuestros montes de parques eólicos no deteriora el paisaje.
Necesitamos de una vez por todas gobernantes que dejen de ver solamente cuatro años para conseguir votos, que se hagan políticas con vistas al futuro y para prevenir los problemas venideros que nos acechan. Crisis energética, crisis alimentaria y sequías. Quién diría hace unos años que en Galicia íbamos a tener problemas con el agua, pero aunque parce mentira, mucha gente lo venía diciendo, ¿se ha hecho algo? y lo peor de todo, ¿se está haciendo algo? Yo no he visto en ninguna parte que se estén limpiando los embalses para intentar aprovechar mejor el agua que nos llegue o preparando zonas en las que se pueda embalsar el agua de cara al futuro para intentar mitigar las sequías. Seguimos viendo, sólo a los próximos cuatro años para ver como podemos sacar más votos.
Nosotros, de momento, seguimos viendo y escuchando buena música que nos gusta recomendar a nuestros oyentes. Esta semana os proponemos el último trabajo publicado por el maestro Vangelis y un fantástico disco de Johan Agebjörn, esperamos que los disfrutéis.
El gran maestro griego en los últimos años no se ha prodigo demasiado en nuevas producciones discográficas, el último que recuerdo fue un disco al piano de algún tema inédito y algunos de su clásicos, pero este si se puede decir que es un nuevo disco.
“Juno to Jupiter” es un viaje espacial que cuanta además con la voz de la estrella de la ópera Angela Gheorghiu. Está inspirado en la sonda Juno que la NASA ha enviado a Jupiter par su estudio. El disco incluye sonidos del lanzamiento de Juno en la Tierra, de la sonda y sus alrededores y del posterio viaje de Juno con los sonidos que ha enviado a nuestro planeta.
Musicalmente hablando, estamos antes 18 cortes donde el maestro griego nos vuelve a mostrar toda su maestría, creando momentos electrónicos espectaculares con esos sonidos que nos recuerdan al espacio, pero uniéndolos a otros más sinfónicos incluso, como comentábamos al principio, con las voces de la soprano, consiguiendo una combinación perfecta. No pueden faltar algunos momentos clásicos en los sonidos del griego, pero la combinación de todos ellos, nos dan lugar a un precioso album de esos que nos gusta degustar lentamente y de los que nos apetece volver a repetir.
Debo de reconocer, que no conocía este trabajo, la versión original data del año 2008, pero ha sido todo una grata sorpresa
Johan Agebjörn es un artista de origen sueco, pianista, bebe de las fuentes del ambient nórdico, además, de la música italo disco ya que tiene otro proyecto de ese estilo musical, Sally Shapiro
“Mosssebo” fue un trabajo publicado originalmente en el año 2008, su primer disco editado, ya que tiene uno anterior de piano en cdr autopublicado y la verdad, nos encontramos con trece temas (esta versión remasterizada incluye dos bonus trucks, ya que la original consta de solamente 11) en el que el compositor se mueve a la perfección por la música ambient contemporánea, con el añadido de la estupenda voz de Lisa Barra.
El compositor va navegando a través de los temas de forma magistral, con soundscapes largos y profundos, bellísimos paisajes sonoros que nos invitan a viajar, algo que siempre es un placer para los amantes de estos estilos musicales. Una pequeña joya, que se había quedado en el olvido pero que gracias a esta reedición volvemos a recuperar.
Con motivo da IX edición da Batalla de Rande, este sábado 22 de outubro, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, participou de forma activa nas actividades do evento.
“Ano tras ano a Batalla de Rande reforza o seu poder de convocatoria converténdose nunha cita imprescindible do sur de Pontevedra. Quero dar as gracias á Asociación Cultural e Deportiva de Rande que fan un traballo incansable para que todo isto sexa posible”, declarou Rivas.
“O noso obxectivo é que este evento tan importante para o patrimonio histórico de Redondela sexa cada vez mellor e aumente o interese dos veciños e veciñas de Redondela e do resto de Galicia”, engadiu a alcaldesa.
Onte, Meirande transformouse nun mercado tradicional no que se atopaban obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moedas e escritura antiga; así como actividades para cativos e teatro tradicional infantil.
“A intención é que este sexa un evento familiar para todolos públicos, ofrecendo unha programación variada e de calidade”, explicou a rexedora de Redondela.
Digna Rivas quixo engadir as súa impresión sobre o ambiente da celebración, quen declara que “ao chegar ás inmediacións do Museo de Meirande volves ao pasado. O ambiente que achegan as representacións e referencias históricas son moi precisas. Os obradoiros tradicionais e os postos están cheos de alusións fieis aos acontecementos durante a Batalla de Rande”.
Ademais das actividades, tamén tivo lugar a teatralización da Batalla de Rande coa obra ‘Navíos baixo o lume” e visitas guiadas en barco na Enseada de San Simón (saída dende Meirande).
“Navíos baixo o lume é o punto álxido da conmemoración da batalla. Unha teatralización moi traballada que nunca defrauda”, engadiu Digna Rivas.
Entre moitas outras sorpresas, cabe destacar o concerto final, a cargo do grupo “Os Carunchos”, “unha novidade deste ano que serve para dar valor e achegar a música tradicional galega á celebración da batalla e os veciños de Redondela”, concluíu Rivas.
Unha praza amable, sostible e accesible que permita poñer en valor a arquitectura e patrimonio da contorna e seguir recuperando espazos públicos para as persoas. Así será a contorna do torreiro de Vilameán tras as obras de transformación que levará a cabo o Concello de Tomiño e que buscan “xerar novos espazos de encontro e convivencia atractivos para a veciñanza nos núcleos das parroquias ao tempo que se preserva e se pon en valor axeitadamente unha zona con importantes elementos patrimoniais”, como sinala a o concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto.
Trátase dunha actuación na contorna da igrexa parroquial de San Benito de Vilameán que conta xa coa autorización de Patrimonio na que se favorecerá o uso peonil seguro e se incorporarán novas zonas de estancia para un maior fluxo, uso e desfrute de nenos, nenas e maiores e que permitirá ademais a revalorización co carballo centenario que coroa o adro da igrexa, unha das árbores senlleiras destacadas de Tomiño. Ao abeiro deste proxecto crearase unha pérgola fronte ao edificio sociocultural repleta de glicíneas para xerar un espazo de sombra diante do inmoble, potenciando ese lugar de encontro e de lecer para a veciñanza.
Serán unhas obras respectuosas co medio e coa contorna na que se terá moi en conta minimizar calquera impacto visual. Por ese motivo, fronte ao muro de contención ao carón do torreiro construirase un entramado de madeira con especies vexetais trepadoras que naturalicen a zona e diminúan calquera alteración visual. Ademais, as obras darán como resultado un espazo de plataforma única con preferencia peonil e substituirán o muro existente entre o torreiro norte e sur por unha pequena grada que suavizará o encontro entre ambos elementos e que servirá como lugar onde sentarse para ver actuacións e concertos nos días de festa.
Como colofón, mellorarase a iluminación xeral en toda a praza e empregaranse sempre acabados suaves, con cores naturais xa identificados con outros espazos públicos do concello que nos darán como resultado, como sinala o concelleiro, “un espazo público contemporáneo, máis humanizado no que as persoas son as protagonistas e que permite poñer en valor a arquitectura e o propio espazo realzando todas as boas cualidades da praza cunha iluminación personalizada”.
“Con este proxecto continuamos coa nosa aposta por crear espazos públicos nas parroquias que sexan accesibles e pensados para os veciños e veciñas, lugares deseñados para que a xente camiñe, pasee, desfrute… e para converter estas contornas nun punto de encontro neurálxico da parroquia que funcionará como lugar de convivencia”, salienta Pérez Souto.
O Concello de Tomiño consensuou esta intervención coas entidades da parroquia e coa propia comunidade de montes, que axudaron a definir o proxecto e a asegurarse de que a intervención é a axeitada para os usos que precisa a veciñanza.
O Concello de Covelo acolleu a presentación dos traballos de recuperación do reloxo fabricado por “La Industrial Relojera S.A de Vitoria”, xa desaparecida, encargado no ano 35 pola comisión “Pro iniciativas para o melloramento do Distrito de Covelo” e sufragado por subscrición popular.
No acto, o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, tivo palabras de agradecemento para a familia Ferreira-Conde que financiou os traballos de recuperación e a posta en funcionamento do reloxo mecánico. “Quero manifestar o meu sincero agradecemento á comisión “Pro iniciativas para o melloramento do Distrito de Covelo” presidida por D. Antonio Conde Fresco, quen tamén foi alcalde dende o ano 1934 ata o ano 1936, polo esforzo realizado na adquisición do reloxo mediante subscrición popular para doalo posteriormente á corporación municipal no ano 35”. A este recoñecemento in memoriam, o alcalde tamén quixo engadir a súa gratitude aos seus descendentes actuais e veciños do Mangón, María Luisa Conde Prieto e Rui Ferreira Da Silva, “por ter sido eles os que agora financiaron os traballos de recuperación e posta en funcionamento do reloxo e achegar parte da documentación histórica legada da súa familia para completar o libro que hoxe se presenta”.
O reloxo estivo funcionando 52 anos, desde a súa instalación ata o seu abandono no ano 1985 por mor das obras de ampliación da Casa do Concello. Neste intre foi substituído por un moderno reloxo eléctrico.
Un 26 de abril do ano 1935 a comisión acordaba por unanimidade “facer a doazón do reloxo público con sonería para colocar na Casa Consistorial por considerar esta obra de grande utilidade pública e de absoluta necesidade e transcendencia na reglamentación de toda a vida campesiña do noso pobo”, segundo podemos ler na páxina 9 do libro “Reloxos monumentais, de sol e campás do Concello de Covelo” escrito por José Higinio Suárez e Estanislao Fernández de la Cigoña e presentado tamén nos salón de plenos, xusto antes de que a familia Ferreira Conde puxera en marcha o antigo reloxo e descobrira a placa conmemorativa.
Único polo seu mecanismo o reloxo de agulla saltante do Concello de Covelo sempre foi acompañado dunha campá xa que un reloxo mecánico “sen a súa campá non é nada” segundo resumen os investigadores Fernández de la Cigoña e Suárez Garra. ¿Por que? Porque regulaban a vida agraria e eclesiástica e debían ser escoitados dende moi lonxe. Nesta publicación da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, atoparemos as xoias agochadas nos campanarios das igrexas e os reloxos de sol espallados polas parroquias sorprendendo a ollada curiosa dos e das visitantes.
A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de balde para os meses de novembro e decembro, unha serie de accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela, en horarios de mañá e tarde. Estes cursos son totalmente gratuítos aínda que con prazas limitadas que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición: Redondela oferta 16 prazas por curso e Chapela 12 prazas.
As instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o 5 ao 26 de outubro, pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.
A presentación de ditas solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida se lle chamará por teléfono para confirmar a súa participación.
Formacións
CURSOS INFORMÁTICA 2022 – REDONDELA
Cursos en Redondela novembro/decembro mañás:
OPENSHOT, edición de vídeo – 03/11 ao 15/12
COMPETENCIAS DIXITAIS nivel medio – 03/11 ao 15/12
Cursos en Redondela novembro/decembro tardes:
LINGUALIA idiomas co ordenador – 03/11 ao 15/12
Google drive, ofimática na nube – 03/11 ao 15/12
CURSOS INFORMÁTICA 2022 – CHAPELA
Cursos en Chapela novembro/decembro mañás:
Trámites en liña coa administración – 02/11 ao 12/12
Tarefas de oficina – 02/11 ao 12/12
Cursos en Chapela novembro/decembro tardes:
Alfabetización dixital, Windows e Internet – 02/11 ao 12/12
BLOGGER, creación dun blog – 02/11 ao 12/12
Ademais os venres darase o servizo de Aula Aberta, onde calquera cidadán/á poderá achegarse ás aulas (un venres en Redondela, o seguinte en Chapela, e así sucesivamente) para poder facer calquera consulta e aprender a tramitar co concello, trámites na sede electrónica e talleres de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións). O horario será de 09:30 a 13.30 h e 16.30 a 20.30 horas.
O Concello do Covelo convida a toda a cidadanía á presentación da restauración do reloxo e do libro “Reloxos monumentais, de sol e campás” de José Higinio Suárez Garra e Estanislado Fernández de la Cigoña Núñez.
O acto terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello este sábado día 22 ás 18 horas e nel presentaranse os traballos de recuperación do reloxo mecánico da man do seu restaurador, o experto reloxeiro José Higinio Suárez, máis coñecido como “Secho”.
Este reloxo presenta un mecanismo único grazas a súa agulla minuteira saltante. O reloxo está calculado para poder levar ata catro esferas, algo que lle obrigaría a levar unhas pesas descomunais, segundo explica Secho. Para evitar este tremendo esforzo inventouse un sistema que permite que a agulla non pase por todos os eixos facendo que esa agulla minuteira dea dous saltos por cada minuto.
Explica o reloxeiro que tivo que reparar e refacer algunhas das pezas facendo un exercizo de extrema precaución e precisión, “a reloxería antiga non se pode case tocar para que non se descompensen os mecanismos”. Engade Secho que él mesmo construíu unha esfera nova, as agullas e o escudo para que comece a funcionar pero que coa simple retirada destas pezas o reloxo quedaría no seu estado orixinario.
Na presentación afondarán tamén na historia do reloxo que fora encargado a unha recoñecida marca de reloxería vasca pola comisión “Pro iniciativas para o melloramento do Distrito de Covelo” no ano 1935 presidida por Antonio Conde Fresco, que foi alcalde de Covelo entre os anos 1934e 1936. O reloxo foi sufragado por subscrición popular e doado ao concello pola comisión ao considerar que debía ser colocado na Casa Consistorial ao ser de “grande utilidade pública e de absoluta necesidade e trascendencia na reglamentación de toda a vida campesiña do noso pobo” segundo se pode ler na acta de doazón do 17 de maio de 1935 e que agora poderemos ler no libro que tamén se presenta este sábado.
Na publicación recóllense ademais un inventario dos tesouros agochados nos campanarios das igrexas de Covelo ofrecendo un relato sobre as campás máis salientables e os reloxos de sol atopados no concello.
O alcalde Pablo Castillo quere agradecer a Luisa Conde Prieto e a Rui Ferreira da Silva a súa sensibilidade sendo as persoas que financiaron estes traballos de recuperación, “quero amosar o meu fondo agradecemento a dona Luisa e don Rui por ter financiado estes traballos e posta en funcionamento do reloxo e achegar parte da documentación histórica legada da súa familia para completar o libro que mañá presentaremos”.
O departamento municipal de Urbanismo vén de elaborar e emitir un informe do balance de licenzas tramitadas e concedidas nos primeiros 9 meses deste ano. De xaneiro a setembro de 2022 aumentáronse nun 55,6 % as licenzas concedidas, pasando de 214 no mesmo período do ano pasado a 333 no actual (119 licenzas máis en 2022 que en 2021).
Entre elas destacan as licenzas de obra maior e as de primeira ocupación. No caso das licencias de obra maior o total delas ascendeu de 89 en 2021 a 113 en 2022, o que supón un crecemento porcentual do 27 %. Entre as licenzas de obra maior as que máis creceron foron as de muro de contención (14 en 2021 e 22 en 2022) e as de acondicionamento de parcelas e canalizacións (24 en 2021 e 46 en 2022); en ambos casos prácticamente duplicáronse as cifras.
Por outra banda, as licenzas de primeira ocupación duplicáronse nos primeiros 9 meses de 2022 con respecto aos primeiros 9 meses de 2021, pasando de 12 o ano pasado a 22 entre xaneiro e setembro deste ano. Dentro das primeiras ocupacións, as que máis se incrementaron foron as de vivenda unifamiliar, cun crecemento do 183%, pasando de 6 a 17.
Tamén aumentou o número de licenzas de actividade, comunicación previa e declaración responsable en Mos, que creceu un 27,7 %; pasando de 54 en 2021 a 69 en 2022. Entre elas as comunicacións previas pasaron de 46 a 53 e as licenzas de furanchos de 6 a 16.
As licenzas de obra menor incrementáronse un 4,6 % sendo un total de 113 de xaneiro a setembro de 2022 e 108 no mesmo período do ano pasado. Entre as obras menores que máis creceron atópanse as de cambio de tella, que en 2022 foron 46, fronte ás 31 de 2021; e as de muro de peche, que en 2022 foron 31, fronte ás 27 de 2021.
As licenzas de taxi pasaron de 3 en 2021 a 5 en 2022 e os vados de 2 en 2021 a 11 en 2022 (un crecemeto dun 450 %).
Na categoría de “outros expedientes tramitados”, destaca o dato das devolucións de aval, xa que de xaneiro a setembro de 2022 concedéronse 16 máis que no mesmo período do ano pasado. Pasando de 4 en 2021 a 20 en 2022. O que supón un aumento do 400 %.
Por último, apuntar que o número total de asuntos de Xunta de Goberno Local de Urbanismo e Medio Ambiente de xaneiro a setembro de 2022 foron 447, fronte aos 345 do mesmo período do ano anterior. 102 asuntos máis tratados en Xunta de Goberno, que supón unha suba porcentual do 29,5 %.
Neste senso facían balance hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal, quenes salientaron especialmente o incrementos nas licenzas concedidas de primeira ocupación de vivenda unifamiliar, que aumentou un 183 % respecto do ano anterior. Cómpre destacar que continúa a progresión á alza tamén nas licenzas de obra maior.
Tras a aprobación en 2017 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o balance urbanístico anual do Concello de Mos reflicte unha evolución moi positiva. A lectura deste último informe tradúcese en que Mos se consolida como unha localidade que particulares e empresas elixen para residir e asentarse, de ahí o gran incremento experimentado na concesión de licenzas de primeira ocupación de vivenda unifamiliar e de obra maior.
Nidia Arévalo e José Areal consideran “máis que positivo este balance que foi en gran parte grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral, pero ademais da implantación do PXOM mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, estas cifras veñen tamén derivadas do crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa case en plena ocupación, o que fai que Mos leve experimentando nos últimos anos un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas”. O balance urbanístico de xaneiro a setembro de 2022 demostra, unha vez máis, que o de Mos é un Concello ideal tanto para vivir como para desenvolver unha actividade empresarial e/ou industrial.
Destes datos conclúese que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares e ás empresas a establecer ou consolidar a súa residencia ou negocio, respectivamente, en Mos; e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir e crecer empresarialmente”, explican Arévalo e Areal.
Tomiño dá un paso máis cara a sostibilidade ao adquirir un segundo vehículo con distintivo ambiental cero emisións de CO2 para o servizo do persoal encargado da Implantación e xeralización da Compostaxe.
A adquisición foi posible grazas a unha subvención en concorrencia competitiva a entidades locais do Fondo de Compensación Ambiental, por importe de 27.375,00 euros (75 %), achegando o resto da inversión o propio Concello.
Trátase concretamente dunha furgoneta 100 % eléctrica cun tempo máximo de recarga de 8 horas (punto de carga nave municipal), con opción de carga rápida en 2 horas. Ten un espazo de carga 5 m3, con una carga útil de más de 1.000 kg. Asemade, o novo vehículo ten unha autonomía de 330 Km., sensor de aparcamento, cámara de visión traseira e pantalla multimedia táctil.
Esta furgoneta utilizarase para tarefas de mantemento dos 16 centros de compostaxe comunitaria, distribuídos nos núcleos urbanos de Tomiño e Goián. Ademais estanse a repartir os últimos dos 3.000 composteiros individuais entre os veciños e entidades das parroquias, os cales tamén requiren de visitas de asesoramento, por parte do persoal técnico municipal. Todo isto, tendo en conta que Tomiño ten actualmente case 14.000 habitantes asentados nun territorio de 106 KM2 en 15 parroquias, de maneira moi dispersa.
Todos eses centros de compostaxe, os composteiros individuais, así como os puntos verdes habilitados nas parroquias onde deixar os restos de podas leñosas, precisan para o seu adecuado funcionamento do traballo de mantemento de persoal municipal, xa sexa para recoller material como para deixar ou comprobar o estado do material estruturante, presente en Puntos Verdes e Centros de Compostaxe Comunitaria. Polo que este vehículo, complementará o traballo que se leva a cabo co Camión, adquirido ó abeiro do Revitaliza, de transporte do material dos puntos verdes.
Este novo vehículo para o servizo de compostaxe é un fito máis dentro do compromiso destes últimos anos por parte do Concello para ir reducindo pouco a pouco nos distintos ámbitos de competencia municipal o uso de enerxías fósiles e contaminantes.
Segundo a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro , “este segundo vehículo contribuirá non só a mellorar o servizo que están a levar a cabo tanto os técnicos encargados da xestión e mantemento dos centros de compostaxe comunitaria, o equipo de recollida de biomasa nos puntos verdes, senón que suporá, ao mesmo, un paso máis cara a protección do Medio ao reduciren ao mínimo a emisión de contaminantes ao noso ar”.
Dende a concellería de Medio Ambiente valoran moi positivamente estas axudas, xa que suman nos plans que dende o municipio están desenvolvendo, como o plan de acción polo clima e a enerxía, o plan local de implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a xeralización da compostaxe (https://revitaliza.tomino.gal/).
A noite do 31 de outubro, Salvaterra de Miño converterase no foco de atención de máis de 1200 valentes que se animaron a facer o tradicional roteiro de Samaín.
Este roteiro, no que cada ano asisten cada vez máis participantes, agocha numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite na que os “mortos voltan á vida e onde zombis, pantasmas, asasinos sanguinarios e demais monstruos” agardan o paso dos habitantes e visitantes de Salvaterra de Miño para facerlle sentir o Samaín dun xeito moi realista, terrorífico e sobre todo moi divertido.
Ao mesmo tempo, o roteiro porá fin á aventura no Campo de Fútbol de O Casal, onde agarda para todos un chocolate quente a altas horas da madrugada e onde os aventureiros intercambiarán as impresións do percorrido.
O Concello do Rosal, en colaboración co Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, organiza o vindeiro luns 24 de outubro o Workshop “A sustentabilidade do sector primario no río Miño transfronteirizo”.
Trátase do segundo seminario temático organizado dentro das actividades realizadas polo Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas (ODT), unha das accións levadas a cabo dentro do proxecto europeo da “Rede de apoio ás dinámicas locais de cooperación do río Miño transfronteirizo” (REDE_LAB_MINHO), financiado no 75 % polo Programa lnterreg V-A España Portugal.
Na primeira parte deste workshop presentarase o informe sobre “Sustentabilidade e Economía verde”, coordinado polo director académico do Observatorio, o profesor da Universidade de Vigo, Xavier Martínez Cobas.
A continuación terá lugar unha mesa redonda que abordará “A sustentabilidade no sector agrícola”, coas intervencións de Mª Victoria Álvarez, Presidenta de ACUBAM, Enrique Costas, director xeral de Terras Gauda, Ana Lúcia Lopes, directora técnica de VIPOV, e Andreia Machado Costa, responsábel da equipa técnica de Viveiros Río Tollo, e moderada polo Secretario Técnico do AECT Rio Minho, Lois Pérez Castrillo.
En conxunto, no seminario, falarase sobre a sustentabilide na cadea de valor da alimentación no AECT, e sobre as bases para que esa cadea de valor ou cluster sexa compartida no conxunto do territorio.
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, que será a encargada de inaugurar o evento, anima á veciñanza a participar neste encontro que “pon enriba da mesa un tema tan importante para o Concello como é a sustentabilidade dun dos sectores clave para o desenvolvemento socioeconómico da contorna”.
O seminario terá lugar ás 16:30 horas no Centro Social Polivalente de O Rosal e está aberto a toda a poboación, mais para garantir a súa praza, as persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia no correo electrónico [email protected].
A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se apontoa o programa Galegas Dixitais, que hoxe se clausurou no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona. Ata alí achegouse para acudir ao acto de clausura da formación a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, e para facer entrega do ordenador portátil co que as participantes poderán por en práctica o aprendido.
O programa ofreceu un itinerario formativo deseñado para ir avanzando desde un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, incluíuse un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.
A Concelleira desexóulles ás mulleres participantes “que esta formación sexa unha oportunidade para poder coller ferramentas que vos permitan adaptarnos a un mundo cada vez máis dixitalizado. Tamén que estos novos coñecementos vos permitan optar a unas ofertas de traballo de máis calidade”.
A acción formativa “Galegas Dixitais”, un programa de formación para a dixitalización das mulleres, coa que colaborou a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona. Desde a concellería xa se traballa para tentar por en marcha una nova edición desta formación a comezos do vindeiro ano do que se poderán beneficiar outras tantas veciñas do municipio.
O programa , organizado por Beproyect Consultores e Ara Formación, está financiado polos Fondos europeos Next Generation EU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio de Educación e Educación Profesional. O principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situacion de desemprego ou en mellora de emprego . Preténdese favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.
A formación estivo agrupada nos seguintes bloques temáticos:
Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración
O programa desenvolveuse dende o luns 12 de setembro ata o 21 de outubro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas . Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as alumnas participantes foron obsequiadas cun ordenador portátil co que poderán por en práctica o aprendido.
A Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade organiza, en colaboración co Concello de Ponteareas, a XIII edición do Encontro de Corais coa participación do ‘Coro de Voces Fornelenses’ de Fornelos de Montes, a ‘Coral Polifónica Alecrín de Brión’, que acudirá dente Ferrol e a residente, a ‘Coral Ars Cantorum’.
O centro Cultural de Guillade acollerá o evento este sábado 22 a partides das 20.00 horas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, “convida á veciñanza a gozar deste encontro que conta xa cunha longa tradición no Concello e que supón unha nova oportunidade para admirar e pór en valor o talento e o traballo destas agrupacións musicais”.
O Concello da Guarda, a través da Xefatura da Policía Local, informa de que este domingo día 22 de outubro vaise a celebrar a IX edición da Carreira 15k do Atlántico, o que motivará algunhas restricións ao tráfico.
Entre as 10:30 h e as 13:30 h recoméndase aos veciños evitar, na medida do posible, a circulación de vehículos nos tramos comprendidos entre a Baixada das Loucenzas, Area Grande, Fedorento, Rúa Rosal, Rúa Irmáns Noia, Rúa Fontiñas, Rúa Oliva, Rúa Malteses e a zona da Atalaia no Porto da Guarda.
Un dispositivo de seguridade especial, formado por membros da Policía Local e voluntarios, estarán ao longo deste percorrido para garantir a seguridade e coordinar o tráfico nestas rúas.
Representantes das principais produtoras de Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña que traballaron para películas como “El irlandés”, “Rocketman”, “Spiderman”, “Men in Black”, “The Reader”, “West Side Story”, “Joker”, “El mito de Bourne”, “She Hulk”, “El renacido”, “La favorita” ou “Los ángeles de Charlie”, ou en series como “Stranger Things”, “Succession” ou “Downton Abbey” percorrerán a partir de este sábado 22 de outubro, e ata o vindeiro mércores, 26, a provincia no marco dun fam trip impulsado pola Pontevedra Provincia Film Commission. Visitarán Cambados, Catoira, Combarro, O Grove, Meaño, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa e Vigo, así como coñecerán a ría de Arousa en barco e O Baixo Miño en avioneta para descubrir posibles localizacións para novas grandes producións audiovisuais.
Este fam trip pon o broche de ouro á participación da Pontevedra Provincia Film Commission no Shooting Locations Marketplace, o encontro organizado pola Spain Film Commission en Valladolid que vén de pecharse hoxe mesmo e no que a provincia mantivo reunións de traballo cunha vintena de empresas produtoras de Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña que teñen traballo con figuras como Steven Spielberg ou Olivia Wilde. “Trátase dunha excelente plataforma comercial para o noso destino e un paso máis na nosa aposta para converter á provincia nun plató de cinema” explicou a presidenta Carmela Silva, ao tempo que resumiu que no encontro de Valladolid tense detectado grande interese na parte costeira da provincia, nas illas, nos acantilados a carón do mar, así como nas contornas patrimoniais relacionadas con localizacións históricas, castelos, pazos, adegas, e en pobos e pequenos núcleos rurais. Precisamente estes recursos turísticos nos que as produtoras teñen posto o foco serán protagonistas do fam trip que comezará mañá na cidade de Pontevedra e rematará na de Vigo para “amosar toda a potencialidade da provincia de cara ás necesidades destas grandes xenias e xenios do audiovisual que nos van visitar”.
Amais, no marco do fam trip a Pontevedra Provincia Film Commission e a Vigo Film Commission teñen organizado un encontro networking para o vindeiro luns, 24 de outubro, no MARCO de Vigo que servirá para a posta en contacto das produtoras internacionais co sector audiovisual provincial e galego, para crear sinerxías de cara a posibles producións audiovisuais. Participarán no encontro integrantes do Clúster Audiovisual Galego, da Asociación Galega de Produtoras Independentes, da Academia Galega do Audiovisual, da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, da Asociación Galega de Guionistas, da Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, así como de produtoras audiovisuais galegas.
Programa do fam trip
O fam trip comeza mañá, sábado 22 de outubro, coa chegada das e dos representantes das produtoras a Pontevedra onde visitarán o Pazo Provincial da Deputación, escenario xa de series como “Un asunto privado”, o centro histórico da cidade e o Museo provincial. Tamén percorrerán Combarro e rematarán cunha cea na Quinta de San Amaro de Meaño.
O domingo, 23 de outubro, partirán cara Catoira para visitar as Torres do Oeste. Despois collerán un barco para visitar a ría de Arousa: Illa de Cortegada, Illa de Arousa, parques de cultivo de ameixa, bateas, a Illa da Toxa e O Grove. Na vila meca subirán ao Monte Siradella antes de desprazarse ao Pazo Baión e a Cambados para coñecer a Torre de San Sadurniño e Santa Mariña Dozo. A continuación visitarán o Castelo de Soutomaior e as salinas de Ulló, en Vilaboa, antes de pechar o día en Vigo.
O luns, 24 de outubro, visitarán O Baixo Miño en avioneta e de regreso a Vigo coñecerán o IFEVI, o Campus Universitario, o casco vello da cidade, o seu porto, a ETEA, o Monte do Castro e o Pazo de Quiñones de León. Pola súa banda o martes, 25 de outubro, visitarán a lonxa do Berbés e pasearán en barco pola Ría de Vigo, amais de coñecer os estaleiros e a zona de Bouzas antes de partir, o mércores, aos seus lugares de orixe.
O Concello de Nigrán colabora como cada ano na celebración dos diferentes magostos nas parroquias achegando as castañas e na propia loxística. O primeiro deles será o da Comunidades de Montes de Camos este sábado 22 de 17:00 a 20:00 horas no parque das ‘Agrileiras’ (merendeiro de Sanomedio) e, en caso de choiva, no xogo de bolos de Os Barreiros.
O Concello de Tui aposta pola formación e emprego desenvolvendo distintos proxectos como obradoiros de emprego, cursos de formación e actividades que contribúan a mellorar a empregabilidade da veciñanza tudense. O Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, acolle actualmente intensa e variada actividade cunha ocupación nas súas instalacións superior ao 90%.
Neste senso, no día de hoxe inaugurouse un novo obradoiro dual de emprego ‘Senda peonil río Furnia’ que ocupará a 20 persoas traballadoras e 5 de persoal directivo en dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e montaxe e instalación de construcións de madeira. Trátase dunha iniciativa para a que a Xunta de Galicia inviste más de 503 mil euros e o Concello tudense máis de 160 mil.
No acto, celebrado na Casa do Concello de Tui, estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Formación e Emprego, Ana María Núñez, a xefa territorial en Pontevedra da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta, Marta Mariño, e a directora do obradoiro, Loli Pérez, entre outros.
Enrique Cabaleiro, quixo destacar que será unha actividade formativa que recupere e poña en valor o gran patrimonio natural co que conta a cidade, á vez que agradeceu o apoio da Xunta e o traballo da concellería de Emprego. Ana Núñez, responsable municipal deste departamento, fixo extensible os agradecementos aos veciños de Malvas e Pexegueiro pola cesión dos seus terreos particulares para a realización deste obradoiro. Tamén neste senso, a responsable de emprego da Xunta na provincia, Marta Mariño, destacou que esta actividade de formación é froito do traballo co Concello e animou ao alumnado a non deixar a formación continua. Pola súa banda directora, Loli Pérez, indicou que espera que, co obradoiro, se valorice Tui e que o alumnado poida mellorar a súa empregabilidade
Ademais deste obradoiro que comeza hoxe, a actividade formativa en Tui conta con moitos outros proxectos para a veciñanza. Nos últimos días, o Concello recibiu a notificación da concesión de tres cursos de formación que empezarán proximamente e formarán a 15 persoas desempregadas en cada un deles. Serán en tres especialidades: ‘Montaxe de mobles e elementos de carpintería’ cunha carga de 538 horas lectivas, de ‘Instalación de elementos de carpintería’, cun total de 578 horas de formación, e de ‘Venda de produtos e servizos turísticos’, con carga lectiva de 688 horas. En total, a Xunta de Galicia investirá nestes cursos de Tui máis de 181 mil euros.
Tamén, este pasado mércores iniciouse o programa #YoEmprendo para mellorar a empregabilidade de 15 mozos e mozas desempregados inscritos en Garantía Xuvenil. Cun total de 50 horas de formación, contribuirá a enfocar as carreiras laborais dos asistentes e fomentará e dará ferramentas para o emprendemento.
Por outra parte 25 mulleres estanse a formar na segunda edición de Galegas Dixitais, programa para a dixitalización das mulleres, que se celebra tras o éxito da primeira edición na que outras 20 mulleres recibiron esta formación. Celébrase en horario de mañá e tarde cun total de 120 horas de formación. Está previsto en novembro comezar unha terceira edición. Amais 15 persoas de Tui están a participar, dende o 7 de outubro, no curso de Repoñedor/a de supermercado ao abeiro do Plan de Inclusión.
Á marxe destas iniciativas concretas, dende o Concello de Tui lembran as ferramentas para mellorar a empregabilidade e asesorar neste senso á veciñanza tudense coma o Servizo Municipal de Orientación e Emprego, situado no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei. Un servizo que periodicamente organiza talleres de busca de emprego. Amais os luns a través da Radio Municipal de Tui emítese o espazo ‘Club de Emprego’ para achegar oportunidades laborais a persoas en busca activa de emprego. E en materia de formación en liña Tui está adherida a rede de Aulas Mentores do Ministerio de Educación e Formación Profesional a través da que se ofrecen formacións en liña cun amplo catálogo e liberdade de horarios.
O Concello de Salvaterra de Miño informa que os días 18, 21 e 22 de novembro estará no aparcamento de terra, que se encontra detrás do Concello, o autobús de Coidados Porta a Porta, acercando os Servizos asistencias ás persoas maiores no rural, co fin de prevención da dependencia, prestaránse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Máis información e cita previa no 622 748 283 e no 623 546 992 ou a través do correo [email protected].
O terror, a diversión e a tradición da noite de Defuntos volverá o vindeiro 31 de outubro ao Concello de Arbo, no auditorio do Centro Multiusos de Arbo.
O Concello de Arbo vén de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño a nova normalidade con actividades que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, considera que esta celebración “cada ano atrae a máis e máis nenos de tódalas idades, un evento ambientado para ocasión, esta sendo unha referencia no só para Arbo, senon para Galicia, é que cada ano consigue un maior numero de participantes”.
Dentro das actividades comprendidas no Outono Cultural 2022, o Concello de Arbo, organiza a Festa do Samaín no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, da que disfrutaran os nenos e nenas de Arbo durante todo o día.
O Primeiro que faremos ese día pola maña de 10 a 13 horas será obradoiros, xincana e conta contos terrorificos, unha actividade encamiñada a conciliación da vida laboral e familiar posto que é un día non lectivo. Para esta actividade e necesario inscribirse, a instancia de solicitude pode ser recollida nas oficinas municipais do Concello de Arbo.
Xa pola tarde 17:00horas a 20:00horas: Concurso de Disfraces, Animación Musical, Larpeiradas de Samaín, Baile, Xogos e Festa
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.